Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Consello Municipalista da Cooperación / Actas xuntanzasVolver
ACTA da xuntanza do Consello Municipalista da Cooperación reunido en Santiago de Compostela o 5 de febreiro de 2003
 
 

Asisten:

Alfredo Novoa, presidente do Fondo Galego.
Ramón Bouzas, vicepresidente.
Xosé María Permui, tesoureiro.
Xulio Ríos, Secretaría.
Marieta Santos, Deputación de Pontevedra.
Teresa Molares, Culleredo.
Salomé Davila, A Pobra do Caramiñal.
Carmen Alonso, Fundai.
Amalia Álvarez Vega, InteRed Galicia.
José Luis Quintela, Intermón.
Alfonso Sánchez, Inti.
Luz Ojea, Inti.
Mª del Mar Lado, Coordenadora Galega de ONGDs.
Patricia Rivera Pérez-Salvatierra, Farmacéuticos Mundi.


Orde do día:

1. Na exposición introductoria faise fincapé no salto producido en 2002 na cooperación municipalista, non soamente a través da xestión de máis recursos, senón clarificando o nivel de compromiso dos Concellos e Deputacións de Galicia co Fondo. Aínda que non á velocidade desexable, medra a sensibilidade local e, en consecuencia, se perfeccionan os ámbitos de xestión e de coordinación. A pesar desa mellora, en 2003, por mor da convocatoria electoral, parece aconsellable moderar o ritmo da convocatoria de proxectos, de xeito que a resolución da mesma realizarse con posterioridade á celebración dos comicios.

2. En canto á proposta de cambios a introducir nas Bases da Convocatoria para o Financiamento de Proxectos 2003, existe plena conformidade dos asistentes, elevandose agora á Comisión Executiva para a súa aprobación definitiva na xuntanza a celebrar en Santiago o próximo 6 de marzo.

3. A propósito da campaña do 0,7%, que o Fondo Galego apoia, se precisa a necesidade de aclarar que as partidas afectadas son os Capitulos I, II e III dos orzamentos municipais. Por outra banda, o Fondo se brinda para colaborar coa Coordinadora no impulso de accións sociais que evidencien un maior compromiso político con este tema. Proponse a sinatura dun manifesto conxunto das principais forzas políticas. Igualmente se informa das xestións realizadas cos Partidos para incluír a dimensión da cooperación nos respectivos programas municipais.

E sen máis asuntos que tratar, levantase a reunión cando son as 13:30 horas.

 
Volver



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 02/07/2003
Fernando Pol


Subir