|
Asisten:
Alfredo Novoa (Oleiros).
Lourdes Suárez (Culleredo).
Xulio Ríos (Igadi-Secretaría).
Carmen Alonso (Fundai).
Carmen Castilla (Intered Galicia).
José Luís Quintela (Intermón).
Orde do día:
Procede o Presidente a detallar os diferentes aspectos reseñados no Informe remitido con anterioridade
a todos a través dun “Infórmate a fondo”. Nese sentido, destaca do informe que no balance do 2001
cómpre facer fincapé no incremento dos recursos, no esforzo desenvolvido para unha maior implicación
das cidades e no incremento da visibilidade pública do Fondo contando xa cun mínimo de instrumentos
para achegarse á cidadanía. Para o que resta de lexislatura insistese na necesidade de “apretar o
paso”, achegando máis socios e recursos e impulsando a colaboración interinstitucional a todos os
niveis. Por último, explica o sentido da proposta do Fondo para emerxencias.
En canto á proposta de cambios a introducir nas Bases
da Convocatoria para o financiamento de proxectos 2002, existe plena conformidade dos asistentes, elevandose
agora á Comisión Executiva para a súa aprobación definitiva na xuntanza a celebrar
en Ferrol o próximo 19 de febreiro.
E sen máis asuntos que tratar, levantase a reunión cando son as 13,20 horas.
|