|
Asistentes:
Por parte do Fondo Galego: Lourdes Suárez, Xosé María Permui, Mar Bernal, Salomé
Alvarez, Xulio Ríos.
Por parte das ONGs: Carmen Castilla, InteRed Galicia; Adela González Pérez, Fundai; Celso Carballo
Leiro, Natura Hispánica; José Luis Quintela Julián, Intermón-Oxfam; e Xoán Rafael
Vilas, Entrepobos.
Excusou a inasistencia: José A. Atienza Hoyuela, de Hogar-Clínica “San Rafael” de Vigo.
Desenvolvemento da xuntanza:
1. Por parte de Xulio Ríos, Secretario do Fondo Galego, infórmase do avance experimentado
no último ano respecto da ampliación da base asociativa. Actualmente o número de socios supera
os sesenta, representando a máis do 80 por cento da poboación de Galicia. Dase conta tamén
das iniciativas de sensibilización desenvolvidas, comezando pola elaboración do material informativo
básico do Fondo (tríptico, caderno de preguntas e respostas, video, etc) asi como das previsións
para o presente ano neste dominio (programa radiofónico a través de EMUGA e elaboración dunha
revista). Asi mesmo, saliéntase o acordo asinado cos sindicatos da función pública local e
a aceptación da cláusula solidaria voluntaria por parte das editoriais galegas.
Por último, destacase o progresivo incremento da dotación económica para o financiamento de
proxectos, positivo pero insuficiente, e das previsións para o presente exercicio. En resume, se ata agora
o esforzo principal do Fondo centrouse na consecución de máis socios, a partir deste ano, a preocupación
central será a de obter máis recursos, ben a través de fontes propias ou externas.
2. Por parte de Lourdes Suárez, responsable de proxectos, faise unha introducción xenérica
ás Bases da convocatoria para
o 2001, destacando a importancia dunha descripción exhaustiva pero concreta dos beneficiarios, das contrapartes,
e das repercusións que un determinado proxecto pode ter nunha área específica; da importancia
asi mesmo de contemplar mecanismos de cooperación entre as ONGs actuantes nunha zona para reforzar o impacto
plural que poida producirse a partir dunha previsión inicialmente non mancomunada.
Por parte de Xosé María Permui, dase conta das previsións económicas, tanto no que
atinxe ao orzamento global como ao xeito de liquidación das axudas e outras cuestións.
Efectuadas algunhas aclaracións, expresase a conformidade coas Bases propostas, coa petición de incluír
algunha referencia a Asia no artigo 1º.I.a), por parte de InteRed.
Ao remate da xuntanza, incorporase Alberto Enríquez Villacorta, representante de FUNDE (Fundación
Nacional para el Desarrollo) de El Salvador, quen informa da situación neste país centroamericano
despois do terremoto do pasado día 13 de xaneiro e das prioridades que dende o seu punto de vista deben
establecerse no ámbito da cooperación internacional para garantir unha maior eficacia da axuda.
E sen máis asuntos que tratar, levántase a xuntanza cando son as 13.15 horas.
|