|
Sensibilización / Campañas
Voces de Aquí e de Alá
Revirando o Milenio
Os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio foron os principais protagonistas do traballo de sensibilización
de 2006, xa que entorno a eles se artellou a campaña Voces de Aquí e de Alá Revirando o Milenio.
O obxectivo que perseguiamos era facer eco das reivindicacións aprobadas na Asamblea das Nacións
Unidas en setembro do ano 2000, agrupadas en oito grupos temáticos que se deron a coñecer como os
Oito Obxectivos do Milenio:
Obxectivo 1. Erradicar a extrema pobreza e a fame.
Obxectivo 2. Lograr o ensino primario universal.
Obxectivo 3. Promover a igualdade entre os sexos e a autonomía da muller.
Obxectivo 4. Reducir a mortalidade infantil.
Obxectivo 5. Mellorar a saúde materna.
Obxectivo 6. Combatir o VIH/SIDA, o paludismo e outras enfermidades.
Obxectivo 7. Garantir a sostibilidade do medio ambiente.
Obxectivo 8. Fomentar unha asociación mundial para o desenvolvemento.
O motor de arranque da campaña foi o Manifesto polo necesario cumprimento dos Obxectivos
do Milenio, redactado por Isaac Díaz Pardo e presentado en persoa ante os socios na Asamblea Xeral do 2 de xuño.
É neste momento no que arranca a campaña de adhesións ao manifesto, dirixida tanto ás
administracións municipais como a outras entidades e a persoas individualmente. Moitas foron as persoas,
as organizacións e os concellos e deputacións, a maioría mediante acordo plenario, que se
adheriron á campaña que estivo aberta ata o mes de decembro na páxina web do Igadi, www.igadi.org.
A Campaña, que se levou a cabo en colaboración
coa Dirección Xeral de Cooperación Exterior, desenvolveuse dende o mes de xuño a novembro,
realizando un itinerario por distintos Concellos socios, abarcando as catro provincias. En cada parada, tiveron
lugar as Reviravoltas por cada un dos
Obxectivos do Milenio, conferencias a
cargo de expertas/os que levan tempo traballando os distintos aspectos do desenvolvemento que se recollen nos Obxectivos.
E en cada unha das activiadades estivo presente un/unha representante de sectores da cultura galega: música,
teatro, ilustración, cine, comunicación… que acompañaron as charlas coa súa arte.
Reviravoltas
Reviravolta pola Equidade de Xénero
8 de xuño, en Santiago
Cláudia Sofía Rodrígues, presidenta do Instituto da Condiçao Feminina de
Cabo Verde, e Talina Pereira, técnica do mesmo e coordinadora do 3º ODM, nos contaron que a maior parte
das persoas pobres son mulleres, que só contan cun 1% das propiedades, e que, sen embargo son as protagonista
do desenvolvemento das súas familias e comunidades. A equidade de xénero é, polo tanto, unha
loita imprescindible que atravesa todos e cada un dos Obxectivos do Milenio, coa educación a ferramenta
clave, pero que queda recollido especialemente no ODM
3: Promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller. A voz galega que envolveu o acto foi a de Ugía Pedreira,
música galega de ampla traxectoria que actualmente encabeza o grupo Marful. A Fundación Caixa Galicia
foi o escenario onde converxeu a voz caboverdiana e a galega ao redor dunha mesma denuncia: a crecente feminización da pobreza. Contou coa presentación de Lourdes Suárez,
técnica do Concello de Arteixo e representante do Fondo Galego no seu Concello.
Tamén en Santiago, as nosa convidadas caboverdianas
tiveron diversos encontros: coa directora xeral de Cooperación Exterior, e coa directora xeral do Servizo
Galego de Igualdade, coa concelleira de Benestar Social do Concello de Santiago e con diveras organizacións
de mulleres (Marcha Mundial de Mulheres, Implicadas no Desenvolvemento, Secretaría da Muller do Sindicato
Labrego Galego, Asociación de Mulleres Alba e Médicos do Mundo).
Reviravolta pola Saúde como Dereito
Universal
28 de xuño, en pontevedra
Nela, Ana
María Pizarro, directora de Servicios
Integrales para la Mujer, SI Mujer, e integrante do Consello Directivo da Rede de Saúde das Mulleres Latinoamericanas
e do Caribe, falounos dos ODM relacionados coa saúde, mentres Pepe
Carreiro, debuxante e humorista galego, a
compañaba cos seus trazos.
Tivo lugar no Café Moderno ás 20:00h,
coa presentación de Margarita Castejón, concelleira de Benestar Social e representante política
do Fondo Galego no Concello de Pontevedra; contouse tamén con Juan
Antonio Martín Tejedor, delegado en
Pontevedra da Consellería de Sanidade.
Ana María Pizarro contou, ademais, cunha
reopción no Concello de Pontevedra e cun encontro de traballo con distintas organizacións vinculadas
á saúde (Marcha Mundial de Mulheres, Mámoa, Área de Saúde de CCOO).
Reviravolta por un Desenvolvemento Sostible
13 de xullo, en Allariz
Roberto Bissio, xornalista uruguaio especialista en desenvolvemento, director executivo do Instituto
do Terceiro Mundo e secretario da rede internacional Social Watch (Control Cidadán), estivo en Allariz falando
do ODM 7: Garantir a sostenibilidade
do medio ambiente. Falounos dos seus retos
e desafíos, e estivo acompañado por Cándido Pazó, representante da escena galega, que
a través do contos arracou sorrisos solidarios. Celebrouse no Centro Social O Portelo ás 20:30h,
coa presentación de Ramón Bouzas, concelleiro de Facenda, Persoal e Transporte do Concello
de Allariz, membro da Comisión Executiva do Fondo Galego.
Roberto Bissio foi tamén recibido no Concello
de Allariz, e participou nun encontro con organizacións vinculadas ao medio ambiente (Amigos da Terra, Cidadanía,
Verdegaia, Área Medio Ambiente do SGL).
Reviravolta polo Dereito á Alimentación
9 de novembro, en Oleiros
Rafael Moreno Rojas, profesor do Departamento de Tecnoloxía dos Alimentos da Universidade
de Córdoba e membro da Cátedra de Estudos sobre Fame e Pobreza (CEHAP), expricou as implicacións
do ODM 1: Erradicar a pobreza e a fame
extremas, obxectivo imprescindible nun
mundo no que 852 millóns de persoas sofren fame e desnutrición. Manuel Manquiñas,
actor galego, amenizou a conferencia cos seus recordos dunha estancia en Nicaragua.
Tivo lugar no Centro Social A Fábrica,
en Santa Cristina, Perillo-Oleiros, ás 20:00h, coa presentación de Alfredo Novoa,
tenente alcalde de Oleiros e presidente do Fondo Galego.
Reviravolta polo Desenvolvemento como
Obriga Común
1 de decembro, en Vigo
Co último dos ODM como panel de fondo:
Crear unha asociación mundial
para o desenvolvemento, contamos coa experiencia
de Rafael Grasa, profesor titular de Relacións Internacionais na Universidade Autónoma
de Barcelona, experto en Cooperación para o Desenvolvemento e asesor da Axencia Catalana de Cooperación.
Durante a súa intervención, fixo unha análise da cooperación ao desenvolvemento dende
diferentes perspectivas, resaltando tanto os seus logros como as súas carencias, e sempre mantendo a súa
necesidade para achegarse aos principais problemas do noso mundo e construír alternativas dende o ser humano.
Jesús Portela, subdirector do Faro de Vigo, guiou a charla coas súas preguntas.
Esta última Reviravolta, que serviu como
feche da campaña Voces de Aquí e de Alá Revirando o Milenio, tivo lugar no Museo de Arte Contemporáneo
de Vigo, ás 20:00h, e contou coa presentación de Marta
Iglesias, concelleira de Participación
Cidadá e representante política do Fondo Galego no Concello de Vigo.
Manifesto polo necesario
cumprimento dos Obxectivos do Milenio
Reducir á metade a proporción de
poboación que vive en situación de extrema pobreza de aquí a 2015; asegurar a educación
primaria universal; deter a propagación da SIDA e outras enfermidades... non hai un entre os oito Obxectivos
do Milenio que poida dicirse que non constitúe unha prioridade para a humanidade. Por iso, non se trata
xa de clamar a xustiza duns obxectivos que todo o mundo aplaude, pero si de denunciar, alto e claro, que no primeiro
lustro deste empeño, a realización dos Obxectivos do Milenio camiña a paso frouxo e oscilante,
e se as cousas seguen así, en 2015, a maioría dos Estados comprometidos con este nobre propósito,
darannos, unha vez máis, outra decepción.
Precísase un gran esforzo para dotar a
individuos, a familias e a economías enteiras das infraestruturas de servizos de saúde e de ensino
máis elementais. Non se poden satisfacer estes dereitos universais e loitar contra a fame sen combinar formación
e capacitación coa mellora do acceso aos recursos produtivos, sen a mellora das rutas e dos servizos de
transporte, sen xestionar adecuadamente e de xeito sostible os recursos hidráulicos e naturais, etc.
Os Obxectivos do Milenio son iso, un ambicioso
conxunto de intervencións e de programas que demanda considerables esforzos de numerosos sectores e en múltiples
campos. Trátase de obxectivos alcanzables cos niveis de desenvolvemento e riqueza que logrou a humanidade
e compatibles coa esixencia da adopción de estratexias claras de desenvolvemento por parte dos beneficiarios
que permitan un investimento ben orientado, de forma que máis axuda signifique tamén máis
eficacia. Para os países ricos, as sumas da axuda (0,54% do PIB en 2015) son irrisorias; pola contra, o
seu efecto no conxunto de países pobres pode ser amplamente enriquecedor.
As sociedades civís do norte e do sur teñen
un importante papel a cumprir. Nun caso, para reclamar dos poderes públicos o cumprimento, en tempo e forma,
dos compromisos contraídos, e mesmo involucrándose directamente no acompañamento dos procesos
de desenvolvemento; noutro, fiscalizando a súa evolución para que os recursos sexan utilizados de
maneira que permita a transformación anhelada e asegurando o recúo dese escepticismo que moitos albergan
respecto da posibilidade de eliminar a miseria, mellorar a situación da muller ou ampliar as posibilidades
educativas desa ampla franxa da humanidade que vive pendurada do planeta. Se nos poñemos, é posible.
Isaac Díaz Pardo.
Adhesión ao Manifesto do Milenio
(17/01/2007)
Adhesión de Concellos e Deputacións
mediante acordo plenario (24)
Concello de Oimbra,
Concello de Redondela,
Deputación Provincial de A Coruña,
Concello de Ribadavia,
Concello de Santiago de Compostela,
Concello de Arteixo,
Concello de Fene,
Concello de O Rosal,
Concello de Cabanas,
Concello de Mugardos,
Concello de O Barco de Valdeorras,
Concello de Vigo,
Concello de Moaña,
Concello de Manzaneda,
Concello de Poio,
Concello de Corcubión,
Concello de Neda,
Concello de Nigrán,
Concello de Rianxo,
Concello de Oleiros,
Concello de Gondomar,
Concello de Outes,
Concello de Cuntis,
Concello de Caldas.
Adhesión doutras entidades (15)
Oficina de Información Xuvenil de Oimbra,
CIM de Ribeiro,
CIM de Viana,
Oficina de Información Xuvenil de Viana do Bolo,
Devalar,
ONG Idariedade Internacional de Galicia,
Seminario Galego de Educacion para a Paz (Fundacion Cultura de Paz),
Observatorio Galego para o Sáhara Occidental da USC,
ONG Amarante,
BNG de Oleiros,
Corporación Semiótica Galega,
Esquerda Nacionalista-Mocidade,
Gallego Motor SL,
ONG Tierra de Niños,
Filósofos e Filósofas en Acción.
Adhesións Individuais (240)
Fernando Pol Trigo,
Xulio Ríos,
Lina Carrillo Santiago,
Roberto Mansilla Blanco,
Marola Padín Novas,
Xosé Manuel Figueiras,
Breogán Ouviña Millán,
Marga Blanco,
Eliza Botana Cerviño,
Laudelino Pellitero Ramilo,
Alfredo Ferreiro,
Lara Barros Alfaro,
Liu Naili,
Irene Gonzalez Contreras,
Norberto Pais Redonda,
Santiago Nieto Romarís,
Lourdes Suárez Sánhez,
Lúa Martínez Maza de Lizana,
Iria Alonso Casares,
Jose Luís Pastoriza Rozas,
Noemí Ventureira Novo,
Xose Cuns Traba,
Manoel Santos (altermundo.org),
Eusebia Pérez Filgueiras,
Susana Gómez Grazzé,
Mª José Paz Rodríguez,
Belén Sánchez Villamor,
Inma Peleteiro Rodríguez,
Maite Serra,
Susana Suárez Dopico,
Inés Peleteiro López,
Margarita Castejón García,
Vítor Nieves,
Daniel Rosende Pereira,
Mª Jesús Santos Santos,
Tania Jácome González,
Mª Carmen Iglesias Eiras ,
Helena Martínez Epifanio,
Encarna Otero Cepeda,
Gabino Gil Prieto,
Xan Leira,
Manuel López Faraldo,
Isabel Barros,
Gabriel Vázquez,
Ana Río Quintana,
Carolina Varela Rodríguez,
Xosé María García Palmeiro,
Xosé Permui Martínez,
Felipe-Senén López Gómez,
Pepe Carreiro,
Ana Río,
Susana Gil,
José Luís González Vallejo,
José Hervella Carrera,
Elisa Calo Santiago,
Virginia Romero Sobral,
María López Avendaño,
Rita M. Couto Seijido,
Santiago Nieto Romarís,
Rocío García Castro,
Ângelo Gonçalves Vicente,
Rosa Mª Rey Romay,
Isabel Gónzalez,
Manuel Dios Diz,
Antón Fernández Escuredo,
Ramón Bouzas González,
Alfredo Novoa Gil,
Jesús Veras,
Gumersindo Becerra,
Inma Diego,
Eduardo Leclere,
María Covelo,
Mª José Thomas Berbén,
Natalia Alvárez,
Salomé Davila,
María José Thomas,
Conchi Daporta,
Margarida Vázquez Veras,
Manuela Pérez Sequeiros,
Carmen Otero Suárez,
Libertad Cruz Couso,
David Saavedra Pino,
Raquel Álvarez,
Sabela Buján Tornero,
Luis Alberto Fernandez Viz,
Víctor F. Sampedro Blanco,
Víctor F. Freixanes,
Edu Estévez,
Xesús Alvaro Arceo Beiroa,
José Hervella Carrera,
Clemente Pérez Arias,
Zara Pousa,
Hernani da Silva Gómes,
Beatriz Villanueva Penas,
Paula Cabado Brea,
Josefa Tenreiro Martínez,
Begoña Castro Martínez,
Carlos Negreira Espasandín,
Xabier Pérez Igrexas,
Ana Laura Pereira Blanco,
Mar Barreiro,
Adela Criado del Rey Catalán,
Chus Dablanca Pallares,
Mª Monserrat López González,
Raquel López Doce,
Conchi Daporta Méndez,
Mª del Mar Lado Vila,
Mª Luz de la Iglesia López,
Mª del Carmen Pazos Área,
Alberto García Cerviño,
Blanca Rodríguez Rodríguez,
Gabriela Sampedro Gago,
Carolina Sampedro Gago,
Xoán Hermida,
Ana Belén Caamaño Vilar,
Ángeles Botas Piñón,
Tomás Albaladejo García,
Lorena Albaladejo Peleteiro,
Mª de los Ángeles Pellit Ramil,
Mercedes Mariño Rey,
Cristina Caamaño Vilar,
Mª Teresa Castaño Solar,
Mª Teresa Peleteiro Rodríguez,
Manuel Babarro Blanco,
Patricia Babarro Peleteiro,
Marta Babarro Peleteiro,
José Manuel Peleteiro Rodríguez,
Carmen Brión Lema,
Ana Peleteiro Brión,
Clementina Rodríguez Brasa,
Inés Rodríguez Brasa,
Ana Pazos Lojo,
Mónica Rocha Novoa,
Xoan Xosé Pérez-Labaca Diz,
Alicia Otero González,
Anxo Moure Mosquera,
Dea Cobaleda Couto,
Ugía Pedreira,
Paciana Gutiérrez,
Claudia Sofía Rodrigues,
Talina Ben'Holiel Pereira,
Beatriz Barros Alfaro,
Silvia Diez,
Jared D. Larson,
Antón Tenreiro Ferreiro,
María Caridad Martínez,
Paula Rego López,
Pablo Carneiro Arija ,
Mª Elena Otero Viqueira,
José Javier Álvarez Costoya,
Paula Roca Gude,
Charo Román Sanz,
María Reimóndez Meilán,
Mª Concepción Millán Calenti,
Javier Feijoo López,
Alberto López,
Sandro del Cesta,
Ramón Otero López,
Miguel Edreira Castro,
Agustín Bueno Rodríguez,
Carmela Capeáns Leis,
Ana Leyenda Barreiro,
Santiago Jiménez Gómez ,
Liliana Paniagua Molina,
David Álvarez García,
Xosé Lois Gil Magariños,
Carlos Andión López,
Victoria Díaz Cabanela,
María Díaz Martínez,
Marcia Míguez,
Felipe Louzán Lago,
Gloria Martínez Quintián,
Humberto Martínez Gargamala,
Lois Bande Barreiro,
Pilar Piñeiro Figueiras,
José Ramiro Paz Tarrío,
Susana Pereira,
Alberto Doce Capeáns,
Mª Carmen Durán Martínez,
Víctor López Saavedra,
María Xosé López Villar,
Jacobo García Soto,
Sergio López García,
Nicolás Fernández Gallego,
Miguel Arcos Pérez,
Erika Roade Vázquez,
Ana Puentes,
Anxo Pérez Rodríguez,
Sabela Pérez Rodríguez,
Ainhoa Pérez Campbell,
Nuria Sánchez Álvarez,
Emma López Martínez,
Cristina Álvarez Míguez,
Antía Fidalgo Martínez,
Alexandra Amaro Cortizo,
Mª Luz Segade,
Nicole Riva León,
Raquel López Rodríguez,
Xana Sánchez Rodríguez,
Miriam Collarte Diéguez,
Celina González Alonso,
Olga Casas Fernández,
Martín Iglesias Vázquez,
Mª Dolores Vázquez Araújo,
Jesús Dabarca Martínez,
Paula Deaño Lobariñas,
Isabel Somoza Alonso,
Daniel Durán Pereira,
Paco Lobatón,
Oliva Ramiro Fernández,
Belén Pedreira Ramiro,
Maria del Mar Ramiro Fernández,
Xosé García Pazos,
Juana Varela,
Mª Elena Otero Viqueira,
Dolores López,
Helena López Caramés,
Silvia García Siso,
Octavio Susacasa Noval,
Carmen Rego,
Susana Pereira,
Lionel Rexes Martínez,
Ana Lucía Otero Ramos,
Verísimo Pazos Besada,
Beatriz Leclere,
Delia Davila Cuadros,
Jesús Ricoy Riego,
Blanca I. López Couceiro,
José Mora Galiana,
Teresa Bermúdez Montes,
Raquel López Doce,
Irene Álvarez Zaragoza,
María Francisca Vidal Regueira,
María Esther Patiño Rey,
Paula Piñeiro Portela,
Isabel Lema Blanco,
María del Mar Gato Castro,
Mª Dolores Cabaleiro Pastoriza,
Tatiana Rubio Díaz,
María Posada Lorenzo.
Adhesión totáis: 279.
Modelo orientativo de acordo plenario
de adhesión ao Manifesto polo cumprimento dos Obxectivos do Milenio
Vista a proposta do “Fondo Galego de Cooperación
e Solidariedade”, orientada a contribuír dende o noso propio ámbito ao desenvolvemento dos países
do Terceiro Mundo, e ao cumprimento dos Obxectivos do Milenio aprobados na Asemblea Xeral de Nacións Unidas
no ano 2000,
O PLENO do Concello / Deputación de _____________________________
decide adoptar o seguinte
ACORDO
Primeiro. Manifestar a adhesión desta Corporación
á iniciativa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade de apoiar e velar polo cumprimento dos
Obxectivos do Milenio.
Segundo. Asumir o compromiso de tomar tódalas
medidas posibles para apoiar os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio de Nacións Unidas, dende o seu
ámbito competencial.
Terceiro. Impulsar e facilitar as actividades
a favor da Declaración do Milenio, que o Fondo Galego organice.
Cuarto. Impulsar as campañas de difusión
dos Obxectivos do Milenio, mediante carteis, folletos...
Quinto. Notificar estes acordos ao Fondo Galego
de Cooperación e Solidariedade.
|