Fondo Galego
Fondo Galego

fondogalego.org
info@igadi.org
Tel/Fax: 986 357 238
 
Publicacións Volver ao sumario de Palabras con Fondo
Palabras con Fondo
Un compromiso dos escritores de Galicia coa cooperación e a solidariedade internacional
 
 

Epílogo
xulio ríos
 

É tempo de cooperar. Esa é a palabra clave dos nosos días. Todos e todas, dende todas as instancias, públicas e privadas, oficias e críticas. Cooperar non significa obviar o conflicto, non impide que cada quen faga unha lectura propia das súas causas e naturaleza nin tampouco avanzar na súa solución, quizáis máis lentamente do debido, pero nunha vía certa e segura, participativa e comprometida. Cooperar é internacionalismo solidario, aceptación mutua, é diálogo, é conciencia, é posta en común; sen altruísmo místico nin ansias de dominación; cooperar é o verbo dos que aspiran a configurar unha sociedade universal máis humana e sostible, globalizada por unha razón reivindicada que debe aínda someter a inxustiza.


Xulio Ríos.
Director do Igadi.

 
Volver ao sumario de Palabras con Fondo



Fondo Galego
www.fondogalego.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/05/2007
Fernando Pol


Subir