| Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade |
||||||||||||||||
| Xornadas Provinciais de Cooperación 23 de marzo de 2000 no Salón de Actos da Deputación Provincial |
||||||||||||||||
|
O Fondo Galego é unha asociación municipalista que, co apoio, entre outros, da FEGAMP, pretende levar adiante, dende as propias capacidades locais e provinciais, proxectos de cooperación, desenvolvemento e solidariedade cos países e comunidades menos favorecidas. Sumando e coordinando os esforzos de todos, sempre benintencionados pero aínda hoxe moi dispersos, pódese mellorar substancialmente a rendibilidade destas actuacións, cada vez máis presentes na xestión local, en atención a unha demanda social cada día máis presente. Na provincia de Pontevedra, ademáis da propia Deputación, forman parte xa do Fondo Galego os concellos de Baiona, Cangas do Morrazo, A Cañiza, A Guarda, Gondomar, Moaña, Nigrán, Poio, Redondela, Soutomaior, Vigo... Outros atópanse en proceso de adhesión. A existencia de novas corporacións locais; a necesidade de dar un novo impulso a este organismo para que conte con unha ampla base asociativa e a representatividade máis alongada posible; a firme convicción de que a nosa cidadanía hoxe comprende mellor ca nunca a importancia de ser solidarios; e a conveniencia de que todos poidamos participar neste nobre empeño, poñendo os medios para garantir o desenvolvemento de políticas de solidariedade máis sólidas, eficaces e activas, anímaronnos a convocar estas Xornadas Provinciais de Cooperación. Achegamos un programa e demáis información complementaria. A convocatoria vai dirixida ós responsables municipais nesta materia (benestar social, habitualmente), se ben poderán delegar a súa asistencia nun técnico funcionario. Por cuestións de organización, para asistir ás xornadas cómpre que os interesados inscribanse previamente. A tal efecto, antes do día 20 de marzo, deberán anotarse chamando ó teléfono 986 357238, enviando un fax ó mesmo número ou a través de correo electrónico, en igadi@arrakis.es. Confiando en contar coa participación dese Concello, transmitolle os meus saúdos máis cordiais.
• A solidariedade e a cooperación están cada día máis presentes na conducta social e na acción dos poderes públicos. A cidadanía participa de xeito activo neste fenómeno, reducindose a un nivel mínimo as expresións de disconformidade. • As administracións locais e provinciais non poden nin deben substraerse desta tendencia, e mesmo cómpre unha aposta por compartir e liderar uns impulsos excepcionais que pola contra deben formar parte dunha normalidade sostida e permanente que contribúa á configuración dunha sociedade máis xusta e solidaria. • Non son desexables respostas individuais e individualizadas senón cooperativas. Os poderes públicos deben dar exemplo, fomentando a cooperación interadministrativa e afortalando aqueles instrumentos que permiten o desenvolvemento dunha acción máis eficaz. • A cooperación e a solidariedade constitúen un lugar de encontro posible para todas as sensibilidades políticas e partidarias.
• Informar das posibilidades de establecer liñas de cooperación e solidariedade dende os Concellos, calquera que sexa o seu tamaño ou capacidade económica. • Intercambiar impresións sobre as experiencias desenvolvidas en Galicia ou noutras latitudes nesta materia. • Presentar ós asistentes o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Alcaldes, concelleiros de benestar social e/ou cooperación, asistentes sociais e técnicos municipais con responsabilidade nesta área, concelleiros de todos os grupos políticos presentes nas corporacións locais.
Día: xoves 23 de marzo de 2000. Lugar: Salón de Actos da Deputación Provincial. Actos previstos: |
||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 02/03/2000
|