Fondo Galego de Cooperación e SolidariedadeVolver ๓ ํndice
Razóns e argumentos para un maior compromiso económico municipal coa solidariedade internacional
 
 

Na Declaración que serviu de nexo filosófico no momento fundacional do Fondo se recollía, entre outros, que “Os asinantes da presente Declaración Programática asumen o compromiso de promover unha aproximación progresiva da porcentaxe do orzamento ordinario da respectiva Corporación destinada a políticas de cooperación ó mínimo do 0,7%”. Era o mes de xuño de 1997.

Daquela establecemos un réxime de cotas mínimas obrigatorio, pedagóxicas e progresivas, a sabendas do nivel de conciencia e sensibilidade existente, e para que a aportación non fose un impedimento para asociarse ao Fondo e iniciar o camiño deste compromiso.

Daquela a hoxe, esas cotas mínimas se modificaron na recente Asemblea de 10/10/2003, na que se produciu un pequeno axuste e un incremento á alza na aportación por habitante, quedando actualmente do seguinte xeito:

Nº de habitantes

Cota fixa

Cota variable

Entre 1 e 3.000

180 €

0,03 €/hab

Entre 3.001 e 5.000

245 €

0,03 €/hab

Entre 5.001 e 10.000

400 €

0,03 €/hab

Entre 10.001 e 15.000

515 €

0,03 €/hab

Entre 15.001 e 20.000

635 €

0,03 €/hab

Entre 20.001 e 50.000

755 €

0,03 €/hab

Entre 50.001 e 100.000

875 €

0,03 €/hab

Entre 100.001 e 300.000

995 €

0,03 €/hab

Máis de 300.000

1.115 €

0,03 €/hab

Na práctica, ven acontecendo que mediante diversas formas (transferencia directa, convenio bilateral, financiamento de proxectos concretos), numerosas entidades asociadas están a aportar ao Fondo Galego mais da cota mínima, o que nos permitiu ao longo dos últimos seis anos incrementar sensiblemente o noso orzamento.

Pero a pesar desa mellora constante, o certo é que o municipalismo galego mantén, con contadísimas excepcións, un compromiso moi baixo coa cooperación e a solidariedade. Comparemos Galicia con Cataluña, por exemplo:

Galicia
Concello
ou deputación

Poboación
(habitantes)

Orzamento
(euros)

Partida destinada
a cooperación

% que supón a
cooperación no orzamento

A Coruña

242.458

163.000.000,00

24.040,00

0,014

Lugo

89.509

70.791.894,92

43.216,92

0,060

Ourense

109.011

63.226.472,99

50.289,43

0,070

Vigo

288.324

169.214.573,56

72.000,00

0,040

Dep A Coruña

1.111.886

147.543.390,00

9.015,24

0,006

Dep Ourense

343.768

67.313.355,68

6.000,00

0,008

Dep Pontevedra

919.934

103.127.626,00

42.000,00

0,040



Asturias (datos referidos ao ano 2003)
Concello
ou deputación

Poboación
(habitantes)

Orzamento
(euros)

Partida destinada
a cooperación

% que supón a
cooperación no orzamento

Gijón

270.000

195.105.965,00

1.366.419,00

0,700

Oviedo

202.000

174.504.785,99

843.016,94

0,480

Avilés

84.845

58.827.585,00

120.202,00

0,200

Siero

49.943

37.327.652,63

169.298,68

0,450

Langreo

48.400

22.376.258,00

96.000,00

0,430

Castrillón

23.000

13.972.367,46

12.020,24

0,080

Lena

13.700

10.501.721,00

9.000,00

0,080

Quirós

1.580

3.712.342,86

21.234,78

0,570

Fonte: Principado de Asturias.


Cataluña (datos referidos ao ano 2002)
Concello
ou deputación

Poboación
(habitantes)

Orzamento
(euros)

Partida destinada
a cooperación

% que supón a
cooperación no orzamento

Badalona

210.370

101.258.745,30

327.101,81

0,300

Castelldefels

48.982

53.987.817,48

152.029,35

0,280

Hospitalet de Llobregat

244.323

140.977.000,00

450.760,00

0,300

Gavá

41.162

32.054.428,00

91.521,00

0,280

Dep Barcelona

4.906.117

518.600.000

3.165.747,42

0,600

Dep Girona

599.087

86.380.135,61

150.253,03

0,170

Dep Lleida

371.055

63.792.525,00

210.354,24

0,320

Fonte: www.map.es e 2n Estudi de la Coperació Local de Catalunya amb els països del Sud.

A existencia dunha Lei galega de cooperación, recentemente aprobada, co apoio unánime de todas as forzas do arco parlamentario, con presencia tamén no ámbito municipal, deseña un marco operativo novo e amosa a procedencia dun Impulso para a Cooperación en Galicia.

A Xunta de Galicia incrementa en 2004 un 8,5% as partidas dedicadas a esta materia. En conxunto, na actualidade representa o 0,07% do Orzamento da Comunidade Autónoma fronte a un 0,20 do Estado. Estamos lonxe doutros, pero no ámbito municipal estamos aínda moito máis lonxe. Por iso, como mínimo, os Concellos e Deputacións deberiamos asumir ese 0,07% como compromiso coa cooperación, facendo que a unanimidade que no Parlamento presidiu a aprobación da Lei de cooperación se transforme en unanimidade de facto tamén no compromiso real de todos os partidos na xestión da cooperación en todas as Administracións. Tamén en Concellos e Deputacións. Podemos facer o esforzo.


Fondo Galego, novembro de 2003.

 
Volver ๓ ํndice

Volver ๓ principio


Ir แ pแxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/02/2004
Fernando Pol