Fondo Galego de Cooperación e SolidariedadeVolver ó índice


Memoria 1999


“É intentando o imposible como se realiza o posible”
Henri Barbusse (escritor francés, 1873-1935)





PRESENTACIÓN


Pretendemos con esta información ofrecer a socios e colaboradores unha primeira radiografía do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, dous anos despois do inicio da súa andaina; un tempo efectivamente breve para un proxecto destas características, pero suficiente para definir e asentar principios de actuación. Nesa perspectiva, a rendición anual de contas da súa actividade, do nivel de xestión dos recursos aportados polas entidades asociadas, pretende ser norma de obrigado cumprimento e non excepción ocasional.

O relato que achegamos é unha aproximación de síntese que revela esa preocupación do Fondo Galego por xestionar o máis eficazmente posible as políticas de cooperación e solidariedade do noso municipalismo. Os asociados poden contactar co Fondo Galego para organizar actividades complementarias que permitan á cidadanía coñecer máis en detalle cómo gasta o Fondo.

Alfredo Novoa,
presidente do Fondo Galego.



FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE



Comisión Executiva (1999-2003)

Presiedente   Concello de Oleiros   Alfredo Novoa
Vicepresidente   Concello de Allariz   Ramón Bouzas
Secretario   Igadi   Xulio Ríos
Tesoureiro   Concello de Fene   Xosé Mª Permuy
Vocais   Concello de A Pobra do Caramiñal   Concepción Daporta
  Concello Culleredo   Lourdes Suárez
  Concello Santiago de Compostela   Mar Bernal
  Concello Quiroga   Sofía López
  Deputación Pontevedra   Juan Corral

Elixida por unanimidade na Asemblea Xeral do Fondo Galego, clebrada en Santiago de Compostela o 15/10/1999.


Socios fundacionais

Concellos   A Pobra do Caramiñal
  Allariz
  Arteixo
  Brión
  Culleredo
  Fene
  Moaña
  Nigrán
  Oleiros
  Porto do Son

Institucións

  IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional)


Adhesións

Ano 1998  
Deputacións   Pontevedra
Concellos   A Cañiza
  A Coruña
  Ares
  Baiona
  Betanzos
  Cangas
  Corcubión
  Gondomar
  Lousame
  Mondoñedo
  Montederramo
  Mugardos
  Narón
  Neda
  O Irixo
  O Valadouro
  Ourense
  Pontedeume
  Quiroga
  Samos
  Vigo
  Vilar de Santos
 
Ano 1999  
Deputacións   Ourense
Concellos   A Guarda
  Cabanas
  Ferrol
  Noia
  O Carballiño
  Outes
  Poio
  Santiago de Compostela
  Valdoviño


Distribución dos Concellos Socios segundo a poboación municipal

Nº Habitantes   Concellos Socios  

Proporción

Ata 3.000  

5

 

11,62%

de 3.001 a 5.000  

5

 

11,62%

de 5.001 a 10.000  

11

 

25,58%

de 10.001 a 15.000  

7

 

16,30%

de 15.001 a 20.000  

4

 

09,30%

de 20.001 a 50.000  

4

 

09,30%

de 50.001 a 100.000  

2

 

04,65%

de 100.001 a 300.000  

3

 

06,98%

Máis de 300.001  

2

 

04,65%

Total  

43

 

100,00%


Novo sistema de cuotas

Aprobado por unanimidade na Asemblea Xeral do 15 de outubro de 1999.

O sistema establece a cuota por unha suma de cuota fixa en función dun baremo de poboación e unha cuota por habitante-ano (segundo o padrón vixente).

As Deputacións están diferenciadas entre A Coruña e Pontevedra (1.500.000 pts) e as de Ourense e Lugo (1.000.000 pts).

Baremo para adeterminación da cuota total:

Nº Habitantes   Cuota
Ata 3.000  

30.000 pta + 2 por hab/ano

de 3.001 a 5.000  

40.000 pta + 2 por hab/ano

de 5.001 a 10.000  

65.000 pta + 2 por hab/ano

de 10.001 a 15.000  

85.000 pta + 2 por hab/ano

de 15.001 a 20.000  

105.000 pta + 2 por hab/ano

de 20.001 a 50.000  

125.000 pta + 2 por hab/ano

de 50.001 a 100.000  

145.000 pta + 2 por hab/ano

de 100.001 a 300.000  

165.000 pta + 2 por hab/ano

Máis de 300.001  

185.000 pta + 2 por hab/ano




MEMORIA DE PROXECTOS SUBVENCIONADOS POLO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE NO ANO 1998


Dun total de 23 proxectos presentados á Convocatoria Anual do Fondo Galego, a súa Asemblea decidiu financiar os seguintes:


Instalación de auga potable

País Perú.
Localidade Caserío Chulangate. Cutervo - Cajamarca. Marañón.
ONG Amigos Escaes-Perú.
Descrición Millorala calidade de vida dos campesiños e contribuir á planificación do país millorando os servicios e infraestructuras, abastecendo de auga potable á poboación, axudando así a evitala transmisión de enfermidades tales como diarrea, cólera, fiebre tifoidea, sarna...
Dificultades na execución Non se presentaron.
Montante do proxecto 1.230.000 pta.
Aportación FOGACOSO 750.000 pta.


Módulos básicos para servicios hixiénicos e lavandería comunitarios

País Perú.
Localidade  
ONG INTI.
Descrición Habendo familias que viven nun só cuarto, carecendo de servicios hixiénicos mínimos, se constrúen tres módulos básicos consistentes cada un deles en ducha, retrete e unha tina para lavar.
Dificultades na execución  
Montante do proxecto 1.064.000 pta.
Aportación FOGACOSO 836.000 pta.


Proxecto de construcción dunha casa de acollida para menores en alto risco social

País Guatemala.
Localidade Granxa "El Marañón". Aguacaliente. San Antonio. La Paz - El Progreso.
ONG Arquitectos sen Fronteiras.
Descrición Dar aloxamento, coidados e protección a menores que pertenecen a familias desestructuradas, víctimas de malos tratos, abandono, abusos sexuais, drogadicción, orfos... Ofrecerlles a posibilidade de acercalos ó mundo do traballo.
Dificultades na execución Inclemencias meteorolóxicas, as choivas.
Montante do proxecto 17.113.975 pta.
Aportación FOGACOSO 2.336.565 pta.


A través da oficina de Seguimento de Managua, o Fondo Galego conseguiu contrastar e complementar os informes de execución dos proxectos presentados polas ONGDs. Esta opción constitúe unha garantía importantísima, certamente inasequible para moitos Concellos que xestionan individualmente a cooperación e unha razón máis para participar no Fondo Galego.

Á convocatoria de proxectos de 1999 concorreron 15 propostas. A Asemblea de asociados acordou financiar catro que importan un total de 6.754.876 pts, un 72.2% superior ó nivel de financiamento de 1998. Estes proxectos atópanse actualmente en fase de execución.




CAMPAÑAS, ACTIVIDADES E SENSIBILIZACIÓN


Actividades


Sensibilización

Campañas

O Fondo Galego prioriza a cooperación ó desenvolvemento sobre a axuda de emerxencia. A pesar diso, participou tamén nese amplo movemento social de solidariedade que xurdiu como consecuencia dos efectos devastadores do furacán Mitch, do terremoto en Colombia, a guerra por Kosovo ou, máis recentemente, o apoio á causa maubere en Timor-Leste.




CONCLUSIÓN


O Fondo Galego ten depositadas unhas enormes esperanzas no novo século que agora comenza. Estamos convencidos da utilidade e da razón de ser deste proxecto e animamos a todos os Concelos e Deputacións de Galicia a participar nel coa mesma ilusión e empeño.

Parafraseando a Castelao agora que conmemoramos o cincuenta aniversario do seu pasamento, “non lle poñades chatas á obra antes de estar rematada; colaborade nela para millorala”.
Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/01/2000