Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade / ActividadesVolver a TitularesVolver a Fondo Galego
Emerxencia no Sahara
A solidariedade do municipalismo galego
 
 

Se nunha anterior e recente información dábamos conta das necesidades existentes nos campamentos saharauís en materia de alimentación básica, agora, os danos producidos polas chuvias torrenciais caídas nos últimos días, tanto en vivendas como en escolas, hospitais e outras infraestruturas básicas, agravaron a precariedade e as dificultades humanitarias, afectando a varios milleiros de familias que perderon os enseres elementais, incluídas medicinas e alimentos.

O Fondo Galego, como axencia municipal para a cooperación e a solidariedade internacional, que sempre amosou a súa comprensión e apoio á causa saharauí, apela ao conxunto dos municipios galegos e, en concreto aos seus asociados, para recabar axudas específicas destinadas á reconstrución das infraestruturas dos campamentos e en apoio dos damnificados polas choivas.

Os Concellos e Deputacións galegas poden facer os seus ingresos na conta de emerxencia do Fondo, indicando “Emerxencia no Sahara”. O número da conta é:

Caixa Galicia Fene: 2091-0209-10-3040019000.

Para información complementaria e outras aclaracións: 986 357 238, Secretaría do Fondo Galego.

 
Volver a TitularesVolver a Fondo Galego



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/02/2006
Fernando Pol


Subir