Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Volver ó índice
Curso de Capacitación en Cooperación ó Desenvolvemento
 
 

  Curso de Capacitación en Cooperación ó Desenvolvemento
O Curso ten por obxectivos: 1) Mellorar e intensificar a profesionalización dos actores e xestores da cooperación ao desenvolvemento; 2) Proporcionar unha formación multidisciplinar, potenciando a adopción dunha perspectiva global que aglutine tanto as reflexións académicas como as experiencias prácticas; e 3) Estimular a concienciación pública coa fin de responder con maior eficacia, solidariedade e compromiso ás crecentes demandas nesta materia.
 
Presentación

Os esforzos por acadar unha supervivencia digna para as comunidades máis empobrecidas do planeta experimentaron un importante desenvolvemento nas últimas décadas. Non obstante, esa resposta, en boa medida asistencial, é, en moitos sentidos, insuficiente. O subdesenvolvemento e a extrema pobreza, o impacto dos conflictos armados e catástrofes naturais e o desprazamento, interno ou internacional, de poboacións en perigo, seguen a constituir os desafíos centrais da solidariedade internacional.

A comunidade internacional e as forzas sociais máis dinámicas, entre elas as ONGs, reforzaron a posta en marcha de novos mecanismos e políticas de solidariedade internacional. Pero soamente as estratexias conxuntas, que conten sempre coas prioridades e a activa participación dos beneficiarios, poden chegar a ser eficaces. Se trata, polo tanto, de aproveitar a maior experiencia e capacidade de cada un dos actores desde o coñecemento e o recoñecemento do labor dos demáis. Non basta a vocación, nin a formación teórica. Se a solidariedade atopa o seu principal argumento nos resultados da acción, a formación de profesionais que conciban, renoven e xestionen políticas solidarias é unha esixencia primordial.


Obxectivos

1. Mellorar e intensificar a profesionalización dos actores e xestores da cooperación ao desenvolvemento.

2. Proporcionar unha formación multidisciplinar, potenciando a adopción dunha perspectiva global que aglutine tanto as reflexións académicas como as experiencias prácticas.

3. Estimular a concienciación pública coa fin de responder con maior eficacia, solidariedade e compromiso ás crecentes demandas nesta materia.


Destinatarios

Funcionarios das Administracións autonómica e municipal, asi como persoal de Organizacións non gobernamentais. O número de prazas está limitado a 25 persoas. Chegado o caso realizaríase unha preselección de candidatos, a fin de asegurar un equilibrio na participación dos colectivos citados e primando a orde de inscrición.

As solicitudes de preinscrición deben formalizarse no Igadi entre o 24 de xuño e o 31 de agosto. A matricula pecharase unha semana antes do inicio do curso, previsto inicialmente para o 23 de setembro.

Os alumnos terán á súa disposición o Centro de Documentación do Igadi.


Duración do Curso e horario

O programa ten unha duración de 100 horas. As sesións terán lugar de luns a venres, en horario de tarde e cunha duración de catro horas diarias. A asistencia ás clases é obrigatoria. Entregarase certificado de asistencia.

Data de comezo: 23 de setembro. Remate: 25 de outubro.


Dereitos de inscrición

Os dereitos de inscrición ascenden a 60 Euros para o persoal das Administracións Públicas e de 30 Euros para responsables de ONGDs, incluindo os conceptos de matrícula e gastos de material que se poida aportar. O pago efectuarase nun único prazo e previo ao inicio da actividade.


Programa

O programa componse das seguintes partes:

Módulo I: Parte xeral. A situación internacional

O novo contexto mundial e as relacións norte-sur. Organización contemporánea da comunidade internacional. O subdesenvolvemento. Causas e consecuencias. Relacións económicas e cooperación na globalización.

Módulo II: A cooperación internacional

Concepto e definición. Políticas, actores e instrumentos.Cooperación gobernamental dende o Estado español.A Xunta de Galicia e a cooperación. Cooperación gobernamental dende organismos internacionais. A cooperación dende a UE. A cooperación non gobernamental dende as ongs. Outros actores: sindicatos, universidades... A cooperación municipalista e a confederación de Fondos. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Pluralización das formas de cooperación: do marketing social ó comercio xusto. Ética e Xestión.

Módulo III: Cooperación ó desenvolvemento

Concepto e teorías fundamentais sobre o desenvolvemento.Desenvolvemento sostible e desenvolvemento humano.Políticas multilaterais e bilaterais e estratexias de desenvolvemento. Visión global da cooperación ó desenv: a experiencia internacional. As ongs: orixe, evolución e papel na cooperación ó desenvolvemento. As contrapartes locais e o seu traballo co Norte. O voluntariado e o cooperante: regulamento e caraterísticas.Voluntarios e cooperantes: traballo de campo. Plans, programas e proxectos. Identificación e formulación de proxectos. Xestión e avaliación de proxectos.Impactos e efectos secundarios dos proxectos. Xénero, cultura autóctona e medio ambiente. Taller de baremación de proxectos. Cooperación e sensibilización. Papel e responsabilidade dos medios de comunicación. A educación para o desenvolvemento. Desenvolvemento e cultura de paz. Desenvolvemento e dereitos humanos. Desenvolvemento e poboación. Orientacións e tendencias actuais da cooperación. A gobernabilidade democrática.

Módulo IV: Emerxencias e axuda humanitaria

Orixe e evolución do dereito aplicable ós conflictos armados e crises humanitarias. Contexto actual da axuda humanitaria. Tipos de emerxencia e formas de actuación. A xestión da axuda humanitaria: ongs sen fronteiras. O movemento da Cruz Vermella e Media Lúa Vermella. O acceso ás víctimas: actores e códigos de conducta.

Módulo V: O marco legal

Aspectos xurídicos da axuda humanitaria: control de aplicación do DIH. Lexislación española en dereito humanitario. A responsabilidade penal: o tribunal penal internacional. Dereito Internacional Público e ordenamento da cooperación na UE. Lexislación española en cooperación ó desenvolvemento. As leis de cooperación nas autonomías. O caso galego.


Profesorado

Rafael García Pérez (Univ. Santiago de Compostela); Jesús A. Núñez (director de IECAH); José Antonio Sanahuja Perales (Universidad Complutense); Javier Álvarez Barbeito (Xunta de Galicia); José Manuel Sobrino Heredia (Universidade de A Coruña); Emilio Martínez Rivas (Coordinadora galega de Ongs); Enrique Peña González (Oficina de Acción Solidaria da Univ. de A Coruña); Alfredo Novoa Gil (Presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade); José Antonio Alonso (Universidad Complutense); Manuela Mesa (Centro Investigación para la Paz); Francisco Rey Marcos (Cruz Roja Española); Manuel M. Barreiro; Felícitas Rodríguez (Voluntariado. Xunta de Galicia); Alberto García Cerviño (Solidariedade Internacional de Galicia); Juan Redondo (Cruz Vermella de Pontevedra); Nuria Camps (Fons Catalá); Lourdes Suárez Sánchez (Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade); Mariano Aguirre (Centro de Investigación para la Paz); Manuel Dios (Seminario Galego de Investigación para a Paz); Fernando Varas (Amnistía Internacional Galicia). Joan Aguado (Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade); Carlos Teijo (Univ. de Santiago de Compostela); Gabriel Sánchez (Médicos sin Fronteras); Fidel Martín (Cruz Vermella en Galicia); Antonio Martínez Puñal (Univ. de Santiago de Compostela); Fernando Bruna (Univ. De Vigo).


Coordinación e dirección

Xulio Ríos.


Información e Inscrición

IGADI.
Avenida Joselín, 7 portal 3-4ºB.
36300-Baiona (Pontevedra).
Tel/fax: 986 357 238.
e-mail:
info@igadi.org.


Lugar de celebración

Escola Galega de Administración Pública.


Entidades organizadoras e patrocinadoras

Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia.
Federación Galega de Municipios e Provincias.
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional.

 

Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/08/2002