|
RESOLUCIÓN
Presentáronse a esta convocatoria un total de 51 proxectos co seguinte perfil xeográfico:
Asia (2), África (10), Caribe (4), Centroamérica (10), Sudamérica (25). A Comisión
Executiva, a través dunha Ponencia Técnica, realizou unha primeira selección tendo en conta
non soamente o interese das accións propostas senón igualmente as capacidades orzamentarias. A proposta
da Ponencia foi avaliada pla Comisión Executiva do Fondo e, posteriormente, pola Asemblea xeral de asociados
celebrada o 26 de Abril de 2002 en Santiago de Compostela, na sede da FEGAMP.
A resultas do debate, aprobouse o financiamento dos seguintes proxectos:
1. Proxecto: Desenvolvemento económico e social para o aumento da producción
de leite e carne na UBPC Victoria de Girón.
ONG: Veterinarios sen Fronteiras.
País: Cuba.
Presuposto: 276.748,61 .
Cantidade solicitada ó Fondo: 29.384,44 .
Cantidade aportada polo Fondo: 29.384,44 .
Resume: Incrementar a producción de carne e leite,
mellorando o gando bacón e introducindo o bufalino, perfeccionando os sistemas de tenencia e alimentación
do gando e creando novas condicións de traballo que faciliten a estabilidade e o reasentamento poboacional.
2. Proxecto: Adquisición de bicicletas para mestres populares e promotores de
organización.
ONG: Bicis pola Paz.
País: El Salvador.
Presuposto: 3.621,00 .
Cantidade solicitada ó Fondo: 2.000,00 .
Cantidade aportada polo Fondo: 2.000,00 .
Resume: Adquisición de 27 bicicletas para facilitar
o traslado entre as comunidades rurais e facilitar o desenvolvemento socioeducativo na rexión de San Salvador
/ La Libertad.
3. Proxecto: Banco de materiais para melloras nas vivendas de El Viejo.
ONG: Arquitectos sen Fronteiras.
País: Nicaragua.
Presuposto: 117.493,34 .
Cantidade solicitada ó Fondo: 35.979,92 .
Cantidade aportada polo Fondo: 35.979,92 .
Resume: Pretende mellorar as condicións de salubridade
e seguridade das familias de El Viejo, propiciando a creación dun fondo rotatorio que permitirá aos
habitantes merar o material necesario a prezos baixos. A contratación de man de obra farase a través
duna Escola-Taller.
4. Proxecto: Apoio ó desenvolvemento sostible das comunidades indixenas andinas
de Chuma.
ONG: Intermón.
País: Bolivia.
Presuposto: 274.697,52 .
Cantidade solicitada ó Fondo: 30.325,00 .
Cantidade a aportar polo Fondo: 30.325,00 .
Resume: O proxecto pretende apoiar o desenvolvemento cooperativo
agrícola de 22 comunidades, das máis pobres da zona.
5. Proxecto: Identificación e solución da situación social e legal
dos nenos, nenas e adolescentes institucionalizados.
ONG: Meniños.
País: Ecuador.
Presuposto: 164.758,00 .
Cantidade solicitada ó Fondo: 22.850,00 .
Cantidade a aportar polo Fondo: 22.850,00 .
Resume: Identificar a rapaces en situación de internado
ou semi-internado para facilitgar a súa integración tanto familiar como social, capacitando as institucións
e creando redes de apoio.
6. Proxecto: Accesibilidade a auga potable para os habitantes da zona noroeste do distrito
de Turkana.
ONG: Fundación Pro-Mundo.
País: Quénia.
Presuposto: 25.736,16 .
Cantidade solicitada ó Fondo: 23.162,55 .
Cantidade a aportar polo Fondo: 23.162,55 .
Resume: Construcción de tres encoros para a recollida
de auga nos acuíferos naturais das montañas, facilitando a mellora da saúde e da hixiene,
así como a optimización dos recursos gandeiros e o inicio de proxectos agrícolas.
7. Proxecto: Asistencia médica e cirúrxica gratuíta.
ONG: Solidariedade Galega.
País: Perú.
Presuposto: 38.128,207 .
Cantidade solicitada ó Fondo: 6.010,12 .
Cantidade a aportar polo Fondo: 6.010,12 .
Resume: Asistencia pediátrica, oftalmolóxica,
ciruxía xeral e docencia do persoal autóctono, con desprazamento de material e de recursos humanos
desde Galicia.
8. Proxecto: Construcción de alcantarillado sanitario na aldea de San Juan de
Dios.
Contraparte: Incide.
País: Guatemala.
Presuposto: 82.373,21 .
Cantidade solicitada ó Fondo: 82.373,21 .
Cantidade a aportar polo Fondo: 20.593,30 .
Cofinanciadores: Consellería de Emigración
e Cooperación exterior da Xunta de Galicia.
Resume: Restricción de pozos cegos e canalización
de augas residuais.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase
en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.
9. Proxecto: Construcción de infraestructuras comunitarias básicas en
Bela Vista-Pedreira.
Contraparte: Cámara Municipal de Sao Vicente.
País: Cabo Verde.
Presuposto: 40.909,09 .
Cantidade solicitada ao Fondo: 40.909,09 .
Cantidade a aportar polo Fondo: 10.227,27 .
Cofinanciadores: Consellería de Emigración
e Cooperación exterior da Xunta de Galicia.
Resume: Realización de conexións domiciliarias
á rede pública de auga e de saneamento.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase
en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.
10. Proxecto: Construcción de infraestructuras comunitarias básicas en
Monte Sossego-Alto Bomba.
Contraparte: Cámara Municipal de Sao Vicente.
País: Cabo Verde.
Presuposto: 40.909,09 .
Cantidade solicitada ao Fondo: 40.909,09 .
Cantidade a aportar polo Fondo: 10.227,27 .
Cofinanciadores: Consellería de Emigración
e Cooperación exterior da Xunta de Galicia.
Resume: Realización de conexións domiciliarias
á rede pública de auga e de saneamento.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase
en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.
11. Proxecto: Plan Maestro para a revitalización da cidade histórica
de Santiago de Cuba.
Contraparte: Municipalidade
de Santiago de Cuba.
País: Cuba.
Presuposto para este exercicio: 81.050,00 .
Cantidade solicitada ao Fondo: 12.020,24 .
Cantidade a aportar polo Fondo: 12.020,24 .
Cofinanciadores: Consellería de Emigración
e Cooperación exterior da Xunta de Galicia e Concello de Santiago de Compostela.
Resume: Diagnóstico urbanístico, elaboración
de material gráfico, intercambio formativo e adquisición de equipos.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase
en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.
12. Proxecto: Mellora das condicións de seguridade dos pescadores artesanais.
Contraparte: Instituto
Nacional de Desenvolvemento das Pescas e Cámara Municipal de Sao Vicente.
País: Cabo Verde.
Presuposto: 74.999,92 .
Aportación local: 3.077,15 .
Cantidade solicitada ao Fondo: 71.922,77 .
Cantidade a aportar polo Fondo: 17.980,69 .
Cofinanciadores: Consellería de Pesca e Asuntos
Marítimos da Xunta de Galicia
Resume: Construcción dun abrigo e dun pozo, instalación
de reflectores de radar e outros mecanismos de seguridade.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase
en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.
13. Proxecto: Programa de actuación integral en Porto Rincao.
Contraparte: Cámara
Municipal de Santa Catarina, Organización de Mulleres de Cabo Verde, Associaçao Rincao em desenvolvemento,
Escola e jardim infantil de Porto Rincao, Associaçao Mutualidade de Poupança e crédito de
Rincao.
País: Cabo Verde.
Presuposto: 250.000 .
Cantidade solicitada ao Fondo: 50.000 .
Cantidade a aportar polo Fondo: 50.000 .
Cofinanciadores: Axencia Española de Cooperación
Internacional.
Resume: Construcción e equipamentos de centro comunitario,
arranxo de rúas, redes de auga potable, microcréditos, fábrica de xeo e outras actuacións
no ámbito da educación cívica.
Cláusula: O financiamento deste proxecto materializarase
en función da concreción das achegas dos cofinanciadores previstos.
Nesta convocatoria destinarase ao financiamento de proxectos un total de 261.760,8 .
E para que conste ós efectos oportunos e para coñecemento de Ongs, asociados
e sociedade en xeral, faise pública a presente resolución en Santiago de Compostela a 26 de abril
de 2002.
|