Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Convenio de colaboración FEGAMP-Fondo Galego
Acordo de colaboración entre a Federación Galega de Municipios e Provincias e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Reunidos en Santiago de Compostela, a 8 de xaneiro de 1998.
Dunha banda, Julio Álvarez Núñez, presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias, e doutra, Alfredo Novoa Gil, presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade,
MANIFESTAN
Primeiro. Que a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) está interesada en contribuir, na medida das súas posibilidades, ó desenvolvemento de accións de cooperación e solidariedade internacional.
Segundo. Que ambas partes constatan un aumento da vontade de cooperación dos Concellos e Deputacións de Galicia, como expresión institucional dunha maior conciencia e sensibilidade social respecto dos países menos favorecidos.
Terceiro. Que o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade presente sumar esforzos das entidades locais da nosa Comunidade Autónoma para contribuir ó desenvolvemento de accións de cooperación e solidariedade que contribúan á erradicación da pobreza no mundo e a eliminación das desigualdades.
Cuarto. Que a FEGAMP considera positivo e necesario complementar os esforzos que tradicionalmente veñen desenvolvendo algúns Concellos e Deputacións de Galicia vertebrando unha opción ampla, plural e democrática que posibilite a colaboración de todas as entidades locais galegas con independencia do seu tamaño e posibilidades orzamentarias.
En consecuencia, ACORDAN:
1. A FEGAMP recomenda ós Concellos e Deputacións de Galicia a súa adhesión ó Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
2. A FEGAMP, na medida das súas posibilidades e tal como xa fixo durante o proceso constituinte, brinda ó Fondo Galego todo o seu apoio, material e técnico, a esta iniciativa.
3. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade informará puntualmente á FEGAMP dos seus acordos e actividades, establecendo unha liña de comunicación directa e fluida e comprométese a facilitar á FEGAMP o asesoramento necesario.
4. A FEGAMP e o Fondo Galego coordinaranse para desenvolver as iniciativas de cooperación e solidariedade internacional que poidan interesar ós municipios e provincias galegas e a ambas institucións.
|
O PRESIDENTE DA FEGAMP |
O PRESIDENTE DO FONDO GALEGO |
|
Julio Alvarez Núñez |
Alfredo Novoa Gil |
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
ÚLTIMA REVISIÓN: 9/9/98