| Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade |
||
| Concurso de Redacción Por un mundo máis xusto, faite solidario/a IIª edición |
||
|
BASES 1. Nesta segunda edición do Premio Por un mundo máis xusto faite solidario/a o lema da redacción será: “Os obxectivos do Milenio”, co fin de promover un maior coñecemento da Declaración do Milenio. 2. Establécense dúas categorías: Categoría A “Individual”: Nela poden participar todos os alumnos/as dos Centros de Ensino Secundario de Galicia, establecendo dúas modalidades, dotada cada unha cun premio:
Categoría B “Grupo”: Nesta categoría poden participar os grupos de alumnos dos Centros de Ensino Secundario de Galicia, guiados polos seus profesores, establecéndose dúas modalidades: Neste caso, os premios van dirixidos ó centro escolar.
3. Cada centro realizará unha selección previa dos traballos presentados, podendo enviar un máximo de TRES redaccións ao xurado. Concursarán os textos recibidos antes do 17 de marzo de 2005. 4. As características do texto serán as seguintes: os textos estarán escritos en lingua galega; a extensión non excederá dos dous folios, no caso das redaccións da categoría A ou individual, podendo ser escrito en xénero epistolar, narración ou poesía; no caso da categoría B os traballos non excederán de dez folios. 5. Ademais do primeiro premio haberá un finalista en cada categoría e modalidade que recibirán un diploma acreditativo. O xurado avaliará a posibilidade de recomendar a edición dunha publicación específica que recolla as obras mais sobresaíntes. 6. O xurado do premio estará composto por cinco membros pertencentes a cada unha das seguintes institucións: Fondo Galego, Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega e Asociación de Escritores en Lingua Galega. Actuará de Secretario, con voz pero sen voto, o director do IGADI. 7. O xurado dará a coñecer de inmediato a identidade dos premiados e fará públicas as razóns nas que se fundou para a concesión dos Premios. Os criterios de valoración para elixir aos premiados serán os seguintes: contido, tratamento do tema, orixinalidade, calidade literaria. 8. A entrega dos premios se celebrará en data e lugar que determinará o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha entidade municipalista que impulsa e coordina proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento. No Fondo Galego entendemos que a sensibilización das mozas e mozos en materia de solidariedade e cooperación é fundamental como parte da educación transversal e da educación en valores. Por iso propoñemos: reflexionar e participar. Animádevos!
|
||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/11/2004 |