| Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade |
||
| Concurso de Redacción Por un mundo máis xusto, faite solidario/a |
||
|
BASES 1. Este premio estará dotado cunha cámara dixital das seguintes características técnicas: resolución, 3,2 millóns de píxeles; zoom 3x, óptico; zoom 3x dixital; memoria 16 Mb; pantalla 4,1 cm, 11,6”; grabación de vídeo con audio; conexión porto USB. 2. Nel poden participar todos os Centros de Ensino Secundario de Galicia que o soliciten antes do día 15 de marzo. 3. Nesta primeira convocatoria do Premio “Por un mundo máis xusto faite solidario/a” concursarán os textos en lingua galega recibidos na Secretaría do Fondo Galego antes do 7 de maio de 2004. Cada centro fará unha selección previa podendo enviar un máximo de TRES redaccións ao xurado. 4. As características do texto serán as seguintes: a extensión non excederá dos dous folios, podendo ser escrito en xénero epistolar, narración ou poesía. 5. Ademais do primeiro premio haberá dous finalistas que recibirán: dous diplomas e dous agasallos. Editarase unha publicación para ano 2005 con 50 obras seleccionadas. 6. O xurado do premio estará composto por cinco membros pertencentes ou designados por cada unha das seguintes institucións: Fondo Galego, Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Asociación Galega de Editores. Actuará de secretario, o director do IGADI. 7. O xurado dará a coñecer de inmediato a identidade dos premiados e fará públicas as razóns nas que se fundou para a concesión do Premio. 8. A entrega dos premios se celebrará en data e lugar que determinará o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha entidade municipalista que impulsa e coordina proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento. No Fondo Galego entendemos que a sensibilización das mozas e mozos nos temas de solidariedade e cooperación son fundamentais como parte da educación transversal e da educación en valores. Por iso propoñemos: reflexionar e participar. Animádevos!
|
||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 09/02/2004 |