Fondo Galego de Cooperación e SolidariedadeVolver ó índice

Concurso de Redacción “Por un mundo máis xusto, faite solidario”

Finalista

Carta desde o cárcere
Nerea Millos Barreiro
IES de Teis (Vigo)

 
 

Queridos amigos/as:

Eu son unha moza encarcelada. O meu cárcere non é físico, non estou entre rexas. Podo saír a rúa, podo ir ó cine, ó parque, a comer a un restaurante...

Pero estou encerrada nun sitio peor. O meu cárcere é a impotencia, a tristeza, a rabia de ver que cada día no meu mundo as cousas van peor.

Estou no meu cárcere cando estou na rúa e sei que hai xente que tamén o está, pero por necesidade.

Cando vou ó cine e sei que hai moitas persoas coma vostede e coma min, que a única película que ven na súa vida é a miseria, a pobreza, a dor, a pérdida inxusta de seres queridos por unha guerra estúpida sen motivo nin razón, pérdida de nais, fillos, irmáns, pais, por ese estúpido orgullo de países ricos que teñen tan poucos escrúpulos e tanto sangue frío como para matar incluso a nenos e nenas inocentes por un par de millóns máis.

Estou no meu cárcere cando vou ó parque e imaxino como serán os parques de eses nenos os que lles roubaron a súa infancia, a súa vida.

Encarcelada nun restaurante cando sei que cada vez que acepto, ou o que é peor, desprecio unha comida está a morrer xente de fame.

Estes son algúns dos moitos problemas dos que podería falarlles, pero o único que agora podo dicirlles, é que todos somos humanos, persoas, cos nosos fallos e as nosas virtudes. Todos temos dereito a ter defectos e sobre todo, todos temos dereitos a ter oportunidades.

Pensen señores, que sentirían vostedes se estiveran na súa mesma situación, proben a mirarlles ós ollos e comprenderán.

P.D.: Coñecemos a súa situación, a súa xente, a súa loita por sobrevivir, o seu día a día,
os seus problemas e case, ata podemos sentir o que senten ó velos morrer. Sexan solidarios, esta é a miña mensaxe.

 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 03/06/2004
Fernando Pol