| Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade |
|
Concurso de Redacción “Por un mundo máis xusto, faite solidario” Iº Premio Meu anxo |
|
Hola meu anxo: Chámome Amalia. Son unha nena brasileira de 12 anos. Non sei se te acordarás de min xa que fai moito tempo que nos coñecemos. Escríboche esta carta para que sigas axudando a máis nenas que se atopen nunha situación coma a miña, xa que gracias a ti aínda estou viva. Vouche relatar a miña historia para que a xente a coñeza, por desgracia é a mesma cá doutras moitas rapazas coma min. Todo comezou cando eu tiña 6 anos , a verdade é que foi cando todo acabou xa que foi o peor ano da miña vida e o que a cambiaría por completo. Miña nai, farta das palizas do meu pai escapou da casa, e deixou a miña irmá pequena coa miña tía, iso foi o que a salvou. Eu era a maior e tiven que quedar co meu pai, pero a cousa non foi como eu me imaxinaba, xa que cada vez que bebía, comezaba a pegarme tocarme por todas partes ata que un día que bebera demais deume a peor paliza que levara ata entón e violoume durante toda esa interminable noite. Pola mañá decidín fuxir por que xa non aguantaba máis e sentíame moi mal. Aloxeime nos barrios mais baixos e alí atopei a moitas nenas que tiñan vivido unha situación como a miña: sen casa, sen familia, sen ilusións,...en fin,...sen infancia. Elas ensináronme un novo mundo, o das drogas, no que debido a miña idade e inexperiencia caín por completo, un buraco escuro e vacío, que consideraba mellor cá miña vida, que era parecida a un inferno. Elas tamén me presentaron a Xavi, el inicioume no mundo da prostitución, foi o meu chulo e o que compraba a roupa boa gracias a min, pero eu non me daba de conta xa que para min era un heroe, agora vexo o cega que estaba. Ó principio custábame moito deixarme tocar, bicar e o resto pero as miñas amigas, Xavi e ás veces os meus clientes conseguíanme boas drogas que me facían o traballo máis levadeiro, era a miña única saída ou polo menos o que eu cría: ¿De que ía traballar unha nena de 8 anos? A mellor tempada era o verán xa que había unha afluencia de clientela que requiría os nosos servicios. Ó principio asombrábame do tipo de xente que nos requiría xa que había vellos, mozos e incluso honorables homes de familia aos que todo o mundo cre perfectos, pero o peor de todos era Xavi, el era o que peor me trataba e iso que vivía ás miñas costas. Un día atopeime coa miña tía e a miña irmá, terías que ver o grande e bonita que estaba. Miña tía deuse conta da vida que levaba e , sen que a miña irmá a escoitara, díxome que a súa casa estaba aberta para min cando quixera. Isto fíxome recapacitar moito, a verdade é que xa non tiña ilusións nin tiña nada, a miña vida era insoportable que o peor pesadelo, así que dei o paso e decidín fuxir . Prepareino todo para marchar: recordo que era venres, pero todo se veu abaixo cando ao saír pola porta do piso onde vivía Xavi, el apareceu e deuse de conta do que estaba a punto de facer; comecei a correr rúa abaixo e cheguei a praia, o último que recordo dese día que me alcanzou; horas despois, cando recobrei o sentido, ti xa estabas ó meu carón nesa fría e solitaria praia ou polo menos así foi para min, fuches o meu salvador, o meu anxo, ou esa foi a miña impresión. Cando volvín a recobra-lo sentido non sabía se eras soño ou realidade. No hospital dixéronme que levaba inconsciente un par de días e que fora un voluntario dunha organización de axuda, das que traballan no barrio, o que me axudou. Ás poucas horas apareceron Pedro e Luís, outros cooperantes da organización que se encargaron de atoparme un fogar de acollida para cando saíra de alí e apoiáronme moito; a eles lles debo todo, pero non podo deixar de pensar que se non fora por ti seguiría naquela praia. Pasaron dous anos de todo isto pero aínda podería recoñece-la túa voz. Agora, gracias ós cooperantes da organización , vivo nunha casa de acollida con outras nenas coma min, e pregunte onde pregunte, todas me din o mesmo, que se senten coma nenas e non botan de menos ser mulleres. Agora sei que é unha infacia feliz, aínda que para min xa é algo tarde, o mes pasado diagnosticáronme unha enfermidade que se chama SIDA, o único que sei dela é que non ten cura pero no son pesimista e penso facer cousas que fan as nenas como xogar con bonecas ou facer debuxos...Xa non me preocupa nada máis. Miña irmá venme ver moi a miúdo e cada vez que a vexo dáme medo que poida caer nunha vida como a que eu tiven que levar. A intención máis importante desta carta é agradecerche todo o que fixeches por min e animar a máis xente a realizar esta labor, por que coa axuda dos voluntarios sálvanse moitas vidas coma a miña. Non olvides nunca o valor do labor que desempeñaches para min. Espero con ansia que algún día recibas estas letras que che escribo para que saibas que no Brasil hai alguén que sempre te levará no corazón. Amalia. |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 03/06/2004 |