Fondo Galego de Cooperación e SolidariedadeVolver ó índice


Bases de financiamento de programas de cooperación ó desenvolvemento e de solidariedade para o ano 2000
(Aprobadas definitivamente pola Comisión Executiva na xuntanza celebrada en Ourense o 8 de febreiro de 2000)

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, dacordo co establecido nos seus estatutos, e seguindo as súas liñas básicas de actuación, realiza a seguinte convocatoria de axudas, dirixida a organizacións non gobernamentais co obxecto de colaborar con elas no logro universal dun desenvolvemento humano. A tal efecto, financiaranse proxectos de cooperación dacordo coas seguintes bases:

Título Primeiro

  Características dos proxectos (art 1)

Título Segundo

Beneficiarios das convocatorias (art 2-3)

Título Terceiro

Prioridades na concesión (art 4-6)

Título Cuarto

Os prazos e a documentación a presentar (art 7-8)

Título Quinto

A concesión das axudas (art 9-14)

Título Sexto

A xustificación dos proxectos (art 15-18)

Anexo I

Proxecto de Actuación

Anexo II

Datos da Entidade solicitante


Volver ó principio


Título Primeiro: Características dos proxectos


Artigo 1º

I.- Os proxectos presentados caracterizaranse por:

a) Que se realicen en países non desenvolvidos. A atención prioritaria centrarase en países de América Central, Latinoamérica, Cuba e África (Sahara Occidental, África subsahariana, etc), sen que isto impida o financiamento de actuacións noutras áreas do mundo.

b) Que os seus obxectivos se centren en áreas de saúde, educación, desenvolvemento, atención social, cultura, conservación de medio ambiente, planificación urbanística, consolidación democrática, pacificación, etc, e en actuacións que revistan certa permanencia ou estabilidade. O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional.

c) Que poidan beneficiarse dos mesmos os cidadáns en xeral, sen que se discrimine por razón de raza, confesión relixiosa, sexo, etc.

d) Que eviten a invasión cultural e potencien e respecten a idiosincrasia do pobo beneficiario e o seu medio ambiente.

II.- Na actual convocatoria non serán obxecto de apoio aqueles programas de sensibilización á opinión pública dirixidos ós cidadáns de Galicia, que se arbitrarán a través dun programa independente do Fondo.

III.- Os proxectos ou unha fase dos mesmos desenvolveranse ó longo do período 2000-2001.


Volver ó principio


Título Segundo: Beneficiarios das convocatorias


Artigo 2º

O Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade poderá outorgar axudas a:


Artigo 3º

Quedan excluídas as Entidades Gubernamentais de Cooperación.


Volver ó principio


Título Terceiro: Prioridades na concesión


Artigo 4º

En relación co proxecto en sí, terán preferencia os que teñan en conta os criterios seguintes:

1.- Que estén dirixidos ós grupos menos favorecidos e que contribúan a mellorar a súas condicións de vida. Valorarase o número de persoas que se beneficiarán da axuda.

2.- Que impliquen e fomenten a participación dos beneficiarios en todas e cada unha das fases: concepción, realización, xestión e avaliación.

3.- Que teñan perspectiva de futuro nun dobre sentido:

a) Que poidan continuar cando a axuda exterior remate (autosuficiencia económica).

b) Se son impulsadas inicialmente pola cooperación exterior, que teña en conta e garanta a súa continuidade a longo prazo con responsables locais (autosuficiencia loxística).

4.- Que contemplen unha concepción integral do desenvolvemento e den soporte ás organizacións de base, excluíndo as actividades que pretendan a promoción dunha opción política, relixiosa ou sindical concreta.

5.- Que, no suposto de accións directamente productivas, axuden á constitución de recursos financieros que se poidan empregar para outros proxectos ou actividades posteriores (fondos de rotación, préstamos, garantías bancarias, etc.)

6.- Que presenten obxectivos de desenvolvemento concretos, claros, avaliables e posibles de conseguir nun prazo razoable.

7.- Que respecten o propio medio ambiente.

8.- Que sexan promovidas por ONGs ou entidades do país beneficiario, que, ademáis de responsabilizarse da execución, ofrezan a garantía dun equipo responsable.

9.- Que, preferentemente, sexan de duración plurianual e se integren nunha planificación máis ampla.

10.- Que axuden á creación dunha nova infraestructura socioeconómica na zona onde se execute, e/ou adquisición de bens de equipamento, e/ou á consecución do capital necesario para a formación de microempresas comunitarias, e/ou á capacitación e promoción do persoal executor do proxecto.

11.- Con respecto á súa forma de presentación valorarase a fundamentación, a claridade e coherencia interna da presentación , a aportación de documentación complementaria, e que sexan cuantificables mediante presupostos detallados e fidedignos.


Artigo 5º

a) A Comisión Executiva valorará de 1 a 3 puntos cada ún dos criterios do artigo 4º.

b) A Comisión Executiva terá en conta o informe dun equipo técnico, se a natureza do proxecto o aconsella. Neste suposto poderá valora-lo de 1 a 5 puntos.

c) O financiamento de casos de emerxencia acreditada só se fará de maneira excepcional. Neste caso valorarase a urxencia do caso, a posibilidade real de chegar ó lugar de destino (vías de comunicación), a experiencia da ONG que canalizará a axuda e a forma proposta de face-lo (proxecto, responsables...).

d) En principio, unha acción poderá beneficiarse de financiamento unha soa vez.

e) O Fondo non poderá financiar ou cofinanciar accións xa feitas ou a piques de rematar.

f) Para convocatorias posteriores terase en conta o grado de cumprimento destas instruccións.


Artigo 6º

En relación coa ONG ou entidade solicitante, valoraranse os seguintes criterios:

1.- É imprescindible que a ONG ou entidade solicitante sen ánimo de lucro figure constituída legalmente e acredite un mínimo de dous anos de experiencia na execución de programas de cooperación ó desenvolvemento.

2.- A capacidade de mobilizar a solidariedade e os recursos privados, así como de acadar subvencións doutros organismos.

3.- Que teña experiencia contrastada en accións de cooperación ó desenvolvemento e de solidariedade.

4.- Que teña a capacidade de soster as accións subvencionadas.

5.- Que os seus obxectivos sexan compatibles cos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

6.- Valorarase o impulso de proxectos por parte de varias ONG conxuntamente.

7.- As ONGs comprometeranse a participar nas acción de sensibilización impulsadas polo Fondo Galego, sempre e cando non estén en contradicción co seu ideario.


Volver ó principio


Título Cuarto: Os prazos e a documentación a presentar


Artigo 7º

As entidades que participen na presente convocatoria terán que presentar un dosier que inclúa os seguintes datos:

I.- Do proxecto:

As entidades solicitantes presentarán o proxecto concreto de actuación e cubrirán o resume do mesmo que se solicita no anexo I. Débense incluir os seguintes datos: localización detallada ( adxuntar un mapa), xustificación do proxecto, obxectivos e fins que se persiguen, número e tipo de beneficiarios, descripción da metodoloxía de traballo, proposta detallada das actividades a realizar, cronograma operativo e o presuposto desglosado por partidas en pesetas, facendo constar a cantidade que se solicita ó Fondo e as que aportarán outras entidades, no seu caso.

O Fondo poderá solicitar a documentación complementaria aclaratoria que sexa
necesaria.

II.- Da entidade solicitante:


Ademáis, a Comisión Executiva do Fondo Galego poderá solicitar da ONG un balance dos dous últimos anos, especificando as subvencións recibidas, a súa orixe e a súa contía, así como os recursos propios xerados, e un informe dos recursos humanos cos que conta. Neste caso, deberán adxuntar un organigrama, especificando as características da súa vinculación e dedicación, asi como as relacións máis significativas que manteñan con outras organizacións locais, estatais ou estranxeiras.

III.- No caso de que a solicitude se formule por unha ONG do norte, en colaboración cunha ONG do sur, presentará os catros primeiros datos referidos á segunda.


Artigo 8º

Os proxectos e o resto da documentación presentaranse no Centro Municipal de Servicios Sociais "Sara Vázquez" ,Concello de Culleredo. (Enderezo: Rúa Ramón Cabanillas. 15670 O Burgo-Culleredo-A Coruña), facendo constar que vai dirixido ó Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O prazo comeza a partir da aprobación destas bases e rematará o 28 de abril de 2000.


Volver ó principio


Título Quinto: A concesión das axudas


Artigo 9º

A Comisión Executiva valorará os proxectos presentados seguindo os criterios de prioridade expostos nos artigos 4º, 5º e 6º destas bases.


Artigo 10º

Unha vez aprobadas as axudas farase efectivo o pago inmediato do 75% da cantidade concedida. O restante 25% farase efectivo unha vez xustificada debidamente a axuda recibida, como se establece no artigo 15º.


Artigo 11º

Poderá adicarse ata un máximo do 8% total da axuda a gastos de preparación, secretaría e xestión. Non poderán ser incluídos no obxecto das axudas, os desprazamentos dos membros das ONGs ós países beneficiarios das accións.


Artigo 12º

Os proxectos pódense aprobar para o seu financiamento total ou parcialmente en función dos fondos disponibles e o criterio da Comisión Executiva, quen está facultada para dirimir e interpretar estas bases.

As ONGs, pola súa banda, poden buscar cofinanciación para os proxectos presentados sen máis restricción que face-lo constar expresamente.

Nos casos en que a axuda solicitada ou aprobada non cubra o custo total do programa, deberá constar o compromiso por parte do peticionario de aportar a diferencia, ben directamente ou a través de financiamento de terceiros.Mentras non se acredite o compromiso de financiamento, o Fondo non procederá a transferir a subvención acordada.


Artigo 13º

O importe das subvencións ou axudas en ningún caso poderá ser de tal contía que aillada ou conxuntamente con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou entidades privadas, supere o cen por cen do custo total da actividade para a que se conceden. De ser o caso, o Fondo diminuirá a cantidade acordada ata absorber o exceso.


Artigo 14º

A subvención poderá ser revogada, despois da audiencia ós interesados, sempre que dos informes de seguimento se deduza que as actividades non se axustan ó proxecto subvencionado. Esta circunstancia suporá a devolución das cantidades percibidas en virtude desta convocatoria e exerceranse, se é o caso, as accións legais pertinentes para esixir o reintegro correspondente.

En todo caso, as ONGs adxudicatarias deberán colaborar nas inspeccións e visitas de proxectos en execución, realizados a instancias do propio Fondo, ben directamente ou a través da Oficina de Seguemento de Proxectos de Managua (Nicaragua).


Volver ó principio


Título Sexto: A xustificación dos proxectos


Artigo 15º

A partires do libramento da primeira parte da subvención, o Fondo Galego poderá recabar da ONG ou entidade adxudicataria a remisión dun informe semestral sobre a execución do proxecto, que incluirá unha memoria explicativa acompañada dunha xustificación económica e de fotografías das actividades realizadas.


Artigo16º

Xustificaranse os gastos realizados con facturas orixinais, copias compulsadas ou documentos que acrediten o destino e o uso dos fondos concedidos.


Artigo 17º

O non cumprimento da xustificación implicará a súa inhabilitación para a percepción de novas axudas, sen prexuízo das accións legais pertinentes.


Artigo 18º

A ONG solicitante farase responsable do desenvolvemento do proxecto e do correcto uso do financiamento que se outorgue, o cal, en todo caso non poderá ser desviado a outros usos diferentes do aprobado.


Volver ó principio


Anexo I: Proxecto de Actuación

Título do Proxecto:

Localización (país, rexión, localidade):

Persoas beneficiarias (número e tipo):

Motivación do Proxecto:

Obxectivos xerais:

Obxectivos específicos e resultados previstos:
Obxectivos específicos:
Resultados previstos:

Actividades:
Resultados:

Factores externos que condicionan o proxecto. Riscos:

Presuposto:
Persoal:
Materiais:
Inversións:

   
Volver ó principio


Anexo II: Datos da Entidade solicitante

Nome da Entidade solicitante:

CIF:

Enderezo:

Código Postal:
Teléfono:
Fax:

Persoa de contacto:

   
Ano de constitución da Entidade:
Número de socios:

Nome da Entidade bancaria:

Número de conta (entidade-sucursal-dc-nº de conta):

En..., a... de 20..:

Sinatura da persoa responsable:
Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/02/2000