| Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade / Actividades
|
| Asemblea Xeral Ordinaria de 26 de abril de 2002 Informe da Comisión Executiva, presentado polo presidente |
|
Estimad@s amig@s, Dado que celebramos a nosa Asemblea Xeral ordinaria de socios hai escasos tres meses, non se trata aquí especialmente de dar contas de xestións das que estades coido que puntualmente informados a través dos “Infórmate a Fondo” e outros canais, senón de aproveitar esta convocatoria, ordinaria nun senso pero extraordinaria noutro, para insistir naqueles elementos que nos parecen máis relevantes. Cumpriremos cinco anos de existencia o próximo 27 de xuño. Será unha excusa excelente para facer balance do traballo desenvolvido, pero sobre todo para imaxinar un novo impulso aos obxectivos do Fondo, aquelo que diciamos o pasado 29 de xaneiro nesta mesma sala de apretar o paso para que o actual mandato das Corporacións locais e provinciais, con independencia de sensibilidades e pareceres políticos, resulte ser o da consolidación efectiva do municipalismo solidario en Galicia. ¿Imos nese camiño? Coidamos que si. Incorporaronse Bueu e Sarriá e tamén está en vías de clarificación o compromiso de socios dudosos. E sobre todo asentamos a colaboración institucional como un mecanismo habitual de traballo. Nese senso, cómpre destacar o excelente entendemento existente entre o Fondo e a Dirección Xeral de Cooperación exterior (Consellería de Emigración). Ademais do convenio de sensibilización, están en marcha un conxunto de actuacións tanto en Guatemala como en Cabo Verde e Cuba que contribuirán substancialmente a definir o compromiso cooperativo do Fondo Galego. Naturalmente, sen prexuizo da liña aberta coa AECI dende a Confederación de Fondos. É o momento pois de incrementar a participación de todos nesta tarea. É moi importante configurar esa rede de funcionarios que a partir de cada un dos Concellos e Deputacións poida movilizar recursos e ideas e dar continuidade, apoio e asesoramento aos representantes políticos municipais, con independencia dos cambios de persoas que os procesos electorais poidan provocar. É unha tarea urxente pois esa rede sería a base dun programa de formación impulsado pola Xunta de Galicia e o Fondo para propiciar un salto cualitativo das dinámicas da cooperación municipalista. Agradezo a colaboración de todos nese sentido e a máxima dilixencia por parte daqueles que aínda non definiron ou comunicaron esa identidade. Quixeramos pois aproveitar esta xuntanza para debatir o financiamento de proxectos na convocatoria de 2002, para reincidir tamén no reforzamento dos procesos de vertebración da cooperación en Galicia, nos termos definidos na Asemblea do 29 de xaneiro pasado.
|
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 30/04/2002
|