Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Asemblea Xeral Ordinaria de Socios de 14 de xuño
de 2000
Convocatoria
De conformidade co previsto no artigo 14 dos nosos estatutos, por medio da presente convócase a Asemblea xeral ordinaria de asociados para o próximo mércores, día 14 de xuño de 2000 en Santiago de Compostela, na sede da FEGAMP (Área Central, Rúa Varsovia, 4C-6ª planta), ás 11.00 horas en primeira convocatoria e ás 11.30 en segunda.
A ORDE DO DIA é a seguinte:
Encarezo e agardo a túa asistencia.
Santiago de Compostela, a 29 de maio de 2000.
Alfredo Novoa Gil,
presidente.
Informe xeral das actividades do Fondo Galego dende a última Asemblea
Presentado por Alfredo Novoa Gil, presidente
Estimad@s amig@s,
Celebramos a nosa última Asemblea xeral o pasado 15 de outubro de 1999 para acomodar a nosa estructura e funcionamento á nova realidade municipalista xurdida do proceso electoral local. Daquela eliximos unha nova Comisión Executiva que presentaba novidades importantes como a incorporación dunha Deputación Provincial, de Concellos de moi diferentes bases demográficas e unha maior pluralidade política. Esa combinación leva funcionando dende entón, debo dicilo, ás mil marabillas, aínda que con algunha ausencia que non pode ser ignorada.
Na primeira xuntanza da nova Comisión Executiva celebrada o día 3 de novembro aprobamos un documento relativo ás “Estratexias para o período 1999-2003" que definía como liñas de traballo básicas do Fondo Galego na nova etapa as seguintes:
Un “Infórmate a Fondo”(elaboraronse nove boletíns na nova etapa) deu conta a todos e a todas dese Plano e por el
ímonos guiando dende entón, sen perder o norte dos obxectivos elementais do novo período:
Iniciamos as reunións itinerantes en Vigo co propósito de achegarnos máis ós asociados e aproveitar a ocasión
para divulgar o noso proxecto con maior efectividade. O esquema, aplicado posteriormente noutras cidades (Ourense
e A Coruña, polo de agora), permitía o encontro cos principais mandatarios locais, cos medios de
comunicación e cos responsables de área dos municipios límitrofes. O balance desta iniciativa
é moi positivo e imos prosegui con ela.
Nesa mesma liña impulsamos a celebración das Xornadas Municipalistas de Cooperación en Pontevedra (as seguintes serán en A Coruña), con un éxito notable, tanto pola participación (29 concellos) como polo nivel de comprensión e sintonía acadado arredor da necesidade de promover a cooperación internacional como un eixe máis, irrenunciable hoxendía, da acción pública local.
Iniciamos tamén a aproximación a outras institucións, tanto públicas como privadas. En primeiro lugar, coa Dirección Xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia. Como resultado dos contactos mantidos, o 10 de abril asinamos un convenio de colaboración para impulsar actuacións de sensibilización cunha aportación económica significativa da Xunta de Galicia para a confección dun documental informativo, xa en avanzado estado de elaboración, e outras actividades. Tamén a Obra Social de Caixa Galicia aportará recursos para iniciativas de sensibilización, en concreto, para o desenvolvemento da campaña “Cooperación, Solidariedade, Palabras con Fondo” que implicará a responsables do Fondo, escritores e organización non gobernamentais para a edición dun libro e a realización de dez conferencias en toda Galicia.
Ese contacto de intercambio e enriquecemento muto tamén se materializou coa Coordenadora galega de organizacións non gobernamentais e próximamente concretarase cos sindicatos da función pública local.
Recibimos as memorias e as xustificacións dos primeiros proxectos executados, os correspondentes ó exercicio de 1998. A información, avaliada e contrastada, foi transmitida a través de Territorios, a revista da FEGAMP, non soamente ós socios, senón a toda a comunidade municipalista, co ánimo de que poideran comprobar o destino real dos fondos do Fondo. Unha vez contemos con máis información de máis proxectos (os de 1999, básicamente) procuraremos informar máis amplamente para que as nosas cidadanías poidan valorar máis de perto a utilidade destas pequenas transformacións. Destacamos nese sentido o importante papel desempeñado pola oficina de Managua á hora de achegarnos ás súas impresións sobre os proxectos executados. Igualmente, neste período, xestionamos económicamente as aportacións do 98 e 99 e aprobamos a convocatoria de proxectos de 2000 que hoxe debemos resolver.
No ámbito das relacións externas, recibimos a Henry Ruiz, presidente da Fundación “Augusto César Sandino”, de Nicaragua; cumprimentamos á socióloga uruguaia Arléss Caruso, de visita en Galicia; participamos no encontro sobre municipalismo e solidariedade celebrado en Mataró; e nas diferentes actividades e xuntanzas da Confederación de Fondos. Máis alá do protocolo, esta participación é especialmente importante para coñecer outras experiencias que sen dúbida poden axudarnos a mellorar a calidade do noso traballo e a ampliar os horizontes das nosas actividades. Animamos, por iso, a todos os socios, a participar nelas.
Quixera constatar, por último, que seguimos contando coa FEGAMP. Desde aquí, segue a prestarse un valioso apoio ó Fondo. Na Asemblea xeral celebrada en Santiago o pasado 14 de Decembro, aprobouse por unanimidade, unha moción de apoio explícito ó Fondo.
Para rematar, únicamente lembrar a todos as altas producidas neste periodo (das que temos constancia oficial) e que deberiamos ratificar formalmente no punto seguinte da nosa orde do día. Trátase de: A Guarda, Cerceda, O Rosal, Ferrol, Poio, Carral, Redondela, Soutomaior e Pontevedra.
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
ÚLTIMA REVISIÓN: 30/05/2000