Fondo Galego de Cooperación e SolidariedadeVolver ó índice


Asemblea Ordinaria, 26 de marzo de 1999


Memoria de xestión da Comisión Executiva do Fondo Galego presentada polo Presidente


Estimados/as amigos e amigas:

Benvidos e gracias por asistir a esta Asemblea ordinaria do Fondo Galego que se convoca, en primeiro lugar, por imperativo estatutario. En efecto, o artigo 11 preceptúa que esta Asemblea debe reunirse, como mínimo, unha vez ó ano e dentro do cuarto trimestre ou no primeiro do seguinte. Pero non se trata unicamente de cumprir cos preceptos estatutarios. A nosa traxectoria caracterizase, coido que para ben, por esa búsqueda do compromiso e da participación de todos os socios coas actividades e propostas do Fondo. En realidade, durante o pasado exercicio, celebramos outras dúas Asembleas, o 19 de maio e o 28 de outubro, ambas extraordinarias e as dúas moi condicionadas pola necesidade de aprobar e resolver a convocatoria de proxectos.

En todo caso, o sentido deste acto de hoxe é ben diferente. Aínda que, efectivamente, o pronunciamento sobre a convocatoria de proxectos para este exercicio está presente na orde do día, o tema central que nos convida é outro: facer balance, mirar cara adiante. E a iso vamos.


Valoración do traballo realizado durante o ano 1998

A constitución formal do Fondo realizouse o 12 de decembro de 1997. Globalmente, o balance deste primeiro ano de actividade pode calificarse como positivo e esperanzador, pero cómpre analizar polo miúdo cada un dos eixes de traballo e identificar as nosas principais eivas.


1.1. Xestión e organización interna

Asemblea fundacional

12/12/97

Asembleas extraordinarias

2

Reunións da Comisión Executiva

14


1.2. Difusión e proselitismo

Dende o primeiro momento sabiamos que os principais obxectivos deste primeiro ano de funcionamento debiamos centralos, dunha banda, no asentamento interno (apartado anterior) e doutra, na difusión e no proselitismo, na amplicación do soporte asociativo do Fondo, indispensable para a consolidación do proxecto. Neste sentido actuamos en dous campos principais:

1.2.1. Búsqueda de complicidades

1.2.2. Socios

Non conseguimos o obxectivo dos 50 socios para finais de 1998, pero cómpre destacar que superamos o 10% de representatividade do conxunto das entidades locais e provinciais (319 en total) e abarcamos o 33.3% da poboación total da Comunidade Autonóma. É un dato positivo e importante. O esforzo de divulgación foi grande pero o proceso desenvolvese con máis lentitude da esperada e, por veces, non pouca confusión (coa creación da plataforma institucional do Sáhara).

Concellos/habitantes Concellos/asociados
Menos de 5.000 habitantes

9

Entre 5.000-10.000

7

Entre 10.000-20.000

8

Entre 20.000-40.0000

4

Entre 40.000-100.000

0

Máis de 100.000

3

Deputación Provincial

1

Total: 32 entidades locais  

Un breve repaso danos unha idea dos “puntos negros” neste proceso:

a) Concellos que participaron no proceso fundacional e que aínda non conseguimos incorporar: Carballiño, Lugo, Monforte, Ponteareas, Santiago, Teo, Irixoa, Vedra.

b) Outros Concellos que tivemos en conta en diversos momentos e que aínda non formalizaron a súa adhesión: Ferrol, Aranga, Abegondo, Muros, Rianxo, Carnota, Bueu, Mazaricos, Betanzos, Carballo, Cerceda (08/01/98); Arzúa, Vimianzo, Valdoviño, A Capela, Poio, Cabanas, Trasmirás (03/03/98); Portas (03/04/98); Barbadás (07/05/98); Valga, Arbo, As Neves, O Rosal, Cambados, Ribeira, Frades, Redondela (29/09/98); Murás (28/10/98)


1.3. A evolución financeira

O 28/10/98 constatabamos que dun total de 5,5 millóns estimados inicialmente estaban pendentes de ingreso preto de 4 millóns de pesetas. A capacidade teórica disponible ascendía a 6,5 millóns de pesetas. Con independencia de casos moi particulares (merece destacarse o forte compromiso do Concello de Nigrán), a tónica xeral é preocupante pois movémonos sempre en cantidades mínimas e os ingresos demoranse demasiado. A finais de xaneiro de 1999 faltaban aínda por ingresar as cuotas de 19 socios, dun total de 32. Se en verdade existen problemas de fiscalización e intervención por parte dos respectivos funcionarios habilitados, tamén é certo que cómpre actuar con maior vontade e responsabilidade por parte dos responsables políticos municipais desta materia, pois sen fondos suficientes tampouco podemos financiar os proxectos. Cómpre porse ó día e librar xa, con carácter inmediato, os fondos previstos para 1999.


1.4. Relacións externas


1.5. Actividades

As principais actividades a destacar son as seguintes:

Cando aconteceu o terremoto en Colombia xa estabamos máis preparados: deronse orientacións concretas e inmediatas a todos os Concellos a través da FEGAMP, fixose un chamamento ó persoal ó servicio das entidades locais, enviaronse comunicados ós medios de comunicación, etc. pero o nivel de sensibilización pública foi menor.


En suma, queridos amigos e amigas, este primeiro ano de andaina confirmou as expectativas de consolidación do Fondo Galego como unha realidade operativa e influínte tanto no mundo da cooperación como do municipalismo. Coido que conseguimos asentar as bases dese proceso, bases sólidas e con garantía suficiente como para auspiciar un xiro de maior intensidade ás nosas actividades.

Santiago de Compostela, a 26 de Marzo de 1999

Anexo 1

Asemblea fundacional 12/12/97
Asembleas extraordinarias 19/05/98 (aprobación convocatoria de bases)
  28/10/98 (resolución da convocatoria)
Comisión Executiva 1998 08/01
    03/02
    03/03
    03/04
    07/05
    09/06
    28/07
    02/09
    29/09
    28/10
    12/11
    23/12
  1999 27/01
    24/02
Asemblea Ordinaria 26 de marzo de 1999


Obxectivos e liñas principais de traballo para 1999


O próximo exercicio está moi condicionado pola celebración das eleccións municipais que, inevitablemente, marcará un antes e un despois e pechará esta primeira etapa “constituinte” do Fondo Galego. Nese sentido, cómpre ter presente que contaremos con poucos meses “útiles” durante 1999 (quizáis 4 antes do verán e 3 despois). En todo caso, unha cuestión fundamental é a de procurar manter alonxado o Fondo Galego das tensións políticas partidarias que poideran producirse como consecuencia das convocatorias electorais inmediatas.


2.1. Adhesións

Debe ser unha preocupación permanente pois non hai mellor garantía para a consolidación do Fondo que a ampliación da nosa base asociativa. Os froitos dos contactos realizados durante os últimos meses de 1998 deberiamos poder recollelos nos primeiros de 1999. Se a consecución de novas altas é un obxectivo permanente cómpre facer fincapé na importancia de conseguir duplicar en 1999 os 32 socios actuais.


2.2. Capacidade financeira

O potenciamento da capacidade económica do Fondo ven determinada fundamentalmente por dous factores internos e un externo que debemos activar. En canto ós primeiros, debemos asegurar a transferencia en tempo e forma das cuotas dos asociados e igualmente interesa volcarse no compromiso asociativo das deputacións e dos concellos máis importantes de Galicia. Polo que atinxe ó factor externo, no segundo periodo do ano, debemos impulsar o compromiso das Caixas de Aforro (0,7 da Obra Social) coa vista posta no 2000.


2.3. Proxectos

A inminencia das eleccións municipais obriganos este ano a acelerar a convocatoria e a resolución. Non modificamos as bases, ainda que si o baremo coa intención de obxectivalo o máximo posible. Temos o punto concreto da orde do día para valorar este asunto en base ás propostas efectuadas pola Ponencia Técnica. Antes das eleccións debemos conseguir librar as axudas.


2.4. Equipo técnico propio

Apostamos pola conveniencia de dotarnos, progresivamente, de medios de xestión propios que garantan un adecuado funcionamento do Fondo. Coñecidas son as dificultades de comunicación a través de terceiras entidades ou o excesivo que pode chegar a ser o peso administrativo, persoal e material, cando recae exclusivamente sobre un Concello, máxime se como pretendemos o número de asociados se amplia e pode superar os 60 a finais de ano. Por outra banda, debemos protexer e asegurar a estabilidade do Fondo ante as incertidumes que presenta o futuro político de xeito que con independencia das coordenadas resultantes, a súa traxectoria non se resinta. Igualmente precisamos compensar as múltiples e diversas ocupacións dos representantes políticos cunha maior dedicación á hora da xestión. A eficacia dalgunhas decisións como, por exemplo, a relativa ó rexistro central de subvencións depende fundamentalmente de contar cos medios necesarios para efectivizala: persoais e materiais.


2.5. Mellora da comunicación

Este é un aspecto moi importante e que debemos coidar cada vez máis. Os instrumentos á nosa disposición son coñecidos e debemos enfatizar a oportunidade que nos brinda esa sección permanente en “Territorios”, a revista da FEGAMP. A maiores, debemos incorporar ó dossier do Fondo a carpeta da Confederación e unha Folla informativa (“Informate a Fondo”) que, como mínimo, unha vez ó mes, dea conta das actividades do Fondo. Asi deixariamos de enviar as actas da Comisión Executiva a todos os asociados pois os seus acordos presentarianse de xeito máis ameno e claro nestas follas.

Complemento indispensable dunha boa política de comunicación é a identificación de todos os destinatarios: alcalde, concelleiro responsable, portavoces da oposición, asistentes sociais, técnicos de cooperación, interventores, ongs, etc. Debemos ir elaborando un mailing propio e adaptado ás nosas necesidades.


2.6. Sensibilización

Cómpre tirar o máximo proveito da exposición. Poderia completarse cunha información actualizada sobre a xestación, os socios e as actividades do Fondo Galego.


2.7. Formación e asesoramento

Con independencia de abordar a celebración dalgún curso de formación no último trimestre de 1999, é importante facer chegar ás persoas sensibilizadas con esta problemática (responsables municipais e persoal técnico), informacións cun horizontes máis amplo (análise da axuda, revistas especializadas, estudios sobre a lei de cooperación internacional ó desenvolvemento, etc) tanto para enriquecer o noso traballo como para estar ó día das reflexións que nel confluen. Neste sentido, o Centro de Documentación do IGADI e o seu equipo técnico está a disposición de todos os Concellos asociados asi como tamén das ONGs integradas no Consello Municipalista da Cooperación.


En resume, estas son as principais liñas de actuación e os principais obxectivos que o Fondo Galego debe asumir como orientación prioritaria ata a celebración da próxima asemblea ordinaria.

Santiago de Compostela, a 26 de marzo de 1999.

Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 02/03/1999