Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade / ActividadesVolver a TitularesVolver a Fondo Galego
Arroz para o Sahara
 
 

A resultas da recente visita a Galicia dunha delegación saharauí, o Fondo Galego tivo coñecemento do agravamento das precarias condicións de vida en que se desenvolve a existencia dos refuxiados acollidos nos campamentos saharauís. As dificultades en materia de seguridade alimentaria van en aumento e afectan a produtos de primeira necesidade, urxindo a intensificación da cooperación internacional.

O Fondo Galego, como axencia municipal para a cooperación e a solidariedade internacional, que sempre amosou a súa comprensión e apoio á causa saharauí, apela ao conxunto dos municipios galegos e, en concreto aos seus asociados, para recabar axudas específicas destinadas á adquisición de arroz para os campamentos. Dado o elevado custe e as complicacións do transporte, de común acordo coa delegación saharauí, a entrega farase efectiva en diñeiro que permitirá adquirir o arroz nas proximidades dos asentamentos.

Os Concellos e Deputacións galegas poden facer os seus ingresos na conta de emerxencia do Fondo, indicando “Arroz para o Sahara”. O número da conta é:

Caixa Galicia Fene: 2091-0209-10-3040019000.

A través desta conta evitaremos a improvisación e a dispersión de recursos, facilitaremos a entrega directa e máis rápida, melloraremos a xestión e reforzaremos o Fondo Galego como instrumento de referencia na vida municipal para impulsar as accións de solidariedade.

Para información complementaria e outras aclaracións: 986 357238, Secretaría do Fondo Galego.

 
Volver a TitularesVolver a Fondo Galego



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/02/2006
Fernando Pol


Subir