| Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade |
| Acta da reunión do xurado do Concurso de Redacción “Por un mundo máis xusto, faite solidario/a” Baiona, 29 de abril de 2005 |
|
Reúnese no Concello de Baiona, o 29 de abril de 2005, o xurado do Concurso de redacción “Por un mundo máis xusto, faite solidario/a”, convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O xurado está composto polos seguintes membros: Xosé Luís Franco Grande (Real Academia Galega), Xesús Costas Abreu (Consello da Cultura Galega), Marta Dacosta (Asociación de Escritores en Lingua Galega), Mª de los Ángeles Silva, concelleira de Servizos Sociais de Baiona (Fondo Galego) e Xulio Ríos (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) que actuou en calidade de secretario do xurado, con voz pero sen voto. O obxectivo deste premio é animar a sensibilización das mozas e mozos nos temas de solidariedade e cooperación, entendidos como fundamentais nun modelo educativo que precisa da educación transversal e da educación en valores. No fallo do xurado se tivo en conta a calidade literaria do texto, a riqueza expresiva, a madurez da reflexión, a orixinalidade e o compromiso coa denuncia e reclamación dunha sociedade máis xusta e humana, en concordancia cos Obxectivos do Milenio de Nacións Unidas. O xurado, tras deliberación, acorda:
Así mesmo, acordou establecer os seguintes finalistas:
Xosé Luís Franco Grande, Xesús Costas Abreu, Marta Dacosta, Mª de los Ángeles Silva e Xulio Ríos. |
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 22/09/2005 |