Fondo Galego de Cooperación e SolidariedadeVolver ó índice
Acta da reunión do xurado do Concurso de Redacción
“Por un mundo máis xusto, faite solidario/a”
Santiago de Compostela, 31 de maio de 2004
 
 

 
O xurado (Adelaida Negreira, Salvador García-Bodaño, Xulio Ríos, de pé, Xerardo Roca e Miguel Anxo Fernán-Vello) outorgou por unanimidade o premio a Vanesa Balboa Salomón, do IES de Poio (Pontevedra), polo seu texto: “O meu anxo”.
 
Reúnese no Pazo de Raxoi o 31 de maio de 2004 o xurado do Concurso de redacción “Por un mundo máis xusto, faite solidario/a”, convocado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

O xurado está composto polos seguintes membros: Salvador García-Bodaño Zunzunegui (Real Academia Galega), Agustín Fernández Paz (Consello da Cultura Galega), Miguel Anxo Fernán-Vello (Asociación de Escritores en Lingua Galega), Xerardo Roca (Asociación Socio-Pedagóxica Galega), Fabiola Sotelo Blanco (Asociación Galega de Editores), Adelaida Negreira Ribeiro (Fondo Galego), e Xulio Ríos (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), que actúa en calidade de Secretario do xurado, con voz pero sen voto.

O obxectivo deste premio é anima-la sensibilización das mozas e mozos nos temas de solidariedade e cooperación, entendidos como fundamentais nun modelo educativo que precisa da educación transversal e da educación en valores.

No fallo do xurado se tivo en conta a calidade literaria do texto, a riqueza expresiva, a madurez da reflexión, e o compromiso coa denuncia e reclamación da fin da violencia como premisa para o exercicio da solidariedade.

O xurado, tras deliberación, acorda:

  • Outorgarlle por unanimidade o premio a Vanesa Balboa Salomón, do IES de Poio (Pontevedra), polo seu texto: “Meu anxo”.

  • Establece-los seguintes finalistas: Miriam Couso Pérez, do IES de Poio (Pontevedra), polo seu texto: “A crúa vida da muller no día a día”; e Nerea Millos Barreiro, do IES de Teis (Vigo), polo seu texto: “Carta desde o cárcere”.

E para que así conste, asínase a presente en Santiago de Compostela, a 31 de maio de 2004.

Adelaida Negreira Riveiro, Fabiola Sotelo Blanco (non compareceu), Agustín Fernández Paz (compareceu por escrito), Salvador García-Bodaño, Xerardo Roca Miguel, Anxo Fernán-Vello e Xulio Ríos.

 
Volver ó índice

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 01/06/2004
Fernando Pol