Dossier Exterior / nº 008-08/2006 de 26 de xuño Volver a TitularesVolver a Dossier Exterior
Escala en Vigo
Rutas aéreas confidenciais
 
 
Análise

     
   

Antecedentes

As primeiras denuncias parten das organizacións humanitarias e dos defensores dos dereitos civís, nas que se relata a existencia de "detidos pantasma" en distintas prisións como Abu Ghraib, outras prisións de Iraq, ou,mesmo, a prisión secreta da CIA dentro das instalacións de Guantánamo. Nelas se aseguraba que existían traslados dos prisioneiros de orixe islámico, tanto dende EEUU como dende Iraq cara terceiros países, confirmando a crenza de que EEUU tiña creado unha rede de secuestro en todo o mundo.

O procedemento habitual consistía en utilizar avións civís, para poder interrogar con técnicas máis agresivas que as que eran empregadas nas prisións tradicionais, evitando así o control xudicial ou observadores internacionais. Para iso, é necesaria a complicidade doutros países (árabes e non árabes), dispostos a colaborar na detención, e nos interrogatorios aos prisioneiros. As novas evidencias, semellan confirmar que a figura dos detidos pantasma é un fenómeno estendido e preocupante.

Neste sentido, o paquete de medidas antiterroristas que recorta as liberdades democráticas dos estadounidenses, e que contou coa complicidade demócrata na cámara dos representantes, e que debía que expirar en 2005, cando menos nas súas cláusulas máis polémicas - o denominado "Patriot Act"-, segue a ser o marco de actuación no que se inscriben estas accións da CIA. En función do "Patriot Act", a detención dun alto numero de estranxeiros mantidos nun limbo legal, do mesmo xeito que a propia cruzada antiterrorista fíxase por tempo indefinido. A pesares das detencións por máis de un ano e das deportacións, calquera denuncia xudicial, carece de posibilidades de prosperar.


Complexa infraestrutura

Para a creación dunha infraestrutura que posibilitase os secuestros, a CIA creou unha serie de empresas pantasmas, cambiando á súa vez o número das matriculas, que permitise a impunidade nas actuacións da CIA. De acordo cunha investigación realizada polo The Sunday Times, entre outubro do 2001 e Novembro 2004, producíronse 300 vos destas características, organizados polo pentágono e a CIA.

Os avións partían de Washington cara a 49 destinos, todos eles fora dos EEUU. No entanto, aos chamados "Spotters", amantes do mundo da aviación e os fotógrafos especializados neste tipo de actuacións, fotografaron eses avións e colgaron os seus datos nunha base de datos coñecida.

A partires do primeiro caso de secuestro acontecido en Paquistán, sucesos similares comezaron a producirse en distintos países. Os servizos secretos dos EEUU, exerceron presión aos seus homólogos noutros países para que colaborasen na captura e na entrega de sospeitosos. Así, en outubro do 2001, produciuse o secuestro e a detención do australiano Mamduh Habib, xerente dun café en Sidney, cando estaba en Paquistán visitando a uns familiares. A pesares da súa nacionalidade os axentes da CIA levárono ao Cairo, onde foi torturaron durante seis meses. Para saír do calvario, tivo que confesarse membro de Al Qaeda, tal e como se lle pedía, e foi trasladado a Afganistán onde por instrución dos mandos militares de EEUU foi enviado a Guantánamo para saír en xaneiro de 2005. Tamén o cidadán alemán de orixe siria, Mohammed Haydar Zammar, foi detido e interrogado por axentes da CIA durante dúas semanas, antes de ser trasladado nun avión a Siria, onde foi recoñecido por un preso, aparentemente con claros síntomas de tortura. O mesmo acontecería con dous cidadáns exipcios en Suecia, que foron entregados como presuntos terroristas de Al Qaeda, aos axentes da CIA coa complicidade das autoridades suecas e exipcias.

Segundo o informe de Human Rights Watch, realizáronse entre 100 e 150 entregas ou rendicións de prisioneiros para ser interrogados e torturados fora dos EEUU. Estes traslados de prisioneiros fora do país no que foran capturados, non só se produciu cos denominados "combatentes inimigos", detidos en Afganistán ou nas zonas fronteirizas con Paquistán. Houbo tamén unha categoría de prisioneiros capturados en Iraq, para os que se deseñaron escuras fórmulas que facilitasen o seu interrogatorio, fora do alcance das organizacións de dereitos civís e sen os controis habituais dos medios oficiais, por exemplo das forzas armadas.

A pesares de que estes prisioneiros si estaban protexidos polas convencións de xenebra, víase na práctica que recibiron un trato similar ao dos "combatentes ilegais" ou "combatentes inimigos" de Afganistán e Guantánamo.

A incongruencia legal á luz do dereito internacional na xustificación e existencia do actual Guantánamo foi establecida unilateralmente polo presidente Bush o 7 de febreiro de 2002, cando decidiu que os "inimigos detidos en Afganistán non sería recoñecidos como prisioneiros de guerra e que, polo tanto, non poderían acollerse aos dereitos previstos para estes nas Convencións de Xenebra", negándolles, por tanto, o estatuto de prisioneiros de guerra. Dende entón, a administración Bush confírelles un tratamento de "combatentes inimigos".

Amais diso, á hora de pescudar nos métodos utilizados, moitos congresistas cuestionaron o muro de impunidade co que se atoparon cada vez que tentaron investigar os métodos utilizados pola CIA, ou as forzas armadas. A fin de contas, máis aló de ter unha mínima idea do "modus operandi" utilizado nas prisións iraquís ou Guantánamo, moi pouco transcendeu sobre a forma de actuar dos axentes da CIA e sobre os centros de detención dispersos en distintos lugares do planeta. As rivalidades entre a axencia e o propio Pentágono favoreceron ese secretismo.

No entanto, a cantidade de secuestros en distintos países e os traslados neses misteriosos avións, fixeron posible recompoñer o complexo quebracabezas das actuacións da CIA.

Entre os países aos que se transferiu prisioneiros "realoxados por tempo indefinido", estarían: Exipto, Xordania, Paquistán, Arabia Saudí, Marrocos, Uzbequistán, Tailandia e Siria. Ademais de contar cos seus servizos de intelixencia e de ter centros propios de detención en Afganistán e Iraq e Guantánamo, contando así mesmo con outros emprazamentos secretos que son reiteradamente denunciados polas organizacións humanitarias dende o 2002.

En maio do 2004, os periodistas do Washington Post, Dana Priest e Joe Stephens, deixaron patentes as intencións da CIA cando interrogaron a Peter Probst, en relación coas operacións de detención e secuestro de persoas, e o seu traslado secreto a outros países ou centros propios de detención. Probst, sostiña que existe unha longa historia neste tipo de actos, que se levaron a cabo durante moitas décadas e que segundo el, eran "absolutamente legal". Unha práctica, que semella terse convertido en "normal", de tal xeito que para os axente da CIA, resulta incomprensible que alguén se atreva a cuestionala.

Durante todo este tempo, informes de Human Rights Watch, pediron incansablemente explicacións á administración Bush, sobre a irregular situación na que se atopa un numero indefinido de detidos por axentes dos EEUU, en centros propios, bases militares ou barcos estadounidenses, ou ben noutros países aliados.


Galicia nas rutas secretas

En plena polémica sobre os vos secretos da CIA, se afirma que entre os 10 aeroportos españois que figurarían entre rutas sospeitosas entre Guantánamo, Kabul, Rabat ou O Cairo, se atopa o aeroporto de Vigo.

Compre dende Galicia meditar subre unha serie de interrogante: qué papel xogou o goberno español na rede artellada pola CIA?, Cal era o seu grao de coñecemento do goberno español? do goberno galego?, a simple existencia dos vos proba o traslado de prisioneiros da CIA?, os servizos secretos dos distintos países implicados,gardan aínda máis claves para entender toda esta intriga?

Un dos 1.082 vos secretos da CIA, enumerados no informe coñecido no Parlamento Europeo, en terminais do entorno europeo tería feito escala o pasado mes de agosto no aeroporto vigués de Peinador, segundo o informe feito público en Estrasburgo. O relatorio da comisión de investigación da Eurocámara, que foi aprobado en comisión o luns, será sometido a pleno no próximo mes de xullo, e neste documento vanse investigar os 1.080 vos operados por compañías "pantasma", vencelladas ou controladas pola CIA. A Eurocámara elaborou este informe en función das acusacións recollidas contra dos servizos de intelixencia de EE UU que terían empregado territorio comunitario para trasladar a sospeitosos de terrorismo a países onde posteriormente serían torturados.

Pola súa banda o ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación, Miguel Angel Moratinos, reiterou a vontade do Goberno español de "cooperar e investigar ao máximo" os presuntos voos realizados pola CIA e que fixeron escala en territorio español, logo de que o relator da comisión temporal da Eurocámara que investiga as actividades da Axencia de Intelixencia estadounidense, Claudio Fava, afirmase que un total de 125 voos operados directa ou indirectamente pola CIA, tiñan feito escala en 10 aeroportos españois: Palma, Tenerife, Valencia, Alacante, Madrid, Barcelona, Málaga, Sevilla, Ibiza e Vigo-- entre 2002 e 2005. Segundo o eurodeputado, non hai evidencias "irrefutables" de que en eles viaxasen prisioneiros. No entanto, se considera tendo en conta as rutas de moitos dos vos e algúns dos países de destino, como Afganistán, Iraq, Xordania, Exipto, Libia, Marrocos, Uzbekistán ou Guantánamo... sería "lóxico" transportasen persoas en máis dunha ocasión.

O suposto avión da CIA que aterrou en Vigo o 31 de agosto do ano pasado procedente da cidade suíza de Xenebra, despegou ao día seguinte de Peinador con destino a Banjul, en Gambia. Emporiso, os aeroportos onde máis manobras se realizaron, foron os das terminais de Tenerife e Palma de Mallorca, onde as operacións dos avións segredos superan a quincena.

Os supostos vos da CIA que realizaron escala en aeroportos españois, tiveron lugar dende decembro de 2001, tres meses despois dos atentados do 11 de marzo. Así, o primeiro voo da axencia estadounidense de intelixencia do que se ten constancia en territorio español fixo escala o 12 de decembro de 2001, no aeroporto de Tenerife. Os dous vos máis recentes no estado español dos que ten constancia o Parlamento Europeo, é dun que fixo escala en Barcelona o 29 de outubro do ano pasado e outro o 11 de novembro de 2005, que aterrou en Sevilla.

O método empregado por Faba para investigar os vos sospeitosos, consiste en cruzar dados de Eurocontrol -o organismo europeo para a xestión do tráfico aéreo- cos da Administración Federal de Aviación de EEUU (FAA), relativos ós avións de compañías consideradas "tapadeira" da CIA, ou os usados en traslados irregulares de sospeitosos de terrorismo a Guantánamo ou a países como Exipto, Afganistán, Xordania ou Libia.


Antecedentes no Estado español

A partires do secuestro do alemán de orixe libanés Jaled el-Masri, a finais de 2003, puido confirmarse a sospeita de que aeroportos españois estaban sendo utilizados polos estadounidenses. A posterior investigación do grupo de periodistas de Newsweek, sobre o Boeing 737 que permitiu trasladar a El-Masri, desencadeou o seguimento por parte doutros medios como El Diario de Mallorca, e La Opinión de Tenerife, permitiron reconstruír os feitos.

Con relación ao caso vigués, o europarlamentario italiano Claudio Fava (do Grupo Parlamentario Socialista e relator do Comité de investigación sobre vos ilegais utilizados pola CIA, distribuíu un documento no que se aseguraba que un dos vos investigados realizara escala en Peinador. No entanto, o eurodiputado galego Antolín Sánchez Presedo, sostén que é unha aportación persoal do poñente, Claudio Fava, e só ten carácter informativo.

Por tanto, non é un informe nin unha resolución oficial da Comisión nin do Parlamento Europeo, nin vai formar parte do Informe do Parlamento Europeo. O propio Fava, aclarou en rolda de prensa que menciona 1080 vos. O de Vigo é 1 entre os 1080. De total. só uns poucos eran sospeitosos de transportar prisioneiros.

Semella lóxico que mentres non sexan revisados os compromisos adoptados no Protocolo de Emenda ao Convenio de Cooperación para a defensa, e outros acordos complementarios herdados, as operacións realizadas pola CIA poderían seguir levándose a cabo, porque os EEUU podería argumentar que están amparadas por eses acordos.

     
     
Revista de prensa

     
1   Un informe de la Eurocámara eleva a 125 los vuelos de la CIA que hicieron escala en España”, en El Mundo (España), 14 de xuño de 2006.

Un total de 125 vuelos secretos de la CIA hicieron escala en 10 aeropuertos españoles: Palma de Mallorca, Tenerife, Valencia, Alicante, Madrid, Barcelona, Málaga, Sevilla, Ibiza y Vigo. Según la lista elaborada por el ponente de la comisión temporal de la Eurocámara que investiga las actividades de la Agencia estadounidense, Claudio Fava, tuvieron lugar entre 2002 y 2005.
     
2   Las claves de los vuelos de la CIA”, en El Mundo (España), 12 de xuño de 2006.

La polémica de los vuelos de la CIA saltó a la prensa en noviembre de 2005. Éstas son las claves: ¿Cómo operaba la CIA? Según los primeros informes aparecidos en la prensa estadounidense, la agencia de inteligencia norteamericana creó después del 11-S una red de cárceles secretas donde enviaba a supuestos sospechosos de terrorismo, detenidos en terceros países sin respetar sus derechos. Los detenidos eran trasladados en los llamados "vuelos de la CIA".
     
3   EU nations rebut CIA-flight allegations in report”, en Euractiv (Bélxica), 15 de xuño de 2006.

A Council of Europe report has concluded that 12 European countries worked in some degree with the CIA in secret transfers of terrorist suspects. 'Nothing new, no evidence', governments react.
     
4   Air traffic logs show secret night flights from Kabul and Baghdad, says report”, por David Rennie, en Daily Telegraph (Gran Bretaña), 8 de xuño de 2006.

The outside world will never know the full extent of the "global spider's web" spun by America to catch terror suspects then cause them to vanish, or nearly vanish, from the face of the Earth. Yesterday's report by the Council of Europe does not prove its central allegation - that the CIA has handed people over to torturers in some of the world's darkest corners with the collusion of at least 14 European governments.
     
5   Nouvelles accusations sur les transferts de prisonniers de la CIA en Europe”, por Arnaud de La Grange, en Le Figaro (Francia), 8 de xuño de 2006.

C'est une gigantesque «toile d'araignée» que la CIA aurait tissé à travers le monde pour capturer, transférer et détenir des terroristes présumés, selon un rapport du Conseil de l'Europe rendu public hier. Et ses filets auraient couvert une bonne partie du Vieux Continent. Quatorze pays européens se trouvent épinglés par le rapport du Suisse Dick Marty, pour leur implication dans les vols secrets de l'agence américaine. «Il est désormais clair (...) que plusieurs pays européens ont activement participé, avec la CIA, à des activités illégales, que d'autres les ont ignorées en connaissance de cause, ou n'ont pas voulu savoir» déplore Dick Marty.
     
6   Le coup de main europeen à la CIA”, por Marc Semo, en Libération (Francia), 8 de xuño de 2006.

C'est un document accablant sur les violations du droit commises par l'administration américaine dans sa lutte contre le terrorisme. Depuis les attentats du 11 septembre 2001, les Etats-Unis ont mis en place une «toile d'araignée» mondiale pour capturer, transférer et détenir des suspects hors de tout cadre légal, selon un rapport du Conseil de l'Europe montrant l'ampleur des «restitutions», c'est-à-dire des enlèvements de suspects et leurs transferts par avion vers des pays où ils seront torturés. «Les Etats, avec les moyens dont ils disposent, auraient pu depuis longtemps établir la vérité. Cela n'a pas été fait. Ils ont maintenant cette obligation», a déclaré Dick Marty, ancien magistrat suisse, en présentant à la presse les résultats de sept mois d'enquête.
     
7   Strasbourg va enquêter sur les avions de la CIA”, por Thierry Oberle, en Le Figaro (Francia), 7 de xuño de 2006.

L'organisation européenne a officiellement ouvert une enquête sur les “prisons volantes” de la centrale de renseignement américaine. L’institution basée à Strasbourg veut avoir son mot à dire sur la délocalisation par les États-Unis de sa guerre contre la terreur. Le Conseil de l’Europe vient d’ouvrir la première enquête officielle au niveau européen sur le transit, la détention et l’interrogatoire à l’initiative de la CIA de présumés terroristes islamistes.
     
8   Nadie confirma ahora que el avión que repostó en Vigo fuese de la CIA”, en El Correo Gallego (Galicia), 8 de xuño de 2006.

El eurodiputado Sánchez Presedo rechaza el documento que presentó su colega italiano ·· Afirma que las conclusiones reveladas por Claudio Fava "no van a formar parte del informe final del Parlamento Europeo".
 
Volver a TitularesVolver a Dossier Exterior



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/07/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta