|
 |
| 30/11/2006 |
 |
Cultura
A Arte de Migrar
A Casa de Galicia en Toulouse (Francia)
organizou o encontro de poesía “Arte de Migrar”, na que se congregaron representantes da poesía galega,
occitana e catalá, nun intento por defender o acervo cultural das linguas minoritarias en Europa. (Fonte: www.vieiros.com).
Portugal
Colaboración laboral transfronteiriza
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela,
asinou un convenio de colaboración entre o seu departamento e as once entidades que forman o Eures Transfronteirizo
(Servizo Europeo de Emprego) Galicia-Norte de Portugal, coa finalidade de dar resposta ás necesidades de
información relativas á mobilidade fronteiriza de traballadores e empresarios. Este convenio estará
financiado con 250.000 euros. (Fonte: www.xornal.com).
Unión Europea-Galicia
Investir ben os fondos europeos
Durante un congreso en Santiago, realizado
para analizar o papel dos concellos no reparto dos fondos europeos, dous membros da Comisión Europea aconsellaron
a Galicia en proxectos eficientes de investimentos para o período 2007-2013, coa finalidade de lograr a
converxencia coa renda media comunitaria.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Marítima
Eloxian a capacidade de Navantia
Vicente Capell, director da frota navieira Knutsen, considerou que “os tres principais estaleiros europeos están
en Ferrol, Holanda e Francia”, eloxiando a calidade e capacidade de Navantia en Ferrol que lle permiten “ter moi
bo cartel entre os armadores”. (Fonte: La
Voz de Galicia).
 |
| 29/11/2006 |
 |
Emigración
Esixen a Feijoo retractarse
O deputado polo BNG, Iago Tabarés,
esixiu ao presidente do PPdG, Alberto Núñez Feijoo, que “deixe de enganar” aos emigrantes con “promesas
contrarias” ás teses que mantén o seu partido no Parlamento galego. Tabarés realizou esta
declaración tralas palabras de Feijoo durante súa xira por Arxentina e Uruguai, onde acusaba á
Xunta de recortar os dereitos dos emigrantes.
(Fonte: El Correo Gallego).
Galicia
Lira ingresa no “Slow Food”
A Cofradía de Pescadores do concello
de Lira ingresará na organización mundial “Slow Food” (comida lenta), contraria aos alimentos de
comida rápida (Fast Food), como un intento por promover a tradición gastronómica galega e
contribuír ao mantemento dunha alimentación san e balanceada. (Fonte: El Correo Gallego).
Galicia
Piden participación nos fondos
europeos
A Xunta pediu aos concellos e deputacións
que realicen un esforzo para que participen na primeira convocatoria dos fondos europeos para o período
2007-2013, aínda que a atención política estea concentrada nos comicios municipais de maio
de 2007. (Fonte: AGN).
 |
| 28/11/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
Defensa das linguas minoritarias
O comisario europeo designado para a carteira
de Multilingüismo, o romanés Leornard Orban, comprometeuse no Parlamento europeo a traballar para promover
as linguas minoritarias e rexionais na UE. Na actualidade, o regulamento lingüístico comunitario contempla
20 linguas oficiais e de traballo, sendo só recoñecida no caso español a lingua castelán
aínda que, a petición do actual Goberno español, as institucións comunitarias habilitaron
fórmulas para que poidan empregarse tamén o éuscaro, o galego e o catalán/valenciano. (Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
Un 3% de escolarización inmigrante
Un estudo levado a cabo polo Instituto
de Ciencias da Educación da USC revelou que un total de 10.500 nenos fillos de inmigrantes están
matriculados nos centros de ensinanza primaria e secundaria en Galicia, constituíndo un 3% do alumnado total.
O aumento é relevante co respecto ás cifras do curso 1999-2000, onde apenas habían uns 2.000
nenos inmigrantes, un 0,5% do total. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Siria
Biblioteca “Álvaro Cunqueiro”
O Instituto Cervantes de Damasco abriu
unha biblioteca co nome do célebre escritor galego, nunha inauguración na que participaron a conselleira
de Política Lingüística, Marisol Soneira, e o director do centro, César Antonio Molina,
entre outros representantes da cultura galega e española. A biblioteca contará con cinco mil volumes,
incluídos un fodo de literatura galega doado pola Xunta, e terá como finalidade o acercamento da
cultura galega a Oriente Medio. (Fonte:
El Correo Gallego).
 |
| 27/11/2006 |
 |
Inmigración
A necesidade da forza laboral inmigrante
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela,
explicou que a Xunta estipula a atracción de inmigrantes para solucionar os problemas derivados da falta
de man de obra pola que atravesan moitas das empresas afincadas na nosa Comunidade. Neste sentido, a Xunta recoñeceu
que nos derradeiros cinco anos, un total de 170 fillos ou netos de emigrantes galegos, principalmente de América
Latina, obtiveron a nacionalidade española.
(Fonte: Faro de Vigo).
Uruguai
Critican ao bipartito galego
Trala súa xuntanza co ex presidente
uruguaio Julio Sanguinetti e representantes das asociacións galegas nese país suramericano, o presidente
do PPdG, Alberto Núñez Feijoo, acusou ao bipartito do PSOE e o BNG na Xunta recorta os dereitos dos
emigrantes e de provocar unha división socio-política dos galegos da emigración. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 26/11/2006 |
 |
Solidariedade
Formación de menores en Perú
A Dirección Xeral de Cooperación
Exterior destinará 95.000 euros á formación de 450 menores e a mellora das instalacións
educativas na zoa do río Chiriaco en Perú. Tamén está estipulado a formación
educativa de mulleres das etnias aguarana e huambisa.
(Fonte: El Correo Gallego).
Arxentina
A emigración no congreso do PP
Segundo informou Ana Pastor, secretaria
da área de política social e benestar do PP, a emigración constituirá o tema central
do terceiro congreso arxentino do Partido Popular, a celebrarse en Bos Aires e que contará coa participación
do seu presidente en Galicia, Alberto Núñez Feijoo.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 25/11/2006 |
 |
Portugal
Cumio hispano-luso
Na xuntanza entre o primeiro ministro
portugués José Sócrates, o presidente Zapatero e o seu homólogo da Xunta, Emilio Pérez
Touriño, celebrado en Badaxoz, Galicia esperaba atar un respaldo maior para o tren de alta velocidade entre
Vigo e Porto, así como un avance para o Centro de Nanotecnoloxía de Braga e a apertura dos primeiros
másters oficiais compartidos con Portugal.
(Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Inditex desmente apertura na India
A multinacional téxtil galega desmentiu
a información publicada polo xornal indio “The Times of India”, da apertura das súas tendas Zara
no país asiático, na que se afirmaba a concreción dun investimento de 25 millóns de
euros. (Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Reservarán prazas educativas
A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, María José Pérez Mariño,
anunciou que a Xunta promulgará un decreto na que “obrigará” a reservar prazas para alumnos inmigrantes
ou de minorías étnicas e culturais, nos centros educativos privados. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
As oportunidades para o rural galego
Sonia Vila, representante da Comisión
Europea en programas sociais para Dinamarca, Turquía e España, explicou en Allariz o novo marco de
financiación da UE, cos retos e oportunidades desde o Fondo Social Europeo, e as oportunidades para o medio
rural galego e o desenvolvemento de programas de inserción social e laboral para os mozos. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 24/11/2006 |
 |
Arxentina
Congreso do PP en Bos Aires
O presidente do PPdG, Alberto Núñez Feijoo, chegou á capital arxentina para participar no
III Congreso do PP dese país. Feijoo amosou a súa preocupación pola situación dos emigrantes
galegos na Arxentina, principalmente en materia sanitaria. A súa visita continuará tamén en
Uruguai. (Fonte: La Voz de Galicia).
Venezuela
Asistencia sanitaria para emigrantes
A Consellería de Sanidade e a secretaría xeral de Emigración destinarán un millón
de euros para asistencia sanitaria e de farmacoloxía para os emigrantes galegos residentes neste país,
a traveso da Fundación España-Saúde, constituída en Venezuela polo goberno español
e as súas autonomías. (Fonte:
El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Acordo con Marrocos
O acordo asinado entre a UE e Marrocos permitirá a 19 buques galegos fanar no banco canario-saharauí
despois de case sete anos de ausencia. Deste xeito, o parlamento marroquí permitirá 119 licencias,
95 para España, 14 para Francia e 10 para Portugal.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Economía
Zara apunta á India
O grupo téxtil galego Inditex está
a piques de asinar un acordo co grupo indio K. Raheja, que permitirá a apertura de tendas de Zara nese país
asiático. Raheja será a franquicia de Zara, cun investimento de 25 millóns de euros por parte
da empresa india. (Fonte: La Voz de Galicia).
Sociedade
Congresos en Compostela
O Santiago Convention Bureau participou en Milan na presentación da Alianza de Cidades Patrimonio de Congresos
de España, integrada por Ávila, Córdoba, Cuenca, Salamanca, Toledo e Compostela, como iniciativa
para promover congresos e viaxes de incentivos.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 23/11/2006 |
 |
Prestige
Portugal espera non verse afectado
Fontes oficiais da Mariña portuguesa
expresaron a súa preocupación porque as pequenas manchas de fuel vertidas recentemente dende o fondo
de mar na zoa costeira onde se fundiu o Prestige non se acheguen as súas costas. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Temor á gripe aviaria
A conselleira de Sanidade, María
José Rubio Vidal, o director xeral de Saúde Pública da Xunta, Ramón Medina, e a coordinadora
do Centro Rexional de Saúde Pública do Norte de Portugal, Delfina Antunes, mantiveron unha xuntanza
en Santiago para coordinar as actuacións ante unha hipotética pandemia de gripe aviaria na fronteira
galaico-portuguesa. (Fonte: www.xornal.com).
Diáspora
Bloquean proposta de nacionalidade
A maioría parlamentaria do PSOE
e o BNG permitiu bloquear a proposta do deputado galego-arxentino do PP, Castelao Bragaña, de pedir a derrogación
dun artigo do Código Civil para facilitar o acceso á nacionalidade á terceira xeración
de emigrantes. Bragaña explicou que, no Consulado español de Bos Aires, cónstase que 700 netos
de emigrantes galegos perderon o seu dereito ao pasaporte por descoñecemento da lei por parte dos seus avós,
que non puideron reclamalos ao cumprir os 18 anos.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 22/11/2006 |
 |
Portugal
Infraestruturas no Eixo Atlántico
A asemblea xeral deste organismo reuniuse
na cidade portuguesa de Guimarães, baixo a dirección do alcalde santiagués Xosé Sánchez
Bugallo, para acordar a celebración, en febreiro de 2007, dunha xuntanza común sobre planificación
estratéxica de infraestruturas. (Fonte:
El Correo Gallego).
Arxentina
Cooperación sanitaria
O presidente da Xunta, Emilio Pérez
Touriño, recibiu ao superintendente de Servizos de Saúde arxentino, Héctor Capaciolli, para
asentar as bases futuras de colaboración sanitaria e a análise da creación da Obra Social
asociada ao hospital do Centro Gallego de Bos Aires.
(Fonte: El Correo Gallego).
Cooperación
Un modelo para a cooperación galega
O Fondo Galego de Cooperación e
Solidariedade organizou en Santiago as III Xornadas Anuais de Cooperación, coa finalidade de trazar os obxectivos
estratéxicos da cooperación galega, recollidos no Plan Director de Cooperación 2006-2009. (Fonte: www.igadi.org).
Unión Europea-Galicia
Aproban transferencia de fondos tecnolóxicos
O Senado aprobou unha moción do
senador do BNG, Francisco Jorquera, que insta ao Goberno estatal a “territorializar e transferir o Fondo Tecnolóxico
Europea ás Comunidades Autónomas que son obxecto das políticas europeas de I+D. (Fonte: www.xornal.com).
Inmigración
Baixa o padrón municipal
Santiago perdeu 94 veciños do seu
padrón municipal, ante a baixa de inmigrantes empadroados, debido á caducación das súas
inscricións. Na capital galega residen un total de seis mil estranxeiros, principalmente de Venezuela, Brasil,
Arxentina e Uruguai. Do mesmo xeito, un informe ca Concellería de Migracións do concello santiagués
estima nun 8% o número de inmigrantes regularizados, dun total de 25.000 que residen e traballan en Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).
Uruguai
Dificultades económicas para os
composteláns
Segundo un estudo da Fundación
Españoles en el Mundo, encargado polo concello de Santiago, a situación dos 610 composteláns
residentes en Uruguai é cualificada de “regular”, principalmente ante problemas de atención sanitaria
e asistencia social. Este estudo foi dado a coñecer pola concelleira de Emigración e Inmigración,
Teresa Regúlez. (Fonte: El Correo
Gallego).
Turismo
Máis dun millón de visitantes
No mes de outubro, a Enquisa de Movementos
Turísticos en Fronteira, Frontur, estimou en 1.059.469 os visitantes estranxeiros á nosa Comunidade,
un 9% mais co respecto ao 2005. Reino Unido, Alemaña e Francia seguen a ser os principais países
de orixe deste turistas. (Fonte: El Correo
Gallego).
 |
| 21/11/2006 |
 |
Galicia
Shlomo Ben Ami en Santiago
O ex embaixador de Israel en España
e actual vicepresidente do Centro Internacional Toledo para a Paz, Shlomo Ben Ami, realizou unha conferencia titulada
“Entre choque e alianza de civilizacións”, no marco dos Encontros do Club Internacional de Prensa de Santiago.
Ben Ami foi presentado polo director Casa de Galicia en Madrid, Alfonso Sobrado Palomares. (Fonte: www.xornal.com).
Cuba
Honor a Manuel Pombo
A Sociedade de Endocrinoloxía de
Cuba nomeou como membro de honor a Manuel Pombo, catedrático desta especialidade na USC e xefe da unidade
de endocrinoloxía pediátrica do complexo hospitalario de Santiago. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Economía
Continuidade das cotas lácteas
O secretario comarcal de Unións
Agrarias en Deza, Román Santalla, explicou sobre a decisión tomada por Alemaña, Francia e
Italia de apoiar a proposta española sobre a continuidade do sistema de cotas lácteas alén
do 2015. Santalla asegurou que Inglaterra, Holanda, Dinamarca, Suecia e Finlandia apostan pola liberalización. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Iniciativas para as rexións europeas
Santiago acolleu a presentación
en España das iniciativas destinadas ás rexións da Comisión Europea dentro do VII Programa
Marco de I+D 2007-2013. O evento contou coa participación do xefe de Unidade da Dimensión Rexional
na Dirección Xeral de Investigación e Innovación da Comisión Europea, Louis Bellemin,
e da xestora de proxectos do mesmo departamento, Brigitte Feilla.
(Fonte: www.xornal.com).
 |
| 20/11/2006 |
 |
Solidariedade
Cos nenos do Terceiro Mundo
A Dirección Xeral de Cooperación
Exterior promove once iniciativas de mellora nas condicións de vida dos nenos en Bolivia, Nicaragua, Perú
e Ecuador, coa colaboración de ONGs galegas e un orzamento total de 720.000 euros. Estes proxectos baséanse
en áreas como a construción de vivendas, a educación integral, formación técnica
e ocupacional. (Fonte: El Correo Gallego).
Cuba
Abren consulado en Santiago
Cunha inauguración oficial, comezou
a funcionar na capital galega o Consulado Xeral da República de Cuba en Galicia, Asturias e Cantabria, cuxa
titular será María Sánchez, cónsul cubana anteriormente delegada en Vigo. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 19/11/2006 |
 |
Portugal
Adiantan o AVE Vigo-Porto
O remate na construción do AVE
Vigo-Porto adiantouse ao 2013, dous anos antes da súa finalización orixinal, segundo afirmou o presidente
da Xunta, Emilio Pérez Touriño, durante a reunión de traballo da eurorrexión Galicia-Norte
de Portugal. Touriño tamén asegurou que esta obra é susceptible de recibir financiamento da
UE, a traveso dos programas de subvención transfronteirizos. En Portugal calculan o custe da obra en 1.900
millóns de euros. (Fonte: El Correo
Gallego e La Voz de Galicia).
América Latina
Exemplo de rehabilitación
O concello de Santiago expoñerá
en Santa Fe (Arxentina) e Colonia (Uruguai) o seu modelo de rehabilitación e xestión do Casco Histórico,
nunha xornadas financiadas pola Comisión Europea.
(Fonte: El Correo Gallego).
China
O segundo mercado de Citröen
A visita a Beijing do director xeral de
Citröen, Claude Satinet, permitiu recoñecer que China será o segundo gran mercado da multinacional
gala, vaticinando que no 2012 o país asiático será o principal lugar onde se fabricarán
maiores unidades de automóbiles do grupo PSA.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Arxentina
Axuda de material farmacéutico
No marco da visita oficial dos representantes
da Deputación de A Coruña ao país suramericano, asinouse un convenio de colaboración
co Centro Gallego de Betanzos en Bos Aires, na que se realizará un investimento de 4.500 euros destinados
a fármacos e accións de carácter social.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 18/11/2006 |
 |
Emigración
Enaltecen o papel do emigrante
A directora xeral de Cooperación
Exterior, Fabiola Sotelo, cualificou ao emigrante como “un axente de promoción do desenvolvemento e redución
da pobreza no seu país de orixe”, durante o encontro Codesarrollo, organizado pola Coordinadora Galega de
ONGDs e financiado pola Xunta. (Fonte: El
Correo Gallego).
Galicia
Impulsar a Rede de Cidades Santas
Os concellos de Santiago, Roma e Xerusalén
impulsarán na Casa de Galicia de Madrid o proxecto da Rede de Cidades Santas, como marco de cooperación
cultural, relixiosa e turística e de potenciación dun circuíto turístico de carácter
patrimonial. (Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Gazprom traerá o gas ruso
A estatal petroleira rusa concretará
unha alianza con Caixa Galicia e a petroleira lusa Galp, para subministrar o gas ruso a Galicia e Portugal. Este
acordo se realizará de forma indirecta a traveso das compañías Investimentos Ibéricos,
de propietario de Caixa Galicia José Luis Méndez López, e Amorim Energía, do empresario
portugués Américo Amorim, propietario de Galp.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
As rexións e a súa participación
Unha vintena de rexións autónomas
europeas, nas que se atopa Galicia, todas eleas membros da asociación Regleg, asinaron en País de
Gales a “Declaración de Cardiff” na que demandan maior participación nos procesos comunitarios de
toma de decisións. (Fonte: La Voz
de Galicia).
Arxentina
Vista do alcalde de Padrón
Jesús Vilamor, edil desta localidade
coruñesa, iniciou unha visita a Bos Aires para apadrinar a creación do Centro Cultural Padronés
Asociación Civil, e realizar determinados donativos e axudas sociais a emigrantes galegos neste país
suramericano. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 17/11/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
En secreto os portos refuxios
Segundo o presidente da Xunta, Emilio
Pérez Touriño, aínda está por verse se Unión Europea tomará unha decisión
sobre a construción en Galicia dun porto refuxio anticontaminación, como o que se construirá
en Cee para o 2007. En todo caso, Touriño advertiu que Bruxelas podería manter en secreto esta decisión. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Á cabeza das axudas europeas
O conselleiro de Economía e Facenda,
José Ramón Fernández Antonio, explicou que Galicia é, tras Andalucía a segunda
comunidade autónoma que mais fondos comunitarios recibirá no período 2007-2013, un total de
3.619 millóns de euros, dentro das novas perspectivas financeiras da UE. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Vigo como autopista do mar
Tras un acordo marítimo asinado
por Francia e España, determinouse que Vigo é unha das cidades atlánticas con mellor posibilidade
de formar parte dos proxectos das autopistas do Mar, estipulados pola UE para o 2007 ou 2008. A súa posición
xeoestratéxica, as boas condicións meteorolóxicas, o calado do porto e a distancia media con
Lisboa e o norte e noroeste de Europa, avalan a candidatura viguesa.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Irlanda
Promoción da cultura galega
A Xunta asinará un convenio coa
Ollscoile Éireann Corcaigh-National-University of Ireland de Cork, para a promoción da lingua e cultura
galegas, a traveso de actividades docentes e de investigación.
(Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Proxecto artesanal con Ecuador
A Dirección Xeral de Cooperación
Exterior colaborará coa provincia ecuatoriana de Manabí na realización dun proxecto de fortalecemento
do sector pesqueiro artesanal e a elaboración dun plan de desenvolvemento sostible. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Convenios transfronteirizos
A Consellería de Traballo asinará
convenios de colaboración cos nove socios do Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, organismo
que inclúe a entes universitarios, industriais, sindicais, comunitarios e empresariais, co obxectivo de
dar resposta ás necesidades de información relativa á mobilidade fronteiriza de traballadores
e empresarios. (Fonte: www.xornal.com).
Emigración
Paralizada comisión parlamentaria
A Comisión para o Estudo da situación
dos emigrantes galego, creada polo Parlamento, leva seis meses sen debater a pesares de que os tres grupos políticos
galegos comprometéronse a reactivar esta comisión que, en oito anos, foi incapaz de emitir un só
dictamen. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 16/11/2006 |
 |
Portugal
Lisboa promóvese en Santiago
Unha delegación portuguesa de hostaleiros
visitou a capital galega para dar a coñecer os atractivos das zoas de Costa Azul, Leira-Fátima, Ribatejo
e Templarios. No 2005, esta rexión recibiu mais de tres millóns de visitantes, a maioría turistas
españois. (Fonte: El Correo Gallego).
Galicia
Galegos nos campos nazis
Os tres grupos políticos no Parlamento
galego instaron á Xunta a realizar unha investigación histórica sobre os galegos deportados
aos campos de concentración nazis durante a II Guerra Mundial, como parte das conmemoracións do Ano
da Memoria. (Fonte: Faro de Vigo).
México
Arquivan caso de Ana María Ríos
A Procuraduría Xeral de México
ratificou o retiro dos cargos contra a galega Ana María Ríos, detida en Cancún en setembro
por presunta tenencia de armas. A moza estaba de lúa de mel na Riviera maia no momento da súa detención. (Fonte: Faro de Vigo).
Namibia
O interese pesqueiro galego
No marco da visita da conselleira de Pesca
e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego, ao país africano, establecéronse acordos para campañas
de investigación no caladoiro namibio, de gran importancia para a frota galega. Neste país, e cun
investimento de 120 millóns de euros, unhas oito empresas galegas dan traballo a 7.000 persoas, un 90% namibios,
cunha facturación de 180 millóns de euros.
(Fonte: www.xornal.com).
Arxentina
Bolsa para Centro en Bos Aires
A Deputación de A Coruña
outorgará 50.000 euros en bolsas para descendentes de emigrantes galegos que cursen estudos no Colexio Santiago
Apóstol, dependente do Centro Galicia de Bos Aires. Isto forma parte dun convenio entre a deputación
e a Fundación Galicia Emigración.
(Fonte: www.xornal.com).
Cuba
Solidariedade coa Habana
A concelleira de Educación e Mocidade
do municipio de Santiago, Elvira Cienfuegos, representou a Compostela no XIV Encontro pola Solidariedade dos Concellos
coa Habana na capital cubana, evento que reuniu a outros concellos españois como Huelva, Xixón, Mieres
e Sevilla. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 15/11/2006 |
 |
Galicia
O exemplo de Uninvest
O xornal británico Financial Times
eloxiou a labor de Uninvest, a maior sociedade de capital risco universitaria de Europa e impulsada pola USC, como
exemplo de iniciativa en I+D e na corrección da escasa transferencia de coñecemento ao mercado. (Fonte: El Correo Gallego).
América Latina
Taxas delictivas mortais contra os galegos
Os datos policiais consideran que, nos
derradeiros dous anos, nove emigrantes galegos e un mariñeiro foron asasinados en México, Uruguai,
Venezuela e Arxentina, con síntomas de tortura e móbiles de secuestro e axustizamento. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Denuncian a Augas de Galicia
A piscifactoría Truchas del Umia
denunciou ante a Comisión Europea, á compañía Augas de Galicia por incumprimento da
normativa medioambiental comunitaria de dous minicentrais a pouca distancia dunha reserva de troitas no río
Umia, na localidade pontevedresa de Moraña.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Temen fin da cota láctea
A asociación Xóvenes Agricultores,
XXAA, está premendo ao ministerio de Agricultura para que modifique as condicións do Plan Lácteo
para o 2007, coa finalidade de axustarse ás novas medidas dende Bruxelas de liberalizar o mercado e que
acabaría coa cota láctea correspondente á nosa Comunidade. Esta posición conta co apoio
de Sindicato Labrego Galego, SLG e a Unión Sindical Agraria Galega, USAG. (Fonte: El Correo Gallego).
Solidariedade
Contra a explotación infantil
A Obra Social de Caixa Galicia está
colaborando coa ONG Médicos del Mundo no financiamento dun proxecto de cooperación internacional
en O Salvador, destinado a superar a exclusión e explotación sexual infantil e o cumprimento dos
seus dereitos humanos. (Fonte: www.xornal.com).
Diaspora
Emigración e Lei da Galeguidade
O secretario xeral de Emigración,
Manuel Luis Rodríguez, e o presidente da Fundación Iniciativas 21, Ramón Máiz, inaugurarán
en Santiago un debate sobre a situación da emigración galega e a Lei da Galeguidade. (Fonte: AGN).
Portugal
Cooperativismo a exame
A eurorrexión Galicia e Norte de
Portugal analizaron en Santiago o desenvolvemento rural con base cooperativa, dentro do foro de intercooperación
empresarial e comercial que financia a UE.
(Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Visita a Namibia
A conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos,
Carmen Gallego, estivo no país africano para manter unha xuntanza cos representantes das empresas galegas
con intereses na localidade de Walvis Bay, e coñecer as súas instalacións. (Fonte: www.xornal.com).
Pesca
Multa en EEUU por venda ilegal
Un tribunal de Miami condenou ao armador
galego Antonio Vidal Pego a catro anos de liberdade condicional e o pagamento dunha multa por valor de 312.00 euros
por conspiración e venda ilegal de 26 toneladas de pescada negra introducida, no 2004, nos Estados Unidos. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 14/11/2006 |
 |
Afganistán
Feridos dous soldados galegos
Javier García Crespo e José
Ángel González Núñez, ambos efectivos da Brilat no país centroasiático,
sufriron feridas leves nun ataque ao convoi militar español na localidade de Shindand, a 120 km. de Herat. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Europa “un pouco mais galega”
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana,
expresou a súa satisfacción pola utilización do galego durante a súa intervención
en Bruxelas, ante o Consello de Ministros de Educación, Xuventude e Cultura da UE. Quintana afirmou que
esta contribución permite outear unha Europa “un pouco mais galega”, logo que anteriormente tamén
se expresara en galego o conselleiro de Traballo, Ricardo Varela.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Pensión para emigrantes galegos
Dende Hannover, o presidente da Xunta,
Emilio Pérez Touriño, afirmou que a UE elaborou unha directiva comunitaria na que un total de 55.000
emigrantes galegos en distintos países europeos poderán conservar as súas pensións
complementarias a que teñen dereito no seu lugar de traballo.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Peinador non é prioridade
A ampliación do aeroporto vigués
de Peinador figura como o investimento menos convincente para Bruxelas dos 23 presentado pola Xunta á Comisión
Europea para os fondos de cohesión 2007-2013. Neste sentido, o AVE Vigo-Porto constitúe a obra con
maior importancia para Vigo. (Fonte: La
Voz de Galicia).
Solidariedade
Apoio ao comercio xusto
A Dirección Xeral de Cooperación
Exterior leva a cabo un programa de impulso ao comercio xusto dentro do mercado galego, co obxectivo de defender
a dignidade do traballo agrícola nos países en desenvolvemento. A titular deste despacho, Fabiola
Sotelo, realizou esta declaración durante unha xuntanza con sete ONGs de Mozambique, Ecuador, Brasil e México. (Fonte: El Correo Gallego).
Solidariedade
A loita pola terra
A dirixente mozambiqueña Izelia
Simbine, voceiro de mulleres produtoras do seu país, e o agricultor ecuatoriano Enrique Medina, realizaron
en Ferrol sendas conferencias sobre a situación agraria nos seus respectivos países, organizada pola
ONG pontevedresa Amarante, como parte do ciclo “A Loita pola Terra”.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Acción Exterior
Oficinas no exterior en novembro
Respondendo a unha pregunta no Parlamento,
o secretario xeral de Relacións Exteriores, Santiago Gómez-Reino Lecoq, informou que o próximo
Consello da Xunta aprobará o decreto da apertura das delegacións do goberno galego no exterior, reiterando
que as actualmente existentes non ten validez legal.
(Fonte: www.xornal.com e El Correo Gallego).
Uruguai
Outorgan a “Vieira de prata”
A Deputación de A Coruña
converteuse na primeira institución galega en recibir a Vieira de Prata do Patronato da Cultura Galega de
Montevideo, debido á súa colaboración da obtención dunha nova sede para este organismo
público da emigración. O acto realizouse no Centro Galego da capital uruguaia, no marco da celebración
do 42 aniversario do Patronato. (Fonte:
El Correo Gallego).
Economía
Nace CXG Willis
A Corporación Caixa Galicia a Willis,
o terceiro maior broker de seguros do mundo, presentarán CXG Willis, unha empresa conxunta que comercializará
unha nova liña de seguros dirixida ás administracións públicas e grandes empresas galegas. (Fonte: www.xornal.com).
Alemaña
Misión comercial ferrolán
A Cámara de Comercio de Ferrol
realizará a finais de novembro unha misión comercial de carácter multisectorial a Frankfürt,
como parte do proceso de promoción empresarial de Galicia no mercado alemán. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 13/11/2006 |
 |
Alemaña
Encontro cos Erasmus galegos
O presidente da Xunta, Emilio Pérez
Touriño, reuniuse en Hannover con 68 universitarios galegos que realizan o programa educativo europeo “Erasmus”,
os cales amosaron as súas queixas pola falta de oportunidades de emprego en Galicia, a escasa formación
práctica na universidade e a mala ensinanza do inglés. Touriño prometeu a creación
de bolsas para a realización de prácticas en empresas europeas por parte de estudantes galegos, dentro
do programa europeo Leonardo. (Fonte: El
Correo Gallego).
Alemaña
Rede virtual GAER
O xefe do Executivo galego e o presidente
de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, presentaron en Hannover un convenio de colaboración que promoverá
a posta en marcha da rede virtual GAER por parte da Fundación Galicia Europa, para crear un directorio de
información e instrumento de comunicación que complementará de xeito efectivo o labor que
vén realizando o Instituto Galego de Promoción Económica coa súa Rede de Empresarios
e Profesionais “Galicia Exterior”. (Fonte:
www.xornal.com).
Galicia
Aumentan os cursos bilingües
A Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria publicou no Diario Oficial de Galicia (DOG) as 28 novas seccións dentro
do plan de ensinanza de materia non lingüísticas en inglés e francés no curso 2006/2007.
En total, desenvolveranse un 94 seccións europeas nos centros de secundaria, bacharelato e formación
profesional. (Fonte: www.xornal.com).
Diáspora
Rexistro on line da emigración
No marco da súa visita a Alemaña,
o presidente da Xunta anunciou en Hannover a posta en marcha dun directorio para o rexistro on line dos cidadáns
galegos no exterior. Isto constituirá un “censo real” alén do incluído no Censo de Residentes
Ausentes, CERA, ademais de poder servir como vector de demandas dos emigrantes e facilitación de información
dos programas da Xunta. (Fonte: AGN).
Prestige
Acusan perda de información
O tribunal do distrito sur de Nova York
que dirime a demanda española por 1.000 millóns de dólares contra a empresa que revistou o
Prestige, deu por perdidas unha boa parte das comunicacións electrónicas transmitidas por altos cargos
e funcionarios dos departamentos gobernamentais durante a xestión da catástrofe marítima. (Fonte: La Voz de Galicia).
América Latina
Documental sobre o MST
A galería Sargadelos de Pontevedra
ofreceu unha charla sobre eucaliptos en Latinoamérica, a cargo de Dardo Arigón, da Coordinadora de
Monocultivos Forestais e as fábricas de Celulosas de Uruguai, na que se realizou unha proxección
documental sobre o brasileiro Movemento dos Sen Terra, MST, e a Organización de Mulleres Camponesas de Brasil. (Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
Galicia construirá porto en Cabo
Verde
A Organización de Palangreiros
Guardeses, ORPAGU, proxecta a construción dun gran porto pesqueiro no arquipélago de Cabo Verde,
coa finalidade de descargar e comercializar o pez espada que se captura nos molles das costas africanas. Estímase
un investimento de sete millóns de euros e a creación de 100 novos postos de traballo. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 12/11/2006 |
 |
Suíza
Sanidade gratuíta para retornados
O presidente da Xunta, Emilio Pérez
Touriño, asegurou en Xenebra aos emigrantes galegos deste país que garantirá a sanidade gratuíta
a todos aqueles que desexen retornas a Galicia. Touriño estivo na sociedade A Nosa Galiza de Xenebra, a
cal conta con 500 socios e 39 anos de funcionamento, e reuniuse con presidente con Consello Xeral da Emigración,
Francisco Ruiz Vázquez, e representantes dos centros galegos mais importantes de Europa. (Fonte: El Correo Gallego).
Arxentina
Medalla de ouro para Centro de Avellaneda
O presidente da Deputación de A
Coruña, Salvador Fernández Moreda, entregou a medalla de ouro da provincia ao Centro Galego de Avellaneda,
como parte dunha homenaxe á emigración galega que motivou tamén un galardón a Perfecto
Marcote, de 83 anos, presidente do centro e “paradigma das virtudes do emigrante galego”. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Critican a Madrid polos fondos FEDER
O voceiro de Industria, Innovación
e Emprego do BNG, Fernando Blanco Parga, desaprobou a xestión estatal dos fondos tecnolóxicos asignados
dentro do FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional), por resultar “contraditorio cos seus criterios”. O
representante parlamentar avogou pola territorialización e transferencia do fondo tecnolóxico “a
aquelas rexións, como Galicia, que son obxecto de políticas europeas de cohesión en I+D”. (Fonte: www.xornal.com).
Unión Europea-Galicia
Desestiman fondos para os incendios
A Xunta non enviará a Bruxelas
a recualificación dos danos provocados polos incendios de agosto, incluíndo as derradeiras riadas
por “non existir relación directa entre ambos sucesos”, segundo explicaron fontes da Consellería
de Economía. Estímanse os danos en 90 millóns de euros, afastados dos mínimos esixidos
por Bruxelas para activar o Fondo. (Fonte:
La Voz de Galicia).
China
Interese chinés na Semana Verde
galega
O presidente da Fundación Semana
Verde de Galicia, José Maril Sánchez, concluíu a súa estancia en China coa asistencia
en Beijing, á Asamblea Xeral da Unión de Feiras Internacionais, asociación que agrupa ás
325 feiras máis importantes do mundo. Maril Sánchez tivo a oportunidade de reunirse con representantes
chineses dos sectores público e privado do país oriental, os cales amosaron o seu interese por participar,
ben con misións comerciais ou con intercambio de expositores, na próxima Feira Internacional Semana
Verde de Galicia. (Fonte: www.xornal.com).
EEUU
Piden enfermeiros galegos
Os hospitais estadounidenses comezaron
a solicitar profesionais galegos e españois da Enfermería, ampliando esta demanda que inicialmente
realizaran Gran Bretaña e Portugal. Os salarios estímanse en 40.000 e 120.000 euros, en función
do destino. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 11/11/2006 |
 |
Diáspora
Colaboración empresarial transatlántica
A Fundación Galicia Emigración
e Caixa Galicia asinaron un protocolo co obxectivo de crear un servizo integral coa diáspora a traveso dun
marco de cooperación co empresariado galego en ambos lados do Atlántico e o establecemento de relacións
de colaboración co Instituto Tecnolóxico Empresarial, ITE. para labores formativas dos galegos no
exterior. O proxecto conta cun orzamento de 150.000 euros.
(Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Intensa busca en Namibia
A busca dos dous mariñeiros galegos
desaparecidos en augas deste país africano, en torno ao caladoiro de Walvis Bey, aumenta co paso das horas,
mentres os outros dous superviventes galegos son atendidos pola embaixada e consulado español nese país. (Fonte: El Correo Gallego).
Galicia
Santiago, un dos mellores destinos
A revista británica Time Out, dedicada
ao ocio, publicou unha reportaxe especial na que cualificada á capital galega como un dos mellores destinos
turísticos de curta duración (“short breaks”) dende Londres, valorando nas categorías de gastronomía,
monumentos, vida nocturna e romance. (Fonte:
El Correo Gallego).
Economía
O gas qatarí entra por Ferrol
A compañía Endesa abrirá
unha vía de tránsito de gas natural dende o emirato árabe no Golfo Pérsico ata a refinería
de Mugardos, en Ferrol. Qatar é o terceiro produtor mundial en gas natural e unha das mais importantes en
petróleo. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 10/11/2006 |
 |
Namibia
Desaparecen dous mariñeiros galegos
Dous galegos tripulantes dun buque de
bandeira namibia, pertencente a unha empresa mixta de Pescanova, desapareceron nas augas do país africano,
tralo incendio e posterior naufraxio dun pesqueiro que estaba por atracar no porto de Walvis Bey. (Fonte: El Correo Gallego).
Uruguai
Difusión da cultura galega
O presidente da Deputación de A
Coruña, Salvador Fernández Moreda, asinou un convenio co Patronato da Cultura Galega de Montevideo
e o centro Fillos de Porto do Son, destinado á subvención de 42.000 euros para a nova sede social
do centro e a promoción da cultura galega e a acción formativa entre os mozos. Moreda tamén
participou na capital uruguaia nun curso de formación empresarial financiado pola Fundación Galicia
Emigración. (Fonte: El Correo Gallego).
EEUU
Promoción do Xacobeo
A revista “American Pilgrim” publicou
no seu derradeiro número un reportaxe sobre o Camiño de Santiago, como canle de promoción
e difusión nos EEUU. A súa presentación realizouse no instituto Reina Sofía de Nova
York. Por outra banda, a USC está promovendo o Camiño Primitivo como Patrimonio da Humanidade. (Fonte: El Correo Gallego).
EEUU
Oferta turística e gastronómica
O conselleiro de Innovación e Industria,
Fernando Blanco, afirmou en Nova York, durante un encontro con distribuidores de viños e produtos alimenticios,
que o obxectivo da Xunta está en promover o capital turístico e gastronómico galego en EEUU.
No marco deste encontro, o secretario xeral de Nacións Unidas, Kofi Annan, tivo a oportunidade de degustar
un típico menú galego. (Fonte:
AGN).
Téxtil
Inditex abre tendas en Rusia
A empresa téxtil coruñesa
conta agora con 23 tendas en Rusia, trala apertura de novos establecementos de Massimo Dutti, Zara, Bershka, Stradivarius
e Pull and Bear no centro comercial Europeiski, localizado no centro de Moscova. Espérase a próxima
apertura de tendas en San Petersburgo. (Fonte:
El Correo Gallego).
Economía
CaixaGalicia expande en Brasil e Panamá
A entidade financeira galega abriu novas
sucursais en Cidade de Panamá e as localidades brasileiras de Río de Xaneiro, Bahía e Sao
Paulo, dentro do seu plan de expansión que estipula tamén a próxima apertura dunha oficina
en Miami. (Fonte: El Correo Gallego).
Galicia
O portugués no ensino galego
Os deputados do BNG, Manuel Parga e Xosé
Ramón Paz Antón, realizaron unha intervención parlamentaria sobre a oferta de lingua portuguesa
nos centros de ensino de Galicia, defendendo a súa ensinanza debido aos “lazos culturais e socioeconómicos”
entre ambos pobos. (Fonte: www.xornal.com).
Sociedade
Un galego, rei dos xíbaros
Grazas ás investigacións
por Internet e ao libro “Alfonso I de la Amazonia, Rey de los Jíbaros”, de Maximino Fernández Sendín,
foi posible o descubrimento da familia de Alfonso Graña, emigrante galego que terminou sendo o rei das comunidades
aborixes dos xíbaros na Amazonia. Natural da localidade ourensá de Avión, Graña chegou
ao Perú en 1910, estivo moitos anos na selva amazónica, onde converteuse no rei desta comunidade
indíxena tralo seu matrimonio ca filla dun dos seus líderes. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 09/11/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
Reclaman buque anticontaminación
Baixo iniciativa do BNG e o consenso de
socialistas e populares, o Parlamento galego aprobou unha proposición non de lei que insta á Xunta
a adoptar medidas precisas ante o goberno estatal e a UE para reclamar un buque anticontaminación con porto
base da nosa Comunidade. (Fonte: La Voz
de Galicia).
Unión Europea-Galicia
Piden acceso a fondos europeos
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela,
explicou en Bruxelas a súa petición de acceso ao Fondo de Axuste á Globalización para
facer fronte ás dificultades de Galicia no sector manufactureiro, ante o proceso de globalización
e deslocalización. Este instrumento financeiro europeo se calcula en 500 millóns de euros. (Fonte: El Correo Gallego).
Uruguai
Solidariedade dende A Coruña
A deputación coruñesa impulsa
proxectos solidarios neste país suramericano, a traveso do Hogar Español de Montevideo, tales como
a compra de vehículos adaptado ás persoas de escasa mobilidade. Este proxecto valorado en 16.000
euros, beneficiará a 35 galegos inscritos neste centro, trala xuntanza mantida polo presidente da deputación,
Salvador Fernández Moreda, e o seu homólogo do Hogar Español, Liberio Antelo. (Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Éxodo médico galego
A portuguesa Associação
de Profissionais da Saúde Espanhóis calcula que entre un 30 e 40% dos médicos de familia que
traballan no norte de Portugal, mais de tres mil profesionais, son de orixe galego. Mentres, o SERGAS informa do
déficit de 600 profesionais médicos dentro da sanidade galega. (Fonte: El Correo Gallego).
Cultura
Cunqueiro na biblioteca de Damasco
A biblioteca do Instituto Cervantes na
capital siria levará o nome do escritor galego Álvaro Cunqueiro, segundo explicou o director desta
entidade, César Antonio Molina. (Fonte:
www.xornal.com).
Pesca
Amplían o clúster pesqueiro
galego
O clúster de empresas pesqueiras
galega, cun 50% de capital vigués, recibiu a incorporación da frota italiana e empresas armadoras
portuguesas, mentres activa un plan de contacto con empresas de Polonia e os países bálticos. O obxectivo
é conseguir o recoñecemento da UE como ferramenta socioempresarial no sector pesqueiro e principal
clúster europeo. (Fonte: La Voz de
Galicia).
Lingua
Examinan o galego en Bulgaria
Representantes da Secretaría Xeral
de Política Lingüística participarán na xuntanza da asociación de examinadores
de linguas ALTE na capital búlgara, Sofía, co obxectivo de realizar unha achega do borrador de exame
de lingua galega do nivel avanzado de capacitación lingüística, que terá a denominación
Celga 4 (Certificado de Lingua Galega).
(Fonte: www.xornal.com).
China
Semana Verde en Beijing
O presidente da Fundación Semana
Verde de Galicia, José Maril Sánchez, iniciou unha xira de 9 días á República
Popular de China para realizar máis de 20 entrevistas con importantes representantes dos sectores público
e privado a fin de afianzar os lazos de cooperación económica entre China e Galicia, especialmente
no campo feiral. (Fonte: www.xornal.com).
 |
| 08/11/2006 |
 |
Portugal
Encontro empresarial luso-galaico
Lisboa acollerá entre o 9 e 10
de novembro os III Encontros de Cooperación Luso-Galaica, onde 350 empresas de ambos países establecerán
contactos bilaterais para a creación de sociedades mixtas e franquicias en sectores como a construción,
inmobiliaria, alimentación, vinícola e enerxías renovables. Este encontro é organizado
polas Cámaras de Comercio de A Coruña e Vigo e a consellería de Innovación e Industria. (Fonte: AGN).
 |
| 07/11/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
O galego nas institucións europeas
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela,
utilizou o galego na súa participación en Bruxelas no Consello de Ministros Extraordinario para debater
a nova proposta de Directiva de Ordenación do Tempo de Traballo. Varela estivo como representante das autonomías.
Pola súa banda, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, representará a mediados de novembro ás
comunidades autónomas no Consello de Ministros da Unión Europea de educación, xuventude e
cultura, onde tamén empregará o galego.
(Fonte: www.xornal.com).
Economía
Fadesa entra en Bulgaria
Cun investimento de 23 millóns
de euros, a inmobiliaria coruñesa realizará o seu primeiro proxecto neste país do Leste europeo,
coa construción no centro sur da capital Sofía dun complexo residencial e comercial de mais de 36.000
km2. (Fonte: www.xornal.com).
 |
| 06/11/2006 |
 |
Diáspora
Touriño visita Suíza e
Alemaña
O presidente da Xunta, Emilio Pérez
Touriño, iniciará unha visita ás colectividades galegas residentes en Xenebra e Hannover,
na que se entrevistará co presidente do Consello Xeral da Emigración, Francisco Ruiz. (Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
Ampliar o voto en urna
Segundo o secretario xeral de Emigración,
Manuel Luis Rodríguez, o Estatuto dos Cidadáns Españois no Exterior permitirá garantir
unha cobertura superior ao 80% do voto en urna para os galegos residentes no exterior, pero é posible que
esta reforma non chegue a tempo para as eleccións municipais de maio de 2007. Segundo as derradeiras estatísticas,
comparadas coas eleccións municipais de 2003, o censo electoral galego no exterior corresponde ao 13,76%
do censo electoral en Galicia. (Fonte: El
Correo Gallego e www.vieiros.com).
EEUU
Festival da Cociña Galega
A variada gastronomía da nosa Comunidade
celebrará o seu Festiva de Cociña Galega en Nova York, onde se presentará unha ampla gama
de exquisiteces culinarias por parte dos mellores cociñeiros galegos. (Fonte: El Correo Gallego).
Turismo
Promoción galega na Alemaña
A consellería de Innovación
e Industria, a través de Turgalicia, presentou en Munich e Hamburgo a oferta turística “Galiza sobrenatural”,
destinada a promover á nosa Comunidade.
(Fonte: AGN).
 |
| 05/11/2006 |
 |
Pesca
Comercialización con Centroamérica
A directora xeral de Cooperación
Exterior, Fabiola Sotelo, inaugurou no Centro Tecnolóxico do Mar, Cetmar, de Vigo, un curso de comercialización
pesqueira artesanal que contou coa participación de profesionais de Honduras, Guatemala, O Salvador, Nicaragua,
Panamá e Costa Rica. Nesta xuntanza contemplouse a posta en marcha do Plan de Formación de Pescadores
Artesanais e Acuicultores. (Fonte: La Voz
de Galicia).
Arxentina
Cumio socialista en Bos Aires
O alcalde coruñés Javier
Losada e o secretario de organización do PSOE, José Blanco, estiveron reunidos coa colectividade
galega neste país suramericano no marco da inauguración da nova sede do PSOE. Ambos expresaron o
seu compromiso de garantir a atención sanitaria necesaria para os galegos residentes na capital arxentina. (Fonte: www.xornal.com).
 |
| 04/11/2006 |
 |
Solidariedade
Agricultura, mercado e pobreza
A coordinadora Galega de ONGD e “Amarante”
organizaron o Seminario “A Agricultura, vía de desenvolvemento global”, contando coa participación
de máis de 15 representantes de países do Norte e o Sur, onde analizaron o mercado internacional
e a pobreza. (Fonte: www.xornal.com).
Inmigración
Subvencións para inmigrantes en
Negreira
O Concello de Negreira recibiu unha subvención
da Xunta, valorada en 21.800 euros, para favorecer o proceso de acollida e integración dos cidadáns
extracomunitarios, principalmente musulmáns, que habitan neste municipio coruñés. (Fonte: La Voz de Galicia).
Francia
Coñecer a experiencia bretona
Os membros da Asociación para a
Promoción e o Desenvolvemento do municipio coruñés de Toques, estiveron na localidade de Langonnet,
na Bretaña francesa, para coñecer as iniciativas de promoción e desenvolvemento dos recursos
locais. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 03/11/2006 |
 |
EEUU
Presenza galega en congreso médico
No marco do congreso médico internacional
realizado en Chicago, o Dr. Enrique Domínguez, do Hospital Clínico de Santiago, ditou unha conferencia
maxistral sobre os avances no tratamento da pancreatitis. É a primeira vez que un profesional médico
galego realiza unha conferencia maxistral en EEUU.
(Fonte: El Correo Gallego).
Cuba
Diálogo cultural con Cuba
Con motivo da política de irmanamento
entre a capital galega e Santiago de Cuba, se realizará nesta localidade caribeña un espectáculo
coa participación de artistas musicais, circense e cinematográfico, para dar a coñecer a cultura
galega. O evento é organizado polo concelleiro de Cultura santiagués, Néstor Rego. (Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Inmigrantes en Marín
Marrocos, Ghana, Arxentina e Colombia
acaparan o 65% da inmigración empadroada na localidade pontevedresa de Marín. O único país
europeo con poboación inmigrante de gran significación é Portugal. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 02/11/2006 |
 |
Cultura
Cátedra galega en Gales
A Facultade de Linguas Modernas da Universidade
de Gales, Bangor, inaugurou o Centro de Estudos Galegos, coa conferencia ditada polo profesor Sharif Gemie, director
do Centro de Estudos Fronteirizos da Universidade de Glamorgan. Nesta conferencia, Gemie falou sobre o “Nacionalismo
tardío na Galicia contemporánea”. No acontecemento participou tamén a artista galega Mercedes
Peón. (Fonte: www.xornal.com).
Unión Europea-Galicia
Ribeira Sacra pedirá fondos europeos
Os vinte concellos lucenses e ourensás
do Consorcio Turístico Ribeira Sacra esperan optar por un dos programa Life cos que a UE financia proxectos
medioambientais. Estes fondos ofrecen unha cobertura ata o 50% dos investimentos necesarios. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 01/11/2006 |
 |
Portugal
Instituto de Nanotecnoloxía para
o 2008
O Instituto Internacional Ibérico
de Nanotecnoloxía de Braga, dirixido polo profesor da USC Xosé Rivas, comezará a funcionar
no 2008 con 400 empregados, a metade investigadores. Así o aseguraron en Santiago o propio Rivas e o ministro
portugués de Ciencia, Tecnoloxía e Ensinanza Superior, José Mariano Gago, durante a presentación
da IV Mostra Portuguesa. (Fonte: El Correo
Gallego).
Uruguai
Interveñen a Casa de Galicia
Un grupo de traballo constituído
pola Xunta, o goberno uruguaio e a directiva da Casa de Galicia, velarán pola xestión do hospital
da Casa de Galicia, durante un período de seis meses, trala xuntanza mantida en Montevideo entre a conselleira
de Sanidade, María José Rubio, o secretario xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez,
o presidente da Casa de Galicia, Manuel Ramos, e a ministra uruguaia de Saúde Pública, María
Julia Muñoz. (Fonte: El Correo Gallego).
|