|
 |
| 31/10/2006 |
 |
Palestina
Liberado cooperante galego
Roberto Vila, cooperante ourensán
na franxa de Gaza, foi capturado e liberado horas despois por catro individuos armados, na localidade de Deir El-Balah.
Vila, de 34 anos, traballaba en Ramala como xefe da Asemblea de Cooperación pola Paz. O cooperante asegurou
que os seus captores utilizaron o seu secuestro para poder achegarse ao presidente palestino Mahmoud Abbas. (Fonte: El Correo Gallego e www.xornal.com).
México
Garantir os dereitos cívicos
No marco do segundo congreso do seu partido
en México, o presidente do PPdG, Alberto Núñez Feijoo, asegurou que esixirá ao Parlamento
de Galicia que cumpra a “débeda de gratitude” cos emigrantes, así como garantir non só os
seus dereitos asistenciais senón os seus dereitos cívicos.
(Fonte: El Correo Gallego).
Alemaña
Afondar relacións económicas
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela,
e o embaixador de Alemaña en España, Wolf-Ruthant Born, acordaron intensificar as relacións
económicas e no eido laboral entre Galicia e o país xermano. (Fonte: www.xornal.com).
Uruguai
Axuda á Casa de Galicia
A conselleira de Sanidade, María
José Rubio, e o secretario xeral de Emigración, Manuel Luis Rodríguez, reuníronse en
Montevideo coa ministra de Saúde Pública, María Julia Muñoz, para abordar a crise económica
que padece o hospital da Casa de Galicia na capital uruguaia. A Xunta asegurou o seu compromiso de axudar para
evitar o seu peche. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Mostra portuguesa en Vigo
O presidente da Xunta, Emilio Pérez
Touriño, manterá un encontro co ministro de Ciencia, Tecnoloxía e Ensino Superior de Portugal,
José Mariano Gago, no marco da Mostra Portuguesa que se celebrará ata xaneiro de 2007 en Vigo, coa
exposición de música, cinema, fotografía e ciencia.
(Fonte: www.xornal.com).
Irmanamento
Unión entre Arzúa e Niedereschach
Os alcaides destas localidades galega
e alemá inauguraron unha rúa neste concello, co nome do seu similar alemá, trala visita dunha
delegación de 70 persoas, encabezadas polo seu rexidor Otto Sieber, para coñecer os lugares e as
costumes de Arzúa. (Fonte: El Correo
Gallego).
Unión Europea-Pesca
A loita contra a pesca ilegal
A Axencia Europea de Pesca de Vigo terá
como principal responsabilidade a loita contra a pesca ilegal ou non regulada e as prácticas destrutivas,
segundo explicou a ministra de Pesca e Medio Ambiente, Elena Espinosa. A súa apertura está pautada,
probablemente, para o 2008. (Fonte: El Correo
Gallego).
Unión Europea-Pesca
380 millóns de euros en fondos
europeos
O director xeral de Estruturas e Mercados Pesqueiros, José Manuel López, indicou ante o Parlamento
galego que a pesca galega contará ata o 2013 con 380 millóns de euros en Fondos Europeos da Pesca,
FEP, aínda que considera que esa cantidade pode aumentar aos 420 millóns. (Fonte: La Voz de Galicia).
Marítima
Armada lituana en Ferrol
O xefe da Armada deste país báltico,
Kestutis Macijauskaso, visitou as instalacións de Navantia Ferrol, onde entrevistouse co director da planta,
Ángel Recamán, e o almirante do Arsenal, Francisco Cañete. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 30/10/2006 |
 |
Galicia
Ecuador será rival da selección
galega
O combinado do país andino xogará
o 28 de decembro no estadio coruñés de Riazor, contra a selección galega de fútbol,
trala confirmación realizada pola Federación dese país. Ecuador participou nos dous derradeiros
mundiais de 2002 e 2006. (Fonte: www.vieiros.com).
EEUU
Colaboración universitaria
Durante a viaxe do secretario Xeral de
Emigración, Manuel Luís Rodríguez, por México e EEUU, alcanzouse un acordo de promoción
para o 2007 de convenios de colaboración con diferentes universidades norteamericanas para intercambio estudantís
con Galicia. (Fonte: www.xornal.com).
Unión Europea-Galicia
Saneamento da ría de Vigo
A Xunta formulará ante a UE un
plan de saneamento da ría viguesa para o 2010, dous anos antes do previsto, trala multa de 20 millóns
de euros imposta por Bruxelas, a fin de evitar a materialización da mesma. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 29/10/2006 |
 |
Portugal
Sistema contra as pragas vexetais
A consellería de Medio Rural, en
colaboración coa portuguesa Dirección Xeral de Entre Douro e Minho, levará a cabo un proxecto
de sistema preventivo para a detección de axente patóxenos para cultivos, que conta co apoio da iniciativa
comunitaria Interreg III, cofinanciados cos fondos Feder en 211.000 euros ata finais do 2007. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Cumio político en Lisboa
Unha delegación do Partido Galeguista asistirá ao III Congreso do Partido da Nova Democracía
(PND) en Lisboa a principios de novembro. Na axenda de traballo está prevista a concreción dunha
xuntanza na Galicia do II Cumio Galaico-Portugues entre o PG e o PND, así como contactos con representantes
do grupo de parlamentarios europeos Independence-Democracy e do movemento European Union Democrats. (Fonte: www.xornal.com).
Venezuela
Feijóo defende os dereitos emigrantes
O líder do PPdG, Alberto Núñez
Feijóo, criticou nas instalacións da Irmandade Galega de Venezuela a “dobre vara” do BNG e o PSdG
na súa relación cos emigrantes. Feijóo propuxo unha reforma do Estatuto de Autonomía
que garantice aos galegos no exterior a súa “computación no financiamento” para os servizos sanitarios
e asistenciais”, tomando en conta que a diáspora constitúe o 13% da poboación galega. (Fonte: El Correo Gallego).
Suíza
Formación de emigrantes
A Fundación Galicia Emigración
lanzou en Xenebra, Suíza, un programa de formación e desenvolvemento empresarial para os emigrantes
galegos e os seus familiares neste país, tomando en conta o importante crecemento do retorno de emigrantes
galegos e os seus familiares. (Fonte: El
Correo Gallego).
 |
| 28/10/2006 |
 |
Portugal
AVE para o 2013
Mediante un adianto de prazos, o ministro
portugués de Obras Públicas e Transportes, Mario Lino, comunicou ao presidente da Xunta, Emilio Pérez
Touriño, que será no 2013 e non no 2015 cando remate a construción do AVE Vigo-Porto. No traxecto,
o AVE só terá paradas en Braga e Valença do Minho.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Reparto de fondos europeos
Galicia deberá repartir ao o 2013
un total de 19.500 millóns de euros xunto con Andalucía, Castela-A Mancha e Extremadura, en fondos
europeos dirixidos ao I+D. A comisaria europea de Política Rexiona, Danuta Hübner, non especificou
a cantidade que corresponde á nosa Comunidade.
(Fonte: El Correo Gallego).
Arxentina
Dificultades para a flota galega
As autoridades arxentinas modificaron
o réxime federal de pesca que obrigará ás firmas pesqueiras que fanan nas augas das illas
Malvinas a decidir o seu novo destino de traballo. Esta lei poderá entrar en vigor na próxima primavera,
xa que foi aprobada no Senado e enviada ao Congreso dos Deputados.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 27/10/2006 |
 |
Arxentina
Biblioteca da emigración galega
A visita a Bos Aires da conselleira de
Cultura, Ánxela Bugallo, permitiu o asinamento dun acordo para a creación dunha biblioteca galega
nese país, coa conservación do fondo documental sobre a emigración arquivado no Museo da Emigración
Galega na Arxentina, MEGA. Bugallo reuniuse co subsecretario de Cultura, Pablo Wiznia, e o presidente da Federación
de Asociacións Galegas da República Arxentina, Francisco Lores. (Fonte: La Voz de Galicia).
Acción Exterior
Delegacións galegas para o 2007
O Secretario Xeral da Presidencia, Gumersindo
Guinarte, confirmou que o Goberno galego abrirá no 2007 en Bos Aires a primeira Delegación de Galicia
no exterior, dentro da normativa do marco xeral regulador das delegacións de Galicia no exterior, a aprobarse
a finais de 2006. Guinarte realizou esta afirmación durante a súa comparecencia parlamentaria polo
Proxecto de Lei de Orzamentos da Comunidade Autónoma.
(Fonte: www.xornal.com e AGN).
Galicia
Finaliza festival Amal 2006
Os filmes “Palestine Blues” e “As fillas
de Mohammed” alcanzaron os máximos premios no festival de cine euroárabe “Amal 2006”, celebrado en
Santiago. O actor marroquí Abdelhamid Krim recibiu o seu premio como mellor interpretación, así
como o director Nida Sinnokrot. (Fonte:
El Correo Gallego).
Galicia
Adopción e integración
A Asociación Galega de Familias de Nenos de Etiopía, MENORIA, celebrou en Santiago unhas xornadas
técnicas sobre a adaptación e integración escolar e sanitaria dos nenos adoptados no estranxeiro. (Fonte: La Voz de Galicia).
Centroamérica
Rúa galega en Guatemala
O concello santiagués de Ames bautizará
unha rúa no concello guatemalteco de San Carlos Alzatate, a traveso do irmanamento concretado pola visita
dunha delegación do concello guatemalteco.
(Fonte: El Correo Gallego).
China
Caixa Galicia apunta ao mercado chinés
O presidente da entidade financeira galega,
José Luis Méndez, recibiu ao embaixador do país asiático en España, Qiu Xiaoqi,
para expresar o seu interese en iniciar investimentos a traveso da apertura dunha oficina en Shanghai. Isto forma
parte dos obxectivos formulados por esta entidade para o 2010: estar presente en 15 países e abrir unhas
40 novas oficinas en el exterior. (Fonte:
El Correo Gallego).
Portugal
Presenza galega en Galp
Caixa Galicia anunciou a súa compra
de accións da empresa petroleira portuguesa Galp, ata achegarse ao 5,5% das accións desta compañía,
a traveso de investimentos indirectos coas sociedades Corporación Caixa Galicia e Américo Amorim. (Fonte: www.vieiros.com).
Unión Europea-Galicia
Piden fondos solidarios para as riadas
O eurodeputado do PP, Daniel Varela, solicitou
á Comisión Europea que engada os danos causados polas recentes riadas e inundacións en Galicia
á obtención das axudas do Fondo Europea de Solidariedade, en principio estipulados para os danos
dos incendios. (Fonte: AGN).
 |
| 26/10/2006 |
 |
Uruguai
Intercambio cultural con Galicia
A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela
Bugallo, reuniuse co ministro de Cultura e Educación do Uruguai, Jorge Brovetto, con quen acordou establecer
a partir do 2007 un intercambio cultural entre os dous países. A este acordo hai que sumarlle tamén
outro convenio de colaboración coa Cinemateca uruguaia para a busca e difusión de materiais galegos. (Fonte: www.vieiros.com).
Unión Europea-Galicia
Intensa presión polo Fondo de
Solidariedade
Segundo o explicou ante o Parlamento galego
o conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, a Xunta está
a traballar intensamente no consecución de recursos da Unión Europea co obxectivo de acadar todas
as achegas posibles en relación coa vaga de lumes e as medidas de recuperación do medio. Antonio
lembrou que a solicitude de axudas con cargo ao Fondo de Solidariedade da Unión Europea xa está cursada
dende principios deste mes. (Fonte: www.xornal.com).
Diáspora
Núñez Feijoo a Venezuela
e México
O presidente do PpdeG, Alberto Núñez
Feijoo, viaxará a finais de outubro a Venezuela e México para reunirse coa colectividade galega e
membros do PP neses países. En Caracas, Núñez Feijoo estará na Irmandade Galega e coa
Cámara Venezolana Española de Industria e Comercio. En México, estará no Centro Galego
e na clausura do congreso do PP mexicano.
(Fonte: AGN).
Emigración
Cursos de hostalería gratuítos
A empresa Ideas Posibles en Ferrol realizará
en novembro dous cursos de formación gratuítos no sector hostaleiro destinados a emigrantes retornados
e promovidos pola Dirección Xeral de Emigración e cofinanciados polo Fondo Social Europeo. (Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
Espectacular aumento de alumnos estranxeiros
O curso 2005-2006 experimentou un aumento
do 528,7% do alumnado inmigrante en Galicia, co respecto ao período 1998-1999, segundo datos da Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria, correspondendo a 9.164 alumnos. A provincia de Pontevedra
é a que conta con maior número de estudantes inmigrantes, con 3.878 alumnos, un 42,3% do total. (Fonte: AGN).
Galicia
Publican libro do premier belga
A USC publicou o libro “Os Estados Unidos
de Europa”, escrito polo primeiro ministro belga Guy Verhofstadt, editado dentro da cátedra Jean Monnet.
Na presentación do libro na Casa de Galicia de Madrid, estivo o presidente da Xunta, Emilio Pérez
Touriño. (Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Ikea marcha a Portugal
Ante a escaseza de solo industrial en
Vigo e o baixo custe salarial en Portugal, a multinacional sueca Ikea decidiu investir un total de 135 millóns
de euros neste país, en detrimento de Galicia. A multinacional construirá tres factorías no
concello de Paços de Ferreira, situado no radio industrial de Porto. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 25/10/2006 |
 |
Uruguai
Atopan o documental galego máis
antigo
O filme “Travesía da Coruña”,
gravado en 1926, foi atopado nunha filmoteca privada de Montevideo polo departamento de Audiovisual da Consellería
de Cultura e Deporte. A conselleira, Ánxela Bugallo, de xira en Uruguai, anunciou que traerá de volta
a Galicia unha copia do mesmo. (Fonte: www.vieiros.com).
México
Piden rapidez na homologación
de títulos
O secretario xeral de Emigración,
Manuel Luís Rodríguez, mantivo un encontro con representantes da comunidade galega en México,
fronte á que asumiu “o compromiso de trasladar ao Goberno central a conveniencia de mellorar os prazos e
optimizar os procedementos” a través dos que se homologan en España os títulos universitarios
obtidos no país azteca. (Fonte: www.xornal.com).
Arxentina
Obra Social no hospital galego
O presidente da Xunta, Emilio Pérez
Touriño, anunciou que o Goberno arxentino autorizou a inscrición dunha Obra Social ao Hospital do
Centro Galego de Bos Aires, cualificando este feito de “fito histórico” nese país. Esta autorización
permitirá unha grande mellora na asistencia sanitaria dos galegos e galegas residentes na Arxentina. (Fonte: www.xornal.com).
Galicia
Estreo de “Siempre Habana”
A película galego-cubana “Siempre
Habana” foi presentada en Santiago, como parte da súa promoción cinematográfica. O filme,
que conta coa participación do recoñecido actor español Pepe Sancho e dos actores galegos
Farruco e Manquiña, narra as peripecias de dous empresarios agrícolas galegos que comparten unha
herdanza familiar cunha curmá, cubana de nacemento.
(Fonte: AGN).
Portugal
Máster transfronteirizo
A conselleira de Educación, Laura
Sánchez Piñón, se reunirá co ministro portugués de Ciencia e Tecnoloxía,
para adiantar a experiencia de máster transfronteirizo no período 2007-2008, que podería ter
á nanotecnoloxía e os estudos do mar como primeira avanzada de estudos superiores. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 24/10/2006 |
 |
Diáspora
Primeira Biblioteca no exterior
No marco da súa visita ao Patronato
da Cultura Galega en Montevideo, a conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, asinou un acordo no
que se financiará a primeira biblioteca galega no exterior.
(Fonte: www.vieiros.com).
Inmigración
Plan de acollida nos concellos
Un total de 77 concellos emprenderán
medidas coas subvencións concedidas dende a Secretaría Xeral de Emigración que, en total,
suman mais de un millón trescentos mil euros, para favorecer os procesos de acollida e integración
da poboación inmigrante en Galicia.
(Fonte: AGN).
Unión Europea-Galicia
Fondos de solidariedade para os incendios
A ministra de Medio Ambiente, Cristina
Narbona, presentou en Bruxelas un informe pedindo apoio para a solicitude española ante a Comisión
Europea sobre a utilización do Fondo Europeo de Solidariedade para as axudas de emerxencia polos incendios
que asolaron a Galicia o pasado verán.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Economía
Empresas galegas no Reino Unido
Unha misión organizada pola Cámara
de Comercio do Reino Unido permitiu a sete empresas galegas participar nunha feira comercial neste país,
coa finalidade de propiciar contactos cos axentes comerciais británicos. (Fonte: La Voz de Galicia).
Polonia
Terra Chá e Gniezno
Unha delegación de alcaldes desta
rexión lucense visitará esta comarca polaca, para devolver unha visita realizada por autoridades
polacas a traveso do programa europeo Leader Plus á rexión de Terra Cha. (Fonte: La Voz de Galicia).
Chile
Recoñecen labor de xurista galego
O catedrático de Dereito Administrativo
da Universidade de A Coruña, Jaime Rodríguez Arana, foi elixido por unanimidade como membro de número
do Instituto Chileno de Dereito Administrativo. Rodríguez Arana foi o primeiro director da EGAP e actualmente
preside o Foro Iberoamericano de Dereito Administrativo e un consello académico na Universidade de Guayaquil
(Ecuador). (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 23/10/2006 |
 |
Inmigración
Menos man de obra estranxeira
Segundo un estudo dos Servizos de Estudos
das Cámaras de Comercio, Galicia está entre as comunidades estatais con menos dependencia da man
de obra inmigrante, cun 2,9% de traballadores estranxeiros da nivel estatal. Paralelamente, se contabilizan 18.000
inmigrantes sen papeis en regra. (Fonte:
AGN e La Voz de Galicia).
Turismo
Aumenta o atractivo turístico
Na feira do Turisport celebrada en Silleda,
Galicia recibiu 614 ofertas de turoperadores estranxeiros para converterse en destino turístico. Estas ofertas
procederon de Alemaña, Holanda, Reino Unido, Dinamarca, Austria e Italia, os cales mantiveron reunións
de negocios coas empresas expositoras, para establecer futuros fluxos de visitantes. (Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia
Orquestra de Nazaret en Santiago
Como parte da programación do festival
“Sons da Diversidade”, a mediados de decembro participará en Santiago a Orquestra Árabe de Nazaret,
co seu repertorio de música clásica, folk e tradicional palestina, libanesa, exipcia e árabe-israelí. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 22/10/2006 |
 |
Sáhara
Arroz para o Sáhara
O Fondo Galego de Cooperación e
Solidariedade destinará un total de 5.200 euros en arroz para os refuxiados saharauís no campamento
de Tifariti, beneficiando a 5.500 persoas. A organización encargada da distribución de alimentos
será o Ministerio de Cooperación.
(Fonte: www.xornal.com).
Emigración
A Emigración no Estatuto
O secretario de organización do
PSdG, Ricardo Varela, pediu que no preámbulo do Estatuto de Galicia recolla dun xeito “claro e explícito”,
o fenómeno da emigración como parte da realidade social galega. Esta demanda dos socialistas foi
compartida dentro do Consello das Comunidades Galegas.
(Fonte: La Voz de Galicia).
México
Explican a xestión do Concello
de Arzúa
No marco da cuarta edición do Congreso
Internacional de Investigación e Desenvolvemento, celebrada na Universidade de Guadalaxara, foi presentada
unha conferencia sobre a xestión municipal do concello coruñés de Arzúa. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 21/10/2006 |
 |
Uruguai
Bugallo en Montevideo e Bos Aires
A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela
Bugallo, realizou unha viaxe a Montevideo e Bos Aires co obxectivo de estreitar a colaboración cultural
coa comunidade galega de Uruguai e Arxentina. No seu periplo americano Bugallo ten previsto asinar protocolos de
colaboración con varias institucións culturais da colectividade galega e participará na Semana
do Exilio, xunto con Francisco Lores, Xosé Luís Méndez Ferrín, o poeta de orixe galega
Rodolfo Alonso e o premio Nobel Adolfo Pérez Esquivel.
(Fonte: www.vieiros.com).
Galicia
Descubrindo o pasado celta
Os investigadores italianos Francesco
Benozzo e Mario Alinei, corroboran o pasado celta en Galicia a traveso de investigacións xenéticas,
lingüísticas e arqueolóxicas, nas poboacións de Tordoia. Ambos investigadores localizan
o orixe celta en Galicia na era Paleolítica, incluíndo unha área xeográfica que abarcaba
o norte de España, Bretaña, Irlanda e Gales.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 20/10/2006 |
 |
Galicia
Festival Internacional Euro Árabe
O Festival Internacional de Cine Euro
Árabe Amal, comezou en Santiago, coa proxección de filmes sobre a situación en Oriente Medio,
as relacións entre Occidente e Oriente e o diálogo de culturas. Grazas a este festival, estarán
en Santiago diversos directores internacionais como Mohammed Bakri, Othman Naciri, Nida Sinnokrot e Norma Marcos. (Fonte: El Correo Gallego).
Solidariedade
Galicia e o comercio xusto
A nivel estatal, Galicia ocupa o 15,5%
en volume de produtos comercializados de “comercio xusto”, o terceiro lugar tras Cataluña e Madrid. Estes
datos están incluídos no anuario “O comercio xusto en España”, elaborado pola federación
de asociacións solidarias Setem, representada na nosa Comunidade polo colectivo Amarante. (Fonte: www.vieiros.com).
Polonia
Fadesa consolida a súa posición
Cun investimento valorado en 37 millóns
de euros, o Grupo Fadesa acometeu un novo proxecto residencial en Varsovia, localizado no distrito de Wilanów,
con 2.300 vivendas e 66.454m2. (Fonte: www.xornal.com).
Diáspora
Bugallo a Uruguai e Arxentina
A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela
Bugallo, realizará a súa primeira visita a Uruguai e Arxentina, para estreitar lazos culturais da
Xunta coa comunidade galega neses países. En Montevideo se creará unha biblioteca pública
galega, no marco da súa visita ao Padroado da Cultura Galega.
(Fonte: AGN).
Galicia
A importancia exterior da lingua galega
O secretario da Real Academia Galega,
Manuel González González, invocou a necesidade da expansión e o coñecemento exterior
do galego, na súa conferencia “A ensinanza do galego como lingua estranxeira”. González remarcou
o papel da emigración na creación de centros e casas de Galicia, que permitiron o fomento e a difusión
do galego. Neste sentido, informou de que, os 42 Centros de Estudos Galegos que existen, recibiron no 2005 a 2.352
alumnos en países como Alemaña, Portugal e Brasil.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 19/10/2006 |
 |
Pesca
Preocupa a venda de Calvo
A conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos,
Carmen Gallego Calvar, mantivo unha xuntanza onte cos comités de empresa das dúas factorías
que o grupo Calvo ten en Galicia nas localidades de Carballo e Esteiro, para tratar os posibles prexuízos
para a compañía no caso de que se consume unha posible venda á competencia asiática. (Fonte: www.xornal.com).
Unión Europea-Galicia
Fondos para o porto exterior coruñés
Os Fondos de Cohesión da UE ocuparán
o 71% do gasto previsto para a construción no 2007 do porto exterior de A Coruña, segundo explicou
o presidente de Portos do Estado, Mariano Navas, ao deputado do BNG, Francisco Rodríguez. Navas tamén
informou que o endebedamento da Autoridade Portuaria coruñesa ascende aos 12,9 millóns de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 18/10/2006 |
 |
Portugal
Foro interuniversitario transfronteirizo
O director xeral de Formación e
Colocación da Consellería de Traballo, Pastor Fuenteseca, inaugurou en Vigo o III Foro Interuniversitario:
Eures Transfronteirizo Galicia- Norte de Portugal de Persoal Docente e Investigador de Universidades. Neste sentido,
informou do próximo asinamento dun convenio marco que rexerá a estrutura transfronteiriza durante
o período 2007-2010, e que servirá de base para traballar na consecución dos obxectivos e
prioridades establecidas pola Comisión Europea en materia de mobilidade para este período. (Fonte: www.xornal.com).
 |
| 17/10/2006 |
 |
Galicia
Iberoamérica e o I+D
Unha xuntanza no Centro Interuniversitario
de Desenvolvemento da USC que contou con representantes de catorce países iberoamericanos, concluíu
sobre a necesidade de fomentar maior investimento en Investigación e Desenvolvemento na rexión. Nesta
xuntanza constatouse o esforzo de Brasil, España e México neste sector, así como a necesidade
de que países como Ecuador, Porto Rico, Bolivia e República Dominicana afonden mais nesta perspectiva. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Oferta internacional por Calvo
O fondo de investimentos inglés
Tresy e a empresa tailandesa Thai Union, recibiron da multinacional galega unha nota sobre a oferta e as condicións
económicas para facilitar a súa compra en propiedade. A posible venda de Calvo está a provocar
unha profunda preocupación no sector pesqueiro galego, pola posible entrada da forte competencia asiática
e a súas habituais prácticas de dumping.
(Fonte: El Correo Gallego).
Marítima
Contacto portuario con Panamá
O presidente da Autoridade Portuaria de
Vigo, Abel Caballero, iniciou unha visita á capital do país centroamericano, para potenciar as relacións
entre os portos de ambas cidades. Na súa visita ao Canal de Panamá, entrevistouse co seu administrador
Manuel Benítez e Carmen Gisela Vergara, viceministra de Comercio Exterior e presidenta da xunta directiva
da Autoridade Marítima panameña.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Galicia
As Pontes, certificado europeo
A Unidade de Produción Térmica
de As Pontes, na provincia de A Coruña, obtivo a inscrición no Rexistro europeo EMAS pola súa
xestión medioambiental. As Pontes é a maior central térmica española. (Fonte: AGN).
 |
| 16/10/2006 |
 |
México
Liberación baixo fianza
Tras unha semana de detención en
Cancún e a mediación do Cónsul español nesa localidade mexicana, a galega Ana María
Ríos foi liberada baixo fianza, mentres perden forza as probas sobre a súa presunta culpabilidade
no traslado de artefactos balísticos no seu equipaxe.
(Fonte: www.xornal.com).
Pesca
Acordo con Mauritania
A petición da deputada do BNG,
Olaia Fernández Dávila, o ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, respondeu á
inquietude sobre a renovación do acordo pesqueiro entre a UE e Mauritania, no que a frota galega poderá
continuar coas súas actividades no caladoiro dese pais africano. O acordo foi renovado por seis anos. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 15/10/2006 |
 |
Cultura
Éxito galego no festival das linguas
minoritarias
O cantante galego Fran Pérez e
o seu grupo Narf alcanzaron a segunda posición na cuarta edición de festival europeo Liet, concibido
para a promoción das linguas minoritarias europeas e que celebrouse na cidade de Östersund, na Laponia
sueca. O gañador foi un grupo de músicos locais en lingua lapona. (Fonte: www.vieiros.com).
Solidariedade
Bombeiros ferrolás en Mauritania
Un grupo do corpo de bombeiros de Ferrol
formou parte dunha misión das ONGs “Bombeiros sen Fronteiras” e “Axencia Humanitaria” para ensinar e cooperar
co corpo de bombeiros da cidade portuaria de Nuadibú, no país africano, que só conta con 15
profesionais para unha poboación de 140.000 habitantes.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 14/10/2006 |
 |
Pesca
Thai Union Frozen nega contactos con
Calvo
O voceiro da multinacional tailandesa líder en
conservas, Thai Union Frozen, negou manter contactos coa empresa galega Calvo, para facerse co paquete de accións
que a familia propietaria pretende colocar en venda. A Thai Union afirmou tamén non ter ningún interese
nesta adquisición. (Fonte: La Voz
de Galicia).
Galicia
O galego en festival europeo
O músico galego Fran Pérez e o seu grupo
Narf representarán á lingua galega na cuarta edición do Liet-Lavlut, festival europeo da canción
en linguas minoritarias, a celebrarse na cidade de Östersund, na rexión da Laponia sueca. O grupo galego
deberá competir con outros finalistas en gaélico, eusquera, friulano, occitano, sami, meankieli,
manx, romaní e votico. (Fonte: www.vieiros.com).
Solidariedade
Cooperación con 18 países
Un total de 48 proxectos en 18 países do Terceiro
Mundo, son xestionados por ONGs, universidades, sindicatos e empresas galegas, cunha achega de fondos de 3,85 millóns
por parte da Xunta, aínda que Galicia non alcance o 0,7% do seu PIB en solidariedade exterior. Algúns
dos países beneficiados nestes proxectos son Ecuador, Perú, O Salvador, o Sáhara e outros
países latinoamericanos, africanos e asiáticos.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Apoian clúster da automoción
O secretario xeral de Relacións Exteriores, Santiago
Gómez-Reino, explicou que a Comisión Europea amosou o seu interese pola iniciativa do clúster
de automoción en Galicia. Esta declaración realizouse durante a celebración da Semana Europea
das Rexións e as Cidades-Open Days 2006, que contaron con participación galega. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 13/10/2006 |
 |
Arxentina
Críticas a Quintana
A sección arxentina do Partido Popular acusou
ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, de “gravísimo desprezo” á bandeira española, durante
a súa visita ao país suramericano, na que se pediu a retirada da bandeira durante un acto público
na Unión de Sociedades Galegas da República arxentina en Bos Aires. (Fonte: La Voz de Galicia).
Acción Exterior
Touriño inicia xira europea
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño,
realizará a mediados de novembro unha viaxe por Alemaña, Suíza e Francia, na que visitará
o Parlamento europeo de Estrasburgo. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Acción Exterior
Infraestrutura acuífera para Ruanda
A empresa galega Espina de Obras Hidráulicas,
asinou un contrato co goberno de Ruanda para desenvolver a infraestrutura de abastecemento de auga para a metade
da poboación de Kigali, a capital do país. A facturación estímase en 22 millóns
de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Encontro de blogs luso-galaico
A cidade de Porto organizou o III Encontro Nacional
e I Encontro Luso Galaico de websblogs, como unha tentativa de acercamento das comunidades blogueiras e un espazo
de reflexión sobre estas ferramentas na rede.
(Fonte: www.vieiros.com).
 |
| 12/10/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
85 millóns pola vaga de lumes
A Xunta e o goberno estatal acordaron que a cantidade
a esixirlle a Bruxelas é de 85 millóns de euros, segundo explicou o ministerio de Economía,
confirmando o anterior envío da solicitude ás institucións europeas. Deste modo, actívase
o proceso para a avaliación da gravidade da catástrofe, que incluirá visita de técnicos
da UE para analizar o acontecido. (Fonte:
www.vieiros.com).
Diáspora
Nacionalidade para netos de emigrantes
O PPdeG avoga pola preservación da nacionalidade
española para os galegos emigrados de terceira xeración, trala proposición presentada polo
seu presidente, Alberto Núñez Feijoo, ante o Parlamento galego para instar ao goberno a derrogar
o artigo 24,3 do Código Civil, no que se priva da nacionalidade a todos aqueles netos de emigrantes nados
a partir de xaneiro de 1985 que, ao cumprir a maioría de idade, non solicite expresamente conservar a súa
nacionalidade ante os consulados españois.
(Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Política de Inmigración
Común
O voceiro do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez,
participou nunha xuntanza coa vicepresidenta de goberno, María Teresa Fernández de la Vega, para
analizar o documento Bases para unha Política de Inmigración Común. Rodríguez amosou
o seu apoio a esta iniciativa de integración dos inmigrantes e ordenación dos fluxos de entradas. (Fonte: El Correo Gallego).
México
Encarcerada galega por tenencia de armas
Ana María Ríos Bemposta, de 26 anos, foi
detida en Cancún, sen dereito a liberdade provisional baixo fianza, pola violación da Lei Federal
de Armas de Fogo e Explosivos, realizada por un xuíz federal, ao encontrarse no seu equipaxe posesión
de cartuchos e artificios de guerra do Exército e a Forza Aérea. A moza natural de Arcade, Pontevedra,
atopábase de luna de mel co seu marido.
(Fonte: www.xornal.com).
 |
| 11/10/2006 |
 |
Galicia
A CEAGA en Bruxelas
O presidente da Confederación de Automoción
de Galicia, Antonio Vega, pronunciou unha conferencia na capital europea, no marco do Seminario “Compartindo Experiencias
sobre Desenvolvemento Rexional”. A CEAGA defendeu ante os delegados europeos a súa fórmula empresarial. (Fonte: El Correo Gallego).
Galicia
Vigo celebrará Feira Internacional
da Arte
A mediados de novembro, a cidade olívica recibirá
no IFEVI a medio centenar de galerías de arte contemporáneo de España, EEUU, Francia, Holanda,
Israel, Alemaña, Italia, Mongolia, Xapón, Corea do Sur e Hong Kong, no marco da primeira edición
de Puro Arte 2006. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Galicia
En defensa dos fondos de solidariedade
A Xunta de Galicia e o Goberno central defenderán
ante a Comisión Europea o expediente de solicitudes de axudas dos Fondos de Solidariedade da UE, para paliar
os efectos da vaga de lumes rexistrados no mes de agosto en Galicia. Segundo a avaliación de danos presentada,
os danos directos causados polos incendios ascende a 90,9 millóns de euros, un 0,22% do PIB galego. (Fonte: www.xornal.com).
 |
| 10/10/2006 |
 |
Portugal
Éxodo médico galego
O Consello Galego de Colexios Médicos informou
que as condicións laborais e retributivas que conseguen en Portugal os profesionais médicos galegos
son mellores que na nosa Comunidade. Esta situación obriga a que unha media de mil médicos galegos
saian ao exterior cada ano. (Fonte: El Correo
Gallego).
Uruguai
Cooperación en materia social
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, visitou ao
presidente uruguaio Tabaré Vázquez, onde afondaron as relacións entre ambos gobernos, principalmente
en materia social. Quintana estivo tamén no fogar de anciáns de Montevideo, onde asegurou que a Xunta
pasa por un momento de “estabilidade e normalidade” dentro do goberno bipartito mentres amosaba o seu compromiso
de traballar polo colectivo de persoas maiores emigrantes.
(Fonte: El Correo Gallego e www.xornal.com).
Uruguai
Galicia no Cumio Iberoamericano
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, foi notificado
da invitación realizada á Xunta de Galicia por parte do comité organizador do XVI Cumio Iberoamericano
de Xefes de Goberno e de Estado, a celebrarse en Monteviddeo a finais de outubro. Quintana recibiu esta noticia
na súa visita ao alcalde da capital uruguaia, Ricardo Ehrlich.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Arxentina
Preocupan pensións dos emigrantes
De viaxe na Arxentina, o presidente da Deputación
de Pontevedra, Rafael Louzán, manifestou a súa preocupación polas baixas pensións que
perciben alí os galegos emigrantes, calculadas nunha baixa d 30% das retribucións. (Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
Temor pola competencia asiática
O sector conserveiro galego amosou a súa preocupación
de que a posible venta da empresa Calvo permita o acceso ao mercado galego e europeo dunha das maiores multinacionais
asiáticas, a tailandesa Thai Union. A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas, ANFACO, considerou
como “negativa” e “nefasta” para Galicia esta eventual venta a de Calvo unha empresa asiática. (Fonte: El Correo Gallego).
Turismo
Salón Internacional en Silleda
TURISPORT celebrará a finais de outubro a XV
Edición do Salón de Turismo, Deportes e Desenvolvemento Rural en Silleda, coa participación
de autoridades procedentes de Noruega, Bulgaria, Marrocos, Bangladesh e a provincia chinesa de Henan. (Fonte: www.xornal.com).
 |
| 09/10/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
Incumpren normas sobre augas residuais
Un informa da Consellería de Medio Ambiente considera
que 42 dos 111 núcleos de poboación galega con mais de 2.000 habitantes, un 37,84% do total, non
dispoñen dun sistema de tratamento secundario das augas residuais, incumprindo a directiva da UE. O informe
responsabiliza desta falta á Administración Hidráulica de Galicia, así como advirte
dos problemas ambientais colaterais e as posibles multas dende Bruxelas.
(Fonte: El Correo Gallego).
Galicia
Presenza editorial internacional
Trala súa participación na Feira Internacional
do Libro de Fráncfort, a Asociación Galega de Editores AGE anunciou o seu obxectivo a mediano prazo
de que Galicia poida participar como país invitado nas feiras internacionais dedicadas ao sector editorial.
Neste sentido, Alfonso García, presidente da AGE, sinalou que Galicia perseguirá ese obxectivo tralo
outorgamento a Cataluña como invitada de honor á próxima cita en Fráncfort. (Fonte: El Correo Gallego).
Cultura
Caamaño en Tbilisi
O artista galego Miguel Caamaño participou na
exposición colectiva da capital xeorxiana, organizada polo Centro para o Desenvolvemento e a Difusión
do Arte Contemporáneo dese país caucásico e que contou coa participación de artistas
de EEUU, Alemaña, Xapón, Francia e Xeorxia.
(Fonte: El Correo Gallego).
Uruguai
Entrevista Quintana-Tabaré
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, estivo en
Montevideo para unha entrevista co presidente uruguaio, Tabaré Vázquez, e unha visita á Unión
de Sociedades Galegas do Uruguai. (Fonte:
La Voz de Galicia).
 |
| 08/10/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
Demandas axudas polos incendios
O goberno estatal, de boca da súa ministra de
Medio Ambiente e ante as constantes críticas do líder do PPdG, Alberto Núñez Feijóo,
Cristina Narbona, informou que xa pedira á Comisión Europea as axudas do Fondo de Solidariedade establecidos
nas inundacións do centro europeo, para destinalas a paliar os incendios que sufriu Galicia no pasado verán. (Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
Quintana critica a ausencia estatal
No marco da súa visita a Arxentina e Uruguai,
o vicepresidente da Xunta afirmou que Galicia “non pode seguir sendo a despensa administrativa do Estado español”,
xa que a Xunta debe solucionar os problemas da emigración non só galega senón tamén
española “ante a falta do orzamento estatal”. Quintana realizou estas palabras no seu encontro coas asociacións
Hijos y Nietos de Españoles e os Nietos Esperando, colectivos que reclaman os seus dereitos á nacionalidade. (Fonte: El Correo Gallego).
Solidariedade
Proxectos en Nicaragua e Perú
A ONG “Solidariedade Galega” enviou profesionais sanitarios
do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, para realizar traballos de asistencia nas zoas mais deprimidas en Nicaragua
e Perú. (Fonte: La Voz de Galicia).
Venezuela
Premian á Irmandade Galega
O Premio Entreculturas 2006 que entrega a Deputación
de Pontevedra, premiou á Irmandade Galega de Caracas, con 6.000 de dotación en recoñecemento
da súa labor social, deportiva e cultural coa colectividade galega e venezolana. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 07/10/2006 |
 |
Arxentina
Construirán residencia para maiores
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, anunciou en
Bos Aires a construción dunha residencia para maiores na localidade de Avellaneda, trala reunión
mantida co xefe de Goberno arxentino, Alberto Fernández.
(Fonte: www.xornal.com).
Pesca
Chegan a Vigo os “Arosa”
Aínda sen concluír o conflito pesqueiro
con Noruega, os tres bacaladeiros galegos “Arosa” chegaron ao porto vigués, con 30 tripulantes e recibidos
por 200 persoas, entre familiares, empresarios pesqueiros e mariñeiros. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 06/10/2006 |
 |
Galicia
Rianxo, centro atlántico
A localidade coruñesa organizou
un congreso para abordar as interrelacións entre as ribeiras do océano Atlántico, coa participación
de expertos de 12 países, provenientes de universidades como Lisboa, Houston, Glasgow, A Coruña e
a USC, así como de Máximo Micchinilli, asesor da presidencia do Consello de Ministros de Italia. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Libro Verde sobre Política Marítima
A Consellería de Pesca pediu dende
Madrid á Comisión Europea que actúe con “sensibilidade” en materia de regulación pesqueira,
e incluír esta petición no Libro Verde sobre Política Marítima, co cal a Xunta anunciou
estar comprometida. O Libro Verde pretende un equilibrio entre as dimensións económica, social e
ambiental, seguindo os parámetros da Axenda de Lisboa de desenvolvemento sostible. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Defenderán o traballo digno
A Consellería de Traballo dirixida
por Ricardo Varela defenderá en Bruxelas a promoción do traballo digno nos países non desenvolvidos,
coa finalidade de controlar a inmigración, especialmente a que reciben España e outros países
mediterraneos. (Fonte: xornal.com).
 |
| 05/10/2006 |
 |
Galicia
O libro galego na Feira de Francfort
Grazas ao apoio da Consellería
de Cultura, as principais editoriais galegas estiveron presentes na prestixiosa Feira Internacional do Libro de
Francfort, onde participaron mais de 120 países.
(Fonte: vieiros.com).
Galeano e os “pecados capitais”
O escritor uruguaio Eduardo Galego realizou unha conferencia en Santiago, dentro do ciclo “América, cada
vez mais latina”, organizado polo Clube Internacional de Prensa. A charla de Galeano chamouse “Os sete pecados
capitais” e tivo unha grande receptividade na colectividade santiaguesa e galega en xeral. (Fonte: vieiros.com).
Diáspora
Prioridade para o Valedor do Emigrante
A Secretaría Xeral de Emigración
sitúa entre os grandes obxectivos a acadar no 2007 a tramitación lexislativa da figura do Valedor
do Emigrante, comprometida polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, durante a súa primeira
visita institucional a Arxentina e Uruguai no pasado mes de marzo. Esta figura velará pola protección
xurídica e o exercicio dos dereitos dos cidadáns galegos residentes no exterior en igualdade de condicións
respecto dos cidadáns residentes en Galicia.
(Fonte: xornal.com).
Emigración
Valoran convenios Emigración-USC
O secretario xeral de Emigración,
Manuel Luís Rodríguez, e o vicerreitor de Cultura da Universidade de Santiago (USC), Elías
Torres Feijoo, analizaron a execución dos convenios asinados en 2006, e acordar a intensificación
no 2007 desta relación para convenios académicos coa emigración. (Fonte: xornal.com).
Emigración
Amosan “Galicia en cartel”
O Museo da Emigración Galega na
Arxentina, MEGA, presentou en Bos Aires a mostra “Galicia en cartel”, unha exposición da cartelería
turística galega durante o século XX. Esta exposición foi organizada pola Xunta e xa fora
presentada en Montevideo. (Fonte: La Voz
de Galicia).
Inmigración
Concentración polos inmigrantes
O Foro Galego de Inmigración realizou
unha concentración en Santiago en solidariedade cos inmigrantes e para reivindicar unha nova política
de inmigración. (Fonte: AGN).
 |
| 04/10/2006 |
 |
Diáspora
Rexistro on line para os galegos do exterior
A traveso da plataforma web “Galiciaaberta.com”,
a Secretaría Xeral de Emigración preparou o marco normativo que permitirá a entrada en funcionamento
do Rexistro on line da cidadanía galega no exterior, o cal permitirá un coñecemento máis
directo e aproximado, tanto cuantitativo como cualitativo, da comunidade galega no exterior e do mapa de necesidades
e demandas da emigración. (Fonte:
xornal.com).
Inmigración
Curso empresarial para estranxeiros
A Deputación Provincial de Pontevedra
celebrará a mediados de outubro unha xornada de captación do proxecto Equal Convive, dirixido para
inmigrantes e emigrantes retornados, interesados en crear empresas.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Espazo único de empresarios
O presidente da Axencia portuguesa para
o Investimento, Basilio Horta, invitou aos empresarios galegos a investir no seu país, reforzando as relacións
comerciais a traveso da creación dun espazo único fronteirizo para empresarios. Segundo Horta, quen
realizou unha visita ao Clube Financeiro de Vigo, o balance comercial no 2005 presentou ganancias para Galicia
en 400 millóns de euros. (Fonte:
La Voz de Galicia).
 |
| 03/10/2006 |
 |
Diáspora
Matizan declaración sobre acceso
á nacionalidade
A deputada do BNG, Olaia Fernández
Dávila, considerou difícil que se adopte na actual lexislatura política da Xunta os cambios
anunciados polo secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, relativos ao acceso
á nacionalidade para os netos dos emigrantes galegos, que foran aprobados no Congreso dos Deputados e que
están previstos no futuro Estatuto de Galicia.
(Fonte: vieiros.com).
Pesca
Desenvolvemento para deter a inmigración
No marco do cumio internacional de pesca
en Baiona, a ministra de Pesca, Elena Espinosa, formulou a posibilidade de que o goberno estatal aplique maiores
acordos de cooperación e desenvolvemento das actividades pesqueiras cos países africanos, principalmente
do Corno de África, a fin de deter a masiva inmigración. En Baiona participan oito ministros e tres
viceministros de pesca de países africanos e latinoamericanos.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Diálogos Ibéricos en Santiago
A capital galega reunirá en decembro
a artistas portugueses e galegos no obradoiro “Diálogos Ibéricos”, organizado polo Consorcio santiagués
e inaugurado polo alcalde Xosé Sánchez Bugallo.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia
Homenaxe a repatriados de Cuba e Filipinas
A asemblea comarcal da Cruz Vermella de
Vigo realizará unha serie de actos conmemorativos do centenario do panteón de repatriados das guerras
de Cuba e Filipinas, onde participaron varios galegos.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 02/10/2006 |
 |
Galicia
Aumentan peticións de adopción
Segundo datos de Vicepresidencia da Xunta,
no 2005 solicitáronse en Galicia unhas 658 peticións de adopción de nenos estranxeiros, un
aumento do 400% co respecto a anos anteriores, con 1.201 solicitudes en espera. Asia domina o mercado de adopcións
con 372 peticións, principalmente dende China, Filipinas, Nepal, India e Kazajstán. Outros países
son Rusia, Ucraína, Bulgaria, Marrocos, Hungría, Madagascar, Congo, Albania, República Dominicana,
Haití, México, Perú, Brasil e Bolivia.
(Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
Rexistro voluntario para a emigración
O secretario xeral de Emigración,
Manuel Luís Rodríguez, propuxo a creación dun rexistro voluntario da diáspora, ante
a inexistencia dunha estatística exacta sobre a cantidade de emigrantes galegos no mundo diferente a outorgada
polo Consello Electoral de Residentes Ausentes, CERA. A Xunta aprobará por decreto esta iniciativa considerada
pioneira en España. Do mesmo xeito, unha comisión parlamentaria aprobou a concesión da nacionalidade
española aos netos de emigrantes galegos.
(Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Denuncian distribución “non equitativa”
O deputado do BNG, Manuel Parga, criticou
a distribución “non equitativa” do alumnado inmigrante nos centros de ensinanza pública. Un 83% do
alumnado inmigrante se atopan na ensinanza pública, un 17% en centros concertados e só un 1% en centros
privados. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 01/10/2006 |
 |
Galicia
Unesco e a Cidade da Cultura
A conselleira de Cultura, Ánxela
Bugallo, informou dos contactos da Xunta con Unesco e “grandes centros culturais de Europa e outros organismos
internacionais”, para captar a sede dalgún deles para os terreos da Cidade da Cultura, no Monte Gaiás.
Tras seis anos de inicio e a indefinición sobre o seu futuro, o temor existente na Xunta consiste en que
este proxecto comprometa todo o orzamento en cultura.
(Fonte: El Correo Gallego).
Téxtil
Inditex domina a moda mundial
A multinacional galega está a superar
á estadounidense GAP e a sueca H&M na apertura de número de tendas a escala mundial, con 3.740
centros, principalmente en Canadá, Francia, Alemaña, EEUU, Xapón e Reino Unido. Para finais
de 2006, Inditex espera consolidar a apertura entre 410 e 490 tendas.
(Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Poucos ilegais en Ferrol
Segundo estatísticas de Cáritas,
menos dun 10% dos 1.200 inmigrantes que habitan nesta cidade están ilegalizados. Para Carmela Primo, responsable
de Inmigración desta entidade, actualmente a cidade atópase nunha segunda fase migratoria tralo ano
2000, onde se experimentou unha chegada masiva de inmigrantes, principalmente suramericanos. (Fonte: La Voz de Galicia).
|