Diario Exterior / setembro de 2006

Igadi na Rede 

Volver
   
Diario Exterior é unha recopilación de noticias breves captadas dos xornais galegos relativas ás actividades que se desenvolven en Galicia e que teñen relación co exterior, servindo de feito como proxección exterior de Galicia e dos seus axentes, empresariais, políticos, etc.
   

30/09/2006
Galicia
O BNG en Arxentina e Uruguai
Previo ao viaxe do vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, a estes países suramericanos, a responsable da comisión de Emigración, Ana Miranda, iniciou unha viaxe por Bos Aires e Montevideo para a apertura de sendas sedes do bloque nacionalista. Na súa axenda, está previsto unha xuntanza de Miranda co presidente uruguaio Tabaré Vázquez.
(Fonte: xornal.com).

Economía
Desacelera o comercio exterior
Os datos do Instituto Galego de Estatística, considera que se ben a balanza comercial galega no mes de xuño foi un 2,2% superior á súa similar de 2005, a media anual amosa unha marcada desaceleración, localizándose no 4,7%.
(Fonte: El Correo Gallego).
29/09/2006
Acción Exterior
Promoción do galego no exterior
A Secretaría Xeral de Política Lingüística renovou convenios con 16 universidades do exterior para o desenvolvemento da investigación, a docencia e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas. Este ano incorpóranse dous centros máis como son o de Bangor (Reino Unido) e Varsovia (Polonia), á lista de centros nos que se oferte ensinanza de galego fóra do país. (Fonte: Vieiros).

Unión Europea-Pesca
Drástico recorte pesqueiro
A Comisión Europea propuxo un drástico recorte do 66% para os próximos dous anos, para a pesca en augas profundas, o cal afecta á flota galega que fana no caladoiro do Gran Sol. (Fonte: AGN).

Economía
Acordos con empresarios latinoamericanos
Un total de 120 entrevistas bilaterais realizáronse entre empresarios latinoamericanos e galego no encontro organizado en Santiago pola concellería de Promoción Económica. Na rolda de negocios, os sectores mais representativos foron o madereiro, siderúrxico, turístico, transporte, novas tecnoloxías, biomedicina e acuicultura. (Fonte: La Voz de Galicia).
28/09/2006
Unión Europea-Galicia
Polémico debate dos incendios
Os eurodeputados do PP acusaron ao presidente do Parlamento europeo, o socialista Josep Borrel, de “boicotear” o debate sobre a ola de incendios en Galicia, ao incluír este tema no último punto do día nos dous derradeiros debates parlamentarios. O PP galego considerou que o PSOE posúe temor en discutir este tema no pleno parlamentario europeo. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Inmigración
Alertan sobre uso ineficaz dos fondos
O eurodeputado socialista Antolín Sánchez Presedo, recordou nun debate parlamentario que a UE deixou sen gastar o 80% do orzamento comunitario en materia de emigración, valorado en 62,4 millóns de euros, por problemas de coordinación de Estados membros e a fragmentación de diversos programas. (Fonte: El Correo Gallego).

EEUU
Colaboración en I+D
A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, entrevistouse co primeiro secretario de Asuntos de Ciencia da Embaixada de EEUU, Kenneth Forder, para estudar liñas de colaboración entre os investigadores e axencias norteamericanas e o goberno galego, destinadas a facultar catro centros de investigación e desenvolvemento en Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal
Capital portugués no automóbil galego
O vigués Grupo Fernández Alvariño, dedicado ao sector automotriz, vendeu o 62% das súas accións á empresa portuguesa Salvador Caetano, dentro dun programa de reestruturación interna que prevé un aumento do 7% na facturación para o 2007, ata alcanzar os 107 millóns de euros. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade
Unha ollada sobre Guatemala
O colaborador da ONG galega “Solidariedade Internacional”, Carlos Sánchez, explicou en Santiago a súa experiencia na cooperación ao desenvolvemento no país centroamericano, así como en Ecuador, Kosovo, Mozambique, Palestina e o Sáhara. (Fonte: La Voz de Galicia).
27/09/2006
Unión Europea-Galicia
Dous millóns para os incendios
Un informe da Consellería de Economía estima que Galicia recibirá entre 1,5 e 2 millóns de euros procedentes da Unidade do Fondo de Solidariedade da UE, polos incendios que arrasaron 78.000 hectáreas o pasado mes de agosto. Este informe será presentado polo ministro de Economía, Pedro Solbes, ante a Dirección Xeral de Política Rexional de Bruxelas.
(Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Galicia
Petición aínda sen solicitar
Pola súa banda, o líder do PP galego, Alberto Núñez Feijoo, lamentou en Estrasburgo que o goberno estatal aínda non solicitara as axudas que Galicia necesita para paliar os danos dos incendios. Feijoo reuniuse coa comisaria de Política Rexional, Danuta Hübner, o comisario de Medio Ambiente, Stavros Dimas, e o futuro presidente do Parlamento europeo, Hans-Gert Poettering. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Encontros con empresarios latinoamericanos
No marco do primeiro Encontro Empresarial Galicia-Latinoamérica, as entrevistas persoais entre os empresarios galegos e latinoamericanos permitiron formalizar intercambios de experiencias. No evento participaron o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, e o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontenla. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca
Acordo con Noruega
A empresa armadora viguesa Transpesca e a Fiscalía de Noruega acordaron o abono de 1.900.000 euros por parte da armadora para recuperar os tres barcos “Arosa” apresados en augas do país nórdico por presunta pesca ilegal. A multa inicial ascendía a 2,4 millóns de euros. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal
Obradoiro artístico luso-galego
Artistas galegos e portugueses intercambiarán as súas experiencias nuns obradoiros a celebrarse entre outubro e decembro en Santiago, denominados “Diálogos Ibéricos”. A finalidade é fomentar a comunicación artística alén das fronteiras. (Fonte: AGN).

Pesca
Acercamento entre Pontevedra e Shanghai
O presidente da Autoridade Portuaria pontevedresa, Juan Carlos Suris, visitou a cidade chinesa como membro dunha delegación galega que estivo na feira Transporto Logistic China 2006. (Fonte: La Voz de Galicia).
26/09/2006
Uruguai
Encontro co Fronte Amplo
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, mantivo unha xuntanza co secretario xeral do gobernante Fronte Amplo, Eduardo Fernández Arias, na que analizouse a situación política e dos 28.000 galegos residentes no Uruguai e os acordos existentes con Galicia en materia laboral e láctea. (Fonte: El Correo Gallego).

Uruguai
Regularización dos emigrantes
No marco da súa visita ao Uruguai, a concelleira compostelá de Emigración, Teresa Regúlez, mantivo unha reunión co ministro de Exteriores uruguaio, Reinaldo Gargano, para debater o proceso de regularización dos uruguaios no Estado español. Regúlez tamén visitou aos composteláns residentes en Montevideo a fin de cubrir o censo socioeconómico que realiza o Concello, extensivo tamén a Arxentina e Venezuela. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Galicia
Infraccións galegas en Bruxelas
O secretario xeral de Relacións Exteriores, Santiago Gómez-Reino Lecoq, acusou ao anterior goberno do PP na Xunta de ignorar os 70 procedementos administrativos de infracción sobre temas galegos que existen actualmente na UE. Os principais ten que ver coa contaminación na ría de Vigo e o monopolio do transporte marítimo alí existente. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal
Santiago acolle cumio universitario
A capital galega organizou unha conferencia bilateral entre os reitores españois e portugueses para afondar a colaboración universitaria co Norte de Portugal e Iberoamérica e a posibilidade de concretar un distrito universitario único. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca
Pescanova compra grupo francés
O grupo pesqueiro galego concretou a compra do grupo galo Seabel SAS, propietario da firma Krustanord, por 25,5 millóns de euros. Esta firma é especialista en produción e comercialización de produtos de mar conxelados, especialmente no sector lagostinos, cunha facturación anual de cen millóns de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía
Internacionalizar a empresa galega
O conselleiro de Economía e Facenda, José Ramón Fernández Antonio, recibiu ao Primeiro Secretario para Asuntos de Ciencias, Tecnoloxía, Medio Ambiente e Saúde da Embaixada de Estados Unidos en España, Kenneth Forder, para tratar a situación actual da economía galega e as perspectivas de crecemento nos próximos anos. No encontro tamén participou o director xeral do IGAPE, José Antonio Delgado Arce. (Fonte: xornal.com).
25/09/2006
Inmigración
II Encontro de Inmigrantes
O evento organizado por Cáritas Diocesana reuniu en Santiago a 500 persoas, principalmente inmigrantes que veñen recibindo axuda desta ONG. Nesta oportunidade participaron uns 40 subhasarianos que chegaron a España en caiuco. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima
Capital galega para porto ecuatoriano
A empresa de capital vasco-galego Alianza Internacional Portuaria, Alinport, presentou en Ecuador un proxecto para construír unha terminal de contenedores no porto de Posorja, preto de Guayaquil, localizado nun punto estratéxico co Pacífico Sur. O proxecto conta coa participación da filial Salica Ecuador. (Fonte: La Voz de Galicia).

Galicia
Cumio empresarial con América Latina
Santiago inaugurou un cumio de empresarios latinoamericanos e galegos concibido para o intercambio de experiencias e coñecementos, organizado polo departamento municipal de Promoción Económica, a traveso da súa coordinadora Carme Casado. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Galicia
Encontro de veciños en Turquía
Representantes da Federación de Asociacións de Veciños de Vigo estiveron en Ankara, capital turca, para participar no proxecto europeo My Voice, concibido para aplicar unha metodoloxía educativa dirixida ás persoas adultas. (Fonte: La Voz de Galicia).
24/09/2006
Galicia
Diálogo das Relixións en Mondariz
A clausura do IV Encontros de Mondariz-Balneario, organizado pola Fundación Carlos Casares permitiu abordar o tema do “Diálogo de Culturas-Alianza de Civilizaciones”, enfocando o debate nas repercusións do discurso do Papa Bieito XVI sobre o Islam. Velaí a participación de analistas de prestixio como o paquistaní e profesor de Oxford, Tariq Ramadán, a disidente marroquí Nadia Yassine, a psiquiatra Rita el Khayat, e os catedráticos españois Antonio Elorza e Fernando Villaspín. (Fonte: El Correo Gallego).

China
Técnica galega para o sector pesqueiro
Responsables portuarios galegos concluíron unha xira empresarial nos portos de Hong Kong, Dalian, Shanghai, e Tianjin, no marco da Misión de Estudos de Portos 2006 da Cámara de Comercio de A Coruña, na que observaron as posibilidades de negocios no sector pesqueiro e a posibilidade de ofertar o coñecemento galego en materia de procesamento de peixe. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Galicia
Polémica polos fondos estruturais
Mentres a Xunta mantén que, para o período 2007-2013, Galicia recibirá máis do 85% dos fondos estruturais da UE recibidos na etapa 2000-2006, un total 3.619 millóns de euros, o PP considera que, coa nova distribución dos fondos europeos, deixarán de crearse mais de 90.000 empregos ata o 2013. (Fonte: www.xornal.com e La Voz de Galicia).
23/09/2006
Galicia
Misión a Afganistán
Un total de 430 soldados da Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable, Brilat, localizada en Figueirido, Pontevedra, irán en misión de estabilización ao país centroasiático, a partires do 10 de outubro e por catro meses. (Fonte: Faro de Vigo).

Unión Europea-Galicia
Máster europeo en Santiago
A USC iniciará en outubro un máster europeo sobre Literatura Alemá Medieval no Contexto Europeo, o cal contará coa participación de nove universidade de oito países europeos. Os centros de estudos son as universidades de Amsterdam, Berlín, Bremen, Galway, Ljubljana, Palermo, Porto, Viena e Santiago de Compostela. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Galicia
Valoran conversión galega ao I+D
O director xeral de Investigación da Comisión Europea, José Manuel Silva, declarou o seu convencemento de que Galicia conseguirá unha maior inversión en novas tecnoloxías, durante a súa comparecencia no VII Programa Marco de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico da UE. Neste sentido, Silva explicou que Bruxelas valora positivamente a inquietude galega en apostar polos investimentos en I+D. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración
Festa da Diversidade Cultural
Asociacións de inmigrantes, colectivos de veciños, ONGs e sindicatos, co apoio do Concello de A Coruña, celebraron unha xornada de confraternidade cos inmigrantes, denominado Festa da Diversidade Cultural. (Fonte: El Correo Gallego).

Arxentina
Polémico viaxe “electoral”
A oposición política do BNG e AVExZAS, no concello coruñés de Zas acusou aos edís do PP, José M. Blanco, e do CDI, Manuel Mourelle, de acudir a Arxentina e Uruguai nunha viaxe organizada polo concello local e que estiman con “fins electoralistas”. (Fonte: El Correo Gallego).
22/09/2006
Uruguai
Ence suspende o seu proxecto
A empresa Ence anunciou a suspensión do proxecto de construción da súa planta de celulosa na localidade de Fray Bentos ata non se atopa unha solución ao conflito diplomático e ambiental que enfronta a Arxentina e Uruguai. Consecuentemente, a empresa anunciou a Montevideo o despido temporal do 60% dos traballadores. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración
Aumentan afiliados á Seguridade Social
A Dirección Xeral de Estatística anunciou que unhas 33.301 persoas estranxeiras alcanzaron en agosto a súa afiliación á Seguridade Social en Galicia, representando o 1,79% do total estatal. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración
Saldo migratorio positivo
O Instituto Galego de Estatística informou que a nosa Comunidade rexistrou un saldo positivo de 16.752 persoas co respecto ao estranxeiro e, por primeira vez desde 1994, un saldo positivo co resto das comunidades estatais. (Fonte: xornal.com).

Inmigración
Pedirán partidas económicas
A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, dirixiuse ao Goberno, para preguntar se ten previsto aprobar partidas económicas destinadas ás Comunidades Autónomas que, como Galiza, acolleron inmigrantes procedentes de Canarias. A finais de agosto, Galiza acolleu a 30 inmigrantes procedentes de países como Senegal e Gambia. (Fonte: xornal.com).

Sociedade
O orixe celta e galego dos británicos
Segundo un estudio do profesor de xenética humana da Universidade de Oxford, Bryan Sykes, os celtas que convertéronse na tribo dominante nas illas británicas procedía de Galicia, nunha migración ocorrida fai 6.000 anos. Sykes realizou esta conclusión tras analizar os resultados dos estudos de ADN a 10.000 británicos. (Fonte: La Voz de Galicia).

Sociedade
O “xogo da chave” en Verona
Como parte do Festival Internacional de Xogos de Rúa que celébrase na cidade italiana de Verona, Galicia participará por vez primeira cunha variedade do seu tradicional “xogo da chave”, principalmente de Santiago e Ourense. A presenza galega débese á iniciativa da rede galega de xogo tradicional Brinquedia e a Turgalicia. (Fonte: La Voz de Galicia).

Pesca
Navantia venderá barcos a armadas foráneas
A empresa de estaleiros ferrolá anunciou a súa intención de vender entre seis e sete barcos anfibios ás Armadas de Australia, África do Sur e Malaisia, especialmente os pertencentes aos Buques de Proxección Estratéxica, BPE, que se fabrican para o Ministerio de Defensa español. (Fonte: La Voz de Galicia).
21/09/2006
Diáspora
Quintana a Arxentina e Uruguai
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, realizará a comezos de outubro unha viaxe a estes dous países suramericanos, para coñecer as necesidades sociais dos emigrantes galegos e incluílos na rede de servizos sociais que elabora a Xunta. Este será o primeiro viaxe de Quintana a estes países desde que ocupa o cargo de vicepresidente do goberno galego. (Fonte: Galicia en el Mundo).

Economía
Misión a Turquía e Xordania
A mediados de novembro, as Cámaras de Comercio de Santiago e A Coruña organizarán sendas misións comerciais a estes países, enmarcadas dentro do Plan FOEXGA de promoción das exportacións galegas. Esta misión ía ampliarse ao Líbano, pero os recentes conflitos rexionais obrigaron a suspender esta visita. (Fonte: El Exportador).

Inmigración
II Encontro de Inmigrantes
A praza de Quintana en Santiago acollerá o domingo 24 de setembro o II Encontro de Inmigrantes organizado por Cáritas Diocesana, enmarcado no programa de cobertura das necesidades dos inmigrantes, especialmente en materia de vivenda. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Galicia
Galicia na elite europea
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, afirmou durante un encontro con empresarios galegos, que a nosa Comunidade estará integrada na elite económica europea nun período de sete anos, grazas aos 3.852 millóns de euros que percibirá entre o 2007 e o 2013 dos fondos europeos. Neste sentido, Touriño informou dos catro eixes da economía galega nos próximos anos: I+D, desenvolvemento sostible, educación e modernización empresarial. (Fonte: El Correo Gallego).

Galicia
Galeano falará de América Latina
No marco do ciclo “América, cada vez máis latina”, o Club Internacional de Prensa presentará unha conferencia o 4 de outubro a cargo do escritor uruguaio Eduardo Galeano, que falará dos cambios políticos e sociais que está a experimentar esta rexión. (Fonte: xornal.com).

EEUU
Arte galego en Nova York
Os catro artistas galegos Carmen Hermo, Antón Sobral, Enrique Velasco e Miguel Pereira, presentaron as súas obras na mostra “Expresión Latina”, na sala de arte do Consulado da República Bolivariana de Venezuela en Nova York, en pleno centro de Manhattan. (Fonte: La Voz de Galicia).
20/09/2006
Portugal
“Resistência galega” en Portugal
Expertos españois de loita antiterrorista consideran que a agrupación “Resistência Galega”, considerada o brazo armado a Asemblea da Mocidade Independentista, AMI, está detrás da retención de 26 artefactos explosivos artesanais na localidade portuguesa de Mata de Turio, no concello de Vieira do Minho. As autoridades estatais sospeitan do líder independentista Antóm García Matos, “Toninho”, mentres investigan se existe algunha conexión portuguesa. (Fonte: El Correo Gallego e AGN).

Portugal
Un proxecto común para Pontevedra e Braga
Grazas aos fondos europeos financiados polo programa Interreg III, o alcalde pontevedrés Miguel Anxo Fernández Lores e a responsable de Cultura da Cámara Municipal de Braga, Ilda Caneiro, asinaron un convenio de dinamización socioeconómica dos seus respectivos centros históricos, para potenciar a cultura e o turismo. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca
Autorizan contratos con Senegal
En resposta a unha demanda do eurodeputado polo PP, Daniel Varela, o comisario europeo para a Pesca, Joe Börg, confirmou que a Comisión Europea autorizou aos armadores galegos a negociar contratos privados de pesca coas autoridades de Senegal, aínda que admitiu que a Bruxelas lle resulta imposible renovar o acordo pesqueiro co país africano, o cal expirou o 30 de xuño. (Fonte: AGN).

Galicia
Memoria histórica do Uruguai
O edifico administrativo da Xunta en Vigo acolleu unha exposición do fotógrafo uruguaio Aurelio González Salcedo, realizadas para o periódico “El Popular” de Montevideo, no marco da mostra “Memoria Histórica do Uruguai”. As fotografías corresponden ao golpe militar de 1973 e a consecuente folga popular opositora. (Fonte: La Voz de Galicia).

Arxentina
Visita do arcebispo de Santiago
Monseñor Xulián Barro converteuse no primeiro prelado compostelán en visitar ao Centro Gallego de Bos Aires, na que entrevistouse co cardeal primado arxentino, monseñor Jorge Bergoglio e o vicepresidente da República, Daniel Scioli. Monseñor Barros tamén estivo no Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol. (Fonte: El Correo Gallego).

China
Visita empresarial a Hong Kong e Shanghai
A Cámara de Comercio de A Coruña informou da visita a China dunha delegación empresarial galega para estudar a apertura de novas vías e fórmulas de negocios, como parte da Misión de Estudo de Portos 2006. A comitiva estivo presidida polo presidente da Cámara, Antonio Fontela, e os presidentes das Autoridades Portuarias de A Coruña, Vigo e Marín. (Fonte: El Correo Gallego).

China
Irmanamento entre Santiago e Qu Fu
As autoridades da capital galega e a cidade chinesa onde naceu o filósofo Confucio, asinaron un acordo de rehabilitación do centro histórico e desenvolvemento turístico. (Fonte: La Voz de Galicia).

Diáspora
Mantemento de pensións para retornados
Un total de 50.000 galegos retornados de distintos países da UE poderán beneficiarse da nova normativa de Bruxelas que fixa o mantemento das pensións da empresa para traballadores que se desprazan, a fin de asegurar un futuro cobro de xubilación. (Fonte: La Voz de Galicia).
19/09/2006
Inmigración
A Xunta acollerá 500 menores inmigrantes
Segundo o secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, a partires de novembro poderían chegar os primeiros nenos e adolescentes inmigrantes a Galicia, provenientes de Canarias. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade
Caravana a Senegal
O Club de Leones de A Coruña e a ONG Ecodesarrollo relataron aos medios a súa caravana solidaria para desenvolver unha escola de formación profesional na localidade senegalesa de Yoff, tralo seu paso por Ceuta e Marrocos. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Galicia
Plan de Emprego Feminino
Bruxelas apoiou ao Plan Europeo de Emprego Feminino 2006-2007 presentado pola Deputación de Ourense, para dirixir proxectos de inserción das mulleres desempregadas, principalmente do medio rural. As achegas do Fondo Social Europeo para este plan están contabilizadas en 2.362.000 euros. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía
Converxer con Europa
Para alcanzar a internacionalización definitiva das empresas galegas como un eixe estratéxico, o conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, asegurou que “Galicia necesita avanzar na súa converxencia dentro de Europa”, para contribuír á “promoción exterior das súas empresas e a captación de investimentos estranxeiros”. (Fonte: AGN).

Irlanda
O Albariño “Gold Star”
O albariño Valmiñor, das bodegas Adegas Valmiñor, foi premiado co “Gold Star” ao mellor viño branco europeo, nun tradicional concurso celebrado en Irlanda de viños comercializados, realizado pola asociación Noffla. (Fonte: AGN).
18/09/2006
Pesca
Anfaco abre contactos en Marrocos
O secretario xeral de Asociación Nacional de Fabricantes de Pescados e Mariscos Conxelados, Anfaco, Juan Manuel Vieites, estivo en Rabat para analizar as posibles liñas de colaboración no trasporte transformador de produtos da pesca, así como nas áreas de control de calidade, I+D, desenvolvemento de novos produtos e procesos industriais. (Fonte: El Correo Gallego).

China
Delegación chinesa en Silleda
Unha representación da provincia de Henan visitará en outubro o XV Salón de Turismo, Deportes e Desenvolvemento Rural, Turisport 2006, a celebrarse en Silleda, Pontevedra, para fortalecer as relacións comerciais coa industria turística. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal
Crise marítima afecta a Galicia
A Associação dos Armadores de Pescas Industriais (Adapi), cualificou a situación do sector pesqueiro portugués como “dramática”, deixando entrever que esta situación favorece aos armadores galegos e andaluces, principais beneficiados na compra de unidades marítimas portuguesas a baixo custe. (Fonte: La Voz de Galicia).

Solidariedade
Día Global por Darfur
Amnistía Internacional e cidadáns coruñeses celebraron unha xuntanza para pedir pola solidariedade mundial ante a crise humanitaria que está a vivir a rexións sudanesa de Darfur desde fai tres anos. (Fonte: La Voz de Galicia).
17/09/2006
Galicia
Pola Alianza de Civilizacións
A Fundación Carlos Casares celebrará a finais de setembro en Mondariz-Balneario unha xuntanza de intelectuais europeos e islámicos referende ao acercamento entre Europa e o Islam. Nesta conferencia participarán o neto do fundador da organizacións Irmáns Musulmáns, unha psiquiatra marroquí e varios catedráticos españois e europeos. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Galicia
Problemas para cumprir requisitos sanitarios
O plan de saneamento da ría de Vigo que provocara iniciais tensións entre Bruxelas e Galicia pode renovar a súa polémica ante os recentes problemas sanitarios locais, especialmente referentes á situación da depuradora de augas residuais. O Tribunal de Xustiza da UE impuxo unha sanción de 20 millóns de euros á Xunta que Bruxelas utiliza actualmente como presión para cumprir un plan previsto ata o 2012. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Galicia
Pedirán explicacións sobre fondos europeos
O deputado do BNG, Francisco Rodríguez, pedirá ao ministro de Economía, Pedro Solbes, cómo será a distribución dos fondos estruturais da UE para o período 2007-2013, que se prevén superen os 17.000 millóns de euros, segundo estimou o goberno estatal. (Fonte: El Correo Gallego).
16/09/2006
Inmigración
Aumentan prazas para subsaharianos
A Xunta garantiu un aumento do 73% no número de prazas dispoñibles para acoller a inmigrantes subsaharianos en Galicia, segundo as políticas de cooperación establecidas no I Plan Director da Cooperación Galega 2006-2009. (Fonte: El Correo Gallego).

Fondo Galego de Cooperación
Plan para Cabo Verde
A Xunta e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade asinaron en Santiago un Plan Operativo Cabo Verde 2006-2007, cunha achega de 250.000 euros e un segundo programa de sensibilización baixo o título “Milenio: somos miles a cooperar”, que contará cunha achega de 60.000 euros. (Fonte: El Correo Gallego).

China
Delegación chinesa en Santiago
A Consellería de Industria e Comercio recibiu unha delegación de representantes do goberno chinés da provincia de Zhejiang, encabezada polo vicepresidente da Comisión Permanente do Congreso do Pobo de Yuhuan, Chen Xue Ping. No encontro estivo presente o empresario galego Carlos Pérez Padrón, presidente de Eurolatón, empresa clave nas relacións comerciais entre Galicia e China. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima
Avalan fragata de Navantia Ferrol
A empresa norteamericana Lockheed Martin, considerada a maior fabricante mundial de material militar, avalou o potencial da primeira fragata F-310 construída nos estaleiros de Navantia Ferrol, para a Armada noruega en abril de 2006. Esta fragata tamén forma parte da frota española, estadounidense e xaponesa. (Fonte: La Voz de Galicia).
15/09/2006
Unión Europea-Galicia
Críticas por escasas áreas de conservación
A avogada xeral do Tribunal de Xustiza da UE, Juliane Kokott, informou que Galicia só posúe un 10% de áreas protexidas importantes para a conservación das aves. Bruxelas criticou esta cantidade insuficiente e instou ao goberno estatal a pagar os custes do proceso de conservación. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade
Lazos entre A Coruña e Senegal
Mamadou Diop, alcalde de Yoff, localidade de Dakar, capital de Senegal, visitou á cidade herculina para participar na I Aventura Solidaria A Coruña-Dakar. Diop realizou unha conferencia sobre o fenómeno da emigración. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca
Pescanova amplíase en Portugal
A cámara municipal de Mira, concello portugués onde Pescanova está a abrir unha das maiores plantas de acuicultura en Europa, aprobou esta iniciativa, considerándoa de “utilidade pública”. O presidente desta cámara, Joao Reigota, defendeu este proxecto alegando a creación duns 300 empregos. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal
Fadesa construirá proxecto en Porto
Cun investimento de 12 millóns de euros, o primeiro proxecto da empresa inmobiliaria coruñesa Fadesa no norte de Portugal permitirá a promoción da primeira residencia de estilo vangardista para a construción de 44 vivendas, a escasos metros do estadio do Dragâo e do Centro Comercial Dolce Vita, cunha superficie superior aos 8.000 metros2 e outros 700 para locais comerciais. (Fonte: www.xornal.com).

Venezuela
Celebran en Vigo a festa da patroa venezolana
A Asociación “Amigos de Venezuela en Vigo” celebrará a festividade da Virxe de Coromoto, cunha misa, comida no restaurante venezolano “Alma Llanera” e un concerto do grupo “Ensamble Tierra de Gracia” no centro cultural Caixanova. (Fonte: La Voz de Galicia).
14/09/2006
Pesca
Transpesca asegura a súa inocencia
Coa finalidade de desmentir as acusacións de sobrepesca realizadas polo secretario xeral de Pesca Marítima, Juan Carlos Martín Fragueiro, o director xeral da armadora viguesa Transpesca, Iván López, afirmou que os datos rexistrados pola policía de Noruega no momento das descargas dos seus tres buques na localidade de Trömso informan dun excesode apenas 18 toneladas do límite establecido, en franca diferenza das 185 toneladas estimadas por Martín Fragueiro. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal
Vigo, centro loxístico da eurorrexión
Un total de 30 especialistas da loxística en España e Portugal converterán a Vigo a finais de setembro no referente deste sector na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. A posibilidade de desenvolvemento loxístico aumenta ante a sólida rede de infraestruturas desta rexión, con tres grandes terminais ferroviarias, catro aeroportos, un centenar de portos cara o océano Atlántico e o mar Cantábrico, e 300 polígonos industriais e parques empresariais. (Fonte: AGN).

EEUU
COPO pecha dúas plantas de automoción
O maior grupo galego de compoñentes de automoción anunciou o peche das dúas plantas en Detroit, creadas en sociedade co FAURECIA, para paliar unha crise financeira que durou seis meses e obrigou a determinados axustes nas súas filiais. (Fonte: La Voz de Galicia).
13/09/2006
Acción Exterior
A Xunta terá delegacións propias no exterior
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, informou da pronta elaboración dun decreto para finais de 2006, no que se estipula a creación de representacións exteriores da Xunta en Europa e América Latina. A primeira oficina no exterior da Xunta se inaugurará en Bos Aires. Touriño explicou tamén do interese da Xunta en realizar un “acercamento selectivo” con África e o área Asia-Pacífico, e manter un plan estratéxico conxunto con Portugal. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Galicia
Representación galega no Consello da UE
O presidente da Xunta informou de que Galicia asumirá a representación das comunidades autónomas estatais no ámbito da educación, no próximo Consello de Ministros da Unión Europea a celebrarse en xaneiro de 2007. (Fonte: El Correo Gallego).

EEUU
Cooperación coa Fundación Gates
A USC realiza traballos de investigación na vacina nasal contra a Hepatites B e a nanotecnoloxía, coas universidades de Duke, Montana e o Massachussetts Institute of Technology, MIT, como parte da selección realizada no 2005 pola Fundación Bill e Melinda Gates de abrir canais de investigación coa principal universidade galega. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal
Cooperación laboral transfronteiriza
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, anunciou durante a súa visita ao Centro Pioneiro de Desenvolvemento Cooperativo Transfronteirizo de Verín, que esta estratexia de desenvolvemento en economía social está potenciando a interacción económica entre Galicia e o norte de Portugal. Este proxecto forma parte do Fondo Social Europeo, cunha achega de mais de 700.000 euros. (Fonte: www.xornal.com).

Asia
Alumnos ourensáns estudarán na India
Pulak Dutta, xefe do Departamento de Artes Gráficas da Facultade de Bellas Artes da localidade india de Santiniketan, estivo na Escola de Arte de Ourense para seleccionar dez alumnos que partirán a este país asiático nun período de dous meses de estudo. Esta universidade india foi fundada a principios do século XX polo afamado novelista e escritor Tagore. (Fonte: El Correo Gallego).

Xacobeo
A Ruta une a Santiago e Italia
Un grupo de parlamentarios italianos e o bispo auxiliar de Roma, Rino Fisichella, visitaron ao alcalde santiagués Xosé Luís Sánchez Bugallo, para cooperar no desenvolvemento de itinerarios culturais europeos como o Camiño de Santiago e a Vía Francíxena, enmarcadas dentro do proxecto comunitario “Os Camiños de Europa”. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Internacionalización da empresa galega
O Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE e a Compañía Española de Finanzas do Desenvolvemento, COFIDES, renovaron o seu acordo de colaboración dirixido á promoción das empresas galegas no exterior, potenciando o seu marco de internacionalización. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca
Tailandia como “socio”
O presidente da asociación de conserveiros deste país asiático, Chanintr Chalisarapong, presentouse ante os empresarios europeos e estadounidenses presentes na Conferencia Mundial de Pesca de Vigo como un “socio” e non un “inimigo”, ante as acusacións por parte de empresarios galegos e europeos de que os países asiáticos realizan unha competencia ilegal e agresiva. Os empresarios galegos consideran esencial adiantarse aos seus competidores asiáticos na consecución de mercados nos países do Leste de Europa. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).

Inmigración
Denuncian falta de acceso a axudas
O Foro da Inmigración anunciou que varios inmigrantes cunha situación legal non regularizada non ten acceso ás axudas económicas do Concello de Santiago e outras administracións, aínda que a liña de axuda escolar creada pola concellería de Inmigración permite paliar esta carencia. (Fonte: La Voz de Galicia).
12/09/2006
Pesca
Alertan sobre a liberalización do atún
No marco da Conferencia Mundial do Atún celebrada en Vigo, os armadores e conserveiros alertaron ante o director de Industrias Pesqueiras da UE, o alemán Friederich Wieland, sobre o prexudicial para a pesca galega da medida anunciada por Bruxelas de liberar os mercados de importación do atún, impoñendo o arancel cero. Neste sentido, serán os produtores do sureste asiático os que se verán beneficiados con esta medida. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración
Dez inmigrantes chegan a Galicia
Un total de dez inmigrantes subsaharianos chegaron a Vigo procedentes das Illas Canarias, tras realizar unha travesía oceánica en caiuco. Tres deles quedaron na cidade mentres o resto trasladouse a Pontevedra, Vilagarcía e Ponteareas. (Fonte: Faro de Vigo).

Afganistán
A Brilat envía tropas
Un total de 430 soldados de infantería da base da Brilat en Figueirido (Pontevedra), partirán á localidade de Baghdis, no país centroasiático, para labores de pacificación dunha zoa que non rexistra o caudal de violencia dos derradeiros meses en Cabul e o sur do país. O 70% deste continxente, un total de 301 soldados, son galegos. (Fonte: Faro de Vigo).
11/09/2006
Unión Europea-Galicia
Pide explicacións por Fondo de Solidariedade
A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, dirixiuse ao goberno estatal para preguntar pola posible xestión ante a UE para solicitar axudas do Fundo de Solidariedade ante a vaga de lumes que padeceu a nosa Comunidade no mes de agosto. A deputada do BNG quixo saber se son certas as afirmacións do Comisario de Medio Ambiente de que o Executivo español aínda non se dirixiu á Comisión Europea. (Fonte: www.xornal.com).

Brasil
Voces galegas en Bahía
Baixo o lema “Galicia do outro lado do Atlántico. Voces reunidas na Bahía”, celebrouse a oitava edición do congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos nesta cidade brasileira, como escenario para afrontar a cuestión cultural galega dende unha perspectiva máis ampla posible. O presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, abriu o congreso coa conferencia “A proxección exterior da cultura galega”. (Fonte: La Voz de Galicia).

Marítima
Cooperación pesqueira con Canadá
O Centro Tecnolóxico do Mar da Consellería de Pesca acolleu en Vigo unha xuntanza bilateral entre España e Canadá, para favorecer a cooperación pesqueira e marítima en materia de investigación. O secretario xeral de Pesca, Juan Martín Fragueiro, e a conselleira Carmen Gallego inauguraron o acto. (Fonte: La Voz de Galicia).
10/09/2006
Unión Europea-Galicia
Un fondo para a Globalización
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, apostou pola posta en marcha do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización, de cara á súa participación como máximo representante das Comunidades Autónomas españolas no Consello de Ministros de Emprego, Política Social, Sanidade e Consumo (EPSSCO) da Unión Europea. O obxectivo deste fondo é axudar a atopar un posto de traballo ás persoas que, debido aos cambios estruturais que na sociedade está a provocar a globalización, perdan o seu emprego. (Fonte: www.xornal.com).

Unión Europea-Galicia
O Camiño no Parlamento
A sede do Parlamento Europeo en Bruxelas acollerá en outubro a exposición pictórica “Xente do Camiño”, obra de Alfredo Erias e organizada pola Deputación de A Coruña. Do mesmo xeito, a oficina do Peregrino informou do incremento dos visitantes de Xapón á capital galega, un total de 60 peregrinos desde abril pasado. (Fonte: www.xornal.com e El Progreso).

Brasil
Compra atuneira galega
A empresa atuneira e de conservas galega Actemsa adquiriu o 100% da brasileira Alimenticios Leal Santos, pertencente á multinacional petroleira carioca Iparanga e cunha forte presenza no mercado de MERCOSUR. Esta compra permite á empresa galega a adquisición dunha frota de sete pesqueiros, plantas de lomo e produción de fariña, e un porto propio situado no estado de Río Grande do Sul, fronte ao océano Atlántico.
(Fonte: La Voz de Galicia).

Irmanamento
Lazos entre Ribadeo e a Bretaña
A localidade bretoa de Loctudy asinou un convenio de irmanamento con Ribadeo, que tamén vai engadida á vila galesa de Fishguard, nun acto celebrado na localidade galega. O alcalde de Loctudy celebrou este encontro como parte da unión dos pobos das nacións celtas.
(Fonte: El Progreso).
09/09/2006
Galicia
Día do Cooperante
No marco desta celebración en Santiago, o cooperante de Solidariedade Internacional, o santiagués Carlos Sánchez, realizou unha conferencia na que explicaba o seu proxecto en Guatemala denominado “Escola de Lideresas”, na que busca a mellora da calidade de vida da poboación indíxena de Itxil. Este proxecto está financiado por Caixa Galicia cun orzamento de tres millóns de euros. (Fonte: El Correo Gallego).

Galicia
Examinados por videoconferencia
A Universidade de Vigo celebrou os seus primeiros exames a distancia para a obtención dun diploma de estudos avanzados, mediante unha videoconferencia coa Universidade alemá de Saarbrücken e unha defensa de tese dunha docente viguesa cun tribunal en México. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
A xira da Filharmónica galega
A Real Filharmonía de Galicia, xestionada polo Consorcio de Santiago, iniciou a súa primeira xira internacional por Brasil e Arxentina, para ofrecer cinco concertos dirixidos polo mestre Antoni Ros Marbà e coa participación do pianista Jorge Federico Osorio e da mezzosoprano Marina Pardo. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración
Estudo na comarca de Ulla-Umia
Ante a masiva chegada de inmigrantes a esta comarca pontevedresa, a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos de Pontevedra, UPTA, e a Deputación, desenvolverá un estudo sobre a situación da crecente poboación inmigrante en municipios como Catoira, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña, Portas, Valga e Pontecesures. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración
Vigo medra en alumnado inmigrante
O crecemento da poboación de alumnos estranxeiros en Vigo nos derradeiros dous anos experimentou un alza de 36%, para alcanzar a cifra de 11.616 persoas. Isto permite manter a expansión demográfica viguesa e conter un posible descenso de poboación en Galicia. (Fonte: La Voz de Galicia).
08/09/2006
Turismo
Italianos baten récords
Segundo datos do concelleiro de Turismo, Francisco Candela, Santiago recibiu un incremento do 37% no número de turistas estranxeiros, co respecto ao 2005. Os italianos ocupan o 20,3% dos visitantes foráneos, seguidos dos franceses, alemás, ingleses e portugueses. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Galicia
Reorientan os fondos europeos
A aprobación do Marco Estratéxico de Converxencia Económica, realizado tralo Consello da Xunta en presenza do presidente Emilio Pérez Touriño, prevé a utilización dos 3.260 millóns de euros dos fondos comunitarios europeos do período 2007-2013 para o apoio á produtividade en I+D, a creación de novas empresas, emprego, inserción de novas tecnoloxías e capacitación de capital humano. (Fonte: El Correo Gallego).
07/09/2006
Unión Europea-Galicia
Bruxelas recoñece áreas galegas incendiadas
O pleno do Parlamento europeo aprobou con ampla maioría unha resolución na que recoñece que unhas 88.473 das 200.000 hectáreas queimadas en Europa corresponden a Galicia. Paralelamente, esta institución pediu á Comisión Europea unha interpretación mais flexible das regras do Fondo de Solidariedade da UE para conceder axudas a Galicia mentres o PP solicitou que Bruxelas envíe unha comisión a Galicia para medir o impacto dos incendios. (Fonte: La Voz de Galicia).

Galicia
Democracia en Iberoamérica
Na xuntanza preparatoria para o XVI Cumio Iberoamericano realizada en Santiago, o seu secretario xeral, o uruguaio Enrique Iglesias, destacou a contribución de Galicia no desenvolvemento dos países iberoamericanos e cómo a democracia está consolidándose no continente americano, a pesares de subsistir con problemas estruturais como a pobreza e o desemprego. (Fonte: El Correo Gallego).

Polonia
Reunión do Grupo Compostela
O Grupo Compostela de Universidades inaugurou a súa XII Asemblea Xeral na Universidade Adam Mickiewicz de Poznan, onde tratouse a relación entre os campus e a sociedade. (Fonte: El Correo Gallego).

Arxentina
Rouban obras de Luís Seoane
Unha cantidade importante aínda non determinada das obras do artista galego Luís Seoane foron roubadas do Museo do Gravado de Bos Aires, xunto a outras obras dos artistas locais Norah Borges e Juan Grela. As obras de Seoane foran outorgadas polo autor á nación arxentina. (Fonte: www.vieiros.com).

Pesca
Guinea Bissau interesa no porto vigués
O ministro de Pesca de Guinea Bissau, Abdu Mane, reuniuse co presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Abel Caballero, para promover os seus caladoiros e interesarse pola viabilidade do porto vigués para incluír os seus produtos no mercado europeo. (Fonte: La Voz de Galicia).
06/09/2006
Unión Europea-Galicia
Protección da costa galega
O Parlamento europeo aprobou unha achega de 154 millóns de euros, solicitada polo eurodeputado do PP Luis de Grandes, para o financiamento da Axencia Europea de Seguridade Marítima, AESM, para o período 2007-2013. Esta resolución permitirá a presenza dun buque anticontaminación nas costas galegas. (Fonte: El Correo Gallego).

Galicia
Cumio iberoamericano en Santiago
Representantes de cooperación ao desenvolvemento e coordinadores nacionais de 22 países iberoamericanos celebraron unha xuntanza preparatoria con vistas ao XVI Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno a celebrarse en novembro en Montevideo. O secretario xeral de Relacións Exteriores da Xunta, Santiago Gómez Reino, inaugurou a xuntanza como representante do executivo galego. (Fonte: El Correo Gallego).

Galicia
Ampliación de estudos no exterior
O reitor da USC, Senén Barro, e o subdirector de Bancaja, Francisco Tárrega, asinaron un convenio de colaboración para un programa de bolsas internacionais que, por valor de 50.000 euros, permitirá a diversos estudantes completar os seus estudos en universidades de EEUU e América Latina. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade
Formación das indíxenas latinoamericanas
A ONG galega Solidariedade Internacional e Caixa Galicia iniciaron no Departamento de Quiché, en Guatemala, un proxecto que permitirá a 30 mulleres indíxenas formarse nunha escola para líderes. Este proxecto conta cun orzamento de 30.000 euros e consiste en brindar asesoría e promover o desenvolvemento entre as diversas comunidades e organismos sociais que participan neste proxecto. (Fonte: www.xornal.com).

Pesca
Transpesca critica a posición española
A empresa viguesa propietaria dos tres buques galegos apresados en Noruega por presunta pesca ilegal, acusaron ás autoridades españolas de protexer os intereses do sector naval galego, en detrimento do sector pesqueiro en xeral, polos contratos valorados en 2.200 millóns de euros que posúen diversas empresas navais galegas no país nórdico. (Fonte: La Voz de Galicia).
05/09/2006
Cooperación
Funcionarios na cooperación
A traveso da Rede de Funcionarios Cooperantes que a Xunta colocará a finais de 2006, os funcionarios da administración galega poderán participar en proxectos de desenvolvemento e cooperación en África e América Latina, segundo expresou a directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo. As estancias durarán entre seis meses e un ano. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Galicia
Plan Mercurio en Pontevedra
En colaboración coa Unión Europea, a Deputación de Pontevedra aplicará o Plan Mercurio destinado a potenciar o desenvolvemento do comercios minorista que, nesta comunidade, ocupan o 30% da actividade comercial, un total de 46.000 establecementos e que dan traballo a 100.000 persoas. O plan ten un orzamento de dous millóns de euros. (Fonte: El Correo Gallego).

Galicia
Peinador se internacionaliza
O aeroporto vigués estreou unha liña regular aberta da multinacional europea de transporte urxente TNT, para voos de importación e exportación de mercancías. O investimento se contabiliza en dous millóns de euros e permitirá o transporte internacional de PSA Peugeot Citröen, Inditex, Adolfo Domínguez, Lonia, as empresas marítimas e farmacéuticas. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Caixanova abre sucursais en Suramérica
Sao Paulo e Bos Aires aumentan a expansión internacional da entidade financeira viguesa, que xa ten sucursais en México, Venezuela, Francia, Portugal, EEUU, Alemaña e Suíza. No caso brasileiro, Caixanova é a primeira entidade española en obter o permiso do Banco Central de Brasil para operar neste país. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal
Pescanova abre piscifactoría
Segundo confirmou o ministro portugués de Agricultura, Desenvolvemento Rural e das Pescas, Jaime Silva, ao xornal luso “O Expresso”, a empresa galega Pescanova investirá uns 198 millóns de euros na construción dunha piscifactoría no concello de Mira, ao sur do país. (Fonte: La Voz de Galicia).

Sociedade
Filme galego triúnfa en Chile
O filme “La Casa de mi Abuela”, producido pola empresa IB Cinema e dirixido por Adán Aliaga, recibiu o galardón ao mellor documental no festival internacional de cinema da localidade chilena de Valdivia. (Fonte: La Voz de Galicia).

Diáspora
Axudas a centros na Arxentina
O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, recibiu aos presidentes dos centros arxentinos “Hijos de Arantei” e “Centro Villamarín Perojano”, de Salvaterra de Miño, para concertar axudas aos emigrantes galegos neste país suramericano. (Fonte: La Voz de Galicia).
04/09/2006
México
Sabor mexicano en Ourense
A presenza de emigrantes galegos de México é común en todos os veráns nos concellos ourensáns de Avión, Beariz e Boborás, a tal punto que un 49% dos electores deste concello residen neste país latinoamericano, o 80% na capital azteca. Non obstante, apenas de tramitan expedientes de emigrantes retornados e pensións asistenciais. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración
Integración dos nenos inmigrantes
Un programa de integración sociocultural organizado polo concello de Santiago contará coa participación de 15 nenos e nenas de Uruguai, Arxentina e Romanía, en actividades a desenvolverse no centro cultural de Vite. En Santiago están escolarizados uns 1.400 nenos inmigrantes. (Fonte: La Voz de Galicia).

EEUU
Vigueses a proba en Stanford
Un grupo de seis mozos da Asociación Juvenil Doira, de Vigo, participarán nun certame de deseño e lanzamento de satélites na universidade de Standford, centro vinculado á NASA. Os mozos estarán concentrados no deserto de Black Rock, en Nevada, grazas ao apoio financeiro de Caixanova. (Fonte: La Voz de Galicia).
03/09/2006
Galicia
Apoian envío de tropas ao Líbano
O voceiro do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez, explicou que apoiaría o envío de tropas españolas ao sur do Líbano, como parte dunha forza internacional avalada pola ONU, aínda que non no caso da OTAN, que estaría comandada por EEUU. Rodríguez tamén afirmou que este apoio estaría reforzado sempre e cando Siria, Irán, Líbano e Palestina estean a favor deste despliegue militar. (Fonte: AGN).

Galicia
Boom inmobiliario para estranxeiros
Segundo datos de promotores inmobiliarios, un total de 200.000 estranxeiros, principalmente europeos, chegarán a Galicia nos próximos dez anos, para comprar vivendas nas que pasar a súa xubilación. O Ministerio de Vivenda confirmou que no primeiro trimestre de 2006 un total de 190 vivendas foron compradas por estranxeiros, principalmente ingleses e alemáns. (Fonte: Faro de Vigo).
02/09/2006
Solidariedade
Implicad@s en Etiopía e India
A ONG galega “Implicadas/os no Desenvolvemento”, activa un proxecto de solidariedade e cooperación que da cobertura a 20.000 persoas en países con extrema pobreza como a India e Etiopía. (Fonte: Faro de Vigo).
01/09/2006
Unión Europea-Galicia
Debaterán axudas para os incendios
A petición conxunta do PP e o PSOE, o pleno do Parlamento Europeo votará o martes 5 de setembro unha proposta de resolución para esixir a Bruxelas a activación do Fondo de Solidariedade Europeo contra as catástrofes naturais, coa finalidade de paliar os danos causados polos incendios. Esta cuestión será debatida en presenza do comisario de Medio Ambiente, Stavros Dimas. (Fonte: El Correo Gallego e www.xornal.com).

Pesca
Reclaman barcos presos en Noruega
A armadora viguesa Transpesca volveu a reclamar ao goberno de Zapatero unha maior presión cara Noruega, país que ten retidas desde xullo ás tres embarcacións galegas “Arosa Nueve”, “Arosa Doce” e “Arosa Quince”. A empresa tamén espera que as autoridades do país nórdico se pronuncien sobre a fianza a pagar, cuxo monto ascende a 2,7 millóns de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).

 

Fontes: AGN, Atlántico Diario, El Correo Gallego, El Exportador, El Progreso, Europa Press, Faro de Vigo, Galicia en el Mundo, Galicia Hoxe, Galicia Información, La Región, La Voz de Galicia, Vieiros, xornal.com.
 
 
Ver máis Diario Exterior

2006: agosto | xullo | xuño | maio | abril | marzo | febreiro | xaneiro |
2005: decembro | novembro | outubro | setembro | agosto | xullo | xuño | maio | abril | marzo | febreiro | xaneiro |