|
 |
| 31/08/2006 |
 |
Inmigración
Galicia acolle 130 inmigrantes
Con 130 prazas dos 11.826 inmigrantes subsaharianos
chegados a Canarias no 2006, Galicia ocupa o oitavo lugar, nunha información outorgada polo ministro de
Traballo e Asuntos Sociais, Jesús Caldera.
(Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Foro Internacional en Vigo
A III Conferencia de Atún Vigo 2006 se celebrará
a mediados de setembro, coa participación de 250 expertos da industria atuneira, provenientes de EEUU, Tailandia,
Xapón e Coté d´Ivôire. Este evento forma parte do Foro Internacional de Conservación
da Produción da Pesca de Galicia, a traveso da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de
Peixes e Mariscos, ANFACO. (Fonte: El Correo
Gallego).
Arxentina
Colaboración termal
Unha delegación institucional e comercial de
Ourense partirá á localidade arxentina de Federación, na provincia de Entre Ríos, para
inaugurar a VI edición de Tertamalia e establecer novas vías de colaboración co sector termal
dese país. (Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia
Piden investigar voos da CIA
A voceiro vigués de “Amnistía Internacional”,
Alberto Estévez, pedirá aos concellos de Vigo e Pontevedra a solicitude de investigación sobre
a posible utilización do aeroporto vigués de Peinador por parte de voos irregulares da CIA. Con motivo
do Día Internacional dos Desaparecidos, Estévez acusou a Washington da “total impunidade” nos métodos
de desaparición forzosa e outras prácticas ilegais en terceiros países. (Fonte: AGN).
 |
| 30/08/2006 |
 |
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Voluntarios para Cabo Verde
Dous empregados municipais, Ricardo Pérez, arquitecto
do concello de Culleredo, e Inés Peleteiro, coordinadora de Xestión Ambiental do Consorcio das Mariñas,
participarán en proxectos de desenvolvemento ambiental e urbanístico en Cabo Verde a partires do
próximo mes de setembro, como parte do programa “Vacacións con Traballo” promovido pola Dirección
Xeral de Cooperación Exterior da Xunta e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Anteriormente,
outros dous profesionais partiron para Nicaragua como parte deste programa. (Fonte: El Correo Gallego e www.vieiros.com).
Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
Rede galega de cooperación
A directora xeral de Cooperación Exterior da
Xunta, Fabiola Sotelo, anunciou que antes de final do 2006 comezará a funcionar a Rede do Funcionariado
Galego Cooperante, na que se articulará a participación dos empregados públicos en proxectos
de desenvolvemento e emerxencia cos países do sur.
(Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Verín como centro cooperativo
A Consellería de Traballo participará
no proxecto comunitario Desenvolvemento Rural Transfronteirizo de Base Cooperativa Galicia-Norte de Portugal, coa
construción en Verín dun centro de desenvolvemento cooperativo valorado en mais de 700.000 euros,
coa colaboración do Fondo Social Europeo. Este proxecto forma parte dun programa europeo concibido para
o período 2005-2007. (Fonte: El Correo
Gallego e www.xornal.com).
Economía
Feira acuícola en Vilagarcía
A empresa francesa Le Goussant, primeiro produtor europeo
en pensos ecolóxicos, participará na Interacui´06, un encontro empresarial acuícola
a celebrarse en Vilagarcía que conta co apoio do programa europeo AL-Invest. A empresa gala está
interesada en ingresar no mercado latinoamericano a traveso dos contactos galegos. (Fonte: El Correo Gallego).
China
Desenvolvemento en minería
O potencial galego en granito e minerais foi o tema
de interese na xuntanza entre o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco Álvarez, e
unha delegación chinesa composta pola xefa de Comercio Exterior, Zhao Yunfeng, e membros da Cámara
de Minerais encabezados polo seu presidente Chen Haoran e representantes do goberno da provincia de Liaoning, rica
en xacementos minerais. (Fonte: La Voz de
Galicia).
 |
| 29/08/2006 |
 |
Solidariedade
Voluntariado en América Latina
Un total de 70 galegos participaron nos proxectos de
voluntariado en Honduras, Guatemala e Cuba, organizados cada verán pola ONG “Solidariedade Internacional”,
dentro do programa “Vacacións Solidarias”. Para o 2006, a ONG galega incluíu tamén a República
Dominicana, Haití e o Sáhara como novos destinos de cooperación. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Piden fondos para os incendios
O eurodeputado polo PP, Daniel Varela Suanzes, solicitou
á Comisión Europea a posibilidade de conceder axudas do Fondo de Solidariedade Europeo para paliar
os danos causados polos incendios forestais deste verán en Galicia. (Fonte: Faro de Vigo).
Marítima
Alta velocidade coas illas británicas
O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Abel Caballero,
informou do proxecto para facer de Vigo unha nova liña marítima de alta velocidade, co porto británico
de Milford Haven, co cuxo representante Peter Vaughan-James estivo reunido. Este porto británico é
o principal receptor de embarcacións civís dende o sur de Irlanda. O proxecto busca tamén
facer de Vigo o principal porto emisor da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. (Fonte: Faro de Vigo).
Arxentina
Tango con acento galego
A Agrupación Folclórica da Asociación
Fillos de Residentes de Mos en Bos Aires, actuou no Centro Cultural Municipal de O Porriño nun espectáculo
que incluíu gaitas e bailes galegos con pezas tradicionais do folclore arxentino e tangos. O grupo está
composto por 28 membros, todos eles galegos emigrados ao país suramericano. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 28/08/2006 |
 |
Sáhara
Polémica cunha nena saharauí
A “Asociación Galega de Solidariedade co Sáhara”
denunciou que unha nena saharauí, que participou no programa Vacacións en Paz, non puido retornar
ao seu país na data establecida, xa que o seu pai biolóxico residente en Galicia a retivo por uns
días mais. Se esperaba que a nena saíra o venres 25 dende Ourense pero non foi ata o domingo 27 na
noite cando a nena puido regresar ao campamento de Tinfuf en Alxeria dende Santiago. (Fonte: El Correo Gallego e Faro de Vigo).
Galicia
Santiago e o Cumio Iberoamericano
Galicia acollerá a comezos de setembro a xuntanza
preparatoria do XVI Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno, coa reunión dos responsables de
cooperación e coordinadores nacionais de 22 Estados americanos e da península ibérica. Esta
xuntanza estará coordinada polo Secretario Xeral Iberoamericano, Enrique Iglesias. O próximo cumio
iberoamericano se celebrará en Montevideo. (Fonte:
www.xornal.com).
Arxentina
Axudas para parque recreativo
Representantes da asociación de emigrantes de
Carbia, na Arxentina, recibiron a promesa do concello de Vila de Cruces para a construción dunha zoa recreativa
que levará un área infantil, por valor de 6.000 euros. O goberno provincial recibiu tamén
a representantes de Paraguai, Venezuela, Arxentina e Uruguai.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 27/08/2006 |
 |
Galicia
Mais orzamento para a emigración
Algo máis de 7 millóns de euros de orzamento
para o primeiro ano e un incremento sucesivo e anual do 5% son as cifras que manexará o Plan Estratéxico
de Emigración 2006-2009 do goberno galego. Na primeira xornada de debate, debateuse a necesidade de evitar
o "paternalismo" na relación entre a administración e os emigrantes, e moi especialmente,
cara a eliminación das rifas electorais acontecidas nos últimos tempos. (Fonte. www.vieiros.com).
Inmigración
Fraude en Lugo
A Brigada Provincial de Estranxería e Documentación
da Comisaría de Lugo detivo a tres empresarios galegos e un cidadán brasileiro que realizaron supostas
estafas na Seguridade Social, favorecendo a inmigración ilegal, explotación laboral de inmigrantes
e falsificación de documentos. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Portugal
Investigarán compra de Leche Celta
A Autoridade da Competencia de Portugal analizará
a compra da empresa de Leche Celta en Portugal, por parte da empresa láctea lusa Lactogal á compañía
estadounidense Dean Foods. A empresa Leche Celta ten o seu centro de produción en Pontedeume e unha filial
en Portugal. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 26/08/2006 |
 |
Uruguai
Artigas xa ten busto en Vigo
Al alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e o cónsul
de Uruguai nesta cidade, Jorge Burgos, inauguraron o monumento ao liberador uruguaio, xeneral Artigas, na rúa
Uruguai. Uns 40 dos 1.200 nacionais deste país participaron no acto. O cónsul resaltou a importancia
de Vigo como principal referente laboral para os uruguaios, principalmente por Internet. (Fonte: Faro de Vigo).
Cooperación
Encontro con centros galegos en América
Latina
Fabiola Sotelo, directora xeral de Cooperación
Exterior, mantivo encontros con representantes dos colectivos de emigrantes en Uruguai, Venezuela e Arxentina cos
que se está a desenvolver o Plan Director da Cooperación Galega 2006-2009 que inclúe a outros
17 países. Na xuntanza participou tamén Manuel Luís Rodríguez, secretario xeral de
Emigración, xa que os proxectos de cooperación ao desenvolvemento que se levarán a cabo en
Arxentina, Uruguai e Venezuela coordinaranse tamén coa secretaría xeral de Emigración. (Fonte: www.xornal.com).
Diáspora
Renovación dos centros galegos
No acto de clausura do VIII Consello das Comunidades
Galegas en Santiago, decidiuse impulsar o apoio institucional á renovación xeracional dos centros
galegos no exterior, coa finalidade de atraer aos mais mozos e consolidar o seu peso político. Trala elección
da nova comisión delegada para os próximos tres anos, criticouse a politización existente
nalgunhas entidades. (Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Investimentos cara América Latina
Entre o 25 e 27 de setembro, Santiago acollerá
unhas xornadas organizadas pola concellería de Promoción Económica, con entidades e empresarios
galegos cos seus similares de Arxentina, Chile, Uruguai, Ecuador, Guatemala, México, Paraguai e Venezuela,
co obxectivo de captar investimentos estranxeiros para Compostela. As áreas principais son os sectores madureiro,
turístico, de construción industrial e carpintería metálica. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 25/08/2006 |
 |
Diáspora
Debaten futuro Estatuto de Galicia
No marco da primeira xornada de traballo do VIII Consello
da Emigración, celebrado en Santiago, os 150 representantes de centros galegos no exterior analizaron co
presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, o papel da emigración no futuro Estatuto de Galicia
e a Lei da Galeguidade. Varios representantes pediron o dereito ao voto para os residentes galegos en outras autonomías
estatais. Touriño prometeu un incremento de investimento do 5% para o Plan Estratéxico da Emigración
2006-2009. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Ensino luso-galaico
Co motivo do 30 aniversario das Xornadas de Ensino de
Galiza e Portugal, realizáronse en Ourense unha serie de actividades sobre a labor educativa levada a cabo
nos anos da República española.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Solidariedade
Café Xusto con Colombia
A presidencia da Xunta amosou o seu apoio á campaña
de introdución de produtos do comercio xusto en institucións públicas e empresas da ONG Solidariedade
Internacional, na que participen organismos como o Parlamento galego, Sogama ou centros de maiores de Caixa Galicia.
Deste xeito, se introduciu o café do val do Cauca en Colombia, para o consumo dos funcionarios públicos. (Fonte: El Correo Gallego).
Téxtil
Zara abre sucursal en Noruega
A apertura dunha tenda de Zara en Oslo eleva a 21 os
establecementos do grupo Inditex en Suecia, Dinamarca, Finlandia, Islandia e Noruega. Pola súa banda, un
informe da revista “Franquicias Hoy” sinala que as dúas firmas de moda galega de Amancio Ortega (Inditex)
e Adolfo Domínguez, están entre as 20 empresas que mais franquías abren no estranxeiro, en
total 192 e 81 respectivamente. (Fonte:
El Correo Gallego).
Economía
Investimentos agrícolas con Israel
O ministro conselleiro e comercial da Embaixada de Israel,
Amos Wohl, propuxo na Feira Internacional de Galicia en Silleda, o reforzamento do intercambio comercial e de coñecementos,
especialmente no sector agrícola.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 24/08/2006 |
 |
Diáspora
Inaugurado o Consello da Emigración
Mais de 150 representantes da diáspora galega
inauguraron en Santiago o Consello das Comunidades Galegas, coa finalidade de abordar o papel da emigración
no novo Estatuto de Autonomía para Galicia, o recoñecemento da nacionalidade aos netos dos emigrantes
e novas liñas políticas en torno á asistencia socio-sanitaria. Na súa primeira xuntanza,
expresouse a solidariedade polos incendios na nosa Comunidade. (Fonte:
Faro de Vigo).
Diáspora
Renovada Galicia Aberta
O portal Galicia Aberta, da secretaría xeral
de Emigración, realizou unha remodelación nos seus contidos, incluíndo unha guía on
line para o emigrante retornado, un rexistro dos galegos no exterior e cursos de formación en lingua galega
e informática. Segundo o secretario xeral Manuel Luis Rodríguez, o obxectivo pasa por contribuír
ao contacto coa diáspora, a traveso desta plataforma dixital. (Fonte:
El Correo Gallego e www.xornal.com).
Inmigración
Estranxeiros votarán nas municipais
De prosperar a reforma para promover o voto dos inmigrantes,
presentada polo PSOE e IU-ICV no Congreso dos Deputados, milleiros de inmigrantes empadroados en Galicia poderían
exercer o seu dereito ao voto nas eleccións municipais de maio de 2007. A gran maioría deles proveñen
de países membros da UE, así como de Europa do Leste (Romanía e Bulgaria) e América
Latina. En Vigo poderían votar uns 6.500 estranxeiros dos 11.616 que habitan na cidade. Pola súa
banda, en Santiago poderían votar unhas 884 persoas. (Fonte:
Faro de Vigo e La Voz de Galicia).
Galicia
Wordpress en galego
Un dos xestores de contidos máis comúns
do planeta e de creación de blogs, a opción de Wordpress en galego está agora dispoñible,
especialmente importante para a tradución dos seus programas. (Fonte:
www.vieiros.com).
Galicia
Cumio de intelixencia artificial
A USC e a Universidade de A Coruña organizaron
en Santiago o Congreso ILP06, unha xuntanza de investigadores internacionais no campo da intelixencia artificial.
A participación mais importante e a de John McCarthy, quen creou o concepto de intelixencia artificial en
1955. (Fonte: AGN).
Galicia
Os negocios galegos de Giuliani
Unha compañía galega, a consultora Brent
& Trading, radicada en Vigo, está levando a xestión administrativa e a tramitación dos
investimentos do ex alcalde de Nova York, Rudolph Giuliani en España. O ex alcalde é presidente dun
fondo de capital risco, Giuliani Sage, e o accionista maioritario de Becco España, unha sociedade de construción
de biodiésel. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 23/08/2006 |
 |
Inmigración
Destino a Arousa
Un grupo de inmigrantes subsaharianos recibidos en Canarias
serán trasladados a Vilagarcía de Arousa, para ser recibidos por Cáritas Interparroquial.
Un primeiro grupo foi trasladado a esta localidade pontevedresa en abril pasado. (Fonte: El Correo Gallego).
Galicia
Aumenta o turismo estranxeiro
A enquisadora Frontur estimou en 663.000 os turistas
que se achegaron a Galicia entre xaneiro e xullo pasado, un incremento do 7% co respecto ao 2005. Só en
xullo o aumento foi do 36%, con mais de 229.000 turistas, especialmente alemás, británicos e franceses. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Asesoría para países africanos
A partires de setembro, a Consellería de Pesca
preparará en inspección marítima ao sector pesqueiro de países como Cabo Verde, Guinea
Bissau e Saõ Tomé e Príncipe, enmarcados dentro do programa Nauta na que participan a Dirección
Xeral de Cooperación Exterior e a Axencia Española de Cooperación Internacional. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 22/08/2006 |
 |
Galicia
Vigo une a árabes e xudeus
Os integrantes das comunidades libanesa e xudea de Vigo
realizaron un brindes pola paz en Oriente Medio e o retiro das tropas israelís do Líbano, nun acto
organizado polo Comité Galego Bolivariano de Solidariedade. Este evento foi apoiado pola Federación
de Asociacións de Inmigrantes “Fillos de Galicia”, a Confederación Intersindical Galega, “Arxentinos
no Exterior”, Unidade da Esquerda Galega e agrupación independentista “Nós-UP”. (Fonte: AGN).
Galicia
Reforma da Lei de Galeguidade
O VIII Consello de Comunidades Galegas, a celebrarse
en Santiago entre o 24 e 25 de agosto, enfronta despois de vintetrés anos de vixencia a reforma da Lei de
Galeguidade, norma marco da emigración, que precisa dunha revisión dados os cambios experimentados
nas dúas últimas décadas. A proposta do Goberno galego enfócase no recoñecemento
dos individuos como suxeitos da galeguidade, así como na igualdade de xénero. Tamén estúdase
a celebración deste consello cada catro anos. (Fonte:
www.xornal.com).
Unión Europea-Galicia
Axuda galega ao Líbano
A Unión Europea acudiu á experiencia galega
na loita contra os vertidos petroleiros e a “marea negra”, para intentar atenuar o impacto da catástrofe
ecolóxica no Líbano, tralos bombardeos israelís sobre depósitos de petróleo
que arroxaron dez mil toneladas de cru, e asesorar ao goberno libanés. O Centro da Prevención e Loita
contra a Contaminación Mariña de A Coruña, respondeu á petición de Bruxelas
de enviar un equipo de técnicos ao país árabe. (Fonte:
Faro de Vigo).
 |
| 21/08/2006 |
 |
Galicia
Un matemático na elite mundial
O ourensán Manuel de León formará
parte da executiva da Unión Matemática Internacional, trala elección da nova xunta directiva
entre 250 expertos de os 67 países membros, celebrada en Santiago. Manuel de León é presidente
do Comité Español de Matemáticas e profesor do Consello Superior de Investigacións
Científicas, CSIC. (Fonte: El Correo
Gallego).
Unión Europea-Galicia
Critican liberalización sector
farmacéutico
Os farmacéuticos galegos amosan as súas
reticencias sobre a recente petición da Comisión Europea de modificar as regras para o establecemento
de farmacias. Bruxelas outorgou a España un prazo de dous meses para responder, caso contrario de levar
o caso ante o Tribunal de Xustiza da UE. (Fonte:
Faro de Vigo).
Arxentina
A voz política da emigración
As institucións galegas na Arxentina está
organizar unha posición común sobre a Lei da Galeguidade e os cambios estatutarios que se están
a desenvolver en Galicia, para ser presentados a finais de agosto en Santiago, ante o Consello das Comunidades
Galegas, órgano consultivo da Xunta en materia de emigración. A iniciativa se tomou durante a celebración
do Mes de Galicia en Bos Aires. (Fonte:
La Voz de Galicia).
 |
| 20/08/2006 |
 |
Emigración
Reforma para o Plan Estratéxico
2006-09
A Xunta está a propoñer unha reforma legal
do Plan Estratéxico da Emigración 2006-09, na que se recoñeza a “galeguidade” como un “dereito
e deber activo” a todos os emigrantes orixinarios de Galicia e non só os inscritos no Censo de Residentes
Ausentes, CERA. Este plan se expoñerá en Santiago a finais de agosto na VII Xuntanza do Consello
de Comunidades Galegas, na que participarán os representantes de 154 entidades e centros galegos de distintos
países. (Fonte: www.xornal.com).
Inmigración
O avance da interculturadidade
Santiago está a experimentar un crecente número
de inmigrantes nos diferentes postos de traballo, principalmente na area de hostalería. O groso desta inmigración
está a vir, principalmente, de América Latina. Este mosaico étnico, racial e cultural está
a modificar o paisaxe poboacional e urbanístico da capital e varias cidades galegas. (Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
As axudas de Cáritas
Un total de 467 inmigrantes acudiron no 2005 á
ONG católica “Cáritas”, auspiciada polo bispado de Tui-Vigo, para pedir axudas puntuais, principalmente
económicas, ante a súa precaria situación laboral e social. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 19/08/2006 |
 |
Emigración
A Coruña outorga axudas
A Deputación coruñesa dedicará
cen mil euros á Fundación Galicia Emigración para axudas aos emigrantes galegos e inmigrantes
residentes na nosa Comunidade. (Fonte: El
Correo Gallego).
Solidariedade
Cáritas co Perú
A ONG “Cáritas da Unidade Pastoral de Soneira”,
que agrupa a 16 parroquias, enviou roupa, xoguetes e material escolar á localidade andina de Villa María
en Lima, grazas tamén á colaboración cidadán. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Noruega reduce a sanción
O goberno do país nórdico reduciu nun
66% a multa orixinal imposta aos barcos galegos “Arosa Nove”, “Arosa Doce” e “Arosa Quince”, apresados a principios
de xullo, mediante tres rebaixas consecutivas, previa apelación da empresa armadora galega Transpesca. O
distrito fiscal de Trömso informou á empresa do novo importe da sanción, valorada en 2,7 millóns
de euros, cando a multa orixinal foi de 9,3 millóns de euros.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Galicia
Solidariedade cos incendios
A traveso dos comisarios de Medio Ambiente, Stavros
Dimas, e de Agricultura, Mariann Fischer Boel, os deputados do Partido Socialista Europeo solicitaron á
Comisión Europea maiores axudas económicas para paliar os efectos dos incendios en Galicia, así
como a creación dun Fondo de Solidariedade contra os incendios e as sequías. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 18/08/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
Solicitarán axudas a Bruxelas
Superada a catástrofe dos incendios en Galicia,
a Xunta recorrerá ao Fondo de Solidariedade da UE para solicitar unha achega deste fondo, cuxo monto total
é de 10.000 millóns de euros, coa finalidade de atender “situacións de urxencia”. O máximo
que se lle outorga aos estados membros da UE son 75 millóns de euros. (Fonte: Faro de Vigo).
Unión Europea-Galicia
Cumio do emprego
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, acudirá
xunto ao ministro de Traballo, Jesús Caldera, ao Consello de Ministros do Emprego da UE de Luxemburgo, o
próximo outono, como máximo representante das autonomías estatais españolas. Neste
cumio se espera crear o Fondo Europeo de Adaptación á Globalización e outras resolución
sobre seguridade laboral. (Fonte: El Correo
Gallego).
Sáhara
Cangas cos nenos saharauís
O alcalde cangués ofreceu unha recepción
aos 14 nenos saharauís que pasan as súas vacacións en Galicia, como parte do programa “Vacacións
en Paz” realizado pola ONG Solidariedade Galega co Sáhara.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 17/08/2006 |
 |
Galicia
Contradición nas cifras de incendios
Mentres o conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez
Canal, anunciou que un total de 77.000 hectáreas queimáronse en Galicia entre o 4 e o 15 de agosto,
a Unión Europea estima que esta cifra aumentou a 86.232 hectáreas. (Fonte: Faro de Vigo).
Emigración
Apertura de cursos sociolaborais
A Fundación Xeito Novo e a secretaría
xeral de Emigración, abriron os cursos gratuítos e en liña sobre cuestións sociolaborais,
para mellorar a situación social e económica dos emigrantes galegos en América Latina. Este
proxecto forma parte do Plan Emigración 06.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 16/08/2006 |
 |
Inmigración
Aumentan inmigrantes en Lalín
As autoridades de Lalín deseñaron un plan
de atención aos inmigrantes ante o seu aumento ata alcanzar o 3% da poboación local, unhas 631 persoas
de 21.153 do total. Velaí a creación dun departamento de Relacións coa Emigración,
para facilitar o acceso dos inmigrantes aos recursos do concello e outras administracións. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 15/08/2006 |
 |
Arxentina
Plan de intermediación laboral
Co obxectivo de facilitar a inserción laboral
dos fillos e netos de galegos nados na República Arxentina, a Consellería de Traballo implícase,
xunto co Servizo Público de Emprego Estatal e a Dirección Xeral de Inmigración, na posta en
marcha do Programa de intermediación laboral que, para o 2006, pode beneficiar a un total de 200 potenciais
titulares de visados de busca de emprego. (Fonte:
www.xornal.com).
Economía
Suspenso en internacionalización
En materia de internacionalización, as empresas
galegas se anotan un suspenso, segundo datos do Informe Económico-Financeiro e de Competitividade Ardán
2006, elaborado polo consorcio Zoa Franca de Vigo. Só 1.339 compañías das 12.994 existentes
en Galicia venden os seus produtos no exterior, un 10,3% do total. (Fonte:
AGN).
 |
| 14/08/2006 |
 |
Sociedade
Atopa cidade antiga sumeria
Unha expedición arqueolóxica galega dirixida
polo profesor Juan Luis Montero, da Universidade de Ferrol, atoparon unha cidade construída fai 5.300 anos
pola civilización sumeria en Siria. A expedición ven sendo financiada polo Ministerio de Cultura
desde o 2004. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 13/08/2006 |
 |
Xacobeo
Auxe dos peregrinos estranxeiros
No 2006, segundo estatísticas da Igrexa, se experimentou
un aumento de 8,6% dos peregrinos a Santiago, principalmente pola maioría de nacionalidades estranxeiras
que se achegan á capital galega. Italia, Alemania, Francia e Portugal seguen a ser os principais romeiros
a Santiago. O conflito no Líbano permitiu un aumento dos turistas italianos. (Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
Acento foráneo na mar galega
Un total de 1.264 estranxeiros, o 4,6% do persoal marítimo,
traballan en estaleiros e embarcacións galegas. Cabo Verde, Perú, Colombia, Cuba e varios países
africanos son os seus principais países de orixe.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia
Tertamalia 2006
Expourense presentará a feira de turismo termal
Tertamalia 2006, coa especial atención na importancia histórico-termal dos países de Europa
central (Hungría e República Checa) e os proxectos de turismo de saúde en América Latina
(Arxentina, Uruguai, Brasil e Perú), ademais da presenza de Israel como país invitado. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 12/08/2006 |
 |
Portugal
Colaboración laboral transfronteiriza
A Consellería de Traballo asinou un convenio
de colaboración co Servizo Público de Emprego Estatal sobre o procedemento de financiamento e xustificación
do Eures Transfronteirizo Norte de Portugal- Galicia co obxectivo de regular a colaboración entre ambos
organismos para a xestión dos fondos concedidos para a estrutura EURES Transfronteirizo Norte de Portugal-Galicia.
As accións que se enmarcan dentro do EURES están dirixidas a facilitar a mobilidade fronteiriza de
desempregados, traballadores e empresarios entre Galicia e Portugal, para o período 2006-2007. (Fonte: www.xornal.com).
Prestige
Incerteza no xuízo en EEUU
A demanda civil de mil millóns de dólares
presentada polo goberno español contra a empresa estadounidense ABS, inspectora do Prestige, entrou nunha
fase de incerteza xurídica polo conflito de intereses entre as xurisdicións de ambos países.
Unha orde o Tribunal do Distrito Sur de Nova York, a principios de agosto, desestimou o recurso español
contra a demanda do xuíz Ronald Ellis de reclamar uns 40.000 folios de sumario do Prestige. (Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia
Unha imaxe favorable para Galicia
A asociación de radioaficionados pontevedresa
“Pórtico da Gloria”, anunciou unha intensificación das súas actividades internacionais dende
Galicia para paliar “a imaxe negativa dos incendios forestais no turismo” , na que se espera introducir concursos
e expedicións dende as illas galegas.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Sáhara
Estudos en Galicia para os nenos saharauís
A asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí
traballa nun proxecto pioneiro en Galicia para permitir a quince nenos saharauís a posibilidade de estudar
e formarse en centros educativos da nosa Comunidade para o próximo curso. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 11/08/2006 |
 |
Emigración
Ordes homenaxea ao emigrante
No marco das festas patronais desta localidade coruñesa,
o concello local realizou unha homenaxe á figura do emigrante, fronte ao monumento alí erixido para
o seu recoñecemento. (Fonte: El Correo
Gallego).
Inmigración
Atención primaria ao inmigrante
No servizo de atención primaria para o inmigrante
no Concello de Lugo, a maior parte dos que demandan a súa atención son marroquís e colombianos,
así como tamén no apartado da asesoría xurídica. O resto dos usuarios proceden de Cuba,
Arxentina, Portugal, Romanía e Uruguai.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 10/08/2006 |
 |
Cooperación
Convenio entre a USC e a Open Univertity
O vicerreitor de Relacións Institucionais da
USC, Lourenzo Fernández Prieto, recibiu á rectora da Open University de Inglaterra, Brenda Gourley,
a máis antiga do mundo e máis grande do seu país. Este universidade a distancia mantén
unha escola de verán en español, na que participan a USC e outras universidades españolas. (Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Vendida Leche Celta
A compañía portuguesa Lactogal comprou
a súa similar galega Leche Celta, propiedade da multinacional norteamericana Dean Foods. O monto total da
venda non foi informado ao público. Leche Celta ten cinco centros de produción, un deles en Portugal.
(Fonte: www.xornal.com).
 |
| 09/08/2006 |
 |
Galicia
Axudas externas para os incendios
Dende Portugal e Italia anunciaron o envío de
avións e voluntarios para axudar a extinguir os incendios que sufre Galicia desde comezos de agosto. Pola
súa banda, o voceiro da Comisión Europea, Michael Mann, asegurou que o goberno español aínda
non pediu axuda a Bruxelas. (Fonte: El Correo
Gallego).
Solidariedade
Marcha pola paz en Oriente Medio
Os sindicatos UGT, CIG e CCOO, xunto ao PSOE, BNG, UEG
e IU, convocaron para o 20 de agosto na praza da Constitución de Vigo a unha manifestación pola paz
en Oriente Medio, onde se lerá un manifesto da plataforma “Galiza por Palestina” e se realizará unha
petición de tolerancia e paz por parte dun cidadán xudeu.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Sáhara
Receben a nenos saharauís
Al alcaldesa en funcións de Lugo, Carmen Basadre,
recibiu a un grupo de nenos saharauí que pasan as súas vacacións de verán en distintos
puntos de Galicia. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 08/08/2006 |
 |
Solidariedade
A Xunta e o desenvolvemento indíxena
No marco do Día Internacional das Poboacións
Indíxenas, a administración galega destinou uns 567.000 euros para 11 proxectos de desenvolvemento
integral en sete países de América Latina e África, principalmente destinados ás poboacións
indíxenas en Bolivia, México, Guatemala, Marrocos e Namibia. (Fonte: AGN).
Galicia
Saldo migratorio positivo
Segundo o Instituto Nacional de Estatística,
INE, Galicia obtivo no 2005, por primeira vez en dez anos, un índice migratorio positivo, aínda que
escaso. Segundo os datos, as inmigracións foron de 78.533 persoas e as emigracións de 78.440, unha
diferenza de 93 persoas a favor. A nivel estatal, a nosa Comunidade obtén o décimo lugar en balance
positivo. (Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia
Rosalía de Castro en árabe
O escritor iraquí Abdul Hadi Sadoun participou
no “Festival Internacional de Poesía Cidade de Betanzos”, onde falou da súa obra de tradución
de poetas e escritores galegos ao idioma árabe, con especial atención aos seus traballos de tradución
das obras de Rosalía de Castro. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Pesca
Transpesca viaxa a Noruega
O xerente da empresa pesqueira galega, Iván López,
e o seu equipo xurídico, se trasladaron á localidade de Trömso para asistir ás vistas
preliminares nos xulgados sobre o apresamento dos tres buques galegos Arosa. Nestes xulgados se cuantificarán
a fianza e indemnización respectivas.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 07/08/2006 |
 |
Solidariedade
Pola paz en Oriente Medio
Amnistía Internacional organizou unha manifestación
en Vigo fronte ao Museo de Arte Contemporáneo, MARCO, para pedir o alto ao fogo en Oriente Medio, ante os
enfrontamentos no Líbano. Un acto similar se celebrou en varias cidades españolas. (Fonte: AGN).
 |
| 06/08/2006 |
 |
Venezuela
Incerteza na fabricación dos buques
O BNG acusou ao goberno de Zapatero de incumprir os
seus compromisos cos estaleiros de Fene e Ferrol na construción de dous buques civís e oito patrulleiras
para o goberno venezolano, criticando que a súa construción se realice “integramente” en Cádiz.
Os contratos adquiridos supoñerían ganancias sobre os 1.300 millóns de euros. (Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Crecen os matrimonios mixtos
Segundo o Instituto Galego de Estatística, IGE,
o índice de matrimonios entre nativos e estranxeiros aumentou subitamente no 2004, con 848 vodas mixtas
das 11.373 celebradas en Galicia. Este índice corresponde ao 2,8% a nivel estatal. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 05/08/2006 |
 |
Portugal
Perdas do porto vigués
O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Abel Caballero,
afirmou que a confiscación de sardiñas na lonxa portuguesa de Matosinhos, supoñen unha perda
de 45.000 euros para o porto vigués. Caballero cualificou de “boicot” esta acción de parte das autoridades
portuguesas. Pola súa banda, o sector portuario da central sindical UGT pediu frear esta “retención
arbitraria” da sardiña. (Fonte: El
Correo Gallego).
Pesca
Non reciben apoio da Xunta
Pablo García, director xerente da empresa de
capital noruego-galego Stolt Sea Farm-Prodemar, afirmou que a súa empresa non recibe apoio institucional
nin preferente da Xunta, en resposta ás declaracións contrarias realizadas polo presidente de Pescanova,
Manuel Fernández de Sousa-Faro. García explicou que a súa empresa produce dentro de Galicia
e está presente en países como Noruega, Francia, Australia e Portugal. (Fonte: La Voz de Galicia).
Solidariedade
Non a agresión israelí
En Santiago, Vigo, A Coruña, Ferrol e Pontevedra
se realizaron manifestacións da Plataforma Galega contra a Agresión no Líbano e Palestina,
coa mobilización de centenares de persoas e onde se leron un manifesto condenando a agresión israelí
e a súa política de “limpeza étnica e expansión territorial”. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 04/08/2006 |
 |
Portugal
Piden explicacións por decomiso
Tanto Abel Caballero, presidente da Autoridade Portuaria
de Vigo, como o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, MAPA, pediron á Axencia de Seguridade
Alimentaria e Económica de Portugal, ASAE, que explique o decomiso de 40.000 kilos de sardiñas na
localidade de Matosinhos. O MAPA intenta tamén enviar a petición á Comisión Europea.
(Fonte: Faro de Vigo).
Pesca
Critican indolencia da Xunta
O presidente de Pescanova, Manuel Fernández de
Sousa Faro, amosou a súa sorpresa debido ao permiso realizado á empresa noruega Stolt Sea Farm, de
implantarse nas augas de Porto do Son, mentres á empresa galega pretenda situarse nos acantilados. (Fonte: La Voz de Galicia).
Economía
Venderán filia de Leche Celta
A multinacional estadounidense Dean Foods rematou as
súas negociacións para a venda da súa filial galega, Leche Celta, o cuarto grupo lácteo
galego e a quinta marca más vendida en España.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Xapón
Interese polo Camiño de Santiago
O director xeral de Turismo da Consellaría de
Innovación e Industria, Rubén Lois González, recibiu a unha delegación xaponesa encabezada
por Yoshiki Saratani, alcalde da vila de Totsukawa, un dos fitos do camiño de peregrinación de Kumano,
que realizou unha viaxe de prospección polo Camiño de Santiago na compaña de técnicos
do seu municipio e un equipo da televisión de Tokio. (Fonte:
www.xornal.com).
Solidariedade
Regreso de Perú e Ecuador
Cinco voluntarias da ONG “Axuda en Acción” regresaron
a Galicia tras participar nun proxecto de desenvolvemento na área de Chinchaysuyo, entre ambos países
andinos. (Fonte: AGN).
Solidariedade
Parar a Israel
A Plataforma Galega contra a Agresión Sionista
no Líbano e Palestina convocou a unha serie de concentracións en A Coruña, Ferrol, Santiago,
Lugo, Pontevedra, Ponteareas e Vigo, para protestar polo xenocidio contra a poboación libanesa e palestina
baixo o lema “Deteñamos a Israel”. (Fonte:
AGN).
Solidariedade
Axudas para desaparecidos nas ditaduras
A secretaría xeral de Emigración outorgará
por primeira vez axudas individuais a familiares de galegos desaparecidos nas ditaduras de Arxentina e Chile, cunha
cantidade que oscilará entre os 350 e os 700 euros por persoa. (Fonte:
AGN).
Unión Europea-Galicia
Mérito a investigador galego
O profesor da Universidade de Vigo, David Posada, alcanzou
a final do Premio de Mozos Investigadores Europeos, polo seus traballo sobre a creación dun mundo virtual
do virus de HIV. Posada competiu con 457 participantes.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 03/08/2006 |
 |
Pesca
Barcos galegos saen de Noruega
Polo temor a novos apresamentos de pesqueiros galegos
no caladoiro noruego de Svälbard, a flota que fana nesas augas está comezando a regresar aos portos,
mentres o goberno español estima abrir expendinte aos tres barcos galegos apresados baixo acusación
de pesca ilegal. (Fonte: Faro de Vigo).
Economía
Tafisa pecha compra de empresa francesa
A empresa madeireira galega está pechando a compra
da compañía francesa Darbo, por un valor de 30 millóns de euros, que ata os momentos era propiedade
doutra empresa galega, Financeira Madeireira, FINSA.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Xapón
Totsukawa interesado en Arzúa
O alcalde deste cidade nipona, a máis extensa
pero con menos poboación do seu país, estivo neste concello galego para coñecer o seu nivel
de vida e a súa experiencia de migración urbana, coa súa influencia na perda de poboación. (Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia
Porro e os cónsules uruguaios
Al alcaldesa de Vigo, Corina Porro, se entrevistou cos
cónsules uruguaios en Santiago, Gonzalo Koncke, e Vigo, Jorge Burgos, como parte dun acto protocolario.
Coa incorporación do país suramericano, Vigo conta con representación consular de 17 países,
aínda que non se atopan representacións de África e Asia. (Fonte: La Voz de Galicia).
Sáhara
Vigo recebe a nenos saharauís
Al alcaldesa de Vigo Corina Porro, ofreceu unha recepción
a 29 nenos saharauís que forman parte do programa Vacacións en Paz 2006, organizado pola ONG “Solidariedade
Galega co Pobo Saharauí”, en colaboración con concello e outras entidades viguesas. Os nenos posúen
entre 8 e 15 anos e veñen do campamento de refuxiados da fronteira arxelino-saharauí de Tinduf. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 02/08/2006 |
 |
Cuba
Posibilidades de investimentos
O presidente da Confederación de Empresarios
de Galicia, CEG, Antonio Fontenla, asegurou que a pesares dos altibaixos nas relacións comerciais entre
Galicia e Cuba nos derradeiros cinco anos, o actual proceso de transición política na illa caribeña
“abre novas perspectivas de relanzamento das relacións comerciais” sempre e cando “se producira un principio
de apertura da economía cubana”. No 2005, as importacións galegas de produtos cubanos alcanzaron
os 38,8 millóns de dólares e as exportacións galegas se localizaron nos 10,4 millóns
de dólares. (Fonte: El Correo Gallego).
Cuba
Os galegos en Cuba
Segundo o Censo de Residentes Ausentes, CERA, o número
de galegos en Cuba está nas 7.702 persoas, principalmente emigrantes dos anos corenta e cincuenta e que
hoxe contan con máis de 80 anos. Outras estimacións consideran a cifra en 10.000 persoas. Pola súa
banda, os retornados a Galicia no 2005 cifráronse en 1.052, unha tendencia similar a anos anteriores. (Fonte: El Correo Gallego).
Solidariedade
Pola paz en Oriente Medio
O PSOE ferrolán iniciou unha campaña de
recollida de asinamentos en favor da paz en Oriente Próximo, a defensa dos dereitos humanos e a legalidade
internacional ante a ofensiva israelí no Líbano e Palestina. (Fonte: La Voz de Galicia).
Turismo
Crise lusa afecta o turismo galego
As localidades pontevedresas de Sanxenxo e Poio notan
a aguda crise económica portuguesa, debido ao baixo número de turistas deste país, superados
en algúns casos pola chegada de turistas franceses.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
O BNG pide acordos con Noruega
A deputada nacionalista Olaia Fernández Dávila
pediu no Congreso dos Deputados que o goberno estatal concrete un acordo co país nórdico para evitar
os apresamentos de barcos galegos nas augas internacionais de Svälbard, segundo o estipulado no Tratado de
París. (Fonte: AGN).
 |
| 01/08/2006 |
 |
Galicia
O Camiño en danés
A Asociación de Peregrinos de Dinamarca, en boca
do seu presidente Enric Tarp, estivo en Santiago para dar a coñecer a primeira guía en danés
sobre o Camiño de Santiago, realizada para transmitir no país nórdico o espírito da
peregrinación. (Fonte: La Voz de
Galicia).
Comercio
Celebran fracaso da Rolda de Doha
O Sindicato Labrego Galego celebrou o fracaso das negociacións
en Xenebra da Organización Mundial de Comercio, OMC, sobre a Rolda de Doha. O seu responsable de relacións
exteriores, Xosé Ramón Cendán, estivo na cidade suíza nas mobilizacións contra
a OMC. (Fonte: AGN).
Cooperación
Sotelo estará en Bolivia
A directora xeral de Cooperación Exterior da
Xunta, Fabiola Sotelo, acompañará á vicepresidente primeira do goberno, María Teresa
Fernández de la Vega, e a secretaria de Estado de Cooperación Internacional, Leire Pajín,
durante unha visita ao país andino, na que se asinará a Acta da Comisión Mixta hispano-boliviana,
acordo de colaboración ao desenvolvemento para o período 2006-2010. (Fonte: AGN).
|