|
 |
| 30/06/2006 |
 |
Portugal
Fondos para o AVE sen pedir
En resposta a unha interpelación do eurodeputado polo PP, Daniel Varela, o comisario de Transportes da Comisión
Europea, Jacques Barrot, informou que Madrid aínda non pediu os fondos europeos necesarios para o financiamento
do proxecto do AVE Vigo-Porto, pese a ter a súa disposición axudas por valor de 2,1 millóns
de euros. Deste xeito, Barrot explicou que o AVE estaría “para unha data posterior” á orixinal de
2010. (Fonte: El Correo Gallego).
Solidariedade
Pola paz en Colombia
Amnistía Internacional realizou en Santiago unha exposición sobre a guerra interna que vive o país
suramericano e a situación dos dereitos humanos, nos derradeiros vinte anos. No acto participou un músico
neozelandés, Flakito, membro das Brigadas Internacionais de Paz, quen viviu varios anos en Colombia e realizou
o Camiño de Santiago pola paz nese país.
(Fonte: El Correo Gallego).
Venezuela
Tecnoloxía sanitaria galega
A Fundación Galicia Emigración enviou á Irmandade Galega de Venezuela tecnoloxía de
diagnóstico por imaxe para a mellora das prestacións sanitarias aos emigrantes galegos, dentro dun
plan elaborado polas consellerías de Sanidade e Emigración consistente en verificar as necesidades
sanitarias en países como Arxentina, Brasil, Venezuela, Cuba e Uruguai. (Fonte: Axencia Galega de Noticias).
 |
| 29/06/2006 |
 |
Portugal
Touriño realizará visita
oficial
A primeira visita oficial de alto nivel do presidente da Xunta a Portugal permitirá a realizar sendas entrevistas
co presidente luso Cavaco Silva e o primeiro ministro José Sócrates a principios de xullo. Os contactos
continuarán cos ministros de Obras Públicas, Comunicación, Medio Ambiente, Desenvolvemento
Rexional e Ordenamento Territorial. (Fonte:
El Correo Gallego).
Economía
Europa e EEUU como principais inversores
Segundo datos provisionais do Rexistro de Investimentos Exteriores, RIE, e Caixa Galicia, os negocios galegos no
exterior se incrementaron un 44% no 2005, principalmente enfocados por investimentos procedentes dos 15 países
da UE e EEUU. Do mesmo xeito, o Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE anunciou a concesión
de 20 bolsas para licenciados coa finalidade de promover a internacionalización da empresa galega. (Fonte: El Correo Gallego).
Cooperación
Conferencia en Estonia
Representantes da USC participaron na cidade de Tartu,
Estonia, nunha conferencia anual da European University Information Systems, EUNIS, sobre a coordinación
en educación superior. Nesta conferencia asistiron representantes de 22 países. (Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia
Debut do baloncesto galego
No seu debut internacional, a selección galega
de baloncesto masculino venceu a Xapón no Pavillón Municipal de Lugo, por 63-58, ante máis
de dous mil espectadores que animaron aos dirixidos por Quino Salvo. Polo contrario, a selección feminina
perdeu o seu encontro coa súa similar nipona por 59-75 no Pavillón das Travesas de Vigo. (Fonte: www.vieiros.com).
 |
| 28/06/2006 |
 |
Diáspora
Nacionalidade para todos os descendentes
No marco das propostas dos partidos políticos
para o novo Estatuto de Galicia, os líderes do Partido Galeguista, Manoel Soto e Xabier González,
defenderon no Parlamento galego a aprobación dun Estatuto de Galeguidade que regularía o outorgamento
da Carta de Natureza a tódolos galegos ou descendentes e galegos “independentemente da nacionalidade que
figure no seu pasaporte”. (Fonte: El Correo
Gallego).
EEUU
Galicia presente no Sillicon Valley
A empresa galega Denodo Technologies logrou converterse
na primeira empresa española en instalarse no célebre Sillicon Valley, na localidade de Palo Alto
(California), centro neurálxico no desenvolvemento das tecnoloxías da información, onde se
atopan multinacionais como Google, eBay e HP.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
Polémica por recorte de persoal
A empresa galega conserveira Calvo saíu ao paso
das informacións sobre o recorte de 600 empregos da súa filial en O Salvador, explicando que o mesmo
obedece a unha variación na carga laboral e non á posible finalización dos acordos arancelarios
entre este país centroamericano e a UE.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Presentan programa FORIET
O director xeral de Formación e Colocación
da Consellería de Traballo, Pastor Fuenteseca, presentou en Vigo o Programa FORIET de formación para
o impulso do emprego transfronteirizo entre Galicia e Portugal. Este programa é dirixido e promovido pola
Consellería de Traballo en colaboración co Instituto de Emprego e Formación Profesional de
Portugal e conta cun presuposto total de 1.800.000 euros, cofinanciado polo Fondo Europeo para o Desenvolvemento
Rexional (FEDER). (Fonte: www.xornal.com).
 |
| 27/06/2006 |
 |
Diáspora
Debate sobre a nacionalidade
A comisión permanente para o estudo da situación
dos emigrantes galegos e os principais partidos abordarán a problemática da nacionalidades para os
netos dos emigrantes, aplicando tamén o uso dunha páxina web para que a diáspora poida formular
as súas inquietudes e demandas. (Fonte:
El Correo Gallego).
Sáhara
Comezan as Vacacións en Paz
Coa colaboración da Vicepresidencia da Xunta,
un total de 800 nenos de 7 a 13 anos procedentes dos campamentos de refuxiados saharauís estarán
en Galicia, como parte do programa anual Vacacións en Paz, para o seu aloxamento en residencias de verán
da Xunta. (Fonte: El Correo Gallego).
EEUU
Eloxian a Terras Gauda
As prestixiosas revistas Forbes e Newsweek alagaron
os viños das bodegas galegas Terras Gauda. O crítico da NBC Edward Deitch eloxiou os caldos da Abadía
de San Campio 2004, o cal coincide co incremento dun 300% das vendas destes viños no país norteamericano. (Fonte: El Correo Gallego).
Marítima
Cooperación con América
central
A Dirección Xeral de Cooperación Exterior
da Xunta, xunto coa Axencia Española de Cooperación Internacional, AECI, coordinará proxectos
en materia pesqueira e acuífera en Costa Rica, Panamá, Nicaragua, Honduras e O Salvador, para o período
2007-2008, trala xuntanza mantida cos membros da Organización do Sector Pesqueiro e Acuícola do Itsmo
Centroamericano, OSPESCA. (Fonte: La Voz
de Galicia).
 |
| 26/06/2006 |
 |
Galicia
Apresado líder da camorra napolitana
Carmine R, de 38 anos, o xefe da camorra ou mafia napolitana,
foi apresado nunha ampla operación policial en Sitges, Cataluña, tras fuxir de Redondela, lugar onde
viviu nos derradeiros meses. O mafioso facíase pasar por pescador pero os seus onerosos e cuantiosos luxos
alertaron ás autoridades. (Fonte:
El Correo Gallego).
Asia
Santiago baixo a mirada asiática
Representantes das axencias emisoras xaponesas JTB,
Mitshukoshi, Ana Sales, Kinkinippon e Top Jour visitaron a capital galega, onde se reuniron co conselleiro de Turismo,
Francisco Candela. O interese asiático por Santiago xa tivo unha antesala a principios de xuño, coa
visita de autoridades da localidade chinesa de Qu Fu, irmandada con Santiago. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 25/06/2006 |
 |
Galicia
Premen audiovisual galego
A Xunta e a Universidade de A Coruña asinaron
un documento para a promoción do audiovisual galego no marco do encontro internacional Mundos Dixitais 2006,
a organizarse na cidade galega. (Fonte:
El Correo Gallego).
Cooperación
Modelos agrarios para América
Latina
A localidade coruñesa de Rois comparte proxectos
de cooperación agraria e comunitaria con 15 países de América central e do sur, convenios
nos que colabora o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 24/06/2006 |
 |
Galicia
Expertos enerxéticos en A Toxa
Un total de 25 expertos internacionais en asuntos enerxéticos
participaron na segunda edición do Atlantic Workshoop on Energy patrocinado pola Xunta, a Universidade de
Vigo e Iberdrola. A temática estivo focalizada nos cambios climáticos provocados polo mercado enerxético. (Fonte: Faro de Vigo).
China
Rehabilitación para Qu Fu
Santiago colaborará coa rehabilitación
da cidade chinesa de Qu Fu, localidade de nacemento do filósofo Confucio, polo que constitúe un importante
punto turístico e centro de peregrinación. O alcalde Xosé Sánchez Bugallo recibiu a
unha delegación da cidade chinesa.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 23/06/2006 |
 |
Marrocos
Fadesa amplía investimentos
A empresa inmobiliaria coruñesa construirá
un complexo de luxo en Marrakech, valorado en 300 millóns de euros, no marco do proxecto costeiro Mediterránea
Saïdia. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Acordo con Madagascar
Bruxelas asinou un convenio pesqueiro co país
africano que lle permitirá á frota galega fanar nas súas costas a partir do 2007, por un período
de seis anos. España obtivo 48 das 88 licencias outorgadas por ese país á UE para fanas nas
súas augas. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 22/06/2006 |
 |
Galicia
Estranxeiros na Seguridade Social
Galicia aporta 31.589 novos afiliados á Seguridade
Social, o 1,7% do total a nivel estatal, segundo datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais correspondentes
a maio de 2006. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Curso académico transfronteirizo
A Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais
Galicia-Norte de Portugal realizará un curso académico gratuíto de formación en Integración
e Desenvolvemento Sostible, financiado con fondos europeos, nas que participarán as tres universidades galegas
e as de Porto, Minho e Tras-os-Montes e Alto Douro.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 21/06/2006 |
 |
Polonia
Entregarán premio do Grupo Compostela
O X Premio Internacional do Grupo Compostela-Xunta de
Galicia, outorgado ao Grupo Helsinki sobre Mulleres e Ciencia, se entregará en setembro na universidade
Adam Mickiewicz de Poznan, Polonia. A entrega do premio contará coa presenza do director da Unidade de Ciencia
e Sociedade da Comisión Europea, Johannes Klumpers.
(Fonte: El Correo Gallego).
Polonia
Entregarán premio do Grupo Compostela
Las empresas de acuicultura gallegas dispondrán
de fondos comunitarios durante siete años más para reforzar su posición de liderazgo en la
cría y engorde de especies marinas, tanto de peces como de moluscos bivalvos. El hecho de que los Veinticinco
corrigiesen su postura inicial -que abogaba por reservar los fondos estructurales a las microempresas- para incluir
a las firmas de mediano tamaño hace posible que todas las empresas de acuicultura que actualmente existen
en Galicia tengan opción a beneficiarse del Fondo Europeo de la Pesca (FEP) para construir, ampliar o modernizar
sus instalaciones entre el 2007 y el 2013.
 |
| 20/06/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
Bruxelas outorga fondos europeos
Un total de 3.400 millóns de euros recibiu Galicia
en materia de fondos de converxencia por parte de Bruxelas para o período 2007-2013, uns 250 millóns
menos que os percibidos no período anterior. Se prevé que no 2013, Galicia deixe de ser obxectivo
de converxencia europeo. (Fonte: El Correo
Gallego).
Unión Europea-Pesca
500 millóns para a frota galega
Bruxelas aprobou o Fondo Europeo da Pesca 2007-2013,
na que a nosa Comunidade percibirá un total de 500 millóns de euros, o 49% do total que recibirá
España da UE. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 19/06/2006 |
 |
Inmigración
Estranxeiros compensa déficit
demográfico
Segundo datos do estudo demográfico realizado
polo Instituto Galego de Estatística, IGE, Galicia posúe un déficit de oito mil habitantes,
tomando en conta a relación entre número de nacementos e defuncións. Non obstante, esta tendencia
logra mudarse co saldo migratorio positivo de 15.000 persoas, produto da chegada da inmigración nos derradeiros
anos. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 18/06/2006 |
 |
Pesca
Galicia e Noruega afirman cooperación
Os gobernos de ambos países consolidaron posicións
conxuntas en canto á loita contra a pesca ilegal, a aposta pola pesca de baixura e a produción acuícola.
No 2005, Noruega exportou máis de 4.000 millóns de euros en produtos do mar e acuicultura. (Fonte: La Voz de Galicia).
Marítima
A Volvo vai de Sanxenxo a Gotemburgo
Unha 120 bandeiras da localidade de Sanxenxo ondearon
no ponte de Älvsborg, na cidade sueca de Gotemburgo, como parte da despedida dos equipos que participaron
durante 210 días na competición da Volvo Ocean Race a redor do mundo. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 17/06/2006 |
 |
Venezuela
Acordos para estaleiros e empresas acuícolas
As empresas galegas Rodman Polyships, Estaleiros de
Ulla, Piscitunas, Colyaer e o Grupo Quinta asinaron convenios empresarias por valor de 400 millóns de dólares
co gobernador do estado venezolano de Sucre, Ramón Martínez. Os convenios se concentran en actividades
pesqueiras, acuícolas, transferencia tecnolóxica e de fabricación de embarcacións para
o combate do narcotráfico. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Unión Europea-Pesca
Satélites para a Axencia de Pesca
A Axencia Comunitaria de Control da Pesca disporá
dun novo centro de satélites para o seguimento das actividades pesqueiras duns 5.000 buques da frota comunitaria,
tanto en augas xurídicas como nas reguladas pola Organización de Pesqueira do Atlántico Noroccidental,
NAFO. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 16/06/2006 |
 |
Galicia
Polémica por suposto voo da CIA
Segundo un documento presentado polo eurodeputado socialista
italiano Claudio Fava, sobre a investigación dos voos ilegais da CIA en Europa, o aeroporto de Peinador
en Vigo foi utilizado pola axencia estadounidense, cunha avioneta nº N168BF rexistrada en Malaisia e procedente
de Xénova, Italia. O eurodeputado Antolín Sánchez Presedo rexeitou esta información
do seu colega por non ter recoñecemento oficial de Bruxelas. Persoal do aeroporto tamén dubida sobre
a veracidade da información. (Fonte:
El Correo Gallego).
Pesca
Convenio con Arxentina
O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Abel Caballero,
e o seu homólogo de Puerto Rosario, Juan Carlos Retamero, promoverán unha serie de estudos para que
Vigo se converta no referente da entrega de mercancías como aceites vexetais, carne e pezas de automóbil,
desde Arxentina, así como Brasil, e a súa exportación a Europa. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 15/06/2006 |
 |
Unión Europea-Pesca
Presentado proxecto da Cidade do Mar
A Conselleira de Pesca, Carmen Gallego, se entrevistou
en Bruxelas co director xeral de Investigación da Comisión Europea, Xosé Manuel Silva, para
presentar o proxecto de creación da Cidade do Mar en Vigo, cualificado pola UE como referencia internacional
no campo da investigación marítima e oceanográfica.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 14/06/2006 |
 |
Unión Europea-Pesca
Denuncia posible perda de fondos europeos
Os armadores vigueses estiman que, coa política
de axudas do novo Fondo Europeo de Pesca, Galicia perderá un 40% das axudas nese sector para o período
2007-2013. Con este novo marco de axudas, aprobado pola maioría dos 25 membros da UE, a nosa Comunidade
recibirá uns 456 millóns de euros.
(Fonte: Faro de Vigo).
Economía
Aumento das exportacións galegas
As vendas ao exterior experimentaron un aumento do 34,2%
no primeiro semestre de 2006 en comparación co ano pasado, segundo fontes da consellería de Innovación,
con motivo da presentación da Memoria do Plan de Fomento das Exportacións Galegas 2005, FOEXGA. (Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Fenosa abre oficina en Costa Rica
A compañía eléctrica galega comezou
a operar no país centroamericano a traveso dunha central hidráulica na localidade de La Joya, cun
potencial de 50 megawatios. (Fonte: Axencia
Galega de Noticias).
 |
| 13/06/2006 |
 |
Uruguai
Formación naval en Ferrol
A II Xuntanza Hispano-Uruguaia de Estado Maiores Navais
permitirá á armada do país suramericano completar a súa formación marítima,
así como a realización conxunta de exercicios de guerra nuclear, na base naval de Ferrol. Nos derradeiros
20 anos, uns sesenta oficiais uruguaios perfeccionaron a súa formación en bases navais galegas. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Defensa de intereses en Pesca e Rural
A conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen
Gallego, pediu en Bruxelas ao comisario europeo Joe Börg a pronta aprobación do Fondo Europeo de Pesca
que permita elevar as axudas ao sector ante o aumento do combustible. Pola súa banda, a Consellería
de Medio Rural logrou evitar que os gandeiros galegos deixasen de perder un total de 22,5 millóns de euros
para o período 2006-2013, por concepto de pagos adicionais de prima láctea. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Galicia recibirá fondos europeos
Unha partida de 18.727 millóns de euros procedentes
de Bruxelas para o período 2007-2013, formará parte do orzamento da nosa Comunidade como avanzada
dos fondos comunitarios para as rexións cun nivel de riqueza inferior ao 75% da media comunitaria. (Fonte: Faro de Vigo).
Francia
Asesoramento do “Proxecto Home”
O goberno francés, a traveso da Misión
Interministerial de Loita Contra a Droga e a Toxicomanía, MILDT, comezou a realizar contactos desde xaneiro
de 2006 cos responsables do Proxecto Home Galicia, para establecer contactos no tratamento terapéutico de
drogodependentes. Outros países como Polonaia, Hungría e Croacia tamén realizaron contactos. (Fonte: El Correo Gallego).
Polonia
Vigo enlazará con Polonia
Un plan de actuación con fondos comunitarios
FEDER que levará a cabo a Autoridade Portuaria de Vigo converterá a esta cidade nunha referencia
para enlazar, en materia de transporte marítimo e terrestre, a España co centro de Europa e outros
países do Leste, como Polonia. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Galicia
Centenario de Lois Tobío
Coa presenza da conselleira de Cultura, Ánxela
Bugallo, de Isaac Díaz Pardo e de Constanza Tobío, filla de Lois Tobío, se celebrou no salón
de actos do Museo do Pobo Galego unha homenaxe con motivo do centenario dun dos galeguistas históricos da
primeira metade do século XX e unha importante figura na incorporación ao galego das grandes obras
da literatura en alemán. Falecido no 2003, Tobío deixou unha intensa actividade como político,
diplomático, historiador, escritor e tradutor como fundador do Seminario de Estudos Galegos, diplomático
en Sofía (Bulgaria) e exiliado Nova York Cuba, México e Uruguai. Tobío tamén foi membro
do Consello Asesor do IGADI. (Fonte: www.vieiros.com).
 |
| 12/06/2006 |
 |
Unión Europea-Pesca
Piden renovar o acordo con Mauritania
A Xunta pediu a Bruxelas un esforzo para renovar o acordo
pesqueiro co país africano, que expira a finais de xullo e que permite a actividade de medio centenar de
buques galegos. A conselleira de Pesca, Carmen Gallego, tratará este tema co eurocomisario Joe Börg. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 11/06/2006 |
 |
Inmigración
Vigo expulsa medio centenar
Nos primeiros catro meses de 2006, e segundo fontes
policiais, foron expulsados en Vigo uns 50 inmigrantes, principalmente brasileiros. No 2005 o número de
expulsións apenas se achegou ás 75 persoas.
(Fonte: Faro de Vigo).
Galicia
Vigo perde sedes diplomáticas
Con quince consulados, número similar aos existentes
en A Coruña, Vigo ven experimentando unha baixa no número de delegacións estranxeiras, tralo
peche en xaneiro pasado das representacións diplomáticas de Alemania, Uruguai e Brasil, trasladadas
a Santiago. En Vigo só existen actualmente tres consulados “xerais”: Arxentina, Portugal e Venezuela, e
doce “honorarios”: Panamá, Reino Unido, Dinamarca, Francia, Polonia, Ecuador, Noruega, Chile, Finlandia,
Islandia, Suecia e Italia. (Fonte: Faro
de Vigo).
Pesca
Asia domina a pesca conxelada
Segundo estimacións da Asociación de Empresas
Frigoríficas de Pontevedra, entre un 25 e un 30% da pesca conxelada que se achega ao porto de Vigo procede
de China e o sueste asiático, mentres unha proporción similar se exporta cara os mercados de Europa
do Leste, África e América central e do sur.
(Fonte: Faro de Vigo).
Galicia
Grupo de danza a Turquía
O grupo lucense de baile e banda de gaitas “Airiños
de San Xulián” participará nun festival internacional na cidade turca de Yalikavak, que contará
tamén coa presenza de agrupacións de Grecia, Turquía, Alemania e Finlandia. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 10/06/2006 |
 |
Galicia
Nace a Alianza Galega de Emprendedores
Coa presenza do presidente da Xunta, Emilio Pérez
Touriño, o vicepresidente Anxo Quintana, o presidente do PP, Mariano Rajoy e 200 empresarios e figuras políticas
galegas, se inaugurou en Barcelona o principal lobby empresarial galego no mundo, liderado polos empresarios galegos
en Cataluña e o presidente de Filmax, Julio Fernández.
(Fonte: El Correo Gallego).
Galicia
Escándalo pola utilización
de fondos de emerxencia
Segundo denunciou o secretario xeral de Emigración,
Manuel Luís Rodríguez, o anterior goberno galego do PP concedeu no 2005 anticipos de subvencións
por valor de 2,2 millóns de euros, para atender situacións de emerxencia e axuda humanitaria “sen
que ningún destes casos existira esa necesidade”. A denuncia se limita a fondos outorgados a unha romería
en Long Beach (EEUU) e unha celebración en Holguín (Cuba).
(Fonte: Faro de Vigo).
Arxentina
Optimismo ante crise con Uruguai
As autoridades arxentinas se achegaron á Haia
con marcado optimismo de que o Tribunal Internacional paralice as obras das papeleiras que Ence e Botnia esperan
construír na ribeira do río Uruguai, co beneplácito do goberno uruguaio. O Tribunal Internacional
de A Haia ten sesenta días para realizar o veredicto final.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 09/06/2006 |
 |
Galicia
Apoio á Alianza Galega de Emprendedores
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño,
anunciou o seu apoio ao III Gran Encontro de Galegos no Mundo, inaugurado en Barcelona, na que se constituíu
a Alianza Galega de Emprendedores no Mundo, como especie de lobby empresarial galego global. O encontro do 2005
reuniu no Forum de Barcelona a 300.000 persoas.
(Fonte: El Correo Gallego).
Fondo Galego de Cooperación
Santiago e Cabo Verde loitan pola igualdade
No marco das xornadas de sensibilización realizadas
polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sobre os obxectivos do milenio da ONU, tituladas “Voces
de Aquí e de alá, revirando o milenio”, foron invitadas á capital galega a presidenta do Instituto
de Condiçao Femenina de Cabo Verde, Sofía Marques Rodrígues, e Talina Ben´Holiel Pereira
Silva, secretaria do mesmo centro, para a realización dunha conferencia que contou tamén coa participación
da artista galega Ugía Pereira. (Fonte:
El Correo Gallego).
Palestina
Unha copa polos nenos de Gaza
Case 300 pubs, discotecas e bares galegos colaborarán,
por oitavo ano consecutivo, coa ONG “Solidariedade Internacional de Galiza” na actividade Noite Solidaria, unha
iniciativa para financiar un proxecto de atención sanitaria primaria para mulleres e nenos en Nuseirat,
na localidade palestina de Gaza. (Fonte:
www.vieiros.com).
 |
| 08/06/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
Rede Europea de Autoridades Ambientais
A Coruña acolleu a primeira xuntanza fora de
Bruxelas da Rede Europea de Autoridades Ambientais, onde se debateu a participación dos fondos comunitarios
no sector ambiental para o período 2007-2013 e a integración destas políticas en áreas
sectoriais. No encontro estivo presente Georges-Stavros Kremlin, xefe da Unidade de Política de Cohesión
e Evaluacións de Impacto Ambiental da Comisión Europea e coordinador da rede. (Fonte: La Voz de Galicia).
Diáspora
Aumentas as remesas nun 10%
Segundo a Secretaría Xeral de Emigración,
utilizando fontes do Banco de España, as remesas enviadas polos emigrantes alcanzaron uns 3.844 millóns
de euros no 2005, un aumento estimado do 10% co respecto ao ano anterior. Tamén se informou sobre a edición
dunha guía que facilite a información para os envíos de remesas por parte dos inmigrantes
e emigrantes retornados. (Fonte: El Correo
Gallego).
Economía
Perú se interesa no lácteo
galego
A Consellería de Innovación e Industria
precisou que os proxectos de cooperación exterior PIL Perú e ARTE Perú permitirán o
desenvolvemento das poboacións de Lima, Cuzco e Apurimac, así como territorios rurais e indíxenas,
para potenciar o agro e o sector lácteo nese país andino.
(Fonte: El Correo Gallego).
África
Cooperación con Cabo Verde
A directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola
Sotelo, anunciou que a Xunta destinará 250.000 euros para proxectos de cooperación ao desenvolvemento
neste país africano. (Fonte: El Correo
Gallego).
Galicia
Rosalía en ruso
Elena Zernova, profesora do Centro de Estudos Galegos
na Universidade Estatal de San Petersburgo, presentou en Padrón o décimo volume da primeira antoloxía
bilingüe galego-rusa dos poemas de Rosalía de Castro. Zernova explicou que están a elaborar
obras similares de autores galegos como Álvaro Cunqueiro, Vicente Risco, Castelao ou Blanco Amor. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 07/06/2006 |
 |
Fondo Galego de Cooperación
Campaña polo Obxectivos do Milenio
Durante todo o mes de xuño, o Fondo Galego de
Cooperación e Solidariedade realizará unha campaña de sensibilización ao redor dos
obxectivos de Desenvolvemento do Milenio baixo o título “Voces de Aquí e de Alá Revirando
o Milenio”. A campaña, que realizará un itinerario polas principais cidades galegas, iniciándose
en Santiago coa comparecencia de Sofía Marques Rodrigues e Talina Ben'Holiel Pereira Silva, do Instituto
da Condiçao Feminina de Cabo Verde.
(Fonte: www.vieiros.com).
Venezuela
Galicia como referente acuícola
Unha delegación venezolana da Fundación
para a Investigación e o Desenvolvemento da Acuicultura de Venezuela, dirixido por César Lodeiros,
chegará a Vilagarcía de Arousa para visitar empresas e centros tecnolóxicos que permitan potenciar
unha industria acuícola no país suramericano. Segundo Lodeiros, Venezuela está as portas dun
ascensos sostido neste sector, similar ao experimentado anteriormente en Chile. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 06/06/2006 |
 |
Economía
Rías Baixas en México
O Consello Regulador da Denominación de Orixe
Rías Baixas participará na sexta edición de Alimentaria-México, unha das principais
feiras de alimentación e bebida do mercado latinoamericano.
(Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
As metas do mercado ruso
O Fondo de Regulación e Organización do
Mercado dos Produtos da Pesca e Cultivos Mariños, FROM, estará presente por segundo ano consecutivo
na III Feira Seafood Forum en Moscova, centrándose nos desafíos estratéxicos do mercado ruso
para produtos pesqueiros. (Fonte: La Voz
de Galicia).
Unión Europea-Galicia
As empresas galegas no mercado común
Segundo un informe realizado pola secretaría
de Estado de Comercio e Turismo, o Instituto de Comercio Exterior e a CEOE, as empresas galegas posúen unha
notable participación no mercado único europeo, valorado nun 3,6 sobre 5 puntos. Non obstante, resulta
difícil a súa penetración en mercados como Suecia, Gran Bretaña e Francia, países
que xunto a Portugal, Italia e Alemania constitúen os principais importadores de produtos galegos. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 05/06/2006 |
 |
Diáspora
Piden parar redución das pensións
asistenciais
Coa nova regulación das pensións, que
toman en consideración os indicadores socioeconómicos do país de residencia, se asiste a unha
redución do 15% das pensións asistenciais para emigrantes galegos na Arxentina e Uruguai. Dende Bos
Aires e Montevideo, os emigrantes galegos piden ao goberno español a suspensión desta redución. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Galicia
Bruxelas afina as condicións dos
fondos europeos
A partires do 1 de xaneiro de 2007, Galicia seguirá
mantendo o status de rexión máis beneficiada polos fondos estruturais baixo a condición de
destinar un 60% do orzamento na creación de emprego e a mellora da competitividade das súas empresas,
apostando polo I+D e o sistema educativo.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 04/06/2006 |
 |
Cooperación
Formación para funcionarios africanos
A Xunta impartirá na sede do Centro Tecnolóxico
do Mar, CETMAR en Vigo, un seminario de asesoramento pesqueiro para funcionarios e dirixentes dos países
africanos. Este seminario conta coa colaboración da Axencia Española de Cooperación Internacional,
AECI. (Fonte: Faro de Vigo).
Unión Europea-Galicia
Hübner precisa apoio ao AVE Vigo-Porto
A comisaria europea de Política Rexional, Danuta
Hübner, precisou que a liña ferroviaria debería estar concluída no 2013, ano no que se
acaba o actual marco orzamental europeo, como condición para recibir os fondos europeos. Hübner explicou
que o AVE Vigo-Porto se atopa entre os 30 proxectos prioritarios de Bruxelas, así como o Eixo Atlántico
ferroviario entre Vigo e A Coruña, e a comunicación con Madrid. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 03/06/2006 |
 |
Portugal
Caixanova compra industria portista
A entidade bancaria viguesa reforzou a súa participación
no sector vitivinícola de Porto coa compra, valorada en 50 millóns de euros, do grupo Barros, Almeida
& Cía, un dos máis importantes de Portugal.
(Fonte: Faro de Vigo).
Diáspora
A USC forma aos emigrantes retornados
Como parte dun convenio entre a USC e a Fundación
Galicia Emigración, a máxima institución universitaria galega colocará a disposición
dos descendentes de galegos emigrados a América Latina os recursos dos programas de creación de empresas
Uniemprende, aos que poderán acceder os estudantes, recen titulados, investigadores e técnicos en
creación de empresas de universidades latinoamericanas cunha orixe galego. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 02/06/2006 |
 |
República Dominicana
Trampolín para os produtos galegos
O empresario dominicano de orixe galego Mario Pérez
presentará á Xunta un proxecto de investimentos en República Dominicana para aumentar as exportacións
de produtos galegos tanto ao mercado caribeño e centroamericano como a EEUU. No proxecto se contempla a
instalación de tres parques industriais de zoa franca, a cen quilómetros de Santo Domingo, valorado
en 25,4 millóns de euros. (Fonte:
El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Bruxelas modifica normativa no Gran Sol
A Comisión Europea aprobou a modificación
da normativa que prohibía a pesca con rascos e volantas a máis de 200 metros de profundidade ao oeste
de Escocia e Irlanda, os caladoiros do Gran Sol. Desde febreiro pasado, esta medida afectaba a 800 mariñeiros
galegos. (Fonte: Faro de Vigo).
Unión Europea-Galicia
Hübner: “Galicia debe mudar de estratexia”
A comisaria europea de Política Rexional, Danuta
Hübner, declarou en Santiago que a nosa Comunidade deberá calcular as novas oportunidades que se presentan
no futuro e amosou o seu convencemento de que haberá axudas para infraestruturas como o AVE Vigo-Porto,
e unha aposta polo I+D. (Fonte: www.vieiros.com).
Portugal
“Falamos entre nós”
Por terceiro ano, o clube de lectores Biblos organizou
en Braga o encontro “Falamos entre nós”, no que participan escritores galegos e portugueses coa colaboración
do Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Venezuela
Piden explicar os contratos de Navantia
O senador do BNG, Francisco Jorquera, presentou unha
pregunta ao goberno estatal na que instou a que se explicara por qué os barcos contratados a Navantia pola
Armada venezolana se fabricarán integramente en Cádiz e non en Ferrol, tal e como se prometera no
2005. (Fonte: La Voz de Galicia).
Solidariedade
Un hospital en Marrocos
Unha médico santiaguesa, María Teresa
Lord, está implicando aos santiagueses na construción dun hospital na localidade marroquí
de Merzouga, na que tamén colaboran personalidades médicas dende París e Madrid. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 01/06/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
A Xunta reclama o AVE a Europa
Coincidindo coa visita da Comisaria de Política
Rexional da UE, Danuta Hübner, a Santiago, invitada polo presidente da Xunta, o goberno galego trasladará
a súa petición de que o AVE entre Vigo e Porto poida beneficiarse dos fondos europeos para o período
2007-2013. Hübner tamén discutirá a converxencia de Galicia coas principais rexións desenvolvidas
na UE. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz
de Galicia).
Fondo Galego de Cooperación
Manifesto polos Obxectivos do Milenio
Con motivo da Campaña Voces de Aquí e
de Alá Revirando o Milenio que xira ao redor dos oito Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio fixados pola
Asemblea das Nacións Unidas no ano 2000, o Fondo Galego presenta o Manifesto polo necesario cumprimento
de ditos Obxectivos, redactado por Isaac Díaz-Pardo. A presentación terá lugar ao remate da
Asemblea de Xeral de Socios do Fondo Galego.
(Fonte: www.xornal.com).
Pesca
Accidente na Arxentina
Tres mariñeiros do buque pesqueiro galego Vieirasa
III, que estaba fanando a 106 millás náuticas da cidade arxentina de Puerto Deseado, naufragaron
en circunstancias pouco esclarecidas. Dous deles foron rescatados mortos, mentres o terceiro logrou sobrevivir. (Fonte: La Voz de Galicia).
Cuba
Colaboración audiovisual
O Consorcio Audiovisual de Galicia e o Instituto Cubano
del Arte e Industria Cinematográficos asinaron un convenio de colaboración para a futuras actividades
conxuntas, tales como a realización dunha Semana do Cinema Galego en A Habana, a presenza galega no Festival
de Cinema da capital cubana e a posible realización dun I Encontro Galego-Cubano de Produción Audiovisual,
destinado á recuperación do material histórico relacionado coa nosa Comunidade. (Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia
Médicos de todo o mundo
Un total de 39 mulleres e 33 homes de países
de Asia, América Latina e Oriente Medio, completan a súa formación no Complexo Hospitalario
Universitario de Santiago, como parte de convenios de formación con países como Romanía, EEUU,
México ou Palestina. (Fonte: El Correo
Gallego).
Galicia
Faleceu un dos símbolos da emigración
Manuel Anxo Calo Marcote, o emigrante a Suíza
que apareceu cun neno na famosa foto de Manuel Ferrol “O home e o neno”, de 1957, e que deu a volta ao mundo como
imaxe que inmortalizou a emigración, faleceu en Fisterra á idade de oitenta anos. (Fonte: www.vieiros.com).
|