|
 |
| 31/05/2006 |
 |
Galicia
Impartir o galego no estranxeiro
A nova vicerreitora de coordinación
e extensión universitaria e vicerreitora primeira da Universidade Nacional de Educación a Distancia,
UNED, Mercedes Boixareu, destacou que a súa sede en Pontevedra, a traveso do seu centro de idiomas, ten
o interese en aumentar os alumnos que estudan a lingua galega, tanto en España como no estranxeiro, tales
como o centro en Bos Aires. Boixareu afirmou que pedirá axuda á Dirección Xeral de Política
Lingüística da Xunta. (Fonte:
El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Apoio á investigación e
o multilingüismo
Tras unha xuntanza en Bruxelas coa conselleira
de Educación, Laura Sánchez Piñón, o presidente da Comisión de Educación
e Cultura do Parlamento Europeo, Nikolaos Sifunakis, declarou que tanto Galicia como a UE coinciden no seu interese
en promover o desenvolvemento á investigación e o multilingüismo,coa aplicación de cursos
de idiomas e partidas de fondos estruturais europeos para I+D.
(Fonte: El Correo Gallego).
Uruguai
Tabaré confirma plantas de Ence
e Botnia
O presidente uruguaio Tabaré Vazquez
convocou a todas as forzas políticas do seu país para fixar unha posición común no
conflito que mantén con Arxentina pola instalación de dúas fábricas de pasta celulosa
de Ence e Botnia no seu territorio, co cal confirmou a presenza de ambas empresas. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 30/05/2006 |
 |
Portugal
Touriño insiste no AVE Vigo-Porto
Ante os ministros de Asuntos Exteriores
de Portugal, Diego Freitas de Amaral, e España, Miguel Ángel Moratinos, e no marco do Cumio Hispano-Portugués
de Cooperación Transfronteiriza, o presidente da Xunta defendeu a necesidade deste proxecto “para a cohesión
territorial” entre ambos países, que permitiría “un crecemento do 1,5% no PIB da eurorrexión
Galicia-norte de Portugal”. (Fonte: El Correo
Gallego).
Mostra da Oralidade galego-portuguesa
Unha iniciativa da emisora galega “Ponte...nas
ondas!” permitirá a promoción da cultura común galaico-portuguesa na TV lusa, a traveso da
VI Mostra de Oralidade Galego-Portuguesa que se realizará en Porto. (Fonte: www.xornal.com).
Unión Europea-Galicia
Retomarán uso das linguas cooficiais
A mesa do Parlamento europeo reconsiderará
a mediados de xuño a solicitude española de utilizar o galego, euskera e catalán/valenciano
nas comunicacións escritas dos cidadáns. Ata agora, o Consello de Europa, o Comité das Rexións
e a Comisión Europea xa asinaran este acordo con España.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Discriminan á pesca galega
Segundo un informe do Consello Económico
e Social da UE, a flota galega sufre discriminación tanto nos topes concedidos nas capturas como nas restricións
a determinadas áreas de pesca. O informe foi presentado en Santiago por representantes do CES. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 29/05/2006 |
 |
Portugal
Touriño presente en cumio hispano-portugués
O presidente da Xunta participará
en Zamora na xuntanza de constitución da Comisión Hispano-Portuguesa para a Cooperación Transfronteiriza,
na que tamén participarán os presidentes de comunidades autonómicas de Castela e León,
Andalucía e Extremadura. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Unión Europea-Galicia
Galicia, representante educativo
Segundo anunciou a conselleira de Educación
e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, a nosa Comunidade representará
no eido educativo das Comunidades Autónomas no Consello de Ministros da Unión Europea a partir do
1 de xaneiro de 2007. Entre as funcións que supón esta representación figura o asesoramento
en temas educativos autonómicos á ministra de Educación e Cultura, Mercedes Cabrera, de cara
a preparar os Consellos de Ministros europeos e a coordinación das políticas europeas nas Comunidades
Autónomas. (Fonte: www.xornal.com).
 |
| 28/05/2006 |
 |
Economía
As finanzas de Bahrein en mans dun galego
O economista coruñés Iago
del Pozo está encargado dun proxecto para modernizar as finanzas deste emirato petroleiro do Golfo Pérsico
de aproximadamente 700 000 habitantes. O goberno de Bahrein encargou á empresa Soluziona, filial de Unión
Fenosa, a realización deste proxecto.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia
En marcha Encontro de Galegos no Mundo
Barcelona será en xuño a
capital da galeguidade coa celebración do Gran Encontro de Galegos no Mundo Barcelona 2006, promovida pola
Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña, AEGACA, e a Federación de Entidades Culturais
Galegas en Cataluña. O obxectivo se concentra na creación dun lobby que represente e defenda os intereses
galegos no mundo. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 27/05/2006 |
 |
Unión Europea-Pesca
O futuro directo da Axencia Pesqueira
Un holandés ou un polaco será
o próximo director da Axencia Europea de Pesca que comezará a funcionar en Vigo o próximo
mes de xuño. Segundo afirmou o secretario xeral de Pesca, Juan Carlos Martín Fragueiro, o futuro
director deberá acelerar unha ampla axenda de traballo, principalmente pola reforma do edifico da Comandancia
da Mariña de Vigo, sede da futura Axencia.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Venezuela
Asinado acordo con Venezuela
Navantia asinou con responsables da Mariña
venezolana en Puerto Real o acordo de construción de oito patrulleiras para este país latinoamericano.
A pesar das iniciais promesas do goberno de Zapatero, os estaleiros de Ferrolterra non levarán a construción
de ningún deles, a favor das localidades gaditanas de Puerto Real e San Fernando. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 26/05/2006 |
 |
Economía
Acordo con Emiratos Árabes
O grupo lucense Nupel, dedicado á
fabricación de medicamentos e cosmética, asinou un acordo na sede da Deputación de Lugo, co
goberno de Emiratos Árabes Unidos para a construción dunha fábrica de antibióticos
e xenéricos, para a súa distribución por todo Oriente Medio. No acto estiveron presentes o
director xeral do departamento de Economía de Abu Dhabi, o xeque Mohammed Al Qubaisi e o director de negocios
Saleh Al Mansouri. (Fonte: La Voz de Galicia).
A punto a Rede de Empresarios
O IGAPE está ultimando os derradeiros
detalles da Rede Galega de Empresarios, iniciativa concibida para crear un organismo de expansión da empresa
galega a traveso da diáspora. O impulso a esta iniciativa provén de José Ramón Fernández
Alonso, conselleiro de Economía e Facenda, quen xa presentara este proxecto durante unha misión na
Arxentina e Uruguai. (Fonte: El Correo Gallego).
Galicia
Presenta proxecto arqueolóxico
en Siria
A Facultade de Humanidades da Universidade
da Coruña presentou as investigacións realizadas desde o 2004 neste país árabe, relativas
a unha misión arqueolóxica no vale do Éufrates, realizada conxuntamente co ministerio de Cultura
sirio. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Pesca
Galicia como motor europeo
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana,
asegurou durante a feira da industria naval en Vigo, Navalia, que o sector galego posúe a suficiente capacidade
para converterse en líder europeo para o 2008.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 25/05/2006 |
 |
Pesca
Naufraxio mortal no Gran Sol
O naufraxio do barco vigués “Dinish”
nas augas inglesas, a 170 millas das illas Scilly, provocou a morte de tres mariñeiros, un deles galego
e os outros dous africanos, e a desaparición doutros dous, un deles de Marín, segundo informou a
conselleira de Pesca, Carmen Gallego. A maior parte da tripulación era galega. (Fonte: Faro de Vigo).
Cooperación
Docentes estranxeiros visitan Galicia
Un total de 27 profesores de países
latinoamericanos e africanos visitaron colexios da nosa Comunidade dentro dun programa da Axencia Española
de Cooperación Internacional, AECI, coa colaboración da consellería de Educación. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Encontro de Enxeñería Civil
A Fundaçao Antonio Cupertino de
Porto celebrará o III Encontro de Enxeñería Civil Galicia-Norte de Portugal, coa participación
de 200 profesionais de empresas como Endesa ou Unión Fenosa. O tema da auga será a gran protagonista
deste evento, coa participación do vicepresidente do Programa Mundial da Auga da Unesco, Carlos Fernández. (Fonte: La Voz de Galicia).
Venezuela
Navantia substitúe a Ferrol por
Cádiz
A empresa navieira asinará co almirante
venezolano Armando Laguna, os traballos de construción das oito patrulleiras e dous buques civís
nas localidades gaditanas de Porto Real e San Fernando, substituíndo á factoría de Fene-Ferrol,
que queda ao marxe deste contrato, contradicindo a afirmación inicial do goberno de Zapatero. (Fonte: La Voz de Galicia).
EEUU
O IGAPE abre oficina en Nova York
Un Centro de Promoción de Negocios,
inaugurado polo Instituto Galego de Promoción Económica, IGAPE, abriu as súas oficinas na
cidades estadounidense, engadíndose ás existentes en Alemania, Xapón, China e Polonia. (Fonte: La Voz de Galicia).
Solidariedade
Vacacións solidarias
A ONG “Solidariedade Internacional” abriu
para este verán, e por oitavo ano consecutivo, o seu programa de vacacións solidarias en Haití,
República Dominicana, Sáhara, Guatemala, Nicaragua, Ecuador e Honduras. (Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia
Vigo se suma á campaña
mundial pola educación
A concelleira Marta Iglesias confirmou
a inclusión do concello de Vigo na Campaña Mundial pola Educación, na que participan ONGs,
sindicatos, centros escolares e movementos sociais de 150 países.
(Fonte: La Voz de Galicia).
China
Misión empresarial a China
Un total de 16 representantes de empresas
galegas regresaron tras unha prospección do mercado chinés en Beijing e Shanghai. O evento estivo
patrocinado pola Oficina Comercial na capital chinesa e o IGAPE.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 24/05/2006 |
 |
Galicia
Quintana aplaude a independencia de Montenegro
O vicepresidente da Xunta expresou a súa
satisfacción pola independencia de Montenegro co respecto a Serbia, realizada o domingo 21 pola vía
do referendo. Quintana explicou que isto é unha “evidencia de que por vías democráticas se
pode conseguir todo”. (Fonte: El Correo
Gallego).
Venezuela
Asasinado empresario galego
Alfredo Paz Fernández, de 53 anos,
oriúndo de Celanova e emigrante en Venezuela, onde era copropietario dunha plantación de plátanos,
foi secuestrado e asasinado na poboación de Santa Cruz de Aragua, o cal eleva a cinco emigrantes galegos
asasinados no que vai de 2006 en países como México, Colombia, Brasil e Venezuela. (Fonte: El Correo Gallego).
Iraq
Auga para Bagdad
A empresa galega Espina Obras Hidráulicas
asinou un contrato co alcalde e futuro gobernador de Bagdad, Muhan Thalep, valorado en 3,8 millóns de dólares,
para a venda de dez plantas potabilizadoras de auga para a capital deste país árabe. (Fonte: El Correo Gallego).
Prestige
Francia traspasa o caso a Corcubión
A traveso das xestións de Eurojust,
órgano de coordinación xudicial dentro da UE, o Tribunal da cidade francesa de Brest e a Fiscalía
francesa decidiron traspasar ao Xulgado de Instrución nº 1 de Corcubión a causa xudicial polo
accidente do Prestige, tanto a instrución penal como a reclamación civil dos afectados franceses. (Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Proxecto xuvenil transfronteirizo
O programa Mobilitas, iniciativa comunitaria
dentro do Interreg III, e cun orzamento de 617.740 euros con carácter bianual, foi inaugurado por Galicia
e o Norte de Portugal para abrir oficinas culturais en Tui e Braga, activando unha rede de mocidade. O programa
ten o apoio do Instituto Portugués de Xuventude, o Eixo Atlántico, a Fundación Galicia Europa
e a Dirección Xeral de Xuventude.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Cuba
As raíces pontevedresas da cultura
cubana
Segundo o escritor e xornalista cubano
Félix Contreras, a cultura cubana ten fortes raíces en Pontevedra e Galicia, grazas ao que desde
o século XVI e durante os dous séculos posteriores, esta comunidade foi a provincia con maior número
de emigrantes na illa caribeña. “Os primeiros traballadores do sucre viñan principalmente de Pontevedra”,
afirmou Contreras. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Pesca
Proxecto comunitario pesqueiro
Dende a localidade irlandesa de Galway,
a directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, Fátima Linares Cuerpo, participou na
inauguración do II Foro Aquareg, proxecto comunitario de cooperación en materia de pesca e acuicultura,
no que participa conxuntamente coas as rexións de Trondelag, en Noruega, e BMW, en Irlanda. (Fonte: www.xornal.com).
 |
| 23/05/2006 |
 |
Emigración
Elixido presidente da Comisión
dos Emigrantes
O deputado nacionalista Xosé Ramón
Paz Antón foi elixido pola Comisión para o estudo sobre a situación dos emigrantes galegos
como o seu novo presidente. Paz Antón prometeu axilizar asuntos pendentes como a nacionalidade dos netos
de emigrantes ou a aplicación do voto en urna. O ex conselleiro de Emigración Aurelio Miras Portugal,
do PPdG, será o seu secretario. (Fonte:
El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Fracaso consenso no Fondo de Pesca
Os ministros de Pesca da UE non puideron
alcanzar un consenso na concreción do Fondo Europeo da Pesca que financiará as axudas ao sector para
o período 2007-2013. Por outra banda, Bruxelas alcanzou un acordo pesqueiro con Marrocos, do cal Galicia
obtén 17 licencias de pesca no país magrebí.
(Fonte: El Correo Gallego).
EEUU
Delegación empresarial en Vigo
A Confederación de Empresarios
de Pontevedra, a CEOE e a ICEX, organizaron a visita a Vigo dunha delegación empresarial estadounidense,
en sectores como a pedra, a conserva, o peixe e a automoción. Esta delegación manterá encontros
bilaterais con empresas galegas interesadas no mercado norteamericano.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Ames en EEUU
O concello santiagués de Ames ten
52.319 pobos homólogos en EEUU, sendo o primeiro o Ames no estado de Iowa, fundado en 1864. (Fonte: La Voz de Galicia).
Diáspora
Actos en castelán no centro galego
de Rennes
A secretaría xeral de Política
Lingüística informou á poetisa Olga Novo, profesora-bolseira de Lingua e Cultura Galegas na
Universidade bretona de Rennes-2, o peche da subvención anual da Xunta para o próximo curso, valorado
en mais de 6.000 euros, pola realización de conferencias e ciclos de cinema en castelán, en vez de
galego. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 22/05/2006 |
 |
Brasil
Misión empresarial a Sao Paulo
A Cámara de Comercio de Pontevedra
anunciou o envío dunha misión comercial a esta cidade brasileira, coincidindo cunha feira pesqueira
e de acuicultura. Un total de once empresarios forman parte da comitiva. Posteriormente, uns vinte representantes
de compañías brasileiras visitarán Pontevedra.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Espazo cultural galaico-portugués
Unha representación das novas figuras
galegas da pintura, fotografía e os grafittis, amosaron os seus traballos no Espaço de Intervençao
Cultural de Maus Hábitos en Porto, cunha mostra titulada AP9-A3, considerado o “cordón umbilical”
desta manifestación cultural entre os dous países.
(Fonte: www.vieiros.com).
Solidariedade
Café Xusto para Colombia
A ONG pontevedresa Amarante traerá
a Galicia a Ramón Collazos e Hernado Restrepo, presidente da Asociación de produtores de café
de San Isidro e xerente de Expocafé, respectivamente, para explicar a súa loita ante a acción
das multinacionais. Ambos falarán tamén da experiencia do programa de prezo xusto Bó Café. (Fonte: El Correo Gallego).
Francia
Rede francesa de Estudos Galegos
O Centro de Estudos Galegos de París
inaugurará unha Rede Francesa de Estudos Galegos, REFREGA, para federar a todos aqueles que traballan sobre
a temática galega nese país, tanto no ámbito académico como asociativo. Esta primeira
xuntanza contará con participantes de Rennes, Toulouse, Clermont Ferrand, Bessançpn, Lille e París. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 21/05/2006 |
 |
Cuba
Examinarán expedientes de galegos
emigrantes
O Consulado de España en A Habana
examinará durante tres anos uns 20.000 expedientes para posibilitar a nacionalidade dos seus descendentes.
A maioría desta inmigración é de orixe galego, segundo informou Antonio Cougil, presidente
da Federación de Sociedades Gallegas de Cuba.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Solidariedade
Proxecto en Nixeria
Mary Joseph Uzoigwe, misioneira encargada
dun proxecto avalado por Mans Unidas da zoa de Mondoñedo-Ferrol, informou da recepción dos fondos
recadados para iniciar a construción dunha guardería e unha escola de primaria nun pobo dese país
africano. (Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Sergas busca retorno de médicos
galegos
O Servizo Galego de Saúde, Sergas,
publicou no diario Jornal de Portugal un anuncio sobre a derradeira convocatoria de prazas de médicos substitutos
de urxencias, como parte dunha campaña da Consellería de Sanidade para recuperar os médicos
galegos que emigraron a Portugal. (Fonte:
El Correo Gallego).
 |
| 20/05/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
Bruxelas preme por saneamento da ría
de Vigo
A Comisión Europea considera que
para o 2012 debe estar completado o plan de saneamento integral da ría de Vigo, data proposta pola Xunta
para rematar as obras da nova depuradora de augas residuais, caso contrario de recibir unha multa multimillonaria
por incumprir normas europeas sobre calidade das augas mariñas.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Cooperación
Liñas principais da cooperación
internacional
Segundo María del Mar Lado, secretaria
técnica da Coordinadora Galega de Ongs para o Desenvolvemento, diversos representantes de ONGs, a Xunta,
o Ministerio de Asuntos Exteriores, técnicos, xornalistas e empresarios, intentarán fixar as liñas
mestras do programa de cooperación internacional en países en vías de desenvolvemento que
se realicen dende Galicia. (Fonte: La Voz
de Galicia).
 |
| 19/05/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
Renda per capita supera o 75%
Os derradeiros datos do Eurostat consideran
que Galicia roza o 77% da renda media per capita, 1,6 puntos por encima do limite establecido para recibir fondos
europeos. No obstante, polo feito de pecharse as perspectivas financeiras comunitarias con cifras de antes do 2003,
a nosa Comunidade seguirá a beneficiarse dos fondos prioritarios de converxencia. (Fonte: El Correo Gallego).
Bruxelas avala plan para ría de Vigo
A Comisión Europea aprobou un plan
para liberalización do transporte na ría viguesa, presentado polo secretario xeral de Relacións
Exteriores da Xunta, Santiago Gómez-Reino. O Tribunal de Xustiza europeo condenara a España polo
monopolio no transporte de pasaxeiros da ría de Vigo.
(Fonte: El Correo Gallego).
Reconsiderarán o uso do galego
O Parlamento europeo anunciou que reconsiderará
a súa negativa ao uso do galego, euskera e catalán nas institucións comunitarias. Neste debate
se espera que o deputado polaco Janusz Onyzskiewicz mude o seu voto para favorecer o uso das linguas cooficiais. (Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Xuntanza do Foro de Inmigración
O Foro Galego de Inmigración realizará
unha asemblea en Santiago, na que participarán 200 membros de máis de 60 asociacións e entidades
galegas, coa finalidade de ofrecer respostas ás demandas do colectivo inmigrante. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 18/05/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
Piden levantar veto ao uso do galego
A petición española, a presidencia
austríaca rotativa na UE, a traveso do seu secretario de Estado para Asuntos Europeos Hans Winkler, pedirá
á Mesa do Parlamento europeo que reconsidera a súa decisión de vetar o uso do galego, euskera
e catalán nas institucións comunitarias. Winkler confirmou ao presidente do Parlamento europeo, Josep
Borrel, que o Consello Europeo oficializará esta petición.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Alemania
Madeira galega en Alemania
O Instituto Federal Alemán de Estudo
dos Materiais está realizando no seu país e en Ourense unha serie de análises co Centro de
Innovación e Servizos da Madeira para determinar as perspectivas de vida do eucalipto e as súas repercusións
no potencial económico. (Fonte: La
Voz de Galicia).
 |
| 17/05/2006 |
 |
Diáspora
Programa “Aliento” para atender a galegos
maiores de 70
A Xunta inaugurará o programa piloto
“Aliento” en Arxentina e Uruguai para atender no seu domicilio a galegos maiores de 70 anos con limitacións
psicolóxicas. O presidente da Xunta anunciou este programa no acto de recepción institucional aos
162 emigrantes residentes en Venezuela, Brasil, Chile e Arxentina que retornaron a Galicia no marco do programa
“Volver”. (Fonte: El Correo Gallego).
Turismo
Santiago en China
A empresa municipal santiaguesa de Turismo
participa nunhas xornadas de promoción en Shanhai, Cantón e Beijing, organizadas por Turespaña,
para ofrecer o patrimonio cultural santiagués.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 16/05/2006 |
 |
Portugal
Cumio luso-galego do auga
As xornadas sobre a utilización
do auga en Porto reunirán ao Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Demarcación
Galicia e a Ordem de Engenheiros Regiao Norte de Portugal, para tratar a súa importancia enerxética
e o coidado do medio ambiente. (Fonte: El
Correo Gallego).
Cooperación
Formación sindical en Bolivia
e Perú
A directora xeral de Cooperación
Exterior, Fabiola Sotelo, se reunirá na capital boliviana A Paz con responsables do programa Muller e Economía
Informal para acelerar un programa de cooperación sindical con este país e Perú, iniciado
no 2005, cunha achega de 45.000 euros e que conta coa colaboración da Confederación Intersindical
Galega, CIGA, e o Instituto Latinoamericano de Cooperación e Desenvolvemento. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Börg non ven a Galicia
O comisario europeo da Pesca, Joe Börg,
non incluíu a nosa Comunidade na súa xira ibérica que o levará a Cataluña, Asturias,
o País Vasco e Andalucía. Dende Bruxelas se explicou que Börg xa se reunira co sector pesqueiro
galego no 2002. (Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
Plantón galego ao caladoiro mauritano
A Asociación Nacional de Buques
Cefalopoderos, ANACEF, decidiu que a frota galega non retornará ao caladoiro do país africano, tralo
paro biolóxico dun mes de duración, en protesta pola actitude das autoridades mauritanas e a pasividade
da Comisión Europea á hora de acatar o disposto do pacto de pesca. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 15/05/2006 |
 |
Galicia
Día das Letras Galegas en Bruxelas
A capital belga vivirá unha dobre
celebración do Día das Letras Galegas, dedicada a Manuel Lugrís Freire, histórico galeguista,
xurista e poeta, que tivo a honra de funda-lo primeiro xornal integramente en galego na emigración. Esa
vinculación co mundo dos emigrantes é un dos motivos principais que levou un bo número de
galegos que residen en Bruxelas a poñerlle unha énfase especial á celebración do Día
das Letras Galegas deste ano. (Fonte: Axencia
Galega de Noticias, AGN).
Solidariedade
Nenas africanas se operarán en
Galicia
Souhalia, de Marrocos, Jerome, de Madagascar,
e Mariam, de Mauritania, foron recibidos en A Coruña para ser sometidos a operacións de corazón
no hospital Juan Canalejo, grazas ás xestións realizadas pola ONG “Terra de Homes”, coa súa
campaña iniciada en 1995 para curar a rapaces sen recursos.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 14/05/2006 |
 |
Marítima
Liberan barcos galegos apresados en Mauritania
As autoridades do país africanos
liberaron a dous dos catro barcos galegos apresados a finais de abril, segundo informou Francisco Freire, presidente
da Asociación Nacional de Buques Cefalopoderos, ANACEF. Os outros dous buques permanecen no porto de Nuadibú,
pendentes das negociacións entre ambos gobernos.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Economía
Empresa mexicana abre sucursal en Vigo
A empresa azteca Almacén General
de Muebles, abriu a súa filial El Quinto Sol en Vigo, co obxectivo de ingresar no mercado galego e español.
Se trata da primeira empresa de mobles mexicana que se establece na nosa Comunidade. (Fonte: La Voz de Galicia).
Marrocos
Marrocos e os pementos de Padrón
A cidade de Agadir está superando
a Padrón no cultivo dos tradicionais pementos, unha vez diversos empresarios galegos se estableceran alí,
inducidos pola man de obra barata e as vantaxes climáticas.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Fondos europeos para o sector automotriz
O Centro Tecnolóxico de Automoción
de Galicia, CTAG, captará o financiamento de proxectos concibidos no reparto de fondos tecnolóxicos
que, por valor de 2.000 millóns de euros, a UE concederá ao goberno estatal no período 2007-2013.
Estes proxectos están destinados ao desenvolvemento de novas tecnoloxías na seguridade aplicadas
á industria automotriz. (Fonte: La
Voz de Galicia).
 |
| 13/05/2006 |
 |
Arxentina
Vítimas da ditadura narran a súa
experiencia
No marco dun congreso sobre a esquerda
revolucionaria en América Latina, organizado na facultade de Historia da USC, a galega Dionisia López,
de 78 anos, e Sara Méndez, ambas madres de desaparecidos durante a ditadura militar de 1976 na Arxentina,
narraron as súas dramáticas experiencias. López foi integrante do grupo das Madres da Praza
de Maio. (Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
Vigo como autoestrada do mar
O presidente da Autoridade Portuaria,
Abel Caballero, presentou xunto ao cónsul francés Thierry Frayssé e a cónsul honoraria
Lilianne Desclaux, un proxecto para crear unha vía marítima que una os portos de Vigo co francés
de Boulogne-sur-Mer, o noruegués de Drammen e o británico de Sheerness, como motores de comercialización
do pescado e da actividade marítima na eurorrexión e o país galo. (Fonte: La Voz de Galicia).
Diáspora
A emigración, en libro e DVD
A Deputación de Pontevedra promoverá
e editará un libro e DVD coa historia dos centros de emigrantes pontevedreses en Bos Aires e Montevideo,
tralo asinamento realizado cos presidentes dos centros pontevedreses na capital arxentina. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 12/05/2006 |
 |
Xacobeo
Convenio internacional para Camiños
de Europa
O presidente da Federación Galega
de Municipios e Provincias, Xosé Crespo, estivo en Roma para o asinamento dun convenio de ampla participación
internacional no programa europeo “Camiños de Europa”, no que toman parte dez rexións de cincos países,
España, Italia, Suecia, Francia e Portugal.
(Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Baiona busca irmanamento co Algarve
O voceiro de Coalición Miñorana
e edil de Pobos Irmáns, Manuel Vilar Márquez, comezou as xestións para o irmanamento desta
localidade baionesa e dúas localidades portuguesas no Algarve a elixir: Vila do Bispo e Lagos. Ambos con
concellos costeiros de gran proxección, así como existen razóns históricas e xeográficas
para acometer este proxecto. (Fonte: La
Voz de Galicia).
Inmigración
Cidadáns a pleno poder
O secretario xeral de Emigración,
Manuel Luís Rodríguez, anuncio que o Consello Galego de Emigración e a súa secretaría
adiantan un Plan Galego de Inmigración para que se permite aos estranxeiros en Galicia o acceso a condición
de plenos cidadáns, con deberes e dereitos. O plan tamén estipula atencións ao colectivo feminino,
especialmente no sector da prostitución.
(Fonte: www.xornal.com).
Fondo Galego de Cooperación
Gladys Cáceres en Galicia
Como parte dos convenios do Fondo Galego
de Cooperación con Nicaragua, a directora de INPRHU-Somoto, Gladys Cáceres estivo en Galicia presentando
os proxectos de desenvolvemento rural no seu país, financiados e promovidos dende o Fondo Galego.
 |
| 11/05/2006 |
 |
Portugal
Touriño pedirá fondos europeos
para o AVE
O presidente da Xunta pedirá en
xuño, aproveitando a visita a Galicia da comisaria de Política Rexiona, Danuta Hübner, que se
utilicen fondos comunitarios para a financiamento do AVE Vigo-Porto, por consideralo un “proxecto estratéxico
para a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Galicia recibirá fondos para I+D
Segundo anunciou o conselleiro de Economía,
José Ramón Fernández Antonio, a nosa Comunidade recibirá 360 millóns de euros
do Fondo Tecnolóxico para “intentar converxer coa UE”, e, aproximadamente para o 2013, coas comunidades
españolas máis desenvolvidas.
(Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Galicia acolle 40 inmigrantes africanos
A traveso de distintos programas de asistencia
do Goberno central, a Xunta e as ONGs, así como ante a saturación dos albergues das illas Canarios,
a nosa Comunidade acollerá a 40 inmigrantes da África subsahariana, segundo comunicou a Secretaría
Xeral de Emigración e Inmigración.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 10/05/2006 |
 |
Portugal
Pescanova entra no mercado luso
O presidente da marca pesqueira galega,
Manuel Fernández de Souza, se entrevistou co secretario de Estado portugués de Agricultura e Pesca,
Luís Vieira, para anunciar o seu proxecto de producir en Portugal 10.000 toneladas de rodaballo nun prazo
de dous anos, ante a paralización por parte da Xunta da piscifactoría de Touriñán. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Aceleran a depuradora de Vigo
O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel
Vázquez, anunciou que a Xunta presentará en breve un plan a Bruxelas de seis anos para a construción
de dous novas depuradoras de residuos de Vigo e a remodelación doutras catro, a fin de evitar unha multa
semestral de 20 millóns de euros que a UE pode aplicar, trala advertencia realizada no 2001 sobre a mala
calidade das augas viguesas para a cría de moluscos.
(Fonte: El Correo Gallego e Faro de Vigo).
Galicia
Unha alianza global empresarial
A Asociación de Empresarios Galegos
de Cataluña, AEGACAT, e a Federación de Entidades Culturais Galegas de Cataluña, formalizarán
en xuño a creación da Alianza Galega de Emprendedores no Mundo, durante o Gran Encontro de Galegos
do Mundo a celebrarse en Barcelona. Segundo os seus organizadores, o proxecto ten en conta a “articulación
da actividade empresarial, a potenciación de novas oportunidades sociais, culturais e económicas
e a defensa do concepto da galeguidade”.
(Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Galicia presente na Seafood en Bruxelas
Preto de 50 empresas e asociacións
do sector pesqueiro galego participan na XV Edición da Seafood de Bruxelas. O director xeral de Estruturas
e Mercados da Pesca, Manuel Cabirta, inaugurou o Encontro Eurofish 2006, que se celebra no marco da Feira co obxectivo
de potenciar a cooperación económica entre empresas da UE e Latinoamérica. (Fonte: www.xornal.com).
 |
| 09/05/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
Máis Europa para Galicia
Durante un acto conmemorativo do Día
de Europa, Santiago Gómez-Reino, secretario xeral de Relacións Internacionais da Xunta, defendeu
a “vixilancia comunitaria e os fondos europeos” como elemento que permita adecuar a Galicia nos estándares
esixidos “non só na UE senón en calquera sociedade democrática e madura”. (Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
Piden a Bruxelas interceder en crise
con Mauritania
O ministerio de Pesca español solicitou
á Comisión Europea que mobilice aos seus representantes no país africano para premer no desbloqueo
da situación dos catro barcos galegos retidos desde principios de mes por pesca ilegal. As embarcacións
galegas permanecen atracadas no porto de Nuadibú.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Acción Exterior
Alianzas con Venezuela e Cuba
O secretario xeral de Acción Social
do BNG, Bieito Lobeira, sostivo unha xuntanza cos representantes do partido venezolano Patria Para Todos, PPT,
Rafael Antonio Uzcátegui, e do Partido Comunista de Cuba, Darío Machado, para analizar a posibilidade
de cooperación entre o goberno galego e os de Cuba e Venezuela. Lobeira explicou que ve con esperanza a
dinámica política en América Latina, tomando en conta que “se establece unha alternativa á
hexemonía estadounidense”. (Fonte:
El Correo Gallego).
Turismo
Promoción conxunta Santiago, Roma
e Xerusalén
Segundo o concelleiro de Turismo, Francisco
Candela, a Rede de Cidades Santas se consolidará como proxecto de promoción turística e defensa
do patrimonio histórico e artístico de Santiago, Roma e Xerusalén para o período 2007-2013.
Esta declaración se realizou tralo asinamento do proxecto xunto ao alcalde santiagués Xosé
Sánchez Bugallo e o ministro de Industria, Fernando Blanco. Este plan aspira recibir fondos europeos, ademais
da implicación da xestión do Plan Xacobeo.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 08/05/2006 |
 |
Diáspora
Galicia lidera as necesidades da emigración
Segundo datos do Ministerio do Traballo,
os galegos ocupan máis da metade dos 49.583 emigrantes españois que reciben as pensións asistenciais
do goberno central, principalmente as de ancianidade.
(Fonte: Faro de Vigo).
Touriño descoida a Galicia Exterior
No remate da súa xira americana,
o presidente do PPdG, Alberto Núñez Feijoo, recriminou ao presidente da Xunta, Emilio Pérez
Touriño, o “descoñecemento” das necesidade sociais e sanitarias da emigración galega afincada
en Uruguai e Arxentina, principalmente no relativo á caída das pensións que reciben os emigrantes. (Fonte: Faro de Vigo).
A web da diáspora
Desde o 2002 está en funcionamento
o portal Galicia Espallada (www.galespa.com.ar) realizada dende Arxentina, dirixida a todos os emigrantes
galegos asentados neste país. O site conta con 1.200 páxinas que permiten configurar unha ollada
a Galicia e o rescate da súa identidade como nación.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Economía
Caixa Galicia abre en Miami
A entidade financeira galega anunciou
a apertura dunha oficina en Florida, unha máis das sesenta sucursais que pretende abrir este ano, ata completar
800 establecementos. O obxectivo desta apertura é ofrecer os servizos de investimento para a colonia española
e galega en América Latina, esta última estimada en 600.000 persoas. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 07/05/2006 |
 |
Galicia
O Camiño para a Unesco
As comunidades autónomas da cornixa
cantábrica concluíron o informe que presentarán ao Consello do Patrimonio Histórico
de España para conseguir que o Camiño de Santiago que discorre polo norte sexa declarado Patrimonio
da Unesco. (Fonte: La Voz de Galicia).
Cumio internacional en Ourense
Na súa décima edición,
o salón internacional de perruquería Imaxe celebrado en Ourense reuniu a un centenar de especialistas
de España, Portugal, Italia e Paquistán, amosando as súas novas tendencias. Este certame se
consolida como un dos máis importantes da península.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Diáspora
Vigo e o Museo da Emigración
Lois Pérez Leira, autor do libro
“Galegos na Arxentina”, defendeu a sede en Vigo do Museo da Emigración, tomando en conta o recente interese
de Santiago por ocupar este lugar dentro do proxecto de Cidade da Cultura. Pérez Leira, quen presentou o
seu libro, un traballo de documentación con imaxes inéditas de 50 emigrantes galegos neste país
suramericano, considerou que Vigo obtivo o apoio de varios partidos políticos e que este museo “pode constituír
un gran reclamo turístico, como son os museos da emigración en Bos Aires e Nova York”. (Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
Denuncias abusos de Mauritania
A Asociación de Armadores de Marín
denunciou as “irregularidades e abusos” que cometen as autoridades do país africano cara a frota galega
de Marín e Ribeira. O seu presidente, Francisco Teijeira, pediu a intervención da Comisión
Europea para “defender os intereses” destes barcos ante a “indefensión” que padecen. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 06/05/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
Posibles cambios no Fondo Tecnolóxico
O secretario de Estado de Economía,
David Vergara, recoñeceu que Bruxelas considera a posibilidade que modificar o reparto de 2.000 millóns
de euros do Fondo Tecnolóxico da UE, previstos en proxectos de I+D, para as comunidades máis desfavorecidas,
polo que esta medida pode afectar os fondos que recibe Galicia, os cales suman 300 millóns de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).
Pontevedra recibirá fondos ambientais
Dous programas europeos de ámbito
comarcal, desenvolvidos polo Concello pontevedrés, o Proder e o Plan de Dinamización do Produto Turístico,
permitirán ao goberno local financiar sete proxectos medioambientais de revalorización do medio rural.
O orzamento se achega aos 847.000 euros.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Diáspora
Critican recortes de pensións
O presidente do PPdG, Alberto Núñez
Feijoo, pediu un arranxo político que evite, pola vía xudicial, a “discriminación” que supón
o recorte das pensións que perciben os emigrantes, aducindo a súa ilegalidade. Núñez
Feijoo explicou que podería formularse unha impugnación desta medida. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 05/05/2006 |
 |
Diáspora
Feijoo: “Touriño non confía
na emigración”
O presidente do PPdG acusou ao presidente
da Xunta de sentir “unha gran desconfianza cara a colectividade galega no exterior”. Trala súa reunión
co vicepresidente arxentino Daniel Scioli, Feijoo propuxo ao goberno estatal un prazo de 2-3 anos para o acceso
inmediato á nacionalidade española para os fillos de emigrantes. (Fonte: El Correo Gallego).
Material sanitario para a emigración
Arxentina, Brasil, Uruguai, Venezuela
e Cuba son os países en condicións de recibir material tecnolóxico sanitario (escáneres,
máquinas de raios, ecógrafos e mamógrafos) por parte da Xunta para realizar diagnósticos
médicos por imaxes. A Fundación Galicia Emigración realizou un mapa sociosanitario de Iberoamérica,
nos que se inclúen tamén Guatemala, México e Ecuador. (Fonte: El Correo Gallego).
Agricultura
Tarifa única para o sector lácteo
Lídia Senra, secretaria xeral do
Sindicato Labrego Galego, abordou en Cardiff, Gales, xunto a distintas organizacións europeas, os problemas
pola falta de establecemento dun prezo único para a leite e as accións a conseguir por parte deste
sector. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Galicia presente na Feira Internacional
A Federación Galega de Confradías
de Pescadores participará por vez primeira na Feira Internacional de Produtos de Pesca, SEAFOOD, en Bruxelas
a mediados de maio. (Fonte: La Voz de Galicia).
Mauritania retén embarcacións
galegas
Catro cefalopoderos galegos foron retidos
en Nuadibú, Mauritania, á espera de que as autoridades decidan se existiron ou non irregularidades
na captura de polbo en augas do país africano.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 04/05/2006 |
 |
Portugal
Galicia e a Lusofonía
O Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional, Igadi, inaugurou en Vigo o Observatorio Galego da Lusofonía, OGALUS, cunha mesa redonda que contou coa participación
de Miguel Barros, del PSOE, e Camilo Nogueira, do BNG, os cales reflexionaron sobre as oportunidades de Galicia
no mundo lusófono. O acto estivo coordinado polo director do OGALUS, Ângelo Gonçalves.
Galicia
Rías Baixas triunfa en Bruxelas
e Burdeos
Nove viños da denominación
Rías Baixas obtiveron o galardón do concurso mundial de Bruxelas 2006, con tres ouros e cinco pratas,
mentres uns trece caldos foron distinguidos na Challenge International du Vin de Burdeos. (Fonte: La Voz de Galicia).
Uruguai
Sánchez Bugallo en Montevideo
O alcalde santiagués estivo no
Centro Galego de Montevideo, a institución galega máis antiga, departindo cos emigrantes compostelás,
dentro do asinamento dun convenio coa Fundación Amor Ruibal Españois no Mundo, para a elaboración
dun censo de 700 composteláns residentes neste país suramericano. Sánchez Bugallo chegou a
Montevideo procedente de Bos Aires. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Unión Europea-Galicia
A Xunta anima a empresarios para obter
fondos europeos
O conselleiro de Economía, José
Ramón Fernández Antonio, instou ás empresas galegas a presentar proxectos, principalmente
en materia de innovación, que lle permitan alcanzar os fondos comunitarios para o período orzamental
2007-2013. Fernández estivo en Bruxelas reunido con responsables europeos en investigación, desenvolvemento
e política rexional. (Fonte: Faro
de Vigo).
 |
| 03/05/2006 |
 |
Cultura
Gaiteiros en Londres
Dentro do festival londinense de Regent
Street a celebrarse en setembro, un grupo de gaiteiros galegos e asturianos participarán nun evento que
contará coa masiva presenza das comunidades autónomas do Estado español, amosando o mellor
do seu folclore e gastronomía. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Economía
Empresas santiaguesas apuntan ao exterior
A empresa Galician Marne Aquaculture se
acaba de afianzar en Asia, como destino para colocar o seu produto, o abalón ou orella de mar. Outras compañías
santiaguesas como Blu Sens, líder español en vendas de MP3, e Enerdrinks, de bebidas enerxéticas,
están ingresando no competitivo mercado estadounidense.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 02/05/2006 |
 |
Arxentina
Masiva protesta por planta de Ence
Unhas 100.000 persoas manifestaron na
poboación arxentina de Gualeguaychú contra a instalación de dúas plantas da empresa
Ence e a finlandesa Botnia na localidade uruguaia de Frey Bentos, separada desta poboación fronteiriza co
río Uruguai. (Fonte: La Voz de Galicia).
Diáspora
Plan de Internet para a emigración
Á súa chegada a Uruguai,
o presidente do PPdG, Alberto Núñez Feijoo, solicitou á Xunta poñer en marcha unha
plataforma de Internet para permitir aos emigrantes galegos “estar ao día dos asuntos que acontecen en Galicia”.
Explicou que esta foi unha das demandas que lle fixeran os galegos en EEUU, especialmente no relativo a información
de catastros, permisos de conducir ou direccións de concellos para manter ao día as contribucións. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 01/05/2006 |
 |
Diáspora
Embaixadores galegos en EEUU
Como parte da súa xira americana,
o presidente do PPdG, Alberto Núñez Feijoo, invitou a todos os fillos e netos de emigrantes galegos
nese país a exercer de “verdadeiros embaixadores de Galicia en EEUU”, promovendo os seus intereses económicos
e culturais. Núñez Feijoo estivo en Newark, onde se elixiu á pontevedresa Neir Taboada como
presidenta do PP nos EEUU, e avogou pola defensa que fixera o seu partido da dobre nacionalidade ante o goberno
central. (Fonte: La Voz de Galicia).
A lexislatura da Emigración
O secretario xeral de Emigración,
Manuel Luís Rodríguez que a actual lexislatura “vai ser a lexislatura da emigración”, porque
“agora toca facer política de dereitos que preserven a dignidade cidadá”. Rodríguez estivo
en Santa Coloma de Gramanet, nun encontro coa colectividade galega en Cataluña, para promover as bases do
que en agosto será o Plan Estratéxico de Emigración. (Fonte: www.xornal.com).
|