|
 |
| 30/04/2006 |
 |
Europa do Leste
Polacos para o agro galego
Os traballadores estranxeiros están
cotizándose como expertos esquiladores en diversas comarcas galegas. Este gremio organizado dende OVICA,
asociación de criadores, promove a estes traballadores orixinarios de Europa do Leste pero, principalmente,
de Polonia. (Fonte: La Voz de Galicia).
Emigración
Emprendedores retornados
A Fundación Galicia Emigración
e a USC asinarán un protocolo para a colaboración no campo empresarial destinado principalmente aos
emigrantes retornados, incluíndo a participación conxunta en proxectos de formación, actividades
de difusión da cultura emprendedora e asesoramento a emprendedores de carácter internacional para
a creación de empresas. (Fonte: www.xornal.com).
Economía
Inmigrantes cotizando na Seguridade Social
A principios de abril, as estatísticas
amosaban que un total de 30.059 estranxeiros en Galicia cotizaban na Seguridade Social, un 1,71% co respecto ao
nivel estatal, colocando á nosa Comunidade na undécima posición. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 29/04/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
Bruxelas esixe aumento en I+D
A Comisión Europea esixiu ao goberno
español a activación en Investigación, Desenvolvemento tecnolóxico e innovación,
dunha boa parte dos 31.500 millóns de euros que recibirá nos próximos sete anos, a todas as
comunidades con menor desenvolvemento, especialmente Galicia, Andalucía e Castela- A Mancha, as máis
afastadas da renda comunitaria. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Portugal
O fenómeno migratorio portugués
O sindicalista luso Pereira Lemos estivo
en Pontevedra para realizar unha conferencia sobre a realidade inmigratoria portuguesa, principalmente no sector
da construción. Lemos explicou que resulta difícil cuantificar o número de operarios lusos
que traballan en Galicia, xa que “moitos cruzan a fronteira para traballar e logo retornar para durmir en Portugal”. (Fonte: La Voz de Galicia).
Asia
Oportunidades para India e China
Segundo o eurodeputado Emilio Menéndez,
Galicia posúe unha gran cantidade de oportunidades de negocios en India e China, grazas a un mercado que
engloba a 2.300 millóns de consumidores. Menéndez, quen estivo nun curso en Santiago sobre a UE,
explicou que a nosa Comunidade debe aproveitar os recursos financeiros e económicos de Bruxelas para explorar
estes mercados asiáticos. (Fonte:
El Correo Gallego).
 |
| 28/04/2006 |
 |
Polonia
Copian modelo de integración galego
Unha delegación da cidade polaca
de Poznan visitou Santiago para coñecer un modelo de inserción sociolaboral de colectivos desfavorecidos,
como discapacitados e drogodependentes, principalmente da área rural. A delegación polaca devolvía
así a visita realizada por unha comitiva galega ao seu país en novembro pasado. (Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
Demandan revisión de leis de emigración
O secretario xeral de Emigración,
Manuel Luis Rodríguez, participou no Consello Xeral da Emigración en Tenerife cos seus homólogos
de Asturias, Canarias e Andalucía, co compromiso de afrontar as reformas das súas respectivas leis
reguladoras dos deberes e dereitos da cidadanía emigrante, motivadas pola próxima do Estatuto dos
Cidadáns Españois no Exterior.
(Fonte: El Correo Gallego).
Xira por América do Sur
Os alcaldes de Santiago, Xosé Sánchez
Bugallo; Ames, Carlos Fernández; Teo, Armando Blanco; e Brión, Xosé Luis García, viaxarán
a Bos Aires e Montevideo xunto á concelleira de Emigración e Inmigración, Teresa Regúlez,
para conceder axudas aos residentes galegos nestes países. O investimento total se calcula en 24.000 euros. (Fonte: El Correo Gallego).
Galicia
Santiago se une á Fundación
Galicia Emigración
O pleno da corporación aprobou
o ingreso de Santiago ao seu patronato, contando co apoio do PSOE e o BNG e a pesares da negativa do PP, quen consideraba
que a achega santiaguesa non sería máis significativa que a que pode realizar a traveso da súa
concellería de Emigración.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
Pontevedra ofrece mais emprego inmigrante
Segundo un estudo do grupo Adecco, a provincia
de Pontevedra xera o 43,5% do emprego inmigrante en Galicia, superando a A Coruña, dominante nese senctor
ata o 2004. Non obstante, os inmigrantes en Pontevedra só supoñen o 1,9% da poboación desta
provincia. En canto ao perfil do inmigrante en Galicia, se considera varón iberoamericano, de 26 a 35 anos,
con estudos elementais. (Fonte: Faro de
Vigo).
Unión Europea-Galicia
Retomarán defensa das linguas
cooficiais
O goberno estatal recorrerá ao
Tribunal de Xustiza para defender o uso do galego, euskera e catalán, tralo rexeite da Mesa do Parlamento
europeo. A Consellería de Política Lingüística considerou “lamentable e inxusta” esta
decisión da Eurocámara. (Fonte:
La Voz de Galicia).
 |
| 27/04/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
Gómez-Reino representará
a Galicia
O secretario xeral de Relacións
Exteriores da Xunta, Santiago Gómez-Reino, será o responsable de representar a Galicia no LXIV plenario
do Comité das Rexións en Bruxelas, cunha axenda relativa a temas como medio ambiente, migración,
desenvolvemento urbano e emprego. (Fonte:
El Correo Gallego).
Veto ao uso do galego en Bruxelas
A Mesa do Parlamento europeo rexeitou
a petición española do uso do galego, euskera e catalán nas institucións comunitarias
como linguas cooficiais, a pesares do apoio amosado polo presidente da Eurocámara, Josep Borell. Esta iniciativa
queda definitivamente pechada, polo que o goberno español non poderá presentala no futuro. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Instan a eliminar prohibición
no Gran Sol
A Comisión de Pesca do Congreso
decidiu por unanimidade instar a Bruxelas a eliminar a prohibición das artes de enmalle en caladoiros comunitarios
do Gran Sol, en concreto ao oeste de Irlanda e Escocia. Esta medida afecta a 78 embarcacións de capital
galego, varias delas de localidades como Ortegal, A Mariña, Burela e Celeiro. (Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
O énfase na mocidade
Para o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana,
a mocidade constitúe o “batallón básico” na constitución dunha “unidade cultural, social
e de acción política” entre Galicia e Portugal. Quintana subscribiu un convenio co presidente do
Eixo Atlántico do Noroeste peninsular, o alcalde santiagués Xosé Sánchez Bugallo, para
crear un Foro da Mocidade no Eixo Atlántico.
(Fonte: El Correo Gallego).
AVE mixto entre Vigo e Porto
O ministro de Transportes luso, Marion
Lino, se entrevistou en Santiago co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para asegurar a súa
confianza na conexión ferroviaria pero a traveso dun AVE mixto de pasaxeiros e mercancías. Lino explicou
que a data de finalización deste tramo se dará a coñecer a finais de 2006, durante o próximo
Cumio Hispano-Luso. (Fonte: Faro de Vigo).
Encontro luso-galaico de educación
Uns 200 profesores e educadores de Galiza
e Portugal, así como doutros países ibéricos e latinoamericanos, participarán nunha
nova edición do Encontro Galego-Portugués de Educadores/as pola Paz. O debate deste ano esta dedicado
á educación para o desenvolvemento.
(Fonte: www.vieiros.com).
Sáhara
Festa solidaria en Compostela
A Asociación Solidariedade Galega
co Pobo Saharauí organizará unha festa multicultural no concello de Teo, para recadar fondos destinados
a unha caravana solidaria cos saharauís.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 26/04/2006 |
 |
Educación
Guía para o estudante estranxeiro
A Consellería de Educación
publicará a finais de maio a “Guía do estudante estranxeiro no Sistema Universitario de Galicia”,
en tres idiomas: portugués, inglés e francés, segundo comunicou a conselleira Laura Sánchez
Piñón aos membros do Consello Galego de Universidades.
(Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
A xira americana de Núñez
Feijoo
O presidente do PPdG, Alberto Núñez
Feijoo, realizará 25 actos con membros da emigración galega nunha axenda que levará polos
centros galegos de Newark, Nova York, Montevideo e Bos Aires. Nos EEUU, Feijoo participará no primeiro Congreso
do PP nese país, onde se especula co nomeamento dunha galega como presidenta do partido. (Fonte: El Correo Gallego).
Solidariedade
Os nenos e o Sur
Un grupo de escolares de Santiago participaron
nun pleno no palacio de Raxoi para pedir ao tenente de alcalde, Néstor Rego, unha ampliación das
axudas aos países menos desenvolvidos, principalmente para asegurar a educación universal no 2015.
Rego prometeu unha achega orzamental do 8% á Educación Básica. Estes nenos participan na Campaña
Mundial pola Educación, que se está mobilizando en 115 países. No acto participou a cantante
Uxía Senlle. (Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Promoción de Galicia en EEUU
Unha xornada de oportunidades de negocios
en Galicia, celebrada en Madrid, na que participaron 30 empresas estadounidenses, principalmente de California,
permitiu explicar as perspectivas económicas e os instrumentos de apoio con que conta a Xunta para ofrecer
proxectos de investimentos. Nesta xornada participou o conselleiro de Economía, Ramón Fernández
Antonio. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Educación
Vigo acolle proxecto da OCDE
Uns 35 alumnos seleccionados por criterios
estatísticos e matriculados no instituto “O Castro”, iniciaron as probas do “Informe PISA”, que cada tres
anos realiza Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico, OECD, para medir
e comparar o nivel educativo en 50 países, principalmente en lectura, matemáticas e ciencia. (Fonte: Faro de Vigo).
Portugal
Caixa Galicia tamén entra no AVE
Vigo-Porto
Trala oferta realizada por Caixanova,
a entidade Caixa Galicia anunciou por medio do seu presidente José Luis Méndez, que ofrecerá
“apoio económico” para adiantar a construción de infraestruturas para o tren de alta velocidade. (Fonte: La Voz de Galicia).
O galego a e a Lusofonía
A Mesa pola Normalización Lingüística,
dentro da iniciativa da Fundación Vía Galego, presentou un proxecto xa concibido a comezos dos noventa,
que se enfoca na potencialidade do uso do galego para a comunicación con outras comunidades estatais e,
especialmente, cos países que falan portugués.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 25/04/2006 |
 |
Cooperación
Aprobado plan director de cooperación
exterior
Coincidindo coa comparecencia ante o Parlamento
da directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, deputados do PP e o BNG pediron a revisión
de obxectivos para incluír no rango de “preferente” a acción en Arxentina, Uruguai e Venezuela, países
con gran presenza galega. Na votación se accedeu por unanimidade a incluír neste rango a Angola,
Cabo Verde, Guinea Bissau, Mauritania, Mozambique, Namibia, Senegal, Bolivia, Ecuador, Perú, Cuba, República
Dominicana, Haití, Guatemala, O Salvador, Honduras e Nicaragua.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Educación
A USC e o espazo educativo europeo
A adaptación e compatibilidade
das carreiras universitarias dentro da UE será un dos principais retos para Senén Barro, quen renova
a súa candidatura ao reitorado da USC nos próximos catro anos. O obxectivo é alcanzar para
o 2010 a integración no Espazo Europeo de Educación Superior. (Fonte: El Correo Gallego).
Xacobeo
Encontro europeo dos Amigos do Camiño
A cidade de Porto foi escenario do encontro
da Asociación Galega de Amigos do Camiño, que contou coa participación da Asociación
de Amigos do Camiño do Norte de Portugal e a Escola de Formación Profesional de Cles, en Italia.
O encontro foi programado dentro da iniciativa comunitaria europea Gruntving II, pertencente ao programa Sócrates. (Fonte: El Correo Gallego).
Solidariedade
Proxecto vigués para pobo boliviano
O catedrático da universidade de
Vigo, Enrique Orche, desenvolveu xunto a un grupo de expertos iberoamericanos, un proxecto de relocalización
da localidade indíxena boliviana de Chima, a 250 km da capital, A Paz, destruída por un deslizamiento
que deixou setecentos damnificados e un centenar de vítimas.
(Fonte: Faro de Vigo).
Economía
Fadesa construirá complexo en
Marrocos
A inmobiliaria coruñesa construirá
un complexo residencial e turístico de alto nivel en Kabila, unha das zonas exclusivas do país magrebí,
cun investimento total de 150 millóns de euros.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 24/04/2006 |
 |
Inmigración
Escándalo no torneo de fútbol
da inmigración
Unha tángana con feridos e a intervención
policial foi o resultado dun enfrontamento violento entre venezolanos e brasileiros durante a disputa dun partido
na cidade deportiva de A Torre, no marco do mundial da inmigración. (Fonte: La Voz de Galicia).
Ames lidera alumnado inmigrante
O concello santiagués posúe
unha das maiores concentracións de alumnado inmigrante nos seus colexios e institutos, un total de 576 no
2006, un 21% máis que ano anterior. En concellos como Teo, Boqueixón, Vedra e Val do Dubra, a poboación
estudantil inmigrante permaneceu sen variacións.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
Disputa pesqueira entre o Gran Sol e
o goberno
Seis asociacións de armadores de
o Gran Sol impugnaron a orde gobernamental de restrinxir as opcións de capturas dos conxeladores temporais
nas augas da NAFO, para capturar especies no caladoiro de Hatton Bank.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Solidariedade
Axuda sanitaria á Amazonía
brasileira
A fundación viguesa Hilton Álvaerez,
creada no 2002 trala morte deste xoven médico, anunciou a concreción dun proxecto de axuda aos nenos
da Amazonía brasileira no combate da malaria e o Sida. A fundación, declarada pola Xunta de interese
galego, abrirá un centro ambulatorio na localidade de Corumbá. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 23/04/2006 |
 |
Portugal
Caixanova quere financiar o AVE Vigo-Porto
A entidade financeira viguesa estaría
disposta a aportar o seu financiamento para que non experimente retrasos o tren de alta velocidade entre ambas
cidades. O seu método se centraría no adiantamento de capital, estipulado dentro do plan de infraestruturas
elaborado polo goberno central. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Prestige
Rusia confesa descoidos na inspección
O goberno ruso confirmou ante a Xustiza
española que as súas autoridades marítimas non realizaron a inspección dos elementos
estruturais do Prestige, antes de que este partira de San Petersburgo en outubro de 2002 cara o porto de Ventspils,
Letonia. O xulgado de Corcubión xa posúe a documentación procedente da comisión das
autoridades rusas. (Fonte: La Voz de Galicia).
Venezuela
Piden defender dereitos dos españois
Con motivo da aplicación da Lei
de Terras por parte do goberno de Hugo Chávez, o senador socialista ourensá Cándido Rodríguez
Losada, vicepresidente segundo na Comisión de Asuntos Iberoamericanos nesta cámara, pediu ao goberno
de Zapatero que proteste ante Caracas, avogando pola defenda os dereitos e propiedades dos cidadáns españois,
así como o incremento das sedes consulares.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Solidariedade
Xanela Aberta ao Sur
A ONG pontevedresa Amarante celebrou unhas
xornadas de formación para as persoas que se inscribiron no proxecto Xanela Aberta ao Sur, medio centenar
de voluntarios que realizarán labores de solidariedade en Brasil, Ecuador e Nicaragua. Nas xornadas se realizaron
conferencias e charlas sobre a situación socio-política de América Latina, nas que participou
o Igadi. (Fonte: La Voz de Galicia).
Palestina
Poio se solidariza con Belén
O Concello de Poio prestará a súa
axuda á cidade palestina de Belén para levantar a súa economía, debilitada tralo acoso
militar e político israelí coa construción do muro de contención. O concello pontevedrés
colaborará co asfaltado das rúas, a iluminación e a rehabilitación de lugares de interese,
así como a formación artesanal para as mulleres. O alcalde de Belén, Víctor Batareh,
estivo en Poio para a concreción do acordo.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Solidariedade
Cooperación co cacao de Ecuador
A Xunta e a ONG pontevedresa Amarante
se aliaron coa fundación ecuatoriana Maquita para prover de axudas aos campesiños ecuatorianos na
súa produción de cacao, un total de 1.020 persoas que forman parte desta organización. O proxecto
conta coa aprobación da directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, quen visitou en
febreiro pasado a localidade de Esmeraldas nese país andino.
(Fonte: El Correo Gallego).
Emigración
Crece a emigración galega
Os derradeiros datos do Instituto Nacional
de Estatística consideran que o número de traballadores galegos emigrados ao estranxeiro entre os
anos 2000 e 2004 creceu un 68,34%, contabilizando 101.379 persoas. O ano 2002 foi o máis significativo,
con 22.877 traballadores emigrantes. Non obstante, o aumento da inmigración supera estas estatísticas,
cun aumento do 99,69% no derradeiro quinquenio.
(Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 22/04/2006 |
 |
Galicia
Contradicións ante o significado
de “galego”
Segundo testemuñas de lingüístas
e españois residentes en países como Costa Rica e O Salvador, a palabra “galego” non ten un uso despectivo,
tal e como considerara a Real Academia Española. Na derradeira acepción da RAE, se utilizaba os termos
“tonto” e “tartamudo” nestes dous países.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Fondo Audiovisual da Lusofonía
O presidente da Xunta, Emilio Pérez
Touriño, amosou o seu apoio á creación do Fondo Audiovisual da Lusofonía, por parte
da Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela, e que contará con 300 títulos de Brasil,
Mozambique, Angola, Portugal e a participación de produtores galegos. A inauguración deste centro
foi con motivo do VII Congreso da Federación Lusófona de Comunicación. (Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
Alianza estratéxica da flota galega
O clúster de empresas pesqueiras
españolas, do cal un 70% do capital é vigués está a desenvolver un lobby xunto a Portugal,
Italia, Polonia e os países bálticos, para posuír peso específico dentro da UE. En
principio, ao clúster español poderían engadirse unhas 8 compañías de cada un
destes países. (Fonte: La Voz de
Galicia).
Unión Europea-Pesca
Fondos Feder para investimentos pesqueiros
A Autoridade Portuaria de Vigo solicitará
a Bruxelas, a traveso dos fondos Feder, máis do 40% do plan de financiamento a medio prazo, con axuda comunitaria,
para abordar o proxecto de investimentos máis ambiciosos deste organismo, valorado nuns 100 millóns
de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 21/04/2006 |
 |
Emigración
Artellar unha política emigratoria
O secretario xeral de Emigración,
Manuel Luis Rodríguez, iniciou unha serie de xuntanzas con representantes de Asturias, Canarias e Andalucía
para preparar o Consello Xeral da Emigración, o cal pretende propiciar unha serie de reformas ás
leis autonómicas que regulen os deberes e dereitos dos cidadáns no exterior. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Se entrega armador ribeirense en EEUU
O armador Antonio Vidal Prego, propietario
do barco “Galaecia”, acusado de intentar vender ilegalmente toneladas de merluza negra en EEUU, se entregou ás
autoridades dese país. Vidal Prego estaba sendo buscado pola Interpol e pode ser penado a 35 anos de cárcere,
así como unha multa de medio millón de dólares.
(Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
O factor feminino domina inmigración
en A Coruña
Segundo a subdelegada do goberno de A
Coruña, Obdulia Taboadela, un total de 17.355 inmigrantes habitan na provincia, sendo as mulleres a maioría
desta comunidade. Os países de orixe desta inmigración son, principalmente, Colombia, Brasil e Portugal.
Dentro do proceso de regularización, un total de 1.887 estranxeiros lograron a súa legalización
no 2005. (Fonte: La Voz de Galicia).
Cultura
Galicia presenta na feira do libro en
Bos Aires
A creación editorial e literaria
galega estivo presente na XXXII Feira do Libro na capital arxentina, o principal evento deste tipo no mundo de
fala hispana. A presenza dun stand galego foi iniciativa da Consellería de Cultura e Deporte e contou coa
participación de Luis Bará, director xeral de Creación e Difusión Cultural. (Fonte: www.vieiros.com).
Animación galega como referente europeo
A Xunta está impulsando á
industria galega da animación como un sector estratéxico que poida converterse nun referente en España
e Europa, utilizando novas tecnoloxías audiovisuais. O director xeral de Comunicación Audiovisual
da Xunta, Manuel J. Fernández Iglesias realizou esta declaración no marco da IV edición dos
cursos especializados Cartoon Master Future, organizados en Vigo pola Asociación Europea de Animación
Cartoon e o programa MEDIA da UE. (Fonte:
Faro de Vigo).
 |
| 20/04/2006 |
 |
Galicia
Piden eliminar termos ofensivos ao galego
O presidente da Real Academia Galega,
Xosé Ramón Barreiro, amosou a súa conformidade en tomar medidas para eliminar os termos ofensivos
sobre a definición de “galego”, recollidos no novo Dicionario da Real Academia Española. Anteriormente,
o BNG pedira a depuración destes termos, nos que se inclúen definicións como “tonto” e “tartamudo”
en países como Costa Rica e O Salvador.
(Fonte: Faro de Vigo).
Diáspora
Avogan pola modernización dos
centros galegos
O conselleiro de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, avogou pola modernización do réxime
de axudas aos centros galegos no exterior, dentro da política de transparencia das administracións
públicas do Goberno. Méndez Romeu indicou que os recursos da Secretaría de Emigración
medraron en 2006 un 6,2% con respecto ao ano anterior e reafirmou a importancia do Plano Estratéxico da
Política de Emigración para 2006-2008 como órgano principal para artellar estas medidas. (Fonte: www.xornal.com).
Economía
As oportunidades para India e Galicia
No marco das xornadas de negocios e investimentos no Club Financeiro de Vigo, a embaixadora do país asiático,
Sryankanthi Tripathi, explicou que os principais motores da economía do seu país son sectores considerados
como primordiais para a economía galega, tales como o naval, a pesca e a automoción, polo que existe
unha gran compatibilidade para a realización de negocios.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Uruguai
Seminarios de cooperación
A universidade de A Coruña e a
Corporación Caixa Galicia realizarán en maio unha serie de seminarios con empresas e universidades
do país suramericano, en áreas de cooperación económica e educativa. (Fonte: La Voz de Galicia).
Arxentina
A importancia da “quinta provincia”
Os concellos de Santiago e Ordes iniciaron
contactos con centros e organismos do país suramericano para facilitar a integración dos inmigrantes
e emigrantes retornados dese país en Galicia. Unha delegación destes concellos estiveron once días
nese país para asistir a múltiples actos da comunidade emigrante. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 19/04/2006 |
 |
Emigración
Descenso de retornados a Galicia
Un informe do Centro de Atención
ao Emigrante da UXT en Ourense afirma que no 2004 retornaron a Galicia 6.772 emigrantes, fronte aos 7.631 de 2003
e 8.435 de 2002, un descenso de case 1.000 persoas anuais. A recuperación económica en países
como Arxentina propiciou esta tendencia, aínda que se espera que a crise venezolana obrigue a un novo aumento
nos próximos anos. (Fonte: La Voz
de Galicia).
Unión Europea-Galicia
BNG reclama revisión de acordo
sobre Fene
O deputado nacionalista Francisco Jorquera
reclamou “unha inmediata revisión” do acordo do goberno coa UE, “co obxectivo de acabar coa situación
discriminatoria co respecto ao estaleiro de Fene” sobre a construción naval civil. Jorquera recordou que
a integración de Fene en Navantia permitiu a Bruxelas limitar un 20% da facturación total dos contratos
civís subscritos. (Fonte: La Voz
de Galicia).
Galicia
Unha francesa gaña concurso literario
A escritora francesa Anna Gavalda recolleu
en Compostela o Premio de Novela Europea Casino, na súa terceira edición, pola súa obra “Xuntos
nada mais”. Esta novela premiada foi traducida ao galego pola editorial Galaxia. (Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Fadesa construirá en París
Un proxecto de vivendas e oficinas na
localidade parísena de Massy, valorado en 213,5 millóns de euros, será desenvolvido pola inmobiliaria
coruñesa en asociación coa compañía de investimentos internacional Colony Capital.
Fadesa realizará este investimento a traveso da súa filial francesa Financière Rive Gauche
para os próximos cinco anos. (Fonte:
La Voz de Galicia).
 |
| 18/04/2006 |
 |
Inmigración
Integración para a muller inmigrante
O concello de Santiago, coa colaboración
de Cruz Vermella, financiará un proxecto de integración sociocultural, valorado en seis mil euros,
dirixido ás mulleres inmigrantes.
(Fonte: El Correo Gallego).
Cultura
Compostela se consolida en Brasil
Grazas ao encontro intercultural en Niteroi,
Brasil, o edil de Cultura do concello santiagués, Néstor Rego, cualificou de “moi positiva” a participación
de Compostela, a traveso de a exposición fotográfica de Xurxo Lobato e a representación de
Uxía Senlle, os cales expresaron a particular cultura e música de Galicia no país suramericano. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
O tema saharauí afecta acordo
pesqueiro
O recen asinado acordo pesqueiro entre
Marrocos e a UE, sumamente importante para a pesca galega, pode sufrir unha severa ruptura ante a inclusión,
por parte dunha consultora xurídica da Comisión Europea, da cuestión do Sáhara Occidental
e a legalidade de pescar nas augas marroquís incluídas no territorio saharauí. O goberno de
Rabat amosa a súa irritación polo que se considera como a primeira vez que se inclúe a problemática
saharauí nunha negociación pesqueira.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia
Pérez Esquivel en Pontevedra
O Premio Nobel da Paz, o arxentino Adolfo
Pérez Esquivel, participou na Semana de Filosofía en Pontevedra, onde aludiu ao conflito que está
a vivir o seu país con veciño Uruguai pola plante de celulosa de Ence. Pérez Esquivel falou
da súa inclusión como mediador, aínda que considerou que o seu papel non é tan relevante
para a resolución da crise. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Solidariedade
Unha reflexión sobre o Terceiro
Mundo
O presidente da Xunta, Emilio Pérez
Touriño, e a directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, inauguraron en Santiago as
I Xornadas de Cooperación e Comunicación Social, un foro dirixido ás ONGs e medios informativos,
cuxo obxectivo se localiza na atención das noticias sobre o Terceiro Mundo nos medios de comunicación
galegos. (Fonte: El Progreso).
Consello Galego de Cooperación
A secretaria de Estado de Cooperación,
Leire Pajín, e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, inauguraron en Santiago un Consello
Galego extraordinario de Cooperación, xuntanza na cal participaron o Fondo Galego de Cooperación
Internacional, a Xunta, as tres universidades galegas, os sindicatos e a Coordinadora Galega de ONGs.
 |
| 17/04/2006 |
 |
Marítima
Canadá supera a Galicia en biotoxinas
mariñas
A pesar de posuír excelentes métodos
de detección de mareas vermellas, a nosa Comunidade manifesta un descendo en canto ás investigacións
sobre biotoxinas mariñas, campo no cal Canadá amosa a súa superioridade mundial. Velaí
a dependencia galega das investigacións canadenses neste sector.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Solidariedade
Impulso á cooperación exterior
Segundo Fabiola Sotelo, directora xeral
de Cooperación Exterior, Galicia espera alcanzar o 0,4% do PIB en programas de axuda no exterior, augurando
que nun mes o Parlamento galego aprobará o Plan Director de Cooperación Exterior 2006-2009. Sotelo
destacou a iniciativa da Xunta de incrementar o orzamento nos próximo catro anos para a loita contra a pobreza. (Fonte: El Correo Gallego).
Cultura
Filme galego premiado en Belgrado
No marco do Festival de Cinema Documental
celebrado na capital serbia, o longometraxe galego “La casa de mi abuela”, dirixido por Adán Aliaga e producido
pola empresa coruñesa Ignacio Benedeti Cinema, obtivo o Gran Premio deste certamen. (Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia
Ortega e a financeira suíza
Amancio Ortega, considerado pola revista
Forbes como un dos homes máis ricos do mundo, depositou na sociedade financeira suíza Keblar a xestión
dunha parte do seu patrimonio, nun total de 500 millóns de dólares. (Fonte: www.xornal.com).
 |
| 16/04/2006 |
 |
Solidariedade
Escola coruñesa para Senegal
A localidade senegalesa de Yoff levantou
a escola infantil Coruña, grazas a unha comisión enviada por diversas organizacións coruñesas,
no marco do proxecto “Aventura Solidaria Coruña-Dakar”.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Pesca
Bruxelas levanta veda no Gran Sol
Os armadores e pescadores galegos que
fanaban no caladoiro do Gran Sol se beneficiarán dunha decisión da Comisión Europea de Pesca
de levantar parcialmente a veda. A prohibición se focalizaba nun informe realizando dende Noruega e que
afectaba aos armadores galegos. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Unión Europea-Ambiente
As Pontes, o mais contaminado
Segundo un informe da consultora británica
EMRC, a central térmica de As Pontes en A Coruña é o “maior foco emisor de toda a Unión
Europea que maiores danos provoca á saúde por emisións de dióxido de azofra e de nitróxeno”,
cun total de 1.800 mortes anuais. Pola súa banda, a central térmica de Meirama ocupa o lugar 24 entre
os maiores contaminantes da UE, incluída Suíza e Noruega.
(Fonte: Faro de Vigo).
Portugal
Hospital para atender pacientes lusos
Dentro dun plan estratéxico vigués,
se incluirá atención sanitaria a 25 localidades do norte de Portugal, das comarcas de Minho, Lima
e Cávado, cunha poboación superior ao millón de habitantes. Se estipula tamén a construción
dun gran hospital de terceiro nivel. (Fonte:
Faro de Vigo).
Galicia
Menos matrimonios mixtos
Galicia é a comunidade na que se
rexistrou o menor número de matrimonios entre estranxeiros e españois durante o 2005, cun total de
121 enlaces. Madrid, Cataluña, Castela e León, Castela A Mancha e a Comunidade Valenciana lideran
estas estatísticas. (Fonte: Faro
de Vigo).
 |
| 15/04/2006 |
 |
Galicia
Unha ollada a Australia
O departamento de Filoloxía da
Universidade de A Coruña organizará en outubro un congreso internacional no que se analizarán
as relacións entre Galicia e Australia. Neste evento colaborarán a embaixada do país oceánico,
as universidades australianas de LaTrobe e Queensland, así como a Xunta, a Deputación e os concellos
de A Coruña e Tui. (Fonte: La Voz
de Galicia).
Diáspora
Núñez Feijoo a Uruguai
e Arxentina
O presidente do PPdG iniciará en
maio unha xira por América do Sur, para reunirse cos emigrantes galegos e os dirixentes do PP nestes dous
países que albergan a maior comunidade da diáspora. Antes de iniciar este periplo, Núñez
Feijoo asistirá ao congreso do PP en Estados Unidos, a celebrarse en Nova York. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 14/04/2006 |
 |
Sucesos
Captura a torturadores de Gude
Axentes da Dirección de Investigación
Criminal, Dirincri, da policía nacional peruanoa, capturaron a Tomás Moreno Carranza, coñecido
como “la Bestia”, e a José Manuel Gómez García, o “Chino Gómez”, membros da banda que
secuestrou ao armador de Ribeira, Andrés Gude González, así como dunha das bandas máis
sanguinarias do país andino. Ambos foron responsables das torturas inflixidas ao empresario galego. (Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
Terra de Acollida volve a funcionar
O ONG ourensá “Galicia Terra de
Acollida” volveu a abrir un servizo telefónico solidario para que os inmigrantes con escasos recursos teñan
a oportunidade de comunicarse cos seus familiares no seu país de orixe. O servizo se realiza tres veces
por semana. (Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia
National Geographic e o Apóstolo
Un reportaxe da célebre asociación
británica cuestiona a autenticidade da presenza dos restos do Apóstolo Santiago en Galicia. O canal
televisivo da National Geographiv considera que existen dúbidas sobre o seu traslado do seu corpo dende
Xerusalén ata Santiago. (Fonte: La
Voz de Galicia).
 |
| 13/04/2006 |
 |
Diáspora
Partidos galegos defenden a nacionalidade
para os netos
As tres principais formacións políticas
de Galicia defenderon a supresión dos obstáculos legais para facilitar o recoñecemento da
nacionalidade española para todos os netos de emigrantes, en contra do rexeite realizado en Uruguai polo
ministro de Traballo, Jesús Caldera. Pola súa banda, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño,
anunciou que abrirá en Bos Aires a primeira delegación da Xunta no exterior. (Fonte: La Voz de Galicia).
Palestina
Galegos con Mahmoud Darwish
O poeta palestino foi premiado con título
Poeta Galego Universal pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Marwish estivo nun coloquio en Santiago,
xunto a intelectuais e produtores galegos.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Galicia
Touriño critica “falta de protagonismo”
galego
O presidente da Xunta considerou que Galicia
queda ausente dos foros de decisión dos principais asuntos europeos. Dos 136 comités consultivos,
organismos que asesoran á Comisión Europea, Galicia só está presente en tres, resaltando
a Pesca. Touriño realizou a súa intervención durante a presentación dos novos obxectivos
da Fundación Galicia-Europa. (Fonte:
Faro de Vigo).
 |
| 12/04/2006 |
 |
Diáspora
Puxan pola nacionalidade para os netos
de emigrantes
A pesar do rexeite outorgado polo ministro
de Traballo e Asuntos Sociais, Jesús Caldera, en Uruguai, para os visados de nacionalidade aos netos de
emigrantes galegos e españois, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou que non
renunciarán a un visado especial para conseguir que a nova lei do Estatuto de Cidadáns Españois
no Estranxeiro recoñeza de forma automática a nacionalidade aos netos descendentes de galegos. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Galicia
Presedo dirixirá informe sobre
a enerxía
O eurodeputado galego do grupo socialista,
Antolín Sánchez Presedo, será o encargado de dirixir un proxecto comunitario sobre a enerxía
que abrirá novas expectativas sobre os futuros proxectos en gasodutos e gas licuado, de especial interese
para Galicia pola presenza da súa refinería en Mugardos. Este documento se discutirá ante
a Comisión de Comercio Internacional en Bruxelas.
(Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Aumentan nenos inmigrantes
O servizo e Neonatoloxía do Hospital
Teresa Herrera de A Coruña certificou que un de cada cinco nenos nados neste recinto son fillos de inmigrantes,
especialmente suramericanos, marroquís, rómanos e de Europa do Leste. (Fonte: La Voz de Galicia).
Turismo
Experiencias turísticas internacionais
O II Congreso de Comunidades Costeiras
en Muros acollerá a representantes de comunidades costeiras de Gales, Canadá e Noruega, para estudar
a compatibilidade entre o desenvolvemento turístico e actividades tradicionais como a pesca, o marisqueo
e a conserveira. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
O arte luso-galaico en Oroso
A localidade de Sigüeiro acolleu
unha exposición de pintura, escultura, gravado e fotografía, coas mellores obras de artistas portugueses
e galegos dentro da mostra “Expresións”, organizada pola Xunta. Noutra perspectiva, o Consello da Cultura
Galega organizará un encontro interactivo de blogs entre Galicia e Portugal. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).
 |
| 11/04/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
Aprazan o debate para o uso do galego
Segundo confirmara en Luxemburgo o secretario
de Estado para Asuntos Europeos, Alberto Navarro, o goberno español aprazou ata o ano 2007 a súa
petición para que os eurodeputados galegos poidan utilizar a súa lingua nas xuntanzas plenarias nas
comisións e o Parlamento europeo. O pasado mes de marzo, a Mesa do Parlamento xa rexeitara a proposta española
de dotar ao galego, o catalán e o euskera certo status de cooficialidade no Consello Europeo e o Comité
das Rexións. (Fonte: La Voz de Galicia).
Piden moratoria pola ría viguesa
A Xunta solicitou ante a Comisión
Europea unha moratoria para poder cumprir a sentenza do Tribunal de Xustiza sobre o proceso de liberalización
do transporte na ría de Vigo. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Diáspora
Galicia domina as pensións por
ancianidade
Segundo datos do ministerio de Traballo,
no primeiro trimestre de 2006, máis da metade (21.197 dun total de 49.583) das pensións asistenciais
por ancianidade para emigrantes españois no estranxeiro corresponderon a persoas de orixe galego. A maioría
dos beneficiarios viven en Venezuela, Arxentina, Brasil e Uruguai.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Amplían o Fogar Español en
Montevideo
A coruñesa Dolores Lozano, de 94
anos e con 80 de residencia na capital uruguaia, axudou ao ministro de Traballo, Jesús Caldera, na colocación
da primeira pedra da ampliación do Fogar Español de Montevideo, a primeira e única residencia
de anciáns españois no exterior, de máis dun século de antigüidade. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Noruega impón multa a pesqueiro
galego
Un tribunal do país nórdico
impuxo unha multa de 1,6 millóns de euros ao pesqueiro vigués “Monte Meixueiro”, por pescar ilegalmente
nas augas das illas Svalbard, no océano Atlántico. En novembro pasado, as autoridades noruegas xa
arrestaran a este pesqueiro e o “Garoya Segundo”, por pescar nestas augas. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 10/04/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
Piden negociar a cota láctea
O conselleiro de Medio Rural, Alfredo
Suárez Canal, reclamou á Xunta que negocie con Bruxelas a cota láctea e a aplicación
en Galicia das Políticas Agrarias Comúns, PAC, se o Plan de reestruturación do sector é
aprobado cos criterios do ministerio de Agricultura.
(Fonte: Faro de Vigo).
Diáspora
Aumento das pensións asistenciais
O goberno estatal acordou dobrar as pensións
asistenciais a 20.000 emigrantes maiores de 65 anos, tralo anuncio realizado polo ministro do Traballo, Jesús
Caldera, en Bos Aires. Anteriormente, Caldera estivera en Caracas, reuníndose coa diáspora. Sobre
o dereito de nacionalidade para os netos de inmigrantes, Caldera explicou que, aínda que a lei española
se amosa “xenerosa”, non se debe outorgar a nacionalidade “indiscriminadamente”. (Fonte: El Correo Gallego).
Sucesos
Atopan vivo a galego secuestrado en Perú
O galego Andrés Gude González,
secuestrado durante dúas semanas no país andino, foi liberado nunha rúa de Lima, capital dese
país, con dúas feridas de bala no seu ombro, amordazado e sedado. Os supostos secuestradores xa foron
identificados polas autoridades policiais. As investigacións consideran que a familia de Gude podería
haber pagado o rescate. (Fonte: El Correo
Gallego).
 |
| 09/04/2006 |
 |
Sucesos
Cerca da pista de Andrés Gude
As autoridades policiais peruanas intensifican
as labores de búsqueda para atopar ao armador de Ribeira Andres Gude González, secuestrado en Perú.
A División Antisecuestros, DIVISE, despregou forzas policiais por toda a capital peruana, tomando en conta
que a liberación dunha parella secuestrada permite a estes organismos enfocar toda a súa atención
no “caso Gude”. (Fonte: La Voz de Galicia).
Brasil
Gilberto Gil homenaxea a Galicia
No marco da inauguración do evento
“Niteroi: Encontro con España”, o popular músico e ministro de Cultura brasileiro, fixo unha mención
especial a Galicia, en presenza do concelleiro santiagués Néstor Rego. (Fonte: La Voz de Galicia).
Palestina
Embaixador palestino en Santiago
Musa Amero Odeh, embaixador palestino
en España, elixiu Galicia como a primeira comunidade autónoma para expresar o seu desexo de que a
UE siga ofrecendo a súa axuda económica ao pobo palestino, “porque este non ten a culpa da vitoria
de Hamas nas derradeiras eleccións”. Odeh estivo reunido co presidente da Xunta, e aproveitou unha invitación
da Fundación Araguaney para explicar “a gravidade da situación en Palestina”. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 08/04/2006 |
 |
Inmigración
A Cruz Vermella facilita a integración
social
O Plan de Emprego 2006, coa iniciativa
de Empresa Aberta de Cruz Vermella, pretende facilitar a incorporación laboral das persoas inmigrantes en
igualdade de condicións coas firmas galegas, así como axudas e cursos de formación. En A Coruña,
197 empresas xa pediron traballadores estranxeiros por medio deste organismo. (Fonte: La Voz de Galicia).
Economía
Francia lidera as exportacións
pontevedresas
Segundo datos da Cámara de Comercio,
un 50% das vendas exteriores da economía pontevedresa se dirixen a Francia, cun valor estimado en 3.337
millóns de euros dos 6.340 millóns de exportacións no 2005. Portugal segue na lista, con 964
millóns de euros. O maior produto de exportación son automóbiles, principalmente da factoría
viguesa de PSA Peugeot Citroën. (Fonte:
La Voz de Galicia).
A importancia do mercado indio
O Club Financeiro de Vigo analizará
a mediados de abril as oportunidades de negocio para a empresa galega na India, que con máis de mil millóns
de habitantes será xunto a China unha das puntas de lanza da economía mundial. (Fonte: Faro de Vigo).
Galicia
Pecharán o consulado uruguaio
A representación consular da República
Oriental de Uruguai en Vigo, unha das máis antigas da cidade, pechará as súas oficinas, trala
recente apertura dun consulado dese país en Santiago. Anteriormente se pecharan as representacións
de Brasil e Alemania. (Fonte: La Voz de
Galicia).
 |
| 07/04/2006 |
 |
Diáspora
Piden equidade na petición de
nacionalidade
O voceiro de Emigración do Grupo
Popular, José Manuel Castelao Bragaña, pediu ao goberno estatal, durante unha comparecencia ante
o Congreso dos Deputados, que dispense un trato equitativo aos emigrantes e inmigrantes no acceso á nacionalidade. (Fonte: El Correo Gallego).
Galicia
As polémicas definicións
do galego
Na vixésima segunda edición
do Dicionario da Real Academia Española se inclúen como quinta e sexta definicións da palabra
“galego”, as de “tonto” e “tartamudo”, respectivamente, tomando en conta que estas definicións se utilizan
en países como Costa Rica e O Salvador. Unha iniciativa do deputado do BNG no Parlamento galego, Bieito
Lobeira, criticou estas definicións polo seu carácter ofensivo e discriminatorio. (Fonte: La Voz de Galicia).
Nace na rede o sitio punto.gal
A Asociación PuntoGal acaba de
constituírse en Santiago como o primeiro paso para a consecución do dominio .gal coma un espazo propio
para lingua e a cultura galegas en internet. Este colectivo convidou a cidadáns, asociacións, institucións
e grupos diversos a unírense á plataforma para avalar a petición diante da Internet Corporation
for Assigned Names and Numbers, organismo internacional que decide sobre a solicitude. (Fonte: www.vieiros.com).
Unión Europea-Pesca
A Xunta espera levantar multa europea
O goberno galego enviou a Bruxelas unha
iniciativa para levantar a multa imposta pola UE desde decembro, relativa á contaminación da ría
de Vigo. Este plan terá dúas actuacións: saneamento con investimentos por valor de 125 millóns
de euros e a construción dunha nova depuradora, sen orzamento definitivo, cun custe entre 190 e 250 millóns
de euros. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 06/04/2006 |
 |
Diáspora
Nacionalidade para os netos de emigrantes
O secretario xeral de Presidencia da Xunta,
Gumersindo Guinarte, defendeu ante o Congreso dos Deputados en Madrid o Estatuto dos Cidadáns Españois
no Exterior, actualmente en trámite, o cal estipula o recoñecemento da nacionalidade aos netos dos
emigrantes. Do mesmo xeito, Guinarte propuxo a posibilidade da representación política dos españois
residentes no exterior. (Fonte: El Correo
Gallego).
Turismo
Santiago acolle un 40% de turistas estranxeiros
O concelleiro de Turismo, Francisco Candela,
e o responsable do Observatorio Turístico, Santos Solla, presentaron os resultados do estudo realizado sobre
a oferta turística de Santiago no 2005. Se considera que os estranxeiros supoñen o 40% dos turistas
foráneos que se achegan a Galicia, principalmente dende Portugal, Francia, Alemania, Italia e Gran Bretaña. (Fonte: El Correo Gallego).
O soño galego en Nova York
Co slogan “Soñando con Galicia.
El sonido de las piedras”, a consellería de Innovación e Industria aplicou unha iniciativa para a
promoción turística de Galicia no estranxeiro. Nesta ocasión, se celebrou un acto no Rockefeller
Center de Manhattan, en Nova York, para promover a Galicia e a Compostela en particular ante os profesionais de
turismo en EEUU. (Fonte: La Voz de Galicia).
Téxtil
Galicia na gran feira chinesa
A Asociación Téxtil de Galicia,
Atexga, participou no pavillón informativo español na feira Chic 2006 en Beijing, cunha oferta que
incluíu a presenza das principais firmas galegas, como Adolfo Domínguez, Caramelo, Mango, Zara ou
Loewe. (Fonte: El Correo Gallego).
Galicia
Atención ás vítimas
galegas da ditadura arxentina
Por unanimidade parlamentaria se aprobou
unha iniciativa para atender ás vítimas galegas que sufriron a represión militar durante a
ditadura do xeneral Jorge Videla na Arxentina, entre 1976 e 1983.
(Fonte: www.vieiros.com).
 |
| 05/04/2006 |
 |
Marítima
Navantia potencia a Armada noruegués
A empresa naval Navantia entregou en Ferrol
á Armada do país nórdico a moderna fragata Fridtjof Nansen, o seu contrato internacional mais
cotizado, valorado en 1.322 millóns de euros. Esta fragata permite á Armada norueguesa incluírse
na elite naval con sistema de combate Aegis, polo que o seu xeneral Trond Karlsen estivo no estaleiro ferrolán
para o acto de celebración. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Portugal
Freo á inversión galega
Empresarios e sindicatos galegos afirmar
que a crise económica portuguesa e a suba do IVA ata o 21% están a contribuír á diminución
dos investimentos empresariais ao sur do río Miño. Esta situación tamén contribuíu
a que empresarios lusos establezan os seus centros de produción no sur de Pontevedra, como Porto Seco de
Salvaterra-As Neves, polo abaratamento dos impostos.
(Fonte: Faro de Vigo).
Sociedade
Galegos na Ruta Quetzal
Sete mozos expedicionarios galegos iniciarán
no verán a aventura titulada “Ás Selvas da Serpente Emplumada. As Cidades Perdidas dos Maias”, que
se realizará en Nicaragua, Guatemala, Belice e México, coo parte do proxecto da Ruta Quetzal 2006
que financia o BBVA. (Fonte: Faro de Vigo).
Identifican ao secuestrador do armador galego
A Policía Nacional de Perú
identificaron aos dos sospeitosos da planificación e organización do secuestro do armador ribeirense
Andrés Gude. O organizador sería Aldo Esquivel Suvón, alias Loco Aldo, autor dunha ducia de
secuestros e un dos delincuentes máis buscados no país andino. (Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Solidariedade co colectivo marroquí
A organización Galicia por Palestina
de Pontevedra manifestou a súa solidariedade co colectivo marroquí desta provincia tralos acontecementos
en Vilaboa, onde un grupo de veciños pediu a redución do número de inmigrantes no barrio de
Paredes, por consideralo excesivo. Este comunicado se realizou durante a charla en Pontevedra de Juani Rismawi,
coordinadora da Unión de Comités de Traballo para a Saúde en Cisxordania. (Fonte: www.vieiros.com).
Perú
Peruanos votarán en Galicia
Uns 350 peruanos residentes na nosa Comunidade
votarán o domingo 9 nas eleccións presidenciais do seu país, nas oficinas do seu consulado
en Santiago. Os peruanos votarán ao sucesor do actual presidente, Alejandro Toledo, e os principais candidatos
son Ollanta Humala, Lourdes Flores e Alan García.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 04/04/2006 |
 |
Portugal
Coordinación aérea Galicia-Porto
O alcalde da cidade portuguesa, Rui Rio,
avogou pola coordinación entre o aeroporto de Sa Caneiro cos seus similares galegos, a fin de mellorar os
servizos na rexión do noroeste peninsular. A iniciativa se informou trala xuntanza mantida co presidente
de Transportes Aéreos de Portugal, Fernando Pinto.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Crece o fluxo comercial
No marco da entrega dos Premios Transfronteirizos
á Excelencia Empresarial en Ourense, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, informou
de que o intercambio comercial entre Galicia e o norte de Portugal alcanzou un crecemento do 9% anual. (Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
Acusan a Italia de desprestixiar o mexillón
galego
A Xunta e o sector do mexillón
galego consideran que Italia realiza unha guerra comercial contra o seu produto. A consellería de Pesca
sostén que os italianos compran o bivalvo a Galicia para reinstalalo nos seus sistemas de cría, co
cal conseguen baixos prezos, e levantar sospeitas sobre a salubridade do mexillón galego, iniciando unha
campaña de desprestixio. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Solidariedade
Galegos contra a Fame en Níxer
Francisco Fernández Naval, Camilo
Franco e Afonso Costa realizan labores de asistencia nutricional no país africano, considerado o máis
pobre do mundo, dentro do programa da ONG “Acción contra a Fame”. Os cooperantes esperan realizar charlas,
conferencias e exposicións á súa volta a Galicia para recadar fondos destinados a estes programas
de axuda. (Fonte: www.vieiros.com).
Cooperación
Intercambio con República Dominicana
O subsecretario de Estado de Saúde
Pública e Asistencia Social da illa caribeña, Héctor Otero Cruz, se reuniu coa conselleira
María José Rubio, para pedir a colaboración da sanidade galega en materia de transplantes,
a traveso do intercambio e formación profesional. Rubio ofreceu un sistema de apadriñamento dos hospitais
do Sergas. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 03/04/2006 |
 |
Solidariedade
Apoio ao desenvolvemento en América
Central
Fabiola Sotelo, directora xeral de Cooperación
Exterior, visitou Nicaragua, Honduras, O Salvador e Guatemala, para coordinar 17 proxectos que a Xunta desenvolverá
como prioritarios no I Plan Director da Cooperación Galega ao Desenvolvemento, principalmente en materia
de pesca artesanal, acuicultura, saneamento e construción de escolas e abastecemento de auga. (Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
Descenden os retornados a Galicia
Entre o 2002 e 2004, a chegada de retornados
á nosa Comunidade descendeu un 31%, aínda que Galicia constitúe a principal autonomía
en recepción de emigrantes retornados, especialmente de Europa (44,7%) e América Latina (49%). Segundo
Mónica Martínez, de Acoran, existen diferenzas culturais e de adaptación dos emigrantes retornados
latinoamericanos co respecto aos seus similares europeos.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Axudas para crear emprego
Galicia recibiu 31 millóns de euros
do Fondo Social Europeo para a creación de mais de catro mil postos de traballo, destinados á formación
adecuada no ámbito da prestación de servizos de atención a persoas con necesidades especiais. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 02/04/2006 |
 |
Pesca
A expansión mundial de Hermasa
A empresa de Redondela conta na súa
carteira de clientes ás principais fábricas de procesado de peixe en 50 países, incluídos
os tres líderes da conserva de atún: Bumble Bee Acquisition, Chicken of the Sea e Starkist. Na actualidad,
Hermanda ultima un contrato de 4,5 millóns de euros para unha fábrica en Casablanca, continuación
da apertura dunha en Agadir. (Fonte: La
Voz de Galicia).
 |
| 01/04/2006 |
 |
Pesca
Anfaco busca a expansión global
O presidente da Asociación de Conservar
de Peixes e Mariscos, Anfaco, Juan Manuel Vieites, espera que no 2006 se complete a expansión exterior da
industria conserveira galega, tras unha etapa onde as sete empresas conserveiras abriron fábricas en Ecuador,
Guatemala, O Salvador, Brasil, Venezuela, Chile, Grecia e Marrocos.
(Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
A Xunta prepara unha macroenquisa
Coa finalidade de coñecer cómo
ve a Galicia a súa diáspora, a Xunta elaborará unha sondaxe de opinión en 11 países
que conten con emigración galega. Así o informou o secretario xeral de Análise e Proxección
da Xunta, Manuel Rivera Otero. (Fonte: El
Correo Gallego).
|