|
 |
| 30/03/2006 |
 |
Unión Europea-Pesca
Duro golpe á flota galega en Irlanda
A Xustiza europea desestimou tres recursos
presentados por España contra as decisións do Consello da UE relativas á presenza da flota
galega e española na zona do suroeste de Irlanda, onde abundan especies como a merluza, crustáceos
e moluscos. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 29/03/2006 |
 |
Eixo Atlántico
Plan para integrar aeroportos galegos
e Porto
O presidente da Autoridade Portuaria de
Vigo, Abel Caballero, presentou un plan ante os alcaldes do Eixo Atlántico, consistente en integrar operativamente
os tres aeroportos galegos co portugués de Sa Caneiro en Porto. O plan está tamén previsto
para diminuír a saturación de aeroportos como o coruñés de Alvedro e o vigués
de Peinador. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 28/03/2006 |
 |
Kurdistán
Galicia publica texto en kurdo
O concello de Santiago apoia a difusión
dun texto en kurdo de educación básica prohibido polas autoridades turcas, aínda que editado
en Galicia. O alcalde da localidade kurda de Diyarbakir, Abdullah Demirbas, e o avogado kurdo radicado en Galicia,
Irfan Güler, agradeceron o apoio outorgado polo edil de Cultura do concello santiagués, Néstor
Rego. Ante a negativa turca por admitir este texto, será o goberno de Raxoi o que afronte os gastos de almacenamento
dos libros. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
O PP avogará pola flota galega
O voceiro de Asuntos Europeos e de Pesca,
Enrique López Veiga, anunciou que o PPdG pedirá unha entrevista co comisario europeo de Pesca, Joe
Börg, na que acudirán representantes da flota galega, para demandar un aumento na profundidade da pesca
de encalle, e así non afectar á merluza e o rape.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 27/03/2006 |
 |
Emigración
A creba do Cufinga
O xulgado do Mercantil nº 1 de A
Coruña admitiu a declaración de creba do Club Financeiro Internacional, Cufinga, unha sociedade creada
en outubro de 2000 promovida por empresarios galegos no exterior, cun capital inicial de 1,2 millóns de
euros. O futuro desta sociedade está á espera dunha xuntanza dos seus acredores prevista para finais
de abril en A Coruña. (Fonte: La
Voz de Galicia).
Pesca
Congreso Iberoamericano de pesca
O centro cultural Caixanova de Vigo inaugurou
un congreso iberoamericano de pesca coa presenza de Abel Caballero, presidente da Autoridade Portuaria, e do secretario
xeral de Pesca Marítima, Juan Martín.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 26/03/2006 |
 |
Solidariedade
Cooperación en Honduras
A directora xeral de Cooperación
Exterior da Xunta, Fabiola Sotelo, estivo no país centroamericano para supervisar os proxectos financiados
pola Xunta en pesca (no Golfo de Fonseca), acuicultura sostible, seguridade alimentaria, prevención do HIV
e implicación feminina no desenvolvemento económico.
(Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Aumentan as exportacións galegas
Segundo o Instituto Galego de Estatística,
as exportacións galegas rexistraron un aumento do 15% no 2005, o que supón un crecemento interanual
do 62,5%, mentres as importacións se localizaron nun incremento interanual do 21,9%. A balanza comercial
amosou unha cifra positiva de 232,5 millóns de euros.
(Fonte: El Correo Gallego).
Lugo apunta a Polonia
Empresas que forman parte da Cámara
de Comercio de Lugo amosaron o seu interese en investimentos no país de Europa do Leste, trala súa
participación nunha misión comercial xunto a dez firmas galegas. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 25/03/2006 |
 |
Turismo
Compostela en China
O concello de Santiago xunto ao da cidade
francesa de Rennes está revitalizando o desenvolvemento turístico da cidade chinesa de Qu Fu, na
provincia de Shandong, considerada pola Unesco como patrimonio da humanidade e ruta de peregrinación ao
templo de Confucio. O concello santiagués tamén aproveita para promover o turismo á capital
galega. (Fonte: El Correo Gallego).
Kurdistán
Semana kurda en Compostela
Con motivo da celebración dunha
Semana Cultural kurda, o alcalde da cidade de Diyarbakir, no sureste de Turquía, Abdullah Demirbas, estivo
en Santiago para participar nun proxecto de cooperación. O recibiron o concelleiro de Cultura, Néstor
Rego, e o avogado kurdo radicado en Santiago, Irfan Güler. Nestes actos tamén se ofrecerá un
concerto de música kurda por parte o artista Nilüfer Akbal.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 24/03/2006 |
 |
Irmanamento
Santiago se une a cidade bosnia
O embaixador de Bosnia-Hercegovina en
España, Josip Brikc, aceptou a petición da Xunta de establecer un irmanamento con varias cidades
bosnias. Nunha xuntanza co presidente Touriño, o embaixador Brikc analizou a situación política
e económica do seu país e as negociacións de admisión na UE. (Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Piden axilizar o AVE Vigo-Porto
O presidente da Autoridade Portuaria de
Vigo, Abel Caballero, demandou a necesidade de acelerar o proceso de construción do tren de alta velocidade
entre Portugal e Galicia, debido a súa importancia socioeconómica. Caballero participou no Salón
Inmobiliario de Porto. (Fonte: La Voz de
Galicia).
 |
| 23/03/2006 |
 |
Galicia
Ruta Primitiva como patrimonio universal
A Xunta informou que iniciará os
trámites para alcanzar a distinción de Patrimonio da Humanidade por parte da Unesco para a ruta primitiva
de peregrinación a Santiago, que ingresa por Fonsagrada e enlaza co Camiño Francés en Melide. (Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Obradoiros de integración
O concello de Ames promoveu o II Obradoiro
en Lingua e Cultura na que participaron persoas de 15 nacionalidades, coa intención de facilitar a integración
social dos inmigrantes. Neste concello habitan 1.500 inmigrantes, e neste obradoiro participan persoas de Venezuela,
Perú, Ecuador, Francia, Brasil e Guinea Bissau.
(Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Empresarias coruñesas organizan
curso
A Asociación de Empresarias de
A Coruña inaugurará un curso de manipulación de alimentos en Porto, na súa intención
de manter contactos coas empresarias do norte de Portugal e Pontevedra.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 22/03/2006 |
 |
Inmigración
Crearán Consello Galego da Inmigración
A Xunta anunciou a creación do
Centro Galego da Inmigración como órgano consultivo que acollerá a ONGs, sindicatos, empresarios
e asociacións de inmigrantes. Esta institución integrará o actual Observatorio Galego da Inmigración
e da Loita contra a Xenofobia e o Racismo, e terá como primeira responsabilidade a realización dun
informe preceptivo para o novo Plan Galego de Emigración.
(Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
Touriño creará embaixada
da emigración
Durante unha comparecencia parlamentaria
para explicar o seu viaxe a Arxentina e Uruguai, o presidente da Xunta denunciou a existencia dunha oficina en
Florianópolis, Brasil, herdanza da anterior administración que, en vez de estar dedicada á
emigración, propicia os contactos empresariais. Velaí o seu énfase en propiciar a creación
por decreto dunha representación exterior para a diáspora.
(Fonte: El Correo Gallego).
O peso financeiro da emigración
A Xunta anunciou a súa intención
de incluír o peso dos emigrantes no financiamento autonómico de Galicia e que esta proposta sexa
incluída no próximo Estatuto de Galicia.
(Fonte: El Correo Gallego).
Solidariedade
Axuda medioambiental en Nicaragua
Caixa Galicia e a ONG Amigos da Terra
colaboran nun proxecto de cooperación en xestión local medioambiental no país centroamericano,
incluído na VII Convocatoria de Cooperación ao Desenvolvemento que sostén a entidade financeira. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 21/03/2006 |
 |
Galicia
Axuda para acabar co SIDA en África
Bobby Fourie, presidente da Fundación
Nelson Mandela Children´s en España, visitou Santiago tras camiñar 2.006 km. nun acto solidario
onde pediu a colaboración galega e española no combate do virus do HIV no continente africano. (Fonte: El Correo Gallego).
A lingua galega para os irlandeses
O escritor Xavier Alcalá realizou
unha conferencia sobre o idioma galego e a importancia de Portugal, organizada polo Centro Irlandés de Estudos
Galegos e Lectorado Portugués da Universidade de Cork e a Asociación Galeda da Lingua en Irlanda,
na que contou coa participación do lingüista luso Fernando Venanzio. Neste acto se realizaron homenaxes
a escritores da literatura galaico-portuguesa Guerra de Cal, Carvalho Calero e Rodrigues Lapa. (Fonte: La Voz de Galicia).
Cultura
Editoriais galegas en Bolonia
A literatura infantil e xuvenil tivo a
súa cita na Feira de Bolonia, Italia, onde participaron as editoriais galegas Kalandraka e Ogo, esta última
de recente creación. Os responsables destas editoriais esperan obter un definitivo impulso internacional
a traveso desta feira. (Fonte: La Voz de
Galicia).
 |
| 20/03/2006 |
 |
Cultura
Un museo estadounidense para o Gaiás
O concello de Santiago propuxo que a Cidade
da Cultura contemple a posibilidade de albergar unha sede permanente dun museo estadounidense, coa finalidade de
exhibir obrar pouco frecuentes nos museos europeos.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 19/03/2006 |
 |
Turismo
Máis de 800.000 visitantes a Galicia
O voceiro do BNG ante o Congreso dos Deputados,
Francisco Rodríguez, informou que no 2005, un total de 848.627 turistas estranxeiros visitaron a nosa Comunidade.
A maioría procedía de Portugal, Francia, Alemania, Gran Bretaña e Italia. (Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
Mozambique limita explotación
pesqueira
O ministro de Pesca deste país
africano, Cadmiel Feliane Muthemba, entrevistouse coa súa similar española, a ministra Elena Espinosa,
para informar da decisión do goberno de Maputo de retirar as licencias de pesca de crustáceos, medida
que afecta á empresa galega Pescamar. Non obstante, o ministro asegurou que o seu país desexa continuar
cos acordos pesqueiros coa UE. (Fonte: La
Voz de Galicia).
 |
| 18/03/2006 |
 |
Unión Europea-Galicia
Galicia lidera proxecto de investigación
europeo
Un grupo de investigadores de tecnoloxía
educativa da USC leva adiante o proxecto Efelcren (Educación flexible e Ambientes creativos), dentro do
programa Sócrates da UE. Esta iniciativa creará material didáctico dixital en Galicia, Irlanda,
Italia, Lituania e Dinamarca. (Fonte: El
Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Bruxelas devolve petición de uso
do galego
A Mesa do Parlamento europeo decidiu devolver
a Madrid a súa petición para a admisión do galego, catalán e euskera como idiomas oficiais
nas institucións comunitarias. Esta mesa pediu ao goberno español unha división da petición,
estipulada na solicitude de utilización por parte dos eurodeputados e outra das cidadáns que poidan
utilizar estas linguas. (Fonte: La Voz de
Galicia).
 |
| 17/03/2006 |
 |
Uruguai
Impulso ao porto en Montevideo
O lobby de empresarios galegos neste país
suramericano presentaron ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, un proxecto de construción
dun porto pesqueiro na baía de Montevideo. Touriño analizou este proxecto na súa xuntanza
co ministro de Transportes, Víctor Rossi.
(Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Apoio a integración inmigrante
O concello de Oroso iniciou unha campaña
de sensibilización para a promoción dunha imaxe positiva da inmigración, mediante un plan
de acción intercultural, charlas e xornadas de integración social. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Pescamar lidera o mercado de Mozambique
A firma galega logrou desprazar á
xaponesa Maruha como principal empresa pesqueira do país africano, na que aumento de 13 a 27 o número
de barcos a utilizar nas augas dese país, así como a instalación dun estaleiro na localidade
de Beira. (Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia
Premio Nobel na USC
O físico suízo Heinrich
Röhner, premio Nobel en 1986 polas súas investigacións no campo da nanotecnoloxía, ofreceu
unha conferencia na facultade de Química da USC, dentro dunha programación do Consorcio de Santiago. (Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Vigo sofre a crise portuguesa
Segundo o Instituto de Comercio Exterior
de Portugal, ICEP, existen en Vigo 40 empresas portuguesas, menos das existentes fai cinco anos. A forte crise
económica lusa se deixa sentir na cidade galega, mentres as empresas galegas dan o salto empresarial cara
o veciño país. (Fonte: La
Voz de Galicia).
 |
| 16/03/2006 |
 |
Uruguai
Touriño intercede en conflito
de Ence
O presidente da Xunta, de visita en Montevideo,
declarou ante o vicepresidente dese país, Rodolfo Nin, que aínda que non actúe como mediador,
está axudando a desactivar a puxa entre Uruguai e Arxentina pola construción de la papeleira de Ence.
Touriño tamén estivo en Bos Aires, onde se reuniu con membros do goberno de Néstor Kirchner.
En Arxentina, Touriño tamén se interesou polos 30 galegos desaparecidos durante a ditadura militar. (Fonte: El Correo Gallego).
Cultura
Arxentina senta as bases da creatividade
galega
O Clúster do Audiovisual Galego
celebrado en Bos Aires permitiu multiplicar a difusión dos filmes galegos no continente americano, a traveso
dunha rede de cines dixitais conectados cos centros e asociacións de galegos. O presidente deste organismo,
o produtor Pancho Casal, estivo na capital arxentina reunido cos representantes dos centros galegos, para coñecer
novas manifestacións culturais da diáspora.
(Fonte: El Correo Gallego).
Política
O PP critica referencia de Kirchner cara
Fraga
O presidente do PPdG, Alberto Núñez
Feijoo, considerou como un “insulto á Galicia exterior” as declaracións do presidente arxentino Néstor
Kirchner, quen fixo unha referencia pública ao pasado franquista do ex presidente Manuel Fraga. Núñez
Feijoo tamén acusou ao presidente Touriño de ser “pouco valente” por non corrixir as palabras de
Kirchner. (Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
Namibia recorta cotas pesqueiras
Compañías galegas como Pescanova,
Pescapuerta, Vieirasa e Mascato, presentes no país africano como parte da comitiva da ministra de Pesca,
Elena Espinosa, asumiron con diplomacia a decisión do goberno de Windhoek de recortar as cotas de merluza,
o cal obriga a impulsar un plan de recuperación dun caladoiro vital para os intereses galegos nese país. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Pesca
Bruxelas asume Axencia europea da Pesca
O comisario de Pesca da UE, Joe Börg,
afirmou que será en xuño en Bruxelas cando se realice a apertura da Axencia Comunitaria de Control
da Pesca, que en principio iría a Vigo. Börg explicou que, polos momentos, a falta de acondicionamento
do edificio vigués impide a súa apertura na cidade galega.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 15/03/2006 |
 |
Arxentina
Kirchner visitará Galicia
El presidente da Xunta, Emilio Pérez
Touriño, e o seu homólogo arxentino, Néstor Kirchner, mantiveron durante media hora unha xuntanza
na Casa Rosada, na que o mandatario austral se comprometeu a visitar a nosa Comunidade no próximo verán.
Pola súa banda, Touriño ofreceu a participación galega na celebración do bicentenario
da independencia arxentina no 2010 mentres se asinaban tres convenios de colaboración en materia de inmigración,
emigrantes retornados, protección civil e transferencia de coñecementos. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Namibia imporá restricións
á pesca galega
Durante a visita da ministra de Pesca,
Elena Espinosa, á filial de Pescanova nese país, o titular de Pesca namibio Abraham Iyambo, anunciou
recortes de cota da merluza e vedas, o cal afecta ás tres factorías da empresa galega en Lüdetz. (Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
A Xunta financiará centros de
acollida
Un total de 200 prazas concertadas en
centros de acollida para a atención de inmigrantes sen recursos africanos, suramericanos e de Europa do
Leste, serán activados pola Xunta tras un acordo co goberno estatal. Vilagarcía, Ourense e A Coruña
son os lugares que contarán con esas prazas asistenciais.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 14/03/2006 |
 |
Cooperación
Vigo lidera proxectos internacionais
A Universidade de Vigo lidera dez dos
16 proxectos aprobados pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o conxunto de universidades
galegas, centrados en temas de investigación en Bioloxía e Ciencias, con países como Arxentina,
Cuba, Colombia, Marrocos e Tunisia. Tamén está previsto un proxecto lingüístico, de tradución
e economía de empresa, coa Universidade francesa de Bretaña. (Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Monxas estranxeiras reforzan os conventos
Relixiosas de Angola, India, Francia,
México e América do Sur, comezan a ocupar lugares nas dioceses galegas, ante a notoria ausencia de
monxas galegas e a falta de vocación relixiosa. No entanto, o encargado de Estatística do Arcebispado
de Santiago, Juan José Cebrián Franco, considerou que esta falta de vocación “non é
tan alarmante”. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 13/03/2006 |
 |
Diáspora
Touriño e Sábato realizan
homenaxe
O célebre escritor arxentino Ernesto
Sábato e o presidente da Xunta, realizaron un acto de homenaxe á emigración galega no mítico
café Tortoni, en Bos Aires, lugar frecuentado polos emigrantes galegos. No marco da xira suramericana, Touriño
se entrevistou cos ministros de Economía e Industria e con 75 empresarios, tanto galegos como arxentinos. (Fonte: El Correo Gallego).
Solidariedade
Cooperación coruñesa para
Nicaragua
Haydee Castillo, representante dunha asociación
de defensa dos dereitos da muller en Nicaragua, agradeceu ao persoal médico coruñés pola súa
cooperación brindada no país centroamericano, grazas a un proxecto dirixido pola ONG “Solidariedade
Galega”. Castillo tamén realizou charlas nos institutos para concienciar aos mozos sobre a pobreza que se
está a vivir a poboación infantil en Nicaragua.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia
Congreso mundial sobre supervivencia
á morte
Vigo será sede en abril dun congreso
internacional sobre a supervivencia á morte física, na que asistirán destacados científicos
internacionais como o francés Olivier Costa de Beauregard, o padre François Brune; Ernest Senkowski,
da universidade alemá de Mainz; Mario Festa, da universidade de Nápoles; o psicólogo Walter
von Lucadou, de Friburgo, e o presidente do Instituto de Metapsíquica de París, Mario Valvoglis. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 12/03/2006 |
 |
Diáspora
A Xunta abrirá delegación
na Arxentina
No marco da visita do presidente Emilio
Pérez Touriño, se anunciou en Rosario a apertura dunha delegación da Xunta como espazo de
información e atención para as demandas dos emigrantes. Pola súa banda, a ausencia neste viaxe
do conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco, foi aproveitada polo PP para asegurar que na
Xunta “existen dous gobernos”. (Fonte: El
Correo Gallego).
Inmigración
Sacerdotes inmigrantes suplen a falta
de curas
Un párroco colombiano, Orlando
Ordoscoitia, oficia na diocese de Vedra. Un polaco, Roman Wscilo, e un angoleño, José Katanga, ofician
en varias parroquias compostelás. Ante a falta de vocación sacerdotal tanto en Santiago como en Galicia,
o Arcebispado debeu recorrer a sacerdotes inmigrantes para atender aos fieis. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Fondos europeos para alcanzar riqueza
Segundo Aureliano García González-Llanos,
director xeral de Planificación e Fondos Comunitarios, a Xunta utilizará os fondos europeos ampliados
ata o 2013 para que Galicia alcance ás rexións máis ricas de Europa e pase de “ser unha rexión
receptora a unha rexión contribuínte neta”. González-Llanos realizou esta declaración
durante un curso na USC. (Fonte: El Correo
Gallego).
 |
| 11/03/2006 |
 |
Galicia
Primeiro viaxe institucional de Touriño
A xira por Arxentina e Uruguai serviu
ao presidente da Xunta para impulsar un “novo enfoque” da acción exterior de Galicia. Acompañado
de varios conselleiros e 40 representantes empresariais, Touriño visitará ao presidente arxentino
Néstor Kirchner e o vicepresidente uruguaio, Rodolfo Nin Novoa. Paralelo a este viaxe, o presidente de Eslovenia,
Janes Dronovsek, invitou a Touriño a visitar o seu país.
(Fonte: El Correo Gallego).
Palestina
Semana cultural galega en Belén
Estudantes da Facultade de Xestión
Hoteleira da Universidade palestina de Belén puideron coñecer as tradicións culturais e gastronómicas
galegas, tales como a queimada, os gaiteiros e o polbo, grazas a un proxecto patrocinado pola Axencia Española
de Cooperación Internacional e coa colaboración do Consulado Xeral Español de Xerusalén. (Fonte: El Correo Gallego).
Cooperación
Proxecto feiral para Arxentina
A Fundación Semana Verde de Galicia
subscribiu un convenio de colaboración coa cámara de comercio da cidade arxentina de Rosario, para
o asesoramento no proxecto de remodelación do seu recinto feiral, denominado Parque Feiral da Independencia. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 10/03/2006 |
 |
Unión Europea-Marítima
Condenan monopolio do transporte en Vigo
O Tribunal de Xustiza da UE argumentou
que na ría de Vigo se viola o regulamento comunitario de libre prestación na función do cabotaxe
marítimo entre esta cidade e os concellos de O Morrazo de Cangas e Moaña, pola adxudicación
durante 20 anos a un único operador. Noutro orde de ideas, oito consellerías e a Autoridade Portuaria
viguesa explicaron en Bruxelas o novo plan de saneamento da ría de Vigo. (Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Máis de 20.000l estranxeiros en
Galicia
O subdelegado do goberno de Pontevedra,
Delfín Fernández, informou que en Galicia residen 21.392 estranxeiros, beneficiados polos novos permisos
de residencia e traballo. Máis de once mil deles pertencen a países da UE. (Fonte: El Correo Gallego).
Cooperación
Colombia aprende dos queixos lugueses
A traveso da videoconferencia, a Aula
de Produtos Lácteos da USC, localizada en Lugo, impartirá cursos de perfeccionamento de queserías
en Colombia, dirixido aos alumnos e profesionais da Universidade Uniagraria. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 09/03/2006 |
 |
Galicia
Obras lusas y latinoamericanas para o
2007
A partir do 2007, un dos edificios da
Cidade da Cultura de Santiago acollerá unha biblioteca que se inaugurará cunha exposición
de obras de autores portugueses e latinoamericanos e que sirva tamén para recoller o patrimonio bibliográfico
galego. (Fonte: El Correo Gallego).
Cultura
Audiovisual galego a Arxentina
Como parte dunha delegación galega
integrada por representantes de 30 empresas de diversos sectores, Pancho Casal, vicepresidente do Clúster
Audiovisual Galego, viaxou ao país suramericano para proxectar a súa actividade e produción
e inaugurar o evento GALICIAune, para dar a coñecer a realidade galega á diáspora. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 08/03/2006 |
 |
Pesca
Debaten retirar licencias nas Malvinas
Tralo incidente diplomático entre
Arxentina e Gran Bretaña polo apresamento do buque británico con capital vigués “John Cheek”,
o goberno arxentino debate retirar as licencias de pesca a armadores estranxeiros nas illas Malvinas e outras augas
xurisdicionais. Esta decisión afectaría a actividade de varias empresas galegas que fanan nas augas
arxentinas. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 07/03/2006 |
 |
Portugal
Galicia e a crise portuguesa
A rexión do norte de Portugal padece
dos efectos da crise económica lusitana, alcanzando só o 75% do salario medio do seu país.
Velaí a necesidade de enfocar cara Galicia e, especialmente, no seu sector da construción: 20.000
portugueses traballan neste sector en Galicia. O baixo prezo do terreo e dos impostos tamén animan aos inversores
portugueses a dirixir a súa atención á nosa Comunidade. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 06/03/2006 |
 |
Sociedade
Santiago, a menos delictiva
Segundo un barómetro realizado
por Anova Multiconsultin, a capital galega ocupa o liderado no ranking de cidades europeas con menores índices
delictivos. As estatísticas policiais revelan que a delincuencia baixou un 14% no 2005. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Posibles recortes a Mauritania
A Comisión Europea negocia recortar
as posibilidades de capturas en augas mauritanas ata un 80% para determinadas especies, no marco das negociacións
para renovar un acordo pesqueiro do 2001. Este acordo afecta directamente a numerosos pesqueiros galegos que fanan
nas augas do país africano. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Irmanamento
A gastronomía une a Galicia e
Andorra
O concello pontevedrés de Lalín
asinou un convenio de irmanamento coa comunidade andorrana de Escaldes-Engordany, nun acto no que asistiron 350
persoas e no que se degustou o emblemático cocido no pavillón Prat Gran de Escaldes. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 05/03/2006 |
 |
Galicia
Atención á infancia etíope
A recen constituída “Asociación
de familias galegas de nenos e nenas adoptados en Etiopía”, iniciará a súa colaboración
con outras entidades para cooperar a favor da infancia nese país africano. Unhas 200 familias galegas teñen
fillos procedentes do país africano e outro centenar está en trámites. Só China supera
a Etiopía como país con maior número de adopcións dende Galicia. (Fonte: La Voz de Galicia).
Venezuela
Sada acolle encontro dos venezolanos
A presidenta da Asociación Turpial,
María Fernanda Jover, informou que o obxectivo do VIII Encontro Social e Cultural das asociacións
venezolanas binacionais de Europa é fomentar o establecemento de accións que permitan “unha mellor
integración social e cultural dos venezolanos na sociedade española”. Este congreso celebrou conferencias
relacionadas co emprego e a integración.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 04/03/2006 |
 |
Cooperación
Intercambio sanitario con Arxentina
A consellería de Sanidade da Xunta
colaborará co país suramericano no intercambio de profesionais en materia de inclusión social
para intercambiar experiencias sanitarias. Este convenio se asinou trala xuntanza entre a conselleira de Sanidade,
María José Rubio, e o viceministro de Desenvolvemento Social arxentino, Daniel Fernando Arroyo. (Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Aumentan os escolares estranxeiros
Segundo datos da Consellería de
Educación, no período 2005-2006, un total de 9.164 menores inmigrantes estudan nas aulas galegas,
un aumento do 33% co respecto ao período 2004-2005. Arxentina, Marrocos, Uruguai, Venezuela, Portugal, Brasil
e República Dominicana, son os principais países de orixe destes nenos. (Fonte: La Voz de Galicia).
Turismo
Pontevedra se promove no exterior
A concellería de Promoción
Económica do Concello envía periodicamente ás oficinas de Turespaña, información
turística de Pontevedra, en varios idiomas, coa finalidade de promover á provincia en Europa e América. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 03/03/2006 |
 |
Cuba
Touriño busca entrevista con Fidel
Castro
O presidente da Xunta confirmou a invitación
realizada polo mandatario cubano, aínda que sen concretar a data. Touriño restou importancia á
posible polémica que se podería xerar con esta entrevista e recalcou os intereses que mantén
Galicia coa illa caribeña. (Fonte:
El Correo Gallego).
Turismo
Firmas galegas en Berlín
No marco da Bolsa Internacional de Turismo
na capital alemá, a feira máis importante do mundo, trece firmas galegas exhibiron as potencialidades
turísticas de Galicia, no pavillón de Turespaña. O conselleiro de Innovación, Fernando
Blanco, e o director xeral de Turismo, Rubén Lois, estiveron no estreo da presenza galega. (Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Mexillón galego para EEUU
Os produtores de mexillón agrupados
na Opmega iniciarán a finais de abril unha campaña de promoción do mexillón ao vapor
galego denro da feira Spanish Pantry, en Nova York. A intención é propiciar unha iniciativa de penetración
no esixente mercado estadounidense. (Fonte:
La Voz de Galicia).
 |
| 02/03/2006 |
 |
Diáspora
Asomega entrega bolsas a fillos de emigrantes
A Asociación de Médicos
Galegos, co apoio de CaixaGalicia, entregou na Casa de Galicia en Madrid catro bolsas para estudantes de Medicina,
descendentes de galegos emigrantes. Os beneficiados son a arxentina María Carolina Bertini; os mexicanos
J.M. Mier Odriozola e Cynthia G. Trejo, e o paraguaio Diego Ariel Gamarra. Ao acto asistiron os embaixadores dos
países de orixe dos beneficiados.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Educación
Fondos europeos para instituto santiagueses
Os doce institutos de secundaria de Santiago
recibirán para o 2006 un orzamento superior aos 2 millóns de euros para gastos de funcionamento,
dos que 1,2 millóns forman parte da concellería e 800.000 do Fondo Social Europea. (Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
Vigo, líder mundial pesqueiro
Segundo informou Abel Caballero, presidente
da Autoridade Portuaria, o porto vigués é o líder mundial na pesca para o consumo humano,
tanto en carga fresca, conxelada e de conserva, unha vez superara as 757.000 toneladas. Noutro orde de ideas, Caballero
anunciou un orzamento de 30 millóns de euros para financiar a ampliación do porto. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 01/03/2006 |
 |
Portugal
Cooperación médica galego-portuguesa
O Colexio Médico de Pontevedra
colaborará coa Ordem dos Médicos de Portugal para axilizar a colexiación dos profesionais
galegos que emigran a Portugal. O convenio se asinará en Porto o próximo mes de maio. Ambas institucións
tratarán cuestións sobre a formación continuada de profesionais sanitarios que exercen no
norte de Portugal. (Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
Acusan de acoso a Greenpeace
A Audiencia Nacional acusou á cúpula
da ONG ecoloxista de acosar e inxuriar aos buques de capital galego Anuva e Playa de Menduiña, segundo denunciaran
os seus armadores, tras obrigalos a paralizar as súas actividades no Hatton Bank. (Fonte: La Voz de Galicia).
Maersk aposta por Vigo
A naviera Maersk Sealand, a maior do mundo
en tráficos marítimos en contenedor, prevé dispoñer do porto de Vigo como unha das
súas bases para as operacións no Atlántico, grazas a súa posición estratéxica
entre o norte de Europa e África. Neste sentido, a compañía europea pediulle ao presidente
da Autoridade Portuaria, Abel Caballero, a cesión de 50.000 m2 de terreo na terminal de Guixar. (Fonte: La Voz de Galicia).
Marítima
O mar e o seu impacto social
A USC iniciou un ciclo de conferencias
onde expertos europeos e de Canadá reflexionaron sobre a influencia do mar na creación das identidades
e o seu impacto na transformación das sociedades, no marco das xornadas culturais entre Galicia e Canadá.
No acto asistiron o director xeral de Turismo, Rubén Lois, e o ministro conselleiro da ambaixada de Canadá,
Stuart Savage. (Fonte: La Voz de Galicia).
|