Diario Exterior / febreiro de 2006

Igadi na Rede 

Volver
   
Diario Exterior é unha recopilación de noticias breves captadas dos xornais galegos relativas ás actividades que se desenvolven en Galicia e que teñen relación co exterior, servindo de feito como proxección exterior de Galicia e dos seus axentes, empresariais, políticos, etc.
   

28/02/2006
Solidariedade


Unha ollada a África
A campaña “Tan lonxe, tan preto... África”, se inaugurou en Santiago coa colaboración da ONG “Mozos do Terceiro Mundo” e a Oficina de Voluntariado da USC, coa organización do contos, concertos e cursos divulgativos. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca


Cooperación con Indonesia
No marco dunha xuntanza entre o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e o embaixador do país asiático en Madrid, Slamet S. Mustafá, se acordaron impulsar as relacións pesqueiras entre Galicia e Indonesia, así como colaboración para frear a piratería marítima no estreito de Malaca, onde transitan pesqueiros galegos e melloras na infraestrutura do porto de Iakarta. (Fonte: El Correo Gallego).
27/02/2006
Kurdistán
Un embaixador kurdo en Galicia
Irfan Güler, avogado kurdo natural de Diyarbakir, cidade kurda ao sureste de Turquía, residente en Santiago desde fai tres anos, desenvolve un proxecto cultural en colaboración co Concello de Santiago, para manter un intercambio de grupos folclóricos, a edición de libros en kurdo e o apoio santiagués á candidatura de Diyarbakir como Patrimonio da Humanidade e a restauración do casco histórica da cidade kurda. A finais de marzo, Güler organizará a Semana Cultural Kurda en Santiago. (Fonte: La Voz de Galicia).
26/02/2006
Turismo
Balnearios galegos en Alemania
Turgalicia e a Asociación de Balnearios de Galicia asinaron un convenio por valor de 27.000 euros para elaborar unha guía de calidade que permita promover en Alemania os balnearios galegos, como alternativa ás illas Baleares. Esta iniciativa se levará a cabo a traveso da empresa Schemetterling Reisen, operador turístico que controla o 11% das axencias alemás. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración


Galegos temen auxe delictivo
Unha enquisadora privada revelou cun 31% dos galegos entrevistados temen un aumento dos índices delictivos por parte dos colectivos inmigrantes, citando á presenza de mafias rómanas e rusas, así como suramericanos implicados en bandas como os Latin Kings. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca


Cooperación en Cabo Verde
Tralo convenio asinado coas autoridades de Cabo Verde, o sector palangreiro vigués construirá o porto de Mindelo, na illa de San Vicente, centro de operacións da frota galega que fana no océano Atlántico. O principal grupo de construtores provén de A Guarda. (Fonte: La Voz de Galicia).
25/02/2006
Diáspora
Crece o índice de pensionistas
No próximo mes de abril, a consellería de Emigración espera un aumento dun 70% na cotización das pensións da diáspora, principalmente dende Arxentina e Venezuela. Velaí o énfase do conselleiro Manuel Luis Rodríguez en levar a cabo un Plan Estratéxico de Emigración 2006-2009 para a cobertura sociosanitaria, melloras lexislativas e apertura de oficinas no exterior. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal


Dificultades no AVE Vigo-Porto
A xuntanza en Santiago entre a ministra portuguesa de Transporte, Ana Paula Vitorino, e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, con motivo da transferencia presidencial da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, confirmou as dificultades de Lisboa para rematar o AVE no 2009. No seu lugar, se construirá entre Porto e a fronteira galega un tren de altas prestacións de 250 km/h, cun custe de 3.000 millóns de euros. Por outra banda, se anunciou para xuño a celebración do I Encontro Científico-Tecnolóxico Galicia-Norte de Portugal. (Fonte: El Correo Gallego).

Venezuela


Catro exiliados descoñecidos
O ferrolán Xurxo Martínez e Crespo publicou un libro que reúne as biografías de catro galegos exiliados en Venezuela desde 1948, lembrando que a etapa do exilio neste país é unha historia “practicamente descoñecida” para Galicia. A obra, publicada pola Asociación de Emigrantes Retornados e a CIGA, ofrece as historias de Alejandro Tejero Cuenca, desaparecidos desde fai 36 anos; Mario F. Granell; José María Mosquera Manso e Alberto Puente García, quen formara parte do PCE en París, xunto a Santiago Carrillo. (Fonte: La Voz de Galicia).
24/02/2006
Portugal
Se realizará estudo do AVE Vigo-Porto
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asumiu a presidencia da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, onde se realizará un plan estratéxico 2007-2013, na que se elaborará un amplo estudo sobre o enlace do AVE Vigo-Porto, trala denuncia realizada polo embaixador portugués José Filipo Morais de ausencia de dito estudo. (Fonte: El Correo Gallego).

China


Sucursal de Zara en Shanghai
Inditex e a súa marca Zara abriron unha sucursal en Shanghai, na avenida Nanjing, unha das mais transitadas a nivel mundial. A marca téxtil galega espera aumentar as súas ganancias nun mercado potencial que supera os 1.000 millóns de clientes. (Fonte: La Voz de Galicia).

Solidariedade


A mirada dos indíxenas andinos
O fotógrafo e xornalista Ramón Capotillo inaugura a mostra “Indíxenas nos Andes”, a cal expón aos pobos aymara e quechua de Perú e Bolivia, nunha exposición que forma parte da campaña de sensibilización da ONG Solidariedade Internacional e que conta co financiamento da Dirección Xeral de Cooperación da Xunta. (Fonte: La Voz de Galicia).
23/02/2006
Galicia
A ONU e o IGADI afinan programas conxuntos
Angels Mataró, directora xeral de Asociación para a ONU en España, e Xulio Ríos, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, están concretando unha serie de actividades como exposicións sobre a desertificación, a divulgación dos Obxectivos do Milenio da ONU e a formación en dereitos humanos para policías locais, no Centro de Estudos Xudiciais e de Seguridade Pública de Galicia, CEXESGA. (Fonte: El Correo Gallego).

Galicia


A USC recibe estudantes norteamericanos
A traveso do programa ISEP, International Students Exchange Program, un grupo de estudantes estadounidenses que cursarán durante un semestre na USC foron recibidos polo reitor, Senén Barro, e autoridades universitarias, nunha charla informativa. (Fonte: El Correo Gallego).
22/02/2006
Portugal
Escaseza de estudos sobre o AVE Vigo-Porto
Tras entrevistarse coa alcaldesa de Vigo, Corina Porro, o embaixador portugués José Filipe Mendes Morais, explicou que a ausencia de estudos sobre a complexidade do tren de alta velocidade, especialmente en materia medioambiental, viabilidade económica e deseño da infraestrutura, afectan a súa posterior finalización e financiamento, que aumentan coa crise económica que vive Portugal. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Fondos Estruturais


Plans para aproveitar os fondos
O conselleiro de Economía, José Ramón Fernández Antonio, e o director de Planificación Económica dos Fondos Comunitarios, Aureliano García Suárez-Llanos, anunciaron que a Xunta iniciará un plan estratéxico para optimizar o uso dos fondos que proveñan da UE, coa finalidade de acelerar o desenvolvemento rural e pesqueiro. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Economía


En defensa da viticultura galega
O Sindicato Labrego Galego pediu ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, MAPA, que defenda os intereses dos sector viticultor nos debates dentro da Organización Común do Mercado do Viño, principalmente á conservación dos mercados locais e a diferenciación ecolóxica. (Fonte: El Correo Gallego).

Turismo


Xaneiro aumenta o turismo en Galicia
Segundo un estudo da Enquisa de Movementos Turísticos en Fronteira, Frontur, Galicia recibiu en xaneiro a visita de 46.050 turistas estranxeiros, o cal permite calcular un aumento do 3.1%, cifra superior á alcanzada en xaneiro de 2005. (Fonte: El Correo Gallego).
21/02/2006
Diáspora
Empresarios de xira con Touriño
A visita do presidente da Xunta a Arxentina e Uruguai se realizará con vinte empresarios galegos e catro conselleiros (Saúde, Economía, Interior e Educación), nunha axenda onde se realizarán entrevistas cos presidentes Néstor Kirchner e Tabaré Vázquez, así como altos niveis gobernamentais de ámbolos dous países suramericanos. (Fonte: El Correo Gallego).
20/02/2006
Unión Europea-Galicia
Un vigués fomenta a mobilidade laboral europea
O vicedirector de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo, Javier Martínez Cobas, participa en el comité europeo da mobilidade laboral, o cal permite aos titulados universitarios un mellor acceso ao mercado laboral europeo sen demasiadas trabas burocráticas. Isto forma parte do programa europeo Europass o pasaporte curricular, que facilita as prácticas en empresas da UE. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Medio Ambiente


Plan para sanear a ría de Vigo
A Xunta enviará a Bruxelas un primeiro plan de saneamento para mellorar a calidade da auga do litoral vigués e evitar así unha multa comunitaria estimada en 20 millóns de euros. A sentencia condenatoria data de decembro de 2005, polo que Galicia ten un período de seis meses para presentar o plan ante a UE. (Fonte: Faro de Vigo).
19/02/2006
Economía
Produtos galegos na Alemania
Desde carne de vacún, setas, queixos, castañas, viños e esencias ecolóxicas foron presentados polo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia, na feira de Biofach en Nüremberg. Especialmente interesaron os viños de Valdeorras, Rías Baixas e Ribeira Sacra. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Medio Ambiente


Galicia e a Rede Natura 2000
Bruxelas aprobou o ingreso de Galicia na Rede Natura 2000, a maior iniciativa mundial para a conservación de hábitats e especies. Neste sentido, foron aprobados a maior parte dos 59 lugares de Importancia Comunitaria e as 14 Zoas de Especial Protección das Aves, propostos pola nosa Comunidade. (Fonte: La Voz de Galicia).
18/02/2006
Portugal
EmprendeRexión a nivel universitario
A USC e a Universidade de Minho, en Braga, impulsarán unha rede de cooperación tecnolóxica, a EmprendeRexión, para afondar o desenvolvemento económico na eurorrexión Galicia-norte de Portugal. No horizonte está o ano 2010, data marcada por Bruxelas para converterse en potencia global do I+D. (Fonte: El Correo Gallego).

Interesados en proxecto do porto seco
O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Abel Caballero, recibiu a unha delegación de alcaldes da rexión centro de Portugal, interesados no proxecto do porto seco vigués. Un dos mais interesados foi o rexidor de Figueira da Foz, Antonio Duarte, quen explicou o seu interese en impulsar unha plataforma loxística de similares características. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración


92 millóns para programas de integración
O Fondo de Apoio á Acollida e Integración dos Inmigrantes, cun orzamento para o 2006 calculado en 182,4 millóns de euros, destinará uns 92 millóns de euros para accións de acollida, integración e escolarización dos inmigrantes, segundo explicou a secretaria de Estado de Inmigración e Emigración, Consuelo Rumí. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca


Vigo reúne foro do Arco Atlántico
A cidade olívica acollerá a próxima xuntanza do grupo de pesca do Arco Atlántico, un foro de rexións periféricas de Europa onde se analiza a futura política marítima. O anuncio o realizou o conselleiro de Pesca, Miguel López Siero, ante o comisario europeo Joe Börg, e representantes de rexións como Bretaña, Devon (Gran Bretaña), e Lisboa. (Fonte: La Voz de Galicia).
17/02/2006
Unión Europea-Pesca
Galicia sairía prexudicada en Marrocos
Segundo o Grupo Popular Europeo, a nosa Comunidade sería a gran prexudicada no reparto da distribución de permisos de pesca para fanar en Marrocos, xa que consideran que só están outorgados 12 permisos. O caso sobre o pacto pesqueiro será discutido na Comisión de Pesca da Eurocámara. (Fonte: La Voz de Galicia).

Sáhara


Rois se suma á solidariedade
O Concello coruñés de Rois, xunto a diversas organizacións e familias locais, se sumaron ao programa Vacacións en Paz, promovida pola delegación saharauí en Galicia e a Asociación Galega co Pobo Saharauí, para axudar ás doce mil familias de refuxiados do campo de Tinduf, asolados polas recentes inundacións. (Fonte: El Correo Gallego).
16/02/2006
Portugal
Feira de construción luso-galaica
A Feira da Construción Sico 2006, que se celebrará en xuño en Vigo, presentará as novidades no sector inmobiliario das empresas construtoras galegas e portuguesas. O acto de presentación do evento contou coa participación da conselleira de Vivenda, Teresa Táboas, a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, e o director de Caixanova, Julio Fernández Gayoso. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Lingua


Defensa do galego en Bruxelas
O eurodeputado socialista Antolín Sánchez Presedo realizou ante o Parlamento europeo unha aberta defensa do uso do galego como lingua comunitaria, coa finalidade de que esta institución europea acepte o acordo proposto polo goberno de Zapatero de utilizar o galego, eusquera e catalán en Bruxelas. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade


Amarante enfoca cara América Latina
Xoán Hermida e Belén Rey presentaron a sétima edición de “Xanela Aberta ao Sur”, un programa de formación e sensibilización que levará mozos a Brasil, para convivir nos campamentos do MST; Nicaragua, na selva dos indios Guatuzos; e Ecuador, para convivir nas cooperativas agrícolas da Fundación Maquita. (Fonte: La Voz de Galicia).

Galicia


Adeus ao consulado alemá
Trala morte do cónsul honorario Martin Esser en xaneiro pasado, e a dificultade para atopar un substituto, o consulado de Alemania en Vigo, o único dese país existente nunha comunidade autónoma, pechará as súas portas en marzo de 2006, tras 40 anos de funcionamento. (Fonte: La Voz de Galicia).
15/02/2006
Pesca
UE non garante seguridade en Somalia
Debido a unha interrogante do deputado galego do PP, Daniel Varela, a Comisión Europea, en voz do comisario de Desenvolvemento da UE, Louis Michel, recoñeceu non estar en condiciones de garantir a seguridade dos buques galegos e europeos que fanen nas augas somalís, principalmente para os vinte atuneiros galegos que se ven acosados por patrulleiras armadas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Sáhara


Axudas para os refuxiados das choivas
Debido ás torrenciais choivas que arrasaron os campos de refuxiados saharauís en Tinduf, diversas ongs pontevedresas e a organización Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, abriron diversas contas bancarias para enviar os donativos e axudas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Kurdistán


Martorell expón a diversidade de Oriente Medio
O periodista navarro Manuel Martorell, especializado no Kurdistán e Oriente Medio, realizou unha conferencia sobre a Diversidade e o Pluralismo en Oriente Medio, nun acto organizado polo IGADI e o Clube Internacional de Prensa en Santiago. Neste acto participou o avogado kurdo Irfán Güler, residente en Compostela e director dun proxecto de rehabilitación do casco histórico da cidade kurda de Diyarbakir. (Fonte: La Voz de Galicia).
14/02/2006
Pesca
Expoñen a situación do sector atuneiro
A Asociación Europea do Atún, Euroatún, presidida polo galego Juan Manuel Vieites, así como polo italiano Sergio Luoni e o francés Philippe Gourel, realizará consultas coa Comisión Europea e a OMC para expoñer a situación do sector atuneiro. Do mesmo xeito, empresas do sector pesqueiro vigués participaron na feira internacional do pescado en Bremen (Alemania). (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal


Vigo-Portugal para o 2009
O ministerio de Fomento respondeu unha interrogante do deputado do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez, sobre a apertura do trama Vigo-fronteira portuguesa do Eixe Atlántico, a cal se mantén no 2009. Rodríguez formulara a pregunta ante a decisión de Lisboa de non considerar prioritaria a construción do AVE Vigo-Porto, en principio estipulada para o 2012. (Fonte: La Voz de Galicia).
13/02/2006
Unión Europea-Fondos Estruturais
Quintana denuncia perda de 600 millóns de euros
O vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, informou ante o Consello da Xunta que a nosa Comunidade perdeu uns 600 millóns de euros debido aos fondos de cohesión negociados para o período 2000-2006 porque o “Estado español non tivo en conta criterios mais redistributivos como o nivel de desenvolvemento económico”. Quintana alertou de maiores reducións por parte de Bruxelas nos fondos de cohesión a recibir no próximo período. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora


Unha emigración que abre mercados
Ampliando as súas funcións asistenciais, a Fundación Galicia Emigración iniciou unha nova etapa na que, segundo a súa presidenta Pilar Pin, “intenta enfocar unha labor sociocultural e de impulso ao papel do empresariado no exterior” para “a apertura de novos mercados para as empresas galegas”. No acto tamén estivo presente o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración


ONGs pola integración
Unhas cincuenta ongs galegas traballan na nosa Comunidade en tarefas de apoio ao inmigrante, sexa como persoal voluntario ou prestando servizos que, en moitos casos, deberían asumir as administracións. (Fonte: La Voz de Galicia).
12/02/2006
Portugal
Cooperativismo transfronteirizo
A consellería de Traballo participará nun proxecto conxunto, denominado Desenvolvemento Rural Transfronteirizo de Base Cooperativa Galicia-Norte de Portugal, con carácter plurianual e un orzamento de 630.000 euros. A consellería terá como socios á Universidade de Vigo, a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, AGACA, a Federación de Empresas Cooperativas Sinerxia, a Unión de Cooperativas de Traballo Asociado e catro mais de parte portuguesa. (Fonte: El Correo Gallego).

Téxtil


Galicia supera balanza comercial con China
Segundo datos do Instituto de Comercio Exterior, ICEX, no 2005 Galicia superou en exportacións a China as propias importacións dende o país asiático, cun ha balanza comercial de 407 millóns favorables á industria téxtil galega. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal


Destino turístico galaico-portugués
A presidenta do Parlamento galego, Dolores Vilarino, cualificou dunha “grande oportunidade” a creación dun destino conxunto entre Galicia e a rexión do Norte de Portugal, durante os actos do Día de Portugal en Ourense. (Fonte: La Voz de Galicia).

Pesca


Galicia domina o mercado atuneiro europeo
O balance 2005 elaborado pola Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas, Anfaco, informou da sólida presenza galega nun 50% mercado atuneiro europeo, sorteando incluso a competencia asiática. Anfaco tivo vendas por valor de 1.158 millóns de euros no 2005. (Fonte: La Voz de Galicia).
11/02/2006
Inmigración
Normalización de estranxeiros
Das 1.240 solicitudes de regularización presentadas ante a Subdelegación de goberno, unhas 1.016 pertencentes a inmigrantes residentes en Pontevedra xa foron aceptadas, o cal constitúe o 82% das autorizacións nos derradeiros tres meses. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Galicia


Consellerías buscan eliminar débeda europea
As consellerías de Presidencia, Economía, Política Territorial, Sanidade, Pesca, Medio Ambiente e Vivenda, se uniron para evitar o pago dunha multa, que pode ascender aos 20 millóns de euros, estipulada polo Tribunal de Xustiza da Comisión Europea o pasado 15 de decembro de 2005, e que condena ao Estado español por non adoitar un programa de recondución da contaminación na ría de Vigo. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora


Touriño coa xira empresarial
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, realizará a mediados de marzo unha xira por Arxentina e Uruguai, xunto a unha delegación empresarial galega dos sectores da pedra, granito e madeira, dentro do marco da acción exterior enfocada a América Latina, Europa e Portugal. Touriño se entrevistará cos presidentes Néstor Kirchner e Tabaré Vázquez. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade


Amarante enfoca cara Brasil e Mozambique
O director da ONG pontevedresa Amarante, Xoán Hermida, anunciou que dentro do orzamento de 180.000 euros para o ano 2006, a organización espera impulsar granxas avícolas en Mozambique e unha iniciativa educativa de formación profesional no estado brasileiro de Piaui. Do mesmo xeito, Amarante seguirá apostando polo Café de Comercio Xusto co Terceiro Mundo. (Fonte: El Correo Gallego).
10/02/2006
Pesca
Galicia obterá contratos rusos
A recente visita do presidente ruso Vladímir Putin a España permitiu a concreción de acordos de construción de buques que beneficiarán á industria naval galega. A subscrición dun convenio entre Pymar, sociedade de pequenos e medianos estaleiros españois á que pertence o 80% dos construtores navais galegos, e o Vnesheconombank, un dos principais bancos rusos, terá un valor aproximado de 313 millóns de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura


O libro galego en A Habana
A Asociación Galega de Editores, co patrocinio da Consellería de Cultura, e as 35 empresas editoras galegas, participaron na Feira Internacional do Libro na capital cubana, presentando unha variada oferta de autores galegos. (Fonte: La Voz de Galicia).
09/02/2006
Unión Europea-Ambiente
Cooperación ecolóxica para o Camiño de Santiago
A Fundación Biodiversidad e o Fondo Social Europeo aprobaron dous proxectos presentados pola Cámara de Comercio de Santiago para que as pequenas e medianas empresas localizadas ao longo das distintas rutas xacobeas mellores as súas prácticas medioambientais e os itinerarios dos peregrinos. (Fonte: La Voz de Galicia).

Investigación


Expertos europeos na Universidade de Vigo
Coa finalidade de analizar as novas tecnoloxías da información e comunicación, catro expertos de Suecia, Finlandia e o Reino Unido visitaron a Universidade de Vigo e os programas de investigación a desenvolver en centros municipais de administración e comercio electrónico nas empresas.

Portugal


Instituto de Braga para o 2008
José Rivas, catedrático de Electromagnetismo na USC, dirixirá o Instituto de investigación en nanotecnoloxía na Universidade de Minho en Braga, tralo asinamento dun acordo en Madrid entre os gobernos español e portugués. Se espera que o instituto entre en funcionamento no 2008.
08/02/2006
Unión Europea-Sociedade
Baixa criminalidade en Galicia
Unha taxa de criminalidade calculada en 27,7 infraccións por cada 1.000 habitantes coloca a Galicia nos índices máis baixos a nivel europeo (42,3 puntos), sendo igualmente unha taxa moi inferior ao nivel estatal (49,5). No 2005, estas taxas diminuíron un 1,58%. Gran Bretaña, Bélxica, Dinamarca, Holanda, Alemania e Francia comandan a táboa europea de criminalidade. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima


Formación pesqueira para peruanas e brasileiras
Un proxecto presentado polo secretario xeral de Pesca Marítima, Juan Carlos Martín Fragueiro, e o director xeral do Centro Internacional de Formación da Organización Internacional do Traballo, OIT, François Tremeaud, permitirá a mulleres brasileiras e peruanas beneficiarse na formación pesqueira no Instituto Social da Mariña en Bamio (Vilagarcía). O investimento se achega aos 320.000 euros. (Fonte: La Voz de Galicia).

Uruguai


Solidariedade co río Uruguai
Unha protesta fronte ao consulado de Uruguai en Vigo, organizada pola Asociación Pola Defensa da Ría (APDR), e a Plataforma Solidaria co Movemento Antipapeleiras no Río Uruguai, enfocou na necesidade de preservar o medio ambiental da localidade uruguaia afectada pola construción das papeleiras de Ence e Botnia. (Fonte: La Voz de Galicia).
07/02/2006
Unión Europea-Ambiente
Galicia incumpre normativa comunitaria
A nosa Comunidade incumpre desde fai cinco anos a letra da directiva europea 91/2717CEE, que estipula desde o 1 de xaneiro o tratamento de todos os vertidos en poboacións de 2.000 a 15.000 habitantes antes da súa chegada a ríos e rías. En Galicia tamén se incumpre esta medida nos concellos con poboacións superiores a 15.000 habitantes. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración


Santiago terá Consello Municipal de Migracións
O Concello santiagués aprobou o regulamento para a futura constitución, probablemente no mes de xuño, do Consello Municipal de Migracións, órgano de participación cidadán para o debate e a formulación de propostas sobre as políticas municipais de cara aos 3.600 inmigrantes e emigrantes retornados que habitan nesta comunidade. (Fonte: La Voz de Galicia).
06/02/2006
Inmigración
Pontevedra e a cultura musulmán
Unha serie de cursos promovidos pola Asociación Marroquí de Pontevedra e a concellería de Benestar Social, permite aos habitantes desta comunidade acercarse á cultura e gastronomía árabe, como un elemento que permita a integración social. Neste sentido, o curso estivo impartido pola profesora tunesina Hédia Aroua. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca


Armadores vigueses avalan representación da Axencia Europea
O sector de empresarios e armadores pesqueiros de Vigo cualificou positivamente a Fernando Curcio e José Navarro, representantes designados polo goberno español para o consello de administración da Axencia Europea do Control da Pesca. Sen embargo, o sector pesqueiro local considerou que a UE perdeu unha oportunidade para ampliar as competencias da institución comunitaria. (Fonte: La Voz de Galicia).
05/02/2006
Galicia
Nanotecnoloxía galega á vangarda mundial
As universidades galegas, grazas ao apoio da Axencia Espacial Europea e a colaboración de diversas universidades e centros científicos mundiais, está a desenvolver proxectos de avanzada en nanotecnoloxía, deseñados para a detección precoz de enfermidades como a hepatites B. A Fundación Bill Gates amosou o seu interese polos traballos destes investigadores galegos. (Fonte: La Voz de Galicia).

Diáspora


Traballo pioneiro sobre a emigración en Brasil
Erica Sarmiento da Silva, estudante de doutoramento na Facultade de Xeografía e Historia da USC e filla de emigrantes galegos a Brasil, obtivo o máximo premio da undécima edición do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, polo seu traballo A emigración galega no Brasil. Este supón o primeiro traballo que se fai sobre e emigración galega no Brasil. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración


Facilidades laborais para os inmigrantes
Tras Cataluña, Madrid e Euskadi, Galicia constitúe unha das principais comunidades autónomas en ofrecer postos de traballo aos estranxeiros, cun copo de 1.156 empregos e posibilidades de outorgar permisos de residencia. (Fonte: La Voz de Galicia).
04/02/2006
Portugal
Doutores galegos buscan contrato en Portugal
Ante as dificultades para outorgar contratos estables por parte do Servizo Galego de Saúde, Sergas, uns 50 mozos galegos iniciaron trámites en Portugal para obter a estabilidade laboral, tras dous anos de substitucións por horas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Solidariedade


Sensibilización a traveso dos curtametraxes
Os estudantes da Escola de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias Sociais do campus de Pontevedra comezaron a rodar unha curtametraxe gañador dun concurso de guións, convocado pola ONG Solidariedade Internacional de Galicia. O guión busca dar a coñecer á mocidade galega a vida dos mozos palestinos, os refuxiados saharauís e os indíxenas latinoamericanos. (Fonte: La Voz de Galicia).
03/02/2006
Venezuela
Empresarios galegos esixen indemnizacións
As autoridades venezolanas informaron que “evaluarán os danos” causados a propietarios de terras de orixe galego, afectados polas posibles invasións de simpatizantes do goberno de Hugo Chávez. Todo isto pola aplicación da Lei de Terras cara territorios considerados “ociosos”. En Madrid, consideraron como “insatisfactorias” as xestións do goberno de Chávez para solucionar o problema. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima


Vigo como principal base atlántica
Un proxecto do ministerio de Educación e da Xunta prevé conformar en Vigo unha base internacional de buques oceanográficos no Atlántico central. Neste sentido, se espera converter á antiga Escola de Transmisións e Electrónica da Armada en Rande como un subcentro de operacións de unidades avanzadas de Francia, Gran Bretaña, Noruega e Portugal, cun custe valorado en 150 millóns de euros. Este proxecto conta co apoio da consellería de Pesca, a traveso do Centro Tecnolóxico do Mar, Cetmar. (Fonte: Faro de Vigo e El Correo Gallego).
02/02/2006
Unión Europea-Pesca
Un portugués para a Axencia de Pesca
A Comisión Europea designou a Marcelo Vasconcelos como presidente do consello de administración da Axencia Europea para o control da Pesca, que comezará a funcionar en Vigo, aínda que iniciará as súas funcións en Bruxelas en xuño de 2006. O representante español será Fernando Curcio. (Fonte: Atlántico Diario).

Diáspora


O Igadi debate o voto emigrante
Unha mesa redonda coa participación dos parlamentarios Aurelio Miras Portugal (PP), Ana Miranda (BNG) e Abel Losada (PSOE), foi organizada en Vigo polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, plasmou un consenso sobre a necesidade do voto nas urnas para a diáspora, a fin de evitar fraudes. (Fonte: Faro de Vigo e Atlántico Diario).

Cultura


O libro galego se coñecerá en América Latina
A consellería de Cultura e Deporte promoverá o libro galego nas feiras editoriais de Sao Paulo e Guadalajara, as dúas máis importantes do continente. A estas feiras se engadirán ás de Bos Aires e A Habana. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Fondos Estruturais


O gasto galego dos fondos europeos
Segundo datos do Ministerio de Economía e Facenda, a nosa Comunidade tan só gastou un 65% das axudas de Bruxelas para o período 2000-2006, indicando que Galicia dispón actualmente dun fondo comunitario de 1.841 millóns de euros, só aplicable a programas aprobados pola Comisión Europea antes do remate do 2006. (Fonte: La Voz de Galicia).

Téxtil


Inditex compra sociedade finlandesa
A empresa galega acordou co grupo finlandés de distribución Stockmann, a adquisición por valor de 41,5 millóns de euros de Zao Stockmann Krasnoselskaya, unha franquicia de Zara en Rusia encargada de xestionar o desenvolvemento da cadea nese país.
(Fonte: La Voz de Galicia).
01/02/2006
Portugal
Bugallo alerta sobre retraso no AVE Vigo-Porto
Durante a asemblea xeral do Eixo Atlántico, o presidente deste organismo e alcalde de Santiago, Xosé Luís Sánchez Bugallo, advertiu á ministra de Medio Ambiente, Cristina Narbona, sobre o negativo impacto económico para Galicia ante a posibilidade de que se paralicen as obras do AVE e as infraestruturas entre Galicia e o norte de Portugal. A ministra Narbona persuadiu ante os 18 alcaldes galegos e portugueses pertencentes ao Eixo Atlántico sobre a necesidade de subscribir a Carta de Aalborg sobre desenvolvemento sostible. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Educación


Plan galego para converxer con Europa
A conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, avanzou na consolidación do II Plan Galego de Formación Profesional 2007-2010, cuxa finalidade é afondar as estratexias “para avanzar no camiño da nosa conversión con Europa no horizonte do 2010”. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Linguas


O debate interno das linguas cooficiais
O informe do secretario xeral do Parlamento Europeo sobre a súa negativa a admitir ao galego, catalán e euskera como linguas de traballo en Bruxelas, provocou unha división entre os eurodeputados Daniel Varela (PP), Antolín Sánchez Presedo (PSOE), Iganis Guardáns (CiU) e Francisco Rodríguez (BNG), con posturas diverxentes sobre o uso das tres linguas nas institucións europeas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración


Piden empadroamento aos estranxeiros
A concelleira de Emigración e Inmigración de Santiago, Teresa Regúlez, pediu aos inmigrantes e emigrantes na capital galega que inicien os seus trámites de empadroamento para poder levar a cabo diversos plans de axuda e integración aos inmigrantes. O concello de Santiago realizará un censo socioeconómico entre os 6.000 inmigrantes que habitan na capital, comezando polos orixinarios de Arxentina, Uruguai e Venezuela. (Fonte: El Correo Gallego).

A inmigración africana en Galicia
Mbaye Lo, presidente do Colectivo Senegalés de A Coruña, e Anthonhya Okenue, de Guinea Ecuatorial, realizaron sendas charlas no IEA de Sar sobre a realidade da inmigración africana en Galicia, os problemas de integración e as vías de comunicación coas súas familias nos países de orixe. (Fonte: La Voz de Galicia).

Marítima


Destacan auxe do sector naval galego
Segundo o comité organizador da Feira Internacional da Industria Naval, Navalia, que se celebrará en Vigo a finais de maio, o evento servirá para destacar o impulso e potenciación do sector marítimo galego a nivel mundial, especialmente no apartado das exposicións do estaleiros galegos.
(Fonte: El Correo Gallego).

Venezuela


Chávez advirte a Navantia sobre acordos asinados
O presidente venezolano Hugo Chávez advertiu á empresa Navantia que se obedece o veto de EEUU pola contratación, por parte de Caracas, na construción de oito barcos, algúns deles en estaleiros galegos, o seu goberno adquirirá esta flotilla noutro país, “como pode ser China, Rusia, Irán, India ou mesmo Brasil”. (Fonte: La Voz de Galicia).

 

Fontes: AGN, Atlántico Diario, El Correo Gallego, El Progreso, Europa Press, Faro de Vigo, Galicia Hoxe, Galicia Información, La Región, La Voz de Galicia, Vieiros, Xornal.com.
 
 
Ver máis Diario Exterior

2006: xaneiro |
2005: decembro | novembro | outubro | setembro | agosto | xullo | xuño | maio | abril | marzo | febreiro | xaneiro |
2004: decembro | novembro | outubro | setembro | agosto | xullo | xuño | maio | abril | marzo | febreiro | xaneiro |
2003: decembro | novembro | outubro | setembro | agosto | xullo | xuño | maio | abril | marzo | febreiro | xaneiro |
2002: decembro | novembro | outubro | setembro | agosto | xullo | 15-30xuño | 01-14xuño | maio | abril | marzo | febreiro | xaneiro |
2001: 4ºtrimestre | 3ºtrimestre |
 
Volver



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/05/2006
Fernando Pol


Subir