|
 |
| 31/10/2005 |
 |
Economía
Industria automotriz enfila cara Europa
do Leste
Ante a crise da industria do automóbil
española, as empresas galegas de compoñentes, especialmente as abicadas en Vigo, reorientan o seu
destino final a República Checa, Eslovaquia e Polonia, cun volume de negocios valorado en 709 millóns
de euros. (Fonte: Faro de Vigo).
A importancia comercial de Uruguai
O país suramericano será
o tema de análise, nas súas variantes financeira e empresarial, por parte da fundación “Unha
Galicia Moderna”, nunha xornada que contará coa participación do embaixador uruguaio José
María Araneo, o presidente da Bolsa de Valores de Montevideo, Ángel Urraburu, e o conselleiro de
Economía, José Ramón Fernández Antonio.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Lisboa reafirma suspensión do
AVE a Galicia
O ministro portugués de Transportes,
Mario Lino, afirmou que o AVE Vigo-Porto “non é prioritario” porque o veciño país carece de
“condicións financeiras”, facendo oídos xordos ás peticións do presidente da Xunta,
Emilio Pérez Touriño que, pola súa banda, colocará este tema como central no próximo
Cumio Ibérico de Évora. (Fonte:
Faro de Vigo e La Voz de Galicia).
Diáspora
Cobertura sociosanitaria para Arxentina
A Xunta, a través da Fundación
Galicia Emigración, traballará dun xeito coordinado co goberno central para estender a súa
cobertura social e sanitaria a tódolos galegos residentes na Arxentina, segundo explicou o secretario xeral
de Emigración, Manuel Luis Rodríguez, durante a visita ao país suramericano. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 30/10/2005 |
 |
Unión Europea-Fondos Estruturais
“Galicia manterá o Obxectivo 1”
De visita en España, a eurocomisaria
de Política Rexiona, a polaca Danuta Hübner, asegurou que Galicia logrará manter a súa
condición de eurorrexión beneficiada polo Obxectivo 1 dos fondos estruturais para o período
2007-2013. Este obxectivo pasará a chamarse de “converxencia” e tamén incluirá a Andalucía
e Estremadura e Castela-A Mancha. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Eixo Atlántico
Xuntanza urxente dos alcaldes
A decisión do goberno portugués
de aprazar a construción do AVE Vigo-Porto provocou unha crise dentro da eurorrexión Galicia-Norte
de Portugal, polo que os alcaldes das sete cidades que conforman o Eixo Atlántico convocaron a unha xuntanza
urxente para pedir explicacións a Lisboa. Dende Bruxelas se soubo que Galicia quedou fora do orzamento aprobado
pola Comisión de Transportes da UE.
(Fonte: La Voz de Galicia).
China
Galicia como modelo autonómico
O experto chinés Zhu Lun realiza
dende o IGADI, un estudo sobre o sistema autonómico galego coma referencia para o estudo das nacionalidades
minoritarias dentro da estrutura administrativa de China. Lun explicou que o estable ambiente socio-político
de Galicia é moi similar ao existente nas nacións e etnias chinesas. (Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Leixoes copia modelo portuario vigués
A localidade portuaria portuguesa de Leixoes,
a segunda do país tras Porto, leva adiante un plan estratéxico para construción dunha plataforma
loxística do intercambio de mercancías similar ao porto seco de Vigo. Polo tanto, empresarios vigueses
e do norte portugués apostan por competir xuntos dentro dun novo sistema portuario dentro da UE. (Fonte: La Voz de Galicia).
Diáspora
Cabodano dos vigueses de Bos Aires
A Asociación Mutualista Residentes
de Vigo con sede na capital arxentina, arribou ao seu 87 cabodano, cunha longa traxectoria composta por 250 familias
viguesas. É a única asociación olívica existente no exterior. (Fonte: La Voz de Galicia).
Irmanamento
A Guarda e Santo Domingo unidos pola
emigración
A localidade da comarca miñota
de A Guarda e a capital da República Dominicana selarán o seu irmanamento en novembro, tomando en
conta que a illa caribeña, xunto a Brasil e Porto Rico, foi un dos destinos da emigración guardesa
dende finais do século XIX. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Ambiente
Cumio mundial en A Coruña
A cidade galega recibirá a 300
persoas de 40 países para o Certame Internacional de Comunidades Habitables, a principios de novembro no
Pazo de Congresos. Segundo o alcalde Francisco Vázquez, se trata do certame “mais importante e de maior
prestixio” na área das políticas públicas.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 29/10/2005 |
 |
Portugal
A Volvo Ocean RACE coma escaparate
A conselleira de Pesca, Carmen Gallego,
informou que a Xunta aproveitará a partida en Vigo da competición da Ocean Volvo Race para promocionar
o patrimonio inmaterial galaico-portugués, especialmente cara os países de fala portuguesa e socios
pesqueiros de Galicia, como Mozambique, Cabo Verde e Angola.
(Fonte: El Correo Gallego).
Critican suspensión do AVE Vigo-Porto
A decisión do goberno portugués
de suspender as conexións territoriais de alta velocidade con Galicia e España provocou fortes reaccións
nas forzas políticas galegas e lusas. Nese sentido, a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e o presidente da
Confederación de Empresarios de Galicia, Antonio Fontela, amosaron a súa preocupación por
unha infraestrutura clave da coordinación da eurorrexión. O presidente da Xunta, Emilio Pérez
Touriño, explicou que o proxecto sigue adiante, pero cambia de calendario. Pola súa banda, o alcalde
de Porto, Rui Rio, explicou que só aceptará a decisión gobernamental no caso de que sirva
para equilibrar financeiramente ao país. Debido a súa crise económica, o goberno socialista
de José Sócrates decidiu sacrificar o AVE a Galicia e só manter a liña Lisboa-Madrid. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).
Emigración
Unha aposta pola mocidade
A primeira viaxe do secretario xeral de
Emigración, Manuel Luis Rodríguez, a Uruguai e Arxentina, inclúe á mocidade como elemento
central das xuntanzas, ademais dos encontros cos presidentes dos centros galegos e as autoridades nacionais. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Folga por cese do caladoiro da NAFO
Convocados pola CIG, un centenar de mariñeiros
vigueses, afectados polo cese da pesca do caladoiro do Atlántico Norte, realizaron unha folga co peche das
dependencias do Instituto Socila da Mariña, ante o retraso no cobro das axudas. (Fonte: La Voz de Galicia).
China
Baiona recibe ao experto chino Zhu Lun
O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez
Almuiña, recibiu ao profesor Zhu Lun, experto en etnoloxía, antropoloxía e nacionalidades
minoritarias da Universidade de Beijing. Lun estivo acompañado polo director do Instituto Galego de Análise
e Documentación Internacional, IGADI, Xulio Ríos, onde participa durante tres meses, nun programa
de intercambio, como bolseiro de Casa Asia e o Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 28/10/2005 |
 |
Cultura
Frida Kahlo en Santiago
Co patrocinio da Fundación CaixaGalicia
e adiantándose ao centenario da artista mexicana, unha exposición ata xaneiro de 2006 na capital
galega sobre Frida Kahlo, as súas obras pictóricas, fotografías e outros elementos da cultura
do seu país, levantou unha grande expectación mundial. Por ser a primeira vez que se presenta esta
exposición en España, se espera unha asistencia de 100.000 visitantes, cunha media de 1.200 persoas
diarias. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
O AVE no Cumio de Évora
Os plan de enlace ferroviario entre España
e Portugal serán os temas principais do Cumio na cidade portuguesa de Évora a mediados de novembro,
especialmente no relativo ao AVE Vigo-Porto. Tanto José Luis Rodríguez Zapatero como o primeiro ministro
luso José Sócrates esperan desbloquear os retrasos nas obras a fin de impulsar os traballos a partir
do 2008. (Fonte: El Correo Gallego).
Intercambio científico con Portugal
A Real Academia Galega de Ciencias celebrou
as XIV Xornadas Luso-Galaicas de Ciencias e Desenvolvemento nun intercambio de ideas con concellos e institutos
do norte de Portugal. Do mesmo xeito, o reitor da USC, Senén Barro, realizou unha intervención da
universidade lisboeta de Columbus, como unha contribución á evolución dos campus universitarios
en Europa e América Latina. (Fonte:
El Correo Gallego).
Eurodeputados apoian candidatura galaico-portuguesa
Vintecatro eurodeputados de España,
Italia e Portugal entregaron na sede da UNESCO en París a declaración de apoio á candidatura
do Patrimonio Inmaterial galaico-portugués, destacando “a cooperación transfronteiriza entre dous
países da UE” nos ámbitos educativo e cultural e como “instrumento para evitar a desaparición
dunha cultura común”. (Fonte: Faro
de Vigo).
Marrocos
Documental conxunto galego-marroquí
A Casa de Galicia de Madrid foi o escenario
da presentación documental “Hanan: de Marruecos a Galicia. Lo que nos une”, unha coprodución de Filmax
e a CRTVG en catro linguas: árabe, galego, francés e castelán, que trata da historia dunha
rapaza galega de nacemento pero de orixe bereber, con todas as referencias das súas experiencias en ámbolos
dous países. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 27/10/2005 |
 |
Unión Europea-Solidariedade
Mozos pola integración
O director xeral de Xuventude e Solidariedade,
Rubén Cela, recibiu a 36 mozos e mozas que participan nun intercambio xuvenil multilateral ao abeiro do
Programa Xuventude da Unión Europea, baixo o título “Mozos pola solidariedade e a integración”,
cuxa finalidade consiste en poñer en valor a diversidade cultural das distintas realidades europeas. No
intercambio xuvenil multilateral participan mozos e mozas de Bulgaria (rexión de Veliko Tarnovo), Grecia
(Macedonia), Portugal (Porto) e Galiza.
(Fonte: www.xornal.com).
Solidariedade
A Xunta, coas vítimas de Centroamérica
e Paquistán
O conselleiro de Presidencia, Administracións
Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, explicou que, a principios de outubro, a Axencia
Humanitaria de Galicia realizou unha achega de 25.000 euros en axuda sanitaria, a través da Axencia Española
de Cooperación Internacional (AECI), para os afectados pola tormenta Stan en O Salvador. Uns 35.000 euros
foron enviados a Paquistán para axudar ás vítimas do recente terremoto. (Fonte: www.xornal.com).
Inmigración
La Caixa axuda aos inmigrantes de Galicia
A entidade financeira catalá concedeu,
a través da súa obra social, unha achega total de 134.900 euros a nove proxectos de ONGs galegas,
orientados á integración social dos inmigrantes, incluídos no Programa Inmigración
2005. Neste programa, a entidade bancaria investiu un total de 3,2 millóns de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).
Emigración
Polémica polas misións
comerciais a América Latina
O PP criticou ante o Concello de Santiago
as viaxes realizadas polo concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, a América
Latina, especialmente a Brasil e Venezuela. As principais críticas se enfocaron na viaxe a Venezuela, xa
que o PP considera que “moitos empresarios están descontentos co goberno de Hugo Chávez” e, polo
tanto, “están buscando investimentos fora deste país”.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 26/10/2005 |
 |
Solidariedade
“Bo Café” de Colombia e África
O director da ONG pontevedresa “Amarante”,
Xoán Hermida, e a coordinadora do programa “Bo Café”, Belén Rey, se reuniron co vicepresidente
de Igualdade e Benestar da Xunta, Anxo Quintana, para explicar un programa cuxo obxectivo é a utilización
do café de comercio xusto procedente de Colombia e África.
(Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Se duplica o número de estranxeiros
Segundo datos do ministerio do Traballo,
a poboación estranxeira legal asentada en Galicia se duplicou nos derradeiros catro anos, e supera os 45.000
cidadáns, incluso achegándose aos 60.000 segundo os patróns municipais. O perfil do estranxeiro
afincado en Galicia é orixinario de Portugal, Arxentina, Colombia e Marrocos, cunha idade media de 36 anos.
Un 84% dos estranxeiros se atopan na idade laboral.
(Fonte: Faro de Vigo).
Portugal
Cumio da comunicación lusófona
en Galicia
Máis de tres centos investigadores
e profesionais do sector audiovisual dos países lusófonos se reunirán na sétima edición
do Congreso Internacional da Comunicación Lusófona, Lusocom 2006, a celebrarse en abril do 2006 na
USC. Noutro orde de ideas, o gobernador civil da localidade portuguesa de Vila Real, Dr. António Martinho,
comprometeuse a transmitir ao goberno de Lisboa o seu apoio á candidatura do patrimonio inmaterial galaico-portugués.
Martinho fixo esta declaración durante o coloquio “As tradicións orais Galego-Portuguesas”. (Fonte: www.vieiros.com).
Apoio ás pemes galaico-portuguesas
O foro da Excelencia da Confederación
de Empresarios de Ourense, CEO, presentou a II edición dos premios Transfronteirizos á Excelencia
Empresarial, coa finalidade de recoñecer o traballo das Pemes do sur de Galicia e norte de Portugal. (Fonte: Faro de Vigo).
Cultura
O cinema árabe en Santiago
A inauguración do Festival de Cinema
Árabe “Amal 2005” en Santiago de Compostela, permitiu a participación do director libanés
Assad Fouladkar, e a proxección da súa película “Quand Maryam c´est devoilée”,
candidata aos Premios Oscar 2003. O festival se centrou na proxección de cintas relativas ao conflito palestiniano
e a situación da muller nos países árabes.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Turismo
Congreso mundial sobre a Costa da Morte
A localidade de Corcubión inaugurou
o I Congreso de Turismo da Costa da Morte, baixo o lema “Fin do Camiño, fin da terra”. No encontro participaron
expertos en turismo de Gales, Irlanda, Francia e Galicia. O congreso ten o patrocinio da Deputación de A
Coruña, cun orzamento de 40.000 euros.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Plan europeo para a recuperación
dos caladoiros
Os ministros de Agricultura e Pesca da
UE aprobaron un plan de recuperación da pescada e cegala no mar Cantábrico, o oeste de Galicia fronte
ás Rías Baixas, e o sudoeste da costa portuguesa. O obxectivo é favorecer a rexeneración
deses caladoiros nun prazo de dez anos.
(Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 25/10/2005 |
 |
Inmigración
Orzamento estatal para integración
de inmigrantes
A secretaría Xeral de Estado para
a Inmigración e Emigración, Consuelo Rumí, e o conselleiro da Presidencia, José Luis
Méndez Romeu, asinaron en Santiago un convenio no que Galicia recibirá 1 millón 832 mil euros
para a acollida, integración e reforzo educativo dos inmigrantes residentes na nosa Comunidade. (Fonte: El Correo Gallego).
Xacobeo
O Camiño mais universal
No marco do Congreso Internacional de
Asociacións Xacobeas celebrado na localidade leonesa de Ponferrada, se estipulou a posible creación
dunha Federación Mundial do Camiño de Santiago, impulsada por expertos da ruta xacobea como os profesores
Paolo Caucci e o alemán Roberto Plötz. No encontro participaron expertos de España, Alemaña,
Reino Unido, Italia, Francia, México e EEUU.
(Fonte: El Correo Gallego).
Ambiente
Eslovenia interesada en seguridade portuaria
Un grupo de expertos na loita contra a
contaminación que operan no porto esloveno de Koper visitaron A Coruña para estudar os sistemas de
seguridade e resposta ante os vertidos da dársena local.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia
A cobertura mediática da Volvo
Ocean Race
Uns 340 xornalistas foron acreditados
pola organización da competición naval Ocean Volvo Race, provenientes de medios de comunicación
de máis de 24 países, para a transmisión da partida deste competición dende Vigo. O
inicio e a cobertura semanal da Ocean Volvo Race poderá seguirse en programas como o Gillette World Sport,
con audiencia en 150 países. (Fonte:
Faro de Vigo).
 |
| 24/10/2005 |
 |
Economía
Santiago busca investimentos estranxeiros
en polígonos
O concello santiagués buscará
novos investimentos para os futuros polígonos de A Sionlla, Lavacolla e San Marcos, entre os empresarios
galegos residentes en Venezuela, México e Brasil. Segundo un estudo realizado polo Observatorio do IGADI,
o empresariado galego destes tres países posúen expectativas idóneas paro os investimentos,
polo que o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, viaxará ás
cidades venezolanas de Caracas, Valencia e Maracai, para promocionar as parcelas santiaguesas. (Fonte: La Voz de Galicia).
Arxentina
Escasa participación electoral
en Vigo
Tan só 25 dos 289 inmigrantes arxentinos
censados no Padrón electoral do Consulado Xeral da Arxentina en Vigo, acudiron a votar nas eleccións
lexislativas celebradas do domingo 23 no país suramericano. O consulado vigués aglutina aos arxentinos
empadroados en Galicia, Asturias, León e Zamora, para os cales o voto no exterior é voluntario. (Fonte: Faro de Vigo).
Unión Europea-Pesca
Buscan rescatar plan pesqueiro en Luxemburgo
A xuntanza dos ministros de Pesca da UE
intentará buscar consenso para as medidas de recuperación da pescada e a cegala nas augas ibéricas,
cuxo plan actual afecta a costa atlántica galega, as augas do mar Cantábrico, Portugal e o Golfo
de Cádiz. (Fonte: Faro de Vigo).
Emigración
Proxecto “Convive Máis” para os
emigrantes
A Secretaría Xeral de Emigración
traballa no Proxecto “Convive Máis” (migracións, autoemprego e integración social), coa finalidade
de fomentar a creación de empresas entre emigrantes retornados e inmigrantes. O proxecto está cofinanciado
polo Fondo Social Europeo, dentro da iniciativa comunitaria Equal, cun investimento de 1,4 millóns de euros
para o período 2004-2007. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Cultura
Galicia protagonista da Feira do Libro
de Sao Paulo
A literatura galega será a principal
protagonista da Feira do Libro de Sao Paulo do vindeiro ano, segundo confirmou o presidente da Asociación
Galega de Editores, Miguel Anxo Fernán-Vello. O acordo foi pechado na Feira do Libro de Frankfürt cos
representantes da Asociación de Pequenos e Medianos Editores do Brasil, o cal tamén ten como obxectivo
lograr que Galicia sexa convidada na Feira do Libro de Guadalajara, en México, a mais importante de América
Latina. (Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Encontro galaico-portugués de
editores
Baixo o lema “Educación para a
Cidadanía”, se celebrará en novembro na localidade de A Guarda, a novena edición dos encontros
galego-portugueses de Educadores para a Paz, coa participación do colectivo Educadores/as pola Paz-Nova
Escola Galega, o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña, e o Movemento
de Educadores para a Paz de Portugal. (Fonte:
www.vieiros.com).
 |
| 23/10/2005 |
 |
Cultura
A expansión editorial galega
A editorial galega Kalandraka, participante
xunto a outras editoriais galegas na Feira do Libro de Frankfürt, acordou a publicación dalgúns
dos seus libros en Israel, Corea do Sur, Brasil e Italia, coas traducións aos seus respectivos idiomas. (Fonte: Faro de Vigo).
Unión Europea-Pesca
Bruxelas beneficia a Lisboa sobre Vigo
A Axencia Europea para a Seguridade Marítima,
ESMA, con sede en Lisboa, recibirá da Comisión Europea uns 154 millón de euros no período
2007-2013, más do dobre da asignada por Bruxelas á Axencia Europea de Control da Pesca de Vigo. (Fonte: La Voz de Galicia).
Xacobeo
O Camiño deber recobrar a identidade
europea
Segundo expertos reunidos no VII Congreso
Internacional de Asociacións Xacobeas, celebrado en Ponferrada, a auxe turística e xeográfica
do Camiño de Santiago debe permitir a recuperar esa unión e identidade europea. No congreso participaron
representantes de 20 países, incluíndo expertos como Paolo Caucci, da universidade de Perugia, e
Roberto Plötz, presidente da asociación xacobea xermana.
(Fonte: El Correo Gallego).
Acción Exterior
Semana Verde en Moscova
O presidente da Fundación Semana
Verde de Galicia, José Maril Sánchez, visitou a capital rusa para promocionar o recinto feiral de
Silleda, como parte dunha invitación ao LXXII Congreso da Unión de Feiras Internacionais, xunto a
265 institucións feirais do mundo.
(Fonte: El Correo Gallego).
Sociedade
Finaliza mediación galega no conflito
Siemens-Arxentina
O catedrático de Dereito Civil
e ex director da Escola Galega de Administración Pública, Bello Janeiro, concluíu en Washington
a súa mediación no Tribunal Internacional de Arbitraxe, na disputa de 600 millóns de dólares
que a firma alemá reclama por indemnización pola anulación dun contrato para implantar un
sistema de elaboración de DNI no país suramericano.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 22/10/2005 |
 |
Economía
Toyota estuda a plataforma viguesa
Os directivos da empresa automobilística
xaponesa se reuniron co presidente da Autoridade Portuaria, Abel Caballero, coa finalidade de estudar a posible
utilización da costa viguesa como canal de entrada para case o 50% das súas exportacións á
UE. Toyota xa había optado por Vigo como plataforma para o almacenamento e distribución. (Fonte: La Voz de Galicia).
Cooperación
Plan de Estudos con universidade rusa
A Entidade Universitaria de Posgrao adscrita
á Universidade de San Petersburgo, abriu o curso de Prevención de Riscos Laborais, Calidade, Medio
Ambiente e Recursos Humanos, acto no que estivo presente o rector desa casa de estudos, Sergei Lisitsyn. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Porto Exterior
Vázquez aposta polos fondos comunitarios
O alcalde de A Coruña, Francisco
Vázquez, asegurou ter a convicción de que o proxecto do porto exterior de A Coruña contará
cos fondos comunitarios “bastante antes” do 31 de decembro, debido a que xa está adoptada a resolución
da UE sobre a asignación destes fondos.
(Fonte: El Correo Gallego).
Cooperación
A Brilat enviará soldados a Paquistán
Un continxente de 150 efectivos serán
enviados pola Brigada Lixeira Aerotransportable, Brilat, dende Pontevedra a Paquistán, para labores humanitarias
tralo terremoto ocorrido o pasado 8 de outubro. A Brilat trasladará unha compañía de enxeñeiros
e unha unidade de loxística, ás rexións de Cachemira e North West Frontier. (Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Publican guía de axuda para inmigrantes
A Deputación Provincial de Pontevedra
adxudicou á Fundación Fesán a elaboración dunha guía de información de
recursos para inmigrantes e emigrantes retornados, dentro do proxecto Cidade +, nas áreas de asesoramento,
formación de cursos e orientación para o autoemprego.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 21/10/2005 |
 |
Portugal
Aumenta a prostitución na fronteira
con Galicia
Un estudo elaborado por universidades
portuguesas explica o repentino aumento da prostitución nas rexións fronteirizas de Portugal, Galicia
e Castela-León, ao mesmo tempo que critica a “ambigüidade lexislativa” e as súas consecuencias
nas mulleres, pola situación de “desigualdade e privación de dereitos elementais”. (Fonte: La Voz de Galicia).
Integración sociolaboral e negocios
con Portugal
En novembro celebrarase na USC o Congreso
Internacional de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo, co obxectivo de fomentar a integración
sociolaboral e intercultural, conforme aos obxectivos do Consello Europeo de Lisboa do 2000 de alcanzar, dentro
da UE no 2010, unha economía baseada no coñecemento. Do mesmo xeito, a Confederación de Empresarios
de Pontevedra celebrou en Vigo unha xornada informativa de negocios con Portugal. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Galicia
Moratinos insta a Bruxelas a adoptar
o galego
O ministro de Asuntos Exteriores, Miguel
Ángel Moratinos, enviou ao Parlamento Europeo unha carta solicitando o asinamento do protocolo sobre o uso
do galego nesa institución, unha reclamación que se estende ás outras linguas cooficiais do
Estado español, o euskera e o catalán. O texto recolle a proposta de organizar a chegada e saída
de cartas neses idiomas e a intervención dos eurodeputados nas súas linguas. (Fonte: La Voz de Galicia).
Economía
Losán abre planta en Romanía
O grupo madeireiro galego abriu unha segunda
planta á aforas de Bucarest, cun investimento calculado en cinco millón de euros, e que ven a integrar
a filial do grupo na localidade de Brasov. Losán abriu outras tres fábricas nos derradeiros catro
anos, dúas en Romanía e unha en Holanda. A compañía galega se converteu no segundo
maior fabricante europeo de chapa de madeira e unha das referencias no mercado mundial de mobles. (Fonte: La Voz de Galicia).
Diáspora
As imaxes gráficas da emigración
galega
A exposición do vigués Delmi
Álvarez no Centro Social Caixanova, titulada “Galegos na diáspora”, amosa 85 imaxes e algúns
obxectos vencellados a viaxes realizados polo autor entre 1989 e 2005 a lugares como Tanzania, Xapón, Israel,
a Patagonia, Escandinavia, Camerún ou Nova York, na busca da presenza da emigración galega. (Fonte: La Voz de Galicia).
Turismo
Superado o récord de turistas
nos nove primerios meses de 2005
Segundo o ministerio de Industria, Turismo
e Comercio no seu informe “Enquisa dos Movementos Turísticos na Fronteira”, o número de turistas
que se achegaron a Galicia nos primeiros nove meses de 2005 superou o récord do ano anterior, nun 14,4%,
667.157 turistas. No Ano Santo 2004, a nosa Comunidade rexistrou o maior número de turistas da súa
historia. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 20/10/2005 |
 |
Xunta
Bolsas para estudar inglés no
estranxeiros
Un total de 3.000 bolsas de mil euros
cada un foron aprobadas como segunda medida social do goberno de Emilio Pérez Touriño, para todos
aqueles mozos que desexen aprender o inglés no Reino Unido e Irlanda. A medida formará parte do orzamento
do 2006 e terá un custe de tres millóns de euros.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Cooperación
Air France aposta por Vigo
Ante a apertura do novo aeroporto de Sá
Caneiro en Porto e a súa intención de copar un maior tráfico aéreo que os tres aeroportos
galegos, a compañía aérea francesa informou que manterá a súa conexión
diaria co terminal vigués de Peinador. Neste sentido, Air France anunciou a apertura en novembro dun cuarto
voo diario entre Vigo e París. (Fonte:
Faro de Vigo).
Unión Europea-Pesca
Bruxelas nega futuras indemnizacións
a pescadores galegos
Un xulgado de primeira instancia da UE
decidiu desestimar a posibilidade de aplicar no futuro indemnizacións aos pescadores galegos de cerco afectados
polo intercambio ilegal de cotas que, entre 1996 e 2001, mantiveron Portugal e Francia co beneplácito do
Consello Europeo. A demanda fora presentada por profesionais españois, en representación de armadores
de Guizpúcoa e Bizkaia, que se consideraban prexudicados por esta especie de “troque”. (Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
Estranxeiros afiliados á Seguridade
Social
Uns 28.170 estranxeiros en Galicia están
afiliados á Seguridade Social, o cal constitúe un 1,66% a nivel estatal, unha das cifras máis
baixas. Cidadáns de Romanía, Ecuador, Marrocos, Colombia, Arxentina, China, Bulgaria, Ucraína,
Bolivia, Perú, Gran Bretaña, Italia e Portugal figuran entre os asociados ao sistema español. (Fonte: El Correo Gallego).
Cultura
A cultura galega chega a Alemaña
O Director Xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará, entrevistouse en Tréveris
co director do Galicien-Zentrum, Dieter Kremer para poñer as bases dun acordo de colaboración que
permitirá difundir a cultura galega en Alemaña. Entre as principais accións a desenvolver
están a presentación da candidatura das tradicións orais galego-portuguesas para Obra Mestra
do Patrimonio Inmaterial pola Unesco, a celebración do próximo Galicien Tag (Día de Galiza)
e a conmemoración do centenario do nacemento de Luís Tobío. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 19/10/2005 |
 |
Unión Europea-Educación
30.000 euros para bolsas de posgrado
O Parlamento de Galicia destinará
30.000 euros nunha convocatoria de bolsas de posgrado (que poden durar entre tres meses e un ano) para estudantes
galegos que desexen continuar a súa formación en centros da UE. As áreas escollidas son Socioloxía,
Ciencias Políticas, Dereito e Ciencias da Información.
(Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Medra poboación estranxeira en
Galicia
Segundo o Consello Económico, durante
o 2004, a poboación inmigrante aumentou un 20% na nosa Comunidade, ascendendo a 70.000 persoas, un 2,5%
da poboación galega. En Pontevedra reside case a metade –27.000-. Portugal, Colombia e Arxentina lideran
os países de orixe dos inmigrantes.
(Fonte: Faro de Vigo).
Cultura galega
Seminario sobre a lingua galega en Irlanda
Monica Seefeldt, da Universidade de California,
impartirá un seminario na localidade irlandesa de Cork sobre a planificación do galego, baseándose
nas funcións da Real Academia Galega, como parte dunha tese doutoral da autora. O seminario é organizado
polo Centro Irlandés de Estudos Galegos e é financiado pola Xunta. (Fonte: www.vieiros.com).
Cooperación
Embaixador de Bangladesh visita Turisport
O diplomático Anwar Ul Alam visitou
as instalacións da feira Turisport en Silleda e amosou o seu interese polos vehículos Uro, os barcos
e as casas prefabricadas. O embaixador explicou que a inexistencia dun corpo diplomático español
no seu país dificulta un maior coñecemento para realizar investimentos. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Piden renovación do acordo con
Mauritania
Os tres grupos parlamentarios aprobaron
unha proposición non de lei na que insta á Xunta para que presente ante o goberno central e a UE
un plan de renovación do acordo de cooperación pesqueira coa República Islámica de
Mauritania, onde fanan 44 buques galegos ata o 2011.
(Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
InfoBrion.com trunfa en Portugal
O portal electrónico InfoBrion.com
e a USC levan a cabo un estudo sobre o impacto das novas tecnoloxías en 18 cidades de Galicia e o norte
de Portugal, na que o portal electrónico galego tivo unha gran receptividade como modelo de difusión
nun congreso na localidade portuguesa de Évora.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 18/10/2005 |
 |
Prestige
115 millóns de euros polo Prestige
En Londres, o Fondo Internacional de Compensación
de Danos por Contaminación de Hidrocarburos, FIDAC, concluíu a xestión por indemnizacións
á catástrofe producida polo Prestige, no que España recibirá un monto de 115 millóns
de euros dos 148 millóns propostos para reparto.
(Fonte: Faro de Vigo).
Acción Exterior
Pesca e turismo para Costa Rica
De visita en Santiago, trala súa
participación no Cumio Iberoamericano de Salamanca, o presidente costarricense Abel Pacheco asegurou ao
seu homólogo galego, Emilio Pérez Touriño, o interese do seu goberno en cooperar coa Xunta
na implantación no seu país do modelo de turismo rural e xestión de recursos pesqueiros en
Galicia. (Fonte: Faro de Vigo).
Economía
A experiencia francesa e galega
Os empresarios franceses do sector téxtil
e químico-medioambiental se reuniron en Vigo con representantes da industria galega e española nun
seminario de competitividade, onde expuxeron a situación que atravesan os seus sectores. Por parte gala
participaron o representante do instituto francés do Téxtil e a Confección, M. Glade, et Pascal
Barthelémy, director químico-ambiental do distrito de Lyon e Ródano-Alpes. (Fonte: Faro de Vigo).
Solidariedade
Menciñas para Guatemala e O Salvador
Unha tonelada de axuda farmacolóxica
para os dous países centroamericanos afectados polo paso do furacán “Stan” foron enviados pola Dirección
Xeral de Cooperación Exterior da Xunta, a través da Axencia Humanitaria de Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).
Sucesos
Atopan cadáver do galego desaparecido
en Montevideo
Axentes da Prefectura da capital uruguaia
atoparon nas augas do porto de Montevideo o corpo sen vida do mariñeiro galego Alfaro Soliño Chapela,
de 49 anos. Soliño Chapela desapareceu o pasado 7 de outubro. Aínda que non se coñecen os
resultados da autopsia, se manexan as hipóteses de que o mariñeiro caera ás augas ou ben fora
atacado por ladróns, por posuír 900 euros no seu poder.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 17/10/2005 |
 |
Venezuela
Chávez propón “alianza
estratéxica” con Galicia
No marco da súa visita a Santiago
de Compostela, o presidente venezolano Hugo Chávez asegurou ao seu homólogo galego Emilio Pérez
Touriño, a súa vontade de establecer unha “alianza estratéxica” con Galicia, simbolizando
tamén unha “nova era” nas relacións entre ambos pobos. Chávez salientou o seu compromiso de
comprar patrulleiras ao artilleiro vigués Rodman Polyships.
(Fonte: Faro de Vigo).
Unión Europea-Pesca
Rexeitan veda europea para a costa galega
O goberno español rexeitou as condicións
expostas por Bruxelas de veda das costas galegas na captura de cigala e merluza, e negocia un plan alternativo
conxunto con Portugal. A flota galega é a máis prexudicada pola tese de Bruxelas, xa que afectaría
un segmento importante da súa actividade pesqueira.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
EEUU demanda a armador de Ribeira
O Departamento de Xustiza estadounidense
reclamou ao armador ribeirense Antonio Vidas Suárez, acusado de intentar introducir ilegalmente 25.000 quilos
de pescado protexido polas convencións internacionais (bacallao e merluza negra). Se enfronta á posible
pena de vinte anos de cárcere. Vidas Suárez xa fora demandado noutras ocasións por pesca ilegal
en Australia, Francia e Inglaterra. (Fonte:
El Correo Gallego).
 |
| 16/10/2005 |
 |
Inmigración
O paraíso galego dos subsaharianos
Segundo testemuñas de inmigrantes
procedentes de Senegal ou Cabo Verde, algúns deles tiveron que aforrar durante 15 anos para emigrar a Galicia.
A nosa Comunidade conta con 53.888 inmigrantes de América Latina, África e Europa do Leste e existen
barrios mestizos e multiculturais como o da Sagrada Familia en A Coruña. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Vigofeira 2005 con Portugal
A duodécima Feira Multisectorial
Vigofeira 2005, reunirá a mil firmas da industria, comercio e servizos de Galicia e Portugal entre finais
de outubro e comezos de novembro. O evento do 2004 reuniu a mais de 80.000 persoas. (Fonte: La Voz de Galicia).
Cultura
O libro galego na Feira de Frankfurt
A prestixiosa feira alemá a celebrarse
de mediados de outubro ata novembro, contará coa participación das editoriais da Asociación
Galega de Editores, como Edicións Cumio, Galaxia, Espiral Maior, Hércules de Edicións, Kalandraka
Editora, Nova Galicia Edicións e OQO. Os editores galegos estarán representados na persoa de Miguel
Anxo Fernán Vello. (Fonte: www.vieiros.com).
 |
| 15/10/2005 |
 |
Pesca
Desaparecido mariñeiro galego
en Uruguai
Ángel Soliño Chapela, mariñeiro
de Cangas, atópase desaparecido desde o 6 de outubro, cando chegara a Montevideo coa embarcación
“Baffin Bay”. Non obstante, Soliño non lle foi permitido o pase ao porto por carecer de licenza, polo que
provocou un altercado e a súa posterior detención. Trala súa liberación, non regresou
a súa embarcación, polo que se atopa en paradoiro descoñecido. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea
Galicia espera cumprir obxectivo laboral
para o 2010
O Anuario Estatístico Eurostat
2005 considera que Galicia está entre as autonomías con capacidade de alcanzar unha taxa de emprego
do 70% para o 2010, coincidindo cos obxectivos establecidos pola Unión Europea na Estratexia de Lisboa de
2000. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Bugallo defende o patrimonio galaico-portugués
A conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela
Bugallo, defendeu en Madrid a candidatura das tradicións orais galaico-portuguesas á cualificación
de Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade da UNESCO. Bugallo explicou a antigüidade deste patrimonio,
cunhas orixes que se remontan á época medieval e que por vez primeira dous países da UE, como
España e Portugal, defenden unha candidatura deste tipo.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
Vigo espera empradroar inmigrantes
O concello vigués comezou un operativo
para empadroar a 5.761 inmigrantes, mediante a renovación do seu empadroamento antes do 22 de decembro.
Os medios deste operativo son a notificación domiciliaria, carteis e informativos radiais por medio das
asociacións de estranxeiros. (Fonte:
La Voz de Galicia).
 |
| 14/10/2005 |
 |
Portugal
A Xunta apoia candidatura galaico-portuguesa
Una declaración institucional aprobada
na xuntanza do Consello da Xunta, transmitida aos gobernos español e luso así como á UNESCO,
expresa o apoio público do goberno galego á candidatura do Patrimonio oral galaico-portugués
como Obra Mestra do Patrimonio Oral da Humanidade pola UNESCO. A Xunta considera que este recoñecemento
“consolidaría e impulsaría as relacións institucionais entre Galicia e o Norte de Portugal”
e contribúe ao coñecemento mutuo entre ambos pobos. Pola súa banda, o embaixador de Brasil
ante a UE, Jerónimo Mocardo, tamén amosou a súa aprobación da candidatura. (Fonte: El Correo Gallego e www.vieiros.com).
Emigración
Apoian o voto emigrante directo
O anteproxecto de lei do estatuto dos
cidadáns no exterior, presentado ante o Consello de Ministros en Madrid, estipula que os emigrantes galegos
poderán votar directamente nas urnas, e non por correo, nas próximas eleccións autonómicas.
As urnas se colocarán nas embaixadas e consulados dos respectivos países. O estatuto tamén
contempla o compromiso de asegurar unha permanente actualización do censo electoral. (Fonte: El Correo Gallego).
Educación
A USC xestiona o maior fondo europeo
universitario
A creación de Uninvest nas instalacións
da Universidade de Santiago permitirá a esta casa de estudos a xestión do maior fondo de capital
risco de base universitaria en toda a Unión Europea, cun orzamento de 13 millóns de euros que poderían
achegarse aos 20 millóns coas achegas de empresas e entidades bancarias como Inditex, Caixa Galicia ou o
BSCH. O proxecto orixinal foi concibido no 2000 polas tres universidades galegas e, na actualidade, se engadiron
16 universidades españolas. A súa finalidade é financiar empresas de base tecnolóxica
xurdidas das facultades universitarias.
(Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).
 |
| 13/10/2005 |
 |
Venezuela
Chávez negocia embarcacións
antidroga
O presidente venezolano Hugo Chávez
asinará coa empresa viguesa Rodman unha carta de intencións para a construción de embarcacións
destinadas á loita antidrogas. Chávez visitará Galicia o domingo 16 de outubro para entrevistarse
co presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, onde tamén aproveitará para dar a coñecer
a nova liña aérea venezolana, Conviasa, e a súa conexión Caracas-Santiago. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Abordan situación da flota galega
na NAFO
A conselleira de Pesca, Carmen Gallego,
recibiu aos representantes de Aetinape e os capitáns dos buques galegos que fanan no caladoiro da NAFO para
estudar medidas económicas e sociais, coa finalidade de paliar as consecuencias do paro biolóxico
e a redución de unidades pesqueiras.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Solidariedade
Médicos galegos para América
Central
Debido ao devastador paso do furacán
Stan, médicos, enfermeiras e técnicos galegos partirán a Nicaragua e Honduras, como parte
dunha iniciativa da ONG Solidariedade Internacional. Do mesmo xeito, un médico galego con experiencias en
23 países do Terceiro Mundo, partirá en misión sanitaria ao Sáhara occidental. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 12/10/2005 |
 |
Deportes
Uruguai, rival da selección galega
O primeiro encontro internacional da selección
galega de fútbol será o 29 de decembro de 2005 en San Lázaro contra a selección de
Uruguai. O director xeral para o Deporte, Santiago Domínguez, e a conselleira de Deportes da Xunta, Ánxela
Bugallo, presentaron o uniforme da selección galega, cos cores azul e branco. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Buscan apoio parlamentario europeo
Os promotores da candidatura que pretende
conquerir para a cultura galaico-lusa a declaración de Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial da Humanidade,
que concede a Unesco, presentaron o seu proxecto en Bruselas para recabar o apoio de varios membros do Parlamento
Europeo. Os eurodeputados comprometéronse a elaborar un manifesto conxunto na súa defensa, que será
redactado nos próximos días.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 11/10/2005 |
 |
Venezuela
Chávez e Touriño asinarán
acordos
O mandatario venezolano Hugo Chávez
e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, se reunirán en Santiago o domingo 17 para asinar
acordos en materia agrícola, turística e da industria de aviación. O presidente venezolano
visitará Galicia trala súa participación no Cumio Iberoamericano de Salamanca. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Incerteza para faenar en Marrocos
Segundo fontes do BNG, o ministerio de
Pesca non aclarou as cifras dos buques galegos que poderán fanar nas augas marroquís, baixo o amparo
do acordo que Rabat está negociando con Bruxelas para o retorno na flota comunitaria ás súas
augas xurisdiccionais. (Fonte: La Voz de
Galicia).
 |
| 10/10/2005 |
 |
Portugal
Plan de incendios conxunto
A creación entre Galicia e o norte
de Portugal dun amplo parque natural transfronteirizo permitiu ao conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez,
impulsar un acordo de cooperación entre Galicia e Portugal do ano 1997, sobre a prevención de incendios
forestais entre a zoa do parque natural portugués de Peneda-Geres e o ourensán de Baixa Limia-Serra
de Xurés. (Fonte: El Correo Gallego).
Emigración
O labor do Centro Arxentino de O Carballiño
Esta organización creada no 2005
nesta localidade ourensá pretende orientar, formar e axudar aos emigrantes retornados dese país suramericano,
baixo a dirección de Aldo Julio Bosero Olivieri, nativo bonaerense de oitenta anos. Segundo cifras que manexa
o seu director, en O Carballiño se atopan 700 inmigrantes e emigrantes retornados. (Fonte: El Correo Gallego).
Venezuela
A promoción de Santiago en Venezuela
O coordinador dos Foros Bilaterais, Laudelino
Pellitero, realizou unha visita ás cidades de Caracas e Maracai para iniciar os primeiros contactos que
permitan promocionar, cultural e economicamente, á capital galega dentro do mercado venezolano. A visita
institucional se realizará a mediados de novembro, coa presenza do concelleiro de Promoción Económica
e incluirá tamén as cidades de Valencia e Maracaibo, con xuntanzas coas autoridades locais, empresarios
galegos e a colectividade emigrante.
 |
| 09/10/2005 |
 |
Turismo
Ferrol busca o recoñecemento da
UNESCO
O Congreso sobre Patrimonio Mundial Iberoamericano
que se celebrou en Madrid foi aproveitado polo comisario para o Patrimonio Histórico de Ferrol, Juan Antonio
Rodríguez Villasante, para promocionar a riqueza histórica da cidade coruñesa, coa finalidade
de impulsar o seu recoñecemento pola UNESCO.
(Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
O BNG alerta sobre acordo con Marrocos
A deputada nacionalista no Congreso, Olaia
Fernández, alertou sobre a posibilidade de que a flota galega que faena en Marrocos fora excluída
do acordo pesqueiro entre a UE e Rabat, ao argumentar que aínda non recibira a respostas sobre cantas embarcacións
galegas poderán faenar alí.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 08/10/2005 |
 |
Marrocos
Achegamento cultural galego-marroquí
Unha representación do PEN Clube
de Galicia, encabezada polo seu presidente, Luís González Tosar, entrevistouse coa conselleira de
Cultura, Ánxela Bugallo, para darlle a coñecer os próximos proxectos da entidade literaria,
e que se concretarán nunha maior achega á cultura de Marrocos. Estes proxectos estipulan acudir,
en febreiro do 2006, á Feira do libro de Casablanca, a máis importante do Magreb, así como
a tradución ao árabe de Se o vello Simbad volvese ás illas, de Álvaro Cunqueiro, a
cargo do profesor e escritor Larbi el Harti, da Universidade de Rabat.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Economía
A Coruña acolle a Feira Mediterranean
Experience 2006
A Cámara de Comercio da cidade
herculina realizou a presentación de Galicia nesta feira, como parte da súa participación
no Salón Internacional de Alimentos e Bebidas a celebrarse en marzo de 2006, en Miami, EEUU. O presidente
da Cámara española nesta cidade estadounidense, José Luis Esteve, explicou os canais de distribución
desta feira dentro do mercado norteamericano.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 07/10/2005 |
 |
Inmigración
Dous millóns de euros para inmigrantes
A Xunta e o goberno central aprobaron,
a través do ministerio do Traballo, un convenio por valor de 2,3 millóns de euros para a acollida
de inmigrantes residentes en Galicia, destinados á atención social e a sanidade dos estranxeiros
en situación de vulnerabilidade.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Turismo
China coñecerá o patrimonio
ferrolán
A finais de outubro, a cidade chinesa
de Xián organizará a asemblea xeral de Icomos, principal organismo asesor da UNESCO en materia de
patrimonios, onde o comisario desa entidade en Ferrol, Juan Antonio Rodríguez Villasante, impulsará
a candidatura dos castelos de San Felipe e A Palma, así como o Arsenal Militar. (Fonte: El Correo Gallego).
Emigración
Cursos de galego para retornados
O Concello de Santiago ofrecerá
obradoiros sociolingüísticos de idioma e historia galega, dentro do programa “Máis Alá”,
destinados a inmigrantes e emigrantes retornados, que se realizarán en varios colexios e institutos locais. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 06/10/2005 |
 |
Sociedade
Galicia protagonista na Slow Foot
O sector alimentario galego centrou a
atención da fundación italiana Slow Foot, creada por Carlo Petrini para potenciar a gastronomía.
Os traballos de investigación desta fundación se centraron no labor da Confraría de Lira e
as mariscadoras das Rías Baixas. Por este motivo, a actividade da Confraría de Lira se exhibirá
na feira mundial Slow Fish en Xénova, Italia.
(Fonte: El Correo Gallego).
Turismo
Un enfoque turístico cara China
O concelleiro santiagués Francisco
Candela realizou un balance da súa visita á cidade chinesa de Qu Fu, catalogada como Patrimonio da
Humanidade pola UNESCO e que forma parte do programa de revalorización turística Asia URBS Heritage
da UE, liderada por Santiago e a cidade francesa de Rennes.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 05/10/2005 |
 |
Cooperación
Clases de árabe para a integración
social
A Asociación Marroquí de
Pontevedra iniciou un curso de lingua e cultura árabes dirixida ao colectivo galego e español, coa
finalidade de romper barreiras e acabar cos prexuízos sobre esta civilización. Os programas de integración
cultural e coñecemento mutuo permiten tamén á colectividade marroquí asentada en Vilaboa,
realizar cursos de cociña e actividades deportivas.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 04/10/2005 |
 |
Brasil
Medala de Ouro para Canteiros de Poio
A localidade brasileira de Fortaleza condecorou
coa Medalla Boticário Ferreira á Escola de Canteiros de Poio, en agradecemento ao cruceiro de pedra
que regalou a esa localidade. Esta distinción foi recibida polo presidente da Deputación de Pontevedra,
Rafael Louzán, de visita en Brasil.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Galicia
Economía galega dobra a media
europea
Un informe do Consello Galego de Relacións
Laborais, concluíu que a economía galega medrou tres décimas por riba da española e
case dobrou a media europea. O informe sinala o comportamento positivo dos sectores da construción e servizos
e a baixa cualificación do sector enerxético.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 03/10/2005 |
 |
Inmigración
Os estranxeiros e a baixa demografía
galega
Segundo un estudo do Instituto Galego
de Estatística, “Proxección da Poboación en Galicia 2002-2051”, nin sequera a masiva afluencia
de estranxeiros á nosa Comunidade poderá frear a caída da poboación galega, que podería
abicarse en 284.140 persoas menos para o 2051, a pesar de que o saldo migratorio será de 484.761 persoas,
considerado como positivo pero insuficiente.
(Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Fadesa inicia construción en Budapest
O edificio Central Passage Budapest, ubicado
no casco histórico da capital húngara, comezou as súas obras financiadas polo inmobiliario
coruñés Fadesa. O ministro de Oficina de Vivenda e Construción de Hungría, Boris László,
inaugurou as obras xunto ao presidente de Fadesa, Manuel Jove.
(Fonte: El Correo Gallego).
Ambiente
Confraría de Lira fai promoción
nos países nórdicos
Estonia e Noruega foron os destinos elixidos
pola Confraría de Lira (Carnota) para participar nunha xornadas sobre desenvolvemento sostible nas zonas
pesqueiras costeiras. (Fonte: El Correo
Gallego).
 |
| 02/10/2005 |
 |
Emigración
Novas dependencias para o Consello local
de Emigración
O Concello de Santiago aprobou un orzamento
de 74.988 euros para os novos locais do Consello de Emigración que dirixe Teresa Regúlez. Este orzamento
coincide cos actos organizados por esta institución co Consulado Xeral de Uruguai e a Asociación
de Uruguaios de Compostela. (Fonte: El Correo
Gallego).
Marítima
Protestas dos mariñeiros galegos
da NAFO
Convocados pola CIG-Mar, os mariñeiros
da comarca do Morrazo que fanan nas augas dos caladoiros da NAFO no Atlántico Norte, acordaron esixir ao
ministerio de Pesca a súa participación nas negociacións que afecten a esta flota neste caladoiro. (Fonte: El Correo Gallego).
Xacobeo
Curso internacional de hospitaleiros
A Asociación Galega de Amigos do
Camiño celebrou nun albergue de Corcubión un curso de hospitaleiros coa participación de 25
voluntarios de Alemaña, Reino Unido, Portugal e España.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 01/10/2005 |
 |
Pesca
Jealsa abre factoría no Sáhara
A apertura dunha factoría de conservas,
dunha lonxitude de dez mil metros, por parte da empresa galega Jealsa-Rianxeira SA na zona de El Aiún, considerada
a capital histórica do Sáhara occidental pero hoxe baixo dominio marroquí, se suma ás
xa existentes en Chile, Guatemala e Grecia. O investimento se achegou aos 3 millóns de euros. Grupos saharauís
xa protestaran polo acordo alcanzado entre a multinacional e o goberno de Rabat. (Fonte: El Correo Gallego).
Brasil
Contacto co rural brasileiro
O conselleiro de Medio Rural, Alfredo
Suárez Canal, recibiu ao secretario de Desenvolvemento Agropecuario do Ministerio de Agricultura de Brasil,
Marcio Antonio Protocarero, onde se trataron temas relativos ás competencias dos seus respectivos departamentos. (Fonte: El Correo Gallego).
Seguridade
Cae unha rede turca de droga
A Dirección Xeral da Policía
desarticulou unha mafia de orixe turco, que distribuía heroína e cocaína en diversas provincias
españolas a través de Pontevedra. As pistas elaboradas a través dunha serie de asasinatos
por “axustes de contas” entre diversas mafias, permitiron ás autoridades a captura dos responsables, os
cales levaban anos de presenza en territorio galego.
(Fonte: El Correo Gallego).
|