Diario Exterior / abril de 2005

Igadi na Rede 

Volver
   
Diario Exterior é unha recopilación de noticias breves captadas dos xornais galegos relativas ás actividades que se desenvolven en Galicia e que teñen relación co exterior, servindo de feito como proxección exterior de Galicia e dos seus axentes, empresariais, políticos, etc.
   

30/04/2005
Portugal


Eurorrexión entra na fase tecnolóxica
O secretario xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, Jesús Gamallo Aller, anunciou a implementación dun novo plan estratéxico para a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, onde se enfatizará a innovación tecnolóxica e unha maior implicación das cidades en materia de cooperación. Gamallo fixo estas declaracións durante o foro político da Asociación de Rexións Transfronterizas Europeas, ARFE, en Mérida.
(Fonte: El Correo Gallego).

Marítima


Galicia e Indonesia cooperarán en acuicultura
A visita a Santiago do ministro de Asuntos Marítimos e Pesca do país asiático, Fredy Numbery, permitiu asinar un memorando de entendemento co conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, para aumentar a produción pesqueira e a colaboración de pescadores e acuicultores entre ambos países, así como a implementación do control de calidade e a celebración de feiras e exposicións. (Fonte: El Correo Gallego).
29/04/2005
Sociedade
Un Papa “xacobeo”
O novo Papa Bieito XVI incorporou no seu escudo heráldico unha vieira como referencia “ao emblema dos peregrinos”, segundo especialistas do Vaticano. Sendo cardeal, Joseph Ratzinger visitou seis veces España, pero en ningunha ocasión estivo en Santiago. (Fonte: El Correo Gallego).

Irmanamento


Santiago e Montevideo renovan lazos
No marco da xira dos alcaldes da Mancomunidade de Santiago, Xosé Bugallo e a concelleira de Emigración, Teresa Regúlez, se reuniron co presidente Tabaré Vázquez, descendente de galegos, e o intendente municipal da capital uruguaia, Adolfo Pérez, coa finalidade de revitalizar o convenio de irmanamento entre Santiago e Montevideo, asinado en 1996. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca


Anfaco pide a Bruxelas apertura de expediente a Tailandia
O secretario xeral de Anfaco, Juan Vieites, esixiu á UE a apertura dun expediente a este país e outros do sudeste asiático, para comprobar si cumpre co regulamento de materias primas, relativas ás súas orixes. Esta iniciativa de Anfaco é apoiada por outras empresas francesas e italianas. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima


Incerteza polas patrulleiras de Venezuela
O goberno socialista anunciou que será a empresa Navantia a que decida qué plantas se ocuparán da fabricación das patrulleiras pedidas polo goberno venezuelano, unha vez asinado o contrato. Esta afirmación é a resposta ás críticas do deputado do BNG, Francisco Rodríguez, ante a “falta de equidade á hora de repartir os pedidos”. (Fonte: La Voz de Galicia).
28/04/2005
Inmigración
Dez mil estranxeiros frean a caída poboacional galega
Segundo o derradeiro censo realizado polo Instituto Nacional de Estatística, o número de inmigrantes empadroados en Galicia aumentou no último ano un 18,21%, alcanzando un total de 69.000 estranxeiros nunha poboación de 2,75 millóns de persoas. Uns dez mil inmigrantes se achegaron no 2004, evitando así un balance demográfico negativo para a nosa Comunidade. Sen embargo, Galicia segue a estar entre as comunidades estatais con menos aportación de inmigrantes. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración


Bolsas para fillos de emigrantes
Durante a súa visita ao centro educativo Santiago Apóstol de Bos Aires, a Mancomunidade de alcaldes de Santiago asinou un documento onde se compromete a destinar un total de 4.500 euros anuais para bolsas de transporte para fillos de emigrantes galegos que vivan afastados do instituto. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca


Acusan a Madrid de recorte de fondos pesqueiros
O conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, acusou ao goberno central do recorte dos fondos europeos para a pesca galega, trala posición adoptada por España con respecto a Alemaña e Francia sobre a negociación dun novo orzamento europeo. López Veiga declarou que esta actitude “nos vai a custar caro aos galegos que dependemos da pesca”. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Ecoloxía


Conciencia estudiantil co cambio climático
Un grupo de alumnos de institutos de Noia e Moaña participan nun certame europeo sobre 100 vídeos realizados a favor da conservación do medio ambiente e a concienciación ante o cambio climático, para ser presentado en xuño, durante a Semana Verde a celebrarse en Bruxelas. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca


Frota galega beneficiada por decisión angolana
O goberno de Luanda anunciou a súa disposición de abrir os seus caladoiros aos barcos atuneiros e espadeiros europeos. A flota galega é a única que ten posibilidades para volver a faenar nas augas angolanas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Solidariedade


Cooperación e desenvolvemento dende Galicia
Hoxe se constituiron os órganos que darán vida á cooperación en Galicia: a comisión interterritorial, a comisión interdepartamental e o consello galego de cooperación ó desenvolvemento. Por unanimidade foron aprobadas as propostas de Plan Director cuatrienal e o Plan Anual de 2005.

Portugal


Galicia aumenta a súa balanza comercial
Segundo datos da embaixada española en Lisboa, Galicia exportou a Portugal produtos por valor de 1.804 millóns de euros e importou 1.336 millóns de euros no 2004, un volume superior ao 2003, cando as exportacións se situaron en 1.694 millóns de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).

Sáhara


Solidariedade entre copa e copa
“A noite máis solidaria do ano”, é unha iniciativa da ONG Solidariedade Internacional de Galicia, que buscou a aportación de 20 céntimos por cada consumición realizada en 300 locais nocturnos galegos, coa finalidade de mercar 36.600 galiñas e recuperar a actividade dunha granxa instalada por Acnur nos campamentos de refuxiados saharauís en Arxelia. (Fonte: El Correo Gallego).
27/04/2005
Diáspora
Ascenso dos votos da emigración
Un total de 305.218 galegos no exterior terán dereito a votar nas eleccións autonómicas de xuño, case tanto como o padrón electoral da provincia de Lugo. Arxentina lidera con máis de 100.000 votantes o censo electoral emigrante, que inclúe aos galegos residentes en 121 países dos cinco continentes. Tras Arxentina se sitúan Suíza, Venezuela, Uruguai e Brasil. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal


A realidade galega en Portugal
Un convenio da Secretaría Xeral para as Relacións coa UE e a Universidade de Lisboa permite a inclusión dentro da asignatura de Xeografía Rexional dunha materia dedicada ao estudo de Galicia como autonomía, rexión periférica e comunidade cunha relación privilexiada con América. Un total de 35 alumnos lusos desta universidade visitaron a nosa Comunidade para realizar traballos de investigación. (Fonte: El Correo Gallego).

Mafia luso-cigana de explotación laboral
A Policía Xudicial de Porto e a Inspección de Vila Real e Braga detiveron a 22 persoas da etnia cigana responsábeis dunha rede de trafico de persoas que enviaba a España a deficientes para ser explotados laboralmente en Galicia e Castela e León. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca


Calvo expande a súa potencialidade
Coa adquisición de Gomes da Costa, o maior grupo conserveiro de sardiña e atún en Brasil e América Latina, o grupo galego Calvo consolidou a súa posición no mercado latinoamericano, prevendo tamén a súa expansión cara EEUU e Europa do Leste e o mantemento do seu liderazgo en Italia e Portugal. O ano pasado as súas vendas se incrementaron un 19,5%. (Fonte: El Correo Gallego).
26/04/2005
Unión Europea-Educación
Galicia ingresa no programa Leonardo
Docentes e especialistas en orientación profesional educativa de Reino Unido, Noruega e Francia reuníronse con representantes da Consellería de Emigración para estudar a posibilidade dun intercambio docente e servizos de orientación educativa no marco do proxecto Academia, uns dos vértices do programa europeo Leonardo. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Fondos Europeos


Bruxelas analiza expediente do Porto Exterior
Representantes dos fondos rexionais da Unión Europea e do Banco Europeo viaxarán a Coruña para coñecer o proxecto do Porto Exterior. A Xunta espera que sexan os fondos rexionais e non os Feder os finalmente destinados ao Porto Exterior coruñés. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca


Regulamento europeo para a Axencia de Pesca
O Consello de Agricultura e Pesca da UE aprobou en Luxemburgo o regulamento comunitario definitivo para a creación da Axencia Europea de Pesca de Vigo, que comezará a aplicarse a partir de maio, segundo o comisario europeo de Pesca, Joe Börg. Do mesmo xeito, a ministra de Agricultura e Pesca, Elena Espinosa, informou do comezo dos contactos con Marrocos para o asinamento dun novo acordo pesqueiro con Bruxelas. (Fonte: El Correo Gallego).

Galicia presente na Seafood
A exposición pesqueira European Seafood en Bruxelas servirá para promover Acui2005, a primeira feira internacional de acuicultura a celebrarse en setembro en Vilagarcía. Do mesmo xeito, a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos, Anfaco, tamén participa na feira europea. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura


Laura Alonso debuta en EEUU
A soprano compostelá afincada en Berlín actuará no verán en Houston, Hollywood, Los Angeles e Nova York, como avance da súa introdución nese mercado. Alonso ten unha ampla experiencia en actuacións en Alemaña, Suíza, Irlanda, Italia, Holanda e Austria. (Fonte: El Correo Gallego).

Téxtil


A ameaza china para os textís galegos
A supresión das cotas arancelarias cos países da OMC en xaneiro pasado está a propiciar a expansión dos produtos textís chinos, debido aos seus baixos custes. En Galicia xa se sinte o impacto desta medida, xa que varios obradoiros pecharon en Ourense, A Coruña e Pontevedra. Outras empresas se trasladaron a Marrocos ou o Leste de Europa. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración


Internet para inmigrantes
A ONG ourensá “Galicia Terra de Acollida” preparou a segunda edición do curso de Internet para inmigrantes residentes na capital, coa finalidade de que os participantes poidan recibir a formación necesaria para comunicarse na rede cos seus familiares no país de orixe. (Fonte: La Voz de Galicia).
25/04/2005
Emigración
Ampliación da rede de apoio aos inmigrantes e retornados
A Consellería de Emigración realizará a apertura de seis novas oficinas nas principais cidades galegas, para a ampliación da rede de apoio aos inmigrantes e emigrantes retornados, tralo acordo asinado con 38 concellos de dúas provincias. O orzamento rolda os 640.000 euros para o 2005, case tres veces máis co ano anterior. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora


Un estradense preside a Irmandade Galega de Venezuela
Luis Couto Nogueira, natural da localidade estradense de Arnois e candidato polo Grupo Unión, foi elixido como presidente da Irmandade Galega de Caracas tras derrotar ao candidato Francisco González, abandeirado da Agrupación Galaica. A Irmandade Galega de Caracas é o segundo centro galego máis numeroso, despois de Bos Aires, e conta con 10.000 socios. (Fonte: El Correo Gallego).
24/04/2005
Mundo chinés
Taiwán presente no Igadi
O representante de Taiwán en España, Lan Chi min, visitou en Baiona a sede do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, Igadi, en compañía do director deste centro, Xulio Ríos. O diplomático realizou tamén unha visita ao presidente Manuel Fraga e dictou unha conferencia en Santiago sobre as relacións entre a illa e China, como parte do curso universitario “O rexurdir de China”, sobre Información e Relacións Internacionais. (Fonte: La Voz de Galicia).

Sociedade


Aliados atacaron barcos galegos na II Guerra Mundial
Ao menos dez buques galegos foron bombardeados e afundidos pola Royal Navy británica e a Armada canadense en 1943, durante a batalla do Atlántico contra a Mariña da Alemania nazi. Segundo documentos británicos e canadenses, a frota pesqueira galega foi “obxectivo de guerra” por pensar que podían actuar como espías para os alemáns. (Fonte: Faro de Vigo).

Economía


Obras Hidráulicas compostelás para Bagdad
A firma compostelá Espina Obras Hidráulicas, a través da marca internacional General Waters, instalou equipos de filtración, depuración e potabilización de auga na capital iraquí, así como en Quenia, Marrocos, Sudán e Ruanda. No país árabe comezaron a operar no 2000, dentro do marco do programa da ONU “Petróleo por alimentos”, axudando a máis de cinco millóns de persoas ante a escaseza do líquido. (Fonte: El Correo Gallego).
23/04/2005
Portugal
Polígonos industriais baixo modelo luso
Os empresarios pontevedreses están estudando o modelo Parque Invest, adoptado en 1998 pola Asociación de Empresarios de Portugal e a Axencia Portuguesa de Investimento, para a creación de polígonos industriais baixo o modelo das sociedades privadas. Nos derradeiros anos, esta asociación creou decenas de polígonos na metade norte do país, onde están asentadas medio cento de empresas galegas. (Fonte: La Voz de Galicia).
22/04/2005
Unión Europea-Fondos Estruturais
Orza garantiza a Galicia como Obxectivo 1
Trala xuntanza co director xeral de Eurostat, Günter Hanreich, o conselleiro de Economía e Facenda, José Antonio Orza, expresou a súa satisfacción pola rectificación estatística da porcentaxe do PIB galego, situándoo no 74,7% por debaixo da media europea, o que garantirá a Galicia a continuidade dos fondos europeos ata o 2013. Do mesmo xeito, Bruxelas anunciou que esixirá unha reorientación dos criterios orzamentais que obrigará á nosa Comunidade a intensificar os investimentos en formación e innovación tecnolóxica. (Fonte: Faro de Vigo e La Voz de Galicia).

Pesca


Namibia recorta os cotas de pescada
Nunha medida que afecta á frota galega, a mais numerosa das que faenan nas augas do país africano, o goberno namibio recortará nun 7% os cotas de pescada durante un ano. Esta medida afecta tamén a empresas galegas como Novaman (Pescanova), Tunacor (Pescapuerta), Calidu Fishing (Vieirasa) e Mascato (Lloves). (Fonte: Faro de Vigo).

Economía


Misión comercial a Brasil
A Cámara de Comercio pontevedresa e o Instituto de Comercio Exterior, ICEX, comezaron unha serie de xuntanzas informativas para os investidores galegos interesados no mercado brasileiro. Segundo datos do ICEX, a balanza comercial entre Galicia e Brasil é deficitaria para a nosa Comunidade, xa que as vendas galegas no país suramericano só corresponde ao 30% das importacións dende Brasil. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración


Integración en Tui
Os 578 estranxeiros e emigrantes retornados censados nesta localidade para xaneiro de 2004, terán á súa disposición unha unidade de información e asesoramento xurídico e sociolaboral, en colaboración co Concello e a Xunta, para facilitar a integración social deste colectivo. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal


Empresarios analizan solo transfronterizo
Representantes de polígonos industriais de Pontevedra e do norte de Portugal analizaron en Vigo a oferta de solo industrial transfronterizo, coa finalidade de asinar un convenio de asociación. (Fonte: El Correo Gallego).
21/04/2005
Diáspora
Bolsas de estudos para galegos no exterior
Para negociar bolsas de estudos para os fillos de galegos no exterior que sexan de orixe compostelán, e o asesoramento e información dos trámites para a nacionalidade e reclamación de pensións e axudas, os alcaldes da Mancomunidade de Santiago volverán a Arxentina e Uruguai, onde xa inauguraron sendas oficinas de traballo. (Fonte: El Correo Gallego).

Polémica polo Museo da Emigración Galega na Arxentina
No seo da Federación das Sociedades Galegas da República Arxentina existe unha forte disputa pola creación do Museo da Emigración Galega. A visita do presidente Manuel Fraga á institución en 2003 foi rexeitada pola Tendencia Republicana 14 de abril, o que reabriu algunhas feridas dentro da Federación. O seu presidente e representante do BNG, Francisco Lores, afirmou a conveniencia de levar adiante o Museo co apoio da Xunta. Ante a inauguración da exposición “Galegos, de Galiza a Bos Aires, 1860-1960” en abril deste ano, as antigas disputas políticas volven a axitarse. (Fonte: www.vieiros.com).

Turismo


Decrece afluenza de turistas
A afluenza de turistas estranxeiros no primeiro trimestre do 2005 rexistrou unha baixa do 2,4% con respecto ao mesmo período do ano anterior, correspondendo a un total de 3.000 persoas menos. Tralo éxito alcanzado polo Xacobeo 2004, os expertos do sector tamén culpan ás condicións meteorolóxicas galegas na Semana Santa. (Fonte: La Voz de Galicia).

Política


Fraga adianta xira suramericana
Ante o anuncio de realizar as eleccións autonómicas o próximo 19 de xuño, o presidente Manuel Fraga anunciou tamén o adianto ao mes de maio da viaxe a Arxentina e Uruguai, prevista anteriormente para finais de xuño o comezos de xullo, para reunirse coa comunidade galega. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal


Falamos entre nós
A realización da segunda edición do encontro literario “Falamos entre nós”, promovido polo clube de lectores Biblos, contou coa presenza do escritor portugués Gonçalo M. Tavares, gañador do Premio Ler Millenium, e do coeditor Emídio Ribeiro. (Fonte: La Voz de Galicia).
20/04/2005
Acción Exterior
Analizan relacións cubano-galegas
O presidente Manuel Fraga recibiu ao embaixador cubano en España, Alberto Velazco San José, no marco dun encontro onde se analizaron as relacións bilaterais e a situación dos máis de sete mil trescentos galegos residentes na illa caribeña. O embaixador Velazco asinou no Libro de Ouro de Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración


Máis de tres mil peticións de regularización
As oficinas da Seguridade Social en Galicia recibiron 3.384 peticións de regularizacións para traballadores estranxeiros, dos cales 1.090 deles foron presentadas só na provincia de A Coruña. Sen embargo, o ritmo de presentación das solicitudes rexistrou un leve descenso no mes de abril. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).

Emigración


Presionan no Congreso para facilitar o voto emigrante
O BNG, PP e Coalición Canaria, presionaron no Congreso de Deputados pola creación dunha subcomisión para o estudo das reformas legais e reglamentarias necesarias para facilitalo sufraxio emigrante. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca


Libro Branco de Política Marítima galega
O conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, presentou a páxina web do Libro Branco sobre Política Marítima co obxectivo de que Galicia conte cun plan de política marítima “antes que a Unión Europea remate a redacción do seu plan director sobre a mesma materia”. Este plan contemplará “os investimentos e o financiamento necesarios para atraer o tráfico marítimo europeos aos portos galegos”. (Fonte: www.vieiros.com).

Textil


Asia domina as importacións galegas
Desde o ingreso de China na OMC no 2001, as importacións textís galegas reforzaron a tendencia alcista, ata o punto de que un 55,6% da ropa confeccionada que chega a Galicia provén de Asia, especialmente China, Paquistán e a India. (Fonte: La Voz de Galicia).

Solidariedade


Moda solidaria co Terceiro Mundo
O colectivo Compromiso e Solidariedade celebrou en Santiago unha pasarela de moda interétnica e solidaria, onde mozos de España, Corea do Sur e Guinea Ecuatorial, desfilaron con traxes típicos de India, Paquistán, Nepal, Senegal, Togo, Mali e América Latina. Do mesmo xeito, a ONG Mans Unidas abriu en Lugo unha feira para recadar fondos destinados ao desenvolvemento de proxectos en India, Etiopía e Guinea Ecuatorial. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).
19/04/2005
Solidariedade
Vigo acolle poucos nenos saharauis
O voceiro do Partido Galeguista, Manoel Soto, presentou unha moción para chamar a atención sobre a escasez de nenos saharauis en Vigo no pasado verán, explicando que outras localidades con menos recursos como Arteixo, Ares, Ames, Marín ou Ribeira, igualan á cidade olívica, mentres Redondela, Ponteareas, Ourense e A Coruña a superan. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca


A presenza galega nos Consellos de Ministros en Bruxelas
O conselleiro de Pesca, Enrique López Vega, afirmou dende Mallorca, no marco dunha conferencia sectorial, que Galicia reforzará as súas demandas para participar nos Consellos de Ministros na UE, sempre que se debatan cuestións pesqueiras de especial interese para a comunidade. (Fonte: La Voz de Galicia).

Téxtil


Aumentan vendas chinas en Galicia
Segundo datos do Instituto de Comercio Exterior, ICEX, as vendas textís do país asiático en Galicia foron de 28,53 millóns de euros no 2004, un aumento do 26,29% con respecto ao ano anterior. Isto se debe, principalmente, á supresión das cotas ás importacións dos países da OMC, das cales se beneficiou China. Os obradoiros da área de Shanghai foron os máis demandados dende Europa. (Fonte: La Voz de Galicia).

Investigación


Zeltia presenta en EEUU estudios sobre o cancro
No marco do congreso anual da Asociación Americana de Investigación contra o Cancro, AACR, a empresa farmacéutica galega presentou en California o resultado das súas últimas investigacións en seis dos seus produtos contra o cancro: Yondelis, Aplidin, ES-285, Zalypsis, Lamellarins e Variolins. Zeltia intenta obter licencia de comercialización de Yondelis no mercado estadounidense. (Fonte: La Voz de Galicia).
18/04/2005
Emigración
“Operación vista” en Cuba
O conselleiro de Emigración e presidente executivo da Fundación Galicia Emigración, Aurelio Miras Portugal, estivo en Cuba para a entrega de lentes graduadas e de protección para un centenar de galegos residentes na illa caribeña, no marco do programa “Operación vista”. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía


Galicia, máis caro co Leste europeo
Segundo fontes da UE, os custes laborais na nosa Comunidade son entre dúas e tres veces máis caros que nos países do Leste europeo, especialmente República Checa e Hungría, coa excepción de Eslovenia, e aínda maior con respecto a Estonia, Lituania, Letonia e Eslovaquia, o cal alenta a deslocalización industrial. Isto motivou unha alerta por parte da OCDE e do Banco de España. (Fonte: La Voz de Galicia).
17/04/2005
Política
Fraga acusa ao PSOE de “manipular” o voto emigrante
No marco da Convención do PP en Santiago, o presidente da Xunta, Manuel Fraga, afirmou ter informacións de que a viaxe do ministro de Traballo, Jesús Caldera, e do candidato do PSdG, Emilio Pérez Touriño, á Arxentina, “foi para ver cómo se pode manipular o voto emigrante”. Desta acusación tampouco se salvou o embaixador para a Emigración, Miguel Cortizo. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade


Comercio para axudar ao Sur
Alberto G. Cerviño, da ONG “Solidariedade Internacional en Galicia”, e Lilian Vega, da Universidade de El Salvador, presentaron en Combarro e Poio, a campaña “Nace un comercio máis humano”, para analizar as relacións entre o comercio mundial e o desenvolvemento humano, amosando os exemplos da producción do anacardo no país centroamericano e o cultivo de flores nunha localidade colombiana. (Fonte: El Correo Gallego).

Telecomunicacións


Televés se consolida en Iraq
Trala caída do réxime de Saddam Hussein, a empresa compostelá Televés conseguiu implementar as súas primeiras antenas parabólicas no país árabe, sendo pioneiro nesta área nese país. Dous anos despois, Televés opera solidamente dende os Emiratos Árabes cunha cota de mercado importante en 33 países de Medio Oriente, ademais de 82 países do resto do mundo, especialmente no sureste asiático. A empresa compostelá espera agora aumentar os seus negocios en América Latina, Europa e EEUU. (Fonte: El Correo Gallego).
16/04/2005
Sucesos
Asasinados tres irmáns galegos na Arxentina
Os irmáns Xosefa, Xosé e Agustín, con idades comprendidas entre os 79 e 88 anos, e oriundos da localidade lucense de Mondoñedo, foron brutalmente asasinados a golpes na cidade de Junín no país austral, por tres delincuentes. Os irmáns vivían das rendas obtidas polo alugamento de propiedades e terrenos. As autoridades lograron capturar a un dos tres presuntos criminais. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración


Periplo compostelán polo Cono Sur
Arxentina e Uruguai volverán a ser visitados pola Mancomunidade de concellos da área de Compostela, para asinar un acordo de bolsas no colexio Santiago Apóstol en Bos Aires e outros en Montevideo. Nestes países se estima unha poboación de sete mil persoas orixinarias da comarca compostelá. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración


Sensibilización cos estranxeiros
A Concellalía de Educación de Ames, en colaboración con Cáritas Milladoiro e o Foro de Inmigración de Santiago, presentaron a I Campaña de Sensibilización “Mira cos Mesmos Ollos”, dirixido principalmente á gran cantidade de poboación inmigrante residente en Milladoiro. Do mesmo xeito, o Foro de Inmigración realizou en Santiago unha concentración a favor da regularización do colectivo inmigrante e a igualdade de dereitos. (Fonte: El Correo Gallego).
15/04/2005
Téxtil
China inunda o mercado téxtil galego
Segundo fontes do sector téxtil galego, a supresión das cuotas de aranceis por parte da OMC o pasado 1 de xaneiro, permitiu o proceso de peche de obradoiros e acelerou o ingreso dos produtos chineses, amparados polo baixo custe dos mesmos. Dende hai tres anos, esta tendencia deu paso ao traslado das empresas textís galegas a Europa do Leste e Marrocos. Só na provincia de Ourense se pecharon vinte plantas de confección no derradeiro semestre do 2004.
(Fonte: La Voz de Galicia).

Inditex amplía o seu mercado polaco
O grupo Inditex SA, de Amancio Ortega, chegou a un acordo de compra do 51% das operacións da marca Zara en Polonia, que se ampliará no 2008 ao 80% da participación mínima. Este país do Leste europeo é un mercado importante para o grupo coruñés, onde xa ten sete tendas e espera abrir outras cinco no curso deste ano. (Fonte: La Voz de Galicia).

Acción Exterior


Mancomunidade santiaguesa con Arxentina
Os sete alcaldes da comarca de Santiago viaxarán a finais de abril a Bos Aires para a apertura oficial da Oficina de Emigración da mancomunidade de Santiago na capital arxentina, mantendo contactos con colectivos galegos e autoridades locais. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura


Compostela en Hollywood
Unha representación da Santiago de Compostela Film Commission, SCFC, visitou California para promocionar a capital galega, amparándose nos sectores de localizacións, infraestruturas e o compromiso institucional. O organismo participou na feira anual Locations Trade Show, LTS, organizada pola International Association Film Commissioners, IAFC. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía


Monbus explora o mercado marroquí
O grupo de transporte galego Monbus estudia seguir os pasos da inmobiliaria coruñesa Fadesa e comezou a contactar coas autoridades e empresas de Marrocos para ocuparse das liñas urbáns e das principais rutas entre as cidades dese país. O presidente do grupo, Raúl López, explicou que a compra por parte de Monbus da multinacional alemá Deutsche Touring GmbH, DTG, permitiu o acercamento a Marrocos e fortaleceu a imaxe do grupo no mercado internacional. (Fonte: El Correo Gallego).
14/04/2005
Unión Europea-Fondos Estructurais
Presións polos fondos europeos para o 2007-2013
Ao tempo que as CC AA españolas reclamaban en Bruxelas unha máxima orzamental en torno ao 1,24% do PIB da UE e un período transitorio para non perder os fondos europeos, o Comité das Rexións aprobou un ditame no que se afirma que as rexións como Galicia deben recibir financiamento comunitario para lograr a converxencia no período 2007-2013. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración


Documentan a prostitución estranxeira
O volume “Outras voces, outros mundos: mulleres inmigrantes e a prostitución en Galicia”, foi presentado pola concelleira de Emigración e Inmigración de Santiago de Compostela, Teresa Regúlez, coa finalidade de dar a coñecer as testemuñas destas mulleres, principalmente latinoamericanas, e tamén revisar os posicionamentos feministas sobre a prostitución. Nun sorpresivo dato revelador, Regúlez explicou que o 94% das prostitutas en Galicia exercen “sen coaccións nin engano das mafias” e que a tradicional asociación de inmigración con persoas de baixo nivel educativo e económico e da prostitución con mafias e coaccións “non amosa a verdadeira realidade”. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura


Primeiro foro da Conferencia Mundial para a Paz
O foro “A Violencia e os seus contextos” comezou en Santiago como o primeiro evento da “Conferencia Mundial para a Paz, a Solidariedade e o Desenvolvemento”, que entre abril e maio se realizará na capital galega. O foro contou coa presenza de sociólogos e psicólogos de universidades estadounidenses e españolas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Sociedade


Prestixio mundial para o Abadía de San Campio
O viño albariño Abadía de San Campio 2004, das Bodegas Terras Gauda, alcanzou a medalla de prata no concurso Starwine International Wine Competition 2005, celebrado en Filadelfia. A finais de marzo, a marca galega obtivo unha medalla de prata no Concurso Internacional de Tesalónica, Grecia e outra presea de prata no XV Vinealies Internationales, en París. (Fonte: La Voz de Galicia).
13/04/2005
Portugal
AVE Porto-Vigo para o 2009
Os presidentes de España e Portugal, José Luis Rodríguez Zapatero e José Sócrates, acordaron a continuación dos compromisos adquiridos polos seus antecesores para a finalización do tren de alta velocidade Porto-Vigo para o 2009, e Madrid-Lisboa para o 2010. (Fonte: Faro de Vigo).

Pesca


Destruída unha filial de Jealsa-Rianxeira en Chile
A conserveira Robinson Crusoe ubicada en Puerto Montt, propiedade do grupo galego, quedou destruida tras un incendio, presumiblemente provocado por un cortocircuito. Estiman en máis de dous millóns de euros as perdas do accidente desta conserveira que cubre o 50% do mercado chileno. (Fonte: El Correo Gallego).

Freno ás exportacións asiáticas
O sector conserveiro europeo reclamou en Bilbao ante os representantes da Comisión Europea un aumento das cláusulas de salvagarda que impidan aumentar as exportacións de conservas de atún dende Tailandia, Filipinas e Indonesia cara o mercado comunitario. Este cumio do atún decidiu designar a Vigo como sede da xuntanza bilateral do 2006. (Fonte: La Voz de Galicia).

Anfaco en Marrocos
A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos, Anfaco, acudirá á Feira Agadir Fish Morocco a mediados de abril, co obxectivo de fortalecer os vencellos coas industrias transformadora e conserveiras do país magrebí. (Fonte: La Voz de Galicia).

Ciencia


Científicos ferroláns descubren novas especies en África
Formando parte dun equipo de investigadores internacionais, tres científicos da Estación de Bioloxía Mariña de Ferrol descubriron novas especies de esponxas, peixes, crustáceos, moluscos e anémonas nas fosas abisais de Cabo Verde, Angola e o golfo de Guinea. O equipo, dirixido por científicos alemáns, enviou as mostras a Cabo Verde e Alemaña. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade


Un galego no arquivo do Vaticano
O padre ourensán Luis Manuel Cuña traballa desde 1996 na custodia dos arquivos da Congregación dos Evanxelización dos Pobos no Vaticano, nomeado polo propio Papa Xoán Pablo II. Neste arquivo se recopila a historia da cristianización en África, Asia, a Europa protestante e do Leste e do norte de América. (Fonte: La Voz de Galicia).
12/04/2005
Emigración
Galicia, a terceira comunidade con máis emigrantes
Segundo o Instituto Nacional de Estatística, dos 15.990 españois que abandoaron o país no 2003, uns 2.118 foron galegos, principalmente da provincia de A Coruña, colocando a Galicia como a terceira comunidade estatal, tras Madrid e Cataluña, en número de emigrantes. América é o principal destiño dos emigrantes galegos, con 884 persoas, seguido dos países que conforman a Unión Europea. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración


Festa dos estranxeiros en Teo
No marco dunha xornada de convivencia intercultural en Teo, os estranxeiros residentes na poboación de Os Tilos realizaron unha festa gastronómica e cultural, organizada pola Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos. Esta xuntanza contou coa participación de nacionais de Australia, Brasil, Costa Rica, Alemaña, Francia, Italia, Arxentina, Bolivia, Colombia e Chile, ademáis doutras comunidades autónomas. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca


Máis fondos para Axencia de Vigo
A ministra de Agricultura e Pesca, Elena Espinosa, asegurou que Bruxelas está debatindo a posible ampliación do orzamento comunitario para a Axencia de Pesca de Vigo, a inaugurarse no 2006. Espinosa tamén informou que as axudas europeas aprobadas no 2004 comezarán a pagarse no mes de maio. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía


Misión pontevedresa cara América Latina
Unha delegación da Cámara de Comercio de Pontevedra, organizada polo plan Foexga da Consellería de Industria e Comercio, visitará Venezuela e República Dominicana para potenciar iniciativas comerciais e industriais nas áreas de manufactura, agrícola, química e comercial. (Fonte: La Voz de Galicia).

Solidariedade


O Fondo Galego e os países do Sur
A primeira xuntanza do 2005 da Rede Municipal do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, integrada por máis de 70 concellos, se celebrou en Lugo coa finalidade de impulsar o programa de vacacións ao servizo dos países do Sur, dirixido a funcionarios públicos locais. (Fonte: La Voz de Galicia).

Artistas galegos cos nenos Masai
A exposición benéfica Artistas Solidarios con África, a celebrarse en maio en Santiago, pretende recaudar fondos destinados ao melloramento das condicións de vida dos nenos da etnia Masai en Tanzania. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura


Francia interesada no Cigarrón de Verín
A máscara típica do Entroido na localidade ourensá de Verín é motivo de interese para un festival en Francia, polo que os seus organizadores puséronse en contacto co Concello de Verín para solicitar a presenza dunha representación de Cigarróns no festival a celebrarse en maio. (Fonte: La Voz de Galicia).
11/04/2005
Cultura
As Rías Baixas na “National Geographic”
Coa colaboración da Consellería de Cultura e Turgalicia, a publicación “Viaxes de National Geographic” dedicou un amplo reportaxe a Sanxenxo, O Grove, A Lanzada, A Toxa, Corrubedo ou Illas Cíes e outros lugares turísticos das Rías Baixas, ademáis de centros considerados como patrimonio histórico e artístico local, como o mosteiro de Poio. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Agricultura


Novo reparto das axudas europeas
A ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, Elena Espinosa, anunciou que se prepara un novo reparto das axudas europeas a fin de favorecer as pequenas explotacións e o mantemento das rendas, coa finalidade de evitar que o 1% dos perceptores de fondos acaparen a cuarta parte dos pagos. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Marítima


Galicia puxa por manter centro de control de biotoxinas
A pesar das críticas de Bruxelas, Galicia busca consolidar a súa posición de referencia europea en materia de control de biotoxinas marinas, a través do Laboratorio de Biotoxinas Marinas de Vigo. En xuño deberá someterse a unha auditoría da Entidade Nacional de Acreditación, Enac, na que se comprobará se as súas técnicas de control se realizan con arreglo á normativa específica para os laboratorios que participen no control alimentario. (Fonte: La Voz de Galicia).

Sociedade


O éxodo migratorio segue a crecer en Galicia
Segundo o estudo do profesor da USC, Chantada Acosta, “Galicia do século XX ao XXI. Atlas da dinámica demográfica e os seus compoñentes”, anualmente, un promedio de máis de 60.000 persoas emigraron por motivos persoais ou laborais, da nosa Comunidade, nos derradeiros cinco anos. O profesor Acosta conclúe que difícilmente a chegada de inmigrantes permitirá equilibrar o crecemento vexetativo negativo de Galicia. (Fonte: La Voz de Galicia).
10/04/2005
Unión Europea-Educación
Alumnos coruñeses coñecen a UE
Un grupo de 800 mozos de distintos concellos coruñeses que conforman o programa “Vivir Europa” da Deputación de A Coruña, viaxaron a Bruxelas para visitar a sede do Parlamento europeo e outras institucións da UE. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora


Primeira oficina de retornados no exterior
No marco da visita do conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, foi inaugurada na sede do Centro Galicia de Bos Aires, a primeira Oficina de atención ao Retorno no exterior, unha rede que se espera ampliar por Iberoamérica. O convenio foi asinado pola Consellería de Emigración, a Fundación Galicia Emigración, o Centro Galicia de Bos Aires e a Unión de Sociedades Galegas na República Arxentina. A oficina terá como responsabilidade o asesoramento en materia de visados, nacionalidade, permisos de traballo e residencia e posíbeis prestacións económicas. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración


Forza laboral lusa e rumana
Fontes municipais aseguraron que o 30% dos traballadores no sector da construción en Santiago son de orixe estranxeira, especialmente portugués e rumano, ademáis de nacionais da ex Iugoslavia. Tamén se observa a presenza de latinoamericanos descendentes de galegos. Segundo estas fontes, as prestacións destes traballadores estranxeiros permitiron paliar a falta de persoal laboral no Plan Xeral de Ordenación Municipal e manter o ritmo da construcción. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración


Denuncia prexuizos sanitarios para galegos na Arxentina
O conselleiro de Sanidade, José Manuel González, denunciou en Bos Aires que o convenio asinado polo goberno español e o arxentino para financiar o gasto sanitario da comunidade española residente nese país “supón un prexuizo para a comunidade galega emigrada”. Segundo se recollen nos informes elaborados pola Fundación Galicia Saúde, encargada da xestión do Hospital Galego na capital arxentina, o acordo “é discriminatorio, arbitrario e moi difuso”, ademais de ser unha medida “meramente electoralista”. (Fonte: La Voz de Galicia).

Pesca


Afundido arrastreiro galego nas augas surafricanas
O arrastreiro de capital galego “Yes Sir” afundiuse a 30 millas do Este do porto surafricano de Durban, con 17 tripulantes rescatados, entre os que se atopaban dous galegos, e sen coñecerse as causas do accidente. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal


Galicia presente en feira de alimentación lusa
Unhas quince empresas galegas participaron no Salón da Alimentación de Lisboa, o máis importante do sector no veciño país. A feira acolleu a 1.400 empresas de 40 países cunha participación de 40.000 profesionais. (Fonte: La Voz de Galicia).
09/04/2005
Diáspora
O máis austral dos centros galegos
O conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, visitou a provincia arxentina de Ushuaia, a máis austral do país suramericano, onde se atopa un centro galego, o Centro Galicia de Residentes Españois, con 300 membros. Miras Portugal explicou a necesidade de vertebrar os mecanismos de relación e intercambio cultural e de asistencia social. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca


Xuntanza Anfaco-UE
A xuntanza sectorial do grupo do atún da Comisión Europea se realizou en Bilbao coa participación da conserveira galega Anfaco, para tratar os temas que condicionarán as futuras políticas europeas da industria transformadora do atún e a frota atuneira da UE. (Fonte: La Voz de Galicia).
08/04/2005
Unión Europea-Fondos Estructurais
Eurostat confirma a Galicia no Obxectivo 1
Segundo a Oficina comunitaria de Estatísticas, Eurostat, o PIB galego por habitante non superou a media europea do 75% no período 2000-2002 (exactamente o 73,36%), polo que a nosa Comunidade continuará gozando das axudas prioritarias contidas no Obxectivo 1 para o lapso 2007-2013. Eurostat explicou que Galicia só perderá esta condición en caso de que a Comisión non alcance un acordo político sobre o marco financeiro antes de xuño de 2005. No suposto de retraso, se utilizará como referencia o período 2002-2003, onde Galicia sí supera o límite porcentual. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Porto Exterior


Porto coruñés espera por decisión de Bruxelas
O presidente da Autoridade Portuaria, Guillermo Grandío, informou que o organismo espera coñecer nun prazo de catro meses a decisión da Comisión Europea sobre os fondos solicitados para a construcción da dársena exterior en Punta Langosteira. Tamén explicou que están pendentes dos 280 millóns de euros asignados polo goberno estatal. (Fonte: La Voz de Galicia).

Diáspora


Apertura da primeira Oficina do Retorno
O conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, iniciou unha viaxe a Arxentina, onde visitará 19 entidades galegas e asinará convenios de colaboración en materia asistencial e alimentaria. Igualmente será inaugurada a primeira Oficina de Atención ó Retorno no exterior, na sede do Centro Galego de Bos Aires. Este servizo espera extenderse por Iberoamérica. (Fonte: El Correo Gallego).

Turismo


Marrocos volcado con Fadesa
Un total de seis ministros do goberno marroquí asistiron en Rabat ao acto de presentación do proxecto Mediterránia-Saïdia que a inmobiliaria galega Fadesa construirá para xuño 2006. Tanto os directivos da empresa como os representantes marroquís esperan que o proxecto turístico atraia a máis dun millón e medio de turistas anuais. (Fonte: El Correo Gallego).

Cooperación


A USC e Noruega, unidas pola globalización
Un congreso conxunto sobre os efectos da globalización será inaugurado pola USC e a Universidade noruega de Bergen, organizado polo decano da Facultade de Xeografía, Rubén Lois González, e que contará coa presenza do conselleiro de Pesca e o cónsul de Noruega en Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade


Apoio para presos cubanos en EEUU
A Asociación de Amizade Galego-Cubana e os familiares de cinco presos cubanos en EEUU comezaron en Compostela unha campaña de apoio a favor de Gerardo Hernández, Ramón Labañino, René González, Fernando Gonzáles e Antonio Guerrero, acusados de conspiración, espionaxe e utilización de identidades falsas. Os familiares cren desmesuradas as acusacións e ilexítimo o proceso xudicial. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración


Critican proceso de regularización en Vigo
Os dez organismos que forman o colectivo de inmigrantes e emigrantes retornados na cidade olívica trasladaron á concelleira de Participación Cidadá, Réxime Interior e Benestar Social, Marta Iglesias, as súas críticas polos retrasos e obstáculos no proceso de regularización aberto polo goberno estatal. (Fonte: Faro de Vigo).
07/04/2005
Solidariedade
Apoio galego para unha nena brasileira
Cos contactos da ONG “Madreselva”, radicada en Caldas, a nena brasileira de dez anos Deiriane poderá ser operada dun tumor ocular en Santiago, e tamén gozará de aloxamento gratuito na capital galega outorgado polo propietario hotelero José Lago. Deiriane será operada polo Dr. José Pérez Moreiras, a través dunha microciruxía que evite a progresión do tumor. (Fonte: El Correo Gallego).

Téxtil


Zara se consolida en Suecia
A marca do grupo Inditex abrirá en outono unha nova tenda na capital sueca, Estocolmo, onde xa posúe dous establecementos máis. Este novo local conta con 1.700 m2 con tres plantas do centro comercial Sturegallerian. Zara é o principal competidor da marca sueca H&M. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Fondos Estructurais


Galicia manterá a maior parte das axudas
A Comisión Europea propuso un novo marco financeiro para a UE no período 2007-2013, cun gasto aproximado de 1,14% do PIB europeo para as axudas comunitarias. Esta medida favorece as pretensións galegas de conservar os fondos estruturais neste período. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca


Veda europea da cigala para as Rías Baixas
A Comisión Europea decidiu que as cinco zoas de vedas propostas inicialmente no plan de recuperación da merluza e a cigala na costa atlántica, só deberían aplicarse ás costas situadas nas Rías Baixas, trala xuntanza mantida polo funcionario galego Ernesto Peñas e membros da CE. (Fonte: La Voz de Galicia).

Armadores vigueses pendentes de decisión de Bruxelas
A medida tomada na capital europea para que os armadores e mariñeros teñan o seu porto base en cidades con máis de 100.000 habitantes, o que afecta a Vigo, permitiu que a Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo, Arvi, estudiara a posibilidade de rexistrar os seus buques en portos con menos densidade poboacional, como Moaña, Cangas, Redondela e Vilaboa, cunha distancia de 7-8 km. con respecto a Vigo. (Fonte: La Voz de Galicia).
06/04/2005
Inmigración


Denuncian baixa regularización en Galicia
Segundo a Xunta, as estatísticas, a nivel galego, de inmigrantes regularizados achéganse ao 8,3%, 2.108 persoas, dunha poboación estranxeira de 25.402, o que fai de Galicia “unha das comunidades máis modestas no proceso”. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración


A maior comunidade con retornados
Desde 1999 ata o 2003, Galicia recibiu 41.369 emigrantes retornados, representando o 18,58% dos que chegaron a España no 2004, a comunidade con maior recepción de retornados a nivel estatal. Suíza, Arxentina, Venezuela e Uruguai encabezan a lista dos países de procedencia. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca


Bruxelas propón incremento orzamentario da Axencia de Pesca
A Comisión Europea propuso o incremento no orzamento comunitario para a Axencia Europea para o Control da Pesca con sede en Vigo, no período 2007-2013. Do mesmo xeito, se decidiu que o organismo concentrará a recollida de datos e investigación sobre os recursos e as capturas. (Fonte: El Correo Gallego).

Vigo non terá subvencións europeas
Segundo un informe do Consello Económico e Social, a política de subvencións do Fondo Europeo da Pesca prevista para o período 2007-2013, non acollerá á ría de Vigo no que se refire aos incentivos para abandoar a actividade de captura ou para que os mariñeiros e armadores poidan dedicarse ás actividades comerciais. A razón se debe a que estas axudas non se darán a portos con máis de 100.000 habitantes, polo que poboacións como as do Morrazo, Redondela ou Baiona sí poderán seguir beneficiándose das axudas europeas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Sociedade


O voto latinoamericano para Rouco Varela
As opcións papais do arcebispo galego, Antonio María Rouco Varela, aumentan tralo anuncio do seu homólogo costarricense Hugo Barrentos de que unha boa parte dos votos dos cardenais latinoamericanos estarían a favor de Rouco Varela. Barrentos tamén sinalou ao cardeal de Viena, Christoph Schoenborn, e de Honduras, Óscar Rodríguez de Madariaga, como óptimos candidatos. (Fonte: www.xornal.com).

Cultura


Encontro audiovisual galego-latinoamericano
A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo organizaráno I Encontro Audiovisual Galaico-Latinoamericano, coa participación do Consorcio Audiovisual de Galicia, a TVG e diversas emisoras e televisoras latinoamericanas. (Fonte: El Correo Gallego).

Cumio editorial contra a piratería
Santiago acolleu unha xuntanza internacional sobre os dereitos de autor e contra a piratería coa presenza de Peter Fábri, presidente do Consello Internacional de autores de obras dramáticas, literarias e audiovisuais, e Eric Baptiste, representante da confederación de sociedades de autor. (Fonte: La Voz de Galicia).

Turismo


Exemplo turístico galego en El Cairo
A capital exipcia acolleu o Seminario de Xestión da Calidade Turística, promovido pola Organización Mundial do Turismo, onde o xerente de Incolsa-Turismo de Santiago, Iñaki Gaztelumendi, expuso a experiencia da capital galega en materia de turismo e competitividade. (Fonte: La Voz de Galicia).
05/04/2005
Unión Europea-Pesca
Anfaco pide máis axudas europeas
Juan Vieites, secretario xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados, Anfaco, pediu ao ministerio de Agricultura que desenvolva xestións ante a Comisión Europea para que manteña as axudas na producción de aceite de oliva para fabricar conservas, ante a decisión de Bruxelas de non prorrogalas. (Fonte: El Correo Gallego).

Gandería


“Revolución Kempen” para Corea
Unha delegación da compañía surcoreana Sunjin, líder na fabricación de piensos no país asiático, visitou as instalacións da firma Nanta en Lalín e A Golada, para coñecer as vantaxes do novedoso sistema alimentario Kempen. (Fonte: El Correo Gallego).

Ciencia


Zeltia obtén permiso en EEUU
A compañía galega obtivo a autorización sanitaria da US Food and Drug Administration para incluir o antitumoral Yondelis na quimioterapia de ensaio contra o cancro de ovario. Os ensaios, financiados pola multinacional norteamericana Johnson&Johnson, se realizarán en 650 pacientes de 110 hospitais oncolóxicos de 16 países. (Fonte: La Voz de Galicia).

Política


Navantia e as patrulleiras para Venezuela
O deputado do BNG, Francisco Rodríguez, preguntou ao ministro de Industria, José Montilla, para saber en qué asteleiros de Navantia se fabricarán os patrulleiros que mercou o goberno venezuelano. O partido nacionalista tamén espera conseguir o compromiso gobernamental de que os asteleiros da ría ferrolán non se dediquen en exclusiva á construcción militar naval. (Fonte: La Voz de Galicia).

Sanidade


Ofertas laborais no estranxeiro
Uns sesenta profesionais da Enfermería se deron de baixa nos derradeiros tres anos no Colexio Oficial de Enfermería de Pontevedra, atraídos polas mellores ofertas laborais e salariais de Francia, Portugal, Italia e EEUU. (Fonte: La Voz de Galicia).

Marítima


As vantaxes marítimas de Vigo
Un estudo realizado pola pesquería de Columbia, EEUU, publicado na revista Marine Publicy, revela que a adopción do sistema de cuotas individuais transferíbeis, ITQ, que defenden os armadores vigueses para garantir unha actividade pesqueira sostíbel no tempo en augas da UE, permitirá unha mellora na xestión económico-medioambiental dun caladoiro. (Fonte: La Voz de Galicia).

Denuncian agresións no medio mariño vigués
Representantes da Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo, da Plataforma pola Defensa da Ensenada de San Simón e da Confraría de Pescadores de Cangas, desprazáronse a Bruxelas para alertar ante o Parlamento europeo “das constantes agresións que está a padecer impunemente o medio mariño da ría de Vigo”. (Fonte: www.vieiros.com).
04/04/2005
Sociedade


Cumio monástico en Santiago
A capital galega acollerá a principios de abril o simposio internacional Opus Monasticorum, onde se analizará a trascendencia que tivo o monacato, especialmente o benedictino, no desenvolvemento da cultura occidental. O evento será organizado pola Consellería de Cultura e terá lugar no Centro Galego de Arte Contemporánea. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía


Repuntan investimentos foráneos en Galicia
O período 2002-2003 experimentou un considerable aumento nos investimentos estranxeiros na nosa Comunidade, cunha sumatoria de 363 millóns de euros, segundo datos do Rexistro de Investimentos Exteriores do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. No balance do primeiro trimestre do 2004, Galicia atópase como a terceira comunidade estatal máis atractiva para as empresas estranxeiras. (Fonte: Faro de Vigo).

Sociedade


Loito pola morte do Papa
A Xunta de Galicia decretou tres días de loito oficial na Comunidade desde o 4 ao 6 de abril, polo deceso do Sumo Pontífice Karol Joszef Wojtyla. (Fonte: www.xornal.com).

Universidade


Curso sobre China
Ion de la Riva, director xeral de Casa Asia, inaugurou hoxe en Santiago o IV Curso sobre Información e Relacións Internacionais, que organizan a USC e o IGADI. No acto de apertura, que contou coa presenza dos decanos das Facultades de Xornalismo e de Ciencias Políticas, o director do IGADI, Xulio Ríos, salientou o feito de ser este o primeiro curso desta significación que se realiza en Galicia para analizar o proceso de modernización chinés. (Fonte: www.europapress.es).
03/04/2005
Sociedade
As opcións papables de Rouco Varela
Ante o deceso do Papa Juan Pablo II, para elixir ao seu sucesor no Consello Cardenalicio algunhas fontes sitúan na carreira ao cardenal de Madrid, o galego Antonio Rouco Varela, aínda que con opcións lonxanas. Os analistas vaticanos consideran que Rouco Varela reúne unha gran formación e certo consenso, ademáis dos posibles votos dos cardenais latinoamericanos e alemáns. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima


A Coruña como o “Rotterdam galego”
A colocación da primeira pedra do Porto Exterior coruñés, que contou coa presenza do presidente Manuel Fraga, as autoridades da Xunta e a ministra de Pesca, Elena Espinosa, foi considerada como “unha das operacións de relación porto-cidade máis importantes de Europa”, cunhas perspectivas de mercado “que non ten ninguén excepto o porto holandés de Rotterdam”. O proxecto leva investidos 106 millóns de euros. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración


Poucos estranxeiros en Galicia
Cun 2,12% do padrón da poboación estranxeira en España, segundo o Instituto Nacional de Estatística, a nosa Comunidade é, xunto a Asturias e Estremadura, unha das que menos poboación inmigrante presenta a nivel estatal no ano 2004. (Fonte: El Correo Gallego).
02/04/2005
Diáspora
GaliciaAberta en Londres
A visita do conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, ao Centro Galego da capital británica, permitiu a inauguración do portal da emigración GaliciaAberta, a traveso dunha videoconferencia. Miras Portugal se reuniu co presidente da xunta directiva, Nicolás Miño, para revisar as instalacións rehabilitadas pola Xunta. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade


Químico galego premiado internacionalmente
A Human Frontier Science Program premiou a Eugenio Vázquez, químico da USC, cun dos premios da Career Development Award deste ano, no proxecto sobre novos sensores fluorescentes para o estudo de sistemas biolóxicos complexos, especialmente no que concerne aos procesos celulares que se dan nos casos de cancro. O proxecto dispón dunha subvención de 180.000 euros e tres anos para desenvolvelo. (Fonte: El Correo Gallego).

Confucio en Santiago
O alcalde da cidade chinesa de Qu-Fu, Jiang Cheng, xunto a unha delegación municipal de Urbanismo, Turismo e Construcción, iniciou unha visita á capital galega para a implementación dun proxecto para a protección, conservación e valorización do patrimonio histórico desta cidade onde naceu o filósofo Confucio e coñecer a experiencia compostelá neste sentido. No denominado Asia Urbs Heritage 2005-2007, Santiago participa xunto á cidade francesa de Rennes. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal


Santiago acolle presenza luso-galaica
Representantes da Asociación Galaico-Portuguesa foron recibidos no Pazo de Raxoi polo alcalde Xosé Bugallo e outras autoridades municipais. Previamente, no Concello recibiuse aos participantes do XVI Encontro da Asociación Española James Joyce, presentes en Compostela no evento “Joyce e a literatura irlandesa”. (Fonte: El Correo Gallego).
01/04/2005
Diáspora
Foros Bilaterais renovados
A Xunta aprobou a renovación dun convenio entre a consellería de Emigración e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, Igadi, para o investimento de 400.000 euros na continuación dos Foros Bilaterais coa diáspora galega relevante en México, Brasil e Venezuela, ademais da apertura dos foros en Arxentina e Uruguai para mediados do 2005. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade


Mafias inmigrantes invaden Galicia
Segundo Carlos Botrán, comisario xefe da Brigada Central de Redes de Inmigración Ilegais na Dirección Xeral de Policía, a proliferación de mafias delictivas internacionais converteuse nun “problema grave” para Galicia. Neste sentido, unha cidade como Vigo é nun punto de saída de coches robados, especialmente cara Lituania, Estonia e Letonia, por mor da actuación de mafias búlgaras e albanokosovares. Do mesmo xeito, o negocio da prostitución, explotación sexual e narcotráfico corre a cargo de mafias rumanas e colombianas, cun elevado aumento nos secuestros e a violencia. (Fonte: Faro de Vigo e El Correo Gallego).

Cooperación


Proxecto de I+D en República Dominicana
A Xunta destinará 130.000 euros a un plan de I+D no país caribeño, como continuación do proxecto Inpoltec realizado entre 2001 e 2004, coa colaboración da Fundación Universidade da Coruña e a Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración


Arteixo e Ponteareas favorecen a integración social
Os dous concellos colaboran coa Consellería de Emigración en dous convenios para o desenvolvemento de programas de atención e integración social cara os inmigrantes e retornados, con vixencia ata 2006. Do mesmo xeito, se crearán dúas unidades de información e asesoramento xurídico e sociolaboral. Arteixo, onde habitan 850 estranxeiros, recibirá tamén apoio educativo. (Fonte: El Correo Gallego).

Eixo Atlántico


Desigualdades territorias e tecnolóxicas
A eurorrexión Galicia-Norte de Portugal adoece de desigualdades territoriais e tecnolóxicas con respecto a Europa, especialmente no apartado da sociedade de información, segundo se desprende das xornadas de estudos estratéxicos do Eixo Atlántico celebradas en Ourense, coa participación de 320 expertos de distintas áreas. O secretario xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior, Jesús Gamallo, explicou que o Eixo Atlántico traballa nun plan estratéxico ata o 2013. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal


Búsqueda de socios lusos para o Interreg III
Responsables dos concellos de O Carballiño, Ribadavia, Leiro e Boborás viaxaron a Portugal coa finalidade de concretar acordos con socios portugueses para optar ao programa europeo Interreg III e obter os fondos necesarios para recuperalo patrimonio turístico. (Fonte: La Voz de Galicia).

 

Fontes: AGN, Atlántico Diario, El Correo Gallego, El Progreso, Europa Press, Faro de Vigo,