|
 |
| 31/03/2005 |
 |
Inmigración
Galicia, de terra emisora a receptora
Utilizando datos do ministerio do Traballo
e respondendo á pregunta formulada polo deputado socialista, Emilio Pérez Touriño, o presidente
Manuel Fraga afirmou que a Comunidade “xa non é terra emisora, senón receptora, e non hai problemas
de ningunha caste”. Fraga informou que, entre 1992 e 2003, máis de 130.000 persoas chegaron a Galicia, e
que desde 1998 a taxa de desemprego descendeu.
(Fonte: www.vieiros.com).
Unión Europea-Fondos Estructurais
Unanimidade cos fondos europeos
O PP, BNG e PSOE aprobaron na Cámara
galega unha iniciativa para que Galicia sexa compensada no caso de perda dos fondos europeos e reclamaron ao goberno
estatal, a Comisión e o Consello Europeo, unha reformulación do Fondo de Compensación Interterritorial,
coa destinación dun 0,41% da renda interior bruta comunitaria á política de cohesión,
para que teñan un tratamento igual ou similar ante a recente ampliación ao Leste. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Pesca
Anacef pide a dimisión de César
Debén
Os voceiros da Asociación Nacional
de Armadores de Buques e Cefalópodos, Anacef, pediron a Bruxelas a demisión do director de Relacións
Internacionais e Mercados Pesqueiros da UE, César Debén, porque desde o 2004 fixo caso omiso aos
oito escritos enviados pola organización a Bruxelas, esixindo que se cumpra o acordo da UE con Mauritania
do 2001, onde faenan varios buques vigueses e da península do Morrazo na captura do polbo. (Fonte: Faro de Vigo).
Marítima
Galicia como referencia marítima
internacional
A través dos traballos que conforman
o Libro Verde de Política Marítima de Galicia, presentado polo conselleiro de Pesca Enrique López
Veiga, se pretende sentar as bases dunha estratexia global que aspira convertir á nosa Comunidade nunha
referencia no tráfico marítimo de mercancías a escala europea e internacional. Deste xeito,
o plan espera poñer fin á ausencia dunha política marítima para Galicia. (Fonte: La Voz de Galicia).
Economía
Iniciativa empresarial con rexións
europeas
Galicia, República Checa e a illa
italiana de Cerdeña colaborarán na creación de fiestras empresariais para favorecer o desenvolvemento
das economías locais e unha facilitación dos procedementos administrativos. Esta iniciativa, debatida
no Centro de Supercomputación de Galicia, Cesga, se implantará no 2007 cun orzamento dun millón
de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 30/03/2005 |
 |
Cultura
Santiago, capital da paz e a solidariedade
O presidente Manuel Fraga e o ex director
da Unesco, Federico Mayor Zaragoza, anunciaron na capital galega que, nos meses de abril e maio, Santiago reunirá
a 300 conferenciantes de vinte países, incluíndo varios Premios Nobel, no marco da Conferencia Mundial
para a Paz, a Solidariedade e o Desenvolvemento. O obxectivo é catapultar a Galicia como un “espazo de encontro
e de concordia” e convertila nunha referencia mundial sobre a solución de conflitos e a solidariedade. (Fonte: El Correo Gallego).
Sociedade
Joseph Stiglitz no Congreso de Economía
O Premio Nobel de Economía 2001
visitará A Coruña en setembro con motivo do VII Congreso de Economía, encontro no que participarán
2.000 economistas, entre eles, o comisario europeo de Asuntos Económicos, Joaquín Almunia, e o presidente
da CECA, Juan Quintás. (Fonte: El
Correo Gallego).
Emigración
O PP pide participación estatal
para axudar aos retornados
O Grupo Parlamentario Popular no Congreso
reclamou ao goberno estatal “unha maior participación económica” coa Xunta e os concellos galegos
para a atención das necesidades dos emigrantes retornados. Neste aspecto, a deputada María Jesús
Sáinz presentou unha proposición non de lei que demanda ao Executivo sufragar unha parte substancial
nos gastos que xeran a creación e mantemento de oficinas de información nos lugares elixidos pola
diáspora que retorna, xa que as administracións de acollida “non están preparadas” para este
cometido. (Fonte: El Correo Gallego).
Marítima
Izar Ferrol beneficiado por acordo Zapatero-Chávez
Ante a polémica entre o goberno
e a oposición, causada pola venda de corbetas e patrulleiras marítimas por parte do presidente Zapatero
ao seu homólogo venezuelano, Hugo Chávez, o secretario do PSOE, José Blanco, explicou que
o “armamento contratado se fará en Izar Ferrol e Izar Cádiz con total seguridade”, dando a entender
os beneficios que suporá para a empresa estatal que estivo a piques da creba. Blanco confesou que aínda
non tiña os datos exactos do material encargado.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
Apertura da Casa Latinoamericana de Galicia
Unhas xornadas de información para
estranxeiros en abril permitirá a presentación pública da Casa Latinoamericana de Galicia,
con sede en A Coruña. Nestas xornadas, o xefe de Dependencia do Ministerio do Traballo e a avogada María
Cristina García, exporán a implantación da nova Lei de Estranxería. (Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Aumenta intercambio comercial luso-galaico
Segundo un informe de CCOO-Galicia, o
espazo económico da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal cobra cada vez máis importancia
ante o aumento no intercambio comercial, cun valor acumulado de 1.315 millóns de euros para o ano 2002.
En canto aos socios comerciais de Galicia, Francia ocupa o primeiro lugar, seguido de Portugal, Alemaña
e o Reino Unido. (Fonte: www.vieiros.com).
 |
| 29/03/2005 |
 |
Investigación
EEUU acude á medicina galega
O Departamento de Agricultura de EEUU
incluiu un grupo de investigadores da Facultade de Medicina da USC para o desenvolvemento dun programa de investigación
sobre a encelopatía espongiforme bovina, EEB, mellor coñecida como “mal das vacas tolas”. O responsábel
deste departamento, Mike Johanns, anunciou unha partida de dous millóns de dólares para o programa. (Fonte: El Correo Gallego).
Emigración
O PP critica pacto sanitario na Arxentina
O convenio de asistencia sanitaria asinado
en Bos Aires polo ministro de Asuntos Sociais co goberno arxentino foi criticado pola dirixencia do PP por “arbitrario
e impreciso”. Deste xeito, o partido de oposición se apuntou ás críticas anteriormente realizada
polo PP galego. (Fonte: El Correo Gallego).
Eixo Atlántico
Novas estratexias atlánticas
O segundo plan estratéxico realizado
por un grupo de investigadores da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal permite abordar un estudo innovador
nas 80 eurorrexións existentes para impulsar o desenvolvemento territorial policéntrico, a política
social urbana e a competitividade en transporte ferroviario e marítimo. Esta será a presentación
do proxecto que realizará o secretario xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, ante
Ester Elisabeth Helander, directora de cooperación territorial da Comisión Europea, e os ministros
de Transporte e Economía de España e Portugal.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 28/03/2005 |
 |
Economía
Economía galega supera a media
europea
O PIB galego se incrementou nun 60,2%
no período 1995-2002, case vinte puntos superior á media da UE (42,1%), segundo datos do Instituto
Galego de Estatística no seu informe “Contas económicas. Base 2000. Serie 1995-2002”. Neste período,
o mercado laboral galego puido crear máis de 100.000 postos de traballo, cunha ganancia salarial estimada
en 22.000 euros, un 3,3% de aumento. (Fonte:
El Correo Gallego).
 |
| 27/03/2005 |
 |
Inmigración
Tasa de inmigrantes aumenta nun 15%
Segundo un informe da Consellería
de Emigración, baseado en datos do Instituto Galego de Estatística, en Galicia residen 43.000 inmigrantes,
cun aumento dun 14,96% no período 1991-2004. Se ben no ano 2000, o 40% dos inmigrantes proviñan de
Europa, seguido dos latinoamericanos, catro anos despois a inmigración latinoamericana supera os 50%, principalmente
Colombia e Arxentina. (Fonte: El Correo
Gallego).
Marítima
Irmanamento marítimo Galicia-Tailandia
A Escola Naval Militar de Marín
posúe dende o ano 1951 un irmanamento coa Armada tailandesa para que os seus alumnos poidan cursar estudos
no centro galego, con resultados satisfactorios en canto á cooperación e asesoramento en materia
naval. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 25/03/2005 |
 |
Unión Europea-Infraestruturas
Protagonismo galego no transporte marítimo
Grazas ao proxecto comunitario Atmos e
ante a duplicación no movemento de mercancías e pasaxeiros cara o 2020, Galicia poderá desenvolver
unha ampla rede de transporte marítimo pola viabilidade dos seus portos, especialmente Ferrol, A Coruña
e Vigo, no marco do reforzamento das “autoestradas do mar” no Arco Atlántico. Nesta iniciativa europea participan
tamén as cidades atlánticas de Cork (Irlanda), La Rochelle (Francia), Sines, Douro e Leixoes (Portugal),
ademáis de Xixón e Algeciras. Outro dos proxectos consiste en achegar o transporte entre Vigo e Nova
York en catro días. (Fonte: El Correo
Gallego).
 |
| 24/03/2005 |
 |
Emigración
Os emigrantes emprendedores e o mercado
laboral galego
A Fundación Galicia Emigración
iniciou o Programa de Formación e Desenvolvemento Empresarial para a Galicia Exterior, coa finalidade de
ofrecer asesoramento sobre as condicións do mercado laboral tanto en Galicia como en España. Arxentina
será o primeiro país da diáspora onde se iniciará este programa, ampliándose
no 2005 ás comunidades galegas residentes en Iberoamérica e EEUU. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 23/03/2005 |
 |
Portugal
Núñez Feijoo ve difícil
AVE Vigo-Oporto para o 2009
O conselleiro de Política Territorial,
Alberto Núñez Feijoo, afirmou que o goberno de Zapatero “non ten interese” na finalización
do AVE Vigo-Oporto, previsto para o 2009, e teme que o goberno central non coincida co seu similar portugués
sobre a prioridade do proxecto, polo que amosou o seu pesimismo ante as dificultades financeiras do mesmo. (Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
O importante voto do exterior
O secretario do PSdG e candidato á
Xunta, Emilio Pérez Touriño, afirmou en Bos Aires que, pese á paridade nas enquisas, o voto
da emigración “vai ser decisivo” nas eleccións autonómicas de outubro próximo, e explicou
a necesidade de depurar o Censo de Españois Residentes Ausentes, CERA. Touriño anunciou unha nova
visita ao país austral en setembro, mentres as enquisas locais estiman cun 30% dos máis de 100.000
galegos que residen no país, estarían dispostos a votar.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Economía
Dous millóns de euros para O Avia
Un proxecto comunitario dotará
de dous millóns de euros á Mancomunidade Terras do Avia para a creación de empresas locais. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Tensións entre Bruxelas e Senegal
A prohibición de pesca do polbo,
medida imposta polo goberno senegalés, provocou a protesta da administración española e os
responsábeis dos buques galegos ante a UE, que motivou unha advertencia dende Bruxelas a Dakar para levantar
a veda a cambio de menos compensacións económicas.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
Rumanos e suramericanos dominan regularizacións
Na provincia de Ourense, os inmigrantes
proveñentes de Rumania, Arxentina, Colombia, Ecuador e República Dominicana, e son os principais
demandantes do proceso de legalización da súa situación laboral. Polo de agora, unhas 214
persoas solicitaron a súa regularización e, no caso dos inmigrantes, a maior parte laboran como empregadas
no fogar, camareiros e traballadores rurais.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 22/03/2005 |
 |
Portugal
Sócrates da prioridade ao AVE
Vigo-Oporto
Durante unha comparecencia no Parlamento
luso, o presidente José Sócrates anunciou que unha das prioridades do seu goberno será a conexión
de Portugal con España a través do AVE con Vigo e Madrid. O investimento se achegará a 20.000
millóns de euros ata o 2009, con base no capital privado.
(Fonte: El Correo Gallego).
Portugal lidera cotización laboral
de estranxeiros en Galicia
Segundo datos do Ministerio de Traballo,
no mercado laboral galego existen rexistrados 6.841 portugueses, un terzo das afiliacións á Seguridade
Social dos traballadores estranxeiros. En Galicia laboran 20.801 estranxeiros, dos cales uns 8.666 pertencen a
nacionais de países da UE, especialmente italianos, ingleses e alemáns, ademáis de rumanos.
Os restantes 12.135 proveñen principalmente de países latinoamericanos, como Colombia, Arxentina,
Uruguai e Perú, ademáis doutras latitudes como Marrocos.
(Fonte: El Correo Gallego).
Lisboa reclama carne ecolóxica galega
A calidade da carne ecolóxica que
se produce na sociedade Biocop en Verín, é un dos maiores reclamos dende Portugal, a onde se exportan
aproximadamente uns 800 kilos semanais. Biocop está tamén en negociacións con empresas holandesas
e aspira ser elixida pola UE para entrar nun proxecto que pretende introducir productos biolóxicos en Xapón. (Fonte: La Voz de Galicia).
Emigración
Os monitores da Galicia Exterior
O presidente Manuel Fraga recibiu a 141
mozos descendentes de galegos residentes no exterior ante o comezo dos cursos de especialización 2005 para
monitores e directores de grupos culturais, artísticos e deportivos na Galicia Exterior. (Fonte: El Correo Gallego).
Pérez Touriño garantiza sanidade
na Arxentina
No marco do compromiso do candidato do
PSdG, Emilio Pérez Touriño, de desenvolver “unha política integral” cara a emigración,
o candidato á Xunta afirmou en Bos Aires que o asinamento dun convenio de sanidade garantizará a
protección de máis de 20.000 emigrantes maiores de 65 anos, que dispoñan dunha pensión. (Fonte: Faro de Vigo).
Pesca
Ferrol acollerá cruceros estranxeiros
Nunha oferta sen precedentes, a noruega
Fred Olsen, o británico Grupo Saga, e unha terceira compañía aínda descoñecida,
anunciaron os seus plans de utilizar os peiraos de Ferrol para realizar entre seis e sete escalas cos seus cruceros
no próximo ano, con ocupación plena entre pasaxeiros e tripulantes. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 21/03/2005 |
 |
Pesca
Canadá se interesa por acuicultura
galega
Ante a crise dos stocks de marisco e as
imposicións da pesca de altura, o sector pesqueiro canadiense aposta pola rexión de Campbell River,
na Columbia Británica, para potenciar a industria da acuicultura, polo que explora a posibilidade de concretar
convenios con Galicia para coñecer a experiencia galega neste sector. (Fonte: La Voz de Galicia).
Eixo Atlántico
Estratexias para a eurorrexión
Uns 18 concellos galegos e do norte de
Portugal participarán no congreso en Ourense do Eixo Atlántico, para presentar os “Segundos Estudos
Estratéxicos” con propostas de desenvolvemento da eurorrexión para os próximos dez anos. (Fonte: Faro de Vigo).
Turismo
Prevén 5 millóns de turistas
para o 2005
María Antón, directora xeral
de Turismo da Xunta, explicou que a administración galega espera alcanzar os cinco millóns de turistas
para este ano, aproveitando o “tirón” do Xacobeo 2004.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 20/03/2005 |
 |
Pesca
Aetinape demandará a Terranova
O presidente da Asociación Española
de Titulados Náuticos Pesqueiros, Xosé Manuel Muñiz, acusou á clase política
de Terranova, Canadá, de iniciar unha campaña de desprestixio contra os buques galegos, españois
e portugueses, acusándoos de “intoxicación” por esquilmar os seus caladoiros. Muñiz amosou
o seu temor de que esta situación poida xerar un ataque da Mariña e o Exército canadienses
contra esta frota. (Fonte: La Voz de Galicia).
Conexión galega con Glasgow e Belfast
A firma madrileña Air Pack Express
embarcará en abril dende Glasgow, Edimburgo e Belfast, unha liña de transporte de marisco, principalmente
bogavante e cigala, con Vigo, Santiago e A Coruña.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Economía
Baixan investimentos foráneos
en Galicia
O primeiro trimestre do 2004 se rexistrou
a cifra máis baixa de investimentos estranxeiros en máis de 15 anos: 5 millóns de euros, reafirmando
un desplome que comezou no 2001. A razón principal se debe á falta de solo industrial, sobretodo
en Vigo e A Coruña. (Fonte: La Voz
de Galicia).
Cultura
Cinema galego na Arxentina
O Festival de Cine de Mar do Plata contará
coa presenza de tres longometraxes galegos, dos realizadores Xavier Bermúdez e Patricia Ferreira. Tamén
se presentará o convenio Fondo Raíces, un proxecto cinematográfico conxunto entre arxentinos,
cataláns e galegos. (Fonte: La Voz
de Galicia).
 |
| 19/03/2005 |
 |
Turismo
Marketing galego na Arxentina
A elaboración dun plan maestro
de turismo e marketing dende Galicia cara a provincia arxentina de Salta, foi o motivo do encontro entre a directora
xeral de Turismo da Xunta, María Antón, e o secretario de Turismo da rexión austral, Bernardo
Racedo. Nesta rexión tamén coopera o Centro Superior de Hostelería de Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).
Cae entrada de turistas estranxeiros
Segundo datos de Conxuntura Estatística
facilitados polo ministerio de Industria, Galicia rexistrou a segunda maior baixa de afluencia de turistas estranxeiros,
unha reducción de 12% entre xaneiro en febreiro de 2005, con respecto ao ano anterior. A razón se
debe á influenza que tivo o tirón turístico do Ano Xacobeo 2004. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Fondos Estructurais
Menos fondos, menos euros por familia
Segundo Ana Pastor, secretaria de Política
Social do PP, a perda dos fondos europeos contenidos no Obxectivo 1 deixaría a Galicia sen 3.900 millóns
de euros en axudas, uns 515 euros menos por familia, o que representa o 44% dos recursos para a comunidade. Ante
esta situación, Pastor avogou polo investimento en innovación e desenvolvemento, para impulsar o
mercado laboral xoven. Noutra orde de ideas, a ex ministra de Sanidade pediu ao goberno estatal o cumprimento definitivo
da execución do AVE no Eixo Atlántico para o 2007.
(Fonte: El Correo Gallego).
Tecnoloxía
Santiago, capital da informática
Por primeira vez en España, a capital
galega será a sede dun congreso mundial sobre recuperación de información, onde os máis
prestixiosos científicos mundiais da enxeñería informática presentarán as novidades
nesta materia. Destaca a participación de representantes de Yahoo, Microsoft Research, A9 Amazon, Verity,
Xerox e Sharp, ademáis de expertos de Hungría, EEUU, Reino Unido, Suíza, Francia, Alemaña,
Irlanda e Italia. (Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Fadesa inicia investimentos en Marrocos
A inmobiliaria galega iniciará
en abril a construcción do luxoso resort Mediterránea Saïdia, na costa marroquí, fronte
a Almería, coa finalidade de converterse no referente turístico mediterráneo. O acto contará
coa asistencia do primeiro ministro do país norafricano e o presidente de Fadesa, Manuel Jove. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 18/03/2005 |
 |
Pesca
Terranova acusa a buques galegos do declive
nas capturas
A localidade canadiense de Newfoundland,
en Saint John's, Terranova, acusa aos buques galegos e portugueses que faenan nas augas da NAFO do declive nas
capturas, ademáis da moratoria de 1991 sobre a pesca do bacalao. Nesta localidade ocorreu o incidente do
pesqueiro galego “Estai” en 1995, aínda que hoxe o goberno canadiense mantén boas relacións
con Galicia e co goberno español.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Marrocos visita industria pesqueira galega
Unha delegación técnica
pesqueira marroquí encabezada por Mohamed Tarmidi, visitou o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro
de Beiramar, para estudar as posibilidades de cooperación e axuda mutua con Galicia e negociar a posibilidade
do retorno da flota galega e comunitaria aos caladoiros do país norteafricano, trala reapertura de negociacións
entre Bruxelas e Rabat. (Fonte: La Voz de
Galicia).
Unión Europea-Pesca
O BNG pide a Bruxelas apoio á
flota galega
Ante as negociacións entre a Comisión
Europea e Marrocos para a negociación dun novo acordo pesqueiro, a nacionalista Ana Miranda presentou ante
o Parlamento europeo unha iniciativa na que insta á Comisión a renegociar un acordo con Rabat que
non discrimine á flota galega. Miranda explicou que a ruptura do acordo pesqueiro en 1999 afectou a un 52%
dos barcos que faenaban no banco canario-saharaui, deixando en paro a 4.000 mariñeiros e, indirectamente,
afectando a 20.000 empregos. (Fonte: El
Correo Gallego).
Unión Europea-Axudas Económicas
Bruxelas financia depuradora de Vigo
A depuradora de Bouzas, que dará
servizo a Vigo para os próximos 30 anos, contará con financiamento europeo dun 85%, mentres o resto
será aportado pola consellería de Medio Ambiente. Os responsábeis desta consellería
presentaron un documento sobre as futuras necesidades de saneamento da cidade olívica, de medio millón
de habitantes. (Fonte: La Voz de Galicia).
Diáspora
A “limpeza” do INE ao censo emigrante
Segundo Carmen Alcaide, presidenta do
Instituto Nacional de Estadística, o Censo de Residentes Ausentes (CERA) de Galicia “se limpiou moito” aínda
que recoñeceu as dificultades para solucionar os erros que ten. Alcaide realizou esta afirmación
en Santiago, onde explicou a súa convicción de que Galicia poderá seguir mantendo o Obxectivo
1 dos fondos europeos para o 2007. (Fonte:
El Correo Gallego).
Eixo Atlántico
Vías para a cooperación
turística
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez
Bugallo, e representantes de Lugo, Porto, Guimaraes, Évora, Angra do Heroísmo (Azores) e da asociación
do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, integrantes do proxecto Atlante, deseñaron estratexias
de colaboración para o desenvolvemento do turismo.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 17/03/2005 |
 |
Diáspora
Goberno elimina 4.300 galegos do censo
emigrante
A resultas do proceso de depuración
do censo electoral emigrante levado a cabo polo goberno central, uns 4.307 galegos do exterior foron eliminados
no mes de marzo, tralas actualizacións realizada polo ministerio de Exteriores nos consulados estranxeiros,
cara os comicios do País Vasco en abril e de Galicia en outubro. En xaneiro de 2005 se contabilizaron 307.167
galegos emigrantes con dereito a voto, sendo a cifra actual unhas 302.860 persoas. (Fonte: El Correo Gallego).
Emigración
Emigran máis galegos da costa
que do interior
Segundo o secretario de Emigración
da CIG, un total de 175.218 galegos emigraron entre os anos 1990 e 2003, sinalando o feito de que son máis
os galegos da costa os que emigran que do interior, principalmente de Ferrol, Barbanza, Salnés, a Costa
da Morte e O Morrazo, sendo Madrid e Canarias os principais destiños. Do mesmo xeito, a nova realidade indica
un cambio de modelo, xa que o resto das comunidades españolas son as que agora acollen aos galegos cando
antes eran América do Sur e Europa Central.
(Fonte: El Correo Gallego).
Textil
Inditex aborda o mercado asiático
O vicepresidente do grupo textil galego,
José María Castellano, informou da posíbel apertura dunha plataforma loxística en Asia
e oito tendas en Xapón durante o 2005. Tamén se planean abrir establecementos en Indonesia, Tailandia
e nas cidades chinesas de Beijing e Shanghai. O grupo que preside Amancio Ortega ten 20 establecementos na zona
de Asia-Pacífico. (Fonte: El Correo
Gallego).
Marrocos
Estancadas as conversas pesqueiras
O conselleiro de Pesca, Enrique López
Veiga, acusou ao goberno de Zapatero de opacidade nas conversas pesqueiras con Marrocos. Unha comisión do
ministerio de Pesca do país norteafricano visitou Galicia, mentres Bruxelas e Rabat manteñen o hermetismo
en torno á posibilidade de negociar un novo acordo pesqueiro.
(Fonte: El Correo Gallego).
Sociedade
Galicia ten a segunda maior esperanza
de vida
Xapón e Galicia se atopan como
as principais áreas do mundo con maior esperanza de vida, segundo o doctor José Manuel Mayán,
director en Xerontoloxía na USC. Por iso, o sector da Xerontoloxía cobra importancia na sociedade
galega actual, xa que o 21% da poboación total galega corresponde a persoas de maior idade. (Fonte: El Correo Gallego).
Castrelos recomendado pola National Geographic
O coñecido parque vigués
foi catalogado pola revista National Geographic na súa sección de Fin de Semana, como unha das recomendacións
de visitas, por ser o sitio máis emblemático da cidade “polas súas zoas verdes e extensas
e os seus xardíns de estilo afrancesado”.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Unha española e galega máis
Cristina Pino, unha arxentina de 43 anos
radicada en Vigo, se converteu na primera inmigrante dese país en obter os permisos de residencia e traballo
grazas ao proceso de regularización dos inmigrantes.
(Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 16/03/2005 |
 |
Diáspora
Comisión parlamentaria para o
voto exterior
Ante as dificultades dos emigrantes galegos
para exercer o seu voto dende o exterior e a posíbel “manipulación” do escrutinio, o Parlamento galego
aprobou, cos votos do PP e o impulso da consellería de Emigración, a creación dunha Comisión
Especial para investigar o procedimento do voto emigrante. Esta decisión provocou agudas críticas
dende o PSdG e o BNG, que cualificaron de innecesaria a Comisión cando xa existe outra comisión na
Cámara autonómica. (Fonte:
El Correo Gallego).
Cooperación
Ecuador agradece axuda galega
No marco da IX Comisión Mixta de
Cooperación Hispano-Ecuatoriana en Quito, o secretario xeral de Relacións coa UE e Cooperación
Exterior, Jesús Gamallo, informou que as autoridades do país andino agradeceron a Galicia a súa
inclusión na zona prioritaria dos plan de desenvolvemento. A Xunta facilita asesoramento técnico
en Pesca, Medio Ambiente e Política Agroalimentaria, en proxectos realizados xunto a ONGs nas localidades
de Chimborazo, Imbarura, Jipijapa, Santa Elena e a illa de San Cristóbal, nas Galápagos. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Axencia Pesqueira divide á Xunta
e ó Goberno
Tanto a Xunta como o goberno Zapatero
manteñen diverxencias sobre a responsabilidade na consecución da Axencia Europea de Control da Pesca
en Vigo, a súa xestión e súa futura ubicación. O conselleiro de Pesca, Enrique López
Veiga, declarou que a mesma foi posíbel grazas ás antigas xestións do ex presidente José
María Aznar. A ministra de Pesca, Elena Espinosa, considera que é consecuencia da tutoría
estatal destas competencias. (Fonte: El
Correo Gallego).
Sucesos
Falece sarxento galego en Indonesia
O ferrolán, Justo Jesús
Picallo Martínez, faleceu na súa primeira misión humanitaria en Indonesia, trala realización
dunha inspección rutinaria no casco do buque “Galicia” nas augas de Banda Aceh, zona que sufriu os embates
da catástrofe de tsunami. (Fonte:
El Correo Gallego).
 |
| 15/03/2005 |
 |
Unión Europea-Pesca
Bruxelas aproba Axencia Pesqueira para
Vigo
Os ministros de Pesca europeos aprobaron
o regulamento da Axencia Europea para o Control da Pesca, con sede en Vigo a partir do 2006. Esta Axencia terá
oito funcións, vencelladas á loita contra a pesca ilegal, a colaboración nas inspeccións,
investigación e desenvolvemento. O orzamento anual rondará os cinco millóns de euros e cada
un dos 25 membros da UE terá voto e representante.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Economía
Anfaco pide axudas a Bruxelas
A Asociación Nacional de Conservas
de Peixes, Anfaco, pediu á UE a continuidade das axudas para a industria de fariñas de peixe coa
finalidade de competir con vantaxe nos mercados internacionais. O presidente do organismo, Juan Vieites, defenderá
esta posición ante a Comisión de Pesca en Bruxelas.
 |
| 14/03/2005 |
 |
Solidariedade
Galicia presente en Gaza
A ONG Solidariedade Internacional de Galicia
mantén unha oficina permanente no territorio palestino de Gaza, e realiza desde hai dous anos proxectos
sociais en Hebrón e Nablús, co apoio da Xunta e de Caixa Galicia. A ONG tamén realizou proxectos
en once países, entre eles Guatemala, Honduras e O Salvador.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Acordan funcións para a Axencia
Pesqueira viguesa
Os ministros de Pesca da UE buscaron un
acordo político para delimitar as funcións legais e administrativas da Axencia de Pesca Europea con
sede en Vigo a partir do 2006. O único punto de discordia ten que ver co reparto de votos entre Bruxelas
e os estados membros dentro do consello de administración.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 13/03/2005 |
 |
Economía
Citröen Vigo, o segundo productor
en Europa
A filial da multinacional francesa PSA
Peugeot Citröen radicada na cidade olívica ten o rexistro de máis alta productividade en España
e o segundo en Europa, detrás da alemá Völkswagen ubicada en Wolfsburg, segundo un estudo realizado
por Consultores de Comunicación Gaxa.
(Fonte: Faro de Vigo).
Cultura
Compostela en París e Berlín
A mediados de marzo, nas edicións
da I Feira Internacional de Turismo da capital alemá e o Día de España na capital francesa,
contarán coa participación da empresa santiaguesa Incolsa para a promoción da capital galega
como “cidade cultural europea”. (Fonte:
El Correo Gallego).
Proxecto da Unesco en Santiago
O proxecto Atlante para a mellora das
cidades atlánticas declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco, celebrou na capital galega o seu III
seminario na USC, contando coa participación do alcalde compostelá e o vicepresidente da Cámara
Municipal de Porto. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 12/03/2005 |
 |
Acción Exterior
O modelo educativo para o rural arxentino
Un protocolo de colaboración asinado
polo conselleiro de Educación, Celso Currás, e as autoridades do país suramericano, permitirá
o funcionamento do programa de educación rural “Preescolar na casa”, implementado en Galicia desde 1977,
coa colaboración de Cáritas. Do mesmo xeito, estase a desenvolver programas similares aos implementados
na nosa Comunidade, como os Centros Rurais Agrupados e os Centros Públicos Integrados. (Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
Misión en América do Sur
Ao mesmo tempo que o conselleiro de Emigración,
Aurelio Miras Portugal, visita Arxentina, o secretario xeral de Relacións coa UE e a Cooperación
Exterior, Jesús Gamallo, estivo en Brasil, para dar a coñecer a experiencia da colaboración
transfronteriza entre Galicia e Portugal.
(Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora galega na web
Os conselleiros Miras Portugal e Celso Currás anunciaron en Bos Aires a implementación dunha páxina
web dedicada á emigración galega no exterior, como elemento de interrelación entre as comunidades
do exterior. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Marítima
O PP esixe a Bruxelas respeto á
normativa de seguridade marítima
Para evitar catástrofes como a
do Prestige, o eurodeputado Daniel Varela reclamou ante a Comisión Europea a implementación da normativa
de seguridade marítima europea, tralas denuncias de que Bélxica, Grecia, Italia, Holanda, Francia,
Finlandia e Eslovaquia, aínda non trasladaron o sistema comunitario ás súas respectivas lexislacións. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
As conserveiras galegas e a competencia
asiática
Segundo o secretario xeral de Anfaco,
Juan Vieites, a pesar do considerábel aumento no 2004 na producción das conserveiras galegas, os
índices en canto a valor e volume foron baixos debido ao descenso nas exportacións europeas, prexudicadas
polo favorecemento de terceiros países como Tailandia e os do sureste asiatico. (Fonte: El Correo Gallego).
Cooperación pesqueira con Chile
Tras anos de litixio, o país austral
permitirá aos buques galegos recalar nos seus portos, tanto en víveres como en combustíbel,
tralo acordo alcanzado polo conselleiro Enrique López Veiga co subsecretario de Pesca chileno, Felipe Sandoval. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 11/03/2005 |
 |
Turismo
Convenio con Ryanair para promocionar
Santiago
Trala autorización da Xunta a Turgalicia
e Incolsa para realizar accións de promoción de Santiago e Galicia, a oficina turística aproveitará
o asentamento da aerolínea irlandesa Ryanair no aeroporto de Labacolla, para dar a coñecer a nosa
Comunidade no amplo mercado europeo. (Fonte:
El Correo Gallego).
Sector Exterior
Plan de fomento das exportacións
galegas
Un total de 48 misións comerciais
directas contará este ano o Plan de Fomento das Exportacións Galegas, Foexga, cun orzamento de 4,7
millóns de euros, un 12% máis que en 2004. Destas misións, 21 irán a países
europeos, 13 a América Latina, sete a África, seis a Asia e unha a Oceanía. Do mesmo xeito,
un total de 124 empresas galegas poderán desenvolver os seus plans de promoción exterior cun financiamento
dun 50% dos fondos europeos Feder. (Fonte:
El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Anfaco: fallo europeo é “moi prexudicial”
para Galicia
A decisión do Tribunal da UE de
desestimar o recurso de España que invocaba o “principio de preferencia” dos productos feitos en Europa
fronte aos doutras rexións do mundo, foi considerado pola patronal galega Anfaco como prexudicial para Galicia,
debido a que países como Filipinas, Indonesia e Tailandia poderían seguir recibindo vantaxes arancelarias
de Bruxelas, ameazando a industria conserveira galega e os seus 50.000 empregos. (Fonte: La Voz de Galicia).
Fondos Europeos
Porto Exterior coruñes espera
por fondos de Bruxelas
A Autoridade Portuaria de A Coruña
está a espera dos 280 millóns de euros solicitados a Bruxelas, como principal fonte de financiamento
do seu porto exterior. A petición formal foi dirixida a principios de febreiro e non será ata abril
ou maio cando se coñeza a decisión.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Cumio dos conserveiros luso-galaicos
Directivos da Asociación Nacional
de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos, Anfaco, realizaron unha xuntanza en Vigo cos seus homónimos
da Ancip de Portugal para debatir as políticas comunitarias que afectan ao sector industrial e o reparto
dos fondos europeos para o período 2007-2013. Tamén se trataron outros temas como a denominación
da conserva da sardiña, as restitucións no consumo do aceite de oliva e os acordos da UE con terceiros
países. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 10/03/2005 |
 |
Diáspora
PP, BNG e o PSdG piden maior control
do voto exterior
Unha votación no Parlamento galego
permitiu a aprobación unánime dos deputados das medidas para facer máis transparentes os procesos
electorais no exterior, especialmente un “control exhaustivo das posíbeis instrumentalizacións das
viaxes e recursos”. Os principais partidos políticos galegos iniciaron xiras por América do Sur para
a captación de votos. (Fonte: El
Correo Gallego).
Chávez ofrece a Zapatero “captar”
o voto galego
Segundo fontes diplomáticas, o
presidente venezuelano Hugo Chávez ofreceulle ao presidente Zapatero e ao PSOE a captación do voto
galego emigrante dese país, ante as eleccións autonómicas de outubro próximo. Zapatero
iniciará en abril unha visita a Venezuela.
(Fonte: www.xornal.com).
Educación
Presenza galega no European Schools Project
A Fundación Amancio Ortega dará
a coñecer a máis de 200 expertos educativos mundiais, o desenvolvemento do Proxecto Ponte dos Brozos,
na XIX Conferencia de Educación organizada pola European Schools Project en Finlandia. O proxecto galego
é unha iniciativa de tecnoloxía inalámbrica con finalidade pedagóxica desenvolvido
en tres centros de Arteixo e que agrupa a 1.600 alumnos e 1.330 familias. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Buscan apoio para a cultura oral luso-galaica
O concello de Santiago e a Deputación
da Coruña amosaron o seu apoio á Asociación Cultural “Ponte nas Ondas” para levar a cabo unha
campaña de respaldo dos concellos galegos á candidatura galaico-portuguesa na Unesco sobre a tradición
oral conxunta como Patrimonio Oral Inmaterial da Humanidade.
(Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Median ante os armadores galegos en Chile
O conselleiro de Pesca, Enrique López
Veiga, visitou o país austral para xestionar unha solución aos armadores galegos sobre a utilización
dos portos dese país suramericano e as posibilidades de faenar no Atlántico sur. Do mesmo xeito,
Veiga intensificou as relacións pesqueiras coa administración chilena. (Fonte: El Correo Gallego).
Liberan pesqueiro galego na Arxentina
O barco de Marín “José Antonio
Nores”, apresado en febreiro nas augas arxentinas, foi liberado polas autoridades dese país tralo pago dunha
multa de 150.375 euros por parte do propietario, Manuel Nores.
(Fonte: La Voz de Galicia).
A frota viguesa apunta ao norte europeo
Os caladoiros de Groenlandia, Islas Feröe,
Noruega e o banco Hatton, son os destiños alternativos da frota viguesa que faena nas augas da NAFO, como
medida para paliar a rebaixa no cupo de capturas da pesca para os buques galegos desde o 2004 ata o 2007. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Pesca
Bruxelas protexe frota atuneira galega
Ante a competencia proveñente do
sudeste asiático, o Parlamento europeo aprobou a protección da industria do atún española
e, polo tanto, do sector transformador galego, dentro do reglamento do Sistema de Preferencias Xeralizadas. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 09/03/2005 |
 |
Diáspora
Contactos coa emigración na Arxentina
As visitas a Bos Aires dos conselleiros
de Emigración, Aurelio Miras Portugal, e Educación, Celso Currás, permitiron a subscrición
dun convenio de colaboración co ministerio de Educación arxentino e coa Organización de Estados
Iberoamericanos, e alentar o contacto coas organizacións dos galegos emigrantes nun país onde se
atopa o 72% do voto da diáspora.
(Fonte: El Correo Gallego).
Non hai manipulacións do voto emigrante
O embaixador en misión especial
para a Coordinación das Relacións coas Comunidades Españolas en Iberoamérica, o galego
Miguel Cortizo, negou en Bos Aires que o seu cargo sirva para “manipular o voto da emigración”, tralas críticas
que dende a Xunta se realizan contra o goberno central polo retraso da reforma da Lei Orgánica do Réxime
de Reforma Electoral. Cortizo levou a cabo unha xira por Arxentina, Uruguai, Brasil e Chile. (Fonte: El Correo Gallego).
Bolsas para fillos de emigrantes
A Consellería de Educación
destinará 153.211 euros á convocatoria de axudas a universitarios de descendentes galegos e con residencia
familiar en Galicia que teñan dificultades económicas. Cada bolsa terá un monto máximo
de 5.000 euros e será compatíbel con calquera outra axuda no caso de que non sobrepasen conxuntamente
esa cantidade. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Apoio á candidatura cultural luso-galaica
Representantes políticos galegos
do PP, PSdG e o BNG e outras personalidades institucionais, amosaron no pazo de Raxoi o seu apoio á candidatura
a Patrimonio da Humanidade da cultura común galaico-portuguesa. O acto contou coa presenza dos representantes
desta candidatura en Galicia e Portugal, Xoán Saiáns e Lourdes Carita. (Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Formación pública galega
en Polonia
A empresa viguesa Grupo Femxa ingresou
no mercado polaco co proxecto universitario de administración pública virtual, encuadrado no programa
comunitario Leonardo, no que participan a universidade polaca de Lodz e a consultora grega Diakrisi. O proxecto
ten como obxectivo a preparación de accións de formación on line para funcionarios públicos. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 08/03/2005 |
 |
Pesca
Acuicultura galega para exportación
Vilagarcía de Arousa será
en setembro a sede dunha feira internacional de acuicultura, orientada ás principais empresas do sector,
da hostelería e a restauración, cadeas alimentarias, centros de consumo e empresas transformadoras.
En palabras do conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, o evento ten por obxectivo “reafirmar o importante
papel que cumpre Galicia na acuicultura mundial”.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Pesqueiro galego admite entrar nas augas
arxentinas
A tripulación do pesqueiro de Marín,
“José Antonio Nores”, apresado o 25 de febreiro polas autoridades arxentinas, admitiu o seu ingreso na zona
económica exclusiva, coa finalidade de axilizar a liberación do barco e así evitar a posibilidade
de estar apresado entre seis meses e un ano”.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Pesca
Piden menos presenza da Comisión
na futura Axencia Pesqueira
O secretario xeral de Pesca Marítima,
Juan Carlos Martín Fragueiro, cualificou de “excesiva” a pretensión da Comisión Europea de
ter dez votos no consello de administración da Axencia Europea de Seguridade Marítima que entrará
en funcionamento en xaneiro de 2006 en Vigo, e informou que o goberno central pedirá rebaixar esa presenza
na próxima xuntanza ministerial da Comisión.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 07/03/2005 |
 |
Diáspora
Loreg non estará lista para os
comicios galegos
O director xeral de Emigración,
Jesús Ramón Copa Novo, explicou que as dificultades técnicas para levar a cabo a implantación
no exterior das urnas, coa consecuente necesidade de interventores en embaixadas, consulados e centros de emigrantes,
impedirán ter lista a Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral,para os comicios galegos, previstos
para outubro. O goberno de Zapatero estudia incorporar medidas para reforzar a garantía do voto emigrante. (Fonte: La Voz de Galicia).
Política
Oposición a Chávez en Galicia
Juan Fernández Gómez, un
dos directivos de PDVSA e da organización Xente do Petróleo artífices do paro petroleiro entre
decembro 2002-febreiro 2003, polo que foi acusado o pasado 22 de decembro de 2004 de traizón á patria,
saboteo, instigación a delinquir, rebelión civil e falta de subministro de gas, polo goberno de Hugo
Chávez, atópase no concello coruñés de Carral trala súa notificación
de detención. Fernández asegurou a necesidade de impulsar un verdadeiro e coherente movemento opositor
a Chávez. (Fonte: La Voz de Galicia).
Defensa
A Brilat entrena na OTAN
Un continxente de 4.800 soldados, vehículos
e material de campaña e apoio da Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportábel con base
en Figueirido, iniciou un entrenamento como forza de resposta da OTAN ante a posibilidade de conflictos. A Brilat
ten experiencia en Cosova e Iraq. (Fonte:
La Voz de Galicia).
 |
| 06/03/2005 |
 |
Portugal
Caixa Galicia se une ao grupo luso Amorim
As dúas sociedades bancarias realizarán
investimentos en sectores estratéxicos a través de Investimentos Ibéricos SGPS, coa finalidade
de optimizar o tecido empresarial de ambos países e iniciar unha expansión ao exterior. (Fonte: El Correo Gallego).
Sociedade
Pura raza galega en París
O director da Asociación Pura Raza
Cabalo Galego, Santiago Paz Sixto, asistiu en París, como representante de Galicia, ao encontro europeo
Equisave, destinado á protección das razas equinas en perigo de extinción. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 05/03/2005 |
 |
Prestige
Mangouras obtén permiso para vivir
en Grecia
O capitán do Prestige, Apóstolos
Mangouras, recolleu en Corcubión o permiso para trasladar a súa residencia ao seu país de
orixe, ata a celebración do xuízo. Mangouras deberá agora presentarse cada 15 días
ante as autoridades gregas e éstas deben notificalo ao xulgado de Corcubión e ó xuiz, Javier
Collazo. (Fonte: El Correo Gallego).
Sociedade
Irmandade europea do queixo
A Corporación de Arzúa aprobou
a proposta do PSdG na que se apoia a petición do presidente da Deputación, Fernández Moreda,
de integrar esta localidade na Rede Europea de Cidades Irmanadas polo Queixo. A petición foi realizada o
ano pasado e ten como obxectivo promover o renome de Arzúa grazas aos seus queixos. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Alianza Galicia-Namibia
A Xunta e o Ministerio de Pesca do país
africano suscribiron un acordo de colaboración a longo prazo sobre a viabilidade económica da industria
pesqueira e a presenza galega nese sector en Namibia. O anuncio foi realizado polo conselleiro de Pesca, Enrique
López Veiga, trala súa xira polo país africano.
(Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Impulso á eurorrexión Galicia-Norte
de Portugal
Un total de once organizacións
empresariais galegas e portuguesas, xunto a uns 200 empresarios de ambos países, asinaron en Baiona un documento
de compromiso para desenvolver labores de cooperación transfronteriza nun área cun atractivo de medio
millón de empresas, máis de 6 millóns de habitantes, un millón de traballadores e un
volume de vendas superior aos 66.000 millóns de euros.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 04/03/2005 |
 |
Acción Exterior
Fraga: “Galicia comeza a ter peso no
mundo”
Trala súa chegada do Uruguai, onde
asistiu á toma de posesión do mandatario Tabaré Vázquez, o presidente da Xunta afirmou
a importancia que cobra a nosa Comunidade no ámbito exterior, e informou que no país suramericano
“seguen especialmente con moito interese algúns asuntos”, como é o caso de Ence, que posúe
“unha das máis grandes fábricas” nese país.
(Fonte: El Correo Gallego).
Solidariedade
Ames axuda ás víctimas
do tsunami
A agrupación parroquial de Cáritas
de Milladoiro e a Asociación de Voluntariado da Mocidade desa localidade, fixeron unha tómbola a
favor dos damnificados polas inundación no sureste asiático. O acto contou co apoio do Concello e
empresas locais. (Fonte: El Correo Gallego).
Economía
A alternativa viguesa para a industria
do motor
Wagon, Gonvarri, Benteler, Denso e o Grupo
Antolín, cinco industrias auxiliares do motor nacionais e internacionais, investirán no 2005 uns
125 millóns de euros en Vigo para convertir a cidade nun eixe da industria automotriz. Segundo o presidente
de Benteler, Hubertus Benteler, a cidade olívica “ofrece cousas que non había no Leste de Europa,
por exemplo, unha boa clientela, a saída ao mar e unha zoa especializada na fabricación de compoñentes
e ensamblaxe”. Sen embargo, ten que soportar a deslocalización mundial e o peso de países emerxentes
como China e Brasil. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
A Cooperación na Eurorrexión
Douscentos empresarios galegos e portugueses
participaron en Baiona nun foro organizado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra, sobre a cooperación
transfronteriza e as vantaxes competitivas da eurorrexión. Por outra banda, a Sala Nasa compostelá
retomou o proxecto “Portugal&Cia” de intercambio cultural, creado entre 1995 e 1997, para dar a coñecer
as manifestacións artísticas e culturais lusas.
(Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Unha “guerra” con Canadá polo
“Estai”
Segundo o libro autobiográfico
de James K. Bartleman, asesor diplomático do ex primeiro ministro canadiense Jean Chrétien, o goberno
de Ottawa estivo a piques dunha intervención armada contra o pesqueiro vigués “Estai” e outros barcos
galegos, cando en 1995 faenaban nas augas canadienses. Isto foi coñecido como a “guerra do fletán”
entre Madrid e Ottawa. Bertleman revelou que o principal instigador da ofensiva civil e armada foi o entón
ministro de Pesca, Brian Tobin, incluso despois de que España e a UE aceptaran as esixencias canadienses. (Fonte: La Voz de Galicia).
Mauritania libera pesqueiro galego
A embarcación galega “Laxe” foi
liberada polas autoridades do país africano trala súa inmobilización en novembro mentres faenaba
nesas augas. As xestións para a súa liberación foron levadas a cabo pola embaixada española
ante o ministro de Xustiza mauritano, Diabira Bakary.
(Fonte: Faro de Vigo).
Inmigración
Obstáculos para a regularización
O Foro da Inmigración, integrado
por 25 organizacións, denunciou as “carencias e dificultades” detectadas no proceso de regularización
de inmigrantes e pediu a apertura dunha oficina de recepción de documentos en Santiago e outras cidades,
especialmente nas que se atopan o maior número de inmigrantes. Tan só poden facelo nunha subdelegación
do goberno en A Coruña. (Fonte: La
Voz de Galicia).
 |
| 03/03/2005 |
 |
Turismo
Lugo promociona os seus recursos en Noruega
Unha delegación do Instituto Lucense
de Desenvolvemento Económico e Social, Inludes, estivo nas localidades de Buskerud, Telemark e Verstfol,
do país nórdico, para promocionar lugares típicos lucenses como a Ribeira Sacra, a reserva
de biósfera de Terras do Miño e o itinerario xacobeo. O cada vez maior interese turístico
por Galicia propiciará a visita a Lugo dunha delegación noruega en xuño. (Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Interese nórdico pola madeira
galega
Empresarios e expertos de Finlandia, Suecia,
Dinamarca e Noruega visitarán Galicia en abril, invitados pola Cámara de Comercio de A Coruña,
para explorar as posibilidades de investimentos no sector madereiro. Noruega é o principal mercado galego
no norte de Europa, con 5 millóns de euros en vendas. Por outra banda, unha delegación comercial
de Florencia visitou Santiago, Viveiro e Pontevedra, para coñecer o modelo comercial dos mercados tradicionais
e as prazas de abastos. (Fonte: El Correo
Gallego).
Inmigración
Máis despedidos que legalizados
Segundo un estudo da Asociación
Profesional Española de Directores de Recursos Humanos, o número de inmigrantes despedidos en Galicia
superou a aqueles que comezaron a súa regularización, en concreto 558 traballadores despedidos e
467 legalizados. A provincia de A Coruña foi a que máis despidos rexistrou. (Fonte: La Voz de Galicia).
Cooperación
A benvida máis internacional
Grazas aos programas internacionais de
intercambio universitario, “Erasmus”, ISEP, Leonardo ou MAE, decenas de estudantes estranxeiros de máis
de 20 países participarán no novo ano lectivo nos tres campus da Universidade de Vigo. A maioría
proveñen de países europeos, pero tamén de EEUU, Senegal, Turquía, México, Túnez
e Arxelia. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 02/03/2005 |
 |
Diáspora
Galegos na toma de posesión de
Tabaré
Tres galegos, o presidente Manuel Fraga,
o embaixador especial para Iberoamérica, Miguel Cortizo, e o presidente do consello nacional do BNG, Xosé
Manuel Beiras, asistiron á histórica toma de posesión do novo presidente do Uruguai, o candidato
da esquerda, Tabaré Vázquez. A presenza dos tres altos representantes galegos se debe á existencia
dunha diáspora de 40.000 persoas nese país, e a necesidade de potenciar o voto emigrante cara as
vindeiras eleccións autonómicas galegas.
(Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Ferrol se promove en Alemaña e
Hungría
A Cámara de Comercio ferrolá
prepara a participación das empresas galegas nestes dous países para o mes de abril. Na feira Costruma
en Budapest, dedicada á construcción, e na Galería Comercial de Kaufhof en Frankfürt,
no marco da Semana Española, as firmas galegas poderán amosar a súa oferta comercial. (Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
A unión para axudar aos ilegais
As asociacións de colectivos de
inmigrantes de Galicia, especialmente de Arxentina, Uruguai, Marrocos, Brasil e Colombia, uniron os seus esforzos
para reclamar solucións administrativas aos 10.000 inmigrantes en situación ilegal que habitan en
Galicia. Neste sentido, se atopan centros como a Asociación de Integración Galego Brasileira, Arxentinos
no Exterior ou Uruguaios no Mundo, en cidades como Santiago, Vigo, Ourense e Vilagarcía de Arousa, que contan
incluso co apoio de futbolistas estranxeiros como os arxentinos Berizzo, Cáceres, Sava, Cavallero e Gustavo
López. Na provincia de Pontevedra se concentra a maioría dos inmigrantes, calculando no 2004 máis
de 16.000 persoas. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
A principal ruta de transporte de drogas
a Europa
Segundo a Xunta Internacional de Fiscalización
de Estupefacientes, a península ibérica concentra a principal ruta de tráfico de drogas cara
Europa. Deste xeito, nas augas luso-galaicas se mobiliza o 5% da coca mundial, a maior parte proveñente
de América do Sur. (Fonte: El Correo
Gallego).
Unión Europea-Fondos Estructurais
Eurostat cambiará os datos galegos
Coa finalidade de achegar os parámetros
estatísticos de Galicia ao mantemento das axudas concibidas no Obxectivo 1, a oficina de Estatística
comunitaria, Eurostat, fixo un reaxuste sobre o PIB galego usando os datos remitidos polo Instituto Nacional de
Estatística español, o cal establece a renda galega nun 73,5%, por debaixo dos parámetros
europeos. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 01/03/2005 |
 |
Diáspora
Fraga coa comunidade galega de Uruguai
Con motivo da toma de posesión
do novo presidente, Tabaré Vázquez, en Montevideo, o presidente Manuel Fraga aproveitou a súa
visita ao país suramericano para retomar contactos coa comunidade galega dese país, previo á
visita oficial prevista para xuño, cando tamén visitará Arxentina. (Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Escaso entusiasmo de regularización
Un mes despois da posta en marcha por
parte do goberno Zapatero da campaña de regularización dos inmigrantes ilegais, en Galicia apenas
uns 500 estranxeiros sen permiso de residencia entregaron a súa solicitude, unha cifra por debaixo do 5%
dos 15.000 inmigrantes ilegais que se calcula existen na nosa comunidade. (Fonte: La Voz de Galicia).
|