Diario Exterior / febreiro de 2005

Igadi na Rede 

Volver
   
Diario Exterior é unha recopilación de noticias breves captadas dos xornais galegos relativas ás actividades que se desenvolven en Galicia e que teñen relación co exterior, servindo de feito como proxección exterior de Galicia e dos seus axentes, empresariais, políticos, etc.
   

28/02/2005
Sociedade


Oscar para “Mar Adentro”
A película dirixida por Alejandro Amenábar que narra a historia do tetrapléxico galego Ramón Sampedro, e que foi realizada en Galicia, conquistou o premio á “Mellor Película Estranxeira” na 77 edición do certame da Academia de Cine de Hollywood en EEUU. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal


Proxecto conxunto para a prevención do VIH
O programa Olimpia, impulsado pola Consellería de Sanidade e o Grupo de Estudos sobre a Condición da Muller, Alecrín, que ten por obxectivo a prevención de enfermedades venéreas, entre elas o VIH, funciona como programa de cooperación internacional no norte de Portugal en colaboración coas autoridades sanitarias lusas. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca


Galicia e a crise pesqueira namibia
Coincidindo coa visita do conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, a ministra de Traballo do país africano pediu a intervención da Xunta para frear a crise na industria da transformación, ante a caída do dólar local e a escaseza de capturas. López Veiga visitou a localidade costeira de Walvis Bay, onde os empresarios galegos posúen grandes investimentos e tamén onde pecharon dúas factorías surafricanas, producto da crise local. (Fonte: El Correo Gallego).

Textil


Firmas polacas interesadas por Galicia
Empresarios polacos da confección e periodistas especializados na moda se achegaron a Galicia para incrementar os contactos con empresarios e fábricas de confección. O mercado polaco é rentábel para Galicia, cunha cifra de exportacións valorada en 12 millóns de euros para o 2004. (Fonte: El Correo Gallego).
27/02/2005
Acción Exterior
Fraga reforza vencellos con Uruguai
A séptima visita do presidente Manuel Fraga ao país sudamericano coincide coa toma de posesión do novo presidente, Tabaré Vázquez. Ademais tenta conciliar os intereses políticos, empresariais e electorais galegos coa comunidade dese país. Fraga asiste á toma de posesión por invitación directa de Vázquez, e coincide en Montevideo con Fidel Castro, Lula da Silva, Néstor Kirchner e os Príncipes de Asturias. Tamén manterá encontros con 80 representantes da diáspora galega e o Consello de Residentes Españois, ademáis de visitar as instalacións da papeleira nas que a empresa Ence pensa investir un custe de 500 millóns de dólares. En xuño volverá a este país como parte dunha xira electoral que inclúe á Arxentina. (Fonte: El Correo Gallego).

Medio Ambiente


Ecoloxía galega en Alemaña
A feira Biofach, celebrada na cidade alemá de Nürenmberg, unha das máis importantes no mundo en materia ambiental, contou coa presenza galega a través do conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, José Antonio Santiso Miramontes, e un stand onde deuse a coñecer o labor do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica e seis empresas dedicadas a este ramo: Kiwi Atlántico, Sidrería Galega, Productos Naturais Zoa, Hifas da Terra de Bora-Pontevedra e Cocarga, e Avega Sociedade Cooperativa Galega. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Economía


Superávit comercial galego
Entre xaneiro e novembro de 2004, Galicia obtivo un superávit comercial de 1.848 millóns de euros na UE, segundo a Consellería de Innovación e Industria. Os datos reflicten que a UE-25 concentra o 80% das exportacións galegas e o 60% das importacións, cun aumento dun 4,2% nas ventas galegas ao exterior, o que coloca á Comunidade no sexto lugar en canto a exportacións á UE. Os principais sectores de exportación galega foron o textil, a pesca e a madeira mentres as importacións concentraronse na automoción e electricidade como principais rubros, sendo os principais socios comerciais Francia, Portugal, Italia, Reino Unido e Grecia. Pola contra, a balanza comercial galega foi negativa con Alemaña, República Checa, Finlandia, Dinamarca e Suecia. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca


Arxentina acusa de pesca ilegal a un barco de Marín
A Prefeitura Naval arxentina acusou ao barco “Juan Antonio Nores”, de pesca ilegal nas súas augas da zona económica exclusiva no Atlántico sur, a pesar da negativa do armador do barco, Manuel Nores. A embarcación e a súa tripulación foron levados á cidade austral de Comodoro Rivadavia. (Fonte: El Correo Gallego).
26/02/2005
Inmigración
Urxen fondos estatais para para políticas de inmigración
Durante a celebración da sesión constitutiva do Observatorio Galego de Inmigración e da Loita contra o Racismo e a Xenofobia, Javier Álvarez Barbeito, director xeral de Inmigración, afirmou que a penas un dous por cento dos seis millóns de euros destinados á política de inmigración e dos retornados, proveñen de fondos estatais, polo que pediu un “incremento substancial” destes recursos económicos dende Madrid. Barbeito anunciou que a Xunta abrirá oficinas permanentes na Arxentina, Uruguai, Venezuela e Suíza, orientadas ao asesoramento e xestión dos trámites para facilitar o retorno dos galegos emigrados e os seus descendentes. Tamén anunciou que se traballa con Colombia, Perú, Ecuador e Portugal en programas de formación de traballadores e o reforzamento da rede de apoio aos emigrantes e retornados coa colaboración de 37 concellos galegos. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal


Cooperación luso-galaica en I+D
Gracias á rede Torga.net, financiada con fondos europeos e os gobernos español e portugués, a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal poderá estar unida mediante liñas de fibra óptica, na cooperación en I+D, onde departirán información investigadores das universidades de Santiago, Vigo, Ourense, Pontevedra, Braga e Guimaraes. A inauguración desta rede contou coa presenza do conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, Juan Rodríguez Yuste, representantes da UE nos organismos de xestión do Interreg IIIA, do Centro de Supercomputación de Galicia, do Centro de Computaçao Gráfica e outros centros tecnolóxicos galegos e portugueses e os rectores da Universidade de Vigo, Domingo Docampo, e o vicerrector da Universidade de Minho, Manuel Mota. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Cooperación


Desenvolvemento rural polaco e galego
Unha delegación da cidade polaca de Opole, liderada polo vicepresidente desa rexión, Franciszek Stankala e o conselleiro Herbert Czaja, visitaron a localidade de Portodemouros, en Arzúa, para coñecer experiencias no desenvolvemento rural realizados cos programas europeos Leader. O encontro estivo organizado polo Centro Europeo de Información e Animación Rural de Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Fondos Estructurais


A Coruña e Vigo perderán fondos pesqueiros
O comisario europeo da Pesca, Joe Börg, confirmou durante unha comparencia parlamentaria en Bruxelas, que a partir do 2007, Vigo e A Coruña non recibirán as axudas ás zonas costeiras procedentes dos fondos da pesca, debido á “necesidade de velar polos limitados recursos financieros a disposición do Fondo Europeo da Pesca”, no que se exclúen as cidades con máis de 100.000 habitantes. Por outra banda, o Comité das Rexións solicitará ante o Consello da UE a presentación de solucións e alternativas para os países que, como España, perderán fondos de cohesión no período 2007-2013. (Fonte: El Correo Gallego).
25/02/2005
Inmigración
O auxe das asociacións de inmigrantes
Tendo en conta que Galicia é a comunidade do estado con maior número de emigrantes retornados, cunha cifra de 8.500 no ano 2003, e a novena en canto á recepción de estranxeiros, as asociacións de inmigrantes e emigrantes retornados se constituíron como os principais referentes da integración dos que chegan á nosa Terra. Segundo datos da Consellería de Emigración, estas asociacións concentran un total de 3.871 socios, principalmente de Uruguai, Arxentina, Venezuela, Brasil, Cuba, Marrocos, Senegal, Mauritania e Colombia. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora


Axudas educativas para descendentes de emigrantes
As consellerías de Emigración e Educación concederán axudas para contribuir ao financiamento da formación universitaria dos emigrantes retornados e os seus descendentes que cursen estudios no Sistema Universitario de Galicia. As axudas non superarán os 5.800 euros e cubrirán gastos académicos, estancia e manutención e a viaxe de ida e volta. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal


A banca lusa e os investimentos en Galicia
O presidente do Banco Privado Portugués, Joao Oliveira, alabou en Vigo o atractivo de Galicia para o desenvolvemento desta entidade que se define como “o banco de empresarios ou familias empresarias” e afirmou ter dispostos uns 1.500 millóns de euros para investimentos. Do mesmo xeito, o presidente e propietario dos asteleiros Rodman, Manuel Rodríguez Vázquez, invertiu 10 millóns de euros na compra dun 5% das accións do BBP. (Fonte: El Correo Gallego).

Preocupa o AVE Vigo-Porto
Rui Río, alcalde de Porto e presidente da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, amosou a súa preocupación porque o novo goberno luso do socialista José Sócrates poida manter os prazos no proxecto de construción do tren de alta velocidade que unirá a cidade olívica con Porto. (Fonte: La Voz de Galicia).

Marítima


Fábrica de fariña galega en Namibia
O centro de acuicultura de Omahenene, na rexión de Omusati deste país africano, podería contar cunha fábrica de fariña de peixe, co obxectivo de rematar a dependencia das importacións deste producto dende Suráfrica. Así o manifestou o conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, durante a súa visita ao país africano, en compañía do ministro de Pesca, Abraham Iyambo. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Marítima


Galicia e a rede europea das autoestradas do mar
A Coruña e Vigo están no itinerario que podería formar parte da rede transeuropea de tráfico masivo de mercancías por vía marítima, como medio de alixeiramento das saturadas redes de carreteras e contribuir á reducción da contaminación atmosférica continental. Isto forma parte do Libro Branco Europeo de Transporte 2010, que contempla a conexión do sur, España e Portugal, co norte, Suecia e Dinamarca, mediante macroportos coma o de Rotterdam ou Le Havre. (Fonte: La Voz de Galicia).

Iberoamérica


Un vistazo do Brasil de Lula
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, Igadi, organizou na Capitanía Marítima de Baiona o VI Foro Iberoamericano, coa conferencia “Brasil, Lula e o mundo” a cargo de José Gilberto Scandiucci, diplomático e doutor en Economía pola Universidade Estatal de Campinhas. (Fonte: La Voz de Galicia).
24/02/2005
Unión Europea-Ambiente
Bruxelas criminaliza os vertidos ilegais no mar
Para evitar catástrofes como o “Erika” e o “Prestige”, o Parlamento Europeo aprobou unha proposta holandesa para aplicar sancións criminais, a partir do 2006, contra aqueles buques que realicen vertidos ilegais de hidrocarburos e lavados de tanques. Esta proposta xa fora aprobada anteriormente polo Consello Europeo. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea


Os nenos de Carballo e o Parlamento
O concello de Carballo ingresou no programa “Vivir o Mundo” da Deputación de A Coruña onde nenos desta localidade poderán coñecer as institucións europeas con sede en Bruxelas e achegarse á súa historia e funcionamento. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca


Aproban Axencia Pesqueira de Vigo
O Parlamento Europeo aprobou por ampla maioría o informe sobre a Axencia Europea de Pesca, amosando o seu apoio a Vigo como sede, tal e como reflictiu o informe da deputada británica, Elspeth Attwooll. A Eurocámara demandou maiores competencias á Axencia, entre elas a formación de profesionais mediante cursos e asistencia técnica e científica aos Estados para a aplicación da Política Pesqueira Común. (Fonte: El Correo Gallego).

Defenderán conservas galegas ante importación asiática
A Comisión de Comercio Internacional da Eurocámara aprobou o seu ditame sobre o novo regulamento para facilitar as importacións de terceiros países ao mercado comunitario. Deste xeito, tivo éxito a iniciativa do eurodeputado Daniel Varela para protexer á frota e a industria atuneira galega, da competencia asiática. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca


Namibia eloxia a axuda galega
O presidente do país africano, San Nujoma, transmitiu a súa mensaxe de agradecimento ao conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, pola cooperación da Xunta en materia pesqueira, coas autoridades namibias. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración


Baixos rexistros de legalización en Galicia
A nosa Comunidade se atopa nos derradeiros postos a nivel estatal en canto á legalización laboral dos inmigrantes desde que comezara a aplicarse o proceso de normalización. Tan só uns 467 expedientes están en poder da administración, dos cales un 38,3% proveñen de empregadas do servizo doméstico. (Fonte: La Voz de Galicia).

Marítima


O PP reclama para Ferrol os buques venezuelanos
Eduardo Lamas, voceiro do grupo do PP na Deputación ferrolá, presentou unha moción para reclamar ao goberno que os catro buques de vixilancia costeira que encargará a Armada venezuelana á empresa Izar, se realicen “prioritariamente” nos asteleiros ferroláns. Do mesmo xeito, a estatal SEPI aínda non afirmou se será en Galicia onde se encarguen os buques negociados con Caracas polo ministro de Defensa, José Bono. (Fonte: La Voz de Galicia).
23/02/2005
Inmigración
Estranxeiros con orixe galega
As dúas terceiras partes dos estranxeiros da provincia de A Coruña que comezaron os trámites para atopar un permiso de traballo ten orixe galega, aínda que o 90% non teñan proceso formal de contratación. A maioría deles proveñen de Arxentina, Colombia, Ecuador e Uruguai. (Fonte: La Voz de Galicia).

Agricultura


Coñecendo o milagre do “tigre celta”
Once representantes da Cámara Agraria, o Sindicato Labrego Galego, os Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias e outros ámbitos da agricultura e a gandería, visitaron Irlanda para coñecer a experiencia en explotación e os laboratorios da illa, en busca de solucións para o sector en Galicia. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca


Peligran axudas europeas
O presidente deste organismo, Julio Pedrosa, advertiu do risco de perder os fondos europeos no caso de que se produzan novos retrasos na plataforma loxística de Salvaterra-As Neves. Pedrosa calculou en 27,5 millóns de euros as subvencións aprobadas dende Bruxelas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Vigo e a autopista europea do mar
O Seminario Vigo Aberto 2005, organizado polo Concello de Vigo como presidente da Comisión de Cidades Portuarias do Arco Atlántico, reuniu a numerosos expertos internacionais das autopistas do mar, a modernización dos portos e o transporte marítimo, tanto no Atlántico como en toda Europa. Neste seminario se discutiu a posibilidade de impulsar Vigo como cabeceira das “autopistas do mar” en Europa. (Fonte: Faro de Vigo).
22/02/2005
Unión Europea-Fondos Estructurais


INE avala corrección de datos sobre Galicia
A reclamación presentada pola Xunta en Bruxelas para que o Eurostat realice unha corrección dos datos galegos de renda por habitante no exercicio 2002, foi avalada polo Instituto Nacional de Estadística. O Instituto reclamou do Eurostat a modificación dos indicadores e reflectiu que os verdadeiros sitúan nun 74,8% a renda per cápita galega, por debaixo do limiar europeo, polo que Galicia podería manter a súa inclusión no Obxectivo 1. (Fonte: Faro de Vigo).

Pesca


Renovar contactos con Namibia
O conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, estivo en Windhoek, capital do país africano, nunha xuntanza co presidente Hifikepunye Pohamba, coa finalidade de amosar a vontade galega de continuar cooperando en materia pesqueira con Namibia e seguir adiante cos proxectos acordados no ano 2002. López Veiga se reuniu cos representantes do sector pesqueiro local e das empresas galegas alí radicadas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Marítima


Confusión arredor das corbetas para Venezuela
Durante unha comparecencia ante a prensa, o ministro da Defensa José Bono explicou que os acordos pechados co goberno de Hugo Chávez o pasado 25 de xaneiro teñen que ver co encargo á empresa Izar da construcción de “buques de vixilancia costeira”, que darán emprego a 600 persoas durante seis anos. Bono non especificou o tipo e número de barcos acordados nin tampouco explicou se os mesmos se realizarían nos asteleiros da empresa estatal na ría ferrolán. Nembargantes, fontes do goberno confirmaron que se trata de catro patrulleiras, cun custe de 700 millóns de euros, segundo o revelado polo ministro de Exteriores venezuelano, Alí Rodríguez. (Fonte: La Voz de Galicia).
21/02/2005
Constitución Europea
O “si” en Galicia superou á media española
Un 43,04% de participación electoral, 81,03% de votación a favor da Constitución europea, un 12,21% de votos negativos e 6,49% de votos en branco, foron as cifras da consulta do referendo europeo na nosa Comunidade. Ferrol foi a cidade con votación máis baixa e onde mais “non” se rexistraron, mentres que Ourense foi a máis “europeísta”. A nivel estatal, votou un 42,32%, con 76,73% de votos afirmativos e 17,24% negativos. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración


20.000 estranxeiros afiliados á Seguridade Social
Esta é a cifra de cidadáns estranxeiros que cotizan na Seguridad Social en Galicia a 31 de xaneiro do 2005, en total 20.391 persoas, un 1,9% do total estatal. (Fonte: El Correo Gallego).

Caída dos escolares inmigrantes en Galicia
Uns 179 alumnos estranxeiros rexistraron a súa escolaridade este ano en Galicia, deixando unha cifra global de 6.884, unha subida lixera en comparación con anos anteriores. A maioría dos novos escolares proveñen de Arxentina, Colombia, Marrocos, Uruguai e Venezuela. No curso 2000-2001, estudiaron 2.592 mozos estranxeiros; un ano máis tarde, 3.635; no 2002-2003 foron 5.507 e o ano pasado, 6.704. (Fonte: La Voz de Galicia).
20/02/2005
Marítima


Ferrol e as corbetas venezuelanas
Trala viaxe a Caracas e a aprobación do ministro da Defensa, José Bono, da construcción de dúas corbetas e avións de transporte por parte da empresa Izar para o goberno de Hugo Chávez, o asteleiro de Ferrol podería ter a principal carga de traballo. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Educación


Bolsas para prácticas no estranxeiro
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Fondo Social Europeo, dispuso de 260.000 euros en 2005 para a formación de docentes e estudantes de Formación Profesional en empresas no exterior, especialmente países da UE e Europa do Leste, ademáis de EEUU e Canadá. (Fonte: El Correo Gallego).
19/02/2005
Diáspora
Uns oito mil emigrantes retornan a Galicia cada ano
Segundo o conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, a pesar do elevado desta cifra, o fluxo tenderá a estabilizarse e posibilitará a chegada de xente nova á Comunidade. A presentación da Lei de Apoio ao Retorno, avalada pola Consellería, as asociacións de emigrantes retornados, organizacións empresariais e sindicais, as tres universidades e a Federación Galega de Municipios e Provincias, podería aprobarse antes das eleccións autonómicas. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima


A potencialidade portuaria de Galicia
Os baseamentos do sistema portuario galego foron realizados polo goberno galego e os responsábeis dos cinco portos, Ferrol-San Cibrao, A Coruña, Vigo, Marín e Vilagarcía de Arousa, para realizar unha oferta conxunta coa finalidade de captar novos tráficos, especialmente europeos, de curta distancia, e a posíbel integración de Galicia nas futuras “autopistas do mar”. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Fondos Estructurais


Ven segura a perda do Obxectivo 1
Segundo unha resposta parlamentaria, o goberno estatal recoñece que “seguramente”, Galicia perderá a condición de rexión Obxectivo 1, pola superación do 75% da renta media europea, aínda que podería ter garantido “un réxime transitorio” para o período 2007-2013. A resposta parlamentaria foi do secretario de Estado de Relacións coas Cortes, Francisco Caamaño Domínguez, quen asegurou que iso “non significa que Galicia deixe de percibir fondos”. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal


O apetecible mercado galego
Milleiros de traballadores portugueses ven en Galicia unha xanela laboral de gran magnitude, pero tamén afloran as dificultades. O baixo custe da man de obra portuguesa (un 20% máis barata que a española”), o elevado desemprego no país veciño e a forte demanda de traballadores nos sectores tradicionais da economía galega (construción, pesca e hostelería) contribúen á creación do que os sindicatos denominan o dumping social, a utilización da diferenza salarial para reducir custes. Este fenómeno aparece nos sectores da construción en Vigo, a pizarra en Ourense e o ieso en Monforte. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura


Peligra o patrimonio musical galego en Cuba
O profesor da USC, Javier Garbayo, advertiu sobre o feito de que o deterioro e a desidia colocan en risco o patrimonio musical do Centro Galego de La Habana, así como a producción musical dos emigrantes galegos na illa caribeña. Garbayo participou no encontro “Música na Emigración”, onde presentou as súas investigacións sobre a música galega en Cuba, considerando que si se investigara a fondo, “habería que volver a escribir a historia da música galega desde finais do século XIX ata a metade do XX”. (Fonte: La Voz de Galicia).
18/02/2005
Diáspora
Lei de Apoio ao Retorno en Galicia
O conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, presentou en Santiago o anteproxecto de lei de apoio ao retorno a Galicia, que inclúe aos netos de emigrantes e aos descendentes de terceira xeración de españois que estivesen nalgún momento vencellados legalmente a Galicia durante tres anos ininterrumpidos e que non adquirisen a nacionalidade. O anteproxecto tamén contempla a creación de oficinas no estranxeiro e unha axencia de migracións. Do mesmo xeito, o BNG reclamou o asinamento dun convenio cos servizos de correo nos países con maior emigración galega, para garantir a emisión do voto mediante certificación persoal. (Fonte: El Correo Gallego).

Axudas aos emigrantes en América Latina
A Fundación Galicia Emigración informou da concesión de 155 bolsas de axudas extraordinarias e urxentes, de carácter individual, e valoradas en 46.500 euros, para emigrantes galegos e os seus descendentes na Arxentina, Uruguai, Brasil e Venezuela, segundo un convenio autorizado polo Consello da Xunta. (Fonte: El Correo Gallego).

A música e a identidade emigrante
O IV Encontro “O Son da Memoria: A Música Galega na Emigración”, organizado polo Consello da Cultura Galega, permitiu o achegamento ás diversas correntes da música emigrante, e as súas orixes socio-históricas. O foro contou coa participación de diversos músicos e profesores de EEUU, Cuba, Arxentina e outros países vencellados á emigración galega. (Fonte: El Correo Gallego).

Acción Exterior


Fraga asistirá á posesión de Tabaré
O presidente Manuel Fraga asistirá o 1 de marzo á toma de posesión do novo presidente da República Oriental de Uruguai, Tabaré Vázquez. Ao acto tamén asistirá o presidente do Consello Nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras, máis non o secretario xeral do PSdG, Emilio Pérez Touriño. Fraga retornará en xuño a Uruguai e Arxentina. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía


Ence dirixe a súa mirada a América do Sur
Ante a indefinición sobre a futura localización da súa planta de pasta de papel en Lourizán, Pontevedra, a dirección da empresa galega non descarta decidir sobre a súa implantación en “áreas sudamericanas”. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura


As letras galegas en Marrocos
Trala participación no Salón Internacional do Libro de Casablanca, o presidente do PEN Clube de Escritores de Galicia, Luis G. Tosar, e o presidente da Asociación Galega de Escritores, Miguel Anxo Fernán-Vello, traballan nun proxecto conxunto co país norteafricano para a creación dunha antoloxía bilingüe galego-árabe e para potenciar futuros encontros cos escritores e intelectuais marroquís. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal


Valença do Minho apoia o Camiño
O Concello da localidade lusa celebrou a súa festa local coa inauguración do primeiro albergue de peregrinos en todo Portugal, ubicado na antiga Casa dos Maxistrados, con capacidade para 50 persoas. (Fonte: La Voz de Galicia).
17/02/2005
Sociedade
Protocolo de Kyoto e Auschwitz
O grupo municipal do PSOE anunciou a presentación dunha moción para que o Concello santiagués se comprometa a subscribir o Protocolo de Kyoto. Do mesmo xeito, se presentará outra moción para declarar o 27 de xaneiro como “Día Oficial da memoria do Holocausto”, por ser a data de liberación do campo de exterminio de Auschwitz. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca


Axencia Pesqueira de Vigo inaugurarase no 2006
Segundo declarou en Vigo a ministra de Agricultura e Pesca, Elena Espinosa, a Axencia Europea de Pesca comezará as súas actividades antes do previsto. En 15 días, Bruxelas dará a coñecer os estatutos que rexerán o organismo, as súas competencias, asi como a formación de técnicos e a coordinación de investigadores. (Fonte: La Voz de Galicia).

Constitución Europea


Fraga: O “non” fastidia a Galicia e a España
Durante un acto de campaña a favor do texto constitucional europeo realizado en Vigo, o presidente Manuel Fraga reclamou o voto positivo “para garantir a paz en Europa” e afirmou que o voto negativo “non fastidia ao goberno, pero si a Galicia e a España”. (Fonte: Faro de Vigo).

Pesca


Normais as relacións con Canadá
O embaixador canadiano en España, Marc Lortie, visitou Vigo o día en que o tribunal federal de San Juan de Terranova debía anunciar o veredicto pola crise do buque galego Estai, ocurrida en 1995. Durante a súa visita ás instalacións de Freiremar, a Cooperativa de Armadores de Vigo e as asociacións Anamer e Anavar, o diplomático afirmou que o xuízo polo Estai non afecta ás relacións hispano-canadianas. Os armadores galegos suxeriron a Lortie unha análise da situación da pesca no caladoiro do Atlántico Norte, na que faenan 30 buques galegos. (Fonte: La Voz de Galicia).

Diáspora


Centenario da Unión Barcalesa de La Habana
Con motivo da celebración no 2007 do centenario da Unión Barcalesa na capital cubana, viaxaron á illa caribeña o historiador Amancio Liñares Giraut, acompañado do directivo da asociación de veciños de Liñaio, Xosé Antón Romarís, para darlle a coñecer á colonia de emigrantes barcaleses o interese dos concellos de Negreira e A Baña, ademáis de entidades culturais e veciñais, en celebrar o acontecemento. A Unión Barcalesa conta na actualidade con 315 socios. (Fonte: La Voz de Galicia).
16/02/2005
Unión Europea-Fondos Estructurais
A Xunta pide á UE a revisión de datos sobre Galicia
A xuntanza en Bruxelas entre a comisaria de Política Rexional, Danuta Hübner, o conselleiro de Xustiza, Jesús Palmou, e o presidente do PP, Mariano Rajoy, afondou na necesidade de realizar revisións para que Galicia continúe recibindo os fondos europeos no marco do Obxectivo 1. Palmou e Rajoy pediron á UE que revise os datos, xa que consideran que o Eurostat definiu a renda media galega, cun cálculo de 70.000 habitantes menos. Trala xuntanza, Hübner enviou unha mensaxe para o presidente Manuel Fraga: “A Comisión Europea está con Galicia”. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).

Inmigración


Empadronamento e remesas ao estranxeiro
O grupo municipal socialista de Vigo pediu a exoneración do pago no certificado de empadronamento aos inmigrantes. Do mesmo xeito, a oficina de Correos puso en marcha, para os meses de febreiro e marzo, unha campaña de apertura de nove sucursais, principalmente A Coruña, Santiago, Vigo, Lugo, Ourense e Pontevedra, para facilitar aos inmigrantes o envío de diñeiro aos seus países de orixe. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura


A pegada americana na USC
A Universidade de Santiago remata os detalles para a creación do Centro Interdisciplinario de Estudos Americanos, Cieam, facendo fincapé nas investigacións e as relacións cos países latinoamericanos en diversas temáticas, como historia medieval, moderna e contemporánea, literatura hispanoamericana, educación, política, botánica, pedagoxía, economía aplicada ou ciencias da información. O proxecto busca abordar as áreas de asesoramento en intercambio de investigación con centros de América Latina, EEUU, Canadá ou Europa, ademais da concreción dun centro de documentación sobre América Latina, co obxectivo de achegar a cultura latinoamericana e da Galicia exterior á sociedade galega. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal


Presenza galega no encontro cultural luso
Os escritores Carlos Quiroga, Lola Beccaria, Xavier Queipo e Xabier López López participaron no encontro internacional “Correntes d´escritas” na localidade portuguesa de Póvoa do Varzim, un dos máis importantes acontecementos literarios do sur de Europa, coa participación de 59 escritores lusos e de Perú, Angola, Brasil, España, Cabo Verde, Mozambique, Cuba, Chile, Colombia, Arxentina e Croacia. (Fonte: La Voz de Galicia).

Sociedade


Fraga e Moratinos median no caso do neno ecuatoriano
O presidente Manuel Fraga e o ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, intervirán no caso da demanda xurídica do neno de 8 anos Samuel Endara, reclamado pola súa nai viguesa ao seu pai ecuatoriano. O neno vive en Guayaquil desde o ano 2002. (Fonte: La Voz de Galicia).
15/02/2005
Inmigración
Escasa acollida ao proceso de regularización
A oficina de atencións aos inmigrantes creada polo Concello santiagués apenas tivo actividade no seu primeiro día; tan só oito persoas, de nacionalidade venezuelana, ucrainiana e uruguaia, pasaron polas súas dependencias. Dos máis de seiscentos inmigrantes empradonados na capital galega, uns 478 son latinoamericanos, ademais de rumanos, chineses, marroquíes e portugueses. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía


Galicia entra nun proxecto textil europeo
Unha iniciativa denominada Plans Estratéxicos Textís Locais, liderada pola Asociación de Colectividades Textís Europeas e o Consello Intertextil Español e na que participarán sete países europeos, permitirá a Galicia analizar o futuros de 300 empresas textís do Deza, Ordes e Ourense. (Fonte: El Correo Gallego).

As oportunidades de investimento en Lituania
O embaixador da república báltica para España, Portugal e Andorra, Mecys Laurinkus, explicou en Vigo durante unha xuntanza empresarial co presidente da Cámara viguesa, José García Costas, as oportunidades de investimento para os empresarios galegos neste país da Europa do Leste que ingresou na UE en marzo pasado. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Fondos Estructurais


Garantizados fondos europeos alén do 2007
O goberno central asegurou ao deputado do PP, Celso Delgado, que Galicia ten garantidos os fondos comunitarios para o período 2007-2013 xa que no terceiro informe de cohesión aprobado en febreiro de 2004, a Comunidade posúe o 73% da renta media comunitaria, o cal lle permite ubicarse no Obxectivo 1. Pola súa banda, o BNG pediu no Congreso que o goberno presione en Bruxelas para que se destine a Galicia un 0,45% dos fondos de cohesión, e non o 0,41% como propón a Comisión Europea. (Fonte: El Correo Gallego).

Constitución Europea


Galicia e os comités de empresas europeos
Tralo anuncio por parte da UGT e CCOO de apoio á Constitución Europea, os sindicalistas de ambas agrupacións explicaron que o documento comunitario permitirá potenciar a creación de comités de empresas euroeos naquelas multinacionais que teñan as súas sedes en diferentes países, poñendo como exemplo a existencia en Vigo de seis firmas estranxeiras que dispoñen de órganos supranacionais de representación dos traballadores. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cooperación


Seguridade marítima con Mauritania
A visita ao país africano do subdirector xeral de Mercados de Pesca, Alberto Otero, permitiu o desprazamento de material de seguridade marítima e asistencia técnica en pesca industrial e artesanal á Escola de Ensinanza Marítimo Pesqueira de Nouadibhou. Tamén se produndizou na mellora do proxecto de formación en materia pesqueira no Centro Tecnolóxico do Mar, Cetmar, que se leva a cabo desde xaneiro de 2004. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade


Se complica caso do neno ecuatoriano
O pai do rapaz de oito anos Samuel Endara, reclamado pola súa nai galega dende Vigo, asegurou en Guayaquil que posúe desde hai tres anos a legalidade da tutelaxe do menor. Nicolás Endara desestimou as denuncias efectuadas pola nai o pasado 10 de febreiro, unha vez o Parlamento galego pedira por unanimidade ao Goberno central instar das autoridades ecuatorianas o retorno inmediato do rapaz a España. (Fonte: La Voz de Galicia).
14/02/2005
Unión Europea-Fondos Estruturais
Prórroga para manter as axudas
O conselleiro de Xustiza, Xesús Palmou, partiu a Bruxelas para entrevistarse coa comisaria de Política Rexional, a polaca Danuta Hübner, para solicitar a correcta aplicación das estatísticas a fin de que Galicia poida manter a súa posición dentro do Obxectivo 1. No caso contrario, Palmou pedirá un “período transitorio”. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade


A Irmandade Galega de Venezuela coas víctimas das inundacións
A directiva do centro galego no país sudamericano aportou 400 garrafas de auga destinadas a 2.000 persoas damnificadas polas inundacións e ubicadas no centro polideportivo de El Poliedro en Caracas. A Consellería de Emigración está en contacto permanente coas asociacións galegas asentadas nas provincias rexionais venezuelanas afectadas pola catástrofe. (Fonte: El Correo Gallego).
13/02/2005
Constitución Europea
Durao Barroso en Santiago
O acto de clausura da campaña do PP a favor da Constitución europea en Santiago, contou coa participación do presidente da Comisión Europea, o portugués José Manuel Durao Barroso, quen estivo acompañado do presidente Manuel Fraga, Mariano Rajoy e as 1.500 persoas asistentes ao acto. Durao Barroso participou nun mitin onde resaltou a cooperación entre Galicia e Portugal como outra vantaxe para Europa. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración


Pontevedra recibe axudas europeas para os retornados
A Deputación pontevedresa recibiu doce millóns de euros do programa Interreg III no marco de cinco programas, un deles para a creación dun centro de emigrantes retornados. A financiación foi comunicada ao presidente da Deputación, Rafael Louzán, durante unha xuntanza en Porto co Secretario Técnico Conxunto do Subprograma Galicia-Norte de Portugal. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cooperación


Galicia interesa ao turismo arxentino
Unha delegación de empresarios e executivos hosteleiros da provincia arxentina de Salta visitaron Galicia para coñecer as particularidades da experiencia turística galega. A delegación estivo acompañada polo Centro Superior de Hostelería de Galicia, e a súa directora de Consultoría e Formación, Nicole Hass, quen manifestou que nas próximas semanas, recibirá unha delegación do sudeste asiático, especialmente Indonesia, Malaisia, Vietnam, Filipinas e coa incorporación de China. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración


Lenta regularización dos estranxeiros
A excesiva burocracia, a falta de información e o temor da deportación influiu no baixo rexistro dos inmigrantes en Galicia na primeira semana do seu funcionamento. Menos de cen empresarios presentaron a súas solicitudes para dotar de dereitos aos futuros traballadores, sendo Vigo a máis completa neste sentido, con dez solicitudes por día. (Fonte: La Voz de Galicia).

Proxección Exterior


Positiva imaxe de Galicia no exterior
En resposta a unha desfavorábel reportaxe dun periodista de France Press, os corresponsais dos medios estranxeiros en España cualificaron a Galicia como unha “rexión con enorme potencial de crecemento, hábil no aproveitamento das axudas europeas e cunha gran coraxe para saír adiante, como amosaron durante a crise do Prestige”. Este conclusión foi manifestada polos periodistas de medios tan prestixiosos como The Guardian, The Times, Financial Times, The Wall Street Journal, Frankfurter Allgmeine Zeitung, Libération e Il Messaggero. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca


Queixas contra Bruxelas
A Xunta acusou á Comisión Europea de vulnerar o tratado comercial asinado no 2002, ante a crise suscitada polas salvagardas impostas pola UE a semana pasada contra as importacións do salmón extracomunitario, o que provocou que Chile e Noruega, os dous países máis afectados, elevaran formalmente as queixas ante a Organización Mundial do Comercio. As acusacións consideran que a UE beneficia os intereses da industria do salmón de Escocia e Irlanda. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura


Festivais folclóricos internacionais
Grupos de danzas típicas de Hungría, Bulgaria, Colombia, Taiwán e Togo participaron nun festival internacional nas localidades de Mugardos e Narón, dentro dun intercambio de bailes e manifestacións culturais. Do mesmo xeito, a Coral da poboación ourensá de Ruada-Ourense foi invitada a participar no Festival Internacional de Cornualles, en Francia. (Fonte: La Voz de Galicia).
12/02/2005
Unión Europea-Fondos Estruturais
Posibilidades galegas no Obxectivo 1
Segundo o vicepresidente da Comisión Europea, Jacques Barrot, Galicia ten amplas posibilidades de seguir beneficiándose dos fondos europeos para o período 2007-2013, xunto a Andalucía, Extremadura e Castilla-La Mancha. Barrot realizou estas declaracións durante un seminario sobre a Constitución europea, organizado en Bruxelas pola representación permanente española. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Rexións


O Arco Atlántico e a política europea de cohesión
O primeiro ministro luxemburgués e presidente de turno da UE, Jean-Claude Juncker, recibiu unha carta asinada polos representantes das cidades e rexións do Arco Atlántico, agrupación de territorios de cinco países europeos, entre os que se atopa Galicia, para reclamar unha política de cohesión común “realmente ambiciosa” e que cumpra cos obxectivos en materia de emprego e innovación tecnolóxica, para o período 2007-2013. Os asinantes recean do recorte orzamental requerido por Alemaña, Gran Bretaña e Francia. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal


Conexión entre Valdeorras e o Alto Támega
Un foro luso-galaico se celebrou na localidade de O Barco entre alcaldes e empresarios da comarca de Valdeorras e a portuguesa do Alto Támega, coa finalidade de levar a cabo iniciativas conxuntas promovidas polo proxecto europeo transfronterizo de desenvolvemento Inditrans e o Instituto Galego de Promoción Económica, Igape. (Fonte: La Voz de Galicia).

Solidariedade


Axuda humanitaria galega para os saharauis
A delegación saharaui en Galicia partiu ao campamento de refuxiados en Tinduf, Arxelia, cun cargamento de menciñas e alimentos, material escolar e roupa, donadas por diversas institucións e familias que acolleron aos nenos saharauis no pasado verán. (Fonte: La Voz de Galicia).
11/02/2005
Diáspora
Miras Portugal e o voto emigrante
Durante unha sesión no Parlamento, o conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, propuso unha iniciativa para crear unha comisión parlamentaria de “impulso e seguemento” do proceso electoral autonómico no exterior e para realizar os “axustes normativos” que garanticen o libre exercicio do voto.
(Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Fondos Estructurais


O “lobby” galego para protexer o Obxectivo 1
Unha delegación encabezada polo conselleiro de Xustiza, Jesús Palmou, e o secretario xeral para as Relacións coa UE, Jesús Gamallo, se reunirán en Bruxelas coa comisaria de Política Rexional, a polaca Danuta Hübner, coa finalidade de que Galicia conserve os fondos estructurais europeos concebidos no Obxectivo 1, alén do 2007. Do mesmo xeito, o secretario xeral do PSdG, Emilio Pérez Touriño, tamén se reunirá con Hübner. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca


Galicia e o convenio UE-Marrocos
O conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, amosou a súa “prudencia para non crear falsas expectativas” sobre o reinicio das relacións pesqueiras entre Bruxelas e Rabat. López Veiga informou que o novo acordo aínda se atopa nunha fase “moi inicial” e asegurou que “ningún parlamentario galego, a Xunta e o goberno central, permitirán que a frota pesqueira galega quede á marxe do convenio”. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal


UGT denuncia discriminación laboral dos lusos
O secretario xeral de UGT-Galicia, Jesús Mosquera, denunciou a “opacidade estatística” sobre o número de cidadáns portugueses que traballan en España, e que favorece o incremento da economía sumerxida e a discriminación e precariedade laboral. Esta denuncia foi presentada ante os expertos do Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal, para analizar o cumprimento da normativa laboral da eurorrexión. Mosquera informou tamén que un 70% dos máis de 3.000 españois que traballan en Portugal son de orixe galega. (Fonte: El Correo Gallego).

Confianza galega na economía portuguesa
Segundo datos do Instituto Español de Comercio Exterior, ICEX, os empresarios galegos amosan unha maior confianza no mercado luso, a pesar dos indicadores negativos da economía portuguesa. Unhas 500 firmas galegas exportan a Portugal, xerando un negocio anual superior aos 1.700 millóns de euros, mentres os empresarios galegos incrementaron nun 6,5% as súas vendas no país veciño o ano pasado. (Fonte: La Voz de Galicia).

Sociedade


A imaxe francesa de Galicia
Unha reportaxe do periodista galo Pierre Ausseill para a axencia France Press amosa unha imaxe negativa do rural galego. Segundo Ausseill “aínda que España se prepara para votar no referendo europeo, a favor ou en contra da Constitución, nalgúns pobiños illados dos montes de Galicia, o gran avance do nacente século XXI é a chegada da electricidade”. O periodista galo cualifica a Galicia como un “bastión conservador e relixioso”. (Fonte: La Voz de Galicia).

Demandan retorno de neno ecuatoriano
O Parlamento galego demandou por unanimidade que o goberno central solicite ás autoridades de Ecuador o inmediato retorno a España de Samuel Endara Rodríguez, neno de 8 anos fillo dunha galega e levado ao país andino polo seu pai, de nacionalidade ecuatoriana. A nai ten a patria potestade, avalada por diferentes sentencias e acusa ao pai de “rapto” do neno, levándoo de Santiago a Guayaquil. (Fonte: Faro de Vigo).

Cooperación Exterior


De Pontevedra a Afganistán
Segundo o xeneral de brigada Vicente Díaz de Villegas, a Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportábel, Brilat, con sede na base militar Xeneral Morillo de Figueirido, Pontevedra, podería trasladarse ao país de Asia Central para garantir a
instalación de empresas civís e a seguridade.
(Fonte: Faro de Vigo).
10/02/2005
Sociedade
Paralizadas as adopcións búlgaras
A directora xeral da Consellería de Familia, Teresa Rey, estivo na capital búlgara, Sofía, para discutir co ministro de Xustiza e outras entidades de cooperación o esclarecemento da situación da adopción internacional nese país, que se atopa paralizada desde o ano 2003. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración


Sen regularizar máis da mitade dos estranxeiros
En Santiago habitan uns 3.000 inmigrantes, dos cales máis de 1.800 non están regularizados. A maioría son orixinarios de países latinoamericanos, China, Marrocos, Portugal, Rumanía e Italia (deste último país un 80% son arxentinos e uruguaios con pasaporte italiano). O Concello anunciou a creación dunha oficina de información sobre os trámites para a súa legalización. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Fondos Estructurais


Dúbidas sobre o Obxectivo 1 para Galicia
O ministro de Economía, Pedro Solbes, recoñeceu o recorte dos fondos europeos para España no novo reparto dos fondos estructurais, máis non aclarou se Galicia deixará de pertencer ao Obxectivo 1 para o período 2007-2013. O ministro respondeu así a unha interpelación realizada polo deputado do BNG, Francisco Rodríguez. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Marítima


Bruxelas e Angola ultiman acordo
O director de Política Exterior e Mercados da UE, o coruñés César Debén, anunciou que o acordo entre a UE e o país africano permitirá o retorno de 43 barcos españois e galegos ao caladoiro angoleño, tralo abandono en xullo pasado por remate do convenio pesqueiro do 2002. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Transporte


Peinador entra na cualificación europea de voos de baixo custe
O aeroporto vigués foi incluido pola Comisión Europea xunto aos de Santiago e A Coruña, no proxecto de subvencións para voos de baixo custe, dentro do programa presentado como ferramenta para a promoción dos aeroportos rexionais. (Fonte: La Voz de Galicia).

Marítima


Izar recaba contratos en Venezuela
A empresa naval intensifica contactos coa Armada venezuelana, interesada na compra de varios buques de mediano porte, principalmente patrulleiros de altura con gran capacidade de desprazamento e unha corbeta. As negociacións co goberno de Hugo Chávez se realizan de xeito discreto e inclúe as factorías de Ferrol e Fene para a construcción dos buques. (Fonte: La Voz de Galicia).
09/02/2005
Unión Europea-Marítima
Piden crear grupo de asistencia urxente para catástrofes
O conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, reclamou ante a Comisión Europea a creación dun grupo específico que coordine a asistencia urxente na caso de accidentes medioambientais ou marítimos. Neste apartado, López Veiga afirmou que a actuación de Bruxelas na traxedia do Prestige foi “moi pouca e tardía”. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca


Achegamento entre Bruxelas e Marrocos
En marzo se realizará unha xuntanza rutinaria entre a Comisión Europea e Marrocos, que podería abrir as posibilidades de negociación. A xuntanza revelará importantes datos para os intereses pesqueiros galegos no país norteafricano, trala ruptura acaecida en 1999. (Fonte: El Correo Gallego).

Polémica pola sede da Axencia Pesqueira de Vigo
Aínda que a UE advertira que a elección da sede da Axencia Pesqueira Europea en Vigo debía sarí dunha negociación entre o ministerio de Agricultura e Pesca e o Concello vigués, nin a Autoridade Portuaria, armadores, nin o propio concello tomaron a decisión sobre o edificio da Axencia. A oferta que semella prosperar ten que ver co edificio de Aduanas, propiedade do ministerio de Facenda. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Infraestructura


Regulación dos fondos públicos para aeroportos galegos
A Comisión Europea presentou un proxecto para a concesión de axudas públicas aos aeroportos rexionais que non sobrepasen os 5 millóns de pasaxeiros anuais, polo que os aeroportos galegos de Peinador e Alvedro se beneficiarían da medida. (Fonte: El Correo Gallego).

Constitución Europea


A negativa do Sindicato labrego
Lidia Senra, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, explicou que a campaña en contra do texto constitucional europeo débese a que non establece dereitos e deberes aos cidadáns senón que “consagra un modelo económico e social que vai a perpetuar a política agraria europea actual, con consecuencias negativas para o agro galego”. (Fonte: La Voz de Galicia).

Diáspora


Colapso nas solicitudes de retorno
Unha avalancha de solicitudes de retorno por parte dos netos dos galegos emigrantes causa o colapso nos consulados españois dos países latinoamericanos. O aumento do interese polo retorno por parte dos galegos de terceira xeración é notorio en países como Arxentina e Venezuela e provocou que a cifra de emigrantes retornados para o 2003 se achegara ás 11.000 persoas. (Fonte: El Correo Gallego).
08/02/2005
Inmigración
Comeza a regularizacións dos inmigrantes
Entre 8.000 e 10.000 inmigrantes comezaron o seu proceso de regularización e legalización nas catro oficinas abertas en distintas cidades galegas, aínda que en certos lugares non se rexistrou maior receptividade. A procedencia destes inmigrantes é, principalmente, de Colombia, Uruguai, Arxentina e países do Leste europeo. (Fonte: El Correo Gallego).

Constitución Europea


Entre votos negativos e positivos
Segundo o voceiro nacionalista Francisco Rodríguez, o texto constitucional europeo “impulsa a privatización das empresas públicas, a concentración oligopólica, unha política agraria catastrófica para Galicia e menos protección social”. Acusou aos que votarán “sí” de “falta de sensibilidade mínima” e de “practicar o engano”. Pola súa banda, o candidato socialista Emilio Pérez Touriño, facendo campaña polo “sí”, estivo en Bruxelas e Estrasburgo para defender os fondos europeos para Galicia alén do 2007, acusando ao goberno de Fraga de dilapidar 9.000 millóns de euros de fondos europeos durante 15 anos. (Fonte: El Correo Gallego).

Un “si” crítico
O presidente Manuel Fraga pediu nun acto de campaña o voto afirmativo “crítico” no referendo constitucional europeo “porque creo que é un mal menor”, deixando aberta a posibilidade de abrir un debate de modificación do texto. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Educación


Aprender a ser europarlamentario
O programa educativo europeo “Modelo de Parlamento Europeo”, no cal España ingresou no 2000, permitiu que oito mozos de Mondariz e Santiago participaran na Haia (Holanda) como integrantes da delegación Galicia Sur, para coñecer en profundidade o proceso de integración europeo, a identidade comunitaria e o debate político. O programa conta coa colaboración da Fundación Model European Parliament, a Obra Social de Caixa Madrid, e o beneplácito da Comisión e o Parlamento europeos. (Fonte: Faro de Vigo).

Marítima


Galicia, pioneira en predicción marítima
Un proxecto orixinal en España e Europa, de predicción marítima e oceanográfica axustado ás características específicas da costa e a masa de mar máis influínte, foi estreado por MeteoGalicia, Instituto dependente da Xunta e a USC. O acto contou coa presenza do seu director Vicente Pérez Muñuzuri, e o conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro. (Fonte: La Voz de Galicia).

Arxentina interesada en fragatas de Izar-Ferrol
O ministro de Defensa do país sudamericano, José Juan Bautista Pampuro, manifestou o interese pola adquisición de cinco buques de mediano porte, patrulleiros de altura e corbetas, trala visita realizada á factoría do asteleiro militar de Izar-Ferrol. Na década dos oitenta, esta empresa realizara vendas similares ao goberno arxentino. (Fonte: La Voz de Galicia).
07/02/2005
Diáspora


A diáspora decide nas eleccións galegas
Os mais de 300.000 galegos no exterior terán unha participación decisiva nos comicios autonómicos do 2005, tal e como se vislumbra nas campañas electorais dos principais partidos. O PP do presidente Manuel Fraga visitará Arxentina, Venezuela, Brasil, Uruguai, Suiza, Francia e Alemaña. O BNG tamén se concentra en Surdmérica, trala visita do seu candidato Anxo Quintana a Suíza en xaneiro pasado. O PSOE de Emilio Pérez Touriño tamén inclúe os países sudamericanos mais México. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal


Educadores lusos y galegos pola paz
No mes de abril se realizará na cidade lusa de Setúbal, a XVIII edición do Encontro Galego-Portugués de Educadores pola paz, organizado polo colectivo Educadores/as pola Paz-Nova Escola Galega, o departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade de A Coruña e o Movemento dos Educadores pola Paz de Portugal. Do mesmo xeito, a XI edición da xornada de radio interescolar “Ponte...nas ondas!” reunirá en maio aos centros educativos galegos e portugueses en Tui, baixo o lema “Un patrimonio para o futuro”. (Fonte: La Voz de Galicia).
06/02/2005
Unión Europea-Educación
Erasmus na Universidade de Vigo
Un total de 765 bolsas Sócrates Erasmus foron ofertadas na Universidade viguesa para estudiantes que desexan continuar os seus estudos en países como Islandia, Países Baixos, Bélxica, República Checa, Eslovaquia, Turquía, Rumanía, Alemania, Francia, Reino Unido e Portugal. (Fonte: El Correo Gallego).

Educación


Apoio aos idiomas no estranxeiro
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria destinou 420.000 euros para financiar as estancias de alumnos e profesores galegos durante os cursos de apredizaxe e perfeccionamento de linguas estranxeiras. Un total de 26 países foron seleccionados como destino: Portugal, Francia, Marrocos, Italia, Reino Unido, Alemaña, Bélxica, Luxemburgo, Holanda, Dinamarca, Irlanda, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Grecia, Rumanía, Suecia, Finlandia, Noruega, Estonia, Letonia, Lituania, Malta, Chipre, EEUU e Canadá. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Fondos Estructurais


Beneficios para o emisor e o receptor
Segundo o terceiro informe sobre a Coesión Económica e Social europea, uns 720 millóns de euros, un de cada catro euros que recibe Galicia dos distintos fondos europeos, acaban retornando aos países que contribúen a pagar as infraestructuras de Galicia, como Holanda ou Alemaña. Isto evidencia os beneficios adquiridos tanto polos emisores das axudas como polos receptores. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca


Bruxelas apoia Axencia Pesqueira de Vigo
A Comisión de Pesca do Parlamento Europeo freou a demanda presentada pola eurodeputada liberal Elspheth Attwooll, de recortar as competencias da axencia de control pesqueiro de Vigo, que controlará as augas do Pacífico central e oriental. Ademáis, Bruxelas avogou polo aumento de competencias para este organismo, segundo o Diario Oficial da UE que publicou a decisión. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía


Vigo atrae os investimentos estranxeiros
O parque industrial e de negocios da cidade olívica permitirá a chegada de mil millóns de euros en investimentos por partes das grandes multinacionais para o 2005. A factoría PSA Peugeot Citröen concentrará boa parte dos investimentos. (Fonte: La Voz de Galicia).
05/02/2005
Sociedade
Máis persoal para atender as adopcións
A Consellería de Familia crea un equipo para a valoración psicosocial das parellas que buscan adopcións de nenos estranxeiros, ante a gran cantidade de demandas. Os principais países elixidos son China e Etiopía. (Fonte: El Correo Gallego).

Interreg


Santiago a mellor valorada no Eixo Atlántico
A capital galega foi seleccionada polos 18 socios do Eixo Atlántico como a mellor cidade en calidade de superficie construida, oferta cultural e seguridade na rúa, como parte da elaboración do Plan Integral de Xestión Medioambiental da Axenda 21. (Fonte: El Correo Gallego).

Constitución Europea


O “si” para relanzar a Galicia
O secretario de organización socialista, José Blanco, comezou en Ferrol a campaña pola ratificación da Constitución Europea supeditando o voto afirmativo ás necesarias obras de infraestructuras de Galicia, especialmente o AVE e o Plan Estratéxico de Infraestructuras de Transporte. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca


Bruxelas protexe aos productores irlandeses e escoceses
A Comisión Europea decidiu aplicar salvagardas ás importacións de salmón coa finalidade de protexer os intereses irlandeses e escoceses, en detrimento de Noruega e Chile, que verán limitadas as súas exportacións á UE, e Galicia. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía


Ence perde terreo ante competidores externos
Debido ás trabas urbanísticas e administrativas do concello de Pontevedra, a producción do grupo empresarial galego vese afectada ante os seus competidores europeos e brasileiros, que aproveitan as súas dificultades para abrir fábricas de pasta de papel en América Latina. (Fonte: La Voz de Galicia).
04/02/2005
Constitución Europea
O “si” do PSOE-PP e o “non” do BNG
O comezo da campaña para o referendo constitucional europeo tivo a Santiago como centro dos actos políticos dos principais partidos. O presidente Manuel Fraga e o candidato socialista Emilio Pérez Touriño, fixeron acto de presenza para ratificar a súa aprobación do texto constitucional. Pola súa banda, o candidato nacionalista Anxo Quintana, fixo defensa do voto negativo, aínda sen que iso significara un rexeite ao “europeísmo”. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade


Científicos galegos a Suráfrica
Victoriano Urgorri, Javier Cristobo e Pilar Ríos, científicos ferroláns da Estación de Bioloxía Mariña de A Graña, participarán nunha expedición internacional polas inexploradas fosas abisais de Suráfrica, ademais do Cabo, Angola e o golfo de Guinea. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora


Emigrantes de ida e volta
Segundo o vicepresidente uruguaio Luis Hierro López, de visita en Pontevedra, os emigrantes galegos no país suramericano que retornaron nalgunha oportunidade á súa terra natal, hoxe comezan tamén a regresar a Uruguai. Sen confirmar cifras, López explicou as razóns no descenso do paro e o elevado crecemento económico en Uruguai. Hierro informou que en Galicia habitan uns 6.000 uruguaios. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cooperación


Lazos entre Vigo e Montevideo
Continuando coa súa visita a Galicia, o vicepresidente uruguaio Luis Hierro López estivo na cidade olívica para unha xuntanza coa alcaldesa Corina Porro para futuros plans de colaboración. Tanto Hierro como Porro resaltaron as similitudes entre ambas cidades, pola actividade pesqueira, portuaria, comercial e turística, a creación de áreas metropolitanas, a rehabilitación dos seus respectivos cascos históricos e os vencellos afectivos. (Fonte: Faro de Vigo).

Solidariedade


200.000 euros para víctimas de Asia
Segundo Ramón Medina, presidente en Galicia da Axencia de Nacións Unidas para a Infancia, Unicef, o organismo recaudou durante un mes uns 200.000 euros na nosa Comunidade, para paliar os efectos da catástrofe natural no surleste asiático e garantir a supervivencia dos menores. (Fonte: La Voz de Galicia).
03/02/2005
Economía
Uruguai interesado en planta de Ence
O vicepresidente do país suramericano, Luis Hierro López, visitou a factoría de papel tisú de Ence en Lourizán e amosou o seu interese en que esta iniciativa poida trasladarse ao seu país. Ence ten unha terminal loxística na localidade uruguaia de M´Bopicuá. Hierro López transmitiu á empresa o aval do novo goberno na construcción dunha planta de celulosa en Fray Ventos, no departamento de Río Negro. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).

Turismo


O eixe do turismo relixioso
A consellería de Turismo presentou un plan de colaboración con varias cidades europeas, para crear unha rede de turismo relixioso e cultural. Neste apartado, Santiago iniciou contactos con Cracovia, Fátima e Lourdes para propiciar este tipo de turismo, ademáis de reforzar a súa participación na promoción de Cidades Patrimonio da Humanidade, en Xapón, Corea e Taiwán, e foros como o World Travel Market. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Fondos Estructurais


Galicia supera a renda media europea
Segundo o Instituto Nacional de Estatística, Galicia posúe o 76% da renta media europea para o ano 2003, superior ao máximo correspondente ao Obxectivo 1, polo que deixaría de ser receptora dos fondos europeos. Pola súa banda, un informe dun grupo de estudos europeos presentado ante a Eurocámara explica que España perderá un 45% dos fondos estructurais e de cohesión de aquí ao 2007, e a súa capacidade como contribuidor aumentará en 40.000 millóns de euros. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca


Parlamento europeo apoia a Axencia de Pesca en Vigo
A Comisión de Pesca do Parlamento Europeo logrou frear o intento dun grupo de deputados liberales comandados pola británica Elspeth Attwooll, de recortar as competencias da axencia de control pesqueiro en Vigo. A Eurocámara aprobou por ampla maioría o marco de actuación do organismo e amosou a súa intención de extender as competencias ás áreas de formación e investigación. (Fonte: La Voz de Galicia).

Pesca


Canadá recoñece que apresou ao “Estai”
Na continuación do xuízo en Saint John´s, Terranova, o avogado canadiense da Armadora Pereira, John Sinnot, informou que o goberno canadiense apresou ao barco vigués en 1995, nas augas internacionais e utilizando armas e efectivos da Guarda Costeira, debido a que faenaban na captura do fletán nos caladoiros que son xurisdicción da Organización Pesqueira do Atlántico Norte, NAFO. (Fonte: Faro de Vigo).

Cooperación


Mozos suecos aprenden o galego
Un grupo de 25 mozos e sete profesores da cidade sueca de Täby participan nun intercambio co instituto Virxe dos Ollos Grandes de Lugo, realizando actividades públicas, aprendendo o idioma e a cultura galega e coñecendo as principais cidades e rexións da Comunidade, como A Coruña e Santiago. (Fonte: La Voz de Galicia).
02/02/2005
Cooperación
Experiencia francesa en accidentes marítimos
O conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, visitou o Centro de Documentación e Investigación de Accidentes e Contaminación Mariña de Brest, Francia, onde departiu co director Michel Girin a experiencia do centro na anticipación de accidentes marítimos, como o caso do Prestige. López Veiga e Girin asinaron un protocolo de colaboración ao respecto. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora


De Ferrol a Uruguai
Como parte da súa visita a Galicia, o vicepresidente de Uruguai, Luis Hierro, estivo en Ferrol, terra natal dos seus avos, onde recibiu a Insignia de Ouro da cidade. Hierro destacou as relacións comerciais entre o seu país e Galicia, onde habitan uns 6.000 uruguaios. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea


Correo rural a estudio
A