Diario Exterior / xaneiro de 2005

Igadi na Rede 

Volver
   
Diario Exterior é unha recopilación de noticias breves captadas dos xornais galegos relativas ás actividades que se desenvolven en Galicia e que teñen relación co exterior, servindo de feito como proxección exterior de Galicia e dos seus axentes, empresariais, políticos, etc.
   

31/01/2005
Pesca


O interese asiático pola orella de mar
Unhas 15 cofradías galegas presentaron ante a Consellería de Pesca unha serie de plans para a explotación da orella de mar, mellor coñecida como “peneira”. Os principais mercados deste molusco atópanse en Asia, especialmente Xapón. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía


Madeira galega busca expansión en América Latina
Segundo o presidente do Clúster da Madeira de Galicia, Ricardo García Borregón, as empresas galegas programan a súa expansión a México e Brasil, tomando en conta os beneficios en canto a mobilidade xeográfica e custe. En marzo, unha delegación destes países visitarán Galicia para comprobar a potencialidade desta industria. (Fonte: Faro de Vigo).
30/01/2005
Sociedade
Dous Premios Nobel en Santiago
A Consellería de Sanidade traerá no mes de abril á capital galega aos premios Nobel, James Watson, descubridor da dobre hélice do ADN, e Paul Nurse, experto en ciclos celulares, no marco do II Salón Internacional da Sáude. O evento pretende converter a Santiago na capital mundial da innovación sanitaria, contando para iso coa participación de científicos de Europa, Iberoamérica e EEUU. (Fonte: El Correo Gallego).

Turismo


Galicia como exemplo turístico para Asia
Segundo a directora da empresa Consultoría & Formación, a alemá Nicole Hass, “os países asiáticos queren copiar as excelencias do turismo galego”, e para iso a empresa forma directivos hoteleiros en Indonesia, Filipinas, Vietnam e China, ademáis de América do Sur. Hass explicou que Galicia “logrou potenciar o turismo rural, termal e cultural, sendo reclamos para os países asiáticos e sudamericanos”. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía


Unha peme galega compite coas multinacionais de EEUU
A empresa Hermasa, afincada en Redondela, conta coa tecnoloxía máis rápida para envasar atún, a Tunipack 500, na que obtén 500 latas por minuto. Este índice é superior á súa competidora, fabricante en EEUU, que consegue 300 por minuto. Ao mesmo tempo, esta envasadora logrou a súa expansión nas conserveiras máis grandes do planeta, Starkist, Bumble, Bee Acquisition e Chiken of the Sea International, con plantas de producción en Ghana, Porto Rico e Samoa. (Fonte: El Correo Gallego).
29/01/2005
Portugal
Vertebrar a eurorrexión luso-galaica
O convenio asinado entre o Eixo Atlántico e a Consellería de Política Territorial ten como obxectivo involucrar aos territorios que conforman a eurrexión Galicia-Norte de Portugal, na posta en marcha do Sistema de Información Xeográfica, especialmente no relativo ás infraestructuras e as conexións de alta velocidade como o AVE Ferrol-Vigo-Oporto. Neste apartado, segundo o conselleiro Núñez Feijoo, se investirán 2,5 millóns de euros. O plan foi elaborado dacordo coas indicacións da UE para o período 2007-2013. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima


Centro ferrolán líder ambiental europeo
O Centro de Instrucción e Seguridade Interior de Ferrol recibiu o Certificado Lloyd´s Register Quality Assurance, o máis importante en materia medioambiental no mundo, ademáis de ser o primeiro centro militar europeo en recibir a normativa ISO 14001, grazas ao seu sistema de contraincendios e defensa contra a guerra nuclear, biolóxica e química. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Fondos Estructurais


Diverxencias europeas ante o Obxectivo 1
Galicia depende das negociacións da actual presidencia rotativa europea de Luxemburgo, para coñecer o seu status de nivel de axudas económicas para o período 2007-2013. En xuño finaliza a presidencia luxemburguesa e os seus plans alentan un pacto de negociación sobre as futuras perspectivas financieiras, tomando en conta o período 2000-2002, favorábel á candidatura galega. O principal detractor é o Reino Unido, substituto luxemburgués ata o remate do ano, quen pretende votar no segundo semestre e tomando en conta o período 2001-2003, onde Galicia supera en riqueza o 75% da media europea, perdendo polo tanto o dereito ás axudas. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Economía


Plan europeo para promoción do emprego
O Fondo Social Europeo aprobou o proxecto Rurbanet para a promoción de novas estratexias de emprego e desenvolvemento social nos concellos de Ribeira, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Carballo, Laracha, Coristanco, Melide, Arzúa, Sobrado e Boimorto. O proxecto foi iniciado pola Deputación de A Coruña, en colaboración con outras institucións. (Fonte: El Correo Gallego).
28/01/2005
Cultura
Santiago será capital mundial das relixións
No marco do programa “Galicia, Camiños da Cultura” patrocinado pola Xunta, a capital galega acollerá no 2005 un cumio mundial das relixións, coa finalidade de expresar a súa mensaxe de tolerancia e convivencia pacífica. Do mesmo xeito, entre abril e setembro deste ano se celebrarán unha serie de actos de nivel internacional, coa posíbel visita de personalidades como Kofi Annan, Mikhail Gorbachov ou Daniel Baremboim, entroutros. (Fonte: El Correo Gallego).

Constitución Europea


Intensa actividade política polo “si”
O presidente Manuel Fraga, coa participación do secretario xeral do PP, Mariano Rajoy, desenvolverá unha presenza dosificada e divulgativa nos actos de campaña en apoio do texto constitucional europeo. Do mesmo xeito, o secretario xeral do Partido Galeguista, Manoel Soto, transmitirá á Xunta e o Parlamento unha declaración de intencións na que fai constancia do seu apoio ao “sí” no referendo. En Santiago, se recibiu o “Bus da Constitución Europea”, iniciativa divulgativa organizada pola Fundacion Juan de la Cosa, o ministerio de Asuntos Exteriores, a Fundación Galicia Europa e as representacións do Parlamento e a Comisión europea en España. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Fondos Estructurais


Galicia puxa polos fondos alén do 2007
O secretario xeral de Relacións coa UE e director da Fundación Galicia-Europa, Jesús Gamallo, declarou que “non é seguro” que Galicia quede excluida da categoría de Obxectivo 1 dos fondos europeos, pero esixiu ao goberno central “que faga unha negociación o máis rápido posíbel” para poder acceder aos fondos no período 2007-2013. Gamallo asegurou que cómpre esperar a decisión de Bruxelas e que, de facerse hoxe, a nosa Comunidade “estaría dentro do Obxectivo 1 por unha décima”. (Fonte: La Voz de Galicia).

Sociedade


A “inmoral” débeda do Sur
O presidente do Consello nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras, cualificou de “inmoral” a débeda externa dos países do Terceiro Mundo, durante a súa participación no Foro Social Mundial de Porto Alegre. O líder nacionalista galego tamén enviou unha mensaxe de solidariedade ás víctimas do maremoto en Asia. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración


Concursos culturais para a Galicia Exterior
A Consellería de Emigración promociona actividades literarias e artísticas do colectivo galego emigrante a través de concursos nos que se investirán 25.000 euros en premios. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración


“Aula global” para a integración
No colexio santiagués “López Ferreiro” comezaron unha serie de exposicións sobre as diferentes manifestacións culturais de diversos povos do mundo. Neste instituto atópanse mozos de 15 países diferentes, dende o Reino Unido, Francia e Portugal ata Etiopía. Do mesmo xeito, as consellerías de Emigración e Educación iniciaron unhas campañas de sensibilización xunto a representantes do Foro de Inmigración titulado “Mira cos mesmos ollos”, sobre a problemática de inmigración escolar en Santiago. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade


Donacións para as víctimas do tsunami
Varios concellos galegos destinaron parte dos seus fondos para a axuda das víctimas do maremoto no Surleste asiático. O concello de Negreira destinou 1.200 euros, mentres en A Estrada e Lalín realizarán espectáculos artísticos e culturais para recolectar fondos. A Deputación Provincial de A Coruña destinará 90.000 euros mentres na Costa da Morte, organizacións como Cáritas de Soneira, o Clube de Balonmano de Camariñas, e o IES de Carballo realizaron ceas, torneos e colectas. (Fonte: El Correo Gallego).

Cooperación


Convenio CEE-Universidade Concepción de Chile
O Hospital Virxe da Xunqueira de CEE asinará un documento de colaboración co departamento de Psicoloxía da Universidade chilena de Concepción, para o desenvolvemento dun proxecto financiado por Fondef, de formación de profesionais de atención primaria en duas áreas de saúde dese país sudamericano. (Fonte: El Correo Gallego).
27/01/2005
Portugal
Presentada a Feira do Atlántico
A I Feira Industrial do Atlántico, a celebrarse en Vigo en outubro de 2005, foi presentada pola Consellería de Industria, a Federación de Empresarios de Pontevedra e a empresa organizadora Salóns Profesionais, como unha “ponte cara o futuro” na innovación tecnolóxica e o afianzamento empresarial entre Galicia e o norte de Portugal. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Fondos Estructurais


Solbes defende a Galicia como rexión Obxectivo 1
O vicepresidente segundo e ministro de Economía e Facenda, Pedro Solbes, afirmou que Galicia poderá manter a súa condición de rexión Obxectivo 1 para o período orzamental europeo 2007-2013, “si se aplican os criterios actuais”, tomando en conta os datos completos do período 2000-2002. Solbes explicou que este mantemento dependerá das negociacións con Bruxelas. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Rexións


O ascenso económico de Galicia
Segundo datos do Eurostat, por vez primeira desde a admisión na UE, Galicia supera en riqueza a todo o sur de Italia, a metade de Portugal e a cinco estados federais de Alemania, entre eles Saxonia. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca


Posíbel área de exclusión pesqueira nas augas galegas
Aínda que en Bruxelas non se discutiu a decisión final, aumentan as posibilidades de que a Comisión Europea propoña unha área de exclusión pesqueira nas augas galegas. Neste caso, un exemplo pode ser a ría de Vigo, abundante en cigala, aínda que a Comisión a descartara como coto en decembro pasado. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Medio Ambiente


Adega desminte ao euroministro Stavros Dimas
A Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galicia pediu unha entrevista co ministro europeo de Medio Ambiente, Stavros Dimas, trala anunciada visita deste a Galicia, para amosar a súa contrariedade pola declaración do euroministro de que a Comunidade ten poucas infraccións medioambientais. Adega considera que Galicia “está á cola” nesta materia, e acusou á Consellería de Medio Ambiente de “pasividade” e “ocultamento” do número de infraccións que se rexistran. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Turismo


Turespaña e Turgalicia promocionarán en Europa
Durante os actos da Feira Internacional de Turismo, FITUR, en Madrid, o secretario xeral de Turismo, Raimón Martínez Fraile, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Jesús Pérez Varela, asinaron un convenio polo que o Instituto de Turismo de España e Turgalicia desenvolverán unha campaña de publicidade internacional, cun orzamento de 1,2 millóns de euros, a distribuir nos mercados de Italia, Alemaña, Reino Unido, Francia, Portugal, Dinamarca, Noruega e Suíza. (Fonte: Faro de Vigo).

Constitución europea


Zapatero defenderá a Carta Magna en Vigo
Coa finalidade de impulsar o apoio á Constitución europea e relanzar a candidatura de Emilio Pérez Touriño á Xunta, o PSdG traerá a Vigo ao presidente do goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, para a participación nun acto do partido. (Fonte: El Correo Gallego).

Cooperación


Modelo compostelán para Marrocos
O Grupo Compostela de Universidades inaugurou no país norteafricano un curso sobre o seu modelo de oficinas de relacións internacionais. (Fonte: El Correo Gallego).
26/01/2005
Unión Europea-Pesca
UE comezará negociacións con Marrocos
Trala súa visita a Galicia, o comisario europeo de Pesca, Joe Börg, anunciou que manterá contactos técnicos coas autoridades marroquíes para explorar a posibilidade de acadar un novo acordo pesqueiro, tras cinco anos de estancamento. Tamén informou da posibilidade de introducir vedas temporais nos futuros plans de recuperación da merluza e a cigala, tralo diálogo mantido cos empresarios galegos. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Fondos Estructurais


Perigan os fondos estructurais para Galicia
Segundo cifras publicadas pola Axencia Europea de Estatísticas, Eurostat, o PIB galego no 2002 superou os 37.000 millóns de euros, o 76,6% da media do PIB europeo, que lle permitiu situar a súa riqueza por habitante nunha décima por riba da barreira esixida para manterse como rexión Obxectivo 1, polo que a nosa Comunidade podería perder a condición de receptora de fondos estructurais a partir do período 2007-2013, debido ao seu crecemento económico. Sen embargo, o conselleiro de Economía, José Antonio Orza, considerou que estos datos son favorábeis e que espera que Galicia continúe recibindo fondos, xa que a nova cualificación non se decidirá ata o 2006. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).

Unión Europea-Constitución


O PP avoga polo “si”
Os “populares” de Santiago comezaron a súa campaña a favor do texto constitucional europeo, nun acto celebrado na Aula de Cultura de Caixa Galicia, prognosticando un aumento da influencia económica da UE en Galicia. Pola súa banda, a organización da mocidade do BNG, Galiza Nova, iniciou en Ferrol a súa campaña en contra da Constitución europea. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).

Unión Europea-Ambiente


Bruxelas estudiará a contaminación de O Courel
Trala xuntanza co conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente segundo da Xunta, Xosé Manuel Barreiro, o comisario europeo de Medio Ambiente, Stavros Dimas, se comprometeu a investigar o informe da Axencia Espacial Europea que argumenta que a zona de O Courel en Lugo posúe altos índices de contaminación por dióxido de nitróxeno. Bruxelas utilizará tamén a investigación do Instituto de Física Medioambiental da Universidade alemá de Heidelberg sobre a inexistencia de contaminación. Dimas asegurou tamén que Galicia é a comunidade que menos infraccións comete en materia ambiental. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).

Portugal


Touriño propón novo estatuto para a eurorrexión
O secretario xeral do PSdG, Emilio Pérez Touriño, propuso un novo estatuto para a eurorrexión Galicia-norte de Portugal, que aplique a “flexibilidade e apertura” na cooperación das institucións locais e rexionais e os axentes empresariais. Tamén afirmou a necesidade de ampliar a eurorrexión a Asturias e Castela-León. (Fonte: El Correo Gallego).

Cooperación


Potabilizadora de auga para Sudán
A empresa compostelá “Espina Obras Hidráulicas” construiu sete potabilizadoras de auga por valor de 23 millóns de euros para o país africano, tralo convenio asinado con varias administracións locais dese país. Do mesmo xeito, se enviaron sete plantas cunha capacidade de 750 m3 cada unha e outra de 66.000 m3. (Fonte: La Voz de Galicia).

Política


Beiras no Foro Social Mundial
O histórico líder do nacionalismo galego Xosé Manuel Beiras asistiu coa Fundación Galiza Sempre, ao Foro Social Mundial de Porto Alegre, onde se reuniu con membros do Partido dos Traballadores do presidente Lula da Silva e intelectuais como José Saramago, Adolfo Pérez Esquivel, Eduardo Galeano e Ignacio Ramonet. Beiras exclamou que desexaba que “o BNG sexa a Galicia como Lula a Brasil”. (Fonte: www.xornal.com).

Solidariedade


Sexto ano da Xanela Aberta ao Sur
A ONG pontevedresa Amarante iniciará por sexto ano consecutivo o programa de formación de brigadistas Xanela Aberta ao Sur, coa intención de achegarse á realidade dos países do Terceiro Mundo e afondar no coñecemento dos seus movementos sociais. Nicaragua, Brasil e Ecuador serán os puntos de destino nesta edición. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade


“Mar adentro” nominada ao Oscar
O filme de Alejandro Amenábar que narra a historia do tetrapléxico galego Ramón Sampedro competirá polo Oscar ao mellor filme estranxeiro na gala dos premios de Hollywood o próximo 27 de febreiro. (Fonte: El Correo Gallego).
25/01/2005
Unión Europea-Pesca
Anfaco teme prexuízo cara conserveiros galegos
Por medio dun comunicado, a Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas expresou o seu temor de que o apoio do Consello de Ministros da Pesca da UE aos países asiáticos, tralo maremoto de decembro, poida xerar “grandes prexuízos” cara o sector conserveiro galego e español, xa que o sudeste asiático é o principal competidor no que se refire a lomos de atún e conservas. Bruxelas anunciou a reducción de aranceis e apoios á reconstrucción da frota dos países afectados. (Fonte: El Correo Gallego e Faro de Vigo).

Unión Europea-Constitución


Sindicatos polo “Non”
A Confederación Intersindical Galega e a organización agraria Sindicato Labrego Galego, realizarán campaña en contra da ratificación do texto constitucional europeo. Segundo os seus respectivos secretarios xerais, Xesús Seixo e Lidia Senra, a campaña levará dípticos informativos ás feiras comercias de agricultores e gandeiros. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Sociedade


Contra a obesidade e os incendios
A Comisión Europea desexa un código de conducta para que a industria agroalimentaria desenvolva programas para protexer aos máis vulnerábeis dos perigos do sobrepeso, que en Galicia afecta a un 15% dos menores de idade. Do mesmo xeito, a Xunta levará a Bruxelas iniciativas para solucionar os problemas de deforestación e incendios nos bosques galegos. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca


Chile interesado no mexillón e na acuicultura
O subsecretario de Pesca do país sudamericano, Pedro Sandoval, visitou, xunto ao conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, o Centro de Control do Medio Mariño, para coñecer as industrias mexilloeiras e da acuicultura e departir cos representantes do sector pesqueiro galego. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade


BNG noiés pide axuda para víctimas do tsunami
Os nacionalistas de Noia pediron unha partida orzamentaria para axudar aos afectados polo maremoto do sudeste asiático, ocurrido no pasado decembro. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración


Vigo recibe a maior oleada de inmigrantes
Probablemente, o 2004 significou o ano con maior número de altas de regularización de inmigrantes na historia de Vigo, xa que beneficiou a uns 3.500 estranxeiros, un aumento do 32%, especialmente arxentinos, venezuelanos e uruguaios. O número total supera os 14.000 inmigrantes, un 5% do padrón municipal, sendo a maioría deles latinoamericanos e africanos. O censo da cidade olívica rexistra a residencia de cidadáns de 104 países distintos, 33 de Europa, 27 de África, 23 de América Latina, 17 de Asia, e o resto de Oceanía (Australia, Nova Zelanda e Illas Fidji). (Fonte: Atlántico Diario).
24/01/2005
Diáspora
Voos baratos para os emigrantes en Suíza
Anxo Quintana, voceiro do BNG, anunciou en Zürich que o seu partido reclamará ante o Parlamento galego que a Xunta faga xestións para que as compañías aéreas de baixo custe habiliten voos directos a Zürich e Xenebra, para abaratar as viaxes dos emigrantes galegos neste país. (Fonte: El Correo Gallego).

Acuicultura


Xaponeses á caza da peneira
A popular “orella de mar”, un molusco mellor coñecido como a peneira ou abalón, estase a converter nun obxectivo para o mercado asiático, especialmente o xaponés, segundo o director de producción da empresa Galician Marine Aquiculture, o chileno Rodrigo Burgos, quen pretende ubicar en Muros un centro de distribución pioneiro, similar aos existentes en Irlanda, Suráfrica e EEUU. Segundo a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e Alimentación, FAO, no mercado nipón existe un vacío de doce mil toneladas anuais que pode ser aproveitado por Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima


Izar-Ferrol construirá buques para Venezuela
Trala visita do presidente venezuelano, Hugo Chávez, a España, a finais do ano pasado, a empresa naval Izar iniciou a construcción na súa factoría de Ferrol de dúas corbetas similares á serie F30 da Mariña española, das cales forman parte unidades como a “Cazadora” e a “Vencedora”, e que serán ofertadas á forza naval venezuelana. Na xira do presidente José Luis Rodríguez Zapatero a América do Sur, se esperaba unha breve escala en Caracas para finiquitar o acordo. (Fonte: La Voz de Galicia).
23/01/2005
Unión Europea-Fondos Estructurais
Os beneficios galegos dos fondos europeos
Como membro do grupo de rexións denominado Obxectivo 1, Galicia recibe amplos beneficios dos fondos estructurais de Bruxelas. Ata o próximo ano recibirá 3.430 millóns de euros, uns 1.260 euros por habitante, case o dobre do que reciben Sicilia, o norte de Portugal ou as rexións máis atrasadas de Irlanda. Entre as comunidades españolas, tan só Andalucía recibe máis fondos que Galicia, uns 7.840 millóns de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Ambiente


Contaminación de O Courel tratarase en Bruxelas
O vicepresidente segundo e conselleiro de Medio Ambiente, Xosé Manuel Barreiro, se entrevistará co comisario europeo, Stravos Dimas, para pedirlle explicacións pola alta concentración de óxido de nitróxeno entre O Courel e o valle de Sil, en Lugo. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Constitución


Campañas polo Si e Non
Coa presenza do candidato Emilio Pérez Touriño e Rosa Miguélez, o PSOE abriu en Vilagarcía de Arousa a súa campaña en favor da ratificación do texto constitucional europeo no referendo do próximo 20 de febreiro. Pola súa banda, a Plataforma Galega polo Non á Constitución Europea continuou a súa campaña contraria, co reparto de folletos nos que se explica que a Constitución “consolida a Europa dos mercaderes”. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Infraestructuras


Vigo e o Arco Atlántico
A cidade olívica aspira ao ingreso no proxecto de Autopistas do Mar no Arco Atlántico (Atmos), trala xuntanza en Santiago cos representantes de cidades portuarias de catro países, como Xixón, Alxeciras, Douro e Leixoes (Portugal), La Rochelle (Francia) e Cork (Irlanda), que deberán estudiar os proxectos do eixe de transporte comunitario paneuropeo nas áreas de navegación de cabotaxe e as autopistas do mar. (Fonte: La Voz de Galicia).

Diáspora


Máis de 100.000 electores na Arxentina
Segundo a Oficina do Censo Electoral, de cara ao referendo europeo do 20 de febreiro, no país austral se rexistraron máis de cen mil persoas co dereito ao voto, superando no censo á provincia de Ourense. A emigración galega aportará máis de 300.000 electores, un 11,46% do total galego, constituíndo un imparábel crecemento con respecto aos residentes en Galicia. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cándido Rodríguez e as necesidades da emigración
O senador do PSOE pola emigración na provincia de Ourense, Cándido Rodríguez, presentou dez iniciativas vencelladas á problemática dos emigrantes galegos e españois, como as axudas específicas para os emigrantes retornados, as solicitudes de permiso de residencia, a implantación de agregadurías de educación nas embaixadas españolas, etc. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración


Solidariedade coruñesa cos inmigrantes
A Asociación Equus Zebra comezou un ciclo de cursos para os estranxeiros sen papeis, nos que se ofrece asesoramento para a súa regularización. Ata agora, a asociación atendeu uns 6.000 interesados, pero o número crece. As principais colectividades inmigrantes en A Coruña son a latinoamericana, a maghrebí e a africana, estas dúas últimas contan co hándicap do idioma e enfrontan algúns problemas de racismo. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura


A proxección internacional da artesanía galega
Gracias á plataforma na rede Internet “Artesanía de Galicia” (www.artesaniadegalicia.com) creada pola Consellería de Innovación, uns 100 obradoiros e 150 estabelecementos artesanais galegos poden promover os seus productos a nivel mundial. O auxe do sector experimentou unha facturación de máis de 60 millóns de euros no 2004. (Fonte: El Correo Gallego).
22/01/2005
Pesca
O BNG teme a marxinación galega no acordo con Marrocos
Segundo o deputado nacionalista, Bieto Lobeira, a súa formación “non permitirá” que Madrid e Bruxelas “volvan a marxinar á frota galega na sinatura dun novo acordo pesqueiro con Marrocos”. Lobeira contestou así o anuncio da ministra Elena Espinosa sobre o comezo de negociacións con Rabat tras unha ruptura de cinco anos. Do mesmo xeito, Lobeira acusou ao conselleiro Enrique López Veiga de “submisión brutal” ante as decisións da UE. (Fonte: El Correo Gallego).

UE beneficia ás conservas tailandesas
Un duro golpe para a industria atuneira galega foi a decisión dos 25 países membros da UE de respaldar unha proposta da Comisión na que se favorece económicamente aos países asiáticos afectados polo desastre natural. Coa eliminación dos aranceis de Sri Lanka e dos productos pesqueiros da India, Indonesia e Tailandia, Bruxelas beneficia a este último país, tradicional competidor galego, para colocar os seus productos no mercado comunitario. Nembargantes, a ministra Elena Espinosa asegurou que esta medida comunitaria “non terá implicacións para o sector pesqueiro galego”. (Fonte: La Voz de Galicia).

Sociedade


Dez países na Mostra do Encaixe de Camariñas
Deseños e coleccións de Bulgaria, Canadá, Francia, Italia, Bélxica, República Checa, Portugal e Dinamarca poderán exhibirse na Mostra do Encaixe o próximo mes de marzo en Camariñas, coincidindo coa Semana Santa. (Fonte: El Correo Gallego).

As viúvas galegas, entre as máis pobres de Europa
Con 363 euros de ingresos medios por pensión ao mes durante o ano 2004, as viúvas galegas atópanse entre as máis pobres de España e das máis pobres de Europa, só superadas polas portuguesas e gregas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración


Os inmigrantes palían o descenso demográfico compostelán
Segundo o Instituto Galego de Estatística, a capital galega continúa a súa sangría demográfica, xa que case 1.300 persoas abandoaron a cidade cara os concellos de Ames e Teo, principalmente. Ese descenso foi parcialmente paliado pola chegada de inmigrantes e emigrantes retornados, case 800 desde o ano 2003. (Fonte: La Voz de Galicia).
21/01/2005
Diáspora
Quintana cos galegos de Suíza
O voceiro do BNG, Anxo Quintana, visitará a colectividade galega residente en Zürich e Xenebra, coa finalidade de transmitir as propostas nacionalistas cara a emigración e as políticas de retorno. Quintana manterá xuntanzas co presidente da Federación de Sociedades Galegas, Pedro Hombre Pombo. (Fonte: El Correo Gallego).

Dous millóns de euros para os centros galegos
A Consellería de Emigración destinará 1,9 millóns de euros aos centros galegos no exterior, para acometer obras de melloramento en infraestructura, tendo como prioridade as instalacións sanitarias, sociais e asistencias para as personas de maior idade. Ademais, os fondos tamén se destinarán á integración da mocidade nestas asociacións. (Fonte: El Correo Gallego).

Xacobeo


Menos turistas no 2004
Segundo datos da Enquisa de Movementos Turísticos en Fronteiras, Frontur, no ano 2004, uns 755.717 turistas estranxeiros achegáronse a Galicia con motivo do Ano Santo, un 0,6% menos con respecto a 2003. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Economía


Ferrol e Fene non construirá máis buques civís
A Comisión Europea certificou definitivamente a viabilidade do plan presentado polo goberno español sobre a privatización da estatal Izar. Despois de 60 anos, os asteleiros de Ferrol e Fene pasarán á construcción de buques militares e non civís. A comisaria europea de Competencia, Neelie Kroes, trasladou a súa conformidade ao ministro español de Economía, Pedro Solbes. (Fonte: La Voz de Galicia).

Solidariedade


Sensibilización cos saharauis
A capital ourensana foi elixida pola ONG Solidariedade Internacional para o estreo en Galicia da súa campaña de sensibilización sobre a situación dos 160.000 saharauis que viven no deserto alxerino da fronteira de Tindouf. Esta iniciativa conta co apoio da Xunta e pretende amosar á cidadanía as duras condicións de vida dos refuxiados nos campamentos. (Fonte: La Voz de Galicia).
20/01/2005
Portugal
Presentan patrimonio oral galaico-portugués
O 28 de xaneiro será presentada en Porto a candidatura conxunta do Patrimonio Inmaterial galaico-portugués que xa fora entregada en outubro pasado na sede da Unesco en París. Ao acto na cidade lusa asistirán o presidente Manuel Fraga e a ministra lusa de Cultura, María Joao Bustorff. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade


Beiras participará no Foro Social Mundial en Brasil
O presidente da Fundación Galiza Sempre e do consello nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras, asistirá a finais de xaneiro ao Foro Social Mundial en Porto Alegre, Brasil, onde pronunciará unha conferencia sobre a uniformización cultural e o déficit democrático, as nacións e os pobos ante o dilema entre política e mercado. É a primeira vez que Beiras participa neste foro, xa que Camilo Nogueira participou hai dous anos. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora


Venezuela e Suíza lideran número de retornados
A primacía que tiña Arxentina no número de emigrantes galegos retornados foi superada polas solicitudes realizadas por Venezuela e Suíza, segundo o director xeral de Inmigración, Javier Álvarez Barbeito. No caso venezuelano, a situación socio-política determina un incremento nos retornos, mentres en Suíza será no 2007 cando os emigrantes decidan se capitalizan as súas pensións dacordo ás leis dese país. As solicitudes de Brasil, México e Uruguai se manteñen estábeis. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración


Inmigrantes marroquís imparten clases de árabe
Coa finalidade de propiciar o intercambio e a tolerancia das culturas e un mellor coñecemento da civilización islámica, os inmigrantes de Marrocos e outros países do Maghreb asentados en Pontevedra, iniciaron cursos de ensinanza do idioma árabe a cidadáns locais. O presidente da Asociación Marroquí de Pontevedra, Mustapha Elabboubi, explicou a grande receptividade que tivo esta iniciativa entre os habitantes da provincia. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Marítima


Bruxelas aproba reestructuración de Izar
A comisaria europea de Competencia, Nellie Kroes, cualificou como “compatíbeis” coas regras do Tratado da UE os acordos alcanzados entre os sindicatos e a SEPI co obxectivo de reestructurar os asteleiros en España. Deste xeito, o asteleiro de Fene en Ferrol pasará a máns militares. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Constitución


O BNG reafírmase no “non”
Guillerme Vázquez, responsábel da formación nacionalista en Pontevedra, revalidou o voto negativo do partido nacionalista á Constitución europea, destacando as dificultades que terá Galicia nas axudas europeas en sectores estratéxicos como o naval. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Cultura


A USC e o Concello santiagués optan por programa europeo
O Programa Universidade, apoiado polo Concello de Santiago e a USC e que amosa as visitas turísticas guiadas ao patrimonio histórico máis representativo da institución académica, optan ao programa comunitario Cultura 2000. Santiago compite con cidades universitarias como Bolonia, Coimbra, Cracovia, Pecs e Malta. (Fonte: La Voz de Galicia).

Pesca


Buscan frear impacto das importacións
A Federación Galega de Confrarías plantexa a necesidade de frear o impacto das importacións de peixe, para protexer o sector galego. Do mesmo xeito, este organismo ubica a escaseza de man de obra e a deficiente seguridade do mar, como retos futuros. O ano pasado, Galicia importou mais de 36.000 toneladas de productos pesqueiros, principalmente de Portugal, Reino Unido e Marrocos. (Fonte: La Voz de Galicia).
19/01/2005
Unión Europea-Sociedade
Participación galega no Airbus A380
A empresa Delta Vigo, ubicada en Redondela, proporcionou cadernos de fibra de carbono e outros elementos, para o Airbus A380, o modelo de avión civil máis dinámico e completo do mundo, deseñado para acabar coa competencia estadounidense. Outra das empresas participantes, Ladden Works, ten a súa sede no Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense. Considerado como “un triunfo para Europa”, o Airbus foi inaugurado polo presidente José Luis Rodríguez Zapatero, o chanceler alemán Gerhard Schröeder, o primeiro ministro británico Tony Blair e o presidente francés Jacques Chirac, como representantes dos catro países que participaron na súa construcción. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Fondos Estructurais


Reparto de fondos europeos beneficia a Galicia
Despois de Andalucía, a nosa Comunidade é a mais beneficiada polas axudas estructurais da UE para o período orzamental 2000-2006, por estar incluida nas rexións ubicadas no Obxectivo 1 de desenvolvemento prioritario con un PIB inferior ao 75% da media comunitaria. En total, Galicia recibiu 3.430 millóns de euros desde o ano 2000. Para o próximo período 2007-2013, España deixará de percibir estos fondos, pasando a converterse nun país contribuidor. (Fonte: El Correo Gallego).
18/01/2005
Diáspora
Inauguran foro “Comunicación e Diáspora”
Coa participación de profesionais da comunicación, de orixe galego, proveñentes de Arxentina, Brasil, México, Uruguai e Venezuela, e tamén de Galicia, este Foro contou co apoio da Secretaría Xeral para as relacións cos medios informativos e a Consellería de Emigración. Os participantes compartiron experiencias e expectativas cos seus colegas galegos, coa finalidade de vertebrar políticas mediáticas conxuntas. A organización correu por conta do IGADI. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración


Pontevedra abre centro para emigrantes
O programa Cidade Plus para facilitar os trámites aos emigrantes retornados e a súa integración, abriu sede no centro Príncipe Felipe de Pontevedra, como unha iniciativa da Consellería de Emigración e a Deputación local. O programa conta coa colaboración económica da Unión Europea mediante os fondos Feder do Programa Interreg III, cun custe total de 3,7 millóns de euros. Uns 62 representantes dos concellos da provincia acompañaron ao conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, e o presidente da Deputación, Rafael Louzán, na apertura das instalacións. (Fonte: El Correo Gallego).
17/01/2005
Investigación
A pegada dos científicos galegos
Universidades de prestixio en Europa e EEUU como Queen´s University, Harvard, University College, Stanford, o Instituto de Tecnoloxía de Massachussetts ou a Organización Europea para a Investigación Nuclear, contan coa presenza de varios científicos galegos, os cales traballan en áreas como a Física Nuclear, a Física solar, a Química verde, a Bioloxía ou as Matemáticas. A compostelá Mar Capeáns é a primeira muller española en participar no staff permanente do CERN en Xenebra, a cargo do experimento Atlas en materia nuclear. (Fonte: El Correo Gallego).

Política


Os aliados internacionais da UPG
No marco da clausura do XI congreso da Unión do Povo Galego en Santiago, o seu líder histórico, Bautista Álvarez, nun xesto de solidariedade co pobo palestiniano, exhibiu unha palestina na cabeza, ofrecida por un delegado da OLP presente nesta sesión. Na tribuna de oradores pasaron membros do Partido Comunista de Cuba, o Bloco de Esquerdas de Portugal, o Frente Amplo de Uruguai e o seu homólogo da República Saharaui. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Constitución


Sindicatos galegos apoian o “si”
Delegados sindicais das CCOO en toda Galicia organizaron na Facultade de Ciencias Políticas da USC un mitin para apoiar o proxecto constitucional europeo. Pola súa banda, a Mesa do Parlamento galego acordou celebrar unha xornada divulgativa sobre a Constitución europea. (Fonte: El Correo Gallego).
16/01/2005
Unión Europea-Constitución
A UPG promove o “non” á Constitución europea
No Congreso celebrado en Santiago, o secretario xeral da Unión do Povo Galego, Francisco Rodríguez, reafirmou a decisión deste partido de non respaldar o proxecto de Constitución da Unión Europea, promovendo o voto negativo no referendo do 20 de febreiro. (Fonte: Faro de Vigo).

Inmigración


Un eido de integración para os africanos
A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, prometiu a Ibrahim Niang, presidente da Asociación para a Integración e o Desenvolvemento do Africano, AIDA, que tamén funciona nesta cidade, a apertura dunha oficina de emigración destinada á atención dos recén chegados deste continente, a través dun piso de acollida, programas interculturais e un plan de coordinación da venda ambulante. Segundo o padrón municipal, existen 897 africanos na cidade olívica, dun total de 2.300 na provincia de Pontevedra, sendo os senegaleses a maioría, seguidos de marroquíes, mauritanos e nixerianos. (Fonte: El Correo Gallego).

Cooperación


Catro veces máis no orzamento de cooperación
Emilio Pérez Touriño, candidato do PSdG ás eleccións autonómicas, prometiu “multiplicar por catro os recursos destinados á cooperación, ata achegar o 0,3% do orzamento da Xunta na próxima lexislatura”. Touriño fixo esta declaración na clausura do acto “Cooperación e Desenvolvemento” organizado polo seu partido. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade


Lousame coas víctimas do maremoto asiático
A Corporación de Lousame acordou a doazón das asignacións dos grupos políticos e das dietas por asistencias a plenos dos ediles de tres meses aos afectados polo maremoto do surleste asiático. (Fonte: El Correo Gallego).
15/01/2005
Unión Europea-Pesca
Bruxelas asegura fondos para a pesca de baixura
Segundo o comisario europeo de Pesca, Joe Börg, a baixura en Galicia seguirá a recibir fondos comunitarios e incluirase no próximo Fondo Europeo de Pesca que no 2007 substituirá as axudas do Instrumento Financeiro de Orientación da Pesca, IFOP, para a aplicación da Política Pesqueira Común. No marco dunha xuntanza en Santiago coa ministra de Pesca, Elena Espinosa, o conselleiro Enrique López Veiga e os integrantes do Consello Galego de Pesca, Börg recoñeceu a “necesidade de mellorar o diálogo e a comunicación entre a Comisión e os representantes dos intereses pesqueiros”. (Fonte: El Correo Gallego).
14/01/2005
Unión Europea-Rexións
Tensión por declaracións do vicepresidente da Bretaña
O secretario xeral para as Relacións coa Unión Europea, Jesús Gamallo, cualificou de “intolerábeis e fora de toda lóxica” as declaracións do vicepresidente do Consello Rexional de Bretaña (Francia), Cristian Guyonvarc, nas que sinalaba que a súa rexión non efectuará ningún acordo oficial con Galicia “mentres Manuel Fraga sexa o seu presidente”. Guyonvarc fixo estas declaracións trala xuntanza mantida con membros do BNG e resaltou que entre Galicia e Bretaña existen “similitudes económicas, culturais e sociais, mais non acordos bilaterais”. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca


Posíbel acordo pesqueiro con Marrocos
Durante a visita de tres días do eurocomisario de Pesca, Joe Börg, a Galicia, o funcionario europeo salientou a importancia de alcanzar un acordo pesqueiro entre a UE e Marrocos “nun período relativamente breve”. Börg visitou as rías de Muros, Noia, Arousa, Pontevedra e Vigo, participou na Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas de Europa, en Santiago e se reuniu coas organizacións do Consello Galego de Pesca. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Constitución


Nogueira a favor do Tratado
O ex deputado nacionalista Camilo Nogueira comezou a súa campaña en Ferrol e Pontedeume a favor da ratificación do Tratado Constitucional para Europa, a ser sometido a referendo o 20 de febreiro próximo. Deste xeito, Nogueira afástase da liña oficial do BNG de votar “non”. (Fonte: La Voz de Galicia).

Diáspora


Bolsas económicas para emigrantes en Iberoamérica
Unha prestación mínima de 300 euros directa, individual, extraordinaria, de carácter social e non periódica para aqueles emigrantes de orixe galego residentes en Iberoamérica, presentada polo conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, foi aprobada polo Consello da Xunta, cun orzamento inicial de 800.000 euros. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade


Éxito en Europa e EEUU dunha bebida enerxética galega
O compostelán Miguel Ángel Gómez, director da empresa Enerdrinks, conseguiu un importante logro comercial ao vender 70 millóns de unidades por ano nos mercados estadounidense e europeo, da bebida enerxética Xtrem, creada por él e o seu irmán Uxío, hai 5 anos. A súa empresa está instalada en España, Holanda, Florida e Chicago. Gómez coñeceu a rendabilidade das bebidas enerxéticas durante a súa estadía en Nova Zelanda e Escocia. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade


Grupos musicais de A Estrada, coas víctimas do tsunami asiático
Uns 70 intérpretes e membros de grupos musicais de A Estrada realizarán un concerto baixo o lema “Música por Asia”, coa finalidade de recolectar fondos benéficos para as víctimas do maremoto do sureste asiático. Os beneficios serán entregados á Cruz Vermella. (Fonte: El Correo Gallego).

Galicia apadriña poucos nenos do Terceiro Mundo
Segundo Intervida, a Fundación Vicente Ferrer, Axuda en Acción e Fundación Comparte, as catro principais organizacións que se dedican ao apadriñamento de nenos de Asia, África e América do Sur e Central, un de cada cen galegos optan polo apadriñamento, sendo 24.000 a cifra total, inferior ás demais comunidades autónomas. Do mesmo xeito, Galicia é unha das comunidades autónomas que menos colabora con proxectos en favor do Terceiro Mundo. (Fonte: La Voz de Galicia).

Libros para América do Sur
O Club Rotary de Pontevedra comezou unha campaña “Máis Cultura”, iniciativa pensada para a recollida de libros de texto e de lectura para varios países de América do Sur. (Fonte: La Voz de Galicia).
13/01/2005
Unión Europea-Fondos Estructurais


Fondos europeos non están garantidos
A eurocomisaria de Política Rexional, a polaca Danuta Hübner, colocou un novo obstáculo que dificulta a continuidade dos fondos ao desenvolvemento que percibe Galicia, e que ascenden a 800 millóns de euros anuais. Hübner propuso que o caudal de axudas alén do 2006 sexa determinado pola contabilización dos datos do PIB relativos ao ano 2004, o cal vai en contra dos intereses galegos. En principio, a UE tiña previsto tomar como referencia o trienio 2001-2003, no cal Galicia supera mínimamente os requisitos previstos para manterse na zona Obxectivo 1, como beneficiaria das axudas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Santiago e as rexións periféricas da UE
A capital galega foi a sede da Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas de Europa, na que se discutiron as perspectivas financeiras para o período 2007-2013. O obxectivo foi alcanzar un incremento nas partidas previstas pola Comisión Europea, estipuladas en 336,2 millóns de euros, cantidade considerada insuficiente por parte dos participantes. Do mesmo xeito, pedíuse á Comisión e ó Parlamento un pacto territorial que propicie a cohesión necesaria das autoridades locais e rexionais. (Fonte: Faro de Vigo).

Unión Europea-Pesca


Joe Börg na Cofradía de Lira
O comisario europeo de Pesca visitou a localidade coruñesa, pertencente ao concello de Carnota, acompañado da ministra Elena Espinosa e o conselleiro Enrique López Veiga, para coñecer os proxectos de desenvolvemento con fondos europeos. Börg aproveitou para manifestar o seu rexeitamento ao proxecto de parque éolico marino, ademais de amosar o seu apoio á futura Axencia de Pesca europea de Vigo, cidade que visitou durante a súa estadía. (Fonte: El Correo Gallego e Faro de Vigo).

“A UE sí está no xuízo do Estai, de forma técnica”
Ao tempo que se leva a cabo o xuízo en Canadá polo apresamento do buque galego “Estai” en 1995, o comisario europeo Joe Börg saiu ao paso das críticas por parte dos armadores galegos pola ausencia europea neste xuízo. Börg explicou que, se ben Bruxelas non está presente de forma legal, “sí o está de forma técnica, aportando información escrita”. (Fonte: Faro de Vigo).

Sanidade


O éxodo dos médicos e enfermeros galegos
Uns 700 profesionais galegos da sanidade traballan en Portugal ante a inestabilidade laboral na nosa Comunidade. Gran Bretaña e Italia son outros destinos elixidos por médicos e enfermeiros, tanto homes como mulleres, principalmente das áreas de Pontevedra e Vigo, segundo datos do Colexio de Médicos de Pontevedra. Os sindicatos calculan unha emigración dun 30% dos facultativos nos próximos dez anos. O embaixador británico en España, Stephen Wright, cualificou os convenios entre os dous países para o recrutamento de persoal sanitario como “exitoso e positivo”. (Fonte: El Correo Gallego).

Cooperación


A globalización das comunidades costeiras
A Facultade de Xeografía da USC organizará en abril, xunto á Universidade de Bergen (Noruega), un congreso en Muros sobre comunidades costeiras no tempo da globalización, coa finalidade de explorar as alternativas socioeconómicas do litoral e a implicación da UE e os gobernos nacionais ante o reto de modernización de flotas e infraestructuras. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima


Rescatados mariñeiros galegos nas Illas Hébridas
O pesqueiro “Cibeles” de 19 tripulantes, dos cales 5 son galegos, con base en Burela, quedou á deriva nas augas da localidade de Stornoway, na illa Lewis pertencente ás Hébridas, ao oeste de Escocia, despois de faenar no Box irlandés. Os mariñeiros foron rescatados por un servizo de gardacostas escocés. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía


Vigo acolle expansión de negocios da xaponesa Mitsui&Mol
A naviera asturiana Flota Suardíaz, afincada desde fai 25 anos en Vigo, acordou coa multinacional nipona Mitsui&Mol Company, unha alianza para transportar uns 300.000 coches dende Escandinavia ata Grecia e Turquía, con aspiracións de achegarse ata o extremo occidental africano. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración


Laxe e os seus inmigrantes
A organización Cáritas Parroquiales organizou unha charla na localidade de Laxe relativa á inmigración e a súa integración no tecido social local. A conferencia foi realizada polo responsábel de animación comunitaria de Santiago, José Anuncio Mouriño. (Fonte: El Correo Gallego).

Tui inicia plan de integración de mulleres magrebíes
Dende a Concellería de Muller, Servizos Sociais e Educación, dirixida por José Manuel González Freiría, se leva adiante un programa de integración dentro do Plan Municipal de Igualdade e Oportunidades, dirixido a un colectivo de dez mulleres magrebíes de diferentes idades. O plan ten un orzamento de 6.000 euros. (Fonte: Faro de Vigo).
12/01/2005
Unión Europea-Pesca


Indignación por ausencia europea no “caso Estai”
A ausencia de representantes da Unión Europea no comezo do xuízo contra as autoridades canadienses na corte de Saint John´s en Terranova, polo apresamento do buque galego “Estai” en 1995, deixou un profundo malestar nos armadores de Vigo e a Asociación de titulados náuticos, Aetinape, tal e como explicou o director xeral da Cooperativa de Armadores vigueses, José Ramón Fuertes. Os armadores achacaron a Bruxelas “indiferenza e falta de compromiso” por mor dos intereses de potencias navais como Reino Unido, con fortes vencellos con Canadá. (Fonte: El Correo Gallego).

Prestige


Grecia confirma morte do único imputado
O ministerio de Asuntos Exteriores grego anunciou o deceso en Atenas de Michael Margetis, responsábel técnico de Universe Maritime e único imputado na trama do Prestige, o pasado 3 de decembro de 2004. As autoridades do país helénico remitiron a noticia ao Xulgado de Instrucción número 1 de Corcubión, que leva adiante o caso. (Fonte: El Correo Gallego).
11/01/2005
Unión Europea-Pesca
A Axencia de Vigo, prioridade para Bruxelas
A Axencia Europea para o Control Pesqueiro, que terá como sede a partir deste ano a cidade galega, foi incluida pola Unión Europea como prioridade na normativa do primeiro semestre, no marco da axenda provisional do Consello de Pesca a celebrarse en marzo, auspiciado pola actual presidencia rotativa luxemburguesa. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Constitución


Realzan papel das rexións na Carta Magna europea
Con motivo do referendo do 20 de febreiro, o director da Oficina da Comisión Europea en España, José Luis González Vallve, destacou nunha xuntanza na Fundación Galicia-Europa, que o texto constitucional europeo observa por vez primeira “o pleno recoñecemento funcional das rexións” e prevé unha cláusula no caso de considerar que a súa integridade non estivese garantida. Vallve recoñeceu tamén o “escaso coñecemento” dos cidadáns sobre o texto constitucional. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima


Galicia no mapa náutico mundial
A conselleira de Deportes, Pilar Rojo, informou en Londres que a competición Ocean Volvo Race de Volta ao Mundo en Vela, que se iniciará en Vigo en novembro de 2005, permitirá “colocar a Galicia no mapa da náutica” e “potenciar o sector turístico”. Rojo estivo na capital británica na presentación do certame, acompañada polo director xeral da mesma, Glen Bourke. Será a primeira vez que esta competición náutica non parta dunha cidade británica. (Fonte: El Correo Gallego).

Islandia interesa en Vigo
Segundo o secretario xeral da Cámara de Comercio de Vigo, José María García Orois, o país nórdico é visto por parte das empresas navais e pesqueiras viguesas como un “destino prioritario para a busca de colaboración”, pola ubicación estratéxica de dous portos islandeses do Atlántico Norte e que atópanse abertos todo o ano. Deste modo, Orois explicou que no 2005 se iniciarán contactos coas autoridades navais dese país. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade


Da Costa da Morte ao sureste asiático
O Comité de Unicef na Costa da Morte realizou un acto artístico en Cee de recaudación de fondos para asistir ás víctimas do maremoto no sureste asiático. Entre os donativos se logrou recaudar 2.600 euros, mais os 1.200 otorgados polo Concello. (Fonte: El Correo Gallego).
10/01/2005
Portugal
Incremento das feiras comerciais
Dos 90 certames comerciais que acollerá Galicia no 2005, 35 corresponden a feiras comerciais de carácter internacional, especialmente as que se realizarán nas comarcas e provincias cercanas a Portugal. (Fonte: El Correo Gallego).

Xacobeo


Confesións en linguas estranxeiras
Debido ao auxe da peregrinación a Santiago con motivo do Ano Santo 2004, os confesionarios da Catedral compostelá deberon proveerse de sacerdotes políglotas, algúns deles doutros países, para poder confesar a mais da metade dos peregrinos, que foron de orixe estranxeiro. Linguas como o árabe, xaponés ou chino, ademais do inglés, francés, italiano e alemán, puidéronse escoitar na basílica. (Fonte: El Correo Gallego).
09/01/2005
Unión Europea-Constitución
O PSdG promociona a Carta Magna europea
O secretario xeral, Emilio Pérez Touriño, iniciou en A Coruña e Santiago a campaña publicitaria a favor do “sí” á Constitución Europea, co eslogan “si Europa avanza, Galicia avanza”, enfatizando a necesidade de dar a coñecer aos galegos o texto normativo constitucional europeo. O acto contou coa presenza do líder dos socialistas europeos, o danés Poul Nyrup, quen afirmou que o gran inimigo para o referendo de febreiro “é a abstención”. O secretario de Organización do partido, o galego José Blanco, criticou a todos aqueles que puxan polo “non” no referendo. (Fonte: El Correo Gallego).
08/01/2005
Emigración
Incentivar a creación artística na diáspora
A consellería de Emigración aportará 34.200 euros á convocatoria de concursos artísticos e culturais dirixidos aos galegos da diáspora, os seus descendentes ou ben os socios das entidades galegas no estranxeiro. O principal é o Concurso para Ensaio e Traballo de Investigación, co obxectivo de incentivar á emigración galega na dinamización e integración na vida social, artística e cultural galega. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Educación


A Xunta outorga bolsas para programas Erasmus
Un total de 517.317 euros serán destinados ás axudas complementarias do programa de acción da UE, Sócrates Erasmus, e do programa do goberno suízo para a facilitación da mobilidade dos estudantes durante o curso universitario 2004-2005. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade


Reino Unido e Irlanda, os mais solicitados laboralmente
Segundo a rede de mobilidade laboral Eures Galicia, Reino Unido e Irlanda foron os destinos preferidos polos galegos para atopar traballo, seguidos por Alemaña e Francia. A rede atendeu no 2004 case 10.000 solicitudes en Galicia para traballar no exterior. (Fonte: El Correo Gallego).
07/01/2005
Acción Exterior
O Libro Branco de Galicia
A presentación do “Libro Branco de Acción Exterior de Galicia” permite catalogar a nosa Comunidade como pioneira en Europa na concreción dun documento que defina a súa dimensión nas relacións internacionais. O libro foi coordinado por Xulio Ríos, director do Igadi, e foi presentado en Santiago en presenza do presidente Manuel Fraga. (Fonte: Atlántico Diario).

Turismo


A promoción galega en Europa
A consellería de Cultura inicia o 2005 cun intenso programa de promoción turística de Galicia nas principais feiras europeas, especialmente en Holanda e Alemaña. No certame Vakantiebeurs, na cidade holandesa de Utrecht, o turismo galego terá un pavillón aparte da delegación española, mentres TurGalicia participará na feira Boot 2005, Salón Náutico Internacional na cidade alemana de Düsseldorf, tomando en conta a partida da Ocean Volvo Race da nosa comunidade, a finais deste ano. (Fonte: El Correo Gallego).

Educación


Bolsas coruñesas para EEUU
O concello de A Coruña é pioneiro na concesión de solicitudes para as bolsas de estudos nos EEUU, a aqueles mozos interesados en finalizar os estudos de bacharelato nese país. Os beneficiados quedarán hospedados cunha familia estadounidense. Nesta oportunidade saíron beneficiados 38 mozos estudantes de Cuarto curso de ESO. (Fonte: El Correo Gallego).
06/01/2005
Sociedade
China lidera adopcións por parte de galegos
A Consellería de Familia informou que un total de 240 menores estranxeiros foron adoptados por familias galegas no 2004, dos cales uns 86 menores proveñen do país asiático. Etiopía, Rusia, Colombia, Bolivia, Perú e Hungría completan a lista nas preferencias de adopción. Atópase tamén a adopción dun neno do Nepal e outro da India. A provincia de A Coruña, con 121 expedientes, encabeza a lista das formalizacións adoptivas. (Fonte: El Correo Gallego).
05/01/2005
Inmigración
Os inmigrantes palian o déficit poboacional galego
Segundo o Instituto Nacional de Estatística, se ben a presenza de estranxeiros legais na nosa Comunidade apenas achégase ao 1,36%, o seu impacto permitiu mellorar a perda da poboación en provincias como Pontevedra. Mais de 37.000 estranxeiros viven en Galicia, e cada vez é mais patente o fenómeno de “feminización” da inmigración. (Fonte: El Correo Gallego).

Piden retorno de neno ecuatoriano
Amparándose no artigo 1 do Convenio da Haia de 1980, o PPdG presentou ante a Cámara galega unha iniciativa parlamentaria para demandar ante as autoridades políticas e xudiciais ecuatorianas o retorno ao país do neno ecuatoriano Samuel Endara Rodríguez, retido polo seu pai no país andino, a pesar das numerosas sentenzas xudiciais a favor da tutela da nai. (Fonte: El Correo Gallego).
04/01/2005
Unión Europea-Pesca


Galicia terá forte presenza nas augas da NAFO
Segundo a ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, Elena Espinosa, a flota española, na súa maioría galega, “terá unha importante presenza nos caladoiros das augas do Atlántico Norte”, tralo acordo alcanzado en Bruxelas polo que a Unión Europea recoñeceu, por vez primeira, os dereitos históricos da flota española nas augas da NAFO. Nesta xuntanza europea participou o conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga. (Fonte: El Correo Gallego).
03/01/2005
Sociedade
Suramericanas dominan a prostitución en Galicia
Segundo o Servizo Galego de Igualdade, pertencente á Consellería de Familia, dunhas 400 mulleres que exerzen a prostitución na provincia de Pontevedra, a maioría proceden de países sudamericanos como Colombia, Brasil e Ecuador, ademais de países caribeños como República Dominicana, da Europa do Leste e países africanos. A través do programa europeo Isadora e coa colaboración de Cáritas, se crearon centros de asesoramento xurídico, sanitario, social, psicolóxico e laboral para estas mulleres. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima


Armadora galega acusa a Canadá por apresamento dun buque
A empresa armadora galega Pereira, calculou en 600.000 euros os danos ocasionados polas patrulleiras canadienses que apresaron o buque “Estai” en 1995, durante a súa navegación en Saint John´s, Terranova, caso conocido como a “guerra do fletán” entre Galicia e Canadá. O proceso xudicial iniciaráse no mes de xaneiro na Corte Federal desa localidade. (Fonte: El Correo Gallego).
02/01/2005
Unión Europea-Agricultura
As bondades do rural galego
Co apoio da Comisión Europea, o agro galego está a desenvolver un amplo proxecto de melloramento da calidade de vida no medio rural, como parte da iniciativa comunitaria Leader, relativa á programación 2007-2013. Neste apartado, a publicación do Boletín Galicia-Europa por parte da Secretaría Xeral para as Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior, reflexiona principalmente sobre os eixes prioritarios de Bruxelas para o agro europeo, e destaca a particularidade e riqueza da diversidade rural galega. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade


Concellos coas víctimas do sureste asiático
Algúns concellos galegos (Vigo, Mos, Porriño, Ferrol, entre outros) expresaron a súa solidariedade coas víctimas do maremoto, ofrecendo diversas cantidades de diñeiro para ser canalizadas a través de ONGDs especializadas en actuacións de emerxencia. O Fondo Galego tamén emitiu un comunicado en igual sentido. (Fonte: El Correo Gallego).

 

Fontes: AGN, Atlántico Diario, El Correo Gallego, El Progreso, Faro de Vigo, Galicia Hoxe, Galicia Información, La Región, La Voz de Galicia, Vieiros, Xornal.com.
 
 
Ver máis Diario Exterior

2004: decembro | novembro | outubro | setembro | agosto | xullo | xuño | maio | abril | marzo | febreiro | xaneiro |
2003: decembro | novembro