Diario Exterior / decembro de 2004

Igadi na Rede 

Volver
   
Diario Exterior é unha recopilación de noticias breves captadas dos xornais galegos relativas ás actividades que se desenvolven en Galicia e que teñen relación co exterior, servindo de feito como proxección exterior de Galicia e dos seus axentes, empresariais, políticos, etc.
   

31/12/2004
Xacobeo


Un Ano Santo con récord turístico
Uns sete millóns de turistas e doce millóns de visitantes achegáronse a Compostela durante o 2004, con motivo das festividades do Xacobeo. A repercusión do Ano Santo convertiuse nunha referencia internacional con mais de 200 actos, entre acontecementos culturais, musicais e deportivos. (Fonte: El Correo Gallego).
30/12/2004
Economía
Galicia enfronta a competencia china no téxtil
A decisión da Organización Mundial do Comercio, OMC, de levantar no 2005 as cuotas de importación da confección a nivel internacional, permitirá a abrumadora entrada dos productos texteis do país asiático, o que afectará á industria galega, adoecida tamén pola súa atomización e a falta de visión estratéxica. Deste xeito, empresarios galegos do sector uníronse a Caixanova para propor unha maior colaboración entre as empresas a fin de reforza-la innovación e a imaxe de marca dos téxteis galegos. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Economía


En suspenso as cuotas lácteas europeas
O responsábel da secretaría xeral da Consellería de Agricultura, José Antonio Álvarez Vidal, manifestou que a posibilidade do incremento da cuota láctea por parte de Bruxelas a Galicia “non se ve no horizonte inmediato”. Agregou que observa unha “clara vocación compradora da cuota” por parte dos gandeiros galegos. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Educación


A USC afianza a súa proxección europea
A Universidade de Santiago lidera o ranking das universidades españolas con mais prácticas laborais en países europeos. Uns 2.212 estudiantes beneficiáronse de 115 bolsas en empresas estranxeiras para titulados a través do Consello Social da Xunta, un incremento do 16% co respecto ao 2003. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Constitución


O BNG afirma a súa disconformidade coa Constitución europea
Segundo Francisco Rodríguez, voceiro do partido nacionalista galego, a Carta Magna europea que será votada en referendo en España en febreiro de 2005, “sigue o modelo americano, moi restrictivo”. Rodríguez afirmou que o voto negativo do seu partido non significa “dicirlle non a Europa, senón á posibilidade de aprobar unha Constitución onde non se contemple o principio de autodeterminación dos pobos”. (Fonte: Faro de Vigo).

Cooperación


Creados tres órganos galegos de cooperación
O Consello da Xunta aprobou un decreto no que se regula a creación de tres órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación ao desenvolvemento e un rexistro dos axentes de cooperación que contribuirán a unha mellor xestión dos recursos destinados por Galicia aos países mais desfavorecidos. Polo tanto, a Comunidade terá comisións interterritorial e interdepartamental, e un Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, con funcións de asesoramento e coordinación nos diferentes niveis. (Fonte: El Correo Gallego).

Turismo


Promoción das Rías Baixas nas feiras internacionais
O organismo Turismo Rías Baixas, pertencente á Deputación de Pontevedra, estivo presente no 2004 en diversas feiras internacionais, destacando principalmente nas de Londres e Xénova. Para o primeiro trimestre do próximo ano, se espera participe en concursos a celebrarse en Lisboa, Milán, Berlín e París. (Fonte: El Correo Gallego).
29/12/2004
Acción Exterior
Baiona, capital galega de América Latina
Trala presentación pública, co respaldo do presidente Manuel Fraga, do Libro Branco de Acción Exterior de Galicia, o director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, Xulio Ríos, propuso a creación en Baiona dun Foro Iberoamericano que permita recoñecer o papel de Galicia no encontro dos dous Mundos, o cal lle daría a Baiona un interesante compoñente cultural e institucional. Segundo Ríos, esta iniciativa vense manifestando desde 1996 e permitiría a creación dun centro de estudos de América Latina, que posibilite a organización de seminarios e encontros entre personalidades de ambos continentes, como o previsto Seminario Iberoamericano de Formación Parlamentaria, que traería a Baiona a deputados e senadores de 19 países latinoamericanos. (Fonte: Faro de Vigo).

Pesca


Angola coloca trabas á pesca galega
O goberno de Luanda pretende forzar a empresas galegas e españolas a realizar investimentos no país africano mediante a fórmula de sociedades mixtas que garante a maioría das accións ao Estado angolano. O país africano rompeu negociacións coa UE por non ter interese en perpetuar un acordo comercial que permitiría faenar nas súas augas a varios buques marisqueiros, atuneiros, palangreiros e arrastreiros con base en Galicia ou ben de capital galego. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Economía


Bruxelas moderniza o comercio pontevedrés
O Fondo Social Europeo aprobou o programa Mercurio para a modernización do comercio na provincia de Pontevedra, cun investimento valorado en 1,8 millóns de euros, e cun prazo de realización de dous anos. No programa participan tamén o Concello pontevedrés, Caixanova, a CEP, a Asociación de Mulleres Empresarias de Pontevedra, e as cámaras de comercio de Vigo, Pontevedra, Vilagarcía e Tui. (Fonte: La Voz de Galicia).

Abandono do obxectivo 1 da UE
Segundo o catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, Xosé Luis Outes, no 2005, a provincia de Pontevedra terá como principal reto abandoar os indicadores que a convirtan en obxectivo 1 da Unión Europea. A proposta forma parte do Plan Estratéxico Provincial 2010 liderado pola Deputación destinado á modernización e o desenvolvemento da provincia. (Fonte: Faro de Vigo).

Cooperación


“O Eterno Feminino” en Cee
O concello de Cee inaugurou a exposición fotográfica “O Eterno Feminino”, cedida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade ao CIM e o departamento de Servizos Sociais do concello. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade


Galegos no cine estadounidense
A película “Darkness”, da empresa Filmax do productor galego Julio Fernández, dirixida por Jaume Balagueró, fixo o seu estreo en 1.700 salas de EEUU, cunha recadación inicial de seis millóns de dólares. O filme, que ten como protagonista á actriz galega Anna Paquín, ademais de actores como Lena Olin, Iain Glen, Fele Martínez e Fermí Reixach, ubicouse no sexto lugar do ránking de taquilla de estreos. (Fonte: El Correo Gallego).
28/12/2004
Sociedade
A USC chega á Antártida
Tres doutores e un catedrático da USC partiron á rexión da Antártida para colaborar no estudo da vida mariña nesas augas. A expedición percorrerá 13.000 km entre a Península Ibérica e as illas Livingstone e Decepción e vivirán na base científica Juan Carlos I e Gabriel de Castilla durante dous meses con temperaturas entre os 0,5 e os –0,5 graos que poderían chegar aos –50º. (Fonte: El Correo Gallego).
27/12/2004
Portugal
Cooperación no voluntariado luso-galaico
O proxecto comunitario Provolgapor, liderado pola Dirección Xeral de Voluntariado para a promoción da cultura solidaria nos territorios fronteirizos de Galicia e o norte de Portugal, finaliza o 31 de decembro, trala apertura de 16 oficinas de voluntariado nas que traballaron 18 técnicos. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade


Medra a adopción de nenos estranxeiros
Galicia está experimentando un claro crecemento na adopción de nenos estranxeiros. Segundo a directora xeral de Familia, Teresa Rey, ata principios de decembro, recibíronse 199 preasignacións por parte dos países de orixe dos nenos e tramitáronse un total de 334 adopcións. Os principais países de orixe son China, Etiopía, Rusia, Colombia e Bulgaria. (Fonte: Faro de Vigo).
26/12/2004
Solidariedade
Pontenadal para os necesitados do Sur
A ONG pontevedresa Solidariedade Internacional iniciou unha feira artesanal de Nadal con productos dunha ducia de cooperativas e organizacións baixo a modalidade de prezo xusto, destinada ás axudas aos mais necesitados de África, América Latina e Asia. Os beneficios investiránse na formación de mulleres indíxenas na poboación de Nebaj, en Guatemala. (Fonte: El Correo Gallego).

Ambiente


A ría Muros-Noia coma reserva da biósfera
A Fundación Germán Estévez para a Protección da Natureza e a Defensa do Medio Ambiente, remitiu un informe á Unesco para solicitar a declaración da ría Muros-Noia coma reserva da biósfera, debido á diversidade da fauna, flora, cultura, os valores naturais e ecolóxicos. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Marítima


Interese en Bruxelas polo acordo sobre Izar
O ministro de Economía, Pedro Solbes, e a comisaria de Competencia da UE, Neelie Kroes, iniciaron un cruce de cartas relativas aos acordos dos sindicatos e a Sociedade Estatal de Participacións Industriais, SEPI, con respecto á reestructuración do naval público Izar. No acordo marco decidiuse a segregación dos centros militares e a prexubilación de 1.400 traballadores galegos. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Marítima


Proxecto europeo para Portos de Galicia
Bruxelas elixiu ao ente público galego para a coordinación e dirección dun proxecto de autoestradas do mar no arco Atlántico e no marco do programa Interreg III-B, que ten como finalidade a análise dos problemas da conexión de navegación de curta distancia e as autoestradas do mar. O proxecto conta cun valor estimado de 1,8 millóns de euros e nel participan as autoridades portuarias de Xixón, Algeciras, Sines, Douro e Leixoes (Portugal), La Rochelle (Francia) e Cork (Irlanda). (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía


Recoñecemento exterior para as caixas galegas
A axencia internacional de calificación de risco Fitch alabou a solvencia de Caixa Galicia e Caixanova, catalogando a súa rendabilidade e perspectivas como “estabéis”, con “sólidos beneficios e boa calidade de activos”. Caixanova anunciou un plan de expansión fora de Galicia para o período 2005-2008. (Fonte: El Correo Gallego).
24/12/2004
Unión Europea-Pesca
Galicia respira coas novas cuotas pesqueiras
Os armadores galegos terán no 2005 as mesmas cuotas pesqueiras deste ano, trala xuntanza mantida polo consello de ministros de Pesca da UE. A diferencia neste último curso anual será a finalización das axudas que durante anos Bruxelas enviou á nosa Comunidade para a renovación da frota marítima. A consellería de Pesca recibiu mais de 300 solicitudes de renovación de embarcacións, o que equivale a un investimento de mais de 76 millóns de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía


Masivo desembarco de Toyota en Vigo
A multinacional nipona enviará 25.000 vehículos ao porto de Vigo a partir do 2005, tralo acordo realizado coa Autoridade Portuaria. Vigo espera para o próximo ano un tráfico de mercancías polo peirao de Bouzas calculado en 4,5 millóns de toneladas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración


O Nadal da comunidade islámica galega
En Galicia residen legalmente uns 3.000 musulmáns, maiormente procedentes de Marrocos, Senegal, Túnez e Alxeria, polo que as festividades do Nadal celebráronse en localidades como a Asociación Mesquita Aboubaker de Arteixo, unha das mais importantes da comunidade musulmana galega. A comunidade maghrebí e musulmana afirmou que o efecto pernicioso cara a súa colectividade tralo 11-M foi superado en Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).

Infraestructuras


A conexión vial entre Galicia e Europa
O Plan Estratéxico de Infraestructuras do Transporte, no que se inclúen actuacións do Plan Galicia, valorado en case 250.000 millóns de euros e que ten no horizonte o ano 2020, foi presentado ao goberno de Zapatero pola ministra de Fomento Magdalena Álvarez. No plan se enfatiza a necesidade de conectar a Galicia coas principais redes europeas de transporte, especialmente en materia ferroviaria. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura


Un galego seleccionado nun premio europeo de novela
A III edición do Premio Novela Europea Casino de Compostela incluiu as obras “Tristano Muerte”, do italiano Tabucchi; “Juntos nada más” da tamén italiana Anna Gavalda; “La expulsión del infierno” do francés Robert Menasse; “La historia de Lucy Gault” do inglés William Trevor; “El camino de los ingleses” do español Antonio Soler e a obra “Era por setembro” do galego Xavier Quiroga. (Fonte: El Correo Gallego).
23/12/2004
Inmigración
A integración laboral dos inmigrantes
O I Foro Galego de Inmigración e Xénero realizado en Santiago co apoio das consellerías de Emigración e Familia e organizado pola asociación Forin para a integración de mulleres inmigrantes, enfatizou a necesidade de ofrecer maiores contratos laborais e formación especializada a todos aqueles inmigrantes e mulleres que ingresen no mercado laboral. O foro contou coa participación de representantes de 14 nacionalidades. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora


Aumenta o orzamento para galegos retornados
A Consellería de Emigración contará no orzamento do 2005 cun importe de 450.000 euros, un 37% máis en comparación co 2004, para o programa de axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca


Galicia beneficiada por novas cuotas europeas
O último Consello de Ministros da Comisión Europea do presente ano en Bruxelas foi beneficioso para Galicia, na distribución das novas cuotas pesqueiras en atún, rape, patudo, merluza, galo, peixe espada, bacaladilla e gallineta. Ademais, a frota galega conserva os 22 días de faena nos caladoiros das augas do Cantábrico e Portugal. Neste Consello participaron o conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga e os diversos armadores galegos, quen manifestaron a súa satisfacción pola “simpatía” da Comisión Europea cara Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca


Zapatero destaca participación galega en Bruxelas
O presidente José Luis Rodríguez Zapatero felicitou ao presidente Manuel Fraga pola participación do conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, no Consello de Ministros da UE, o que calificou como o cumprimento dunha vella demanda de Fraga para asentar a Galicia no contexto decisorio comunitario. (Fonte: La Voz de Galicia).

Jealsa-Rianxeira comprou a principal conserveira chilena
A empresa conserveira de Boiro pechou a mediados de decembro a compra de Transantartic, a división que a compañía chilena Robinson Crusoe, líder no mercado austral en peixes e mariscos, reserva para o sector das conservas. Deste xeito, o grupo galego presidido por Jesús Alonso Fernández avanza na súa política de expansión e consolidación en América Latina. (Fonte: La Voz de Galicia).
22/12/2004
Unión Europea-Pesca


López Veiga representa a Galicia en Bruxelas
Por primeira vez, un representante galego asiste xunto á delegación española, a unha xuntanza do Consello de ministros da UE. O conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, acompañou á ministra española, Elena Espinosa, na discusión das medidas europeas relativas ás cuotas pesqueiras no 2005, a pesca de arrastre, as capturas de cigala e merluza, e a situación da pesca nas augas da NAFO, onde se dirimen os intereses pesqueiros de España, Francia, Bélxica, Reino Unido e os países bálticos. López Veiga cualificou de “positiva” a asistencia ao cumio europeo. (Fonte: El Correo Gallego).

Liberan de obrigas á frota galega
No Consello de ministros de Pesca da UE, anuláronse algúns dos aspectos mais restrictivos que afectaban á frota galega, tales como a súa liberación na obriga de reducir a súa actividade en dous días máis ao mes. Outra das medidas foi a derogación das cinco vedas da cigala, que ameazaba con entorpecer a actividade dos buques arrastreiros. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Educación


Sar-Barbanza concursará en proxecto europeo
O proxecto de atención infantil da comarca de Sar-Barbanza, realizado pola Agrupación Deloa-Equal, pertencente á Fundación Paideia, foi elixido xunto a outros tres proxectos europeos, para participar nun seminario en Varsovia sobre a difusión de iniciativas exitosas que poderían aplicarse en países de Europa do Leste. O proxecto de Deloa concursará con un irlandés, outro grego e outro holandés. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Cooperación


Proxecto ambiental europeo para a Costa da Morte
No marco do programa europeo Interreg, o proxecto Turmas para a recuperación do patrimonio ambiental, recibirá un financiamento de 1.900.000 euros de Bruxelas. Neste proxecto están integrados os 21 concellos da Costa da Morte e Barbanza, ademais dos socios portugueses de Interreg III, as cámaras municipais de Caminha, Esposende e Viana do Castelo. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Ambiente


Galicia líder europeo en programa forestal
Co proxecto forestal Silvanus, financiado polo Fondo Social Europeo, Galicia convírtese en pioneiro en Europa dun proxecto tecnolóxico que permitirá coñecer datos do tempo real nos montes, os recursos dispoñíbeis para a explotación, o diñeiro a obter pola venda de materia prima, etc. A web do proxecto foi utilizada por 15.000 propietarios forestais españois nos derradeiros dez meses. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía


Claroscuros económicos para Vigo
A empresa internacional de avaliación de risco, Fitch Rating, prognostiocou un período de estabilidade económica para a cidade olívica, polo seu “bon comportamento orzamental”. Nembargantes, esta auditora detectou algunhas debilidades como a “forte presión sobre os investimentos en infraestructuras derivada da falta de consenso político” e a “excesiva concentración do emprego cara o sector automobilístico”. A súa cualificación ubícase similar a Madrid e A Coruña e un pouco por debaixo de Bilbao e Barcelona. (Fonte: La Voz de Galicia).

Turismo


Bolsas para promocionar Galicia no estranxeiro
A USC abriu un período ata xaneiro de 2005, para a recepción das solicitudes de bolsas de formación para expertos en mercados emisores nas oficinas de promoción turística galega en Frankfurt, Milán, Londres e Bos Aires. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade


Galicia impresiona á Volvo Ocean
O director de regatas da Volvo Ocean Race, Jeremy Troughton, realizou unha viaxe desde Sanxenxo ata Vigo, para inspeccionar a ruta de partida da regata que comezará en novembro de 2005. Troughton amosouse impresionado e gratamente sorprendido pola súa primeira visita a Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).
21/12/2004
Unión Europea-Infraestructuras
A prioridade de cumprir con Bruxelas
Ante a adxudicación, con voto condicionado, do porto exterior coruñés á Unión Temporal de Empresas, encabezada por Dragados, o ministerio de Fomento explicou da necesidade do cumprimento das obrigas financieiras coa Unión Europea. Segundo fontes ministeriais, o proxecto do porto exterior coruñés “non cumple” coas esixencias da Comisión Europea de Política Rexional, que pedirá unha reprogramación das anualidades deste proxecto para acceder legalmente aos fondos comunitarios. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Constitución


O PP alenta o SI
No marco do cumio en Santiago do Partido Popular sobre a Constitución europea, a dirixencia do partido acusou ao goberno de Zapatero de “non facer nada” para activar o voto afirmativo cara o referendo sobre a aprobación ou non da Carta Magna europea, previsto para febreiro de 2005, e de cometer “unha tropelía” co Plan Galicia. O presidente do PP, Mariano Rajoy, a cúpula do partido e o presidente da Xunta, Manuel Fraga, asinaron a Declaración de Santiago onde se pronuncian sobre “o futuro de España en Europa” e o compromiso nunha campaña a favor do Si á Constitución europea. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Fondos Estructurais


Axudas europeas alén do 2007
A xuntanza en Bruxelas entre a conselleira de Asuntos Sociais, Belén Prado, e o comisario europeo de Emprego e Asuntos Sociais, Vladimir Spidla, permitiu concretar o mantemento dos 350 millóns de euros que recibe Galicia en concepto de fondos estructurais, alén do ano 2007, coa finalidade de acadar a converxencia con Europa e o pleno emprego para o 2010. Spidla explicou que os fondos que Galicia poida perder serán “en torno ao 10% segundo a proposta de Bruxelas” e serán contrarrestados con novos mecanismos. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Agricultura


Proxecto Equal para o agro galego
Con financiamento do Fondo Social Europeo e realizado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader, ademais de varias organizacións agrarias, o proxecto Equal permitiu a participación de 5.000 persoas vencelladas aos programas e estudos desenvolvidos durante todo o ano, promovendo mais de 150 actividades de formación e información, ás que asistiron 2.000 persoas, ademais do asesoramento de vinte proxectos de creación de empresas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca


Piden reduccións pesqueiras inferiores ao 15%
Os armadores europeos, nos que se atopaban o vigués José Ramón Fuertes en calidade de representante de Cogeca (Comité Xeral de Cooperativas do Mar de Europa) e o presidente de Europêche, Niels Wishcman, pediron ao ministro de Pesca holandés e presidente do Consello de Ministros de Pesca da UE, Cees Veerman, unha reducción nas capturas pesqueiras inferior ao 15%, previo á realización do consello de fin de ano dos ministros de Pesca da UE, no que participará o conselleiro galego Enrique López Veiga, e onde se discutirán os Totais Admisíbeis de Capturas e as cuotas pesqueiras para o 2005. (Fonte: Faro de Vigo).

Unión Europea-Marítima


Bruxelas esixe tramitación dos acordos de Izar
A comisaria europea de Competencia, Neelie Kroes, esixiu ao ministro de Economía Pedro Solbes, unha resposta por escrito dos termos do acordo sobre o futuro do grupo asteleiro Izar. No que respecta ás factorías de Fene e Ferrol, atribuidas ao sector militar, se prevé a construcción de dúas fragatas tipo F-100. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima


Australia impide retorno de mariñeiros galegos
O Tribunal Supremo do Estado de Australia Occidental rexeitou unha petición para que os tres mariñeiros galegos do pesqueiro Viarsa I, retido neste país acusado de pesca ilegal, poidan retornar ás súas casas polo Nadal á espera dunha data para o xuízo. O primeiro foi anulado en novembro por considerar que non había unha sentenza unánime. (Fonte: La Voz de Galicia).

Solidariedade


Fashion por Bangladesh
O Hostal dos Reis Católicos de Santiago foi o escenario do desfile da deseñadora Bibi Russell, coa presentación dunha colección de moda tradicional realizada por mulleres artesanas de Bangladesh, no marco do programa Fashion for Development. O obxectivo foi axudar ás aldeas deste país asiático, azoutado polas inundacións. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura


Sensualidade árabe en Galicia
Tralo éxito en Bruxelas, o espectáculo “Ghazal: música en liberdade”, ambientado na historia das Mil e unha noites, foi presentado pola Fundación Araguaney coa actuación da cantante tunecina Ghalia Benali, a percusionista sirio-exipcia Sabrine, e a bailarina franco-húngara Myrima Szabo. O espectáculo contou coa participación do gaiteiro Xosé Manuel Budiño, e tivo como finalidade, en palabras do presidente da Fundación, Ghabel Jaber Ibrahim, “a creación dunha ponte entre o mundo oriental e Europa”. (Fonte: El Correo Gallego).
20/12/2004
Unión Europea-Constitución
Os nacionalistas piden outra Constitución Europea
Segundo Encarna Otero, integrante da dirección do BNG, o seu partido pide outra Constitución europea que aposte por unha Europa social, e vaticinou que moitos galegos non votarán a favor no referendo de febreiro. Pola súa banda, o Partido Galeguista apostou polo “sí” na convocatoria refrendaria, a pesar de recoñecer que o texto atópase “á marxe” das “realidades e dereitos históricos dun amplo número de pobos europeos”. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora


Homenaxe a Blanco Amor na Arxentina
Un homenaxe á memoria do escritor ourensán Eduardo Blanco Amor (1897-1979) foi organizado pola Consellería de Emigración no Centro Galego de Bos Aires, con motivo do seu 25 cabodano. O acto enfatizou os vencellos do escritor coa diáspora, moi particularmente coa capital arxentina, onde viviu durante medio século. (Fonte: El Correo Gallego).
19/12/2004
Diáspora
A Coruña e Pontevedra, principais destinos dos inmigrantes
Segundo un informe sobre inmigración da Consellería de Emigración, as provincias de A Coruña e Pontevedra son os destinos mais escollidos polos inmigrantes e emigrantes retornados e os seus descendentes, especialmente os provenientes da Arxentina e Venezuela. Do mesmo xeito, o carácter xeracional desta inmigración, ubicada entre os 20 e os 44 anos, e o seu alto nivel de formación educativa, compensan a caída demográfica de Galicia e diferenciase do nivel educativo dos retornados, ubicado principalmente en estudios primarios. (Fonte: El Correo Gallego).

Touriño augura o “fin do monopolio” nas relacións cos emigrantes
No marco da súa visita a Arxentina e Uruguai, o secretario xeral e candidato á presidencia da Xunta polo PSOE, Emilio Pérez Touriño, advertiu ao PPdG do “fin do seu monopolio” nas relacións cos emigrantes e acusou ao presidente Manuel Fraga de quedar “ancorado no pasado” e de gobernar en función de intereses electorais. (Fonte: El Correo Gallego).

Galegos de Suíza retornarán no 2007
A maioría dos case 35.000 galegos que superan os 50 anos, e que traballan e residen no país helvético, retornarán a Galicia no 2007, pola entrada en vigor dunha disposición legal en materia de inmigración, froito de acordos bilaterais entre a Confederación Helvética e a Unión Europea, e que obriga a capitalizar as aportacións privadas ao sistema de pensións. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración


Un 60% dos inmigrantes non teñen traballo continuado
Unha mesa redonda sobre a inmigración, organizada polo PPdG, a Fundación Cáritas, a Fundación Araguaney, a Asociación de Amas de Casa, o programa Amigas da Infancia de Unicef e a Cruz Vermella Emigración, concluiu que o 60% dos inmigrantes residentes na nosa Comunidade non teñen traballo continuado e un 40% obteñen os seus productos de consumo nos servizos sociais. (Fonte: La Voz de Galicia).
18/12/2004
Unión Europea-Marítima
Bruxelas da “luz verde” ao porto exterior coruñés
Tras mes e medio de paralización das negociacións, a Unión Europea remitiu ao ministro de Economía, Pedro Solbes, a súa disposición para financiar parte da infraestructura do porto exterior de Punta Langosteira, un total de 279 millóns de euros. O consello de administración da Autoridade Portuaria de A Coruña realizou unha xuntanza especial para proceder á adxudicación do porto exterior. (Fonte: El Correo Gallego).

Preocupación europea ante o peche do asteleiro de Fene
O voceiro de Competencia da UE, Jonathan Tood, afirmou a súa preocupación por non acordarse unha data de peche do asteleiro de Fene e a existencia da rama militar en máis asteleiros dos previstos na reconversión iniciada pola empresa Izar. Bruxelas criticou o plan de Izar por paralizar o peche de Fene. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).

Unión Europea-Constitución


Apoio decidido á Carta Magna europea
O Tratado Constitucional da Unión Europea foi ben valorado nunha conferencia da Asociación Galega de Estudios Europeos, na que participaron expertos constitucionais e o subdirector xeral da Xunta nas Relacións coa UE, Manuel José Morán García. Os analistas coincidiron na importancia que o texto aplica á dimensión rexional da UE, que outorga ao Comité das Rexións a capacidade de interpoñer recursos ante o Tribunal de Xustiza cando considere que non se respecta o principio de subsidiariedade. (Fonte: El Correo Gallego).

No BNG, “non” abrumador á Constitución europea
O Consello nacional da formación nacionalista aprobou nun 86%, o seu rexeitamento ao referendo sobre a Constitución europea de febreiro do 2005, ratificada por un 68% dos seus militantes. O documento oficial explica que o Bng “está a favor de Europa” pero que non apoian esta Carta Magna, tal e como está redactada. Pola súa banda, Esquerda Nacionalista e o ex eurodeputado Camilo Nogueira apoian o voto afirmativo. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Cooperación


O Plan Deloa recibe fondos europeos
Os concellos de Ribeira, Rianxo, Rois e Padrón, incluidos no Plan Deloa, recibiron do Fondo Social Europeo unha subvención dun millón e medio de euros para a xestión do programa Equal-II, que dará continuidade ao primeiro proxecto de formación de persoas desempregadas e a eliminación das desigualdades sociais. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal


Proxecto luso-galaicio para os desfavorecidos
A creación dun centro de atención integral para minusválidos, no edificio “Camiño do Miño”, Cami, é un proxecto para atender aos colectivos desfavorecidos patrocinado polo Concello vigués en forma conxunta cos de Vilanova de Gaia e Melgaço, no norte de Portugal. O obxectivo é a posta en marcha de rutas turísticas e outras actividades solidarias. (Fonte: La Voz de Galicia).

Acción exterior


Libro Branco da Acción exterior de Galicia
A presentación do Libro Branco da Acción exterior de Galicia culmina dous anos de reflexión e debate no seo da sociedade galega para definir unha estratexia que poida ser compartida por todos os actores sociais. Segundo Xulio Ríos, coordinador do Libro, Galicia necesita un impulso exterior que necesita asentarse no desenvolvemento das nosas singularidades e nunha alianza cívica que explicite a comprensión da importancia de estarmos fora, no mundo. Manuel Fraga destacou o carácter pioneiro desta iniciativa. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade


Axuda aos refuxiados do Sáhara
Voluntarios da ONG Solidariedade Internacional habilitaron a estación viguesa de Renfe para vender billetes ficticios de solidariedade cos refuxiados saharauis dos campamentos de Tinduf, en Arxelia. A recaudación irá destinada á compra de 1.080 camas. (Fonte: La Voz de Galicia).
17/12/2004
Unión Europea-Pesca
Polémica cuota pesqueira no Cantábrico
A proposta da Comisión Europea, por parte do comisario Joe Borg, dun incremento en 0,3% nas capturas de merluza no caladoiro do mar Cantábrico, provocou as queixas dos armadores galegos. O stock deste caladoiro atópase ao borde do colapso e Bruxelas suxire crear cinco áreas de veda no Cantábrico e o océano Atlántico para recupera-la pesquería da cigala. Nembargantes, os armadores están traballando co goberno estatal e a Xunta nun programa de recuperación da cigala e a merluza. (Fonte: La Voz de Galicia).

Agamar e a pesca artesanal mundial
A Asociación Galega de Mariscadores, Agamar, será a representante europea no Comité de Coordinación do Fórum Mundial da Pesca Artesanal, en Kisumu, Quenia. Neste encontro onde se debate o desenvolvemento da pesca artesanal, participarán países como Francia, India, Canadá, Honduras, Quenia, Mauritania e Suráfrica. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Fondos de Cohesión


Desbloqueo aos fondos europeos para o Porto Exterior
O secretario xeral de Organización do PSOE, José Blanco, garantiu que Bruxelas concederá os fondos para a construcción do Porto Exterior en Punta Langosteira (Arteixo), trala comunicación enviada dende a capital europea ao ministro de Economía, Pedro Solbes. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora


Touriño e Tabaré reúnense en Montevideo
O secretario xeral do PSdG, Emilio Pérez Touriño, reuníuse co presidente electo uruguaio Tabaré Vázquez, coa finalidade de estudiar un acordo sanitario que beneficie á emigración neste país e a posibilidade de respaldar iniciativas empresariais. Touriño tamén afirmou o beneficio que a Constitución europea traerá aos países iberoamericanos e aos membros do Mercosur, no que se atopan Uruguai e Arxentina. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade


Mercadillo solidario con Bolivia
A Asociación Recreativa Cultural Pepa a Loba de Muros organizou un mercadillo artesanal solidario coa finalidade de adquirir menciñas para os habitantes da cidade boliviana de Yura-Potosí. O sacerdote-misioneiro Francisco Dubert será o encargado de levar a recaudación á poboación do país andino. (Fonte: El Correo Gallego).

Cooperación


Ecuador busca fondos en Carballo
O alcalde da localidade ecuatoriana de Esmeralda, Ernesto Estupiñán, visitou ao seu homólogo de Carballo, Evencio Ferrero, para a consecución de fondos para construir alcantarillado, subministro de auga e recollida de basura no seu concello, ademais dun intercambio cultural e a posibilidade dun irmanamento. O contacto fíxose gracias á ONG Anishe. (Fonte: El Correo Gallego).
16/12/2004
Diáspora
Abrir o Senado á emigración
Ante o pleno do IV Mandato do Consello Xeral da Emigración, o secretario xeral de organización do PSOE, José Blanco, e a secretaria executiva de Política Social do PP, Ana Pastor, coincidiron na necesidade de otorgar aos emigrantes españois presencia parlamentaria no Senado, previa reforma constitucional. (Fonte: El Correo Gallego).

Touriño avoga pola asociación empresarial na diáspora
No marco da súa visita a Uruguai, o secretario xeral do PSdG, Emilio Pérez Touriño, propuso en Montevideo nunha xuntanza coa asociación de empresarios galegos, a creación dunha rede galega de cooperación exterior para promover o estabelecemento de convenios de colaboración entre as asociacións de empresarios galegos no país suramericano. Entre os temas que abordaría esta rede, ademais do emprego, a pesca e o turismo, estaría tamén a rehabilitación de cascos históricos. (Fonte: El Correo Gallego).

Luar na Lubre coa diáspora
Apenas regresando da súa xira por América Latina, onde visitou Uruguai, Arxentina e Venezuela, Luar Na Lubre informou que o seu próximo disco estará vencellado coa emigración, centrado na poesía do emigrante galego. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Fondos


Galicia manterá axudas europeas
O goberno estatal asegurou que a Comunidade manterá os fondos europeos estimados en 5.000 millóns de euros, para o período orzamental 2007-2013, segundo manifestou en Santiago o secretario de Estado para a Unión Europea, Alberto Navarro no marco da xuntanza de traballo da Comisión para Asuntos Europeos, no Parlamento galego. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca


Frente común contra políticas de Bruxelas
Galicia, País Vasco, Asturias e Cantabria conformaron un frente común contra as polémicas propostas europeas de recuperación dos stocks de cigala e merluza no caladoiro Cantábrico noroeste, así como os recortes doutras especies. España, Portugal e Francia resultaron ser os países mais afectados polas restrictivas medidas auspiciadas dende Bruxelas, polo que articularon posicións para facer fronte ás negociacións no Consello de Pesca da UE onde se fixarán cuotas de captura para o 2005. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración


Cáritas Interparroquial denuncia explotación laboral
Segundo esta ONG, en Santiago existe un alto porcentaxe de inmigrantes explotados por empresarios que saben que non serán denunciados. A maioría destos inmigrantes proveñen de países como Colombia, Ecuador, Uruguai, Arxentina, Chile, México, Panamá, Rusia, Ucraína, Bulgaria, Marrocos, países subsaharianos e Senegal. (Fonte: El Correo Gallego).

Turismo


As Rías Baixas como destino turístico mundial
A empresa Quator presentou oito prioridades ante o Padroado de Turismo Rías Baixas, dependente da Deputación de Pontevedra, para que nun prazo de tres anos convértase en destino turístico mundial. Entre as prioridades sinalase a creación dunha imaxe corporativa, a participación en feiras internacionais, a mellora na sinalización vial e a implicación dos concellos no proxecto. (Fonte: El Correo Gallego).

Dende Santiago e a baixo custe
A partir da próxima primavera, as compañías aéreas Ryanair (irlandesa) e EasyJet (británica) operarán dende o aeroporto de Labacolla en voos a baixo custe, unha demanda formulada hai xa dous anos. A capital galega espera recuperar a presenza perdida fronte a cidade portuguesa de Porto. (Fonte: La Voz de Galicia).

Prestige


Non existe constancia de demanda en EEUU
O goberno estatal confirmou a inexistencia dunha constancia documental do suposto acordo co que anterior goberno do PP presentou unha demanda civil en EEUU contra a empresa que avalou o estado do buque, a clasificadora American Bureau of Shipping. O Tribunal Supremo solicitou á administración o expediente tralo recurso de nulidade presentado polos avogados de ABS que pretende anular a iniciativa legal no país norteamericano. (Fonte: La Voz de Galicia).
15/12/2004
Diáspora
Rede sanitaria para galegos de Suíza
O conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, destacou que a Xunta conseguiu que os emigrantes galegos en Suíza poidan cotizar no “réxime especial de autónomos” para asistencia social e sanitaria no caso de retorno, sen que signifique a perda das súas cotizacións nese país. Miras Portugal afirmou que a problemática dos galegos emigrados a Suíza é “moi distinto” aos de Iberoamérica. (Fonte: El Correo Gallego).

Os centros galegos como bens de interese cultural
No marco da súa visita en Arxentina, o secretario xeral do PSdG, Emilio Pérez Touriño, propuso en Mar del Plata que os centros galegos con mais de 25 anos sexan declarados “bens de interese cultural” e que se consideren como entidades colaboradoras da Administración autonómica, para que dispoñan de axudas económicas, sociais, administrativas e culturais. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Política


Unha UE con voz propia na escea mundial
A coalición nacionalista Galeusca reuníuse en Santiago para demandar “un rol cada vez mais relevante dunha Europa que ten que falar cunha soa voz na escea mundial” e defender o “multilateralismo e o papel da ONU”. Esta petición foi elaborada pola comisión de Relacións Internacionais e Política Internacional conformada por Carles Llorens (CDC), Gorka Aguirre (PNV) e Encarna Otero (BNG), quen tamén demandaron ao goberno estatal a resolución do recoñecemento como circunscrición electoral das “tres nacionalidades sen Estado: Galicia, Euskadi e Cataluña” para os próximos comicios ao Parlamento europeo. Galeusca non ten unha posición uniforme cara a Constitución europea. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Constitución


Campaña informativa pola Constitución europea
A Fundación Galicia Europa iniciou a edición en galego de 3.000 exemplares do Tratado Constitucional da UE, ademais de organizar unha campaña informativa para a divulgación do seu contido con charlas e seminarios, coa finalidade de “revertir as enquisas” que revelan o escaso interese que o tema ten na sociedade galega. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca


López Veiga irá a Bruxelas cheo de “razóns e argumentos”
O conselleiro de Pesca Enrique López Veiga confesou a súa satisfacción pola decisión europea de outorgar unha voz as autonomías no Consello de Ministros de Pesca en Bruxelas, a afirmou que agora irá á capital europea “cheo de razóns e argumentos” para discutir o reparto das cuotas pesqueiras. (Fonte: El Correo Gallego).

Un millón de euros para a Axencia Europea de Pesca
O conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, anunciou que a Axencia Europea para o Control da Pesca que se ubicará en Vigo disporá dun orzamento valorado nun millón de euros, cantidade que figura nos orzamentos comunitarios do 2005 aprobados polo Parlamento Europeo. (Fonte: Faro de Vigo).

Pesca


Namibia multa a pesqueiro galego
O patrón do palangreiro “Maral”, Jorge Alonso Martínez, natural de A Guarda, foi multado polas autoridades do país africano coa cantidade de 43.000 euros, acusado por faenar ilegalmente nas augas de Luderitz. Nembargantes, esta sanción foi a mais reducida, xa que o patrón corría o risco de pagar sumas mais elevadas e a confiscación do pesqueiro. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cooperación


Amarante e a realidade do Sur
No marco das Xornadas de Achegamento ao Movemento sen Terra de Brasil, organizada pola ONG Amarante, se presentaron en Santiago dous documentais: “Os sem terra”, dirixido polo galego Miguel Barros, e un sobre a matanza de ElDorado dos Carajas, coa finalidade de recoller asinamentos para esixir xustiza ante a derradeira masacre ocurrida no Brasil. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade


Vigo, sexta cidade hípica europea
Unha enquisa realizada polos mellores xinetes internacionais outorga á cidade galega o sexto posto como mellor competición hípica europea do 2004, por debaixo de Xenebra, Göteborg, Londres, Leipzig e Maastricht. (Fonte: La Voz de Galicia).
14/12/2004
Unión Europea-Política
Galicia con voz propia en Europa
A partir do 21 de decembro, Galicia fará historia ao converterse na primeira comunidade autónoma que participará con voz propia no Consello de Ministros da Unión Europea. O debú galego, que coincide coa negociación das cuotas pesqueiras, desatou os receos do goberno vasco, quen se considera con maior capacidade para a representación autonómica en Bruxelas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca


Armadores vigueses pendientes de política europea
No caso de que Bruxelas realizara a apertura do mercado dos cupos entre empresas e países comunitarios, unha parte das mais grandes empresas armadoras viguesas con intereses en terceiros países e non na UE, realizarían investimentos na compra de dereitos de pesca europeos, tal e como contempla o texto da Nova Política Común de Pesca. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal


Galicia podería quedar atrás no AVE europeo
O voceiro do partido nacionalista, Anxo Quintana, alertou ao goberno Zapatero ante a posibilidade de que Portugal adiante a Galicia na súa conexión coa rede europea de alta velocidade, ante os vaivéns do goberno estatal a respecto do Plan Galicia. Do mesmo xeito, as delegacións de goberno de Castela-León, Asturias e Galicia acordaron darlle prioridade á conexión do noroeste peninsular con Portugal e o resto de Europa no 2008. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora


Oficina para retornados en Galicia
O secretario xeral do PSdG-PSOE, Emilio Pérez Touriño, asegurou no barrio bonaerene de Avellaneda, o seu compromiso de inaugurar unha oficina de atención aos emigrantes retornados en Galicia, no caso de gañar as eleccións autonómicas do próximo ano. Por outra banda, o Consello de Ministros estatal aprobou o anteproxecto de Estatuto dos Cidadáns Españois no mundo, para garantir os dereitos e a protección dos emigrantes. (Fonte: El Correo Gallego).

De Cuba para Galicia
Unha exposición con este nome recolle en Santiago o papel desenvolvido polos galegos emigrados a Cuba na educación de varias xeracións de mozos e mozas de tantas comarcas galegas no primeiro terzo do século XX a través das Sociedades de Instrucción. (Fonte: La Voz de Galicia).

Solidariedade


Contra a cegueira no Terceiro Mundo
O Clube dos Leóns de Pontevedra realizou unha campaña de recollida de gafas usadas que serán enviadas a países coma Albania, Sri Lanka, Líbano, Mozambique, Mali, Cuba, Perú e Arxentina, para combatir a cegueira. (Fonte: El Correo Gallego).

Cooperación


Axuda europea ás empresas universitarias
O Banco Europeo de Investimentos terá unha participación no primeiro fondo de capital risco universitario a nivel estatal, I+D Unifondo, plataforma impulsada orixinalmente pola USC. Representantes da universidade galega reuniranse en Luxemburgo con membros da entidade financeira europea coa finalidade de ampliar esta plataforma no continente. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía


Empresas Möller se amplían en Ourense
O máximo responsábel do grupo alemán da automoción, Peter von Möller, reuniuse co presidente Fraga para comunicarlle os plans de expansión en Galicia, especialmente na factoría de Ourense. A Xunta se comprometeu a outorgar axudas económicas no centro de producción. (Fonte: La Voz de Galicia).
13/12/2004
Economía
O potencial exportador da alimentación galega
Segundo un informe da Consellería de Innovación, o sector alimenticio galego, especialmente as industrias pesqueiras e das conservas, exportou nos primeiros oito meses do ano mil millóns de euros, converténdose no segundo rubro en importancia trala automoción e por riba do sector graniteiro. Os principais importadores foron países da UE, como Italia, Francia e Portugal, e o mercado asiático, principalmente Hong Kong, China e Xapón. Outros países como México, Arxelia, Croacia, Libia e Ucraína foron tamén destacados importadores de productos galegos. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima


Salvados tripulantes do buque galego encallado no Pacífico
Os 16 tripulantes do palangreiro de A Guarda “Novo Balueiro Terceiro”, atopáronse vivos e a salvo tralo encallamento a 231 millas de Suva, capital das Illas Fidji. A tripulación realizaba unha prospección científica de pesca nas augas do Pacífico. (Fonte: Faro de Vigo).

Diáspora


Touriño presenta o Estatuto dos emigrantes na Arxentina
O secretario xeral do PSdG-PSOE, Emilio Pérez Touriño, de xira por Arxentina e Uruguai, presentou en Bos Aires o Estatuto dos Emigrantes españois, o cal, sinalou, mellorará a coordinación entre as autonomías e o Estado e os dereitos dos emigrantes. Touriño enfatizou na proposta de facilitar o retorno e a sistematización dos dereitos e garantías dos emigrantes. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración


O idioma e os alumnos estranxeiros
Na provincia de Lugo existe un total de 195 alumnos estranxeiros escolarizados, un terzo da poboación escolar, con problemas co idioma, sexa este o galego ou o castelán. Na provincia existe unha matrícula de setecentos alumnos estranxeiros, a maioría de Colombia, Marrocos, Arxentina, República Dominicana, China, Filipinas, Paquistán, Bosnia e Ucraína, e principalmente ubicados nos niveis de Educación Infantil e Primaria. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Lingua


Moratinos presenta memorando do galego na UE
O ministro español de Asuntos Exteriores e Cooperación, Miguel Ángel Moratinos, entregou en Bruxelas aos representantes da UE a proposta estatal para a modificación do regulamento lingüístico nas institucións europeas, coa finalidade de que as linguas cooficiais de España, o euskera, o catalán e o galego, teñan cabida nos documentos de traballo europeos. (Fonte: La Voz de Galicia).

Sociedade


Os detectives galegos, os mellores de Europa
A Universidade de Vigo está a converterse nun dos principais centros de profesionalización dos detectives, coa implementación dunha diplomatura de tres anos, harmonizada en toda a UE. Segundo afirmou o afamado detective británico Tony Imossi, durante o IV Congreso Internacional de Detectives en Baiona, o exemplo español e, concretamente o galego, demostra ser o mellor de Europa porque “coñecen a lei e a metodoloxía”. (Fonte: La Voz de Galicia).
12/12/2004
Unión Europea-Pesca
O BNG contra a proposta de recortes da Comisión
A formación nacionalista rexeitou en Vigo os recortes de capturas de 2005, propostos polo comisario de Pesca Joe Borg. Segundo o deputado Bieto Lobeira, a iniciativa “non recoñece a realidade pesqueira galega” e non está amparada por estudos científicos e técnicos, polo que propuso unha estratexia galega propia. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade


Bicicletas para as nenas bolivianas
A Dirección Xeral do Voluntariado donou á asociación ourensá Primeiro de Maio, sete bicicletas e 50 mochilas que serán outorgadas ás nenas bolivianas da poboación de Yamparaez, no marco do programa Xacovol, para o desprazamento ás escolas. Do mesmo xeito, está a implementarse un proxecto dun novo laboratorio para un hospital construído na cidade de Santa Cruz. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora


Os mozos e a Galicia Exterior
A Comisión Delegada das Comunidades Galegas finalizou a súa xuntanza coa presenza do conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal. Nesta ocasión, enfatizouse a necesidade dunha maior implicación dos mozos para garantir a supervivencia do tecido asociativo das comunidades galegas no exterior. A xuntanza reuniu a 14 representacións dos centros galegos no mundo. (Fonte: El Correo Gallego).

Touriño aposta pola atención sanitaria na Arxentina
O secretario xeral do PSdG, Emilio Pérez Touriño, anunciou en Bos Aires a sinatura en xaneiro próximo dun convenio marco de colaboración entre España e Arxentina para un programa integral de asistencia a mais de 30.000 emigrantes, os cales poderán acceder ás pensións, asistencia sanitaria e xeriátrica. Touriño tamén visitará Uruguai, onde se entrevistará co presidente electo Tabaré Vázquez. (Fonte: El Correo Gallego).
11/12/2004
Diáspora


Unha nova aproximación á Galicia Exterior
O conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, propuso na xuntanza da comisión delegada do Consello das Comunidades Galegas reunida en Lisboa, a celebración de encontros coa emigración galega en puntos significativos na historia da emigración. O primeiro encontro fíxose en Bos Aires e agora tocou o turno á capital lusa. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Economía


A Pedra Natural Europea
A xuntanza en Vigo dos profesionais europeos do sector graniteiro permitiu apostar pola creación dun lobby comunitario, así como a creación da marca Pedra Natural Europea, coa finalidade de unificar o sector fronte á competencia de países como China, India e Brasil. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca


López Veiga, voceiro autonómico en Bruxelas
Será en xaneiro cando se oficialice o nomeamento do conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, como representante autonómico do litoral español nos consellos de ministros da Unión Europea, no referente aos temas pesqueiros. (Fonte: El Correo Gallego).

A negociación as competencias da Axencia Pesqueira de Vigo
O comisario europeo de Pesca, Joe Borg, confía que no verán de 2005 quede aprobada a normativa da Axencia Europea para o Control da Pesca, que se ubicará en Vigo. Os ministros europeos da Pesca deberán pronunciarse sobre as propostas da Comisión Europea para a nova axencia. En canto á iniciativa da Comisión sobre os recortes pesqueiros, Borg enfatizou a necesidade de evitar medidas drásticas e avogou por plans mais duradeiros nas discusións sobre os Totais Admisíbeis de Capturas e as cuotas para o 2005. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración


Romaneses buscan empadroarse
O colectivo de inmigrantes romaneses de Negreira acudiu ao Concello para amosar a súa disposición de empadroarse, pero algúns problemas formais impediron o rexistro. O principal ten que ver coa indicación dun domicilio único de todo o colectivo, calculado entre 15 e 30 persoas, e diversas acusacións de violacións da orde pública. (Fonte: El Correo Gallego).
10/12/2004
Unión Europea-Rexións
Galicia terá participación nos Consellos de Ministros europeos
Os conselleiros de Pesca, Enrique López Veiga, e Agricultura, José Antonio Santiso, poderán participar nas deliberacións dos Consellos de Ministros europeos a partir do 2005, trala aprobación en Bruxelas da inclusión de conselleiros autonómicos na delegación estatal. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Prestige


Bruxelas non imporá penas de prisión a buques contaminantes
A Comisión Europea anunciou un acordo para establecer un marco común de sancións penais a buques contaminantes, que elimina a obriga de impoñer penas de prisión e só contempla multas mínimas de un millón e medio de euros para os casos mais graves. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración


Inserción laboral para os retornados
A Fundación Galicia Emigración e a Consellería de Emigración, desenvolverán nos próximos dous anos un programa de formación e inserción socio-laboral dirixidos aos colectivos inmigrantes e emigrantes retornados. O orzamento alcanza o millón de euros e tamén contempla a posibilidade de habilitar microcréditos para proxectos empresariais viábels. (Fonte: El Correo Gallego).
09/12/2004
Unión Europea-Rexións
Unha galega representante en Bruxelas
Sagrario Pérez Castellanos foi comisionada polo secretario xeral de Relacións coa UE, Jesús Gamallo, como coordinadora da representación autonómica en Bruxelas. Este é unha das novedades da reforma na participación das rexións nos consellos de ministros europeos, xa que anteriormente era nomeado pola administración estatal un diplomático de carreira para este posto. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Fondos estructurais


O PP critica ao goberno por non negociar os fondos europeos
O eurodeputado do PP, Gerardo Galeote, criticou a “pasividade” e “falta de estratexia” do ministro de Economía, Pedro Solbes, á hora de negociar a recepción dos fondos europeos no marco do orzamento 2007-2013. Os “populares” xa anunciaron un acto público onde presentarán unha estratexia ao goberno Zapatero, e recalcaron a demanda de non retrasar o acordo alén o 2005. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Ambiente


Bruxelas apoia a Rede Natura 2000
A Comisión Europea aumentou en sete mil os espazos naturais protexidos nas rexións atlántica e continental, como marco do programa de protección da diversidade biolóxica Rede Natura 2000. Por outra banda, a Mancomunidade Turística das comarcas ourensás de O Ribeiro e O Carballiño recibirán dous millóns de euros a través do plan europeo Equal, para a creación de iniciativas empresariais turísticas nestas localidades. (Fonte: El Correo Gallego).

Turismo


O Ribeiro interesa en EEUU
Unha ducia de profesionais estadounidenses do sector turístico visitarán a comarca ourensá do Ribeiro para coñecer as súas bodegas e balnearios, especialmente na comarca de Ribadavia. (Fonte: El Correo Gallego).

Universidade


Observatorio galego en Rusia
O equipo do centro astronómico compostelán Ramón García Aller se trasladará ao Special Astrophysical Observatory en Rusia, para ter acceso a unha mellor tecnoloxía punta para a exploración das áreas da galaxia inalcanzábeis para o centro astronómico galego. Nun próximo proxecto, o centro poderá disfrutar dun exame do espazo exterior no Max-Plank-Institut für Astronomie, grazas ao permiso concedido polo centro hispano-alemán Calar Alto. (Fonte: El Correo Gallego).
08/12/2004
Diáspora
Galicia Saúde cos emigrantes na Arxentina
A Consellería de Sanidade da Xunta aportou un millón 800 mil euros á Fundación Galicia Saúde para a asistencia sociosanitaria, farmacéutica, de hemodonación e drogodependencias, dos emigrantes galegos na Arxentina. (Fonte: El Correo Gallego).

Xuntanza do Consello da Emigración
O Centro Galego da capital lusa, Lisboa, acollerá unha reunión da comisión delegada do Consello da Emigración que representa ás comunidades galegas, na que participará o conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, xunto a representantes de diversas asociacións e comunidades galegas no exterior. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca


Respaldo ao plan de recuperación da merluza
O conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, anunciou o respaldo galego ás negociacións que leva a cabo o goberno Zapatero coa Comisión de Pesca da UE en Bruxelas, para o plan de recuperación da merluza e a cigala. (Fonte: El Correo Gallego).
07/12/2004
Unión Europea-Política
A voz galega en Bruxelas
Galicia e Andalucía dispútanse un dos dous postos da delegación española na Representación Permanente ante a UE, unha proposta que busca articular a participación das autonomías nas institucións europeas. O secretario xeral de Relacións coa UE, Jesús Gamallo, xa acordara a representación autonómica nos consellos de ministros da UE en catro áreas: Emprego, Asuntos Sociais, Sanidade e Consumidores. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora


O PSOE fai pre-campaña coa emigración
O secretario xeral do PSdG e candidato á presidencia da Xunta, Emilio Pérez Touriño, comezará unha visita á comunidade galega de Arxentina e Uruguai, como parte da pre-campaña ás eleccións galegas do 2005. Touriño tamén se entrevistará co presidente electo uruguaio, Tabaré Vázquez, e o ministro de Interior arxentino, Aníbal Fernández. Tamén participará en Montevideo nunha xornada sobre a Constitución europea e os vencellos UE-Mercosur. (Fonte: El Correo Gallego).
06/12/2004
Economía
O desembarco galego en Brasil
Trala celebración do foro Bilateral Galicia-Brasil, organizado pola Consellería de Emigración e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, Igadi, as expectativas dos empresarios galegos cara o xigante suramericano aumentan considerablemente. Do mesmo xeito, o papel relevante da diáspora galega en Brasil na vida social e económica alenta a chegada de novos investidores. (Fonte: La Voz de Galicia).

Diáspora


Axudas sanitarias para os galegos na Arxentina
A visita ao país suramericano do conselleiro de Sanidade, José Manuel González Álvarez, permitiu o asinamento dun programa de asistencia sanitaria aos galegos emigrantes e os seus descendentes residentes nese país, así como o compromiso de asistencia en formación de persoal e xestión económica e administrativa do Centro de Transfusión de Galicia ao Instituto de Hemoterapia de Bos Aires. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade


Cooperación galega en Guatemala
O país centroamericano, especialmente as poboacións indíxenas de Jocotán e Jutiapa no departamento de Jalapa, recibe unha importante cantidade de fondos da Xunta en proxectos de cooperación, especialmente nas áreas agrícolas, para o combate da pobreza e a fame. (Fonte: La Voz de Galicia).
05/12/2004
Solidariedade
Deseño galego para Santiago de Cuba
O vicepresidente cubano, José Ramón Fernández, agradeceu en La Habana ante o secretario xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior, Jesús Gamallo, o apoio da Xunta nos proxectos de implantación de sistemas de calidade e o plan de revitalización do núcleo histórico de Santiago de Cuba, no que tamén participa o concello compostelán e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Este proxecto é dirixido por técnicos galegos cunha aportación de 168.000 euros para a restauración urbanística da cidade caribeña. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima


Australia anula o xuízo contra Viarsa
O pesqueiro galego obtivo da xustiza australiana a anulación dun xuízo por faenar ilegalmente na zona económica exclusiva dese país, trala súa detención en agosto pasado, logo dunha intensa persecución de 3.900 millas polo océano Atlántico.

Diáspora


Galego e Cidadán Baiano
O empresario galego radicado en Brasil, José Faro Rúa, foi galardonado co título de Cidadán Baiano polas autoridades de Salvador de Bahía, pola súa traxectoria de case medio século no país suramericano. Faro, de 62 anos e natural de Mondariz, chegou ao Brasil en 1957 e é o propietario da rede de supermercados Perini, que da traballo a mais de 800 persoas, facturando 20 millóns de euros anuais. Tamén é propietario dunha fábrica de granito en O Porriño, que importa de Brasil, Libia e Suráfrica. (Fonte: El Correo Gallego).

Xacobeo


O espíritu do Camiño nos EEUU
Expertos hostaleiros realizaron un congreso en Santiago para afirmar a potencialidade da promoción do Camiño santiagués en países como EEUU e Francia, onde a demanda de información aumentou nos derradeiros anos. Os hostaleiros realizaron cursillos en California sobre a Ruta Xacobea. Por outra banda, mais de 150 diáconos de España, Alemaña, Italia, Francia e Portugal realizaron na capital galega o Encontro Internacional de Diáconos Permanentes. (Fonte: El Correo Gallego).

Cooperación


Noruega busca financiar portos deportivos
O país nórdico quer destinar boa parte dos 9,1 millóns de euros anuais que aporta ao Estado español para a construcción de cinco portos deportivos na Costa da Morte, segundo o representante en Europa da Fundación Semana Verde, o noruego Tejer Engel. Para iso, pensa activar o lobby de que dispón na Universidade de Vigo e o consulado noruego nesta cidade. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal


A unidade cultural luso-galaica
A firma portuguesa In Memoria compila nun programa as tradicións comúns dun e outro lado do río Miño para reforzar a candidatura da tradición oral luso-galega como patrimonio inmaterial da UNESCO, un recoñecemento que espera obter en xullo próximo. (Fonte: La Voz de Galicia).
04/12/2004
Emigración
Os últimos gaiteiros de La Habana
Este documental, realizado por cubanos e financiado pola Xunta a través da Consellería de Emigración, foi galardonado co Premio Iberoamericano de Periodismo Rey de España, como unha mostra da relación de dous pobos irmanados por medio dun instrumento musical. Este filme, que narra a historia do nonaxenario emigrante galego Eduardo Lorenzo, obtivo tamén galardóns en Cuba, México e o Festival de Cinema de Ourense. (Fonte: El Correo Gallego).

Xuntanza dos galegos de Norteamérica
O conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, viaxou a EEUU, para a I Xuntanza das Comunidades Galegas en Norteamérica, que tivo lugar na sede da Casa da Unidade Galega en Nova York. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Constitución


En contra da Constitución europea
O Partido Nacionalista Galego, liderado por Xosé Henrique Rodríguez Peña, rexeitou a ratificación da Carta Magna europea por considera-la, en palabras dun dos seus dirixentes, Alberte Brenlla, “un mero Tratado Constitutivo da UE”. Segundo Brenlla, a decisión xustificase por “non recoñe