|
 |
| 30/11/2004 |
 |
Economía
Rías Baixas en EEUU
Marisol Bueno, presidenta do Consello
Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, anunciou que o Instituto de Comercio Exterior elexiu
este viño como o representante español nunha campaña de difusión de caldos en EEUU,
considerado como un mercado “competitivo e selectivo”.
(Fonte: El Correo Gallego).
As perdas en investimentos do Protocolo de
Kyoto
Investimentos por valor de 669 millóns
de euros están en perigo no caso de que Galicia e a súa industria aplique o Protocolo de Kyoto. Os
investimentos teñen que ver con catro proxectos industriais de reconversión e modernización
das centrais térmicas de Endesa en As Pontes, Fenosa en Meirama, Ence en Pontevedra e Corporación
Noroeste na planta de Cementos Cosmos en Sarria (Lugo).
(Fonte: La Voz de Galicia).
Madeira ourensá interesa no estranxeiro
A actividade de investigación desenvolvida
nos dous derradeiros anos polo Centro de Innovación e Servizos da Madeira en Ourense, atraeu aos centros
tecnolóxicos de Francia, Portugal, Brasil, Arxentina e Australia, amosando o seu interese no aproveitamento
da biomasa forestal e a producción de eucalipto.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Impulso para o AVE Vigo-Porto
O presidente Manuel Fraga e o presidente
da comisión de coordinación e desenvolvemento rexional do Norte de Portugal, Joao Sá, acordaron
traballar para que a liña ferroviaria de alta velocidade Vigo-Porto remate no ano 2009 como prazo máximo.
Nesta reunión de traballo do órgano de cooperación interrexional Galicia-Norte de Portugal
tamén acordouse a creación dun lobby en Madrid e Lisboa, para defender as súas demandas. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).
Diáspora
A sanidade dos galegos en Uruguai
O conselleiro de Sanidade, José
Manuel González Álvarez, visitou en Montevideo o hospital da Asociación Primera de Socorros
Mutuos La Española, considerado o líder do mutualismo nese país, para atender as necesidades
sanitarias da emigración. Do mesmo xeito, González Álvarez asinará dous documentos
co Ministerio de Saúde da provincia de Bos Aires nas materias de drogodependencia e hemodonación. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 29/11/2004 |
 |
Economía
Estudian unha folga europea de productores
de leite
Representantes de organizacións
agrarias europeas, estadounidenses e indias, reclamaron no Seminario Europeo da Leite organizado en Santiago un
prezo xusto para o leite e remuneración nos custes e no traballo; no caso contrario organizarían
unha folga europea. Este seminario organizado polo Sindicato Labrego Galego e a Coordinadora Labrega Europea, busca
estratexias de loita contra a intención da OMC de liberalizar os mercados agrarios internacionais. (Fonte: Faro de Vigo).
Galicia no mercado chileno
A nosa comunidade atópase como
a terceira autonomía con maiores exportacións ao país sudamericano, cun total de 31,5 milllóns
de euros en vendas nos primeiros oito meses do ano. Segundo datos do Fomento Fabril de Chile, este país
é o que mais consume productos españois en toda América, cunha media de 20 dólares
per cápita. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Unha espera de dez anos
A armadora viguesa Pereira, propietaria
do buque “Estai”, tivo que esperar dez anos para que o tribunal da Corte Federal de Saint John´s en Terranova,
Canadá, iniciara no mes de xaneiro a vista pola demanda que interpuso o Estado canadiense polo apresamento
do buque en augas da NAFO, en marzo de 1995.
(Fonte: La Voz de Galicia).
140 polisóns chegaron a Galicia dende
o 2000
Segundo datos do goberno central, un total
de 140 polisóns achegáronse ás nosas costas entre os anos 2000 e 2003. Uns 110 o fixeron pola
provincia de Pontevedra, 29 en A Coruña e un en Lugo. En total, 42 deles formalizaron as súas solicitudes
de asilo no país, mentres o goberno só tramitou dez peticións. (Fonte: La Voz de Galicia).
Sociedade
As novas tendencias do periodismo dixital
A Facultade de Periodismo da USC acollerá
o Congreso Iberoamericano de Periodismo Dixital, coa intervención do investigador Raúl Trejo, da
Universidade Autónoma de México. No total asistirán unhas 350 persoas ao evento. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 28/11/2004 |
 |
Unión Europea-Constitución
O PP, coa Constitución europea
O comité executivo dos populares
efectuará en Santiago unha xuntanza o próximo mes de decembro para amosar o seu apoio á Carta
Magna europea e pedirlle aos galegos o voto polo “SÍ” no referendo previsto para febreiro. O PP iniciará
unha campaña divulgativa sobre a Constitución polas principais cidades e comarcas da Comunidade. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Madrid exclue á Xunta das negociacións
sobre pesca
O goberno estatal excluiu ao goberno galego
da representación española que participará na 14º xuntanza extraordinaria da Comisión
Internacional para a Conservación do Atún Atlántico, ICCAT, onde se decidirá a política
europea en materia de capturas. (Fonte:
El Correo Gallego).
Diáspora
Convenio sanitario na Arxentina
A Fundación Galicia Saúde
e a Fundación Galicia Emigración, por medio dos conselleiros José Manuel González Álvarez
e Aurelio Miras Portugal, asinaron en Bos Aires un convenio de colaboración promovidos polas Consellerías
de Sanidade e Emigración, para garantir as necesidades sanitarias e sociais dos emigrantes galegos. A subvención
é de 38.000 euros, ademais da entrega de 500 quilos de medicamentos valorados en 50.000 euros, ao hospital
do Centro Galego. No caso da sanidade, o conselleiro Álvarez anunciou un convenio para o próximo
ano valorado en 1.800.000 euros. (Fonte:
El Correo Gallego).
Portugal
Enlace ferroviario Porto-Galicia
O aeroporto Sá Caneiro na cidade
lusa conectará con Galicia a través dunha conexión ferroviaria como parte do enlace directo
co Eixo Atlántico de Alta Velocidade. Esta conexión terá catro alternativas do trazado estudiadas
para o tramo Porto-Vigo, o que reforzaría o predominio do aeroporto portugués no mercado do noroeste
peninsular. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 27/11/2004 |
 |
Sociedade
Triunfo do viño galego en Brasil
A bodega Marín Codax obtivo duas
medallas de ouro e prata no II Concurso Internacional de Vinhos celebrado na cidade brasileira de Bento Gonçalves,
evento promovido pola Associaçao Brasileira de Enología. Foi galardonado co ouro o viño Burgáns
da colleita 2003, e con prata o Martín Codax, da mesma colleita.
(Fonte: El Correo Gallego).
Os vigueses, os europeos que mais conducen
Segundo un estudo realizado polo Defensor
do Cidadá, Luis Espada, os vigueses empregan un total de 33,7 minutos ao volante de media diaria, un dato
superior ao resto das demais cidades europeas estudiadas, entre elas Birmingham, Bristol, Maribor, Vitoria, Oslo,
Barcelona e Pamplona. (Fonte: El Correo
Gallego).
Diáspora
Un galego como embaixador iberoamericano
Miguel Cortizo, deputado autonómico
polo PSdG, foi nombrado polo Consello de Ministros como embaixador en misión especial para a Coordinación
de Relacións coas Comunidades Españolas en Iberoamérica. (Fonte: El Correo Gallego).
300.000 votos da emigración
Trala modificación da Lei de Eleccións
no Parlamento galego, revelouse que 299.976 galegos na diáspora teñen dereito ao voto para as próximas
eleccións autonómicas, superando os 300.000 segundo o ritmo de crecemento no Censo de Residentes
Ausentes. Isto representa un aumento dun 2% con respecto ás eleccións xerais e un 10,5% en relación
aos últimos comicios autonómicos.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Dirixentes políticos galegos viaxarán
a Arxentina e Uruguai
Os dirixentes socialistas galegos iniciarán
en decembro unha viaxe por países de Iberoamérica, cara os próximos comicios autonómicos.
José Blanco, Marisol Soneira e Emilio Pérez Touriño viaxarán aos dous países
do Cono Sur, mentres os dirixentes nacionalistas Xosé Manuel Ferreiro e Eduardo Gutiérrez tamén
visitarán Arxentina. Para a próxima primavera, esperase unha visita do presidente Manuel Fraga a
estes dous países. (Fonte: La Voz
de Galicia).
 |
| 26/11/2004 |
 |
Diáspora
O Clúster da Madeira abre vías
de negocio en Bahía (Brasil)
No marco do Foro Bilateral Brasil-Galicia,
o presidente do Clúster da madeira, Ricardo García Borregón, mantivo contactos e intercambiou
experiencias cos empresarios asentados neste país, fortalecendo as capacidades do seu sector para competir
en todo o mundo. Tamén o concelleiro de Promoción Económica de Santiago de Compostela, Xosé
Manuel Iglesias, valorou como unha iniciativa positiva este Foro para facilitar a promoción exterior das
industrias compostelanas. (Fonte: El Correo
Gallego).
Economía
Euro caro afecta exportacións
galegas
Segundo María Dolores Loureda,
delegada en Galicia do Instituto de Comercio Exterior, o encarecemento da moeda europea, actualmente no seu máximo
valor histórico con respecto ao dólar (1 euro: $1,32) ten efectos negativos nas exportacións
galegas a países asiáticos e latinoamericanos, ademais de EEUU, aínda que abarata as importacións
deses países, polo que o mercado galego “podería verse invadido por productos de Asia”. Loureda afirmou
que, no caso estadounidense, esta paridade cambiaria podería por en perigo a viabilidade de varios negocios
e investimentos. (Fonte: El Correo Gallego).
O mercado europeo de Galfor
A factoría ourensá, productora
de compoñentes automobilísticos, pretende fabricar o 20% dos cigueñais da UE para o 2007,
segundo o director da planta, Javier Currás. Galfor produce pezas para empresas como Volkswagen, Nissan,
DAF, Mercedes e Scania. (Fonte: El Correo
Gallego).
Comercio con Tailandia
O presidente da Fundación Semana
Verde, José Maril, reuniuse en Bangkok co secretario permanente do Ministerio de Agricultura de Tailandia,
Banphot Hongthong, e outros representantes do goberno tailandés, para impulsar as relacións comerciais
co país asiático. (Fonte:
El Correo Gallego).
Ruta Vigo-París
Segundo o director xeral de Air France
en España e Portugal, Jacques de Chambrun, o éxito da ruta Vigo-París, cunha ocupación
dende xuño dun 60%, avala a existencia dun mercado estábel sustentado pola actividade industrial.
“O de Vigo non é un experimento, viñemos para quedarnos por varios anos”, afirmou de Chambrun. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Xuventude
Os mozos demandan unha política
para a xuventude
Unha delegación de 35 mozos galegos,
formando parte do programa Participa, da Fundación Galicia Europa co financiamento da UE, visitou Bruxelas
e as institucións europeas, para expoñer as súas inquietudes no referinte á política
europea cara a mocidade. (Fonte: El Correo
Gallego).
Marítima
Izar-Ferrol ampliará negocios
internacionais
A pesar da crise que afecta á empresa
de asteleiros Izar, a súa filial en Ferrol, considerada como a única no mundo que constrúe
dous tipos de fragatas das máis avanzadas do mercado, aspira vender buques a Bulgaria, México, Arxentina,
Venezuela e Australia, apostando por un mercado que nos próximos cinco anos podería xerar pedidos
por valor de 18 billóns de euros.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
Vigo reforza mercado latinoamericano
As empresas armadoras viguesas variarán
os seus plans de envíos de pesca conxelada desde distintos caladoiros de América Latina ata o porto
de Vigo, fletando portacontedores para exportar as capturas, evitando así o transporte directo da nave pesqueira
dende o outro lado do Atlántico. O embarque da pesca conxelada comezará en Montevideo, Uruguai. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 25/11/2004 |
 |
Diáspora
O lobby galego en América Latina
Dende Salvador de Bahía, onde se
celebrou o foro bilateral Galicia-Brasil, o director xeral de Inmigración da Consellería de Emigración,
Javier Álvarez Barbeito, explicou que para marzo ou abril do 2005, Santiago acollerá un foro que
reunirá á diáspora galega de Brasil, Arxentina, México e Venezuela, coa iniciativa
de crear un gran lobby que permita a Galicia ter unha presenza e peso específicos no mundo e para que a
súa diáspora teña na nosa Comunidade unha referencia para o seu futuro. Barbeito destacou
tamén as amplas posibilidades de negocio que se lle presentan a Galicia no país sudamericano e destacou
a presenza de personalidades galaico-brasileiras como Maricarmen Fidalgo, conselleira na Prefectura de Bahía,
e Marisol Recamán, responsábel da campaña do presidente Lula da Silva. (Fonte: El Correo Gallego).
A cultura galega e Brasil
No marco do foro bilateral Galicia-Brasil,
presentáronse en Salvador de Bahía a exposición “Tempos que hai neste tempo”, do fotógrafo
galego Manuel Sendón, as conferencias do director xeral de Editorial Galaxia, Víctor Freixanes, un
concerto do pianista compostelán Abe Rábade e do tamén pianista e bailador Paulo Gondin, e
a inauguración da exposición de Lois Pérez Leira “Galegos no Brasil”. Do mesmo xeito, asinouse
un convenio de colaboración entre a Fundación Galicia Emigración e a Real Sociedade Española
de Beneficencia, na que se aportarán 15.000 para labores sanitarias. O convenio foi asinado polo conselleiro
de Emigración, Aurelio Miras Portugal, e o presidente da Real Sociedade Española, Tomás Edison
Ucha Arias. (Fonte: El Correo Gallego).
Emigración
Ampliación para o voto emigrante
O Parlamento de Galicia aprobou a modificación
da Lei de Eleccións ao Parlamento, coa ampliación de tres a oito días no prazo do escrutinio
do sufraxio da diáspora. Os deputados do PP galego argumentaron que, nas últimas eleccións,
quedaron sen contabilizar 12.000 votos da emigración.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Solidariedade
Mayor Zaragoza en Santiago
O ex director xeral da Unesco, Federico
Mayor Zaragoza, expuso na capital galega a importancia da educación e os medios de comunicación en
“inculcar valores de convivencia e paz”, no marco da celebración do I Foro Internacional sobre Educación
e Cultura de Paz, organizado polo Seminario Galego de Educación para a Paz, a Fundación Cultura de
Paz e a Obra Social de Caixa Galicia. (Fonte:
El Correo Gallego).
Sociedade
O comercio nas cidades históricas
Santiago celebrou o séptimo Forocomercio
dedicado ao encontro de comerciantes, artesanos e pequenos empresarios das catalogadas pola Unesco como Cidades
Patrimonio da Humanidade. O encontro foi inagurado polo alcalde santiagués Xosé Sánchez Bugallo. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Acusan a Canadá e Holanda de instigar
unha campaña de Greenpeace
A Asociación Española de
Titulados Náutico-Pesqueiros, Aetinape, acusou a Canadá e Holanda de estar detrás das accións
da ONG Greenpeace contra a pesca de arrastre, coa finalidade de expulsar á frota conxeladora galega das
augas do Atlántico Norte e o caladoiro da NAFO. Os armadores consideraron que a campaña causou un
“dano terrible” ao prestixio da frota galega e reclamaron ao goberno estatal unha campaña institucional
no ámbito internacional e coordinada por Bruxelas, para a recuperación da imaxe deste colectivo. (Fonte: El Correo Gallego).
Marrocos achégase a Galicia
No marco do plan de acercamento do país
magrebí a España, o ministro da Pesca de Marrocos, Mohamed Laenser, visitará Galicia para
manter xuntanzas cos sectores pesqueiros afectados pola falta de acordo entre Madrid e Rabat desde 1999. Laenser
tamén visitará Andalucía.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Pesca
Na busca dunha sede para a Pesca lonxana
Galicia, Madrid e Euzkadi, rivalizan por
ser a sede permanente do comité consultivo rexional de Aguas Lonxanas, un dos sete organismos que asesorarán
á Comisión Europea en materia de control e xestión dos recursos pesqueiros. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Negocios
Delegación galega en Bruxelas
Unha representación da Asociación
de Mozos Empresarios de Pontevedra realizou unha visita institucional á capital europea, específicamente
ao Parlamento, a Fundación Galicia-Europa e a CEOE. O encontro foi promovido pola Confederación de
Empresarios desta provincia, dentro da iniciativa comunitaria Interreg III-A. (Fonte: La Voz de Galicia).
Comercio Exterior
Gran Bretaña busca investidores
galegos
O embaixador británico en España,
Stephen Wright, afirmou en Vigo que o Reino Unido busca investidores galegos nas áreas de enerxías
renovábeis e finanzas, destacando que a nosa Comunidade elixiu ao seu país como o principal destino
de investimentos en Europa no ano 2003. Wright destacou tamén a repercusión no mercado británico
de firmas galegas como Zara, Adolfo Domínguez, Caixanova, Televés, Finsa e Tafisa. O diplomático
estivo na cidade galega no marco das Xornadas de Presentación de Oportunidades de Investimento e Colaboración
Empresarial no Reino Unido, coordinado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra, a CEOE e o ICEX. (Fonte: El Correo Gallego).
Irán ofrece joint ventures con Galicia
Nun encontro empresarial en Vigo, o vicepresidente
da Cámara de Comercio iraní, Freydum Entezari, animou ás empresas galegas e viguesas a formar
alianzas con firmas do seu país, baixo a fórmula dos joint ventures (sociedades mixtas), para oportunidades
de negocios en áreas como a petroquímica, a pedra natural e a pesca. (Fonte: La Voz de Galicia).
Agroalimentación
Reses galegas melloran vacuno brasileiro
A axuda galega permitiu un melloramento
nas condicións das vacas de raza autóctona nelore no estado brasileiro de Santa Catarina, segundo
poido comprobar o conselleiro de Agricultura, José Antonio Santiso, de visita no país suramericano
no marco do Foro Bilateral Galicia-Brasil. Tamén debatiuse a posibilidade de introducir unha nova denominación
de queixos de orixe galega en Brasil, mediante un convenio de cooperación entre a universidade local e a
USC. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 24/11/2004 |
 |
Portugal
Vigo terá mellor conexión
co Eixo Atlántico
Como parte do cumprimento das normativas
da rede transeuropea de transporte, a Xunta e o Concello vigués teñen previsto un proxecto que impulse
o soterramento do AVE na cidade galega, para mellorar as comunicacións coas demais cidades galegas e portuguesas
pertencentes ao Eixo Atlántico. (Fonte:
El Correo Gallego).
Unión Europea-Fondos Estructurais
Gradualismo nos fondos europeos
A constitución da alianza dos Amigos
da Cohesión, conformada por España, Grecia, Portugal e os dez novos membros da UE, enfatizará
na suficiencia e o gradualismo para defender a viabilidade dos 5.000 millóns de euros que corresponden a
Galicia para o período 2000-2006.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Pesca
Peligran axudas europeas para renovación
da frota
Galicia podería ver diminuidas
as partidas orzamentais destinadas á renovación da frota pesqueira, se a posíbel prórroga
das axudas europeas perde apoio en Bruxelas. Italia, Irlanda, Polonia, Grecia, Malta, Chipre e Portugal respaldan
a posición española, aínda que Alemaña e Gran Bretaña consideran o caso pechado. (Fonte: La Voz de Galicia).
Cooperación
Ecuador e o desenvolvemento rural galego
Unha delegación ecuatoriana, formada
por catro alcaldes da provincia central do Chimborazo (Alausí, Cumandá, Guamote e Chunchi), un prefecto
desta provincia e un representante do Centro Latinoamericano para o Desenvolvemento, visitaron a comarca de Ulla-Umia,
acompañados por membros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader, dependente da Consellería
de Política Agroalimentaria, para coñecer institucións e proxectos de desenvolvemento rural.
Todos proceden dunha zona piloto seleccionada para un proxecto do Banco Iberoamericano de Desenvolvemento. (Fonte: La Voz de Galicia).
Na busca do legado histórico, artístico
e ambiental
A institución educativa viguesa
“María Soliño”, e colexios de Polonia, Alemaña e Rumanía, participan no programa Comenius,
dunha duración de tres anos, no que investigarán o legado histórico, artístico, ambiental
e social de cada comarca participante. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Cultura
Estudos galegos no Brasil
Unha serie de investigacións, publicacións
e estudos promovidos polas Universidades do Estado de Río de Janeiro e Federal Fluminense de Niteroi, foron
presentados en Santiago por docentes brasileiros, coa participación de colegas da USC. (Fonte: La Voz de Galicia).
Sociedade
Dinosaurios en Vigo
A maior colección de dinosaurios
fósiles do deserto do Gobi, en Mongolia, e dinosarios robots do Museo de Historia Natural de Londres, forman
a exposición “Gobissauros”, que chegou á cidade galega tralo paso por Lisboa e Porto. Na mostra puidose
observar un exemplar de dez metros do Tarbosaurus, un bebé Gallimimusm, un Psitacosaurio, e o único
exemplar no mundo dun embrión de Oviraptor.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 23/11/2004 |
 |
Unión Europea-Economía
Amigos da Cohesión europea
Trece países membros da UE, España,
Portugal, Grecia, Polonia, Estonia, Letonia, Lituania, Eslovenia, Hungría, República Checa, Chipre
e Malta, conformaron un grupo alentado desde Madrid para defender un orzamento comunitario maximalista e suficiente
no referinte aos fondos de cohesión. Deste xeito manifestan a súa vontade de defender as axudas ás
rexións menos desenvolvidas, nas que se atopa Galicia, e conforman unha fronte opositora ás políticas
defendidas dende Francia e Alemaña.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Cultura
A emerxencia lingüística
galaico-brasileira
As universidades de A Coruña e
do Estado de Río de Janeiro acolleron a unha vintena de profesores para discutir sobre a “Emerxencia lingüística
e literaria en Galicia e Brasil”, dentro do II Encontro Galego-Brasileiro de Investigadores. (Fonte: El Correo Gallego).
Educación e Paz en Santiago
A capital galega iniciou o I Foro Internacional
sobre a Educación e a Cultura da Paz, coa presenza de representantes das distintas culturas relixiosas do
mundo. O foro foi organizado pola Fundación Cultura da Paz e o Seminario Galego de Educación para
a Paz co obxectivo de buscar unha integración pacífica nunha sociedade pluricultural. (Fonte: Faro de Vigo).
Diáspora
Hospital para Bahía
No marco do Foro Bilateral Galicia-Brasil
que se levou a cabo na cidade de Salvador de Bahía, o conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal,
confirmou o seu apoio ao Hospital Español de Bahía, presidido polo galego Roberto Cal Almeida, e
que da cobertura a máis de 450.000 persoas nunha cidade onde existen 3.000 galegos censados e 15.000 descendentes.
Xunto a Miras Portugal e a delegación galaica, o acto contou coa participación do prefecto da cidade,
Antonio José Imbassahy. Nas xuntanzas cos sectores empresariais, enfatizaronse as posibilidades de potenciar
as áreas de consultoría, o turismo, o moble e a construcción. (Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Cooperación Galicia-Tailandia
O presidente da Fundación Semana
Verde de Galicia, José Maril, participou no 71 Congreso da Unión de Feiras Internacionais con responsabéis
das institucións e empresas de Tailandia coa finalidade de aumentar a cooperación con Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Riqueza marítima galega interesa
en Iemen
Unha delegación do país
da península arábiga visitou Galicia para coñecer as infraestructuras e posibilidades de cooperación
pesqueira. Entre os lugares visitados estiveron a lonxa e cooperativa de armadores de Vigo e a sede da Asociación
Nacional de Fabricantes de Conservas, Anfaco.
(Fonte: El Correo Gallego).
Diferencias con Marrocos no uso das redes
A pesar da oposición dos armadores
galegos, as embarcacións marroquís continuarán empregando durante 4 anos mais, as redes de
enmalle á deriva, coñecidas tamén como “volantas da morte”, trala aquiescencia do ICCAT (Convención
para a Conservación do Atún Atlántico).
(Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
Racismo contra os africanos
Ibrahim Niang, presidente da Asociación
para a Integración e o Desenvolvemento do Africano, AIDA, visitou o concello pontevedrés para facer
entrega dunha serie de reivindicacións dos africanos achegados á provincia, donde aseguran atopar
“casos puntuais de racismo”. (Fonte: La
Voz de Galicia).
 |
| 22/11/2004 |
 |
Sociedade
Galegos na Antártida
Os científicos Mariano Lastra,
Adoración Sánchez e Manuel García Gallego, participarán nunha campaña antártica
do estudo da diversidade biolóxica. Partirán de Vigo ata Santiago de Chile e logo a Punta Arenas,
na Patagonia chilena. (Fonte: El Correo
Gallego).
Unión Europea-Constitución
A idea de Europa do BNG “non figura na
Constitución”
O viceportavoz nacionalista, Alfredo Suárez
Canal, manifestou ante os seus militantes nas asembleas comarcais, que o modelo europeo do partido nacionalista
é “diferente ao recollido na Constitución europea”, o que xustifica un voto negativo ao proxecto
constitucional aínda que isto non supón “antieuropeísmo”. (Fonte: El Correo Gallego).
Solidariedade
A loita das mulleres guatemaltecas
Unha das representantes do Parlamento
feminino de Guatemala, Antonieta Domingo Felipe, expuso en Santiago os obxectivos desta iniciativa. A activista
de orixe indíxena denunciou o “machismo atroz” e os brotes racistas, existentes no país centroamericano. (Fonte: El Correo Gallego).
Ciencia
Santiago pionero en tumores de tiroides
Un esforzo conxunto dun equipo de investigadores
da Universidade de Santiago e o Complexo Hospitalario Universitario permitiu dotar á cidade dun banco de
tumores de tiroides que ven selo primeiro en Europa destas características. (Fonte: La Voz de Galicia).
Diáspora
Foros Bilaterais Galicia-Brasil
A cidade brasileira de Salvador de Bahía
acolle a celebración do foro bilateral, unha iniciativa organizada pola Consellería de Emigración
e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, co obxectivo de dinamizar as relacións
comerciais, empresariais e culturais, entre galegos con posición relevante en determinadas áreas
estratéxicas da sociedade. (Fonte:
El Correo Gallego).
 |
| 21/11/2004 |
 |
Portugal
Complementaridade aeroportuaria luso-galaico
Un informe estratéxico promovido
pola Asociación Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular conclúe que os catro aeroportos da eurorrexión
Galicia-Norte de Portugal (Santiago, A Coruña, Vigo e Oporto) son complementarios e non ten sentido que
compitan entre sí. Segundo o presidente da organización e alcalde de Porto, Rui Río, “dentro
duns anos, cidades como Porto e Braga estarán máis próximas a Galicia que a algunhas rexións
de Portugal como Alentejo ou o Algarve. A integración de Galicia e Portugal é un proceso natural”. (Fonte: Atlántico Diario).
Economía
Granito para Polonia e Hungría
Representantes da Xunta e da Asociación
Galega de Graniteiros manteñen contactos comerciais con directivos das empresas que acomenten obras públicas
en Hungría e Polonia, coa finalidade de establecer liñas de negocio nestes países do Leste,
tradicionais importadores de granito de Italia e China.
(Fonte: La Región).
Diáspora
Miras Portugal acusa á oposición
de denigrar o voto emigrante
Segundo o conselleiro de Emigración,
Aurelio Miras Portugal, “a oposición denigra ós emigrantes dicíndolles que non saben votar”.
As declaración fíxonas con motivo da aprobación dunha modificación da Lei electoral
no Parlamento galego. Miras Portugal asistiu a Salvador de Bahía, con motivo do Foro Bilateral Galicia-Brasil
organizado pola súa conselleria e o IGADI.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 20/11/2004 |
 |
Unión Europea-Marítima
Bloquean acordo de sancións penais
contra vertidos
No aniversario da crise do Prestige e
a pesar dos intentos dos ministros de Xustiza e Interior da UE, Chipre, Malta e Grecia impediron un acordo para
impoñer sancións penais por contaminación marítima que prevé penas de entre
1 e 10 anos de cárcere e 1,5 millóns de euros en multas. Estos tres países conforman as principais
frotas dentro da UE. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Política
Esquerda nacionalista galega co SI na
Constitución
A pesar de que o BNG propón o voto
en contra ó proxecto de Constitución europea, a agrupación Esquerda Nacionalista presentou
un texto alternativo no que se plasma unha campaña entre as bases para promover o SÍ. Segundo o secretario
xeral da organización, Víctor Manuel Martins, o texto “recoñece os pilares fundamentais do
chamado modelo do Estado do benestar ou modelo social europeo dos dereitos sociais”, subscribindo a posición
adoptada polo primeiro secretario do Partido Socialista francés, François Hollande. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Fondos Estructurais
Galicia perde no novo orzamento europeo
Segundo o secretario de Política
Económica do PP, Miguel Arias Cañete, a nosa Comunidade deixaría de percibir uns 900 millóns
de euros dos fondos estructurais da Comisión Europea para o período 2007-2013. (Fonte: La Voz de Galicia).
Marítima
Greenpeace abandona Vigo
O barco “MV Esperanza”, abandonou a cidade
galega dúas horas antes de producirse unha concentración de mil persoas nos peiraos para protestar
polo acoso da agrupación ecoloxista contra os buques galegos que faenan no Atlántico Norte e que
se dedican á pesca de arrastre. (Fonte:
El Correo Gallego).
Solidariedade
O exemplo galego para Portugal
Segundo o director do Fondo Galego para
a Cooperación e o Desenvolvemento, Xulio Ríos, o modelo de cooperación galega “está
nun momento que marca grandes posibilidades de traballo cara o futuro” e que está obtendo repercusión
no exterior. “En Portugal estamos a server de modelo en canto ao xeito de traballar unidos, e no futuro queremos
dirixirnos tamén cara a Francia e Italia”, afirmou Ríos.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 19/11/2004 |
 |
Inmigración
Reforzada a Dirección Xeral de
Inmigración
Ante o avance do proceso inmigratorio
en Galicia, a Xunta aprobou un decreto no que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería
de Emigración para reforzala Dirección Xeral de Inmigración e apoiar as políticas de
atención ao inmigrante. Neste apartado, estase a discutir un sistema de axuda ás empresas para a
selección dos traballadores estranxeiros ou descendentes de galegos, no seu país de orixe. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Economía
O BNG denuncia “pactos” para desmantelar
Izar
O deputado nacionalista Francisco Rodríguez
acusou ao goberno Zapatero dunha “absoluta dependencia” ante a Comisión Europea, á hora de decidir
o futuro do asteleiro Izar e o seu complexo militar. Rodríguez destacou a posibilidade de que a nova reestructuración
do sector naval que se quere impoñer podería haberse “pactado de antemán” entre a SEPI e a
Comisión Europea. (Fonte: El Correo
Gallego).
Unión Europea-Linguas
Bruxelas só recoñece o
galego, euskera e catalán
O Consello da UE comunicou oficialmente
a tódolos gobernos o seu recoñecemento das “tres versións lingüísticas da Constitución
Europea” nas linguas cooficiais recoñecidas polo Estado español, polo que as pretensións do
recoñecemento da lingua valenciana foron desestimadas, equiparándoa co catalán. Esta decisión
foi tomada trala comprobación de que dúas das traduccións “son idénticas”. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Rexións
Fraga pide a Bruxelas “realismo” nos
fondos de cohesión
O presidente Manuel Fraga pediu á
nova Comisión Europea, presidida polo portugués Durão Barroso, que aplique “con flexibilidade
e unha dose de realismo, os límites entre o nivel de renda dalgunhas rexións”. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Sociedade
Plan de igualdade de xénero apoiado
dende Bruxelas
Para contribuir á integración
das mulleres no mercado laboral, a rede Coruña Solidaria informou que a Unión Europea destinará
un plan de desenvolvemento titulado “En plan de igualdade” por valor de 1,3 millóns de euros, para ser realizado
en varios concellos coruñeses, como Carballo e Cerceda.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Diáspora
Servizo de urxencias en Venezuela
O país sudamericano desenvolverá
programas de apoio e solidariedade aos emigrantes galegos, a través da Deputación de A Coruña.
En Caracas, asinouse un convenio por valor de 60.000 euros, coa Sociedade Española de Beneficiencia, para
a posta en funcionamento dun servizo médico de emerxencia e a súa equipación técnica
necesaria. Outros centros venezuelanos tamén se beneficiaron con outros programas de axudas da deputación
coruñesa, así como centros de emigración galega na Arxentina e Uruguai. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Interconexión informativa luso-galaica
A Consellería de Asuntos Sociais,
Emprego e Relacións Laborais, colaborará con varias entidades galegas e do norte e Portugal, para
a organización de accións de difusión informativa a empresarios e traballadores, a través
do servizo Eures Transfronterizo, cunha aportación de 100.000 euros. Isto será posíbel grazas
aos convenios asinados pola Consellería coas universidades de Vigo e Minho, co Consello Sindical Interrexional
Galicia-Norte de Portugal, coa Confederación de Empresarios de Pontevedra e a Asociación Empresarial
do Alto Támega. (Fonte: El Correo
Gallego).
Pesca
A rede para a pesca mundial sostíbel
A localidade de Lira, no Concello de Carnota,
impulsa un proxecto denominado Rede de Comunidades Pesqueiras Artesanais para o Desenvolvemento Sostíbel
(Recopades), aberta a tódolos colectivos pesqueiros do mundo. Esta cofradía ten como membros a unha
asociación da Illa de Hierro, e as asociacións artesanais da Lagunas Costeras (Uruguai) e Puerto
Madryn (Arxentina). (Fonte: El Correo Gallego).
A puxa entre Greenpeace e Vigo
A ONG ecoloxista non abandonará
a cidade galega para continuar a súa campaña contra a pesca de arrastre, que a levou a un enfrontamento
co sector pesqueiro galego. Sobre os sucesos do asalto ao seu buque “MV Esperanza”, Greenpeace acusou de “incompetencia”
á Autoridade Portuaria, e cualificou os sucesos de “violentos”. Pola súa banda, a Autoridade anunciou
que non garante a seguridade do buque e instoulle a que zarpara.
(Fonte: El Correo Gallego).
Sociedade
Irlanda e o albariño
Catro periodistas irlandeses e un sumiller
dese país visitaron por primeira vez as Rías Baixas, para coñecer e degustar o tradicional
viño albariño, ademais dalgunhas outras variedades gastronómicas. (Fonte: La Voz de Galicia).
Xacobeo
Santiago e Cracovia, xuntas polo Camiño
A oferta cultural turística de
Santiago de Compostela en Polonia, incluiu en Cracovia a súa presentación como destiño de
peregrinacións a través da Ruta Xacobea, para todos aqueles interesados no turismo relixioso. (Fonte: La Voz de Galicia).
Diplomacia
Oleiros “colapsa” por e-mails contra
Sharon
Mais de dez mil mensaxes vía Internet
chegaron ao Concello de Oleiros tralo incidente mantido polo seu alcalde co goberno israelí polos calificativos
usados contra o seu primeiro ministro, Ariel Sharon. Segundo o alcalde, a maioría das mensaxes son de apoio
á causa palestina (uns 8.000), e o resto foron enviados en defensa do pobo xudeu. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 18/11/2004 |
 |
Pesca
Greenpeace perde o pulso contra pesqueiros
galegos
A ONU non imporá unha moratoria
para a pesca de arrastre de fondo, a principal demanda da ONG ecoloxista Greenpeace, contra os pesqueiros galegos
que faenan no Atlántico Norte. O colectivo ecoloxista recalou durante tres días en Vigo co seu navío
“MV Esperanza” para continuar coa súa campaña. Como protesta, mais de 500 armadores e mariñeiros
intentaron asaltar o navío ao consideralos responsábeis dun intento de frear a presenza da frota
galega nos caladoiros atlánticos. Por outra banda, Greenpeace considerou un “golpe mortal” a transferencia
de competencias do parque das Illas Atlánticas, dende o Ministerio do Medio Ambiente á Xunta de Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Economía
Bruxelas aínda non decide sobre
o veto a Izar Fene
Esta é a resposta da Comisión
Europea ante a interpelación realizada polo BNG a través da plataforma Galeusca, sobre a eliminación
do veto que lle prohíbe construir buques civís. Bruxelas acepta só parcialmente o principio
de solución para a crise de Izar proposto polo goberno español, tralo consenso cos sindicatos, pero
estaría dacordo en permitir que as factorías de Fene e Ferrol poidan formar parte no futuro dunha
compañía pública de construcción naval militar. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Economía
UE otorga programa Equal a Santiago
A capital galega porá en marcha
un plan de creación de empresas deseñado coa comarca e varios organismos locais, trala proposta aceptada
en Bruxelas no marco do programa comunitario Equal. O orzamento global do plan achégase aos 2,7 millóns
de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).
Economía
Marrocos como socio industrial militar
A compañía santiaguesa Uro
Vehículos Especiais (Urovesa) venderá ao goberno de Marrocos 100 unidades do vehículo lixeiro
Vam-TL, un modelo rexeitado polo ministerio de Defensa español en xuño pasado. O prezo de cada unidade
é de 30.000 euros e o Exército marroquí xa anunciou que as utilizará para manobras
no sur desértico, na zona da cordilleira do Atlas.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Turismo
Turgalicia en EEUU
A xuntanza anual Spanish Tourperators
Association permitiu á organización turística galega a promoción da nosa Comunidade
en EEUU e a apertura de canais de comercialización entre os principais operadores norteamericanos. (Fonte: El Correo Gallego).
Diplomacia
O alcalde de Oleiros se retracta
Trala polémica diplomática
suscitada polas declaracións do alcalde, Ángel García Seoane, contra o primeiro ministro israelí,
Ariel Sharon, que motivaron unha intervención do ministro de Exteriores español, Miguel Ángel
Moratinos, e o presidente da Xunta, Manuel Fraga, o propio Seonae baixou o ton retirando as frases ofensivas dos
carteis luminosos, substituíndoas por outras relativas á solidariedade co pobo palestino. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Galicia urxe o AVE Ferrol-Porto para
o 2009
Así o declarou o presidente Manuel
Fraga en Porto, durante a terceira edición dos “Encontros do Porto 2004: Relacións Portugal-España.
O caso do Norte de Portugal e das rexións autónomas de Galicia e Castela e León”. Fraga fixo
unha defensa da eurorrexión como factor de desenvolvemento económico e catalizador da proxección
exterior. (Fonte: El Correo Gallego).
Literatura medieval galaico-portuguesa
A especialista xermano-lusa, Carolina
Michäelis de Vasconcelos, publicou quince traballos sobre a literatura medieval galaico-portuguesa nun volume
coeditado pola USC e as universidades de Coimbra e Campiñas-São Paulo, baixo o título “Glosas
Marginais ao Cancioneiro Medieval Português de Carolina Michäelis de Vasconcelos” que foi presentado
en Lisboa. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 17/11/2004 |
 |
Diplomacia
Israel protesta por declaracións
contra Sharon
As denuncias do alcalde do concello coruñés
de Oleiros, Ángel García Seoane, cualificando ao primeiro ministro israelí Ariel Sharon de
“besta”, “asasino” e “nazi”, provocou unha forte protesta por parte do embaixador en Madrid, Víctor Harel.
O ministro español de Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, pediulle ao presidente da Xunta, Manuel
Fraga, e ao presidente da Federación Española de Concellos e Provincias, Francisco Vázquez,
que interveñan perante o alcalde Seoane para que retire a súa campaña contra o goberno israelí. (Fonte: www.vieiros.com).
Solidariedade
Axencia Humanitaria para Suramérica
No marco das xornadas da Academia Galega
de Seguridade en A Estrada, o presidente Manuel Fraga, enfatizou a necesidade de reforzala Axencia Humanitaria
de Galicia á hora de intervir en catástrofes en Sudamérica, como as acontecidas en Santo Domingo,
Vargas (Venezuela) e Santa Fe. (Fonte: El
Correo Gallego).
Posibél irmanamento A Guarda-Santo
Domingo
Os alcaldes da localidade galega e da
capital da República Dominicana, poderían asinar un protocolo de irmanamento, trala xuntanza dunha
delegación guardesa encabezada por Manuel Lorenzo Costa, alcalde dominicano. Nos séculos XIX e XX,
moitos guardeses emigraron á cidade caribeña, e incluso o ex presidente Juan Bosch Gabiño,
era neto do guardés Juan Gabiño Rodríguez.
(Fonte: Atlántico Diario).
Investigación
O mellor banco de datos do mundo
Galicia forma parte da mellor rede de
datos clínicos para transplantes do mundo, ubicado no hospital Vall d´Hebrón en Barcelona.
Isto permite coordinar unha importante ferramenta para a prevención e coñecemento epidemiolóxico
das infeccións dos trasplantados.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Acercamento entre Madrid e Santiago
O conselleiro Enrique López Veiga
anunciou ante os membros do Consello Galego da Pesca, a súa reconciliación co goberno Zapatero trala
aceptación de utilizar como base de negociación con Bruxelas a proposta galega de recuperación
das poboacións de merluza e cigala nas augas ibéricas. López Veiga acusara anteriormente a
Zapatero de non remitir esta proposta á UE.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Turismo
Promover o turismo rural na UE
A sociedade Pazos de Galicia promoveu
a creación da marca de calidade “Casas Grandes de Hispania”, co obxectivo de formar parte da rede europea
Europe of Tradition Consorcium, xunto a Irlanda, Reino Unido, Holanda e Portugal. A sociedade agrupa 27 pazos,
casas grandes e rectorais do turismo rural da comunidade galega.
(Fonte: El Correo Gallego).
Prestige
Mangouras voltará a Grecia
Dous anos despois da traxedia do Prestige,
a Audiencia Provincial de A Coruña estimou o recurso de apelación presentado pola defensa do capitán
do petroleiro Apostolos Mangouras, e decidiu concederlle un permiso de tres meses para voltar ao seu país. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 16/11/2004 |
 |
Diáspora
Integración económica para
os galegos do exterior
A Xunta e Caixanova colaborarán
na formación empresarial e de xestoría internacional dos emigrantes e os seus descendentes, co obxectivo
de crear unha rede profesional para a internacionalización das empresas galegas. Arxentina, Chile, México,
Venezuela, EEUU, Canadá, Alemania, Francia, Suiza e Reino Unido son os principais beneficiarios da aportación
de 120.000 euros por parte da Fundación Galicia Emigración para o funcionamento da Escola de Negocios
de Caixanova. (Fonte: El Correo Gallego).
O cinema dos emigrantes galegos
Ourense celebrou o IX Festival Internacional
do Cinema Independente cunha sección especial adicada ao fenómeno migratorio e a súa relación
co mundo cinematográfico, coa colaboración da Consellería de Emigración e o Consello
da Cultura Galega. Neste ciclo rendeuse unha homenaxe á figura de “Tacholas”, un emigrante galego cunha
gran traxectoria cinematográfica na Arxentina.
(Fonte: Atlántico Diario).
Unión Europea-Política
Participación galega na UE
O secretario xeral para as Relacións
coa UE e Cooperación Exterior, Jesús Gamallo, informou nunha sesión parlamentaria que en poucos
días podería chegarse a un acordo co goberno de Zapatero, que permita a participación dun
representante galego nos consellos de ministros en Bruxelas, para tratar asuntos da súa competencia. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Alianzas para os fondos europeos
O secretario xeral de Pesca, Juan Martín,
reuniuse cos conselleiros de Galicia, Andalucía, Cataluña e Baleares, para presentar unha iniciativa
que contemple medidas de apoio a sociedades mixtas, exportación a terceiros e a renovación da frota,
aos seus homólogos de Estonia, Lituania, Letonia, Grecia, Italia, Portugal, República Checa, Irlanda
e Finlandia, durante o Consello de Pesca da Unión Europea a celebrar a finais de novembro, co obxectivo
de concertar alianzas para modificar os fondos europeos para a pesca.
(Fonte: Atlántico Diario).
Pesca
Anfaco preside Euroatún
A Asociación Nacional de Fabricantes
de Peixes e Mariscos asumiu a presidencia de Euroatún, unha organización empresarial que representa
á industria atuneira e de conservas de España, Francia, Italia, Portugal e Inglaterra. (Fonte: Atlántico Diario).
Economía
Toyota busca ampliar mercado en Vigo
O presidente da multinacional xaponesa,
Ichiro Kiyoshima, visitou as instalacións da concesionaria automobilística na cidade galega, onde
manifestou a intención da empresa de elevar a cuota anual de descarga a curto prazo. Actualmente, Toyota
descarga 10.000 unidades e espérase elevar o índice a 50.000. (Fonte: Atlántico Diario).
Galeguidade
O galego no Congreso das Linguas
O profesor Rafa Villar, do departamento
de Normalización Lingüística da CIG, defendeu o relatorio Un futuro para o noso pasado: A resistencia
lingüística do pobo galego, no primeiro Congreso de las Lenguas celebrado en Rosario (Arxentina). Outros
relatores participantes foron a profesora María Pilar García Negro, coa ponencia Antigüidade
e modernidade da lingua galega. Este encontro internacional presidido por Adolfo Pérez Esquivel, tivo como
obxectivo impulsar o multilingüismo e a diversidade cultural dos pobos, en contra dunha visión globalizadora
que marxina e esquece idiomas como o galego.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Prestige
EEUU acollerá o primeiro xuízo
polo Prestige
Con toda probabilidade, será o
Tribunal Federal do Distrito Sur de Nova York a sede, en xaneiro do 2006, do primeiro xuízo polo caso Prestige,
cando o Estado español inicie a súa demanda civil contra ABS, a sociedade de clasificación
que supervisou o petroleiro. O paso inicial será unha “pre-trial conference” para dirimir a data inmediata
de xuízo. (Fonte: La Voz de Galicia).
Comunicación
“Pratos Combinados” para América
A serie emitida pola RTVG, “Pratos Combinados”,
poderase seguir en Venezuela, EEUU, Colombia e México no ano 2005, en lingua castelán, tralo acordo
alcanzado polo director xeral, Francisco Campos, cunha das canles comerciais mais importantes de Sudamérica. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 15/11/2004 |
 |
Solidariedade
A testemuña galega da traxedia
palestina
Dous galegos, Roberto Vila Sexto e Carlos
Sánchez Pardo, realizan tareas de cooperación nos campos de refuxiados palestinos para a Asemblea
de Cooperación pola Paz, como parte dunha serie de proxectos de desenvolvemento respaldados pola Axencia
Española de Cooperación Internacional, a Axencia de Cooperación para o Desenvolvemento da
Comisión Europea, e os concellos e gobernos autonómicos. As tarefas principais que desenvolven están
relacionadas coa provisión de auga, a saúde, os dereitos humanos, programas de desenvolvemento agrícola
e de axuda á muller. (Fonte: El Correo
Gallego).
Presión das ONGs para a loita contra
a pobreza
Santiago de Compostela acolleu a xuntanza
do III Encontro Federal de Coordenadoras Autonómicas onde as principais ONGs para o desenvolvemento salientaron
a necesidade de concentrar os seus esforzos na loita contra a pobreza e non na súa utilización como
ferramenta de proxección exterior. Tamén anunciouse unha campaña conxunta para o 2005 centrada
na reivindicación dos “Obxectivos do Milenio”.
(Fonte: www.vieiros.com).
Economía
A vantaxe china no comercio exterior
O país asiático obtén
un importante saldo no seu comercio exterior con Galicia, xa que a nosa Comunidade importa case cinco veces mais
do que exporta, sendo as vendas galegas dun valor de 22 millóns de euros mentres as compras foron de 125,63
millóns nos primeiros sete meses do ano. Con respecto ao 2003, as vendas galegas a China ascenderon un 1,17%
mentres as importacións baixaron un 7%, o nivel máis baixo en comparación coas demáis
autonomías. China convértese así no sexto socio comercial galego, tras Alemania, Francia,
Italia, Reino Unido e Países Baixos.
(Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Galicia presiona contra a pesca pirata
O Cumio da Comisión Internacional
para a Conservación do Atún Atlántico, ICCAT, reunido en Nova Orleáns, permitiu aos
armadores galegos iniciar a súa política de presión contra a competencia desleal a causa da
pesca ilegal, non declarada e non regulamentada. Galicia ten asegurada ata o 2006 as cuotas respectivas de atún
e peixe espada, pero busca neste cumio a confirmación das demandas e intereses da súa frota. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 14/11/2004 |
 |
Unión Europea-Marítima
Cruce de acusacións polas axudas
europeas para o Porto Exterior
Segundo o vicepresidente primerio da Xunta
e conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijoo, existe constancia de que o director
xeral de Fondos Rexionais da UE non recibiu ningunha solicitude de axudas económicas para a construcción
do Porto Exterior en A Coruña, de parte do goberno de Zapatero, e advertiu da posibilidade de que o caso
quede “arquivado”. Un representante do Ministerio de Fomento contestou a Feijoo asegurando ter remitido á
Comisión Europea a información necesaria para a concesión dos fondos. (Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
A Xunta axuda aos galegos de Cuba
Uns 410 galegos residente no país
caribeño recibiron este ano por parte da Consellería de Emigración, prestacións económicas
directas por valor de 123.000 euros, en forma de axuda individual de 300 euros, para cubrir as súas necesidades
básicas. (Fonte: El Correo Gallego).
Cultura
A análise das obras do Casco Histórico
de Compostela
No marco da II edición do Congreso
“Antigos espacios para tempos novos”, varios expertos mundiais na construcción analizarán as obras
en granito do Casco histórico compostelán, co obxectivo de abordar a rehabilitación dos espazos
das cidades históricas e a súa adaptación aos novos usos e demandas da sociedade. (Fonte: El Correo Gallego).
Economía
O Igape e as chaves do investimento en
Asia e EEUU
O Instituto Galego de Promoción
Económica, Igape, ofrece 295 estudios de mercado sobre 35 países, como base de datos para que empresarios
galegos decidan comezar ou ampliar a súa proxección exterior. Dos estudios, China ocupa o primeiro
lugar con 30 informes disponíbeis, seguido de EEUU con 24, Alemaña con 21 e Xapón con 19. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 13/11/2004 |
 |
Sociedade
A alimentación do século
XXI
Baiona foi a sede da III Edición
da Xuntanza Internacional da Alimentación e a Nutrición do século XXI, que contou coa intervención
da ministra de Sanidade e Consumo, Elena Salgado, e os principais investigadores científicos no campo da
nutrición, como Robert Pickard, Rodolfo Peoletti Hautvast, Alfredo Martínez, Gregorio Varela, Rafael
Tojo Sierra e Florence Stigler, entroutros.
(Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Castrosúa en China
A empresa compostelá de transporte
comezará a fabricar carrocerías de deseño á empresa Irizar, para a súa apertura
ao mercado chino, especialmente nas liñas destinadas ao bus urbano. (Fonte: El Correo Gallego).
Turismo galego en Polonia
O Concello de Santiago presentará
unha proposta de turismo cultural e relixioso neste país da Europa do Leste, recentemente admitido na Unión
Europea. As cidades de Varsovia e Cracovia coñecerán a oferta turística galega con exposicións
e a degustación de productos autóctonos, incluida a tradicional queimada. (Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Ribeira apoia ao inmigrante
Oito institucións de Ribeira constituíron
a Rede de Apoio ao Inmigrante, coa finalidade de realizar un proxecto para analizar a situación da poboación
estranxeira que reside no Barbanza, nas áreas de saúde, emprego, escolarización, orientación
legal, etc. A rede está formada por Cáritas, centros de saúde e de información á
muller, Cruz Vermella, consellería de Servizos Sociais, IES, Plan Comunitario e Unidade Asistencial de Drogodependencias,
editando un díptico informativo nos idiomas árabe, castelán, francés, galego e ruso. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 12/11/2004 |
 |
Portugal
Apoio para o AVE Vigo-Porto
O coordinador dos socialistas galegos
no Congreso, Antón Louro, saíu ao paso do escepticismo da Xunta e asegurou que o tren de alta velocidade
entre a cidade galega e a lusa estará listo para o 2009. Louro lembrou que o eixo atlántico de alta
velocidade é un dos proxectos que conta con maior participación orzamental no goberno Zapatero para
o 2005, calculado en 137 millóns de euros, mentres acusou ao PP de “confundir aos cidadáns”. (Fonte: El Correo Gallego).
Marítima
Piden á UE maior protección
sanitaria
As mariscadoras galegas que participan
no congreso internacional de Santiago pediron a Bruxelas un sistema público que recoñeza as enfermidades
profesionais. Pola súa banda, as representantes de Irlanda e Francia pediron protección social e
a inscrición nun réxime de cotizacións.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Solidariedade
Galicia con Centroamérica
A ONG galega “Arquitectos sen Fronteiras”,
presentou en Lugo unha colección de cadernos monográficos nos que detallan os aspectos técnicos
de proxectos na área centroamericana, como a construcción dun centro de promoción de dereitos
humanos en O Salvador, un banco de materiais para a mellora de vivendas en Nicaragua, a construcción dunha
casa de acolllida para nenos con alto risco social en Guatemala e o apoio para a construcción de 90 vivendas
en terras recuperadas pola comunidade indíxena e campesiña guatemalteca. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Marítima
Bruxelas mantén a súa política
con Izar
A Comisión Europea asegurou que
non se pode rebaixar ou recurrir ante o Tribunal de Xustiza europeo, polos 419,3 millóns de euros que España
deber recuperar polas axudas públicas a Izar e que foron consideradas como ilegais polo Executivo comunitario.
Esto foi o que respondeu a Comisión á demanda do eurodeputado polo PP, Daniel Varela. (Fonte: Faro de Vigo).
Sociedade
Retorna o vigués apresado en Exipto
hai 16 anos
O recluso español que máis
tempo pasou no cárcere dun país estranxeiro, regresou a Vigo, a súa cidade natal. José
Juan González Beltrán foi apresado en 1988 en Exipto por tráfico de drogas. A intensa mobilización
social para o seu retorno durou 16 anos, e agora farase unha revisión do caso que podería conducir
á súa liberdade. (Fonte: El
Correo Gallego).
Actor fisterrano protagoniza filme internacional
Ángel Pérez, de 29 anos,
ex empleado da ONU e radicado nos EEUU pasa a converterse en actor. Será o protagonista do filme “The Nexus”,
unha producción canadiense-suiza que se presentará en veintinco festivais internacionais. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 11/11/2004 |
 |
Portugal
Eurorrexión en crecemento
Segundo o presidente da Cámara
de Comercio de A Coruña, José García Costas, o intercambio comercial entre Galicia e Portugal
creceu un 54,72% nos últimos cinco anos. Esta declaración fíxose durante o I Encontro de Cooperación
Empresarial Luso Galaico realizado en Porto, e organizado polas Cámaras de Comercio de Vigo e A Coruña,
coa participación das principais firmas empresariais galegas e portuguesas. (Fonte: El Correo Gallego).
Dúbidas polo AVE Vigo-Porto
O presidente Manuel Fraga acusou ao goberno
de Zapatero de falta de compromiso con o Plan Galicia e puso en dúbida que o AVE Vigo-Porto, previsto para
o ano 2009, poida entrar en funcionamento. Fraga realizou estas declaracións en Lisboa, durante un cumio
con empresarios galegos e españois con inversións en Portugal. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Constitución
Levar a Constitución aos cidadáns
A Asociación cultural Iniciativa
Cidadá de Teo iniciou un ciclo de conferencias titulado “Constitución e Federalismo en Europa”, a
cargo do decano da Facultade de Ciencias Políticas da USC, Ramón Máiz Suárez, coa finalidade
de acercar o debate constitucional europeo aos cidadáns galegos.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Vigo e A Guarda manteñen cuotas
europeas
As frotas viguesa e de A Guarda manterán
nos próximos dous anos as maiores cuotas da UE para as capturas do peixe espada no Atlántico norte
e sur, en torno ao 82,5%, por riba de Ecuador, e o 93% do hemisferio sur. Estas cuotas se ratificarán no
próximo cumio da Comisión Internacional para a Conservación do Atún do Atlántico,
en Nova Orleáns, onde estarán presentes as organizacións empresariais viguesas e da súa
área metropolitana. (Fonte: La Voz
de Galicia).
Cooperación
Rehabilitar casco histórico de
Santiago de Cuba
O alcalde de Santiago, Sánchez
Bugallo, e o presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Alfredo Novoa Gil, asinaron un convenio
de colaboración para elaborar o Plan Maestro para a Rehabilitación de Santiago de Cuba, cidade irmanada
con Compostela desde 1992. O Concello de Santiago aportará 40.000 euros para este proxecto. (Fonte: El Correo Gallego).
As mulleres e a pesca
Santiago organizou o congreso internacional
de mariscadoras, pescadoras e investigadoras, “A muller na pesca”, onde 18.000 mulleres galegas puideron intercambiar
experiencias con 170 representantes de países europeos, africanos, latinoamericanos e asiáticos e
explicar o modelo galego de xestión. Do mesmo xeito, unha agrupación de mariscadoras de Cambados
departiu a súa experiencia con mulleres de Mozambique, Uganda e Francia. (Fonte: La Voz de Galicia).
Economía
Carne galega triunfa en Suramérica
Os excelentes resultados do cruce semental
do gando rubio galego en animais autóctonos do Brasil desde o ano 2000, permitiu o ingreso da carne galega
no mercado brasileiro, a través da iniciativa das autoridades do estado de Santa Catarina de implementar
o programa Carne Rubia Galega de Qualidade. Esto é parte do traballo da Asociación Nacional de Criadores
de Gando Selecto de Raza Rubia Galega, Acruga, que tamén está exportando os sementais galegos a Arxentina,
Uruguai, Paraguai, Costa Rica, Colombia e Venezuela, ademáis de Portugal. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 10/11/2004 |
 |
Economía
O interese galego en China
As marcas galegas Rías Baixas,
Albo, Cedeimar, Estrella Galicia e Porto Muiños, participaron nunha mostra de productos alimentarios en
Beijing, Shanghai e Hong Kong, coa finalidade de explorar un mercado en ascendente poder adquisitivo e exportar
as marcas galegas en cervexa, viño e conservas. Casto Cendón, director da consultora BTO, encargada
de organizar a mostra, afirmou dispoñer dun centro de representación no país asiático
para identificar exportadores e importadores.
(Fonte: El Correo Gallego).
Xacobeo
O traxe tradicional do Camiño
O congreso “Encontros Ibéricos
I”, organizado en Santiago pola Asociación do Traxe Galego, reuniu a diversos especialistas en traxes tradicionais
das diferentes comunidades do Camiño de Santiago, dende Navarra ata Portugal. Os expertos debatirán
aspectos vencellados á historia, cultura, uso, artesanía, complementos e acción institucional
do traxe tradicional. (Fonte: El Correo
Gallego).
Educación
Intercambio Vilagarcía-Bretaña
Un grupo de 25 estudiantes da localidade
francesa de Bretaña chegaron a Vilagarcía de Arousa, como parte dun intercambio cultural e educativo
con outros mozos da localidade galega. Os estudiantes galos foron recibidos polo alcalde, Javier Gago. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Cooperación
Un modelo galego de participación
na UE
Un grupo de mozos dos concellos de Outes,
Melide e Santiago foron recibidos en Bruxelas pola comisaria de Educación e Cultura, Viviane Reding, a quen
lle expuseron o proxecto “Actuacións en política da Mocidade. Participa”, un modelo de participación
da mocidade nas políticas da UE, proxecto financiado pola Comisión Europea, co apoio da Fundación
Galicia-Europa, cun orzamento de 120.000 euros. Os mozos exporán en decembro esta iniciativa no Parlamento
galego. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
O desguace da frota galega na NAFO
Na súa comparecencia no Parlamento
galego, o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, explicou que se estudia
a posibilidade de desguazar un número limitado de unidades da frota conxeladora galega que faena na NAFO,
ante o recorte de capturas nesta zona. (Fonte:
Faro de Vigo).
Marítima
A Royal Navy en Ferrol
O moderno buque anfibio HMS Albion, será
presentado pola embaixada británica e a Royal Navy co obxectivo de favorecer as relacións entre a
Mariña inglesa e a española.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Cooperación contra incendios
Os bombeiros de Verín, Xinzo de
Limia e o norte de Portugal, unirán esforzos para a construcción dun parque conxunto que permita
o control dos incendios. (Fonte: La Voz
de Galicia).
 |
| 09/11/2004 |
 |
Economía
O futuro de Izar-Fene
Os responsables da Sociedade Estatal de
Participacións Institucionais, SEPI, retrasaron ata mediados de novembro a xuntanza cos sindicatos para
analizar a proposta de integrar o asteleiro de Izar en Fene (Ferrol), a futura empresa militar, tralo coñecemento
de que Bruxelas non levantará antes do 2007 o veto que pesa sobre Fene para a construcción de buques
convencionais. O retraso obedeceu á necesidade de contar coa opinión da Comisión Europea sobre
os acordos alcanzados entre as partes. (Fonte:
El Correo Gallego).
Diáspora
Aproban Lei Electoral para os emigrantes
O Parlamento de Galicia aprobou a reforma
da Lei Electoral galega coa finalidade de garantir a efectividade no exercicio do voto para os electores residentes
no estranxeiro. Isto supón unha ampliación do prazo para a realización do escrutino xeral
dos votos. Agora se contabiliza desde o terceiro e o sexto día e, unha vez modificada a norma, se contará
desde o oitavo e o undécimo día.
(Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).
Polémica pola visita do alcalde estradense
a Bos Aires
A viaxe do alcalde estradense Ramón
Campos á capital arxentina, con motivo do 61 aniversario do centro estradense nesta cidade, xerou gran polémica
entre a oposición municipal, pola asignación dos gastos e as subvencións aos emigrantes. Unha
delas foi a anulación dunha subvención de 2.000 euros ao centro estradense de Caracas, cidade que
nesta ocasión non foi visitada polo alcalde Campos, mentres o centro de Bos Aires recibiu 4.000 euros. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Acordo Galicia-Chile
O presidente da Xunta, Manuel Fraga, e
o intendente da rexión chilena de Los Lagos, Patricio Iván Vallespín, asinaron un acordo de
cooperación para a mellora da eficacia dos productos pesqueiros e acuícolas, e a participación
conxunta en proxectos de investigación en áreas como o fomento productivo, a biotecnoloxía,
o medio ambiente, o control de calidade, a formación de pescadores e acuicultores e intercambios comerciais. (Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
Máis de 300 ilegais expulsados
O subdelegado do goberno en Pontevedra,
Delfín Fernández Álvarez, informou que no presente ano se dictaron nesta provincia 304 ordes
de expulsión a estranxeiros, principalmente brasileiros, rumanos, colombianos, marroquís e nixerianos,
por non contar con permiso de traballo, estancia irregular ou motivos de orde pública. (Fonte: La Voz de Galicia).
Homologan permiso de conducir para ecuatorianos
A Asociación Galega de Emigrantes
Retronados lembrou que dende o pasado 8 de setembro están recoñecidos os permisos de conducir emitidos
desde o país andino. Tamén se están a tramitar os permisos de Colombia e Venezuela. (Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Cultura e turismo luso-galaico
Segundo José Luis Sánchez
Agostino, presidente da Fundación Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, entre cuarenta e cincoenta alcaldes
de Galicia e Portugal se reunirán para iniciar un proceso de actividade recíproca de carácter
cultural e turístico. Os concellos portugueses integrados nesta ruta son Peñafiel, Oporto, Lisboa,
Santarén e Ourém. (Fonte:
La Voz de Galicia).
 |
| 08/11/2004 |
 |
Pesca
O exemplo galego para Chile
Unha delegación chilena visitará a nosa
Comunidade coa finalidade de avanzar no desenvolvemento dos sectores pesqueiro e acuífero e asinar un convenio
coa Xunta para o estreitamento de relacións.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Rexións
O atraso da Costa da Morte
No marco da mesa redonda “Aulas na Costa da Morte”,
organizada pola Universidade de A Coruña, os poñentes coincidiron na necesidade de implementar un
plan estratéxico para o desenvolvemento da comarca, que consideraron o litoral máis atrasado da Unión
Europea, baseándose nos seus indicadores económicos. Os participantes no foro propuseron o modelo
de desenvolvemento irlandés como o mais acorde para as localidades afectadas polo Prestige. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Marítima
Controversia política polo Porto
Exterior coruñés
O secretario de organización do PSOE, José
Blanco, arremeteu contra o conselleiro Alberto Núñez Feijoo pola súas promesas de construcción
do Porto Exterior de A Coruña. Blanco explicou a necesidade de traballar conxuntamente co goberno estatal
para conseguir os fondos europeos necesarios para garantizar a súa viabilidade, polo que eludiu comprometerse
na obra se non chegan os fondos dende Bruxelas. Blanco acusou ao conselleiro de ter “moita ansiedade” por ser candidato
á presidencia da Xunta. (Fonte: La
Voz de Galicia).
Sociedade
Fraga, Doctor Honoris Causa en Lisboa
A Universidade Clásica da capital lusa outorgará
ao presidente Manuel Fraga o Doctorado Honoris Causa pola Facultade de Dereito, segundo anunciou o rector desta
institución, a proposta da comisión científica do Senado desta institución. Con esta
distinción, o presidente Fraga obtén o seu Honoris Causa número 14 da súa traxectoria
académica. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 07/11/2004 |
 |
Solidariedade
Francia é o preferido para os
irmanamentos
O país galo, cun 22 por cento, e Portugal, cun
21 por cento, son os preferidos polos concellos e localidades galegas para establecer irmanamentos coas cidades
estranxeiras. Un total de setenta e tres concellos galegos forman parte dos irmanamentos, sendo un 55% con países
da Europa comunitaria. Destaca dun xeito especial o irmanamento entre a localidade lucense de Monforte de Lemos
co concello saharaui de Mahbes, un refuxio deste povo no deserto arxelino. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Ambiente
Acusan a Raxoi de retraso no proxecto
europeo de Santa Lucía
O voceiro de asuntos económicos do PP, Jesús
Pampín, acusou ao goberno santiagués de retrasos no saneamento da conca do río Santa Lucía,
proxecto financiado nun 80% coas axudas dos fondos de cohesión de Bruxelas, o que podería dar lugar
á suspensión do fianciamento. Na actualidade, estase tramitando unha prórroga ata o 2007. (Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Graniteiros galegos buscan mercados no
Leste europeo
Unha delegación da Asociación de Graniteiros
de Galicia, co apoio da Consellería de Innovación, iniciou unha misión comercial en Hungría
e Polonia para presentar as posibilidades de negocios para o granito galego nestes países, especialmente
no sector da construcción. Galicia cobre o 60% da producción e exportación do granito en España
e ten en Alemania, EEUU, Francia, Portugal e os Emiratos Árabes aos seus principais clientes. (Fonte: El Correo Gallego).
Turismo
Oferta turística galega en Londres
A Consellería de Cultura, Comunicación
Social e Turismo, a través de TurGalicia, presentou na capital británica a oferta turística
galega para o 2005, poñendo o énfase no turismo cultural, termal, náutico, da natureza e das
rutas das cidades. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 06/11/2004 |
 |
Xacobeo
Pastrana en Compostela
O ex presidente colombiano, Andrés Pastrana,
estivo na capital galega en compañía da súa esposa e filla pequena, nunha visita privada de
carácter privado. Pastrana reuniuse co presidente Manuel Fraga.
(Fonte: El Correo Gallego).
Sociedade
Innovación galega gaña
premio en París
O arquitecto santiagués Jacobo Domínguez
obtivo o premio da revista de deseño automobilístico “Interiors Motives Design Awards” na modalidade
absoluta e categoría de mellor innovación, pola presentación dun proxexto futurista de coche-sofá. (Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
A Estrada en Caracas
A Irmandade Galega de Caracas acolleu a festa gastronómica
do salmón e a richada organizada pola Sociedade de Fillos do Partido de A Estrada na capital venezuelana.
Ata o país bolivariano viaxaron dende Galicia o cociñeiro Fernando Anselmo do restaurante O Pote,
ademais do presidente da Fundación de Exposicións e Congresos, Miguel del Valle e Valentín
García, en representación do Concello. A sociedade estradense agrupa un colectivo de emigrantes procedentes
de A Estrada, Forcarei e Cerdedo. (Fonte:
El Correo Gallego).
Economía
Inditex abriu sucursais en Hungría
e Lituania
O grupo textil de Amancio Ortega inaugurou dúas
tendas nas principais zonas comerciais de Budapest e Vilnius, capitais húngara e lituana, completando a
súa expansión cara a Unión Europea dos 25. Con estas duas novas aperturas, Inditex acada unha
rede de máis de 2.000 establecementos en 55 países, sendo Rumanía e Panamá as dúas
próximas aperturas. (Fonte: El Correo
Gallego).
 |
| 05/11/2004 |
 |
Turismo
O Camiño en Polonia
O concelleiro de Turismo de Santiago de Compostela,
Francisco Candela, promocionará a Ruta Xacobea como destino turístico, relixioso e cultural nas cidades
polacas de Varsovia e Cracovia, afondando na vinculación da capital galega coa Ruta e a imaxe da Catedral. (Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
Foro Bilateral con Brasil
A Consellería de Emigración e o IGADI
colaboran na configuración e coordinación dunha rede de relacións entre empresarios galegos
e brasileiros, no marco dos Foros Bilaterais coa Diáspora galega relevante. As xuntanzas faránse
na cidade brasileira de Salvador de Bahía a finais de novembro.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 04/11/2004 |
 |
Pesca
Freo a Greenpeace
As asociacións nacionais de Armadores de Buques
Conxeladores de Pesca e Merluza (Anamer) e Pesquerías Varias (Anavar) sumáronse ás peticións
ao goberno estatal para que obrigue á organización Greenpeace a desistir das abordaxes en alta mar
contra buques pesqueiros galegos. (Fonte:
El Correo Gallego).
Inmigración
Maioría feminina
Un 51,05% dos inmigrantes entre 23 e 39 anos que habitan
en Galicia son mulleres, segundo o “Estudo sobre a inmigración en Galicia: inmigración e traxectorias”,
elaborado pola Consellería de Emigración. A provincia de A Coruña é a que mais mulleres
inmigrantes presenta, cun 54,15%. Nembargantes, os que mellor se integran socialmente son os homes emigrantes retornados
descendentes de emigrantes galegos ou españois, que suman un 25% do colectivo inmigrante. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Aplicación da Axenda 21
Santiago participa nun programa do Eixo Atlántico
destinado a aplicar melloras na calidade de vida dos cidadáns, denominado Axenda 21, e que se vai implantar
nas cidades e concellos galegos e do norte de Portugal, a través de foros de debate con tódolos sectores
sociais e profesionais. Nesta iniciativa tamén participan o Consello Municipal do Medio Ambiente e a empresa
Cidadanía. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 03/11/2004 |
 |
Diáspora
O regreso á terra nai
Un grupo de 136 emigrantes galegos maiores de 60 anos
e proveñentes de Cuba, Venezuela, Brasil, Uruguai, Arxentina e Chile, chegaron a Santiago como parte do
programa Rencontros das consellerías de Emigración e Familia. O obxectivo é o rencontro cos
seus familiares e coa súa terra natal e todos leva unha media de 45 anos sen pisar terra galega. (Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
As vantaxes laborais e sociais dos “latinos”
Segundo a Oficina de Cooperación e Voluntariado
da Universidade de A Coruña, a comunidade magrebí deixou de ser a máis numerosa en Galicia,
a favor dos latinoamericanos, quen posúen as mellores ofertas laborais polo seu coñecemento do español
e unha maior capacidade de integración social. Do mesmo xeito, a oficina afirma que o movemento migratorio
de maior chegada nestes momentos á nosa Comunidade é o que provén dos países de Europa
do Leste. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 01/11/2004 |
 |
Turismo
Turgalicia se promociona en Italia
A Xunta, a través de Turgalicia, presentou na
feira Bolsa de Turismo de Congresos en Florencia un amplo plan en materia de turismo de negocios e sobre as posibilidades
de investimento na nosa Comunidade. (Fonte:
El Correo Gallego).
|