|
 |
| 31/10/2004 |
 |
Portugal
A xuventude e o Eixo Atlántico
A Consellería Xeral de Xuventude celebrará en novembro en Santiago un seminario titulado “A Xuventude
como instrumento para o desenvolvemento dunha identidade común no Espazo Atlántico”, co obxectivo
de xestar ideas e proxectos comúns no Eixo Atlántico para a cooperación nos asuntos relativos
á problemática da mocidade.
(Fonte: El Correo Gallego).
Solidariedade
Galicia e a lacra da prostitución
A organización Solidariedade Internacional denunciou a situación en Galicia de mil mulleres procedentes
de Colombia, Nixeria e Europa do Leste que son obligadas a prostituírse, mediante a testemuña dunha
muller colombiana antiga prostituta e hoxe instructora dese organismo no seu país natal. (Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
A globalización da emigración
galega
O conselleiro de Emigración, Aurelio
Miras Portugal, presentou unha ponencia na Universidade das Ciencias Empresariais e Sociais en Arxentina, sobre
o protagonismo da diáspora galega no proceso globalizador e a necesidade de elevar o papel das diásporas,
como a galega, a irlandesa, a armenia ou a italiana, como axentes para o coñecemento mutuo e a convivencia.
Miras Portugal recibiu o Doctorado Honoris Causa desa institución universitaria. (Fonte: El Correo Gallego).
Marítima
Na defensa dos armadores galegos
A Asociación Española de
Titulados Náutico-Pesqueiros, Aetinape, pediu en Pontevedra á Fiscalía Xeral do Estado a súa
urxente intervención para frear os ataques da ONG ecoloxista Greenpeace contra a frota galega que faena
na pesca de arrastre das augas profundas da NAFO e Hatton Bank.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 30/10/2004 |
 |
Portugal
Potencian o atractivo turístico
do Eixo Atlántico
A inauguración en Vigo do VII Salón
de Turismo, Gastronomía e Artesanía Expogalaecia 2004 permitiu aos seus organizadores enviar unha
mensaxe destinada ao repotenciamento da promoción turísitica da eurorrexión Galicia-Norte
de Portugal, xa que cada ano visitan esta zona 9 millóns de persoas, e convertila na referencia do Eixo
Atlántico. A eurorrexión xera un negocio valorado en 8.109 millóns de euros anuais, principalmente
nas áreas de gastronomía, hostelería, oferta cultural e a alternativa das praias costeras.
Na exposición participan representantes de mais de 30 países. (Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Galicia interesa a Suráfrica
O embaixador surafricano en España, Gert Johannes Grobbler, visitou Vigo e Santiago, onde reuníuse
co presidente da Xunta Manuel Fraga e a alcaldesa viguesa Corina Porro, amosando o interese do seu país
en activar relacións comerciais con Vigo e Galicia en xeral en pesca, industria automotriz, textil e turismo.
Grobbler visitou a feira Expogalaecia e foi invitado para o seminario económico que o Concello de Vigo organizará
o próximo ano sobre as relacións Galicia-Suráfrica.
(Fonte: Faro de Vigo).
Solidariedade
Cooperar na cooperación
O Fondo Galego de Cooperación convocou
en Vigo a tódolos actores da cooperación ao desenvolvemento de Galicia, principalmente ONGs, universidades,
partidos políticos e administracións públicas, no marco da xuntanza “Cooperar na cooperación”,
coa finalidade de evaluar o estado da cooperación na nosa Comunidade e definir estratexias para favorecer
unha maior acción cívica. Un dos principais argumentos da xuntanza foi a necesidade de facilitar
a creación dun lobby perante os partidos políticos, debido ao escaso interese que presentan a respecto
da cooperación e o desenvolvemento.
(Fonte: La Voz de Galicia e Atlántico Diario).
 |
| 29/10/2004 |
 |
Portugal
Interconexión para os aeroportos
luso-galaicos
O presidente do Eixo Atlántico
e alcalde de Porto, Rui Río, anunciou o plan estratéxico para as cidades de Galicia e o norte de
Portugal que consiste en unificar o funcionamento dos seus respectivos aeroportos. Este plan presentarase en xaneiro
nunha conferencia en Vilagarcía de Arousa. (Fonte:
El Correo Gallego).
Intercambio de experiencias empresariais
O presidente da Cámara Municipal
de Peñafiel, Alberto Santos, manifestou en Pontevedra a necesidade de potenciar intercambios empresariais
no marco da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, destacando o xa existente en actividade vinícola,
área na que a súa cidade produce o 20% do viño portugués. (Fonte: El Correo Gallego).
Centro de Estudos Eurorrexionais en Ourense
As tres universidades galegas e as das
localidades portuguesas de Minho, Tras os Montes e Alto Douro e Porto asinaron xunto á Xunta de Galicia,
o Eixo Atlántico e a Comisión de Coordinación da Rexión Norte de Portugal a posta en
marcha do Centro de Estudos Eurorrexionais no campus de Ourense, co obxectivo de potenciar accións conxuntas
en materia científica e institucional.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
A necesidade da interculturalidade
O II Congreso Internacional de Atención
Temprana en Santiago analizou a nova realidade dos centros escolares galegos ante a chegada de nenos inmigrantes,
onde un 1,4% da poboación escolar galega é de orixe estranxeiro. Os ponentes destacaron o papel dos
nenos e adolescentes inmigrantes como mediadores entre a súa familia e a nova cultura como mecanismo de
integración, materia na cal avogaron polo reforzo da interculturalidade. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Indignación dos pescadores galegos
cara Madrid
O goberno español non asumiu a
defensa en Bruxelas do plan de recuperación da merluza e a cigala deseñado polo Consello Galego de
Pesca, o que deixa en situación comprometida aos pescadores galegos que faenan en augas ibéricas.
España intentou fixar accións conxuntas con Portugal para buscar alternativas, mentres remataba o
prazo outorgado pola Comisión Europea para presentar alegacións á proposición inicial
de Bruxelas. (Fonte: La Voz de Galicia).
CIG-Mar denuncia acoso de Greenpeace
O secretario xeral da central sindical
galega, Xavier Aboi, acusou á ONG Greenpeace de prestarse a unha campaña de acoso e derribo contra
a nosa frota no Atlántico Norte, tralo escándalo suscitado con dous barcos galegos perseguidos polo
buque ecoloxista “Esperanza” en Hatton Bank.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Marítima
Galicia e Noruega reforzan relacións
comerciais
A visita a Vigo da presidenta da Cámara
de Comercio Hispano-Noruega, Carmen Sanz, permitu resaltar o excelente momento das relacións entre os dous
países e o papel de Galicia nesta materia. Sanz afirmou a colaboración de Izar con empresas noruegas,
especialmente no sector marítimo, coa entrega para o próximo ano de cinco fragatas á Mariña
noruega. Tamén resaltou o rol dos asteleiros vigueses en canto á colaboración pesqueira e
a presenza dun buque de apoio a plataformas petrolíferas.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Economía
Erros no informe europeo sobre Galicia
A publicación da “Memoria sobre
a situación económica e social de Galicia” ten, en palabras de Pablo Egerique, presidente do Consello
Económico e Social da UE, un “erro importante” no capítulo onde se compara a riqueza de Galicia coas
das rexións dos dez novos membros da UE. No informe preliminar se aseguraba que Galicia só superaba
en PIB per cápita a seis das 41 novas rexións europeas cando en realidade a situación é
xustamente a contraria. Só seis das novas rexións son máis ricas que Galicia, polo que o posto
correcto da nosa Comunidade dentro do grupo é o séptimo e non o número 35. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 28/10/2004 |
 |
Pesca
Jealsa Rianxeira compra unha fábrica
chilena
A conserveira galega comprou un tercio
das actividades da chilena Robinson Crusoe, o que reafirma a súa sólida presencia no mercado suramericano,
xa manifestada dende a instalación dunha planta en Guatemala. O conselleiro delegado de Jealsa, Jesús
Alonso, fixo este anuncio durante o congreso da Asociación Española de Codificación Comercial
en Santiago, destacando que a firma tamén comezou a construcción dunha planta en Marrocos, que podería
finalizar no 2005. (Fonte: El Correo Gallego).
Política
O BNG presiona polo Eixo Atlántico
O voceiro do partido nacionalista, Francisco
Rodríguez, pediu a devolución do proxecto de lei de Orzamentos do Estado para o 2005, porque non
atende as necesidades de Galicia, aínda que abriu a posibilidade dun acordo “se fai o xesto de acelerar
as obras do Eixo Atlántico no tramo entre Ferrol e a fronteira con Portugal”. Rodríguez demandou
307 millóns de euros mais nas contas estatais para o ferrocarril galego. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Economía
Comisión europea podería
levantar veto a Izar Fene
Nunha xuntanza mantida entre responsables
das áreas de industria das administracións galega e europea, quedou aberta a posibilidade de que
a Comisión Europea poida levantar o veto que impide a Izar Fene a construcción de buques civís.
(Fonte: El Correo Gallego).
Galicia afástase da Europa “rica”
O último informe do Consello Económico
e Social da UE constata que a ampliación fixo que Galicia perdera posicións cara o resto das rexións
comunitarias. Das 252 rexións existentes, 217 son máis ricas que Galicia, e só 34 teñen
peores datos. Dos dez novos países do Leste, con 41 rexións, 35 superan a Galicia en riqueza, só
estando por riba de Chipre, Malta, Eslovenia, Eslovaquia, Hungría e unha rexión da República
Checa. (Fonte: Faro de Vigo).
Apoio europeo para o porto exterior coruñés
A obra do porto exterior coruñés
en Punta Langosteira contará co apoio dunha sucursal en Bruxelas, coa finalidade de conseguir a subvención
europea valorada en 280 millóns de euros. Así o afirmou o alcalde de A Coruña, Francisco Vázquez,
que agradeceu a colaboración ao respecto do ministro, Pedro Solbes. (Fonte: La Voz de Galicia).
Solidariedade
Pontevedra, a mais solidaria co povo
saharaui
A representante do povo saharaui en Galicia,
Fátima Mohamed, agradeceu a colaboración do goberno pontevedrés, trala xuntanza mantida con
subdelegado do goberno, Delfín Fernández Álvarez, e manifestou que “os pontevedreses son os
galegos mais solidarios” co Sáhara. Mohamed anunciou un novo proxecto para os campos de refuxiados, polo
que está a organizar unha caravana de axuda.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 27/10/2004 |
 |
Unión Europea-Ambiente
Chipre, Malta e Grecia bloquean sancións
aos buques contaminantes
Os tres países mediterráneos
impediron en Bruxelas un acordo para impoñer sancións penais por contaminación marítima,
coa finalidade de evitar catástrofes como a do Prestige en Galicia. Isto era unha demanda solicitada polo
Consello Europeo en marzo do 2003, polo que agora a decisión pasará a manos do propio Consello. Segundo
o ministro de Xustiza holandés, Piet Hein-Donner, quen falaba en nome da presidencia europea, os problemas
“non son de índole xurídica, senón política”. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Plan galego sen presencia en Bruxelas
O conselleiro de Pesca, Enrique López
Veiga, amosou a súa indignación polo retraso de Madrid en elevar ante a Comisión Europea o
plan elaborado por Galicia para a recuperación dos stocks de merluza e cigala en augas ibéricas.
Dentro dun mes, a Comisión presentará unha proposta de TAC e cuotas para o 2005 e o goberno español
aínda non presentou o plan galego “nin oficial nin informalmente, por non considera-lo urxente”, en palabras
de López Veiga. (Fonte: La Voz de
Galicia).
Unión Europea-Política
O BNG presiona a Bruxelas polo Prestige
e Izar
No marco dunha serie de iniciativas presentadas
ante o Parlamento Europeo, a deputada pola coalición Galeusca, Ana Miranda, recordou a necesidade de abordar
a cuestión do Prestige e que o informe aprobado no seu día pola Cámara avogaba pola autorización
para construir petroleiros de dobre casco nos asteleiros galegos, por tratarse de territorios “gravemente” afectados
pola catástrofe. Do mesmo xeito, Miranda formulou unha serie de cuestións nas que destacaba unha
iniciativa de solución da crise de Izar.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Educación
Universidades galegas e o sistema europeo
Baiona foi a sede das II Xornadas de Calidade
do Sistema Universitario, evento realizado coa finalidade de converxer cara o novo Espacio Europeo da Educación
Superior para o 2010, que traerá cambios no sistema de docencia e nas titulacións. Un centenar de
decanos e directores de universidades galegas participaron no encontro.
(Fonte: Faro de Vigo).
Diáspora
Vacacións para lembrar
Uns 140 galegos emigrantes en Holanda,
España, Francia e Alemaña gozaron de duas semáns de vacacións gratuitas en Panxón,
como parte do programa “Vacacións para Lembrar” da Xunta. O presidente Manuel Fraga manifestou que o traballo
do seu equipo de goberno cara a diáspora “é o que dispensa máis axuda que calquera outro país
do mundo”. (Fonte: El Correo Gallego).
Solidariedade
A exame a axuda internacional galega
Unhas 130 ONGs galegas que desenvolven
proxectos de cooperación internacional en América Latina e os países lusófonos reuniranse
en Vigo para analizar e compartir as experiencias dos 49 proxectos que actualmente están en curso. Na mesma
xuntanza participarán as universidades de Vigo, Santiago e A Coruña, así como representantes
da Xunta e os concellos. O encontro está organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. (Fonte: El Correo Gallego e Atlántico Diario).
Vigo colabora co Fondo Galego de Cooperación
O presidente deste Fondo, Alfredo Novoa,
recibiu do Concello de Vigo un aporte de 64.600 euros para proxectos de cooperación ao desenvolvemento en
países do sur, a través de ONGs ou intervención directa. O Fondo Galego de Cooperación
está conformado por 64 municipios, entre os q ue se contan as sete principais cidades galegas. (Fonte: Atlántico Diario).
Terrorismo
A Lama e os islamistas
Os funcionarios do cárcere pontevedrés
recibiron instruccións da Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias para extremar a seguridade
dos reclusos islamistas e líderes relixiosos islámicos que teñan ascendente sobre os demais
presos de orixe magrebí. As fmesmas ontes afirman que unha ducia de reclusos poderían axustarse a
estas medidas, especialmente un arxelino membro do Grupo Islámico Armado, e un marroquí implicado
no 11-S en EEUU. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 26/10/2004 |
 |
Cooperación
Colaboración tecnolóxica
en Arxentina
Trala audiencia ofrecida a Roy Abelardo
Nikisch, gobernador da provincia arxentina do Chaco, o presidente da Xunta, Manuel Fraga, avogou polo incremento
da cooperación tecnolóxica internacional, coa finalidade de preparar aos universitarios na creación
de empresas. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
O acoso de Greenpeace
Un pesqueiro galego, o “Praia de Menduiña”,
foi obxecto de persecución por parte da ONG “Greenpeace”, nas augas do Hatton Bank, preto do noroeste de
Irlanda, trala acusación de “destrucción de especies e parte do hábitat” por pesca de arrastre
nas profundidades do Mar do Norte. O xerente adxunto da Cooperativa de Armadores de Vigo, José Antonio Suárez
Llanos, calificou de “inadmisíbel” a medida da ONG, por considerar que o barco mantén en regra os
seus permisos, licencias e autorización comunitarias para pescar nas augas da NAFO. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
A empresa lusa Cimpor expándese
en Galicia
O xigante cementeiro portugués
Cimpor adquiriu o 54,41% das accións da empresa galega Materiales Atlántico por valor de 4,5 millóns
de euros, a través da súa filial en España, Corporación do Noroeste. A iniciativa é
parte do principal obxectivo da empresa lusa de facerse co control do mercado ibérico do cemento. (Fonte: La Voz de Galicia).
Política
O PSOE e a proxección exterior
de Galicia
O secretario xeral dos socialistas galegos,
Emilio Pérez Touriño, anunciou que a súa tolda política presentará unha proposta
de reforma do Estatuto de Autonomía que permita o recoñecemento dunha maior presenza internacional
de Galicia en tódolos ámbitos. Touriño explicou que esta proposta inclúe unha maior
capacidade da Xunta para abrir oficinas ou delegacións no estranxeiro, ben autonómicas ou vencelladas
ás institucións estatais e tamén competencias en portos, aeroportos, seguridade marítima
e policía autonómica. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Inmigración
Aumentan os inmigrantes nas empresas
galegas
Segundo datos do Consello Galego de Relacións
Laborais relativos a 2003, o número de traballadores estranxeiros afiliados á Seguridade Social elevouse
a 15.516, catro veces máis en comparación co ano 1998. A distribución territorial das novas
contratacións favorece as provincias de A Coruña e Pontevedra, que concentran a máis de 11.000
afiliados. Por outra banda, un estudo de CC OO asegura que só un 10% dos inmigrantes logra mellorar a súa
situación laboral respecto ao seu país de orixe.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Economía
PSOE ve “razoable” supresión de
veto a Izar Fene
O partido de goberno en Madrid calificou
así a decisión de Bruxelas de suprimir o veto do asteleiro galego, o cal tería que producirse
paralelamente á aprobación dos plans de reconversión do sector naval español. (Fonte: La Voz de Galicia).
Arqueoloxía
Unha proba da relación entre Galicia
e Xerusalén
Tras varias diverxencias entre Vigo e
Santiago, un ungüentario do século VI atopado hai catro anos nas obras do túnel no Areal vigués,
será finalmente exposto no Museo das Peregrinacións da capital galega. Este peza foi considerada
por Vicente Caramés, arqueólogo do Museo do Mar en Vigo como unha proba das tempranas relacións
comerciais e culturais entre Galicia e Xerusalén.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 25/10/2004 |
 |
Portugal
Galicia e Portugal, unidas polo fútbol
A Federación Galega de Fútbol,
a Asociación de Fútbol de Viana do Castelo, a Asociación de Fútbol de Porto e a Asociación
de Fútbol de Braga asinaron un documento de colaboración para cooperar no fomento do balompé
e apoiar a organización de eventos deportivos nas zonas metropolitanas de Porto, Minho e Galicia. Isto suporá
tamén un intercambio cultural e económico. (Fonte:
El Correo Gallego).
 |
| 24/10/2004 |
 |
Cultura
Farruco Sesto en Galicia
O ministro de Cultura da República
Bolivariana de Venezuela, Farruco Sesto Novás, visitou Santiago, Vigo e Baiona, con motivo dun convite de
achegamento cultural entre Galicia e Venezuela. Na capital galega, Sesto, vigués de nacemento e poeta en
lingua galega, foi recibido polo alcalde en funcións e conselleiro de Cultura, Néstor Rego, e reuníuse
con membros dos sectores culturais. En Baiona asistiu a un acto folklórico. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Vigo, eixo estratéxico da Eurorrexión
A cónsul de Portugal en Galicia,
María Regina Flor Almeida, salientou, durante a inauguración do undécimo salón do moble
Vigofeira, a importancia da cidade galega na consolidación da Eurorrexión e o desenvolvemento dun
tecido industrial de dinamización das áreas periféricas da UE. (Fonte: El Correo Gallego).
Galp apunta investimentos en Galicia
A petroleira lusa anunciou investimentos
por valor de 250 millóns de euros en comunidades autónomas prioritarias como Galicia, Valencia e
Madrid, para o período 2004-2008, como parte do plan de expansión na península. (Fonte: El Correo Gallego).
Sociedade
Honoris Causa na InterAmerican University
O rexidor de Teo, Armando Blanco, recibiu
o Doctorado Honoris Causa en Desenvolvemento Social pola InterAmerican University de Nova York, fronte a unha completa
representación política, cultural, policial e empresarial galega na cidade estadounidense. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 23/10/2004 |
 |
Inmigración
20.000 inmigrantes ilegais en Galicia
Segundo datos de CCOO, nos derradeiros
catro anos, multiplicouse por seis o número de estranxeiros ilegais na nosa Comunidade, de 3.000 no 2000
a 20.000 na actualidade. A secretaría de Información da central sindical en Ferrol informou que o
servizo doméstico está a converterse na principal actividade para as mulleres inmigrantes e que a
maioría proveñen de países latinoamericanos, especialmente Colombia, Ecuador e Perú.
(Fonte: El Correo Gallego).
Forte presencia emigratoria galega
Segundo o director xeral de Emigración
do Ministerio do Traballo, Jesús Ramón Copa, un de cada tres españois emigrantes é
galego, e un 20% dos emigrantes retornados proveñen de Galicia “aínda que non todos regresan a Galicia,
senón que os retornados de segunda e terceira xeración prefiren facelo a lugares con maior oportunidades
profesionais, como Madrid ou Barcelona”. No 2003, de 45.800 españois que retornaron, 9.000 foron galegos.
(Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Fragueiro defende axudas pesqueiras europeas
O secretario xeral de Pesca Marítima,
Juan Carlos Martín Fragueiro, trasladouse a Bruxelas para manter unha xuntanza cos seus homólogos
de Francia, Italia e Polonia, coa finalidade de discutir a proposta da Comisión Europea sobre as axudas
á pesca, a acuicultura e a comercialización e transformación no período 2007-2013.
Un documento resume desta discusión achegarase a países interesados como Portugal, Irlanda e Grecia.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 22/10/2004 |
 |
Unión Europea
Reforzan laboratorio de Toxinas de Vigo
Coa finalidade de cumprir cos requisitos
de Bruxelas e converti-lo en referencia
europea, o ministerio de Sanidade acordou coa Comisión Europea unha moratoria para reforzar, en recursos
e infraestructura, o laboratorio especializado en Biotoxinas Mariñas de Vigo. O prazo expiraba o 30 de novembro. (Fonte: Faro de Vigo).
Diáspora
Garantías para o voto emigrante
O Consello da Xunta aprobou o proxecto
para reforma-la Lei de Eleccións ao Parlamento de Galicia, coa finalidade de ampliar o prazo para o escrutinio
do voto dos emigrantes e garantir que os sufraxios do estranxeiro cheguen a tempo ás xuntas electorais.
O presidente Manuel Fraga manifestou que a modificación débese á brevedade dos prazos actuais
“frente ao funcionamento dos servizos de correos nalgúns países, sobre todo de Sudamérica”.
Esta proposta constituía unha vella demanda do Consello Xeral da Emigración. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
As fortalezas defensivas con Portugal
A Xunta, a Unión Europea e a Comunidade
Intermunicipal do Vale do Minho investirán 6,8 millóns de euros na recuperación das fortalezas
defensivas entre España e Portugal, situadas nos derradeiros quilómetros do curso do Río Miño,
xa que representan patrimonio histórico, cultural e monumental.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unha boa acollida da Unesco
A candidatura galaico-portuguesa para
o Patrimonio Oral e Inmaterial da Unesco tivo unha boa acollida por parte do organismo da ONU, tal e como destacou
o Consello da Cultura Galega. Unha delegación trasladouse a París para a entrega do informe da candidatura,
acompañados da embaixadora lusa ante a Unesco e o representante español. (Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Fadesa ingresa no mercado polaco
Segundo Manuel Jove, presidente da inmobiliaria
galega, estase rematando un acordo de investimento superior aos 150 millóns de euros para a construcción
de entre 1.300 e 1.500 vivendas e un complexo hoteleiro no país do Leste europeo. Todo isto forma parte
do plan estratéxico 2005-2010 que proxecta expandirse en Europa, Latinoamérica e EEUU. (Fonte: La Voz de Galicia).
Un galego para dirimir conflicto comercial
EEUU-Arxentina
O catedrático de Dereito Civil
e director da EGAP, Domingo Bello Janeiro, iniciou na sede do Banco Mundial en París a mediación
da demanda da empresa estadounidense AES contra o goberno arxentino polo impago de 1.000 millóns de dólares
en investimentos enerxéticos. O Tribunal de Arbitraxe Internacional decidiu reunirse en París, debido
a que os seus tres membros viven en Europa.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia-Presencia
Nations in Bloom en A Coruña
O Concello coruñés completou
en Niágara (Canadá) a presentación da próxima edición do certame urbanístico
“Nations in Bloom”, que inauguraráse en novembro do 2005 na cidade galega. Este evento reunirá a
50 cidades mundiais para outorgar premios a aquelas que presenten os mellores modelos de xestión urbana. (Fonte: La Voz de Galicia).
Turismo
Santiago presente en feira de Río
de Janeiro
Unha delegación de Turismo da capital
galega asistiu na cidade brasileira á feira de Turismo “Exposiçao e Congresso Brasileiro de Agencias
de Viagens”, na que se deron cita setecentas axencias emisoras de viaxes organizados do Brasil e 18.000 profesionais
do turismo internacional. (Fonte: La Voz
de Galicia).
 |
| 21/10/2004 |
 |
Unión Europea-Política
Senado aproba demanda europea de Galeusca
A moción presentada pola agrupación
Galeusca (BNG, PNV e CiU), de propoñer unha participación directa das rexións no Consello
de Ministros en Bruxelas, e que fora defendida polo nacionalista galego Anxo Quintana, foi aprobada en sesión
plena no Senado, recibindo o apoio de tódolos partidos menos o PP e IU. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Bruxelas presiona sobre o laboratorio
de Biotoxinas de Vigo
O conselleiro de Pesca, Enrique López
Veiga, defendeu na capital europea a necesidade de que o Laboratorio Comunitario de Referencia en Biotoxinas Marinas
ubicado en Vigo, “continúe en Galicia”, xa que dende Bruxelas presionáse para que o goberno español
dote ao laboratorio de mellores medios, só pena de quitarlle o seu recoñecemento como centro de referencia
europeo. López Veiga reuníuse coa directora de Seguridade Alimentaria da Comisión Europea,
Paola Testoria, á que lle propuso a ubicación do centro en Vilaxoán, Pontevedra. (Fonte: El Correo Gallego).
Patente galega para o ADN das especies
mariñas
O Instituto Español de Oceanografía
(IEO-Vigo), o Centro Tecnolóxico do Mar, o Instituto de Investigacións Mariñas e as universidade
de Santiago e Vigo, coa cooperación da conserveira Bernardo Alfageme, patetaron diversos métodos
dos patróns moleculares das especies mariñas, para poder rastrear bioquímicamente en calquera
momento unha cadea de producción e os puntos de venta no mercado. Estes sistemas desenvolvidos polos científicos
galegos son un complemento nas normas de etiquetado vixentes na UE desde 2002. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Ambiente
A Xunta rexeita condena ambiental europea
Trala detección, por parte do satélite
Envisat da Axencia Espacial Europea, dunha acumulación de óxido de nitróxeno entre O Courel
e o val do Sil en Lugo, Bruxelas enviou unha protesta á Xunta sobre a presenza do contaminante, medida posteriormente
rexeitada polo goberno galego, que non atopa explicación lóxica á acumulación contaminante. (Fonte: La Voz de Galicia).
Diáspora
Centro de Atención aos emigrantes
A partir de novembro funcionará
na Cidade Infantil Príncipe Felipe de Pontevedra, un centro de atención aos emigrantes retornados,
gracias aos fondos recibidos polo Programa Interreg e o asinamento dun convenio entre o conselleiro de Emigración,
Aurelio Miras Portugal, e o presidente da Deputación pontevedresa, Rafael Louzán. Do mesmo xeito,
aprobouse o outorgamento de prestacións económicas aos emigrantes galegos e os seus descendentes
en Iberoamérica por valor de 240.000 euros. No 2004, case 6.000 emigrantes solicitaron axudas, 1.100 máis
co ano pasado. (Fonte: El Correo Gallego).
Visita empresarial dende América
do Sur
O senador socialista da emigración
e empresario venezuelano, Cándido Rodríguez, está organizando unha visita de empresarios,
principalmente de Venezuela, Uruguai e Brasil, á provincia de Ourense, co obxectivo de coñecer a
realidade económica. Aínda que non se coñece con exactitude a data, confirmouse que será
antes de fin do ano. (Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
A integración idiomática
Un empresario palestino, Ghaleb Jaleb
Ibrahim, e os médicos Maruan Chewkei (sirio) e Emili Sabbagh (xordano), con máis de trinta anos en
Galicia, expuseron en Santiago a súa experiencia de integración na nosa Comunidade, durante unha
intervención nas xornadas de innovación educativa. Incluso poideron expresarse en galego, amosando
o éxito da súa integración social, afirmando que o idioma foi o primeiro obstáculo
que tiveron que superar. (Fonte: La Voz
de Galicia).
Ciencia
Éxito de Zeltia no combate contra
o Alzheimer
O grupo químico e farmacéutico
galego anunciou que un composto elaborado pola súa filial Neuropharma amosou exitosamente a súa eficacia
en animais, polo que o composto NP0361 “mellorará significativamente” a función cognitiva da patoloxía
tipo Alzheimer. Zeltia está a obter un gran éxito en EEUU.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Sociedade
A cociña galega en EEUU
A cidade de Cleveland, no Medio Oeste
dos EEUU, ten no restaurante “Mallorca” a máis completa e variada presenza gastronómica galega na
rexión, dene o viño Albariño ata a popular tortilla galega con chourizo, todo con productos
da terra. Os propietarios son un pontevedrés e un ourensán con máis de trinta anos no país
norteamericano, os cales aseguran que o 90% dos seus pratos son a base de mariscos e peixe. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 20/10/2004 |
 |
Unión Europea-Política
Galeusca demanda máis participación
na UE
A agrupación nacionalista conformada
polo BNG, o PNV e CiU, presentou unha moción no Senado instando ao goberno estatal a defender a participación
directa das comunidades en Bruxelas. (Fonte:
El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Borg visitará Galicia
O futuro eurocomisario de Pesca, o maltés
Joe Borg, asegurou ao conselleiro de Pesca Enrique López Veiga, que unha vez asuma o seu cargo, a primeira
visita que fará será a Galicia, invitado persoalmente polo presidente Manuel Fraga. Borg informou
tamén que reconsiderará manter as axudas para a creación de empresas mixtas. (Fonte: Faro de Vigo).
Diáspora
60.000 euros para o Fogar Español
de Ancians en Montevideo
No marco da visita a Uruguai da comitiva
da Deputación de A Coruña, o seu presidente Salvador Fernández Moreda, visitou as instalacións
do Fogar Español de Anciáns na capital, Montevideo, para facer unha aportación económica
de 60.000 euros que permita crear un centro diurno de atención e recreación para as persoas da terceira
idade, cunha capacidade para trinta persoas.
(Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Luz verde para o tren Vigo-Porto
O ministerio de Fomento anunciou a reactivación
do novo corredor ferroviario entre Vigo e Porto, tras catro anos de inactividade. Informou tamén que espéranse
iniciar obras no 2006, como parte do Eixo Atlántico que parte de A Coruña, e que estudiaráse
o seu impacto ambiental. (Fonte: La Voz
de Galicia).
Festival cultural galaico-portugués
en O Carballiño
A localidade ourensán organizará
a edición número 22 deste festival coa actuación do Orfeâo Vila Praia de Áncora,
e o Coro de Cámara do Club Artístico. Por outra banda, un grupo de investigadores do Centro de Investigacións
Forestais e Ambientais da localidade pontevedresa de Lourizán, participaron no terceiro congreso internacional
sobre o castaño na cidade lusa de Chaves.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 19/10/2004 |
 |
Unión Europea-Pesca
Diverxencias europeas coa Axencia de
Pesca viguesa
Representantes de Bélxica, Alemania,
Italia, Polonia, Suecia, Francia, Lituania, Reino Unido, Irlanda, Chipre, Letonia e Portugal manifestaron a súa
petición de que as competencias da futura Axencia pesqueira europea que terá a sua sede en Vigo,
non menoscabe nen interfira nas competencias nacionais e que, no caso de sancións, sexan os gobernos os
que decidan. Algúns destes países, encabezados por Alemaña, tamén criticaron a interferencia
da Comisión Europea na futura axencia, pedindo unha orientación “máis rexionalizada”. (Fonte: El Correo Gallego).
Bruxelas reacomoda pesca da merluza no
mar Cantábrico
Trala xuntanza mantida en Luxemburgo polo
Consello de Ministros de Agricultura e Pesca da UE, analizouse a posibilidade de que os pescadores galegos teñan
vetada a captura da merluza do mar Cantábrico, sempre e cando a Comisión Europea decida en decembro
aprobar unha proposta do Consello Internacional para a Exploración do Mar, sobre unha moratoria ou cuota
cero para as capturas desta especie dende o Cantábrico ao Golfo de Cádiz, incluíndo Portugal. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Anfaco en Perú
O secretario xeral da Asociación
Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos, Anfaco, Juan Vieites, visitará o país
andino para profundizar na cooperación pesqueira e establecer acordos comerciais no marco do Programa de
Apoio ao Desenvolvemento Pesqueiro e Acuícola do Perú, Padespa, que se desenvolve en colaboración
coa Axencia Española de Cooperación Internacional.
(Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Expansión hidráulica galega
en Uruguai
A firma santiaguesa “Espina Obras Hidráulicas”
consolidou a súa expansión no país suramericano coa apertura na cidade de Minas dunha planta
depuradora de augas, ademais da adxudicación dunha planta depuradora de obras residuais na localidade de
San José e a ampliación da Quinta Liña de Bombeo de Montevideo, proxecto no que investiránse
22 millóns de dólares. Ao acto da apertura da planta en Minas asistiu o presidente uruguaio, Jorge
Battle. (Fonte: El Correo Gallego).
Negocios de automoción entre Galicia
e Irán
Unha exposición no Centro Tecnolóxico
da Automoción de Galicia en Porriño permitiu o enlace entre empresas galegas do ramo e unha delegación
iraní, na que destacaba a firma Pajouhi, para a instalación de fabricantes internacionais e o desenvolvemento
do parque automotor no país oriental. Na actualidade, unhas 12 empresas galegas asinaron acordos con Pajouhi
nun país onde se producen máis de 700.000 vehículos. Os invitados iranís animaron aos
seus similares galegos a facer de Irán a porta do mercado en Asia Central. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Marítima
Vázquez consigue apoio para porto
exterior coruñés
O alcalde de A Coruña e presidente
da Federación Española de Municipios e Provincias, Francisco Vázquez, reuniuse en Madrid co
ministro de Economía, Pedro Solbes, e o secretario de Facenda, Miguel Ángel Ordóñez,
para analizar tódolo relativo ao financiamento do porto exterior de punta Lagosteira e as liñas de
traballo necesarias para negociar con Bruxelas a concesión de fondos necesarios para a infraestructura. (Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
Homenaxe ao Centro Galego de Montevideo
O presidente da Deputación de A
Coruña, Salvador Fernández Moreda, e a súa comitiva, entregou unha placa conmemorativa á
directiva do Centro Galego de Montevideo polo 125 aniversario da súa fundación, o que o converte
no centro galego máis antigo do mundo. Fernández Moreda tamén mantivo unha xuntanza coa presidenta
do Padroado da Cultura Galega, María del Carmen Lorenzo, co obxectivo de impulsar aportes económicos
para a difusión da cultura galega.
(Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 18/10/2004 |
 |
Unión Europea-Pesca
A discusión o futuro da Axencia
Pesqueira
Luxemburgo foi a sede do debate do Consello
da Pesca europeo sobre as competencias que terá a Axencia para o Control Pesqueiro de Vigo a partir do 2006,
especialmente no referinte ao combate á pesca ilegal e a cooperación con terceiros países.
A presidencia holandesa da UE enviou un cuestionario a tódolos países membros para encauzar a discusión,
a falta da decisión do Parlamento europeo, prevista para febreiro o marzo do 2005. Dende Bruxelas propúxose
un orzamento para a axencia valorado en cinco millóns de euros e unha plantilla de 50 persoas. (Fonte: El Correo Gallego).
Alimentación
Presenza galega na Feira de París
Catorce empresas galegas do sector alimenticio
e bebidas participaron no Salón Internacional da Alimentación no Parc d´Expositions de París-Nord
en Villepinte, localidade da capital gala, como parte do pavillón oficial do Instituto Español de
Comercio Exterior. (Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Vacacións para Lembrar
O Fórum Metropolitano de A Coruña
foi a sede da inauguración das Xornadas Participativas sobre a Inmigración e a Multiculturaridade,
iniciativa que contou coa colaboración da Oficina de Colaboración e Voluntariado da Universidade
de A Coruña e a Dirección Xeral de Apoio á Inmigración da Xunta. O programa contou
coa mostra audiovisual e posterior debate sobre a pobreza en Marrocos e unha exposición fotográfica. (Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
Apoio ao Museo da Emigración
A Deputación de A Coruña
donou 37.800 euros ao Museo da Emigración Galega (MEGA) en Bos Aires, a través dun convenio asinado
polo presidente provincial Salvador Fernández Moreda, e o seu homólogo da Federación de Sociedades
Galegas, Francisco Lores Mascoto. O Museo foi valorado por “atesourar, gardar e promover o acervo cultural e a
memoria do proceso emigratorio na sociedade arxentina e o protagonismo galego no seu desenvolvemento”. (Fonte: El Correo Gallego).
Homenaxe en Caracas a Celso Emilio Ferreiro
A colectividade galega de Venezuela, en
colaboración coa Consellería de Emigración, inaugurou na sede da Irmandade Galega de Caracas
unha retrospectiva da obra e vida do escritor Celso Emilio Ferreiro, coincidindo co vixésimo quinto aniversario
da súa morte. O acto contou coa presenza do conselleiro Aurelio Miras Portugal, o embaixador español
Raúl Morodo e o fillo do escritor e crítico literario Ramón Nicolás Rodríguez.
Por outra banda, a Irmandade Galega de Venezuela recibiu o Premio Otero Pedrayo polo seu traballo desempeñado
en favor da diáspora galega. (Fonte:
El Correo Gallego).
Cooperación
Difusión da Declaración
do Milenio
A Secretaría Xeral de Relacións
coa Unión Europea e Cooperación Exterior, en colaboración co Instituto Galego de Análise
e Documentación Internacional, IGADI, comezaron unha campaña informativa para dar a coñecer
os obxectivos e compromisos recollidos na Declaración do Milenio de Nacións Unidas, asinado no ano
2000, e que ten como finalidade a consecución dun mundo máis pacífico e xusto. (Fonte: El Correo Gallego).
 |
| 17/10/2004 |
 |
Diáspora
Vacacións para Lembrar
As consellerías de Emigración
e Familia acolleron en Pontevedra a 140 emigrantes galegos maiores de 60 anos, procedentes de Alemania, Holanda
e Francia, así como doutras comunidades estatais, no marco do programa “Vacacións para Lembrar”,
constituido para atender aos emigrantes con escasos recursos.
(Fonte: El Correo Gallego).
Bolsas de estudos en Arxentina
Unha delegación da Deputación
de A Coruña, a través dun convenio coa Fundación Galicia-América, visitou o colexio
Santiago Apóstol de Bos Aires, para comprobar o envío dunha axuda de estudos por importe de 60.000
euros, que se lle concede aos fillos de emigrantes galegos dese país. Nesta institución escolar puidose
comprobar a excelencia dos proxectos educativos, enfatizando nos referintes á lingua, cultura e historia
galega. (Fonte: El Correo Gallego).
Un galego na maior biblioteca do mundo
Juan Manuel Pérez Lampón,
natural de Ribeira, quen emigrou aos EEUU con 15 anos, é hoxe, trinta anos despois, o encargado da sección
hispana da maior biblioteca do mundo, a do Capitolio estadounidense, que acolle máis de 126 millóns
de obxectos, entre libros, mapas, fotos, manuscritos, pinturas ou partituras. Pérez Lampón foi homenaxeado
co ingreso na Orde de Cabaleiros do Camiño de Santiago e coincidiu en Nova York coa presenza dos membros
da Coral Polifónica de Ribeira e a Orquesta da Cámara de Aguiño, convidados para un concerto. (Fonte: El Correo Gallego).
Cultura
Galicia e o cine árabe
O Foro Audiovisual, no marco da Mostra
Amal de cine árabe, inaugurouse en Santiago, coa presenza de representantes das productoras de toda España
e de países árabes, o director xeral de Medios Audiovisuais, Ignacio Otero, o presidente da Fundación
Araguaney, Ghaleb Jaber, o director xeral da CRTVG, Francisco Campos, e o xerente do Consorcio Audiovisual, Ignacio
Varela. O foro ten como finalidade crear un especio de encontro para o desenvolvemento cinematográfico entre
Galicia e o mundo árabe. (Fonte:
El Correo Gallego).
 |
| 16/10/2004 |
 |
Unión Europea-Pesca
Piden competencias para Vigo na pesca
ilegal
O goberno español pedirá
no próximo Consello Europeo de Ministros da Pesca unha maior competencia para a futura Axencia Pesqueira
de Vigo na tarefa de controlar a pesca ilegal e outros traballos en zonas pesqueiras. (Fonte: El Correo Gallego).
Acción Exterior
Igape prevé abrir oficina en Shanghai
O presidente da Xunta, Manuel Fraga, comunicoulle
ao embaixador chino en España, Qiu Xiaoqi, a necesidade de impulsar “iniciativas concretas para favorecer
as relacións comerciais” co país asiático. Ante o crecente interese por parte dos empresarios
galegos de investir en China, Fraga anunciou que o Igape ten previsto abrir unha oficina de Promoción de
negocios en Shanghai, a fin de asistir e orientar ás empresas galegas que desexen realizar negocios. (Fonte: El Correo Gallego).
Sociedade
Un galego, presidente do Foro Iberoamericano
de Dereito Administrativo
O catedrático da Universidade de
A Coruña, Jaime Rodríguez-Arana, foi elixido por unanimidade como presidente do Foro Iberoamericano
de Dereito Administrativo, que engloba a activistas en pro da xustiza e o Estado de Dereito, proveñentes
de países como Uruguai, Bolivia, Arxentina, Brasil, Paraguai, Panamá, Chile, Colombia, México,
Ecuador, Costa Rica, Guatemala, Perú e España. O Foro creouse en Santa Cruz de Bolivia no ano 2001. (Fonte: El Correo Gallego).
Inmigración
Escola para Inmigrantes
A Escola profesional da Cruz Vermella
de A Coruña ten como proxecto a apertura dunha escola para atender aos inmigrantes, o cal conta coa aprobación
do alcalde Francisco Vázquez. A organización atendeu uns 3.000 inmigrantes o ano pasado. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Amigos do Ferrocarril ibérico
O presidente da Xunta, Manuel Fraga, e
o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inauguraron o I Congreso Galaico-Portugués de
Asociacións de Amigos do Ferrocarril, co obxectivo de acercar aos máis mozos ao mundo do ferrocarril.
No acto de inauguración presentouse a locomotora Alco diésel-eléctrica do ano 1808. (Fonte: El Correo Gallego).
A cultura popular luso-galaica, candidata
á UNESCO
Os promotores da candidatura ao Patrimonio
Inmaterial da UNESCO da cultura tradicional e oral común galaico-portuguesa, presentaron en Santiago o proxecto
coa finalidade de poder obter o premio final en París no 2005. Este proxecto naceu nas escolas dunha e doutra
marxe do Río Miño. (Fonte:
El Correo Gallego).
 |
| 15/10/2004 |
 |
Solidariedade
Convenio de Colaboración con Bolivia
O Consello da Xunta aprobou o asinamento
dun convenio de colaboración co concello boliviano de Chulimani, para programas de desenvolvemento nesa
comunidade. (Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
“Huésped Ilustre” de Avellaneda
O presidente da Deputación de A
Coruña, Salvador Fernández Moreda, foi recoñecido como “Huésped Ilustre” do concello
arxentino de Avellaneda, durante a visita da delegación coruñesa aos centros galegos desta localidade.
Varios proxectos foron analizados co obxectivo de financiar as necesidades en asistencia social para as persoas
maiores, xubilados e pensionistas. (Fonte:
El Correo Gallego).
Esixen ao goberno venezuelano pagamento
de pensións
A deputada polo PSG-PSOE e encargada de
emigración, Marisol Soneira, solicitou ao Parlamento galego que esixa ao goberno venezuelano o pagamento
para os 2.000 pensionado por vellez en Galicia, pertencentes ao Instituto Venezuela dos Seguros Sociais. (Fonte: www.vieiros.com).
Unión Europea-Pesca
Borg conta con Galicia para política
pesqueira europea
A xuntanza entre o futuro eurocomisario
da Pesca, Jorg Borg, e o xerente da Cooperativa de Armadores de Vigo e presidente de Cogeca, José Ramón
Fuertes, deixou aberto o diálogo para a discusión do futuro da política pesqueira común.
Borg informou, co seu homólogo do organismo Europêche, Niels Wichmann, que vai contar coa opinión
de Galicia nesta materia, así como con todas as rexións europeas con peso específico no sector
pesqueiro, enfatizando na protección “ao pescador, á industria e á frota”, ausentes na xestión
do actual eurocomisario Franz Fischler.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
A maior conserveira de América
do Sur
A empresa conserveira galega Grupo Calvo
alcanzou unha posición de liderazgo no ámbito mundial das conservas trala adquisición da empresa
brasileira Gomes da Costa, a maior de Sudamérica. Con esta compra, Calvo obtén unha gran oportunidade
para colocar os seus productos no mercado estadounidense. Os representantes brasileiros estiveron nas instalacións
de Calvo en Carballo para rematar as negociacións e visitar a planta central do grupo. (Fonte: La Voz de Galicia).
Arxentina restrinxe viabilidade de barcos
vigueses
O goberno de Bos Aires ordenou á
Prefectura Naval Arxentina que dispoña o inmediato retorno a porto das embarcacións que continúen
pescando nas augas arxentinas, unha vez excedido o cupo de captura de merluza asignado para este ano. Entre os
buques afectados están os pertencentes á empresa viguesa Iberconsa. (Fonte: La Voz de Galicia).
Turismo
Turisport aposta polo norte de Europa
A apertura do Salón de Turismo,
Deportes e Desenvolvemento Rural, Turisport, en Silleda, permitiu a presenza dunha vintena de touroperadores de
Portugal, Francia, Dinamarca, Noruega, España, México, Polonia e Xibraltar, co obxectivo de explorar
novos mercados para a oferta turística galega e as fórmulas alternativas ao sector. O Salón
buscará potenciar o turismo galego nos países nórdicos, especialmente Noruega e Dinamarca. (Fonte: La Voz de Galicia).
Baiona, porto europeo atlántico
O Parador de Turismo de Baiona acolleu
aos representantes de vilas mariñeiras da zona atlántica, concretamente especialistas de Gozón
(Asturias), Tazacorte (Canarias), Punta Umbría (Huelva), Tavira (Portugal), Saint Gilles Croix de Vie (Francia),
a rexión nordeste de Irlanda e as Islas Shetland (Escocia), para analizar estratexias comúns cara
a promoción turística ao exterior. Neste acto tamén incluíuse a Baiona nun proxecto
europeo para a promoción de portos atlánticos.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Ciclo de cine galego en Figueira da Foz
O Centro de Artes e Espectáculos
desta localidade ao norte da capital, Lisboa, acolleu un ciclo de cine galego, en colaboración coa Xunta
de Galicia, onde presentáronse filmes e cortos de Adolfo Aristaráin e Chano Piñeiro, entre
outros. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Ambiente
Concellos ferroláns á espera
de fondos europeos
Os concellos de Ares, Mugardos e Fene terán que esperar polo plan de saneamento do sur da ría, xa
que dende a Consellería de Medio Ambiente informouse que o proxecto, pendiente de concesión de fondos
de cohesión da Unión Europea, aínda está en proceso de elaboración. (Fonte: La Voz de Galicia).
Política
Lula e o novo Brasil
O periodista e membro do consello directivo
do Partido Comunista de Brasil, Altamiro Borges, realizou unha serie de conferencias nas instalacións da
CIG en Vigo, sobre o novo goberno de Brasil presidido polo ex sindicalista Luis Inácio Lula da Silva, e
o poder dos movementos sociais dos sindicatos e traballadores no país sudamericano. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 14/10/2004 |
 |
Unión Europea-Economía
A Xunta recurrirá ao Tribunal
Europeo por Izar
Trala xuntanza mantida cos funcionarios
da Comisión Europea, o conselleiro de Innovación, Juan Rodríguez Yuste, anunciou que o goberno
galego presentará un recurso ante o Tribunal de Xustiza europeo contra a decisión da Comisión
que obriga a Izar a devolver as axudas públicas declaradas ilegais. Yuste informou que a Xunta tomará
o caso ante o descarte feito polo goberno Zapatero.
(Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Armadores vigueses piden diálogo
a Bruxelas
O director xerente da Cooperativa de Armadores
de Vigo, José Ramón Fuertes, entrevistouse co futuro xefe da Política Común de Pesca,
Joe Borg, para solicitar un maior diálogo para o sector pesqueiro e que se continúen asinando acordos
e axudas para a creación de empresas mixtas, xa que está previsto que rematen a final de ano. (Fonte: Faro de Vigo).
Unión Europea-Rexións
O poder rexional en Bruxelas
Os presidentes dos Parlamentos autonómicos
do Estado reuníronse en Santiago para adoptar un documento no que pide á UE unha maior participación
nas xuntanzas comunitarias e apostan pola cooperación interparlamentaria con outras Cámaras europeas
e a defensa das diversidades rexionais e linguísticas. A xuntanza na capital galega serviu para preparar
a VI Conferencia de Presidentes das Asembleas Lexislativas das Rexións de Europa, a celebrarse a finais
de outubro en Milán. (Fonte: El Correo
Gallego).
Unión Europea-Política
Nova voceira de Galeusca en Bruxelas
A secretaria de Relacións Internacionais
do Bloque, Encarna Otero, presentou a Ana Miranda, membro do consello nacional do partido, como voceira dos nacionalistas
galegos en Bruxelas, dentro da agrupación Galeusca. Miranda, que contou co apoio total do PNV, foi colaboradora
do deputado Camilo Nogueira. (Fonte: El
Correo Gallego).
Xacobeo
A masiva peregrinaxe da Orden de Malta
Santiago acollerá a 225 cabaleiros
e damas da Orden de Malta chegados dende Asia, América, Europa e Oceanía, comandados polo actual
príncipe e gran maestre, frei Andrew Bertie, no marco da peregrinaxe para gañar o Xubileo. O gran
maestre Bertie informou que o peregrinaxe corresponde ao compromiso histórico adquirido pola Orde co Camiño
desde a Idade Media. (Fonte: El Correo Gallego).
Cooperación
Corea aprende das urxencias galegas
Unha delegación dos servizos de
urxencias de Corea visitou Galicia para coñecer a Central de Coordinación do 061, e as estratexias
de atención sanitaria urxente. A visita tamén achegouse á Base Medicalizada e a Unidade de
Soporte Vital Avanzado Terrestre. (Fonte:
El Correo Gallego).
Acción Exterior
Vitrasa cubrirá ruta interurbana
en Chile
A compañía Viguesa de Transportes
SA liderará un proxecto do Grupo Avanza para cubrir unha ruta interurbana aínda sen concretar en
Santiago de Chile, dentro do Plan Transantiago. O proxecto, valorado en 700 millóns de dólares, pretende
establecer un modelo de calidade similar ao das grandes cidades europeas. (Fonte: Faro de Vigo).
Solidariedade
Máis sensibilización e
solidariedade dos Concellos co Terceiro Mundo
Máis de 15 concellos galegos, socios
do Fondo Galego, reunironse en Narón para mellorar as súas actividades de sensibilización
en materia de solidariedade. Asi mesmo analizouse a concrección da oferta que o Fondo pon a disposición
dos Concellos para facilitar a implicación cidadá en materia de cooperación co Sur. (Fonte: El Correo Gallego).
Solidariedade galega co Perú
A organización médica Solidariedade
Galega partirá ás deprimidas zonas de Huancavelica e Quiyabamba en Perú, como parte dunha
estancia de un mes, para asistir médicamente á poboación. O grupo ven deixando a súa
pegada médica en países como Nicaragua, Honduras, Bolivia e Guatemala. (Fonte: La Voz de Galicia).
Sociedade
Adopcións galegas en Etiopía
Un erro na máquina que expide os
pasaportes na Embaixada de España en Addis Abeba impediu que sete familias galegas poideran voltar cos seus
fillos adoptados, sen saber aínda cando terán os seus documentos en regra. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 13/10/2004 |
 |
Portugal
Aproveitar a electricidade lusa
Un grupo de 50 propietarios e directivos
da Asociación Forestal de Galicia realizou unha viaxe técnica á Central de Biomasa de Mortágua,
ao sur de Coimbra, e ao Centro Europeo de Biomasa e o Parque Buçaco, para coñecer as técnicas
de aproveitamento da biomasa forestal para producir electricidade.
(Fonte: El Correo Gallego).
Xacobeo
O Camiño, visto desde Nova York
Os xornais dominicais neoyorquinos The
Times, The Star-Ledger e o Luso Americano, dedicaron nas derradeiras semáns varias páxinas á
Ruta Xacobea, definindo a Compostela como un “importante centro de camiñantes”. (Fonte: El Correo Gallego).
Cultura
A primeira expedición arqueolóxica
galega a Oriente
Un equipo da Universidade de A Coruña,
dirixido por Juan Luis Montero Fenollós, profesor axudante de Historia Antiga na Facultade de Humanidades
de Ferrol, obtivo permiso para abrir un novo proxecto arqueolóxico en Siria, o primeiro de Galicia no Próximo
Oriente. A investigación terá unha duración de cinco anos e consistirá na realización
dunha prospección arqueolóxica nun tramo de 30 km, ao longo do val do río Éufrates,
coa finalidade de localizar unha cidade perdida de case 4.000 anos de existencia. (Fonte: La Voz de Galicia).
Caravaggio en Compostela
O cadro do pintor renacentista Caravaggio,
O prendimento de Cristo, unha das xoias da exposición do Xacobeo A viaxe a Compostela de Cosme III de Medicis,
chegou á capital galega rodeado de fortes medidas de seguridade. A obra de arte do século XVII procede
do Museo de Arte Oriental e Occidental de Odessa, en Ucraína, que o cedeu cunhas esixencias de seguridade
que fixan, entre outros requisitos, que o cadro, valorado en dous millóns de euros, non podía atravesar
o territorio de Rumanía, supostamente por medo ás mafias que actúan naquel país. (Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
Aumentan inmigrantes sen preparación
Segundo o último censo de poboación
do Instituto Nacional de Estatística, o 13% dos inmigrantes que habitan en A Coruña non posúen
ningún tipo de estudo. A data oficial de inmigrantes en Galicia manexado polo goberno é de 3.392
persoas, mentres o número de inmigrantes regularizados medra dende hai un ano, o dos “sen papéis”
podería duplicar tanto a poboación como a porcentaxe de analfabetos e cidadáns sen estudos. (Fonte: La Voz de Galicia).
“Arxentinos no Exterior” critica Lei
de Inmigración
A asociación de inmigrantes radicada
en Vigo aproveitou a festividade do Día da Hispanidade para achegar as súas reivindicacións
aos galegos. A súa voceira, Lorena Lores, agradeceu a solidariedade dos cidadáns ante a problemática
inmigrante ao mesmo tempo que criticou a lexislación estatal sobre este tema, especialmente a nova Lei de
Inmigración. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 12/10/2004 |
 |
Unión Europea-Política
A Xunta apoiará o “Sí”
na Constitución Europea
Segundo o director xeral da Fundación
Galicia-Europa, Jesús Gamallo, o goberno galego apoiará a aprobación da Constitución
Europea a través dun “amplo programa de divulgación dos contidos da Constitución Europea entre
a poboación galega”, tarefa que realizará a Secretaría Xeral de Relacións coa Unión
Europea e Acción Exterior, impulsando a participación das rexións nos órganos decisorios
europeos e as oportunidades para os empresarios galegos nos novos países adheridos. (Fonte: El Correo Gallego).
Unión Europea-Pesca
Interpelan á Comisión Europea
por axudas á pesca
O eurodeputado do PP, Daniel Varela, interpelou
á Comisión Europea para que explique os criterios utilizados á hora de conceder axudas comunitarias
para a creación de sociedades mixtas de pesca, tralas denuncias de trato preferencial outorgadas a algunhas
empresas de determinados países e a denegación a outras, sen xustificación previa. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unión Europea-Marítima
Misión a Bruxelas para defender
o sector naval galego
O conselleiro de Innovación da
Xunta, Juan Rodríguez Yuste, abordará na capital europea a situación do sector naval galego
e a continuidade da actividade de Izar. Yuste reunirase coa directora de axudas de Estado da Dirección Xeral
de Competencia da Comisión Europea, Loretta Dormal, o xefe de Unidade da Industria Manufactureira, Jean-Louis
Colson, e o administrador responsábel do dossier de Izar, Hans Bergman. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Galicia e Brasil reforzan relacións
O Conselleiro de Pesca, Enrique López
Veiga, e o director xeral de Desenvolvemento de Pesca de Brasil, Karin Bacha, acordaron o estudio de novas vías
de potenciación das relacións bilaterais, trala xuntanza celebrada en Santiago cos responsabéis
pesqueiros, onde intercambiaron información sobre o proxecto de cooperación internacional no estado
brasileiro de Paraiba, coa colaboración da Xunta e a Axencia Española de Cooperación Internacional.
O ministro Bacha visitou tamén o Instituto Galego de Formación en Acuicultura. (Fonte: Faro de Vigo).
Cooperación
I+D na República Dominicana
O presidente do país caribeño,
Leonel Fernández, informou á delegación galega enviada pola Secretaría Xeral de Relacións
coa UE e Cooperación Exterior da Xunta a súa decisión de acelerar con carácter de urxencia
o Plan de I+D necesario “para vertebrar o impulso económico na República Dominicana”, avogando pola
organización de mesas de traballo técnicas, científicas e empresariais galego-dominicanas. (Fonte: El Correo Gallego).
O Fondo Galego e o Terceiro Mundo
O Concello de A Coruña celebrará
a III Convocatoria da Rede Municipalista Solidaria, integrada por máis de 15 administracións locais
pertencentes ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, coa finalidade de desenvolver proxectos de
apoio aos países do Sur. Nesta convocatoria se presentarán os programas de sensibilización
do terceiro trimestre. (Fonte: El Correo
Gallego).
Turismo
Ferrol entra no circuito internacional
de cruceiros
A ría de Ferrol recibirá
ao transatlántico inglés Black Prince, o que servirá para a súa introducción
no circuito internacional de cruceiros, un evento que podería beneficiar económicamente á
economía local en materia de turismo. O ano pasado, uns 123.000 turistas achegáronse aos portos galegos,
cunha media de gasto de 126 euros por persoa.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Alimentación
Productos galegos na Feira de París
O XX Salón Internacional da Alimentación,
SIAL, a realizarse no Parc D´Expositions en Villepinte, París, contará coa presenza de 14 empresas
galegas no pavillón oficial do Instituto Español de Comercio Exterior, especialmente enfocadas nos
productos conxelados, lácteos, charcutería e productos dietéticos. (Fonte: El Correo Gallego).
Portugal
Os problemas do automóbil galaico-portugués
Debido ás circunstancias económicas
que atravesa o país luso, o Conselleiro de Innovación, Juan Rodríguez Yuste, anunciou retrasos
no desenvolvemento do P3 de Pininfarina, un proxecto conxunto entre Galicia e o Norte de Portugal, incluido no
programa Interreg, para a creación dun automóbil galaico-portugués e un Centro de Inxeniería
e Desenvolvemento de Producto en Maia. O proxecto é impulsado dende 2002 polo Centro Tecnolóxico
de Automoción de Galicia e o Centro de Excelencia e Innovación da Industria do Automóvil de
Portugal. (Fonte: El Correo Gallego).
Diáspora
Premio Entreculturas para Centro Galicia
de Montevideo
Tanto o Centro Galicia da capital uruguaia,
con 125 anos de existencia, como o Arquivo da Emigración, dependente do Consello da Cultura, recibiron en
Pontevedra o premio Entreculturas na súa primeira edición. O galardón consta de 6.000 euros
e realizouse en conmemoración da festa do 12 de outubro, contando coa presenza do presidente da Deputación,
Rafael Louzán, o director do Arquivo, Ramón Villares, e o decano do Corpo Consular acreditado en
Vigo, Adriano Marqués de Magalhaes.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 11/10/2004 |
 |
Diáspora
Solidariedade cos centros galegos de
Arxentina e Uruguai
A Deputación Provincial de A Coruña
desembolsará un total de 252.800 euros a centros galegos arxentinos e uruguaios, en concepto de apoio a
proxectos solidarios e prestación de servizos públicos a xubilados e pensionistas. O Centro Galego
de Xubilados e Pensionistas de Avellaneda recibirá 13.000 euros e a Asociación Finisterre de América,
18.000. O Fogar Galego para Ancianos de Bos Aires recibirá a maior axuda, 124.000 euros, mentres o Colexio
Santiago Apóstol recibirá bolsas por valor de 37.800 euros. O Centro Galego de Montevideo recibirá
un aporte para a creación dun centro de día. A Deputación enviará unha delegación
con representantes do PP, PSOE e BNG. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Economía
A “Expogalaecia” máis internacional
O séptimo salón de turismo,
gastronomía e artesanía, a celebrarse en Vigo a finais de outubro, contará coa presenza dunha
trintena de países, confirmando a súa asistencia Estonia, Marrocos, Italia, Venezuela, Cuba, Exipto,
Bolivia, Sudáfrica, Australia, Hungría, Holanda, Irán, Túnez, Panamá, Costa
Rica, Guatemala, O Salvador, Honduras e Nicaragua, ademais de rexións e patronatos turísticos portugueses,
españois, italianos, ingleses e norteamericanos.
(Fonte: Faro de Vigo).
Cultura
Música do Camiño con acordes
galos
A formación L' Assamblée
des Honnestes Curieux, creada en 1641 en Francia, reanudou o ciclo sobre Música no Camiño de Santiago
que organiza a Fundación Caixa Galicia con motivo do Ano Santo. O obxectivo é difundir os xéneros
musicais e os instrumentos que ao longo da historia interpretaron os peregrinos que viñeron a Compostela. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 10/10/2004 |
 |
Economía
O 2005, o ano de Zeltia en EEUU
Segundo declarou ao Financial Times o
consellerio delegado da multinacional Johnson & Johnson e socio da firma biotecnolóxica galega, William
J. Weldom, o próximo ano poderíase confirmar a consolidación de Zeltia no mercado estadounidense,
se as autoridades dese país aproban a comercialización do fármaco anticancro Yondelis. Pese
á negativa europea para a súa comercialización, Weldon aclarou que a aprobación de
Yondelis é un dos grandes obxectivos da empresa.
(Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
A expansión exterior do sector
pesqueiro galego
A Consellería de Pesca está
estudiando a posibilidade de ampliar o seu organigrama para dar cabida a un subdirector, debido á intensificación
en materia de cooperación pesqueira galega nos derradeiros anos. As liñas de colaboración
do sector pesqueiro galego están abertas en dez países latinoamericanos e África, con proxectos
de investimento que, para este ano, alcanzan os 650.000 euros.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Vigo, pioneiro pesqueiro na Europa do
Leste
A principal cidade galega é a pioneira
en manter relacións pesqueiras cos socios da nova Europa dos 25. Dous armadores do Grupo Vieira, asinaron
contratos con Estonia e Chipre, para a captura de peixes no mar Báltico e a pesca do fretán ruso.
O mercado de Estonia é moi importante para Galicia pola potencialidade do sector pesqueiro dese país,
con fortes vencellos cos seus veciños Lituania, Letonia, Rusia, Polonia, Alemaña, Dinamarca, Suecia
e Finlandia. (Fonte: La Voz de Galicia).
Economía
O BNG acusa ao goberno de pactar coa
UE por Izar
O deputado nacionalista Francisco Rodríguez
acusou ao goberno socialista de pactar coa Comisión Europea as liñas de reestructuración do
sector naval “á marxe dos traballadores”, e considerou “sorprendente” que o comisario europeo respaldase
o plan da SEPI. (Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
O encanto da ruta portuguesa
Os responsabéis de albergues en
Pontevedra e o presidente de Amigos do Camiño Portugués, Celestino Lores, afirman que a ruta Xacobea
portuguesa estase a converter na segunda en importancia tralo Camiño Francés a Santiago. (Fonte: El Correo Gallego).
I Encontro Floral Galaico-Portugués
A primeira mostra floral galaico-portuguesa
comezou en Vigo e tivo a presenza dunha vintena de membros da Asociación de Floristas de Galicia, Asfloga,
e numerosos profesionais portugueses, coa finalidade de compartir experiencias e coñecer as novas tendencias. (Fonte: Faro de Vigo).
Cooperación
Apoio á agricultura indíxena
boliviana
Solidariedade Internacional e Unións
Agrarias levaron a cabo en Pontevedra unha campaña de potenciación da agricultura indíxena
no país andino que beneficiou a 300 familias campesiñas das localidades de Ixiamas e San Buenaventura,
tal e como explicou o agricultor e líder campesino boliviano Fernando Flórez. (Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
Inmigrantes en Santiago
Segundo o estudo “Compostela Social”,
o número de inmigrados na capital galega non se pode contabilizar con exactitude. Na actualidade existen
3.000 inmigrantes censados só en Compostela, o que representa 1,24% da poboación, a maioría
procedentes de Latinoamérica, Portugal, no norte de África e países de Europa do Leste. As
súas condicións de vida e integración son precarias, e laboralmente dedícanse á
venda ambulante, o servizo doméstico, traballos agrícolas e hostelería. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 09/10/2004 |
 |
Portugal
Extenderán cursos da UIMP
As xestións que realizan os rectores
da Universidade de Vigo e o seu homólogo de Miño para extender a algunha localidade portuguesa os
cursos de verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, poderían dar pasos positivos.
Esta proposta leva seis anos barallándose, tralos esforzos do coordinador da UIMP en Galicia, Xosé
Fortes, e o seu director, o historiador Ramón Villares. A localidade norteña de Monçao, dependencia
da Universidade de Miño, podería ser a primeira sede.
(Fonte: El Correo Gallego).
Cooperación
Espacio educativo entre Iberoamérica
e a UE
No marco do peche da Conferencia Iberoamericana
de Rectores en Santiago e coa presenza do ministro chileno do Interior, Javier Etcheberry, o rector, Senén
Barro, destacou os convenios educativos e de intercambio entre Chile e a Universidade santiaguesa e defendeu o
proxecto de crear un espacio educativo superior UE-Iberoamérica-Caribe. (Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Ferrolterra espera convenio para marina
australiana
En medio da crise da empresa Izar e do
futuro dos asteleiros galegos, atísbase unha esperanza para o asteleiro de Ferrolterra, ante a posibilidade
de que un novo proxecto poida recalar nesta factoría: a construcción dun buque de proxección
estratéxica para Australia, unha mestura de portaavións con barco anfibio, por un importe e 1,6 millóns
de euros. No concurso tamén puxa a firma francesa DCN.
(Fonte: El Correo Gallego).
Cultura
Santiago, sede do Premio Europa 2005
A capital galega acollerá en xullo
de 2005 un festival con motivo do cincoenta aniversario do Premio Europa, tralo acordo alcanzado na xuntanza das
cidades europeas que xa recibiron este premio.
(Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 08/10/2004 |
 |
Diáspora
Oficina de asesoramento para inmigrantes
e retornados
A Consellería de Emigración,
o Concello de A Coruña e a agrupación Galicia Solidaria, asinarán un acordo de atención
informativa, orientación e asesoramento xurídico e administrativo para o colectivo inmigrante e os
emigrantes retornados asentados na provincia, principal receptor de retornados e o segundo de inmigrantes. Do mesmo
xeito, o Concello coruñés aportará 60.000 euros para a construcción dun centro diurno
no Fogar Español de Montevideo, pioneiro nesta iniciativa en Uruguai. (Fonte: El Correo Gallego).
A presenza galega en Suíza
A exposición “Peregrinación”
inaugurada no Centro Sociocultural de Caixagalicia en Santiago, amosou o fenómeno da emigración galega
no país helvético, onde a maioría dos 90.000 emigrantes españois son de orixe galega
e 12.000 deles posúen a dobre nacionalidade. O evento contou coa colaboración da embaixada suíza
en España, a través do programa Mirasuíza, realizado en colaboración co Xacobeo. (Fonte: La Voz de Galicia).
Reaparece Cándido Rodríguez
en Pontevedra
O emigrante galego e empresario radicado
en Venezuela, Cándido Rodríguez Losada, senador socialista da emigración pola provincia de
Ourense, reapareceu na escea política tras tres meses de ausencia, nun acto do PSOE en Ourense, acompañando
ao voceiro provincial Pachi Vázquez, á hora de pedir a comparecencia de José Luis Baltar. (Fonte: La Voz de Galicia).
Economía
Vázquez pide axuda europea para
o Porto Exterior
O alcalde coruñés, Francisco
Vázquez, anunciou unha xuntanza co ministro de Economía, Pedro Solbes, para solicitar á delegación
española que viaxará a Bruxelas o 18 de outubro, unha maior cooperación á hora de negociar
os fondos europeos necesarios para a construcción e o financiamento do Porto Exterior coruñés. (Fonte: El Correo Gallego).
A UE confía na investigación
galega en Filipinas
Dende Bruxelas anunciouse a nominación
de Covadonga Salgado, subdirectora xeral do Centro do Control do Medio Mariño de Vilaxoán, como membro
da misión comunitaria a Filipinas que ten por obxectivo avaliar o cumprimento das normas comunitarias sobre
salubridade dos productos do mar no arquipélago do Pacífico. (Fonte: La Voz de Galicia).
Pesca
Calvo comprará conserveira brasileira
A empresa atuneira e de conservas galega
ingresará no mercado brasileiro trala compra de Gomes da Costa, a mais grande de Sudamérica, a cal
ingresa 100 millóns de euros na súa planta e exporta a Arxentina, Paraguai, Chile e Uruguai. Calvo
é líder do sector en España e ocupa o segundo lugar en Italia e o terceiro en Portugal. (Fonte: Faro de Vigo).
Ministro da Pesca marroquí en
Galicia
Mohamed Laenser, ministro de Agricultura
e Pesca de Marrocos, visitará en novembro Galicia, co obxectivo de coñecer “in situ” a realidade
pesqueira e a axenda de traballo no sector, tralas negociacións entre Madrid e Rabat para a renovación
do acordo pesqueiro do país norteafricano coa UE.
(Fonte: Faro de Vigo).
A pegada galega no sector acuícola
chileno
Segundo Adolfo Alvial, xerente do Instituto
Tecnolóxico do Salmón de Chile, a potencialidade do sector acuícola no seu país quintuplicouse
gracias ao aporte dos técnicos galegos, os cales contribuíron ao aumento da producción chilena
en 44.000 toneladas e 20 millóns de dólares de facturación. Por iso, Chile tamén converteuse
na oitava potencia mundial en acuicultura. O técnico chileno estivo en Galicia debido á inauguración
do Foro dos Recursos Mariños, onde comprobou o aumento “a grande escala” das exportacións do mexillón
galego ao país sudamericano. (Fonte:
La Voz de Galicia).
A competencia china e estadounidense
As delegacións do país asiático
e os EEUU na Feira Internacional de Conxemar 2004 en Vigo anunciaron a súa intención de potenciar
as candidaturas de Shanghai (a través da China Seafood Exposition) e Boston (da International Boston Seafood
Show) para disputar o liderazgo internacional que ten tanto Conxemar en Vigo como a Seafood de Bruxelas, no mercado
dos productos de mar conxelados e as feiras internacionais.
(Fonte: Faro de Vigo).
Cultura
Galicia e Cuba unidos polo cine
O filme “Gran Residencial Caribe”, producción
conxunta da empresa galega Directo de Información e Divulgación e do Instituto Cubano do Arte e a
Industria Cinematográfica, permitiu o achegamento de actores galegos, españois e cubanos, con rodaxes
en lugares simbólicos de Santiago como o Hostal dos Reis Católicos e as prazas de Obradoiro e Praterías,
e tamén nos lugares característicos da Habana.
(Fonte: La Voz de Galicia).
O encanto do Camiño inglés
O presidente da Asociación de Amigos
do Camiño Inglés de A Coruña, Barry McGinley, desvelou na igrexa de Santa María de
Neda en Ferrol unha placa bilingüe dedicada a tódolos peregrinos que recorren o camiño. McGinley
busca reforzar os lazos que unen a ruta xacobea coas illas británicas, e próximamente colocará
outras dous placas nunha igrexa coruñesa e no albergue dos peregrinos de Bruma. (Fonte: La Voz de Galicia).
“Arte de América Latina” en Vigo
A colección de fotografías,
pinturas e esculturas do Museo Nacional de Arte Raiña Sofía integran a exposición “Arte de
América Latina” no Centro Social Caixanova en Vigo. A colección mostra 140 pezas duns oitenta artistas
latinoamericanos contemporáneos, algúns históricos e famosos e outros emerxentes, nos que
destacan Diego Rivera, Horacio Coppola, Alejandro Botero, Barradas, Tarsila de Amaral, Vicente Rojo e Torres García. (Fonte: Faro de Vigo).
Portugal
Empresa viguesa organizará feira
inmobiliaria en Porto
A empresa Promevi, pertencente ao Grupo
Eventos, organizará en abril do 2005 a primeira edición de Imobitur Porto, dentro da Feira Internacional
de Porto, Exponor, co obxectivo convertirse no maior centro do negocio inmobiliario luso. A oferta tamén
inclue promocións turísticas de Brasil, Portugal e España. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 07/10/2004 |
 |
Solidariedade
Axuda á República Dominicana
O secretario xeral de Relacións
coa Unión Europea e Cooperación Exterior da Xunta, Jesús Gamallo, iniciou unha visita á
illa caribeña para inspeccionar a axuda galega ás poboacións afectadas polos furacáns
“Iván” e “Jeanne”. A Xunta donou máis de 60.000 euros en tres proxectos de colaboración na
provincia de El Seibo, gracias á cooperación das ONGs “Asemblea de Cooperación pola Paz” e
“Fundación Humanismo e Democracia”.
(Fonte: El Correo Gallego).
Galicia solidaria coa crisis de Sudán
Segundo datos da Axencia Española
de Cooperación Internacional, a nosa Comunidade está entre as que mais fondos aportou para facer
fronte á crisis humanitaria da rexión de Darfur. En concreto, Galicia donou 134.000 euros, por debaixo
de Andalucía e Cataluña. (Fonte:
El Correo Gallego).
Portugal
Completarán vía AVE Vigo-Porto
A ministra de Fomento, Magdalena Álvarez,
asegurou que o seu departamento retomará os traballos da saída sur de Vigo do AVE onde quedaron interrumpidos
e completarán o desenvolvemente técnico deste estudo na liña de alta velocidade do eixo atlántico
entre a cidade galega e a portuguesa. (Fonte:
El Correo Gallego).
Economía
Zeltia pisa forte nos EEUU
Gracias ao apoio e o interese que está
a suscitar dentro da administración dos EEUU os avances da empresa PharmaMar, filial da biotecnolóxica
galega Zeltia, as cotizacións bursátis da empresa dirixida polo grupo de José María
Fernández Sousa Faro, comezaron a revalorizarse un 2,12%, con movementos de títulos de importe por
valor dos 15,4 millóns de euros. Ao mesmo tempo, a axencia de medicamento norteamericana Food and Drug Administration
premiou co status de “medicamento orfo” ao composto anticancro Aplidin, o que o converte no pioneiro en EEUU no
tratameno do mieoloma múltiple. (Fonte:
El Correo Gallego).
Aceiro galego para China
Catro novas empresas de aceiro comezarán
a operar en Galicia co obxectivo de paliar o aumento da demanda internacional, especialmente a proveñente
da China. Gonvarri en Marín, Benteler e Antolín en Vigo, e Hierros Añón en Laracha
son as factorías abertas cun investimento valorado en 150 millóns de euros e a creación de
830 postos de traballo. (Fonte: La Voz de
Galicia).
Turismo
Promoción santiaguesa en Roma
e Brasil
O Concello da capital galega comezará
en outubro un plan de promoción turística na “Cidade Eterna” e o país suramericano, debido
ao aumento da demanda turística dende Italia e Brasil. No caso italiano, a presenza de cidadáns deste
país nas oficinas turísticas do Concello santiagués incrementouse nun 93%, especialmente interesados
no turismo cultural e relixioso. No caso brasileiro, a oficina de turismo galega participará nunha feira
de axentes de viaxe neste país. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Unión Europea-Galicia
A representación galega en Bruxelas
Segundo o presidente Zapatero, representantes
do goberno galego poderán estar presentes nos consellos de ministros da UE que traten de Agro e Pesca, Medio
Ambiente, Cultura, Educación e Asuntos Sociais, como parte dunha proposta formal para regular a participación
autonómica nas institucións europeas.
(Fonte: www.vieiros.com).
Pesca
Australia, Canadá, Brasil e Vietnam
interesados na pesca galega
No marco do evento Conxemar 2004, celebrado
en Vigo, empresarios de Canadá e Australia amosaron o seu interese en contactar con empresarios galegos
da área da acuicultura, mentres Brasil e Vietnam, quen participan por primeira vez neste evento, pecharon
acordos a través da Asociación Brasileira de Productores de Camarón e de varias empresas vietnamitas. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 06/10/2004 |
 |
Pesca
Liderazgo europeo para Galicia
A ministra de Agricultura e Pesca, Elena
Espinosa, asegurou en Vigo, na inauguración da feira internacional do conxelado Conxemar 2004, que un dos
seus obxectivos será o reforzamento de Galicia no escenario europeo dos productos conxelados e manter unha
sólida posición nos novos mercados abertos de Europa do Leste, especialmente en Polonia, Eslovenia,
Estonia e Chipre, onde xa existen importantes conexións galegas. Conxemar 2004 recibiu a presenza de representantes
de 35 países e mais de 400 firmas e aspira a converterse na principal feira mundial de productos conxelados. (Fonte: La Voz de Galicia e Faro de Vigo).
Unión Europea-Pesca
Börg reconsiderará axudas
ás zonas pesqueiras
O candidato a comisario europeo da Pesca,
o maltés Joe Börg, afirmou que “reconsiderará” a medida de supresión das axudas para
as zonas pesqueiras estipulado polo titular do cargo, Franz Fischler, e que afectaría a cidades como Vigo
e A Coruña. A petición do eurodeputado Daniel Varela, Börg anunciou que tamén estudiará
a medida de supresión das empresas mixtas e prometeu unha visita a Galicia para coñecer mellor o
sector pesqueiro. (Fonte: El Correo Gallego).
Solidariedade
De Bolivia á Costa da Morte
O líder campesino boliviano Fernando
Flores visitou instalacións porcinas, lácteas e hortícolas en Carballo, Dumbria, Vimianzo
e Camariñas, no marco do programa “Bolivia continúa a medrar. Desenvolvendo o futuro sostible” que
leva adiante o sindicato Unións Agrarias-UPA e a ONG Solidariedade Internacional. (Fonte: El Correo Gallego).
Economía
Pizarra galega para EEUU
O sector pizarreiro da localidade coruñesa
de Valdeorras intentará abrir o mercado estadounidense, trala xuntanza mantida por representantes das compañías
locais con delegados de 7 empresas norteamericanas. A pizarra galega non é moi coñecida nos EEUU. (Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
Polisóns africanos chegan a Marín
O pesqueiro español con base en
Galicia, Myrdoma F, arribou a Marín con tres polisóns africanos a bordo, que puideron entrar no barco
unha vez éste zarpara do porto de Dakar, Senegal. Os tres polisóns declararon proceder de Côte
d´Ivoire, país sacudido por unha guerra civil.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Sociedade
Santiago centro da tecnoloxía
de información
A Conferencia Internacional GaliciaTIC
comezou na capital galega coa participación de 120 representantes nacionais e internacionais. O Palacio
de Congresos de Santiago levou a cabo a presentación das novidades en tecnoloxías da información
e comunicación, cursos tutoriais, conferencias, paneis, debates e encontros sectoriais. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 05/10/2004 |
 |
Marítima
Bruxelas outórgalle prazo a Izar
Trala xuntanza co presidente da SEPI,
o comisario europeo de Competencia, Mario Monti, deu un prazo ata fin de ano á empresa de astaleiros para
atopar unha solución negociada cos sindicatos, que deberá ser posteriormente ratificada pola Comisión
Europea. Por outra banda, os comités de empresas das factorías de Izar en Ferrol e Fene decidiron
sumarse á folga convocada polas centrais sindicais.
(Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Desenvolvemento acuífero entre
Galicia e Perú
Galicia e Perú asinaron un convenio
de colaboración e de cooperación ao desenvolvemento dos sectores pesqueiro e acuícola, poñendo
o énfase na investigación, durante a conferencia internacional pesqueira Conxemar 2004. O ministro
da Producción peruano, Alfonso Velásquez, rubricou o documento xunto ao presidente da Xunta, Manuel
Fraga, quen manifestou a vontade de Galicia para reforzar lazos con países latinoamericanos onde a frota
galega ten presenza. Por outra banda, o conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, pediu a Madrid que Galicia
teña unha maior marxe de manobra en materia de cooperación pesqueira, para poder perpetuar a actividade
industrial e reforza-lo liderazgo galego no sector.
(Fonte: Faro de Vigo e La Voz de Galicia).
Galician Marine Aquaculture apunta a
Asia
As sociedades Rosp Corunna e Frigoríficos
Fandiño ingresaron no capital da Galician Marine Aquaculture, unha compañía de desenvolvemento
acuífero na ría de Noia e Muros, e que conta coa participación de investigadores da USC e
a Universidade de Chile. O obxectivo da nova compañía con sede en Santiago é exportar os seus
productos e servizos, especialmente o cultivo de abalón, ao mercado asiático, concretamente Xapón,
Taiwán, Singapur, China, Hong-Kong e Corea.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Inmigración
Asilo político en Vigo
Vigo será a primeira cidade galega
que contará cunha oficina do Comité Español de Axuda ao Refuxiado, para poder atender aos
inmigrantes que soliciten asilo político ou protección temporal, debido ao aumento nesta demanda.
Anque a nivel estatal Galicia é a comunidade con menos solicitudes deste dereito, o ano pasado unhas 14
persoas solicitaron asilo político, principalmente polisóns que proveñen de países
en guerra. (Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
O “tirón” turístico luso
A Consellería de Turismo e a empresa
municipal Incolsa, prepararán a partir de novembro un proxecto de expansión turística cara
Portugal, coa finalidade de poder manter os niveis de oferta tralo Xacobeo 2004. (Fonte: El Correo Gallego).
Cultura
Ferrol pide status á UNESCO
A creación do Centro Internacional
de Estudios de Fortificación e Apoio Loxístico (Ciefal) na cidade galega, baixo o amparo do Icomos,
principal organismo da UNESCO en materia de patrimonios, sitúa a Ferrol con relevancia á hora de
optar a que as Fortalezas da Ilustración, o Arsenal e os seus castelos e baterías na ría,
sexan declaradas patrimonio mundial. (Fonte:
La Voz de Galicia).
Cine galego-marroquí
A productora Ibisa TV, en colaboración
coa TVG, Localia, a Consellería de Emigración e a televisión pública de Marrocos, comezaron
a rodaxe do filme “Hanan. O que os une”, primeiro documental galego-marroquí con grabacións en Rabat,
Marrakech, Casablanca, Fez, Atlas e Essaouira. O documental trata dos fios conductores culturais, económicos
e humanos entre Galicia e Marrocos, a través dunha nena bereber nacida en Santiago. (Fonte: La Voz de Galicia).
Unha nova maneira de conectar Galicia
con Irlanda
O proxecto InfoBrión, un portal
informativo e multimedia posto en marcha polo Concello de Brión en colaboración coa Universidade
de Santiago de Compostela, promocionará Irlanda nunhas xornadas sobre a difusión da cultura folk
a través de Internet, que se celebran na cidade irlandesa de Cork dende o ano 1996, dentro do proxecto denominado
Northside Folk Project. (Fonte: La Voz de
Galicia).
 |
| 04/10/2004 |
 |
Marítima
A Xunta entra no pleito por Izar en Bruxelas
O conselleiro de Innovación, Juan
Rodríguez Yuste, utilizando o artigo 230 do Tratado da Unión, encargou aos servizos xurídicos
da Xunta que estudiase o expediente comunitario C-40/2000, que obliga a Izar a devolver as supostas axudas ilegais
por valor de 308 millóns de euros. Segundo o artigo 230, calquera persoa física ou xurídica
que se senta directamente afectada por esa decisión, pode solicitar ao Tribunal de Primeira Instancia das
Comunidades Europeas, a invalidación da mesma, para evitar a creba da empresa. (Fonte: La Voz de Galicia).
Economía
O IGAPE e os mercados exteriores
O Instituto Galego de Promoción
Empresarial pon a disposición dos sectores económicos e de exportación galegos mais de 300
monografías sobre os mercados exteriores de 34 países, para o coñecemento das realidades e
oportunidades de negocios. Destaca a especial atención a China, os estudios sobre Oriente Medio, EEUU, Suecia,
Alemaña, Xapón e Italia, mentres atópase unha ausencia de estudios sobre Francia e Portugal,
con vencellos comerciais moi estreitos con Galicia.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Galicia e os investimentos en China
Segundo fontes da oficina comercial española
en Shanghai, as empresas galegas en medio ambiente e construcción teñen grandes oportunidades de
negocio no país asiático, debido á crecente demanda en investimentos nestas áreas. (Fonte: El Correo Gallego).
Pesca
Baiona acolle unha Conferencia internacional
pesqueira
A Conferencia Internacional “As rexións
na Cooperación Internacional Pesqueira”, inaugurouse na localidade galega coa participación estatal
e de seis comunidades autónomas: Euskadi, Cataluña, Baleares, Asturias, Murcia, Canarias e Galicia,
ademais de Jean-Claude Bouchard, secretario de Estado de Pesca e Océanos de Canadá; Alfonso Velásquez,
ministro de Producción de Perú, e Sergio Múgica, director do Servizo Nacional de Pesca de
Chile, todos eles interesados en estudiar o modelo de acuicultura galego. O evento foi inaugurado polo presidente
da Xunta, Manuel Fraga. (Fonte: Faro de
Vigo).
Inmigración
A pegada arxentina en Galicia
O colectivo “Arxentinos en Galicia-Arxentinos
no Exterior”, ofreceu un “Encontro pola Integración” nas rúas viguesas, con demostracións
artesanais, de pintura, malabares, teatro, actuacións e outras actividades. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 03/10/2004 |
 |
Portugal
Proxecto conxunto para a obtención
de aditivo para combustibles
O conselleiro de Política Agroalimentaria,
José Antonio Santiso, asinou o proxecto no espacio da Interreg Galicia-Norte de Portugal, coa participación
das universidades de Vigo e Tras os Montes e a Asociación de Concellos do Alto Támega. O proxecto
espera conseguir un aditivo alternativo para carburantes a partir de cereais. (Fonte: Atlántico Diario).
Economía
Aumento semestral dos investimentos estranxeiros
Nos primeiros seis meses do ano, Galicia
estivo preto de igualar as cifras de anos anteriores en investimentos estranxeiros, recibindo uns 360 millóns
de euros, gracias ó labor dos auxiliares de automóviles Denso e Benteler e a cementeira Cimpor, quen
fixeron de Vigo o seu centro empresarial.
(Fonte: Atlántico Diario).
Unión Europea-Cultura
A UE financiará recuperación
da vía romana pontevedresa
Bruxelas confirmou a utilización
de fondos FEDER, coa aportación de 180.000 euros, para a recuperación da vía romana ao seu
paso por Pontevedra, na parte da ponte do Burgo. O proxecto, denominado “Vías Atlánticas”, contará
coa colaboración da Universidade de Santiago e ten como obxectivo a recuperación da vía romana
dende a cidade lusa de Braga ata Lugo. (Fonte:
Atlántico Diario).
Inmigración
Problemas de integración escolar
para nenos inmigrantes
Os colexios das áreas urbanas galegas
presentan problemas de integración de decenas de nenos inmigrantes, por asuntos económico-sociais,
falta de papeis, retraso académico e descoñecemento do castelán e o galego. É por iso
que a Asemblea de Directores de Vigo, a cidade con maior poboación estranxeira, solicitou ao conselleiro
de Emigración, Aurelio Miras Portugal, mais medios e persoal para solucionar esta problemática. (Fonte: Faro de Vigo).
 |
| 02/10/2004 |
 |
Unión Europea-Pesca
Trato prioritario á pesca galega
O novo presidente da Confederación
Xeral de Cooperativas Agrarias da UE (COGECA), José Ramón Fuertes, anunciou que pedirá ao
futuro comisario de Pesca, o maltés Joe Borg, que a partir do 1 de novembro aplique un trato prioritario
ao sector extractivo da pesca na Comisión Europea. En canto ao novo Fondo Europeo de Pesca, FEP, os armadores
europeos insistirán en que o sector pesqueiro e as rexións dependentes da pesca deberán disfrutar
de mellores axudas que as contempladas no anterior Instrumento Financieiro de Orientación da Pesca. (Fonte: Faro de Vigo).
Debate sobre as facultades da axencia
europea da pesca
O Comité Económico e Social
Europeo debateu o informe redactado polo español Gabriel Sarró que reclama para a futura axencia
para o control pesqueiro con sede en Vigo, capacidade para inspeccionar os productos pesqueiros en toda a cadea
alimentaria e non só nos puntos de venda. O texto tamén cuestiona o control dos productos procedentes
de buques abandeirados de terceiros países, especialmente daqueles que practiquen a pesca ilegal. Asimesmo,
suxire que o consello de administración da Axencia teña oito representantes dos pescadores, e non
catro como propoñía Bruxelas.
(Fonte: Faro de Vigo).
Portugal
AVE Vigo-Porto para o 2009
No marco do XX Cumio Hispano-Portugués
de Santiago, a ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, e o seu homólogo luso Antonio Mejía,
ratificaron que as conexións da rede de Alta Velocidade Ferroviaria Porto-Vigo rematará no ano 2009.
Este cumio permitiu o reforzamento das relacións en materia de transporte do sector portuario e terrestre,
enfatizando as relacións bilaterais coa Unión Europea e América Latina. (Fonte: Atlántico Diario).
O peso da Península Ibérica
O presidente da Xunta, Manuel Fraga, manifestou
en Santiago, no marco do cumio España-Portugal, a necesidade de que se potencie “a mais interna cooperación”
ibérica para conseguir gañar peso relativo nunha Unión Europea “que só pode medrar
ata o Norte e o Leste”. (Fonte: Atlántico
Diario).
Piden candidatura do patrimonio oral
e inmaterial galego-portugués
A demanda xurdiu durante o cumio hispano-luso
de Santiago por parte da Asociación Ponte nas Ondas, a rede de escolas asociadas á Unesco de Galicia
e Portugal, o Consello da Cultura galega e outras entidades. A petición está en máns do goberno
portugués e conta co apoio da Xunta e o Ministerio da Cultura.
(Fonte: La Voz de Galicia).
Prestige
A UE veta 19 buques por incumprimento
de normas tralo Prestige
Dende Bruxelas, a Comisión Europea
publicou a lista actualizada dos 19 buques aos que se prohibiu o atraque nos portos comunitarios entre o 1 de novembro
do 2003 e o 31 de agosto deste ano, xa que ningún deles cumpría as normas de seguridade marítima
adoptadas tralas traxedias do Erika na Bretaña francesa e o Prestige nas costas galegas. (Fonte: La Voz de Galicia).
Economía
A “nova Izar” e o Eixe do Mal
Un estudio realizado pola Sociedade Estatal
de Participacións Industriais SEPI aos sindicatos, informa que a sustituta da empresa naval Izar ten como
potenciais clientes a países considerados por Washington como membros do “eixe do mal”, identificando a
Cuba, Irán, Siria, Libia e Iraq, aunque estes dos últimos xa non figuren nesa lista estadounidense.
No caso de Izar, esta relación afectaría aos astaleiros de Ferrol e Fene. (Fonte: La Voz de Galicia).
Cultura
Ourense e o Cómic do Leste
O Museo Municipal ourensán albergará
durante quince días o escaparate do cómic realizado en países do Leste de Europa, así
como a presenza de galegos que triunfan no exterior, como os casos de Xulio das Pastroar e Carlos Portela. Nesta
edición destaca a presenza de Miguel Rocha, un dos mais importantes ilustradores de Portugal e autor do
cartel da Eurocopa 2004. (Fonte: La Voz
de Galicia).
Bélxica e Santiago unidos pola
restauración
A cidade belga de Torengen enviou á
capital galega unha representación técnica e política da súa administración
municipal para o estudio da política de rehabilitación do casco histórico compostelán
e os resultados e xestión deste programa. A súa alcaldesa entrevistouse co seu homólogo, Bugallo. (Fonte: La Voz de Galicia).
Intercambio escolar entre Padrón
e Dresde
Os alumnos do instituto de secundaria
Camilo José Cela recibirán a principio de outubro unha delegación de Dresde, Alemaña,
dentro do programa Sócrates, no marco do proxecto educativo “A vida despois dunha catástrofe”, nun
intercambio de experiencias tralo Prestige e as inundacións da cidade alemá. (Fonte: La Voz de Galicia).
 |
| 01/10/2004 |
 |
Cultura
A capital do acordeón
Santiago de Compostela acolleu a 60 especialistas
mundiais do popular instrumento, no 54 Festival Internacional do Acordeón. Os participantes proveñen
de Europa e Asia, específicamente de Rusia, Croacia, Italia, Suiza, Serbia-Montenegro, Bosnia-Herzegovina,
Francia, China, Portugal, Bélxica e España.
(Fonte: El Correo Gallego).
A importancia histórica e militar
de Ferrol
A xuntanza anual do Comité Internacional
de Itinerarios Culturais, Icomos, ente asesor da UNESCO, elixiu á cidade galega como sede das ponencias
dos 30 congresistas internacionais, que debatiron no recinto ferial FIMO, entre outros temas, a importancia de
Ferrol no apartado das fortificacións e cidades portuarias. Ao remate do evento inaugurouse o Centro Internacional
de Estudios sobre Fortificación e Apoio Loxístico (Ciefal), con sede permanente en Ferrol. (Fonte: La Voz de Galicia).
Portugal
Patrimonio cultura luso-galaico
Gracias á Asociación Cultural
e Pedagóxica “Ponte...nas ondas”, xunto a rede de escolas asociadads á UNESCO de Galicia e Portugal,
o Consello da Cultura Galega e outras entidades lusas e hispanas, asinouse un documento de presentación
da candidatura do Patrimonio Oral e Inmaterial Galego-Portugués. O asinamento efectuouse durante o Cumio
España-Portugal en Santiago. (Fonte:
Faro de Vigo).
Cumio de Cooperación internacional
O cumio “Portugal e Galicia: cooperar
na cooperación”, realizado no municipio de Oia, tivo como principais participantes a numerosas localidades
galegas e portuguesas, neste caso de Guimaraes, Viana do Castelo, Abrantes, Chaves e Palmela, coa finalidade de
explorar a realidade da cooperación internacional no ámbito local. O evento foi promovido polo Fondo
Galego de Cooperación e Solidariedade, baixo o patrocinio da Deputación de Pontevedra. (Fonte: Atlántico Diario).
Unión Europea-Ambiente
Propoñen a Galicia como sede europea
da prevención e extinción de incendios
A petición do eurodeputado do PP,
Daniel Varela, enviada á eurocomisaria de Medio Ambiente, a sueca Margot Wallström, reflicte a vontade
de celebrar en Galicia a macroconferencia europea para analizar as prácticas en prevención e extinción
de incendios. A conferencia celebrarase en novembro e contará coa participación de expertos de Francia,
Grecia, Italia, España, Portugal, Eslovenia e Chipre. A proposta de Galicia débese aos seus éxitos
na loita contra os incendios. (Fonte: La
Voz de Galicia).
Unión Europea-Pesca
INE espera pronta resolución do
problema dos astaleiros dende Bruxelas
O inminente relevo do eurocomisario Mario
Monti na Dirección Xeral da Competencia da Comisión Europea, “podería abrir o camiño
á inmediata solución das demandas plantexadas sobre o futuro dos nosos asteleiros”. Así concluía
un comunicado da Iniciativa Empresarial do Noroeste, con sede en Fene, ao informar das xestións realizadas
en Bruxelas para lograr o retorno inmediato da antiga Astano á construcción convencional de buques,
vetada dende hai 17 anos. (Fonte: La Voz
de Galicia).
Pesca
Vigo acolle a feira Conxemar 2004
Coa participación de representantes
de Vietnam, Brasil e Australia, ademais de 30.000 profesionais da pesca e dos productos conxelados, Vigo acolle
a principios de outubro a feira Conxemar 2004, a segunda mais importante de Europa trala de Bruxelas e a terceira
do mundo, trala de Boston. O conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, anunciou como actividade paralela
a conferencia sobre Rexións na Cooperación Internacional, nas que participarán Canadá,
Perú e Chile. (Fonte: Atlántico
Diario).
|