“Cooperar na cooperación”, encontro Portugal-Galicia organizado polo Fondo Galego O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade organizará en Oia o encontro Portugal e Galicia: Cooperar na cooperación, coa participación de responsábeis políticos de concellos de Galicia e Portugal, entre os que se atopan as Cámaras de Viana do Castelo, Chaves, Palmela, Abrantes, Guimarães, Espinho, mentres outras Cámaras como Lisboa, Porto, Gondomar, Moura e Loures, expresaron o seu interese polo desenvolvemento e conclusións desta iniciativa. Da parte galega, participarán concellos das catro provincias. (Fonte: www.vieiros.com). AVE Vigo-Oporto, para o 2009 No marco do Cumio Ibérico a celebrarse en Santiago, o presidente José Luis Rodríguez Zapatero e o seu homólogo portugués Pedro Santana Lopes, ratificarán a súa vontade de que a liña ferroviaria de alta velocidade que enlazará Vigo con Porto entre en servizo no 2009. (Fonte: Faro de Vigo). Proxecto luso-galego coa inserción socio-laboral de menores O Parque Tecnolóxico de Galicia acolleu a celebración do proxecto internacional Prisma-Miliaria, coa participación da Xunta, a USC, o Instituto Galego de Vivenda e Solo, a Deputación de Ourense, a Cámara Municipal de Chaves, as santas casas de misericordia desa cidade lusa e de Arcos de Valdevez e a Oficina de Turismo do Alto Támega e Barroso. O proxecto investirá máis de catro millóns de euros para programas de inserción socio-laboral de menores en Allariz. (Fonte: La Voz de Galicia). V Seminario de Traducción en Rianxo A Asociación de Amigos da Universidade Libre Iberoamericana en Galicia presentou en Rianxo o V Seminario de Traducción, no que participan diferentes ponentes do eido da traducción, da literatura e da cultura en xeral procedentes de diferentes universidades nacionais e estranxeiras, na procura de establecer canles de encontro entre experiencias galegas, portuguesas e españolas. (Fonte: www.vieiros.com). Economía Fadesa ingresa no mercado do Leste europeo A inmobiliaria galega iniciou o seu proceso de expansión ao Leste europeo cun investimento de 27 millóns de euros na compra dun solar de 8.000 metros cadrados en Budapest, capital húngara, para a promoción de baixos comerciais e de oficina. Os plans tamén contemplan a posibilidade de achegarse a mercados como Polonia, Eslovaquia e a República Checa. (Fonte: Faro de Vigo). Diáspora Solución ás pensións dos retornados venezuelanos A petición do BNG, o Parlamento galego instou ao goberno central a solucionar o problema dos españois retornados de Venezuela, no que se refire ao cobro de pensións pola súa cotización laboral no país sudamericano. Este problema afecta nestes momentos a 2.000 persoas, a maioría galegos e canarios. Esta proposta xa fora aprobada por unanimidade pola Comisión Institucional da Cámara galega. (Fonte: La Voz de Galicia). Unión Europea-Pesca Un galego presidirá comité europeo de Pesca José Ramón Fuertes Gamundi, director xeral da Cooperativa de Armadores de Vigo, foi elixido en Bruxelas como novo presidente do comité especializado en Pesca da Confederación Xeral das Cooperativas Agrarias da UE (Cogeca), unha agrupación de máis de 30.000 empresas cooperativas, con preto de 9 millóns de socios, máis de 600.000 traballadores e negocios valorados en 210 millóns de euros. (Fonte: La Voz de Galicia). Unión Europea-Ecoloxía Parque temático de Narón recibirá fondos europeos O parque da zona rural de Sedes, en Narón, recibirá 500.000 euros da UE para a elaboración dun parque temático baseado na vida das aldeas tradicionais, segundo informaron os responsábeis da axencia Agader, que promove o desenvolvemento rural de Galicia. (Fonte: La Voz de Galicia). Sociedade Os dous primeiros coa nacionalidade galega O primeiro recoñecemento xudicial da singularidade nacional de Galicia nunha partida de nacemento, correspondeu aos nenos Anxo e Alexandre que foron rexistrados no Xulgado de Primeira Instancia Número 4 de Vigo, como portadores da “nacionalidade galega”. (Fonte: Faro de Vigo).
Cumio Ibérico en Santiago A capital galega acollerá a XX Cumbre Ibérica coa finalidade de reforza-la cooperación entre España e Portugal en materias como pesca, transporte, axudas europeas e o mercado ibérico da electricidade. Os ministros de Pesca de ambos países, Elena Espinosa e Carlos Henriques da Costa Neves, reuníronse para reactivar o Comité Luso-Español de Pesquerías, COLEP, e a cooperación transfronteriza. Por outra banda, o presidente da Cámara Municipal de Porto e da Asociación do Eixo Atlántico, Rui Rio, afirman que a demanda realizada polo ministro de Cidades portugués, José Luis Arnault, ante o presidente Fraga, de articular o aeroporto de Porto cos de Santiago, A Coruña e Vigo, merecería dunha “decisión política” no Cumio Ibérico. (Fonte: El Correo Gallego). Solidariedade A realidade do comercio xusto Santiago acolleu o IX Seminario Iberoamericano de Cooperación en Artesanía, ao que asistiron representantes de Costa Rica, Arxentina, Belice, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Cuba, Ecuador, El Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua, México, Panamá, Paraguai, Perú, Portugal, Porto Rico, República Dominicana, Uruguai e Venezuela. Nas reunións efectuadas coa participación da presidenta do organismo, Karen Olsen, estimouse que os productos realizados baixo as condicións do comercio xusto moven anualmente entre 400 e 500 millóns de dólares, un 0,01% da economía mundial. (Fonte: El Correo Gallego). Cultura Cine árabe en Galicia Uns 23 filmes árabes proxectaranse en Santiago na Mostra Audiovisual Árabe Amal 2004, coa presenza de directores como Mohammad Bakri e Michel Khleifi e un documental inaugural do suizo Patrick Burge. (Fonte: El Correo Gallego). Exposición de Leiro en Nova York O escultor de Cambados, Francisco Leiro, comezou a súa mostra na cidade estadounidense coa exposición “Foro”, que permanecerá na galería Marlborough ata finais de outubro. (Fonte: La Voz de Galicia). Pesca ICES e Unesco xuntos na investigación do mar O presidente do Consello Internacional para a Exploración do Mar, ICES, Michael Sinssenwine, e o presidente da comisión oceanográfica intergubernamental da Unesco, David Pugh, asinaron en Vigo un acordo para compartir as investigacións sobre a situación do mar, que, segundo os expertos que participaron no congreso do ICES, aumentou uns 20 cm. no último século. (Fonte: El Correo Gallego). Piden á UE medidas coordinadas contra o aumento do combustible O eurodeputado do PP, Daniel Varela, demandou á Comisión Europea medidas coordinadas para mitigar o incremento nos prezos do carburante que afectan ao sector pesqueiro, tralos aumentos dun 40% no que vai de ano e do 60% dende setembro do 2003. (Fonte: La Voz de Galicia). Prestige Ambigüidade xudicial no caso do capitán do Prestige A pesar de que o fiscal xefe de Galicia anunciou que non ten problemas en outorgar a liberdade a Apostolos Mangouras, quen podería disfrutar dunha estancia de tres meses no seu país, o xuíz de Corcubión que leva adiante o proceso, Francisco Javier Collazo, amosou a súa contrariedade de que Mangouras abandone España. O goberno de Grecia garantiu a disponibilidade do mariñeiro ante a Xustiza no caso de que sexa requerido. (Fonte: La Voz de Galicia). Diáspora A Coruña apoia entidades galegas no exterior A Deputación de A Coruña aprobou un orzamento de 299.000 euros para proxectos coas entidades Sociedade Finisterre en América, Centro Galego de Xubilados, Fogar Galego para Anciáns, as tres en Bos Aires, así como a Sociedade Española de Beneficiencia, a Asociación Benéfica de A Coruña, ambas en Caracas, e o Fogar Español de Montevideo. (Fonte: La Voz de Galicia). Unión Europea-Galicia A UE aproba proxectos en Ourense En Bruxelas aprobaronse 24 proxectos de desenvolvemento co plan Leader Plus Ribeira Sacra-País do Bibei, de iniciativas públicas e privadas, con referencia á formación, turismo, empresas de tempo libre, hostalería e obradoiros artesanais. O investimento supera os 3 millóns de euros e cunha subvención de máis de un millón. (Fonte: La Voz de Galicia). Unión Europea-Marítima A Xunta respalda a capacidade investigadora de Galicia no eido marítimo A Xunta de Galicia ofreceu ao goberno a colaboración no traballo do Centro de Control do Medio Mariño e o Centro de Investigacións Marinas, ubicados ámbolos dous en Vilagarcía de Arousa, coa finalidade de apoiar a continuidade en Vigo do laboratorio de Biotoxinas da UE, e integra-lo coa estructura dos outros dous entes. O laboratorio de Biotoxinas de Vigo converteuse nunha das principais referencias mundiais nesta especialidade. (Fonte: Faro de Vigo).
Unha política pesqueira á marxe da UE O conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, fixo unha decidida defensa da concreción dunha política pesqueira galega autónoma de Bruxelas, durante a clausura da xornada sobre a viabilidade da frota de altura, celebrada en Vigo pola Federación Española de Frotas Pesqueiras. López Veiga clamou por “tomar a iniciativa” e “espabilarse” ante unha UE “que non comprende a realidade pesqueira galega”. (Fonte: El Correo Gallego). Plan de acción para competir con terceiros países Nun acto celebrado en Vigo, a ministra de Pesca, Elena Espinosa, prometeu aos armadores a xestión e coordinación dun rexistro fiscal especial que beneficie aos armadores e tripulantes e un plan de acción do sector pesqueiro no exterior, a fin de poder competir coas frotas de terceiros países, especialmente asiáticas que, con menos custe empresarial e laboral, faenan nos caladoiros españois. Espinosa respondeu ás demandas dos armadores que ven perigar o sector se non reciben axudas estatais e da UE. (Fonte: La Voz de Galicia e Faro de Vigo). Xuntanza dos armadores vigueses co eurocomisario de Pesca Bruxelas recibirá no mes de outubro unha delegación da patronal pesqueira e dos armadores de Vigo, para unha xuntanza co eurocomisario xefe da Política Común de Pesca, o maltés Jorg Borg, coa finalidade de que suavice as reformas adoptadas polo seu antecesor, o austriaco Franz Fischler. (Fonte: La Voz de Galicia). Marítima Temores internacionais ante a crise de Izar Os gobernos de Chile, Malaisia e Noruega, temen que a crise de Izar retrase a producción dos seus encargos pendientes: tres submarinos da clase Scorpene e cinco fragatas Fridtjof Nansen, que estánse a facer no asteleiro de Ferrol. Incluso, en xuño pasado, o ministro de Defensa José Bono tivo que tranquilizar a súa homóloga noruega Kristin Krohn, durante unha visita a Galicia. De prolongarse a crise, outras demandas quedarían pendientes coa Marina de Australia, a firma francesa Armaris, a alemá Blohm + Voss e a norteamericana Gibbs & Cox, con pedidos valorados en mais de 5.000 millóns de euros. (Fonte: La Voz de Galicia). Economía Bruxelas da o visto e prace ao plan de reconversión industrial de Ferrol A Dirección Xeral da Competencia da Comisión Europea, en palabras do seu voceiro Tilman Lüder, insistiu en defender os plans de reconversión industrial do goberno estatal con Ferrol e espera unha “luz verde” desde Madrid, para seguir adiante cos trámites. (Fonte: La Voz de Galicia). Inditex abre tendas en Nova York, Milán e Tokio O grupo téxtil e de moda galego abriu tres establecementos da cadea Zara no centro comercial de Manhattan, en Nova York, a Plaza del Duomo milanesa e a capital nipona. En EEUU hai quince tendas Zara, por seis na cidade neoiorquina. (Fonte: La Voz de Galicia). Cultura Saramago en Ferrol O coñecido Premio Nobel portugués visitou a cidade coruñesa para pronunciar a conferencia inaugural do curso dedicado ao escritor e amigo persoal Gonzalo Torrente Ballester. Saramago tamén desvelou as chaves do seu universo literario. (Fonte: La Voz de Galicia). Director de portal bolivariano é galego A Asociación Cultural pontevedresa Maio Longo celebrou por primeira vez o Día Internacional do Dereito á Información, instituido en Sofía, Bulgaria, cunha serie de conferencias nas que destacou a realizada por Gonzalo Gómez Freire, director do periódico dixital venezuelano www.aporrea.org, un portal alternativo simpatizante coa revolución bolivariana do presidente Hugo Chávez e que é o mais visitado no seu país. Gómez Freire é xornalista, fillo de coruñeses, e foi invitado pola CIG. (Fonte: La Voz de Galicia). “Videoconferencing Europe” en Teis O Instituto de Teis recibiu aos socios do proxecto Grundtyig 2, “Videoconferencing Europe”, na terceira edición deste programa interactivo para a aprendizaxe do idioma a través das derradeiras tecnoloxías do webcam e videoconferencia. A xuntanza reuniu a 30 profesores representantes dos países europeos que forman a rede, Francia, Bélxica, Holanda, Noruega e Suecia. (Fonte: Faro de Vigo). Economía Albariño conquista EEUU Trece bodegas de Rías Baixas participaron na prestixiosa campaña de degustación The Great Match: Wine and Tapas, realizada en San Francisco e considerado o escaparate representativo dos viños españois en EEUU. A degustadora profesional Karen McNeil realizou a conferencia “Fresco, branco e fabuloso, albariño das Rías Baixas”, no que o viño do Salnés foi o protagonista. (Fonte: La Voz de Galicia). Turismo Cinco millóns de turistas para o 2005 A consellería de Turismo estima que, para o próximo ano, poderían alcanzarse os cinco millóns de turistas, tralo éxito do Xacobeo 2004, que levou seis millóns de visitantes á nosa Comunidade. En 2005, a Xunta de Galicia apostará polo turismo náutico, da man da Ocean Volvo Race que partirá en novembro do 2005 dende A Coruña e Pontevedra. Este evento, que por primeira vez non sairá desde o Reino Unido, atraería a un millón de visitantes. (Fonte: El Correo Gallego).
O galego entre as linguas do mundo O primeiro Forum das Linguas do Mundo, coñecido coma o Festilingua, celebrado en Barcelona, deu unha nova dimensión internacional á utilización da nosa lingua, ademais do coñecemento de 65 linguas do mundo, dende o inglés ata o bubi, baixo o lema “Falando idiomas enténdese a xente”. (Fonte: www.vieiros.com). Portugal Cumio luso-hispana en Santiago Os xefes de goberno de España e Portugal, José Luis Rodríguez Zapatero e Pedro Santana Lopes, reuniranse en outubro na capital galega coa finalidade de abordar os problemas de interese bilateral. (Fonte: El Correo Gallego). Emigración Unha emigración diferente Respondendo a unha demanda do BNG, a Xunta considerou que non é necesario favorecer o retorno dos mozos galegos que emigran ao exterior porque a actual emigración “non ocorre por motivos económicos, coma no século XX” senón por “sectores profesionais moi localizados”, polo que non é preciso adoptar “medidas específicas para favorecer o seu retorno”. (Fonte: El Correo Gallego). En Portas cos emigrantes galegos O alcalde desta localidade coruñesa, Roberto Vázquez, anunciou que o seu concello traballa para a realización da II Xuntanza da Emigración, prevista para agosto de 2005, tralo éxito que tivo a primeira edición. (Fonte: El Correo Gallego). Solidariedade AI tamén fai a peregrinaxe Vinte membros de Amnistía Internacional de Lugo peregrinaron a Santiago para denunciar a situación do preso de conciencia vietnamita Thadeus Nguyen Van Ly. (Fonte: El Correo Gallego).
“O Camiño” pasa por Bruxelas A exposición itinerante “Sentimentos do Camiño”, foi presentada polo Xacobeo 2004 no Instituto Cervantes da capital europea, como parte da promoción cultural da relevancia xacobea en Galicia e da importancia turística da mesma. A exposición partiu de Roma para varias capitais europeas. (Fonte: El Correo Gallego). Economía A necesidade do Plan Galicia Segundo os economistas Santiago e Manuel Lago, os investimentos prometidos trala traxedia do “Prestige”, concebidos no Plan Galicia, supoñen unha oportunidade para que a nosa Comunidade equilibre os seus niveis de renda coa media española e da Unión Europea. (Fonte: La Voz de Galicia).
Bruxelas axiliza a solución da crise de Izar Segundo Tilman Lueder, voceiro do eurocomisario da Competencia, Mario Monti, a Comisión Europea otorgaralle á empresa Izar o prazo de tempo necesario para reactivar as negociacións e poder devolver os 308 millóns de euros en axudas ilegais, coa finalidade de que o goberno de Zapatero poida presentar o plan de viabilidade que contribúa á solución da crise dos astaleiros. Desde Bruxelas estímase que o programa de reestructuracións de Izar implementado polo goberno estatal podería salvagardar un total de 9.000 empregos. (Fonte: El Correo Gallego). A potencialidade da acuicultura galega O Consello Internacional para a exploración do mar, ICES, que concluiu en Vigo a súa xuntanza, revelou a importancia mundial de Galicia no sector da acuicultura, especialmente na especie do rodaballo, onde a nosa Comunidade é a principal productora mundial. Segundo os participantes na conferencia anual de ICES e a propia Consellería de Pesca, Galicia duplicou a súa producción en acuicultura, debido á apertura de centros de cultivo como a empresa noruega Stolt Sea Farm en Cabo Vilán, e os avances en investigacións científicas. (Fonte: Faro de Vigo). Portugal Auguran tensións entre Portugal e Galicia por cuotas da NAFO Segundo os armadores lusos con intereses nas augas que administra a NAFO, agrupados na Asociación de Armadores da Pesca Industrial, Adapi, as negociacións cos seus veciños galegos poderían aumentar as tensións en canto ás cuotas de pesca de especies como a gallineta, a raia e a locha branca, tralo acordo alcanzado pola Unión Europea no cumio anual da NAFO. A maior parte das cuotas lévannas España e Portugal, pero o problema radica no reparto das mesmas que deberá acordarse antes de decembro. (Fonte: La Voz de Galicia). O Eixo Atlántico xa ten a súa publicación Nun acto realizado na capital galega, os representantes do Eixo Atlántico, organismo que agrupa a cidades de Galicia e o Norte de Portugal, presentaron a súa revista bimestral “Vianova” como medio para promover o acordo transfronterizo, e os atractivos turísticos e culturais da eurorrexión, especialmente o eixe Santiago-Porto. (Fonte: La Voz de Galicia). Sociedade Presos estranxeiros e a crise dos cárceres galegos A crise dos cárceres galegos revela problemas non só de mafias e drogas senón de aglomeración de estranxeiros. Segundo José Manuel Alves, responsable de prisións de CC OO, e Mercedes Legazpi Iglesias, responsables de prisións da CSIF, nos cárceres galegos hai máis de 1.700 estranxeiros, a maioría proveñentes de Marrocos e outros países do sur, o que evidencia un conflicto cultural que deriva na formación de bandas e grupos diferentes, como acontece no cárcere de A Lama, onde atópanse presos de 57 países diferentes. (Fonte: Faro de Vigo). Centro Iris participa en Congreso ambiental en Croacia A organización ecolóxica ourensá Centro Iris de Medio Ambiente, adscrita á agrupación Amigos da Terra, participou no foro internacional “Nature for Sale”, na capital croata, Zagreb. Nesta conferencia abordáronse temáticas relativas aos efectos das políticas da OMC, o Banco Mundial e outras institucións financeiras na destrucción ou privatización dos recursos naturais como a auga ou a biodiversidade. (Fonte: La Voz de Galicia). Médico viguesa, mellor radióloga xove europea Eloísa Santos Armentia, médico residente do Servizo de Radioloxía do Hospital Povisa en Vigo, obtivo o Premio á Xoven Radióloga Europea no Congreso Europeo de Radioloxía Uroxenital, celebrado en Santiago de Compostela, polo seu traballo “Achadegos con resonancia magnética da patoloxía isquémica do escroto”. O evento reuniu a 300 profesionais menores de 35 anos procedentes de 30 países. (Fonte: La Voz de Galicia).
Marrocos ten como referencia a experiencia galega O secretario xeral de Pesca do país norteafricano, Rhanmi Tijani, informou en Rabat que o seu país recurrirá á experiencia técnica dos galegos para faenar nas zonas rochosas e para regular a captura do polvo, como medida para atopar as chaves necesarias que eviten o derrube da actividade pesqueira marroquí. O ministro fixo referencia á capacidade dos 130 barcos españois con base en Galicia que faenaban no banco canario-sahariano ata hai 5 anos, cando Rabat suspendeu o acordo coa UE. Tijani reuniuse co seu homólogo español, Juan Martín, ante quen insistiu en que calquera acordo pesqueiro que permitar voltar á frota española aos caladoiros marroquís é competencia exclusiva da Unión Europea. (Fonte: La Voz de Galicia). Vigo sede das principais armadoras mundiais Tres das principais armadoras que operan no Océano Pacífico crearon unha joint venture, a Sociedade Europacífico Alimentos do Mar, co obxectivo de vender peixes conxelados en España e Portugal, utilizando o Berbés de Vigo como sede de comercialización. As compañías pesqueiras son Nippon Suissan Kaisha Ltd, de Xapón; Sealord Group Ltd, de Nova Zelanda; e Pesquera Friosur, S.A, de Chile. A nova sociedade agarda unha facturación de 50 millóns de euros e un volume de vendas cifrado entre 12.000 e 15.000 toneladas de peixe conxelado. (Fonte: Faro de Vigo). Marítima Demandan a UE clarificar deudas de Izar O eurodeputado do PP, Daniel Varela, pediu ao Executivo comunitario que anuncie de canto tempo dispón a empresa Izar para a devolución das axudas estatais supostamente ilegais que percibiu, e preguntou se o goberno español aínda ten posibilidades de recurrir ao expediente de Bruxelas (C-40/2000) que obriga ao retorno dos fondos. (Fonte: La Voz de Galicia). Portugal A Mancomunidade ferrolá e o proxecto europeo de transporte Os representantes da Mancomunidade de concellos de Ferrol viaxaron a Porto para asistir á terceira xuntanza transnacional sobre o proxecto europeo de desenvolvemento de sistemas de transporte colectivo coordinado, con predisposición para participar nas áreas de alternativas ecolóxicas, situación actual do transporte e sistema de billetes. (Fonte: La Voz de Galicia). Sociedade Ourense, sede de foro europeo de xerontoloxía O Comité Organizador do primeiro Foro Europeo de Xerontoloxía a celebrarse en outubro en Expourense reunirá a recoñecidos expertos nacionais e internacionais coa finalidade de estudiar os modos de envellecemento saudábeis e as novas técnicas de intervención das persoas dependentes. (Fonte: La Voz de Galicia). Cooperación Convenios internacionais da Universidade de Vigo O consello de goberno da Universidade de Vigo aprobou convenios de colaboración coa Universidade Anáhuac de Jalapa, México, un acordo de intercambio de estudiantes e profesores coa Universidade de Costa Rica, e outros de cooperación coa Universidade de El Cairo e a Politécnica de Alaska. (Fonte: La Voz de Galicia). Cultura Coral de Riberia actuará no Capitolio estadounidense Por primeira vez na súa historia, a Coral Polifónica Municipal de Ribeira actuará en EEUU. A súa presentación decorrerá en outubro no auditorio do Capitolio e participarán no desfile polo Día da Hispanidade na Quinta Avenida de Nova York. (Fonte: El Correo Gallego).
Apoio transfronterizo O secretario xeral de Relacións coa UE, Jesús Gamallo, pediu a través do Comité das Rexións prioridade para o apoio entre as rexións transfronterizas, tomando como referencia a colaboración entre Galicia e o norte de Portugal. Gamallo fixo o anuncio en Praga durante a reunión da Comisión de Asuntos Constitucionais e Goberno de Europa do Comité das Rexións, onde demandou a Bruxelas unha maior consulta con Galicia en política agrícola e pesqueira, desenvolvemento rural e liberalización de servizos. (Fonte: El Correo Gallego). Unión Europea-Pesca Polémica por diminución das axudas pesqueiras As críticas da eurodeputada galega Carmen Fraga pola posible diminución das axudas pesqueiras da Comisión Europea trala ampliación ao Leste foi seguida por algúns eurodeputados, que calificaron como “escasas” a cantidade de axudas para o período 2007-2013. O equipo do comisario Franz Fischler defendeu así a proposta que se traducirá nunha conxelación ou eliminación do gasto público neste eido. (Fonte: La Voz de Galicia). Unión Europea-Educación Bruxelas elimina a Galicia do Erasmus Mundus O célebre programa europeo de investigación universitaria excluiu a nosa Comunidade nas próximas 19 titulacións máster ou programas de intercambio para o terceiro ciclo, seleccionando a seis universidades españolas, en Cataluña, Andalucía e País Vasco. (Fonte: La Voz de Galicia). Economía Comercio granitero entre Namibia e Galicia O ministro de Comercio e Industria deste país africano, Jesaya Nyamu, entrevistouse en Madrid cunha representación da Asociación Galega de Graniteros, invitándolles a facer investimentos. Nyamu alabou a calidade e exotismo das reservas galegas de granito. (Fonte: El Correo Gallego). Sociedade Santiago, centro mundial do cómic O Cartoon Forum reuniu na capital galega a máis de 800 profesionais de 22 países, presentándonse mais de 70 proxectos de animación. O evento, organizado polo Cartoon European Asociation, foi inaugurado polo conselleiro de Cultura, Jesús Pérez Varela, e tivo como obxectivo facilitar as coproduccións e fomentar os acordos financeiros no sector. (Fonte: El Correo Gallego). Audiovisual galego en Vanity O último número desta revista norteamericana dedica seis páxinas a Galicia afondando nos seus aspectos históricos, económicos e culturais, e prestando igualmente atención ás principais productoras galegas de audiovisual e animación e ao liderazgo que están asumindo en Europa. (Fonte: La Voz de Galicia).
Voar desde Porto é máis barato O aeroporto Sá Caneiro da cidade lusa converterase na principal ruta aérea do noroeste peninsular, trala decisión das líñas aéreas irlandesa Ryanair e alemá Air Berlín, de operar alí gracias ao baixo custe que representa. Isto deixa aos aeroportos de A Coruña, Santiago e Vigo fora da ruta dos voos baratos destas aeroliñas. (Fonte: La Voz de Galicia). Pesca Non hai grandes reservas nas profundidades O presidente do Consello Internacional para a Explotación do Mar, ICES polas súas siglas en inglés, Michael Sissewine, informou no congreso Internacional para a Explotación do Mar, realizado en Vigo, do seu pesimismo sobre a posibilidade de que existan grandes reservas pesqueiras nas elevadas profundidades, unha das grandes apostas comerciais da gran industria pesqueira. Sissewine aclarou que esta investigación a ven realizando dende hai anos o ICES coa ONU. Por outra banda, o comisario europeo de Pesca, Franz Fischler, lamentou a morte dos pescadores galegos do barco “O Bahía”, feito acontecido no pasado mes de xuño. A declaración de Fischler fíxose tralos reproches da eurodeputada socialista Rosa Miguélez sobre o distanciamento de Bruxelas nesta crise. (Fonte: La Voz de Galicia). Positiva reunión da NAFO A delegación de Pesca da Xunta cualificou como “favorábeis e satisfactorios” os resultados obtidos pola frota galega na reunión da NAFO en Canadá, tanto no referido ao mantemento das cuotas asignadas pola UE como cos novos stocks regulados nos topes de capturas. (Fonte: El Correo Gallego). Transporte Ferrol como ruta Francia-España Unha delegación do porto francés de Calais visitou os muelles ferroláns coa finalidade de avaliar as condicións para crear unha liña marítima regular que podería incluir transporte terrestre de materiais de construcción, viños, papeis, produtos do mar, téxtiles, alimentos e automoción desde Galicia ata Francia e, incluso, Portugal. (Fonte: La Voz de Galicia). Diáspora A importancia do voto emigrante O conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, compareceu ante o Parlamento galego para pedir “unanimidade” aos grupos da oposición, o PSdG e o BNG, coa finalidade de esixir ao goberno central a mellora dos dereitos dos emigrantes galegos e a facilitación do voto emigrante, mediante a creación de colexios electorais na diáspora e a introducción do voto electrónico. Miras Portugal tamén propuso a emisión de visados para os netos de españois que poidan residir en España ata a obtención da nacionalidade, e reclamou medidas en materia sanitaria, programas de emerxencia social e aumento das pensións asistenciais para os emigrantes galegos e os retornados. (Fontes: Faro de Vigo e El Correo Gallego). Turismo Galicia á conquista de Roma Unhas 300 persoas visitaron o stand de Galicia na Academia de España da capital italiana, onde a Consellería de Cultura e Turgalicia organizaron un acto para promocionar os atractivos turísticos da nosa Comunidade. Ao acto asistiron a directora Xeral de Turismo da Xunta, María Antón, o embaixador español José de Carvajal, o director da Academia de España, Juan Carlos Elorza, representantes de operadores turísticos, medios de comunicación, personalidades da cultura e representantes diplomáticos de Polonia, El Salvador, Venezuela e Eslovenia. Italia envía anualmente un promedio de 40.000 turistas a Galicia, converténdose no quinto país tras Portugal, Francia, Alemaña e Inglaterra. (Fonte: Faro de Vigo e El Correo Gallego). Solidariedade Adilpa e os fillos de inmigrantes A Asociación de Inmigrantes Portas Abertas, Adilpa, con sede en Ordes, atendeu a 40 fillos de inmigrantes gracias aos seus programas de verán en cursos de galego e informática, co obxectivo de fortalecer a integración do colectivo estranxeiro. A maioría dos nenos proceden de Arxentina e Uruguai. (Fonte: El Correo Gallego). Sociedade Catedrático galego, Doctor Honoris Causa en Chile A Universidade de Santo Tomás de Chile otorgoulle o Doctorado Honoris Causa ao catedrático de Filosofía do Dereito pola USC, Francisco Puy Muñoz, polo seu labor docente e investigador. Puy Muñoz, un dos catedráticos máis novos nos anos sesenta, publicou máis de 30 libros e 180 artigos e foi un dos redactores da lei orgánica do Estatuto de Autonomía para Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).
Pleno da emigración no Parlamento O conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, compareceu a petición propia no pleno do Parlamento, coa finalidade de informar aos deputados da situación actual da emigración galega. (Fonte: El Correo Gallego). Infraestructura Plan Galicia para integrar a Península Ibérica Segundo Carlos Nardiz, coordinador do II Congreso Internacional de Inxeniería Civil, Territorio e Medio Ambiente, o impulso da alta velocidade ferroviaria contemplada no Plan Galicia “vai más alá” da reducción temporal dos enlaces entre a nosa Comunidade e o exterior, o que supón a “integración económica definitiva” co resto de España e Portugal. O enxeñeiro mencionou o AVE e o Porto Exterior de A Coruña como baluartes deste plan. (Fonte: El Correo Gallego). Unión Europea-Educación Bioloxía e Filoloxía, pioneras do ECTS Ambas titulacións serán as primeiras do Sistema Universitario Galego que, a partir de outubro, poderán ser adaptadas ao espacio europeo de educación superior, coa posta en marcha dun proxecto piloto que adapta ao sistema Europeo de Transferencia de Créditos (ETCS), tanto materias troncais como optativas. O prazo de experimentación achégase ata o 2010, cando a totalidade dos estudos universitarios galegos deberán homologarse co sistema europeo. (Fonte: El Correo Gallego). Economía O gran mercado ruso Os sectores conserveiros galegos, a través da súa asociación Anfaco, asistirá por segundo ano consecutivo á XIII Edición da Feira World Food Moscú, coa finalidade de apostar polo que definen como “o gran mercado ruso” para os productos do mar. Do mesmo xeito, o secretario de Pesca Marítima do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Juan Carlos Martín Figueira, irá a Marrocos para reanudar contactos e reforzar a cooperación. (Fonte: El Correo Gallego).
Irmanamento Vilagarcía-Falmouth O alcalde de Vilagarcía, Javier Gago, reuniuse en Cornualles coa rexidora da localidade inglesa de Falmouth, Maureen Davies, coa finalidade de posibilitar o irmanamento entre os dous concellos. (Fonte: El Correo Gallego). Marítima Vigo acolle o Consello Internacional para a Exploración do Mar Coa organización do Instituto Oceanográfico de Vigo, o 92º Consello Internacional para a Exploración do Mar reúne a 800 científicos de 25 países. Este é o organismo intergobernamental mais antigo do mundo e o de maior prestixio no que respecta á coordinación e promoción da investigación marina. (Fonte: La Voz de Galicia). Cultura Christie's subasta obras galegas Cun total de oitenta lotes nos que a principal casa de subastas espera recaudar máis de tres millóns de euros, iniciouse en Madrid unha puxa polas obras do escultor Francisco Leiro (Cambados, 1957) “Cría vermella”, e as de Genaro Pérez Villasmil (Ferrol, 1807- Madrid, 1854), “Calma” e “Tormenta”, valoradas entre 10.000 e 60.000 euros. Tamén comezaron as subastas das pinturas de Dionisio Fierros (Ballota, 1827-Madrid, 1894), titulada “Una romería en las cercanías de Santiago”, valorada entre 250.000 e 300.000 euros e que obtivo o primeiro premio na Exposición Nacional de Bellas Artes de 1860, converténdose nunha típica representación da escola naturalista. (Fonte: Faro de Vigo).
Mestizaxe cultural nos colexios de Pontevedra O censo de alumnos fillos de inmigrantes e emigrantes retornados nos colexios pontevedreses superou os 2.000 nenos, un 38% do total en Galicia, polo que os profesores e pedagogos están a demandar unha formación especial e maiores medios loxísticos para responder á cada vez maior mestizaxe cultural. (Fonte: Atlántico Diario). Achegar Galicia a Cuba Os cubanos residentes en Vigo crearon en 1997 a Asociación Cultural de Cuba co obxectivo de favorece-lo achegamento e coñecemento da cultura cubana entre os galegos e facilita-la integración do colectivo do país caribeño na nosa Comunidade. Hoxe habitan en Galicia uns 3.500 cubanos e a asociación viguesa xa conta con 350 socios, aínda que son moitos mais os cubanos que se benefician dos programas e axudas desta agrupación. (Fonte: Atlántico Diario). Pesca Funcionarios europeos discuten sobre a Axencia Pesqueira de Vigo O director xeral de Pesca da UE, Jürgen Holmquist, e a directora de Estructura Pesqueiras, Lea Vestrate, reuníronse en Madrid co secretario Xeral de Pesca Marítima, Juan Martín, coa finalidade de analizar a proposta de creación do Fondo Europeo para a pesca no período 2007-2013 e os avances relativos á creación da Axencia de Control Pesqueiro que funcionará en Vigo a partir do 2006. Outros temas de interese foron as negociacións con Angola, tralo conflicto mantido con Madrid dende hai meses. Por outra banda, a ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, a viguesa Elena Espinosa, afirmou que o seu gabinete está traballando para reforzar as infraestructuras necesarias para que Vigo poida ter as idóneas conexións aéreas e terrestres para os funcionarios da Axencia. (Fonte: Atlántico Diario). Economía Turquía, novo competidor para Galicia Aos grandes astaleiros privados de Vigo que teñen capacidade para fabricar buques de ata 22.000 toneladas, saíulle un novo competidor en Turquía, país nos que os custes de fabricación son mais baratos. Moitos dos contratos subscritos con astalerios galegos foron a parar finalmente ao país euroasiático, como tamén aumenta a competencia neste sentido desde China e Corea. (Fonte: Atlántico Diario). Grupo xaponés aposta por Vigo O grupo xaponés Denso, primeiro fabricante de compoñentes electrónicos para automobiles, investirá 30 millóns de euros na súa nova filial de climatizadores e radiadores no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, previsto para comezos do 2005. Esta nova división da empresa asiática subministrará compoñentes a PSA Peugeot-Citröen, á alemá Opel e outras marcas instaladas en España, e prevé unha facturación anual de 100 millóns de euros para o 2010. (Fonte: Atlántico Diario). Sociedade Galicia, berce dos estudios dos OVNIs Galicia converteuse na pionera a nivel mundial no estudo da ufoloxía ou das investigacións de obxetos voadores non identificados. Dende 1945, os observatorios de A Coruña e Santiago comezaron a análise da aparición de fenómenos extraterrestres. Os recentes avistamentos en localidades como Vigo, Cangas, A Guarda, Tui, Tomiño, Ourense e Portugal colocaron a Galicia como unha referencia mundial neste tema. (Fonte: Atlántico Diario).
Galicia será pioneira mundial en xerencia de recursos hidrolóxicos Segundo Carlos Jáuregui, coordinador do programa World Water Assesment da UNESCO, é cada vez maior a posibilidade de que a nosa Comunidade poida crear un programa que forme xestores en recursos hidrolóxicos, o que convertiría a Galicia nunha referencia mundial do ramo. Jáuregui fixo estas declaracións trala reunión mantida con representantes da Administración galega e durante un curso da UIMP sobre o problema da auga. (Fonte: El Correo Gallego). Unión Europea-Pesca Vigo podería ser sede da Axencia Pesqueira no 2006 O futuro comisario europeo de Pesca, o maltés Joe Borg, anunciou durante unha xuntanza na Comisión de Pesca da Eurocámara, que fará da sede da Axencia Europea para o Control da Pesca en Vigo unha prioridade de su xestión, e que agarda que a mesma poida inaugurarse a principios do 2006. A discusión sobre a Axencia estase a examinar no Parlamento e no Consello Europeo. (Fonte: El Correo Gallego). UE e NAFO poñen en evidencia a dificil supervivencia da pesca galega Segundo a ministra de Agricultura e Pesca, Elena Espinosa, Bruxelas negocia co Mercosur e o Pacto Andino un proxecto de globalización do mercado das conservas de peixe a un menor prezo do actual, o que beneficiaría á industria conserveira española, do que o 80% é galega. Por outra banda, a NAFO agudizou a crise da frota galega ao impoñer un tope para a caza da raia, o que foi criticado polos armadores galegos ante a UE por favorecer aos barcos bálticos en detrimento dos hispanos e lusos. (Fonte: La Voz de Galicia). Unión Europea-Transporte Viaducto de Noia será discutido en Estrasburgo O Parlamento Europeo recibirá unha iniciativa da deputada socialista Rosa Miguélez relativa ao impacto que terá o futuro viaducto da ría de Noia, sobre todo no que respecta á construcción do mesmo, sobre o estuario do río Tambre considerado como Lugar de Interese Comunitario. Miguélez reuníuse con membros do PSdG en Noia, quen se opoñen á construcción do viaducto xa que “prexudicaría o banco de berberechos máis importante de España e, probablemente, de Europa”. (Fonte: El Correo Gallego). Sociedade Aumento das adopcións de nenos estranxeiros Unhas 245 familias galegas iniciaron este ano trámites para a adopción internacional, o que se une ás 252 do ano anterior, segundo a Dirección Xeral de Familia. A maior parte das solicitudes xestionadas este ano corresponden a nenos procedentes da China, seguida de Etiopía, Rusia, Bulgaria, Colombia, Bolivia, Brasil, Filipinas, Ucraina, México, Nepal, Hungría, República Dominicana e El Salvador. (Fonte: El Correo Gallego).
Canadá reta á frota galega O cumio da NAFO que se levou a cabo na cidade canadiense de Dartmouth, foi aproveitada polas autoridades pesqueiras locais, apoiadas por EEUU, para enfatizar a necesidade dun recorte de capturas do fletán negro e rebaixar as posibilidades de pesca de especies como a raia, o que vai en contra dos intereses dos armadores galegos. (Fonte: El Correo Gallego). Propoñen en Vigo alianza pesqueira mundial O Congreso Mundial das Conservas de Peixe e Mariscos consolidou a posición de Vigo como “cidade mundial da pesca” e deu paso á proposición de crear unha alianza entre 30 empresas internacionais en zonas productivas do mundo, para repartirse os mercados e complementarse, evitando así as confrontacións entre elas. (Fonte: Faro de Vigo). Unión Europea-Pesca A UE apoia deslocalización das conserveiras galegas O director xeral de Política Exterior e Mercados da Dirección Xeral da Pesca da UE, o coruñés César Debén, respaldou sen fisuras a política de deslocalización das empresas conserveiras galegas cara o centro e sur do continente americano, o norte de África e o sudeste asiático. Ata agora suman un investimento no exterior de 200 millóns de euros en fábricas de transformación. O anuncio fíxose durante o Congreso Mundial de Conservas de Peixe e Mariscos en Vigo. (Fonte: La Voz de Galicia). Economía As relacións alimentarias entre EEUU e a UE O V Congreso de Economía Agraria que reuniu en Santiago a 300 expertos mundiais do ramo, entre eles Julie Caswell, da Universidade de Massachusetts e Tomás García Azcárate, xefe de Unidade na Dirección Xeral de Agricultura da Comisión Europea, discutiu as diferencias no sector a ámbolos dous lados do Atlántico, asi como a necesidade dunha armonización do control alimentario e a segmentación do mercado para que, entre outros, o leite galego poida competir indirectamente con EEUU e Arxentina. (Fonte: El Correo Gallego). A Xunta estudia investimentos estranxeiros en Izar-Fene Ao tempo que se manifestan enfrontamentos entre os sindicatos e a SEPI polo futuro da empresa Izar e os seus asteleiros, o conselleiro de Industria, Juan Rodríguez Yuste, anunciou que a Xunta “está facendo contactos en ámbitos internacionais” para a consecución de investimentos que poidan salvar á empresa. Empresarios de Ferrolterra xa manifestaron a súa dispocisión a participar en Izar Fene no caso de ser privatizado, pero como investidores complementarios doutras entidades de maior capacidade financeira. (Fonte: La Voz de Galicia).
Buque galego para harmonizar relacións con Marrocos O buque de investigación oceanográfica Vizconde de Eza, afincado en Vigo, comezará en novembro unha campaña de avaliación das reservas pesqueiras nas augas marroquíes, sendo esta a primeira investigación en mais dunha década efectuada por buques españois no país norteafricano. Esta iniciativa revela tamén o intento por normalizar as tensas relacións entre Madrid e Rabat nos derradeiros anos. (Fonte: La Voz de Galicia). Acusan á UE de prexudicar intereses galegos As asociacións pesqueiras galegas Amavar e Anavar consideraron que a Comisión Europea ten unha “estratexia clara para defender os intereses dos países bálticos”, en detrimento dos intereses da frota española e portuguesa que exercen a súa actividade na NAFO. Ambas asociacións pediron á ministra de Pesca, Elena Espinosa, que Madrid poña todo o “peso político” para solicitar un cambio de estratexia de Bruxelas. (Fonte: Atlántico Diario). Congreso mundial das conservas A sede da Asociación Nacional de Fabricantes das Conservas, ANFACO, en Lagoas-Marcosende, acolleu a celebración do primeiro Congreso Mundial das Conservas de Peixes e Mariscos, no que participaron con empresas importantes do sector, a DG Fish da Unión Europea, o Fishery Industry Officer FAO, o Bumble Bee Seafoods e o Star-Kist Seafood Company. Neste evento, no que tamén participou a representante da NAFO, Helga Josupeit, o conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, acusouse ao goberno de Zapatero de “infantilismo económico” e de querer desmantelar a industria galega. (Fonte: Atlántico Diario e El Correo Gallego). Cultura Premian reportaxe do Prestige en CNN O programa CNN World Report destacou unha reportaxe sobre o Prestige elaborada pola TVG no seu premio anual “Best Submission to a Special”. A reportaxe foi elaborada pola xornalista Loreto Costa, o reporteiro gráfico Fito Ferreiro e o editor de vídeo Miguel Martínez. (Fonte: El Correo Gallego). Remata o curso sobre América Latina en Baiona O primeiro curso organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo e o IGADI en Baiona, rematou coas intervencións dos profesores José Antonio Fernández e Carlos Malamud, sobre a pobreza e o futuro da democracia en América Latina. O acto final contou tamén coa presenza do historiador e antigo rector da USC, Ramón Villares, o alcalde de Baiona, Luís Carlos de la Peña, e o director do IGADI, Xulio Ríos. (Fonte: La Voz de Galicia). A internacionalización da Universidade de Vigo No curso 2004, a universidade viguesa enviou uns 400 alumnos ao exterior e recibiu a mesma cantidade de alumnado estranxeiro, particularmente senegaleses, australianos e 30 investigadores mexicanos do Instituto Tecnolóxico de Monterrey. A entidade reforza a súa internacionalización coa emigración temporal de 23 profesores gracias ás bolsas ERASMUS. (Fonte: La Voz de Galicia). Portugal Museo de auga doce O Concello de Vila Nova de Cerveira contará a partir de novembro cun novo museo de auga, o Aquamuseum, como parte dun inédito proxecto da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, no que se divulgará a riqueza biolóxica do río Miño e os seus afluentes de auga doce portuguesas. O proxecto conta coa colaboración do Instituto de Ciencias Biomédicas de Abel Salazar, da Universidade de Porto. (Fonte: La Voz de Galicia). Inmigración Ames promove o galego entre os inmigrantes O departamento de Cultura do Concello de Ames iniciará a partir de outubro, cursos de iniciación ao galego para os inmigrantes que habitan neste municipio coruñés. (Fonte: El Correo Gallego).
Armadores galegos piden a Bruxelas suavizar recortes nas capturas A Asociación Nacional de Armadores de Buques Conxeladores de Merluza, (Anamer) e a de Buques Conxeladores de Pesquerías Varias (Anavar) reclamaron nun comunicado que a UE propoña ante a Organización de Pesquerías do Atlántico Norte, NAFO, un recorte nas medidas admisíbeis do total de capturas do fletán negro para o período 2004-2007 e un estudio detallado dos seus efectos negativos para Galicia. A Universidade de Vigo presentou un informe no que se constata unha posíbel perda de 310 millóns de euros anuais no PIB galego e máis de 6.000 empregos, no caso de que se apliquen os recortes propostos. (Fonte: El Correo Gallego). Economía Inditex aposta polo sudeste asiático O grupo textil galego iniciará a apertura de mercados en Corea, Filipinas, Indonesia e Tailandia, como parte dunha estratexia a medio prazo que inclúe a expansión polo continente americano e o crecemento no seu mercado mais voluminoso, Europa, especialmente Italia, onde o grupo espera abrir tendas de Zara, Massimo Duti, Bershka e Oysho. (Fonte: La Voz de Galicia). Transporte Para Air France, Galicia é Vigo A compañía aérea francesa abrirá en novembro un terceiro voo directo e diario ata París, enfatizando a necesidade de reforzar as viaxes diarios de negocios. O aeroporto de Peinador terá 10 voos diarios de ida e volta ata a capital gala. Os derradeiros rexistros e previsións de Aeroportos Españois e Navegación Aérea sinalan que a mobilidade de pasaxeiros no mes de agosto superou os 800.000 e achégase ao millón anual, mentres o corredor aéreo de París podería mover ao ano 125.000 pasaxeiros. (Fonte: Faro de Vigo e Atlántico Diario). Portugal Intercambio luso-galaico A consellería de Cultura de Nigrán promoveu un intercambio folclórico e artístico coa Casa da Anta, en Lanhelas. (Fonte: Faro de Vigo). Diáspora A pegada galega en México O libro da profesora María José Rodríguez Galdo, Galegos en México, pasado e presente, que contou coa colaboración da Consellería de Emigración e a Universidade de Santiago, permitiu coñecer que, sendo a emigración galega no país latinoamericano pouco numerosa, tivo un destacado impacto en sectores sociais e económicos concretos. (Fonte: El Correo Gallego).
O galego como idioma oficial europeo O ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Angel Moratinos, anunciou que o goberno de Zapatero pediu aos demás membros da Unión Europea unha reforma do réxime lingüístico para que o catalán, o galego, o euskera e o valenciano poidan ser tratados como linguas oficiais en Bruxelas. (Fonte: Faro de Vigo). Política As insatisfactorias democracias latinoamericanas O economista e ex director do diario El País, Joaquín Estefanía, inaugurou o curso de verán sobre América Latina en Baiona, sinalado que a “democracia non cobre as expectativas dos cidadáns en América Latina”. O evento é promovido pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo e o IGADI. Por outra banda, o ex presidente da Xunta e catedrático de Economía, Fernando González Laxe, enfatizou a necesidade de que Galicia desenvolva unha diplomacia económica para reforzar a súa presencia en América Latina. (Fonte: Faro de Vigo e Atlántico Diario). Unión Europea-Economía Fene e a crise de Izar O goberno de Zapatero iniciou negociacións con Bruxelas para a condonación da multa de 1.186 millóns de euros contra Izar, coa finalidade de non segregar os asteleiros civís e militares, como é o caso de Fene, o cal corre o risco de ser pechado. A crise de Izar provocou manifestacións e enfrontamentos nas cidades españolas onde funcionan os asteleiros do grupo. (Fonte: La Voz de Galicia). Diáspora A Galicia Exterior rinde homenaxe ao Apóstolo Uns catro mil emigrantes galegos achégaronse a Santiago para celebrar o Día da Galicia Exterior e unha ofrenda ao Apóstolo Santiago, realizada pola emigrante residente en Suiza, Pilar García Castro. O acto tamén serviu para que os emigrantes pedíranlle á administración galega unha maior solidariedade coa súa situación. (Fonte: Atlántico Diario). Inmigración Aumento da inmigración podería alentar a xenofobia Segundo a Asociación para a Integración de Inmigrantes Estranxeiros, Acolle, o aumento na chegada do colectivo inimigrante a Galicia podería aumentar o perigo de incentivar a xenofobia. No caso de Pontevedra, o aumento dun 10% no número de estranxeiros inmigrantes revelou que moitos dos inmigrantes radicados legal ou ilegalmente na provincia exercen labores nas vendas ambulantes, a construcción, as labores domésticas e a prostitución. A maioría destes inmigrantes proveñen de América Latina e África, anque tamén preséntase algún caso de europeos. (Fonte: El Correo Gallego e Atlántico Diario). Sociedade Un patrimonio da Humanidade na beira do Miño As cidades transfronterizas de Valença do Minho e Tui, unidas polo río Miño, aspiran a convertirse en Patrimonio da Humanidade tralos esforzos das autoridades lusas e galegas por renovar os monumentos nacionais e a solicitude formalizada ante a sede da UNESCO en París. (Fonte: La Voz de Galicia). Turismo TurGalicia leva a Italia a oferta turística galega Co obxectivo de promover Galicia no mercado italiano, Turgalicia leva a Milán e Roma o espectáculo Scopri la Galizia, coas actuacións do Ballet Gallego Rey de Viana e a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. A iniciativa xa fi implementada en cidades como Nova York, Londres e París. (Fonte: El Correo Gallego).
O renacer de América Latina A UniversidadeInternacional Menéndez Pelayo, e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, comezaron un curso de verán en Baiona, titulado “O renacer económico e político de América Latina”, que contará coa participación de destacados analistas, diplomáticos e empresarios como Joaquín Estefanía, Guillermo de la Dehesa, Manuel Montobbio, Carlos Malamud, José Antonio Alonso, Fernando González Laxe, Amador de Castro e Abel Losada. Turismo Xubileo con acento luso Un grupo de cincoenta portugueses pertencentes ás dióceses de Bragança e Miranda da parroquia de Sao Bento, en Mirandela, acompañaron a doce brasileiros inmigrantes para gañar o Xubileo. (Fonte: El Correo Gallego).
Caixanova conquista Porto A entidade financeira viguesa adquiriu a totalidade das históricas bodegas Cálem, unha das principais referencias mundiais no turismo enolóxico, e realizou investimentos por orde dos 6 millóns de euros para a renovación das súas instalacións en Porto. No acto de inauguración realizado na localidade portuguesa de Vila Nova de Gaia, estiveron o presidente da entidade, Julio Fernández Gayoso, e o presidente da Xunta, Manuel Fraga, quen reafirmou a potencialidade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. (Fonte: El Correo Gallego). Rías Baixas en China O Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas participou na Feira profesional Food & Hotel en China, unha das máis importantes do mundo nas áreas de alimentación e bebidas. (Fonte: El Correo Gallego). Cultura A historia dun tetrapléxico galego gaña premio cinematográfico “Mar Adentro”, a película de Alejandro Amenábar que narra a historia do tetrapléxico galego Ramón Sampedro, obtivo dúas nominacións no Festival de Cine de Venecia, a Mención Especial do Xurado e o Mellor Intérprete masculino para o actor Javier Bardem. A música da película contou coa participación do gaiteiro galego Carlos Núñez. (Fonte: El Correo Gallego). Ciencia Tres galegos na Antártida Os científicos Mariano Lastra, Adoración Sánchez e Manuel García Gallego, estiveron entre decembro de 2003 e febreiro de 2004 nas bases españolas na Antártida para levar a cabo o seu proxecto de investigación “Ecoloxía das praias antárticas e conexións entre rexións antárticas e subantárticas”. Os tres investigadores galegos retornarán en decembro do 2004 para rematar o seu estudio. (Fonte: El Correo Gallego).
Ascenso de nenos inmigrantes nos colexios galegos O comezo do novo ano escolar trouxo consigo un aumento na matricula de rapaces de orixe estranxeira, especialmente latinoamericanos. Nos derradeiros seis anos, o número de alumnos inmigrantes matriculados en colexios galegos multiplicouse por catro e, ata agora, ascende á cifra de 6.500. (Fonte: El Correo Gallego). Chinos explotados en Teo O fiscal que leva o caso da explotación de 19 inmigrantes chineses que traballaban nunha fábrica de costura en Teo, pediu a apertura do xuízo oral contra tres cidadáns galegos e outro asiático, e solicitará penas de ata dous anos de prisión para cada un. Dos 19 cidadáns chineses, dez estaban legalizados. (Fonte: El Correo Gallego). Cooperación Santiago de Cuba en Compostela O vicegobernador da provincia de Santiago de Cuba, irmandada con Compostela, visitou a capital galega para reunirse con alcalde Xosé Bugallo. Ambas cidades teñen proxectos comúns de irmanamento e colaboración, financiados con recursos do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. (Fonte: El Correo Gallego). Economía Inditex abandona o mercado bursátil paneuropeo A firma galega saiu desfavorecida da revisión anual que efectúa o proveedor global de índices TSE Group e a Bolsa paneuropea Euronext, polo que decidiu abandonar as súas cotizacións nese mercado financieiro, sendo substituida por firmas belgas, italianas e portuguesas. (Fonte: El Correo Gallego).
Santiago acolleu xornadas médicas hispano-mexicanas A Facultade de Medicina da USC inaugurou as XV Xornadas da Sociedade Médica Hispano-Mexicana (Somehimex), nas que se abordaron diversos temas sobre a evolución dos avances científicos e o impacto das novas tecnoloxías. O decano da Facultade, Jose María Fraga Bermúdez, lembrou a acollida que México tivera cos exiliados republicanos españois trala Guerra Civil. (Fonte: El Correo Gallego). Unión Europea-Educación Universidades galegas adoptarán normas do espacio europeo As universidades de Santiago, Vigo e A Coruña formarán aos docentes e persoal de administración e servizos na implantación do espacio europeo de educación superior, coa finalidade de acadar a converxencia europea dos campus universitarios para o 2010. O plan contará cun orzamento de 160.000 euros. (Fonte: El Correo Gallego).
Fondos europeos insuficientes para Galicia Representantes do sector pesqueiro cualificaron o Reglamento dos fondos comunitarios a partir do 2007 como “regresivo e escaso”, trala xuntanza celebrada en Madrid co secretario xeral de Pesca Marítima, Juan Carlos Martín Fragueiro. Galicia perderá coa decisión do Consello de Europa de limitar as axudas pesqueiras a 4.964 millóns de euros para o período 2007-2013. Os representantes do sector pediron ao goberno de Zapatero un esforzo para cambiar a proposta de Bruxelas. Por outra banda, a Xunta estudia a posibilidade de reducir as taxas portuarias que pagan os barcos galegos, para tratar de compensa-los polo aumento do prezo dos combustibles. (Fonte: El Correo Gallego). Portugal Reforzar o Eixo Atlántico O presidente da Xunta, Manuel Fraga, manifestou en Porto a necesidade de reforzar as relacións da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que se multiplicaron por dez na balanza comercial dos últimos anos. A declaración fíxose durante unha xuntanza co ministro portugués de Ordenación Territorial, José Luis Arnault, e o alcalde de Porto e presidente do Eixo Atlántico, Rui Río. (Fonte: El Correo Gallego). Bolsas de intercambio académico A Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), da USC, convocou as bolsas de mobilidade e intercambio académico para cursar dous meses noutra universidade galega ou portuguesa no 2004. As universidades participantes son Santiago, Vigo, A Coruña, Porto Minho, Tras os Montes e Alto Douro. (Fonte: El Correo Gallego). Educación O Grupo Compostela celebra en Hungría a súa asemblea O Grupo Compostela de Universidades celebrou na cidade húngara de Pécs a súa décima asemblea, coa presenza dos Príncipes de Asturias. O Grupo integra a diversas institucións de ensino superior emprazadas ao longo do Camiño de Santiago. Por outra banda, a USC acolleu un encontro internacional de Química Orgánica e Inorgánica, con homónimas de Italia e Alemaña. (Fonte: El Correo Gallego). Emigración Miras Portugal: “non hai erros nas axudas aos centros emigrantes” O Conselleiro de Emigración Aurelio Miras Portugal, defendeu a xestión do seu organismo na atribución de axudas aos centros galegos da emigración, xa que das mesmas faise un seguemento “ao milímetro”. O anuncio fíxose durante un debate de interpelación no Parlamento solicitado polos deputados socialistas. (Fonte: El Correo Gallego).
En defensa do Porto Exterior en Bruxelas O conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijoo, esixiu ao goberno central o “mesmo trato” ao proxecto do porto exterior de A Coruña que aos de Xixón e Tenerife, para que poida recibir fondos da Unión Europea ata o 2008. A demanda fíxose trala xuntanza celebrada en Madrid co presidente da Autoridade Portuaria e o presidente de Portos do Estado. (Fonte: La Voz de Galicia). Economía Fadesa amplíase cara Europa do Leste A inmobiliaria galega comezou os seus proxectos para impulsar a construcción de vivendas en Polonia, Hungría, República Checa e Eslovaquia. Do mesmo xeito, a empresa reforzará as súas estratexias de captación de clientes no Reino Unido, Alemaña, Portugal e Marrocos. (Fonte: La Voz de Galicia). Armuro instalará fábrica en Bagdad A compañía viguesa instalará a partir de xaneiro unha fábrica de aluminio para proveer as empresas de construcción de vivendas en Iraq, tralo acordo acadado co novo goberno dese país. O investimento calcúlase en 9 milló |