Diario Exterior / agosto de 2004

Igadi na Rede

Volver
   
Diario Exterior é unha recopilación de noticias breves captadas dos xornais galegos relativas ás actividades que se desenvolven en Galicia e que teñen relación co exterior, servindo de feito como proxección exterior de Galicia e dos seus axentes, empresariais, políticos, etc.
   
31/08/2004
Política
PSOE insta á Xunta a cofinanciar o porto exterior coruñés
Segundo José Blanco, secretario de Organización do PSOE, a Xunta debería compartir o financiamento co goberno central na construcción do porto exterior de A Coruña, no caso en que a Unión Europea rexeite outorgar os fondos necesarios para o proxecto. Blanco lembrou que Bruxelas ten dúbidas sobre o financiamento do mesmo. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Expansión exterior para Egatel
A empresa ourensá de investigación e fabricación de sistemas de emisión de televisión e radio ubicada no Parque Tecnolóxico, asinou acordos de distribución internacionais en Venezuela, Bolivia e Costa Rica, coa finalidade de competir coas empresas líderes do sector, especialmente italianas, brasileiras e canadienses. As primeiras operacións comerciais de Egatel dirixíronse a Túnez, Vietnam, Grecia, Indonesia e México. (Fonte: La Voz de Galicia).

Solidariedade
Adopciones no estranxeiro
Nenos de Etiopía, Colombia, Rusia, India e China son os mais demandados polas familias pontevedresas para buscar aos seus futuros fillos fora do país, no marco dos convenios asinados por estos países coa Xunta. As adopcións fanse pola lexislación de cada país, nos cales a familia de acollida ten que vivir co neno uns 15 días antes de volver para completar trámites. (Fonte: La Voz de Galicia).
30/08/2004
Economía
A proxección exterior da moda galega
O catálogo outono-inverno do modisto galego Florentino Cacheda conta con máis de 200.000 exemplares, con fotografías dos seus modelos posando en diferentes espacios da capital galega, como a Praza de Obradoiro, ademais de diversos lugares da Ruta Xacobea. A intención é proxectar a imaxe de Galicia no exterior a través da moda, polo que os exemplares serán distribuidos nas súas sucursais en EEUU, Canadá, México, Venezuela, República Dominicana, Europa e Asia. (Fonte: El Correo Gallego).

A Cámara de Vigo fomentará contactos privados empresariais
Durante a celebración en outubro da Feira Internacional do conxelado, Conxemar, a Cámara de Comercio viguesa implementará as visitas privadas entre empresarios e compañías locais, para a concreción de negocios. Esta fórmula xa fora implementada na World Fishing Exhibition do ano pasado con varios empresarios africanos e latinoamericanos. (Fonte: La Voz de Galicia).

Ecoloxía
O risco climático galego
Segundo a Axencia Europea do Medio Ambiente, o noroeste peninsular será unha das zonas europeas mais afectadas polas consecuencias do calentamento global dentro de 50 e 70 anos. Os problemas ambientais poderían ser o ascenso das temperaturas, o desxeo ártico, sequías e desertificación, alteracións na pesca e agricultura e o ascenso do nivel do mar. (Fonte: La Voz de Galicia).
29/08/2004
Solidariedade
O Sáhara en Santiago
Unha manifestación a favor da autodeterminación do pobo saharaui permitiu a concentración de 900 persoas na Praza de Obradoiro, a maioría saharauis coas suas familias galegas e españolas. O acto contou coa participación da representante saharaui en Galicia, Fatma Mahamed Salem, e personalidades políticas e sociais galegas. (Fonte: El Correo Gallego).
28/08/2004
Economía
Stolt Sea Farm aposta forte pola Costa da Morte
A multinacional de Luxemburgo, con mais de vinte anos en Galicia, inaugurará unha nova planta en Cabo Vilán coa finalidade de consolidar a Costa da Morte coma líder mundial nos cultivos acuícolas. Esta nova granxa será a maior planta terrestre de cultivos marinos do mundo. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca
Galicia, socio estratéxico pesqueiro para Perú
A visita do ministro de Producción peruano Velázquez a Vigo permitiu a consolidación das relacións pesqueiras entre o goberno de Lima e Galicia mediante acordos coa Cooperatia de Armadores do Porto de Vigo coma o relativo á flexibilización lexislativa e administrativa das 22 embarcacións que faenan nas augas peruanas. O ministro peruano tamén informou sobre o convenio peruano-galego para o desenvolvemento da industria acuícola e a capacitación de mozos peruanos no Centro Galego de Pesca e Acuicultura. (Fonte: La Voz de Galicia).

Deporte
Ouro olímpico galego
O deporte galego alcanzou o seu cenit nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004, coa presea dourada do piragüista de Cangas do Morrazo, David Cal, na competición de C-1 sobre 1.000 metros e outra medalla de prata en C-1 500 metros. Nesta competición tamén participaron tres galegos: Teresa Portela en K-4 500 metros feminino, e Alfredo Bea e David Mascato no C-2 masculino. Os Xogos de Atenas tamén contaron coa participación doutros dous deportistas de orixe galega: Juan Zunzunegui (diploma olímpico en remo) e Santiago Pérez en atletismo. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración
Prioridade para os inmigrantes suramericanos
Lois Pérez Leira, coordinador nacional de Emigración na CIG, solicitou ao goberno a reorganización dos inmigrantes para que Galicia sexa a terra de acollida natural daqueles procedentes de Arxentina e Uruguai, dacordo aos lazos familiares e a herdanza cultural, e o dereito dos mesmos aos permisos de residencia e traballo, baseándose nun convenio asinado hai cen anos entre o Estado español e os dous países suramericanos. Do mesmo xeito, e respondendo a unha demanda anterior da CIG, a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, anunciou a apertura dunha oficina nesta cidade destinada a atender e canalizar as necesidades dos inmigrantes. (Fonte: El Correo Gallego).

Mais de dous mil inmigrantes ilegais en Vigo
Segundo fontes policiais e voceiros da sección de Inmigración da CIG, na cidade portuaria residen máis de 2.000 estranxeiros de xeito irregular, sen permiso de residencia nin de traballo, a maioría empregados sen contrato na construcción, hostelería e emprego doméstico. Moitos deles son magrebíes e subsaharianos. Segundo a CIG, en Galicia residen uns 10.000 inmigrantes ilegais. (Fonte: Faro de Vigo).

Portugal
Fomentar o comercio luso-galaico
No marco da Feira Agrival na localidade lusa de Peñafiel, a Confederación Luso-Galaica asinou un convenio con pemes portuguesas para realizar negocios conxuntos en Galicia e participar no certame Vigofeira en novembro. Tamén se dedicou unha xornada especial á Organización Supranacional de Empresarios do Eixo Atlántico, que agrupa a representantes do mundo dos negocios de Galicia, Asturias, León, Portugal e Castilla. (Fonte: El Correo Gallego).

Doadores e peregrinos
Mil persoas das Federaciones Nacionais de Doantes de España e Portugal iniciaron unha peregrinaxe a Santiago de Compostela, onde renderán tributo ao monumento do Doante de Sangue na Illa de Arousa. (Fonte: El Correo Gallego).
27/08/2004
Pesca
Apoio total ás empresas mixtas pesqueiras
O goberno socialista de Zapatero anunciou o novo plan de apoio ás empresas mixtas no caso de que finalmente rematen as axudas europeas en xaneiro de 2005, trala reforma de Política Común de Pesca do ex eurocomisario austriaco Franz Fischler. A partir de novembro, o goberno español iniciará o lobby político en Bruxelas co novo eurocomisario, o maltés Joe Borg, coa finalidade de repotenciar o papel de Vigo no sector pesqueiro español. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración
Máis nais estranxeiras
Segundo o Instituto Galego de Estatística, un 4,8% dos nenos nacidos na nosa Comunidade son de nai estranxeira, particularmente colombianas ou portuguesas. O estudio revela que o número de nacementos en Galicia foi o mais elevado da derradeira década pero insuficiente para superar ao número de defuncións, cun balance vexetativo negativo no 2003. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima
Vázquez pide a Zapatero máis defensa en Europa do porto exterior
O alcalde de A Coruña, Francisco Vázquez, pediu ao goberno socialista de Zapatero unha maior defensa en Bruxelas, para o porto exterior de Punta Langosteira. Vázquez criticou ao organismo Portos do Estado pola súa “desvinculación” na defensa da dársena. (Fonte: El Correo Gallego).

Ambiente
Depuradora de A Silvouta recibirá fondos europeos
Trala xuntanza celebrada en Madrid entre o alcalde de Santiago, Xosé Bugallo, e o director xeral de Fondos Comunitarios, José Antonio Zamora, aprobouse solicitar da Unión Europea que financie as obras de saneamento do Río Aríns e a Xunta faga o mesmo coa depuradora de A Silvouta. (Fonte: El Correo Gallego).
26/08/2004
Ambiente
A UE estudiará persecución dos vertidos deliberados e neglixentes
A decisión da UE ven determinada pola derradeira sesión do Consello de Ministros do Transporte, reunido en xullo en Bruxelas, onde Reino Unido, Países Baixos, Dinamarca e Grecia suavizaron a proposta española sobre sancións penais contra os vertidos ilegais de productos tóxicos no mar. O derradeiro sentinazo nas costas galegas provocou unha nova discusión onde España e Portugal manteñen a súa posición de castigar os episodios de contaminación deliberada ou neglixente. (Fonte: La Voz de Galicia).

Marítima
Crise nos armadores galegos do peixe espada
A crise no sector galego do peixe espada é debida á caída do prezo do producto, que baixou de sete euros a 4,5. Os armadores culpan á administración central pola masiva importación do peixe espada e polas dificultades legais que teñen os mais de 200 buques galegos que faenan no Atlántico Norte e Sur, ademais dos océanos Índico e Pacífico, para atracar en algúns portos. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración
Facilitación de permisos de residencia para inmigrantes
Segundo o presidente da Confederación Empresarial de Lugo, Eduardo Jiménez, a proposta da Secretaría de Estado de Inmigración de facilitar permisos de residencia para inmigrantes que acrediten unha relación laboral fehaciente é “positiva e efectiva, e que se pode cumplimentar con “controis eficaces”. (Fonte: La Voz de Galicia).

Aumentan reclusos estranxeiros
O centro penitenciario ourensán de Pereiro de Aguiar non deixou de medrar nos derradeiros anos. Os altos niveis de ocupación penitenciaria noutros penais, permitíu a chegada de preto de 500 reclusos, moitos deles estranxeiros, principalmente de Europa do Leste, Latinoamérica e o Maghreb, unha proporción multiplicada por nove nos últimos seis anos. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal
Irmanamento entre Teo e Peñafiel
Unha representación institucional do concello de Teo, na que se inclúe a banda musical da Sociedade Recreativa de Calo, participou nunha homenaxe no concello portugués de Peñafiel. Do mesmo xeito, unha comitiva co apoio da Confederación Luso-Galaica visitou a Feira Agrícola do Vale de Sousa, en Agrival, onde enviou unha representación da industria, hostelería e comercio galego. (Fonte: La Voz de Galicia e El Correo Gallego).

Solidariedade
Aprender da experiencia do MST en Brasil
A ONG pontevedresa Amarante, a través do seu programa Xanela Aberta ao Sur, desenvolveu no mes de agosto unha experiencia co Movemento dos Sen Terra, MST, no campamento Josue de Castro en Andranina, Sao Paulo, onde dezanove mozos galegos compartiron experiencias co coñecido movemento social brasileiro. (Fonte: El Correo Gallego).
25/08/2004
Diáspora
Aumentan solicitudes de axudas aos emigrantes
A Consellería de Emigración anunciou que o rexistro das solicitudes de axuda para as persoas de orixe galega e os seus familiares iberoamericanos en situación de precariedade económica está a aumentar ata preto das 5.000 solicitudes, cunha contía que, nos dous derradeiros anos, alcanzou os dous millóns e medio de euros. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Citroën Arxentina empaña os beneficios da empresa
A filial no país suramericano do grupo industrial Peugeot Citroën Automóviles España presentou os seus balances en “números vermellos”, cun custe de saneamento de 442 millóns de euros en tres anos, financiados principalmente desde a sede en Vigo. Das factorías dependentes de Vigo, a arxentina é a única que da perdas, mentres a filial lusa, PC Portugal, deixa beneficios polos 4,3 millóns de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).

A potencialidade económica viguesa
Segundo fontes inmobiliarias, diversos grupos financieiros e empresariais europeos, incluíndo un ruso, solicitaron preto de 300.000 metros cuadrados de solo comercial e residencial en Vigo, para iniciar proxectos de construcción de multicentros, áreas de ocio e vivendas. A tasación destes terreos podería chegar aos 350 millóns de euros. Estes grupos dispoñen de datos socioeconómicos que fan de Vigo e a súa área metropolitana a rexión con mais puxanza económica de Galicia. (Fonte: La Voz de Galicia).

Ambiente
Caso de presa das Frádegas chegará a Bruxelas
A Plataforma pola Defensa do Ulla amosou a súa disposición de levar a Bruxelas o caso da presa de Frádegas, sempre e cando a Xunta non atrase ou suspenda a execución do proxecto. Segundo o vicepresidente do colectivo, levarase este problema a diversas instancias da Unión Europea para que se coñezan “as intencións da empresa eléctrica de construír o encoro”. (Fonte: La Voz de Galicia).
24/08/2004
Acción Exterior
Convenio pesqueiro Galicia-Perú
Coa finalidade de aproveitar os seus recursos en pesca, o Ministerio de Producción de Perú estudia asinar un convenio de cooperación técnica coa Xunta para que poida servirse da experiencia galega en materia de acuicultura e industrias pesqueiras. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
Paulo Coelho e o Camiño de Santiago
O coñecido escritor brasileiro acaba de completar a súa obra sobre o Camiño de Santiago cun DVD e un volume de 360 páxinas e mais de 540 ilustracións, no que se recolle cunha narración en primeira persoa, a historia, o arte, a cultura, a paisaxe, os pobos e as costumes do itinerario das distintas rutas que conducen a Compostela. O diario multimedia de Coelho completa a triloxía iniciada con O peregrino a Compostela e Diario dun mago. (Fonte: El Correo Gallego).

“O berro” de Munch puido estar en Galicia
No marco do programa das exposicións do Xacobeo, o famoso cuadro de Edvard Munch, “O berro”, recentemente roubado en Noruega, puido chegar a Galicia. Trala mostra do escultor Gustav Vigeland no Museo de Belas Artes de A Coruña, xestinouse a posibilidade de traer a obra de Munch, pero en Oslo non se deu o aprobado polas dúbidas en canto as medidas de seguridade. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración
O tecido asociativo estranxeiro en Galicia
Segundo a Consellería de Emigración, mais de 4.500 estranxeiros residentes na nosa Comunidade son socios de distintas asociacións de inmigrantes, principalmente nas provincias de A Coruña e Pontevedra, correspondendo a un crecemento do 45% respecto ao ano anterior. No 2004, 26 destas asociacións solicitaron axudas para a integración dos inmigrantes, que proveñen principalmente de Brasil, Cuba, Colombia, Uruguai, Arxentina e Venezuela, Marrocos e Senegal, ademais das asociacións de emigrantes retornados. (Fonte: El Correo Gallego).

3.000 inmigrantes irregulares en Lugo
Segundo CCOO, existen nesta provincia galega uns 3.000 inmigrantes en situación irregular. A central sindical reclamou ao goberno a aprobación da Lei de Estranxería elaborada pensando en áreas como a educación, sanidade, prevención do racismo e reagrupación familiar. (Fonte: La Voz de Galicia).
23/08/2004
Pesca
Intercambio estudiantil entre Galicia e Noruega
Os alumnos do Máster en Innovación, Tecnoloxía da Producción e Xestión Acuícola, organizado pola Consellería de Pesca, fixeron as súas prácticas en diversas industrias acuícolas e centros de formación en Noruega, gracias ao programa de intercambio co país nórdico denominado Aquareg. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura
A Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade
A Xunta e a Deputación ourensá esperan poder conseguir da UNESCO o recoñecemento da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. Para iso levarase a cabo un plan de preservación dos vinte concellos da rexión, ademais da conservación de 16 pazos, 25 torres, 105 casas grandes, cinco pontes, 121 capelas, sesenta casas rectorais, 203 igrexas, dez ermitas, cinco prioratos, tres santuarios e sete mosteiros. (Fonte: La Voz de Galicia).

O galego por Internet
A Dirección Xeral de Política Lingüística, co apoio de dez concellos galegos, iniciou as actividades de Ciberlingua, unha programación que pretende atopar recursos didácticos para o ensino obrigatorio da lingua galega a través da rede de Internet. (Fonte: La Voz de Galicia).
22/08/2004
Inmigración
Colombianos en Galicia esixen Consulado
A Asociación de Inmigrantes Colombianos en Galicia convocou a tódolos seus asociados e compatriotas residentes a unha asemblea informativa para estudiar a posibilidade da apertura dun Consulado dese país en Vigo. Os directivos desta asociación xa se reuniron co Cónsul colombiano en Madrid, Jairo Berrio, coa finalidade de expoñer a súa demanda. Por outra banda, os 200 residentes paraguaios en Vigo tamén estudian a creación dunha asociación de defensa dos seus intereses. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal
Fusión dos Cineclubes galego e portugués
Representantes galegos e portugueses dos cineclubes reuníronse en O Carballiño, no marco do Festival Xociviga 2004, para analizar o desenvolvemento do sector e adoptar unha posición conxunta cara o próximo congreso audiovisual galego, a celebrarse en Santiago en decembro. (Fonte: La Voz de Galicia).
21/08/2004
Solidariedade
Asistencia médica aos nenos saharauis
O Servizo Galego de Saúde, SERGAS, garantiu a asistencia sanitaria dos 624 nenos saharauis do campamento arxelino de Tinduf que estiveron en Galicia neste verán, como parte do programa “Vacacións pola Paz”. O convenio de colaboración contou coa participación da asociación Solidariedade Galega do Pobo Saharaui e incluiu asistencia cirúrxica, obstétrica e pediátrica, ademais de cobertura farmacéutica. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca
Vigo será unha prioridade para a pesca europea
A elección do maltés Joe Borg como novo eurocomisario de Pesca levantou grandes expectativas en Galicia, xa que terá na súa responsabilidade a apertura da Comisaría de Pesca e Asuntos Marítimos, con sede en Vigo. Borg asumirá en novembro e, segundo o presidente da Asociación Española de Titulados Náutico-Pesqueira (Aetinape), é necesario que impulse un cambio no modelo marítimo europeo en beneficio de rexións pesqueiras como Galicia. (Fonte: La Voz de Galicia).

Diáspora
Galegos en América do Sur aumentan pedidos de axuda sanitaria
Uns 25 centros galegos de Arxentina, Uruguai, Brasil e Venezuela incrementaron nun 20% a demanda de axudas en asistencia sociosanitaria e protección á infancia, realizadas á Fundación Galicia Emigración. Os custes das subvencións poderían chegar ata o 100% do capital da entidade galega. (Fonte: El Correo Gallego).
20/08/2004
Turismo
Estabilización da afluencia turística a Galicia en 2004
A pesar do Xacobeo 2004, rexistrouse unha considerable baixa na afluencia de turistas estranxeiros a Galicia. En xullo chegaron á nosa Comunidade 96.000 persoas, mentres no 2003 foran 109.000, unha caída do 12%. Nos primeiros sete meses deste ano, uns 393.394 turistas visitaron Galicia, fronte aos 400.000 do ano anterior, unha baixa do 1,7%. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración
Galicia necesita mais inmigrantes
Coa finalidade de evitar o envellecemento da poboación, Galicia necesitará da chegada de mais inmigrantes para poder superar no 2025 a cifra de tres millóns de habitantes. Segundo o Instituto Galego de Estatística, mais de 18 mil estranxeiros chegaron a Galicia no 2002, o que permitiu frear o envellecemento poboacional por terceiro ano consecutivo. (Fonte: La Voz de Galicia).

Asilo para polizóns
Amnistía Internacional solicitou ao delegado do goberno en Galicia mais facilidades para acceder ao asilo político por parte de polizóns chegados de países acusados de violar os dereitos humanos e que busquen refuxio nos portos galegos. O organismo internacional lembrou que España forma parte do Convenio de Xenebra e que, polo tanto, non está obrigada a repatriar aos polizóns, tal como sucedeu co buque Victoria que, antes de desembarcar en Vilagarcía, desviouse a Senegal para deixar doce polizóns. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora
Un vistazo aos galegos do exterior
O presidente da Deputación coruñesa, Salvador Fernández Moreda, reuníuse co director xeral de Emigración, Jesus Ramón Copa Novo, e o presidente da Asociación de Empresarios Galegos en Uruguai, Ángel Domínguez, para analizar a situación da emigración galega en Suramérica e discutir os novos proxectos empresariais da comunidade galega nese país, tales como o desenvolvemento da enerxía eólica e a acuicultura. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade
Apoio aos presos palestinos
A Coordinadora pola Paz de Lugo invitou a todos os lucences a participar nunha xornada de protesta e folga de fame para solidarizarse cos presos palestinos nos cárceres israelíes e as violacións dos dereitos humanos contra o pobo palestino. (Fonte: La Voz de Galicia).
19/08/2004
Portugal
Un galego preside a festa lusa da Nossa Senhora d´Agonia
José Carro Otero, profesor compostelán e asesor cultural do presidente da Xunta, foi elixido polo alcalde local Defensor Moura, como presidente da Romaría Nossa Senhora d´Agonia, festa a celebrar na localidade portuguesa de Viana do Castelo. É a primeira vez que un galego -e español- ostenta este cargo. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Polémica polo porto exterior coruñés
O conselleiro de Política Territorial, Alberto Núñez Feijoo, acusou ao goberno central de darlle as costas aos plans de formación do porto exterior de A Coruña e lembrou que, superado o 2006, Bruxelas facilitará fondos europeos a Xixón que poderían ser utilizados para o porto coruñés. (Fonte: La Voz de Galicia).

Mexillón galego en ascenso
Segundo o Banco Nacional de Bélxica, a baixa na producción do mexillón nos derradeiros anos en Holanda permitiu o ascenso do producto galego no mercado belga, principal consumidor do mexillón a nivel mundial. (Fonte: La Voz de Galicia).
18/08/2004
Economía
O albariño conquista EEUU
Segundo o magacín do xornal The Wall Street Journal, os viños de denominación de orixe Rías Baixas son calificados de “excelentes”, polo que o mercado estadounidense segue a convertirse no primeiro na lista de países importadores do Albariño, con máis de 300.000 litros, secundado por Gran Bretaña e Alemaña. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Inditex expándese aos países bálticos
A multinacional textil galega abriu en Tallin, capital de Estonia, a súa primeira tenda do grupo Zara, a primeira dunha serie de aperturas que seguirá en Riga (Letonia) e Vilnius (Lituania). O grupo Inditex xa ten sucursais en Finlandia, Dinamarca, Suecia, Noruega e Islandia, algúns deles preto do Mar Báltico. (Fonte: El Correo Gallego).
17/08/2004
Política
O voto dos galegos en Venezuela
A comunidade galega no país suramericano votou dun xeito numeroso o domingo 15, no referendo revogatorio contra o presidente Hugo Chávez. Segundo moitos deles, a victoria do presidente Chávez influirá decisivamente na posibilidade de retornar a Galicia, dada a impopularidade do presidente entre a colonia galega. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora
Cuba achégase á A Estrada
O presidente do Centro Cultural do Partido de A Estrada en La Habana, José Antonio Villanueva, visitou o consistorio estradense e foi recibido polo concelleiro en funcións, José Antonio Maceira. En Cuba existen 170 socios da entidade estradense e espérase que o goberno municipal sitúe a Cuba entre as súas prioridades de interese. (Fonte: El Correo Gallego).
16/08/2004
Política
Venezuelanos inmigrantes votaron en Vigo
O Consulado venezuelano en Vigo acolleu a 707 dos 1.164 inmigrantes e emigrantes retornados do país sudamericano habilitados para votar no referendo revogatorio contra o presidente Hugo Chávez. Uns 685 deles votaron pola opción “SÍ” favorable ao revogatorio do mandato, por 18 en contra e catro votos nulos. (Fonte: www.vieiros.com).
15/08/2004
Diáspora
Os Foros Bilaterais afondan no tecido empresarial
O director do Igadi, Xulio Ríos, defendeu a necesidade de desenvolver con maior profundidade o proxecto dos Foros Bilaterais promovido polo propio Igadi, co apoio do Igape e a Consellería de Emigración. Segundo Ríos, “o emigrante é noso axente no exterior” e calificou á diáspora galega como “un lugar de encontro”. Os Foros Bilaterais desenvólvense nestes momentos con tres países latinoamericanos, Brasil, México e Venezuela, como un “espacio de comunicación e de xeración de ideas entre os galegos de aquí e da diáspora”. (Fonte: Atlántico Diario).

Economía
Investimento estranxeiro case nulo
No informe anual “A economía galega” realizado por Caixa Galicia, afirmase que “o investimento directo estranxeiro case non existiu” na nosa Comunidade en 2003, estimándose en 28,4 millóns de euros, que representa un 93,9% menos respecto ao exercicio do ano 2002. O informe explica que a deslocalización e a falta de competitividade de Galicia influíron na baixa do investimento estranxeiro. (Fonte: Atlántico Diario).

Eurolatón pisa forte en Asia
A empresa galega de ferraxes leva instalada na provincia china de Zheijiang dende 2002, e agora busca afianzar a súa posición no mercado asiático. Eurolatón, que factura uns 20 millóns de euros e emprega a un milleiro de persoas, xa ingresou nos mercados de países como Alemaña, Venezuela, Exipto, Australia, Portugal e Inglaterra. (Fonte: Atlántico Diario).

Inmigración
Vigo acolle un de cada cinco alumnos inmigrantes
A partir de setembro, os centros educativos vigueses acollerán a 1.300 alumnos estranxeiros, principalmente inmigrantes de Arxentina, Colombia, Uruguai e Venezuela. A cifra constitúe o 20% do total en Galicia, un de cada cinco alumnos inmigrantes, segundo a Consellería de Educación. Nos derradeiros cinco anos, triplicouse o número de alumnos inmigrantes en Vigo e a poboación inmigrante calcúlase en 11.000 persoas. (Fonte: Atlántico Diario).

Cultura
Galicia templaria
Máis de cincoenta membros da Orde Suprema Militar do Templo de Xerusalén, chegados de diversos países, entre eles EEUU e Arxentina, reuníronse en Santiago no primeiro cambio de Maestre na historia da institución. (Fonte: El Correo Gallego).
14/08/2004
Solidariedade
Ampliación de Unicef Galicia
A sede de Unicef en Santiago ampliaráse a Vigo, Vilagarcía de Arousa e Ferrol no marco dun novo programa de captación de afiliados. Na actualidade, mais de sete mil galegos contribúen a Unicef nos programas de axuda á infancia e voluntariado, e a organización espera chegar aos dez mil socios nun par de anos. (Fonte: El Correo Gallego).
13/08/2004
Diáspora
O folclore galego para o mundo
Santiago acolleu o IV Festival Internacional do Folclore Galego, no marco das celebración do Día da Galicia Exterior, coa participación de 33 grupos musicais, entre eles o Grupo Folclórico Galego de Cuba, que participa por primeira vez. Do mesmo xeito, os grupos Gajillo e Aires da Terra, da Irmandade Galega de Valencia (Venezuela), actuaron na Casa da Cultura de Bertamiráns, no concello de Ames. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade
Acollida e axuda económica para inmigrantes
A Consellería de Emigración e Cáritas Diocesana asinaron un convenio de colaboración, valorado en 185.000 euros, para o funcionamento dunha unidade de acollida, información e atención laboral, para inmigrantes e emigrantes retornados que cheguen aos concellos da Arquidiócese de Santiago. O convenio tamén outorga axuda económica para todas aquelas persoas desasistidas en canto a menciñas, asistencia sanitaria, alimentación infantil, roupa ou transporte. (Fonte: El Correo Gallego).

Política
Temen fraude no referendo venezuelano
Oscar Noia, director do Instituto de Medicina Tropical de Venezuela, estivo de visita en Vigo e expresou a súa preocupación pola posibilidade de fraude electoral no referendo revogatorio venezuelano do domingo 15. Noia afirmou que a empresa encargada da xestión da votación electrónica é unha de telefonía filial de EEUU, principal detractor do presidente Hugo Chávez, polo que córrese o risco de manipulación electrónica dos votos. (Fonte: El Correo Gallego).
12/08/2004
Diáspora
O Día da Galicia Exterior
Coa presenza de 4.000 emigrantes galegos procedentes de 142 entidades e 36 grupos artísticos de centros de Cuba, Arxentina, Venezuela e Uruguai, celebrouse en Santiago o IV Día da Galicia Exterior, cunha comida na que estivo presente o presidente da Xunta, Manuel Fraga. Os mais mozos concentráronse no Monte do Gozo para facer o Camiño ata a Catedral. Tamén Santiago recibiu a oito mozos venezuelanos que forman parte dun grupo de 30 que participaron no Campamento Grupo I, ruta Coñece Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración
Inmigrantes altamente cualificados
Segundo un estudio da Consellería de Emigración, un 90% dos inmigrantes menores de 30 anos posúen estudios de carácter profesional, cunha cualificación media de estudios superior á dos residentes na nosa Comunidade. No que respecta ás idades comprendidas entre os 30 e os 44 anos e os 45 e 59, a proporción se reduce. (Fonte: El Correo Gallego).
11/08/2004
Economía
“Boom” turístico galego
Segundo o rotativo catalán “La Vanguardia”, Galicia recibiu no 2004 a visita de mais de tres millóns de persoas con motivo do Ano Santo Xacobeo, o que a convertiu na comunidade “co maior crecemento turístico”. No que respecta ao aumento de visitantes estranxeiros, calcúlase en 15,5% a chegada de turistas entre xaneiro e xullo. (Fonte: El Correo Gallego).
10/08/2004
Economía
Defensa do porto exterior coruñés en Europa
O alcalde de A Coruña, Francisco Vázquez, instou ao ministerio de Fomento a que aplique unha decidida defensa nos organismos europeos do plan do porto exterior para a cidade. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración
As remesas dos inmigrantes
Un estudio realizado pola Unión Comarcal de CCOO en Lugo informa que os inmigrantes, legais ou non, nesta provincia, envían 30 millóns de euros anuais aos seus países de orixe. As principais fontes de traballo destes inmigrantes, a maioría sudamericanos, son o servizo doméstico, a construcción e a prostitución. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora
“Semente Nova” en Galicia
O grupo de danzas da Irmandade Galega de Caracas, “Semente Nova”, actuou nunha xira pola nosa Comunidade no marco das festas do emigrante. As localidades de A Baña e Bembibre poideron apreciar o talento deste grupo de 25 mozos con idades comprendidas entre os 17 e os 25 anos, todos eles fillos ou netos de galegos emigrados. (Fonte: El Correo Gallego).

Deportes
Vigo acolle o “Volvo Ocean Race”
Unha das principais competicións marítimas a nivel mundial, a “Volvo Ocean Race”, partirá en novembro do porto de Vigo, no que será a primeira vez en 30 anos que esta competición non partirá dun porto británico. Os beneficios calcúlanse para Galicia en 244 millóns de euros, ademais dunha forte presenza e proxección turística e deportiva. (Fonte: El Correo Gallego).
09/08/2004
Cultura
Compostela capital mundial da música
Coa participación dun cento de profesionais e alumnos de vinte países, Santiago de Compostela acolleu o XLVII Curso Internacional de Música Española, co obxectivo de recupera-lo repertorio das obras creadas na xeografía estatal. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración
Integración para as mulleres inmigrantes
A Consellería de Emigración e o Servizo Galego de Igualdade patrocinan por segundo ano consecutivo o programa de Formación e Integración das Mulleres Inmigrantes en Galicia (Forin), a partir de setembro, con asesoramento xurídico e profesional, para optar a un posto de traballo. Segundo Emigración, atópanse máis mulleres inmigrantes en busca de traballo que homes. (Fonte: El Correo Gallego).
08/08/2004
Economía
Inditex expándese por América Latina
A multinacional textil galega propiedade de Amancio Ortega iniciou a súa expansión polo mercado latinoamericano, nesta ocasión cara Panamá e Perú. Inditex posúe 152 establecementos en México, Arxentina, Venezuela, Brasil, Chile, Uruguai, El Salvador e República Dominicana, e tamén ten presenza en EEUU e Canadá. (Fonte: El Correo Gallego).

Conexión área Galicia-Europa a baixo custe
As compañías aéreas de baixo custe, como a irlandesa Ryanair, comezarán a partir de setembro o enlace dos aeroportos galegos de Lavacolla, Alvedro e Peinador con distintos puntos de Europa, como Roma, Frankfurt e Londres. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal
Proxectos para Galicia e o norte de Portugal
O subcomité de xestión da iniciativa comunitaria Interreg IIIA Galicia-Norte de Portugal, reuníuse en Porto para a aprobación de 48 proxectos cunha axuda FEDER de 78,6 millóns de euros, dos cales uns 49,4 lle corresponden a Galicia e 29,2 a Portugal. Os proxectos tratarán o melloramento das infraestructuras de transporte entre o sur de Ourense e o Alto Támega, a consolidación do Fondo de Capital Risco Galicia-Norte de Portugal e a creación dunha comunidade de servizos sociais de integración e asistencia fronteriza. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura
“México lindo” en Ferrol
O Festival Internacional das Comunidades contou coa participación do grupo azteca Terra Mestiza, que interpretaron coñecidas cancións mexicanas. A Compañía Nacional de Danzas de Côte d’Ivoire tamén participou no Festival. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
O Papa saúda aos mozos peregrinos cristiáns
A Peregrinaxe dos Mozos Europeos que reuniu a mais de 30.000 deles en Santiago de Compostela, rematou cunha mensaxe do Sumo Pontífice Juan Pablo II, mediante un video traído directamente dende Castelgandolfo por dous mozos ourensáns. (Fonte: El Correo Gallego).
07/08/2004
Portugal
O Eixo Atlántico aposta polo desenvolvemento
A diminución de axudas europeas afectará ao desenvolvemento das 18 cidades integrantes da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, agrupadas no Eixo Atlántico. Por iso, o organismo porá en marcha iniciativas en materia de proxección turística, impulso da identidade cultural, penetración no sector do automóbil e a creación dunha nova zona industrial transfronteriza para cubrir as necesidades cotiás dos seus seis millóns de habitantes. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración
Dous mil colombianos en situación irregular
Segundo Guzmán Zuluaga, presidente da Asociación de Colombianos en Galicia con sede en Vigo, o 80% dos 2.300 colombianos que habitan na nosa Comunidade atópanse en situación irregular, ademais de marxinalidade e explotación laboral. É por iso que a Asociación realizará asembleas para informar aos seus paisanos sobre os próximos cambios na Lei de Estranxería e a posibilidade de regularización laboral por parte do goberno español. (Fonte: El Correo Gallego e Atlántico Diario).
06/08/2004
Xacobeo
Santiago acolle aos mozos cristiáns
A praza de Obradoiro acolleu a milleiros de mozos europeos e de países como Brasil, México e Ecuador, no inicio das xornadas da Peregrinación Europea de Mozos. O acto de benvida contou coa participación de monseñor Julián Barro, arcebispo compostelán, e as frases de benvida foron realizadas en galego, castelán, euskera, catalá, portugués, francés, italiano e inglés. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración
Enquisas para coñecer a percepción galega cara os inmigrantes
Coa finalidade de estudiar os posibles casos de racismo, xenofobia e prexuizos cara os inmigrantes en Galicia, a Consellería de Emigración realizará 1.500 enquisas para coñecer a opinión pública xeral sobre a situación inmigrante. Os resultados serán presentados polo Observatorio Galego da Inmigración e servirán para implementar programas de inserción social do colectivo foráneo. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
Mozos búlgaros e portugueses comparten experiencias en Galicia
A dirección xeral da Xuventude recibiu a 30 mozos de Bulgaria e Portugal, os cales reuníronse cos seus coetáneos galegos nas xornadas de intercambio “Cultura e Deporte para coñecernos”. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora
Emigrantes rinden tributo á “Virxe da Diáspora”
Emigrantes galegos afincados en México e que se reunen cada ano na localidade pontevedresa de A Lama, fixeron o seu homenaxe á chamada “Virxe milagreira” Nosa Señora das Ermitas, tamén coñecida como a “Virxe da Diáspora”. (Fonte: La Voz de Galicia).

Novas Tecnoloxías
Atrapado “hacker” galego que actuaba en Europa, América e Asia
Un mozo de 20 anos, identificado como A.S.S., foi detido pola Garda Civil acusado do delito de acceder ilegalmente a unha rede informática de usuarios ubicada en Vigo. O autor do delito utilizou os códigos de acceso dunhas 100 persoas, polo que dispoñía de “ordenadores-ponte” en EEUU, Corea do Sur, Rusia, Francia, Suecia, Xapón e Taiwán. (Fonte: El Correo Gallego).
05/08/2004
Prestige
Xustiza estadounidense desestima demanda contra o Estado español
Unha xuíza de Nova York desestimou por un problema de xurisdicción o recurso presentado por American Bureau Shipping,a sociedade de clasificación que avalara a situación do Prestige, na que se acusaba ao Estado español da responsabilidade no sinistro debido ás súas xestións durante a crise. Deste xeito, Madrid non terá que dar contas fronte a xustiza dos EEUU das decisións tomadas durante a traxedia. (Fonte: www.vieiros.com).

Pesca
UE reanudará negociacións con Angola en outubro
Segundo a ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, Elena Espinosa, Bruxelas reanudará en outubro as negociacións dun novo acordo pesqueiro con Angola, o que permitirá faenar nos seus caladoiros a 22 buques españois, 20 marisqueiros e dous buques galegos de especies demersais. (Fonte: La Voz de Galicia).

Peligra a frota galega do Gran Sol por baixa no prezo da merluza
O descenso no prezo da merluza, debido ás importacións principalmente dende Chile, Namibia e Suráfrica, está a poñer en perigo a supervivenza da frota galega que faena no Gran Sol, xa que os armadores dos portos de Burela e Celeiro afirman ter dificultades para cubrir os custes de explotación dos barcos. É por iso que os armadores destes portos piden ao goberno maiores controis nas importacións dende países que non respectan as condicións hixiénico-sanitarias. (Fonte: Faro de Vigo).

Emigración
Venezuela lidera as solicitudes de axudas para os emigrantes retornados
Os emigrantes galegos retornados desde Venezuela son os principais demandantes das axudas ofrecidas pola Consellería de Emigración, superando a Arxentina e Uruguai. Das 395 solicitudes de axudas recibidas, o 32,55% pertencen a emigrantes recén chegados desde Venezuela. No que respecta ás solicitudes por provincia, A Coruña segue a rexistrar a principal porcentaxe dos demandantes (52,41%), seguida de Pontevedra, e por idade os maiores demandantes son os que teñen entre 40 e 65 anos. (Fonte: El Correo Gallego).

Venezuelanos votarán en Vigo para o referendo
Uns dous mil venezuelanos que viven en Galicia e Asturias poderán exercer o seu dereito ao voto no Consulado de Vigo o 15 de agosto, con motivo do Referendo Revogatorio contra o mandato do presidente Hugo Chávez. A Asociación de Amigos de Venezuela, que se atopa tamén en Vigo, seguirá o escrutinio que se realiza en Venezuela. (Fonte: La Voz de Galicia).

Política
Líder curdo en Galicia
Sayik Yagizai, representante en Europa do único partido político curdo considerado legal polo goberno turco, foi recibido polo alcalde de Pontevedra, nunha xuntanza onde expuso a loita pola reivindicación e autodeterminación do seu pobo. Yagizai estivo acompañado por curdos residentes na nosa Comunidade. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal
Voluntarido galego e portugués xa ten publicación
A dirección xeral do Voluntariado presentou a súa revista do proxecto Provolgapol e a páxina web do mesmo nombre, coa finalidade de promocionar o voluntariado entre Galicia e o Norte de Portugal e aumentar os programas de sensibilización e participación das súas actividades. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
O “Cristo galego” dun escultor alemán
O escultor alemán Bert Gerresheim foi obxecto dunha homenaxe por parte do Concello de Rianxo pola utilización de Francisco Ces, emigrante galego en Alemaña, como modelo para as súas esculturas sobre Cristo e o Apocalipse, que figuran en varias igrexas alemanas e galegas. Gerresheim utilizou o rostro de Ces para formar parte de cinco conxuntos escultóricos da súa derradeira obra sobre o Apocalipse, que adorna un santuario alemán, e que nestes momentos atópase en varios museos, exposicións e coleccións privadas a nivel mundial. (Fonte: El Correo Gallego).
04/08/2004
Pesca
Vigo sede do proxecto mundial sobre pesquería de sardiñas
Coa participación de científicos de Francia, Reino Unido, Marrocos, Noruega e Portugal, tutelados por oito investigadores do Centro Oceanográfico de Vigo, levouse a cabo o Proxecto Sardyn, coa finalidade de coñecer os movementos, comportamento e crecemento da sardiña e evitar así unha crise no sector. Para iso, marcáronse mais de 30.000 especímenes de sardiña en distintos puntos da costa galega, ademais das localidades portuguesas de Olhao e Figueira de Foz. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).

Laboral
O camiño europeo cara á integración laboral
A localidade pontevedresa de Barro inaugurou un dos catro cursos do proxecto europeo “Camiño cara unha integración laboral”, destinado á formación para coidadores de equipamentos para maiores e minusválidos. O proxecto ten un orzamento de 432.133 euros, 302.493 aportados polo Fondo Social Europeo e 129.640 pola Deputación de Pontevedra. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración
Aula móbil intercultural
Un aula móbil percorrerá os centros educativos de Galicia a partir de outubro durante dous meses, para dar a coñecer o lado positivo da inmigración e iniciar unha campaña de sensibilización a favor da interculturalidade e a diversidade. A campaña conta co apoio das Consellerías de Emigración e Educación, a Fundación Galicia Emigración, Obra Social Caixanova e a Secretaría Xeral de Relacións coa Unión Europea e Cooperación Exterior. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
Concello de Portas organiza xuntanza de emigrantes galegos
O programa da I Xuntanza de Emigración organizada polo Concello de Portas incluiu unha peregrinaxe a Santiago, ademais de encontros co presidente da Xunta, Manuel Fraga, e o conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal. Segundo o alcalde Roberto Vázquez, a xuntanza servirá para dar a coñecer a Portas no mundo da emigración. O primeiro grupo de emigrantes chegou dende Bos Aires. (Fonte: El Correo Gallego).
03/08/2004
Ambiente
Greenpeace denuncia ilegalidade na licitación das obras do porto exterior
O colectivo ecoloxista xa advertiu do impacto ambiental e a posíbel inviabilidade na construcción do porto exterior da Coruña, debido a que a Autoridade Portuaria estaría incumprindo a lei de contratos das administracións portuarias por non ter asegurado o financiamento dos 265 millóns de euros da UE nin aínda decidido a licitación das obras. (Fonte: www.vieiros.com).

Emigración
Impiden celebrar festas gastronómicas galegas en Venezuela
O tradicional festival gastronómico estranxeiro na zona caraqueña da Candelaria, na que habitan milleiros de galegos en Venezuela, foi suspendido polas autoridades venezuelanas, por considera-lo un “acto político” a favor do revogatorio do mandatario nacional Hugo Chávez Frías. Neste festival popular que levaba celebrándose dende hai sete anos, participaban moitos galegos propietarios de coñecidos restaurantes desta zona da capital. Venezuela prepárase para unha xornada electoral o domingo 15 de agosto, o denominado Referendo Revogatorio do mandato de Chávez. (Fonte: El Correo Gallego).

Xuntanza coa emigración no Camiño portugués
Emigrantes e persoas sen recursos procedentes de Arxentina, Brasil, Uruguai e Venezuela, foron invitadas polo concello pontevedrés de Portas para unha reunión de tres días no marco da primeira Xuntanza da Emigración no Camiño Portugués a Santiago. (Fonte: La Voz de Galicia).

Xacobeo
Os mozos da Peregrinación europea
Mais de 2.500 mozos procedentes de diversos países europeos como Italia, Portugal, Rusia, Ucraina, Lituania, Polonia, entroutros, pasaron por Lalín nunha nova etapa da Ruta Xacobea. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca
Galicia afectada pola retirada española das augas de Angola
Tralo fracaso nas negociacións pesqueiras entre a Unión Europea e Angola, os 21 pesqueiros da frota española, na que se atopan dous buques demersais de Vigo e varias embarcacións marisqueiras de capital galego, abandoaron as augas do país africano nas que faenaban dende agosto do 2002. Os mariñeiros recibirán un salario mensual de 1.000 euros ata a resolución do problema. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Agricultura
Sindicatos informarán sobre a política agraria europea
A Deputación de A Coruña e Unións Agrarias asinaron un convenio no que se posibilita ao sindicato a realización na provincia dunha campaña de formación sobre a política agraria da Unión Europea. Polos 139 actos divulgativos estipulados en comarcas como Ferrolterra, Eume e Ortegal, o ente sindical recibirá unha axuda económica de 150.000 euros. (Fonte: La Voz de Galicia).
02/08/2004
Inmigración
Regularización dos estranxeiros ilegais en Galicia
Segundo CCOO e a CIG, o cambio de normativa do novo regulamento da Lei de Estranxería, previsto para o outono, permitiría no próximo ano a legalización da situación de dez mil dos 12.000 estranxeiros en situación irregular que residen en Galicia. Os sindicatos tamén expresaron a súa demanda de aumento de persoal ante o previsible aumento de solicitudes. (Fonte: Faro de Vigo).

Portugal
Galicia e a Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa
Logo da cimeira en Santo Tomé, Galicia ten a porta aberta para a próxima fase da ampliación da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa, trala aceptación de rexións autónomas e países con grandes comunidades lusófonas. Os oito membros deste organismo acordaron a creación do estatuto de “membro observador” que facilitaría o proceso de apertura da organización. (Fonte: www.vieiros.com).
01/08/2004
Economía
A conquista galega de China
A chegada de empresas galegas ao país asiático é unha das principais estratexias comerciais da nosa Comunidade para os próximos anos. Empresas como Productos Koala S.L., de Vigo, e Tivo Metal, de Caldas de Reis, xa abriron plantas arredor de Shangai, cunha consultoría incluida. O sector da moda galega tamén entra con forza no mercado chinés, especialmente firmas como Inditex, que de momento só ten proveedores nese país e oficinas comerciais en Shangai e Hong Kong; Zara, con apertura de establecementos en Shangai; Adolfo Domínguez, con tres tendas en Ningbo, Wenzhou e Chongqing; Roberto Verino, Caramelo, con catro tendas en Shenzhen, Nanjing, Ningbao e Chongqing; Unicen e Selmark, con tendas en Shangai e Hong Kong. (Fonte: La Voz de Galicia).

Terminais Marítimos de Galicia avanza no mercado italiano
A consignataria ferrolá comezou a operar nos peiraos comerciais de Ferrol co embarque de aeroxeradores fabricados por Gamesa e que serán enviados ao parque eólico de Pedra Hita, ao sur de Italia. O interese da empresa é de converterse no primeiro operador portuario para a exportación do sector eólico na zona. (Fonte: La Voz de Galicia).

Esixen control parlamentario dos fondos europeos
O Consello de Contas recomendou á Xunta a posibilidade de implantar a contabilidade analítica dos custos imputables a cada proxecto, para permitir o control parlamentario do Fondo de Cooperación Interterritorial e dos Fondos Europeos, debido ás dificultades nas que se atopan para fiscalizar as partidas do exercicio do 2001, especialmente nas áreas de Educación, Agricultura e Familia. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unirisco Galicia, líder na creación de fondo de capital-risco
A sociedade de capital-risco promovida pola Universidade de Santiago lidera a creación de I+D Unifondo, un fondo de capital-risco para actividades de investigación e desenvolvemento, co obxectivo de financiar proxectos empresariais de tecnoloxías desenvolvidas en ámbitos da universidade española. O fondo ponse en marcha con 12,5 millóns de euros, pero podería chegar aos 20 millóns no caso de alcanzar acordos nas negociacións abertas co Fondo Europeo de Inversións. Unirisco encabeza, cun millón de euros, as aportacións ao fondo. (Fonte: La Voz de Galicia).

Xamón serrano de Vilalba para Europa
A empresa Acisal, a única marca galega integrada na fundación nacional do derivado do porcino, ten coma principal obxectivo nos próximos anos a súa expansión e definitiva consolidación no países membros da Unión Europea. (Fonte: La Voz de Galicia).

Solidariedade
ONG coruñesa apoia educación dos nenos hondureños
A ONG “Acoes” enviou un cargamento de material escolar destinado aos nenos hondureños, gracias as donacións de varios organismos, empresas e institucións coruñesas como o Concello e o hospital Juan Canalejo. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal
Éxito de Expolimia
As autoridades de Xinzo de Limia expresaron a súa satisfacción polo éxito na organización de Expolimia como referente do potencial agrícola e industrial da rexión. Esta feira pretende ser a principal referencia de Galicia e o norte de Portugal, rexistrando unha masiva afluencia de público tanto galego como portugués. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Deporte
Pontevedra no Espacio Atlántico
No marco do proxecto Espacio Atlántico e da iniciativa europea Interreg III, a provincia de Pontevedra participou xunto a entidades de Irlanda, Francia, Gran Bretaña e Portugal, na realización dos xogos intercélticos, que reúne cada ano a representantes dos países e rexións de ascendencia celta no océano Atlántico: Escocia, Galicia, Asturias, Bretaña, Norte de Portugal, Irlanda, Illa de Man, Gales, e Cornualles.

Unión Europea-Economía
“Proxecto Mercurio” para a innovación tecnolóxica
O concello de Pontevedra aprobou o proxecto para a mellora dos recursos dos comerciantes, usuarios e as redes de organización e comunicación, apoiados polas Cámaras de Comercio locais e de Treviso (Italia), a Escola Empresarial de Manchester (Inglaterra), Caixanova, a Asociación Provincial das Mulleres Empresariais e a aportación nun 75% do financiamento do Fondo Social Europeo. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura
A Ruta Quetzal percorreu A Coruña e Pontevedra
A decimonovena edición da Ruta Quetzal finalizou no campamento de Bobadilla en Madrid, trala última etapa onde percorreron localidades das provincias da Coruña e Pontevedra. Segundo o alma mater do proxecto, Miguel de la Quadra-Salcedo, nesta edición demostrouse a “sensibilidade de Galicia con América” e informou que no próximo ano a ruta ampliarase aos dez novos países membros da Unión Europea. (Fonte: La Voz de Galicia).
 

Fontes: AGN, Atlántico Diario, El Correo Gallego, El Progreso, Faro de Vigo, Galicia Hoxe, Galicia Información, La Región, La Voz de Galicia, Vieiros.
 
 
Ver máis Diario Exterior

2004: xullo | xuño | maio | abril | marzo | febreiro | xaneiro |
2003: decembro | novembro | outubro | setembro | agosto | xullo | xuño | maio | abril | marzo | febreiro | xaneiro |
2002: decembro | novembro | outubro | setembro | agosto | xullo | 15-30xuño | 01-14xuño | maio | abril | marzo | febreiro | xaneiro |
2001: 4ºtrimestre | 3ºtrimestre |
 
Volver

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 31/08/2004
Fernando Pol