Diario Exterior / xullo de 2004

Igadi na Rede

Volver
   
Diario Exterior é unha recopilación de noticias breves captadas dos xornais galegos relativas ás actividades que se desenvolven en Galicia e que teñen relación co exterior, servindo de feito como proxección exterior de Galicia e dos seus axentes, empresariais, políticos, etc.
   
31/07/2004
Pesca
Galicia puxa pola hexemonía tailandesa no mercado das conservas
Segundo o secretario xeral de Anfaco, Juan Manuel López Sieiro, as empresas do sector conserveiro galego estanlle “pisando os talóns” a Tailandia, no liderado mundial do sector, xa que as firmas galegas avanzaron ata o primeiro lugar en canto a variedade e calidade dos productos utilizados. En materia de modernización da industria pesqueira, Anfaco incluirá unha exposición de maquinaria de alta tecnoloxía no Congreso Mundial das Conservas de Peixe e Mariscos, a celebrarse en Vigo en setembro, ao que asistirán empresas de EEUU, México, Marrocos, Perú, Holanda, Portugal, China e Polonia. (Fonte: El Correo Gallego).

Armadores galegos apuntan a Portugal na regulación da pesca do xurelo
Coa intención de regular o mercado e evitar a caída dos prezos, os armadores galegos comezaron a apuntar ata a trintena de barcos portugueses que deben acatar os pactos que se adopten na regulación da pesca do xurelo. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca
Acusan a Angola de quebrar o pacto pesqueiro coa UE
O director de Política Exterior e Mercados da Unión Europea, o coruñés César Debén, acusou ás autoridades angolanas de frear por falta de interese a negociación para a renovación do acordo pesqueiro con Bruxelas, que se ven negociando dende xaneiro do 2003. Debén explicou que Angola parece apoiar a política de forzar aos buques que operan nas súas augas a formar empresas mixtas, medidas inaceptables para os armadores. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Economía
Bruxelas discute a reconversión empresarial de Ferrol
Coa finalidade de discutir a gravidade da situación que vive Ferrol pola nova reconversión industrial, reuníronse na capital europea o constructor fenés Manuel Pérez, quen viaixou coa comisión da asociación Iniciativa Empresarial do Noroeste, coa directora xeral de Competencia, Loretta Dormal-Marino, e o xefe da unidade de Axudas do Estado para as empresas fabricantes, Jean-Louis Colson. (Fonte: La Voz de Galicia).

Difusión
A expansión mundial do galego
Gracias ás cátedras de Lingua e Cultura Galegas, o idioma galego está presente en 41 centros de ensinanza repartidos en 18 países do mundo: 21 en Europa, 9 en América e 1 en Australia, ademais de dez centros en España, onde a Universidade Central de Barcelona é a única fora de Galicia na que o galego ten a categoría de Licenciatura. Segundo a Consellería de Educación, que inviste máis de 740,000 euros ao ano en espallar o noso idioma, no derradeiro curso matricularonse arredor de 2.400 alumnos. Ademais, varias destas universidades contan con publicacións en galego como a Galizien Magazine da Universidade de Trier en Tréveris (Alemaña), a Galician Review, das Universidades inglesas de Birminghan e Oxford, ou a revista Coloquio de Cultura Galega, da Universidade da República Oriental de Uruguai. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
A Coruña expón fotografía mexicana
A fundación Luís Seoane inaugurou unha exposición fotográfica dedicada ao mexicano Casasola, na que se amosan 95 fotos tomadas entre 1900 e 1940 en México, dende a época do “Porfiriato” pasando pola Revolución Mexicana. A mostra titulada “Mirada y memoria”, baixo custodia da Fototeca Nacional mexicana, intenta presentar unha realidade máis crua da revolución de Emiliano Zapata e Pancho Villa, separada da tradicional visión romántica. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura
Galicia participa no Festival Intercéltico en Bretaña
Cunha invitación especial para a rexión canadiense de Acadia, a 34 edición do Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña francesa, contou coa participación do grupo gaiteiro galego “Os Enxebres de Cacheira”, así como outros grupos de gaiteiros asturianos. O evento ten previsto acoller a mais de 600.000 visitantes. (Fonte: La Voz de Galicia).
30/07/2004
Economía
O Grupo Calvo reiniciará actividades en Venezuela
Tralo asalto á súa planta conserveira na poboación de Guanta, no oriente venezuelano, o Grupo Calvo anunciou a reanudación das súas actividades no país latinoamericano nun prazo de tres meses, unha vez poña en marcha a planta. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca
Ruptura entre Angola e a UE prexudica barcos vigueses
O fracaso nas negociacións entre Luanda e Bruxelas no que respecta ao acordo pesqueiro vixente desde 2002, prexudica a varios barcos vigueses e outras embarcacións de capital galego que laboran no caladorio angolano e que agora deberán abandonar. O goberno de Luanda afirmou non aceptar as condicións da UE nin ser partidario de prorrogar temporalmente o acordo pesqueiro. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía
A Xunta garantiza axudas europeas para o porto coruñés
Tralas críticas por parte do deputado nacionalista Francisco Rodríguez contra as negociacións da Xunta na solicitude das axudas á Comisión Europea para os traballos no proxecto de punta Langosteira, a Xunta explicou que estas axudas para o porto exterior estarán garantizadas unha vez se solucionen algunhas dúbidas técnicas sobre o proxecto. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal
Ourense e Portugal, máis unidos gracias ao Interreg III
No período 2004-06, a provincia de Ourense recibirá mais de 28 millóns de euros en investimentos como parte do proxecto Interreg III para obras en infraestructura vial, que unirán os dous centros de intervención da Comisión Galicia-Norte de Portugal. Os investimentos xa foran aprobados trala reunión da Comisión en Oporto o 20 de xullo. (Fonte: La Voz de Galicia).

Expolimia 2004 reforza contactos co norte de Portugal
Unha relación empresarial mais estreita e directa entre Ourense e o norte de Portugal é o obxectivo de Expolimia 2004, unha exposición que amosa o potencial industrial e agrícola ourensán e tamén das varias poboaciones portuguesas, entre elas Chaves e Montealegre, presentes na exposición. (Fonte: La Voz de Galicia).
29/07/2004
Unión Europea-Pesca
Máis competencia para a Axencia de Pesca
Os deputados galegos pediron no Parlamento europeo maiores competencias para a futura Axencia Europea de Pesca que terá a súa sede en Vigo, no que respecta á coordinación de temas de investigación e formación e control da pesca ilegal. O estudio de viabilidade da Axencia será discutido na Comisión Europea en agosto. (Fonte: El Correo Gallego).

Rosa Miguélez, vicepresidenta europea da Comisión de Pesca
O curso político da nova comisión de Pesca do Parlamento Europeo comezou co nombramento da diputada socialista galega Rosa Miguélez como vicepresidenta da comisión. O asunto elixido para o comezo das discusións foi a exposición das bases da futura Axencia Europea da Pesca en Vigo. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Economía
Porto exterior de Ferrol non esperará por axudas europeas
Segundo o presidente da Autoridade Portuaria, Guillermo Grandío, as obras de construcción da dársena exterior están prácticamente rematadas, sen ter que esperar pola adxudicación dos 300 millóns de euros procedentes de Bruxelas. Confiase en que a UE decida a cantidade a destinar para a construcción do novo porto, estimada inicialmente en 250 millóns de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).

Mobilización civil en apoio do porto exterior de Ferrol
O presidente da Iniciativa Empresarial do Noroeste, Manuel Pérez, entregou á directora de Axudas de Estado da Dirección Xeral de Competencia da Comisión Europea, Loretta Dormal-Marino, un informe sobre a situación dos asteleiros nas rías coruñesas, e as dificultades nas que se atoparán no caso do recorte da capacidade productiva das factorías de Izar. A funcionaria europea estivo na Coruña en representación do comisario Mario Monti. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Política
O BNG non apoia a Constitución Europea
O partido nacionalista rexeitou apoiar unha campaña a favor da Constitución Europea, aprobada pola deputación de Pontevedra, que contou co respaldo do PSOE e o PP. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Ambiente
CCOO leva a Bruxelas o plan de saneamento do litoral pontevedrés
O sindicato trasladou á Comisaria europea do Medio Ambiente, Margot Wallström, a dilatación dos prazos para o saneamento do litoral pontevedrés, presentado polo conselleiro de Medio Ambiente Xosé Manuel Barreiro e que experimentou modificacións de última hora, debido ao calendario de inversións presentado polo conselleiro. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía
O Grupo Antolín elixe Vigo para establecerse
Será Vigo e non Portugal o lugar onde o Grupo Antolín construirá a súa fábrica de producción de asentos para a demanda do PSA Peugeot-Citroën. A nova factoría instalarase na última parcela do Parque Tecnolóxico de Valadares, contando co apoio da Zona Franca e o propio Citroën. (Fonte: La Voz de Galicia).

Relixión
Misioneiros do Camiño
Ourense acolleu por vixésima sexta vez, a reunión mundial dun grupo de misioneros procedentes de países como Cuba, Brasil, Ecuador, Etiopía e Zambia, entre outros, baixo o lema “Ser peregrino, ser misionero: estar no camiño”. (Fonte: La Voz de Galicia).
28/07/2004
Unión Europea-Política
O BNG recurrirá ao Constitucional pola perda do escano europeo
O partido nacionalista anunciou que presentará un recurso de amparo ante o Tribunal Constitucional para recurrir a sentencia do Supremo, na que se recoñece que houbo irregularidades no reconto de votos nas eleccións europeas. Segundo o BNG, o feito de que o Supremo recoñeza as irregularidades é unha evidencia que lle da a razón de fondo na súa demanda. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Economía
Futuro de Izar discútese en Bruxelas
Unha delegación de Iniciativa Empresarial do Noroeste, con sede en Fene, reuníuse con dous altos cargos da Dirección Xeral da Competencia, o departamento do comisario Mario Monti, coa finalidade de discutir o futuro da empresa Izar. Do mesmo xeito, a delegación solicitou axudas ante a posibilidade dunha crise no sector naval, mentres explicaba a situación dos dous asteleiros galegos da empresa. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca
Piden presión á NAFO polo fletán negro
Os armadores españois pediron en Bruxelas á Unión Europea que esixa á NAFO unha maior suavización do plan de recuperación do fletán negro, xa que no caso contrario, as empresas pesqueiras non sobrevivirán. Os armadores demandaron tamén unha reducción das capturas totais nun período de catro anos e non de oito como establece o plan. (Fonte: Faro de Vigo).

Máis axudas da Comisión Europea para a pesca galega
O conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, informou da necesidade de convencer á Comisión Europea de que a pesca galega aínda necesita moita mais axuda e que as negociacións para a reforma da nova regulación dos fondos estructurais da pesca na Unión Europea “só están ben encamiñadas no que se refire á aposta pola baixura”. López Veiga realizou estas declaracións trala presentación do libro “A contribución galega á reforma da Política Común de Pesca da Unión Europea de 2002”. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Cae a inversión estranxeira en Galicia
Segundo o informe da Fundación Caixa Galicia, a evolución da economía na nosa Comunidade presenta unha forte caída da inversión estranxeira no ano 2003, rexistrándose una variable de reducción do 90% con respecto ao 2002. A ampliación aos países do Leste europeo, a falta de solo industrial, a necesidade de desenvolver infraestructuras, o raquitismo orzamental dos concellos e a baixa presión fiscal son considerados coma algunhas razóns desta tendencia. (Fonte: La Voz de Galicia).

Turismo
Máis de tres millóns de turistas visitaron Galicia
Segundo Jesús Pérez Varela, conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, mais de tres millóns de turistas visitaron Galicia nos primeiros sete meses do Xacobeo 2004, un 20% mais con respecto ao Ano Santo 1999. A cifra que se espera achegar rondará os seis millóns de turistas ao remate do ano. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura
Sinfónica galega en Italia
A Orquesta Sinfónica de Galicia comezou a preparación de nove concertos en agosto, na localidade italiana de Pesaro, no marco dun festival de ópera en homenaxe ao compositor Gioachino Rossini. (Fonte: La Voz de Galicia).

España e Cuba retratan os dous polos da emigración galega
A producción hispano-cubana “Residencial Caribe”, a rodarse nos meses de setembro e outubro, relata a historia de dous irmáns galegos e unha cubana que loitan por unha herdanza. A longametraxe filmarase simultáneamente en La Habana, Santiago de Compostela e as Rías Baixas, así como no pazo de Villarés en Gondomar. (Fonte: El Correo Gallego).
27/07/2004
Unión Europea-Economía
Izar deberá devolver 560 millóns de euros á Comisión Europea
Segundo Bruxelas, a empresa Izar deberá devolver 560 millóns de euros á Comisión Europea polas axudas recibidas no período 1999-2000. Segundo as mesmas fontes, estanse realizando tres novas investigacións contra a empresa naval por outros 741 millóns de euros recibidos. (Fonte: La Voz de Galicia e El Correo Gallego).

Unión Europea-Cultura
Recoñecemento europeo para o galego
Segundo o secretario de Estado para Asuntos Europeos, Alberto Navarro, o goberno español podería pedir o recoñecemento do galego, do catalán e do euskera como linguas oficiais de traballo na Unión Europea, no caso de que Irlanda presente a súa demanda para o gaélico en setembro o outubro. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Economía
Ferrol benefíciase do Programa europeo Proder
A Unión Europea, a través do Programa Proder, podería otorgar uns 9 millóns de euros á Asociación ferrolesa Costa Ártabra, para promover o desenvolvemento rural. Os beneficiarios deste programa contarían coa creación dunha taberna típica en Cedeira, a sede para a Asociación Sociocultural de Minusválidos, o acondicionamento do río Ba, centros de dinamización rural e tres axudas públicas para o Concello de Mugardos. (Fonte: La Voz de Galicia).

Solidariedade
Cooperación galega co Terceiro Mundo
Diversas ONGs galegas e cidadáns galegos que traballan para organismos internacionais participaron no desenvolvemento de programas de axudas en países africanos e latinoamericanos. Son os casos do médico de Redondela Francisco Román, quen traballou para Médicos sen Fronteiras en Angola e Bolivia; a lucense Ana Vila, nunha orde relixiosa en Nicaragua, e a ONG pontevedresa “Amarante”, que neste verán, e por quinto ano consecutivo, levou a cabo o programa "Xanela aberta ó Sur", co envío de 17 brigadistas galegos a Brasil, Nicaragua e Ecuador. (Fonte: Faro de Vigo).

Inmigración
Inserción laboral dos inmigrantes
A Fundación Galicia Emigración asinou convenios con Carrefour, Texcar e Eulen para desenvolver programas de formación e práctica laboral coa finalidade de impulsar a integración e inserción laboral en Galicia dos inmigrantes e emigrantes retornados, naqueles campos onde sexan necesarios de acordo ás ofertas das empresas colaboradoras. (Fonte: El Correo Gallego).
26/07/2004
Unión Europea-Economía
Bruxelas ampliará en 250.000 euros un proxecto para a Costa da Morte
Coa finalidade de impulsar o turismo e as Pemes na Costa da Morte, a Unión Europea ampliou en 251.000 euros o programa Leader Plus, segundo informou a asemblea da Asociación Supramunicipal Neira. Neste momento existen aprobados 39 proxectos, quedando aínda pendentes outros 23. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
Música celta en Galicia
Un disco con músicas tradicionais de Irlanda, Escocia, Canadá e Galicia, de nome “Chill out celta en Galicia”, acábase de publicar coa participación dunha trintena de músicos, algúns ben coñecidos e outras voces novas, nun esforzo por divulgar a cultura e música dos antigos celtas. (Fonte: La Voz de Galicia).
25/07/2004
Pesca
O Grupo Calvo expándese no Pacífico
A compra de tres helicópteros á empresa estadounidense Robinson Helicopter Company, permitirá ao grupo conserveiro Calvo a expansión da súa flota atuneira no océano Pacífico. A inversión conxunta superou o millón de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).

Agricultura e Gandería
Control de “vacas tolas” en Galicia
Se ben España é o terceiro país en casos de número de animais infectados polo virus da Encefalopatía Esponxiforme Bovina, Galicia é líder entre as comunidades con maior nivel de seguridade, cuns 90.000 tests prionics aplicados. Os casos presentados na comunidade ascenderon a 30, sendo de 68 a nivel estatall. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
Atopan en Cuba un libro inédito dun poeta galego
Un caderno no que se recollen varias composicións do poeta galego do século XIX, Domingo Campio Devesa Naveiro, foi atopado na poboación cubana de Cienfuegos, polo actual escritor galego Xosé Lois García. Os poemas foron escritos en galego e castelán e García atopounos gracias a uns libreiros desta cidade. A editorial Edicións do Castro publicará en outono o manuscrito. (Fonte: La Voz de Galicia).
24/07/2004
Economía
Izar Fene e Ferrol no camiño da fusión
Segundo o voceiro do BNG, Francisco Rodríguez, o plan interministerial do goberno sobre a situación da empresa Izar prevé unha fusión coa factoría ubicada en Ferrol. O deputado nacionalista acusou ao actual goberno de “submisión e seguidismo” cara a Unión Europea, por non defender o mantemento dos postos de traballo nin a capacidade productiva do grupo, nin tampouco por intentar levantar o veto comunitario contra a empresa. (Fonte: El Correo Gallego).

IGAPE e Banco Europeo de Inversións apoian as Pemes galegas
A Xunta, a través do IGAPE, e o Banco Europeo de Inversións, asinaron un convenio para constituir un fondo de 30 millóns de euros coa finalidade de financiar as inversións das Pemes galegas, normalmente excluidas da liña de microcréditos. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Ambiente
Vigo manterá un Laboratorio europeo de biotoxinas
Coma un exemplo da importancia portuaria de Vigo no escenario europeo, o subdeledgado do goberno de Pontevedra, Delfín Fernández, informou que o goberno manterá en Vigo o Laboratorio de Biotoxinas Mariñas de Referencia Comunitaria, ubicado nas dependencias de Sanidade da Estación Marítima, en funcionamento dende 1993 como planificador do traballo de rede dos diferentes laboratorios de análise europeos. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal
Fraga “Doctor Honoris Causa” pola Universidade de Lisboa
O presidente da Xunta, Manuel Fraga, foi condecorado pola Comisión Científica do Senado da Universidade de Lisboa como Doctor Honoris Causa por terse distinguido coma un firme defensor da integración rexional e da consolidación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. (Fonte: La Voz de Galicia).
23/07/2004
Unión Europea-Eleccións
O BNG perde definitivamente o seu parlamentario europeo
A desestimación do Tribunal Supremo do recurso presentado pola coalición Galeusca (PNV, BNG e CiU), deixou a Camilo Nogueira sen escano no Parlamento europeo. O Supremo ratificou a decisión da Xunta Electoral de validar o acta 24 ao PP, xa que o fiscal declarou que Galeusca non presentou proba algunha das supostas irregularidades no escrutinio. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Ciencia
A UE apoia científicos galegos no estudio da lonxevidade masculina
O proxecto “European Male Aeging Study”, coordinado dende Manchester e preocupado polo estudo do “elixir da xuventude” na poboación masculina, conta coa participación do equipo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e un numeroso grupo de científicos galegos, quen realizarán tests médicos a 400 personas cada 4 anos. Este proxecto recibiu a mais importante subvención da Unión Europea para este tipo de estudios. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Gandería
Galicia cumpre cos parámetros europeos na producción leiteira
O total de leite producida en Galicia superou nun 20% a súa cuota láctea, pero quedou 50.000 toneladas por debaixo do tope europeo estimado en 6,07 millóns de toneladas. A nosa Comunidade é o líder na producción estatal cun 30% do total. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía
Ferrys galegos para Francia
O asteleiro vigués “Hijos de J. Barreras” asinou en París un contrato para a construcción de dous ferrys para o departamento galo de Seine-Marítime, ubicado ao noroeste do país. O importe do contrato é de 83 millóns de euros e comezará a construirse no mes de setembro. Os dous buques terán unha eslora de 160 metros e unha manga de 24,5 metros. Ambolos dous estarán destinados ao tráfico de pasaxeiros na Canle da Mancha. (Fonte: Faro de Vigo).

Ciencia
Aporte galego na loita contra o cancro
Unha rede científica mundial que abarca Galicia, os centros estadounidenses Clínica Mayo, centro Fred Hutchinson e outras universidades, hospitais de Australia e Canadá e a coordinación da University of Southern California e o Norris Cancer Center, comezará o estudio do cancro de colon e recto, sendo Galicia o primeiro nodo europeo en ingresar no selecto grupo de investigadores, cunha aportación de 40 pacientes mais os seus familiares. (Fonte: La Voz de Galicia).

Pesca
Factoría en Brasil
A Xunta apoiará a creación dun centro de formación en pesca e cultura mariña na localidade brasileira de Cabedelo, co obxectivo de aumentar a capacitación dos pescadores locais e mellorar a súa calidade de vida. (Fonte: El Correo Gallego).

Turismo
Trece galegos na Ruta Quetzal
A decimonovena edición da Ruta Quetzal conta coa participación de trece galegos, dos cales doce son expedicionarios e un deles é monitor a cargo de 16 rapaces de Israel, Brasil, Paraguai, Honduras, México, Irlanda e España. (Fonte: El Correo Gallego).

Xacobeo
Fraga recibiu ós integrantes do Xacobeo USA 2004
O presidente da Xunta, Manuel Fraga, recibiu unha delegación de vinte persoas integrantes da agrupación Xacobeo USA 2004, unha sociedade española e portuguesa afincada nos EEUU que ten por obxectivo dar a coñecer a Galicia e o Camiño de Santiago. (Fonte: El Correo Gallego).
22/07/2004
Portugal
Uns 78 millóns de euros de Interreg III para Galicia e Norte de Portugal
O subcomité de xestión da iniciativa europea Interreg III otorgou 78 millóns de euros para 48 proxectos en Galicia e o norte de Portugal, dos que uns 49,4 millóns correspóndenlle a Galicia e 29,2 millóns a Portugal. Os principais proxectos serán os de infraestructuras, como o vías de transporte entre o sur de Ourense e o Alto Támega e Vinhais, o desenvolvemento industrial e as relacións económicas, coa consolidación do Fondo de Capital de Risco Galicia-Norte de Portugal, a conservación do medio ambente, a integración social e o desenvolvemento socio-económico. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Economía
Fondo de Pensións para ex traballadores de GEA non son axudas ilegais
Dende Bruxelas informouse a aceptación dos criterios do goberno español nos que se considera que o fondo de pensións para os ex traballadores da empresa cerámica Grupo de Empresas Álvarez, GEA, non supoñen axudas ilegais. (Fonte: La Voz de Galicia).

Turismo
Santiago centro turístico de Galicia
Segundo a Oficina de Turismo da Xunta, a catedral de Santiago será visitada por 12 millóns de persoas durante o Ano Santo Xacobeo, o que convirte á capital de Galicia no principal centro turístico da Comunidade. O cabo e o faro de Fisterra é o segundo punto mais visitado, non só polo seu significado para o Camiño senón por razóns históricas e xeográficas. A Torre de Hércules ubícase na terceira posición nas preferencias de visitas turísticas. Os principais enclaves naturais galegos reciben a visita de 250.000 persoas cada ano. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura
Festival internacional en Narón e Mugardos
Grupos folclóricos internacionais como o búlgaro Odessos, o Tahoungan de Togo, o Er-Hu-Taipei de Taiwán, o húngaro Forrás Szazhalombatta e o colombiano Raíces Tunja, participaron no Festival Internacional dos municipios de Narón e Mugardos. (Fonte: La Voz de Galicia).
21/07/2004
Unión Europea-Economía
O PP avoga por Izar Fene ante o Parlamento Europeo
A crise de Izar Fene foi motivo dunha interpelación en Estrasburgo por parte do eurodeputado do PP, Daniel Varela. O obxectivo foi averiguar se a Comisión Europea está disposta a destinar fondos do Instrumento Financieiro de Orientación á Pesca, ou ben ó sexto Programa Marco de Investigacións da UE, para que axuden a realizar proxectos de plataformas acuícolas na planta de Perlío. O eurodeputado explicou que os proxectos serán beneficiosos para os asteleiros galegos “que agora padecen a competencia desleal de Corea do Sur”. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca
Comisión Europea sen decidir sobre o recorte dos fondos pesqueiros
Durante o asinamento dun convenio para o fomento das empresas de acuicultura en Galicia entre o ministerio da Pesca e a empresa pública Sepides, a titular dese ministerio, Elena Espinosa, comentou que a Comisión Europea aínda non fixo algunha proposta formal sobre o recorte dos fondos pesqueiros para o período 2007-2013, senón que entregou aos ministros unha comunicación coas liñas xerais para a asignación dos fondos IFOP. (Fonte: Faro de Vigo).

Unión Europea-Ambiente
A UE advirte sobre contaminación en Pontevedra
A Comisión Europea fixo unha advertencia por escrito ao goberno español por non dispoñer dun sistema adecuado de recollida e tratamento dos residuos urbáns na zona de Pontevedra, Poio e Marín. O informe asegura que as augas que se verten directamente á ría de Pontevedra conteñen mercurio e outras substancias pesadas, así como canceríxenas, polo que se vulnera a lexislación europea en materia de medio ambiente. De non acatarse a lexislación, a Comisión podería pasar o asunto ao Tribunal de Xustiza das Comunidades Europeas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía-Diáspora
Promoción empresarial de Galicia en América Latina
O IGAPE e a Consellería de Emigración, coa colaboración do IGADI, asinaron en Santiago un convenio de promoción empresarial multisectorial de investimentos en Galicia, coa finalidade de atraer as inversións de empresarios de orixe galega en Brasil, México e Venezuela. O programa deste convenio estipula a realización de cinco xuntanzas ata final de ano cos empresarios destes países latinoamericanos, no marco dos Foros Bilaterais. (Fonte: El Correo Gallego).

Xacobeo
Modesto crecemento do turismo en Galicia
A pesar do Ano Xacobeo, a afluencia de turistas estranxeiros a Galicia creceu prácticamente ao mesmo ritmo do conxunto estatal. Unhas 297.000 persoas chegaron a Galicia nos seis primeiros meses do ano, mentres que 291.000 persoas visitaron España no mesmo período. Isto corresponde a un incremento do 2,1% con respecto ao ano 2003. (Fonte: La Voz de Galicia).

Educación
Premio Nobel de Química na USC
O pai da química supramolecular e Premio Nobel de Química 1987, o francés Jean-Marie Lehn, impartiu un curso de doutorado na USC. O químico resaltou a necesidade de que Europa outorgue maiores investimentos en I+D, seguindo o exemplo de EEUU. (Fonte: El Correo Gallego).
20/07/2004
Unión Europea-Pesca
Galicia seguirá na zona de converxencia dos fondos pesqueiros europeos
A proposta do comisario europeo da Agricultura, Franz Fischler, para o reparto das axudas da pesca durante o período 2007-2013, deixa a Galicia na chamada zona de rexións de converxencia, polo que formaría parte do 75% do orzamento valorado en 4.063 millóns de euros. Nembargantes, coa ampliación ao Leste, Galicia podería perder a metade dos fondos europeos que obtivo no anterior período. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal
Pemes galegas e portuguesas
Segundo un estudio do Proxecto Consolida presentado na Zona Franca, a metade das pequenas empresas de Galicia e o Norte de Portugal pechan antes de tres anos de vida debido a unha serie de factores como a visión localista dos mercados, a baixa cualificación dos seus empresarios, a ausencia de estructura tecnolóxica e servizos de apoio, o descoñecemento das oportunidades existentes entre ambas rexións e a baixa cooperación entre elas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Intercambio de experiencias
Unha representación de empresarios portugueses de Viana do Castelo visitou o centro comercial Compostela Monumental para coñecer a súa experiencia e podela aplicar nun proxecto similar en Viana. (Fonte: La Voz de Galicia).

Defensa
A Brilat non irá a Afganistán
Segundo o xeneral Vicente Díaz de Villegas, se ben a brigada Brilat con sede en Pontevedra seguirá servindo coma forza de resposta a aquelas misións de rotación da OTAN no que sexa necesario participar, non está previsto trasladar unha misión a Afganistán. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cooperación
Potenciar as relacións EEUU-A Coruña
A visita á Coruña do conselleiro da embaixada dos EEUU, Robert Manzanares, foi considerado como unha tentativa de potenciar as relacións nos ámbitos institucionais e económico. Manzanares reuníuse co alcalde Francisco Vázquez e co director xeral da Cámara de Comercio, Gonzalo Ortiz. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía
Ouro en Pontevedra
O grupo mineiro irlandés Ormonde, coa colaboración do grupo sueco Ige, rexistrou a presenza de altos niveis de ouro nas mostras recollidas no proxexto Tracia, que se leva a cabo entre as localidades de Cuntis, Caldas de Reis, Valga e A Estrada, nunha rexión de 32,8 km cadrados. A inversión da exploración estímase en 260.000 euros e o grupo estima traballar na zona por un período de dez anos. (Fonte: La Voz de Galicia).

O Grupo Calvo non abandona Suramérica
Segundo o presidente do Grupo Calvo, José Luis Calvo, a empresa conserveira galega seguirá coas súas inversións en Suramérica, a pesar do ataque ocorrido na planta de Venezuela, que podería estar reconstruida e operativa en tres ou catro meses. (Fonte: Faro de Vigo).

Inmigración
Asesoramento para inmigrantes e estranxeiros
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, asinaron un convenio para a realización dun programa de orientación laboral e integración social cara os inmigrantes e emigrantes retornados. A Oficina do Inmigrante tamén facilitará asesoría xurídica aos estranxeiros. (Fonte: El Correo Gallego).
19/07/2004
Economía
A UE discute o futuro da pesca
O Consello de Ministros da UE comezou a discusión sobre o futuro dos fondos para a pesca a partir do ano 2007, coa análise da proposta da Comisión Europea dun orzamento de 700 millóns de euros anuais para o futuro Fondo Pesqueiro Europeo entre o 2007 e o 2013. Este novo fondo substituirá ao actual Instrumento de Financiación e Orientación Pesqueira (IFOP). Tamén en Bruxelas discutirase a situación dos fondos pesqueiros para as rexións dos 25 países e a crise do grupo Izar. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).
18/07/2004
Economía
Éxito téxtil galego no mercado europeo
Galicia é a comunidade española co maior crecemento de exportación do seu sector téxtil, gracias á aceptación dos productos galegos no mercado europeo. O ministerio de Industria anunciou que a nosa comunidade incrementou as súas exportacións cara a chamada “Europa dos 15” nun 363%, antes da ampliación ao Leste. Italia contribuiu cun aumento nas importacións de 11,7 millóns de euros en mercancía galega. Grecia e Francia tamén contribuíron, con aumentos nas súas compras de 4 a 27 millóns de euros no caso grego e de 3,5 a 46 millóns no caso francés. No primeiro trimestre do ano, o 36,8% das exportacións téxtiles españolas á UE foron marcas galegas, e Grecia, Finlandia, Luxemburgo, Italia, Irlanda e Dinamarca foron os clientes mais importantes. (Fonte: La Voz de Galicia).

Crise na industria conserveira galega
Segundo Juan Vieites, secretario xeral de Anfaco (Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas), a pesar da expansión mundial do consumo do atún, a industria conserveira galega atópase nunha situación onde “non ten a materia prima necesaria para procesar porque unha boa parte dela queda intervida nos portos por orde do Ministerio de Pesca español”. Vieites expresou o malestar do sector atuneiro polos “prexuízos que as autoridades españolas amosan dende hai uns meses ás empresas do ramo”. (Fonte: La Voz de Galicia).

Xacobeo
Becarios latinoamericanos fan a invocación ao Apóstolo
Uns sesenta mozos de 20 países, beneficiarios das Becas Líder e elexidos polas autoridades académicas das universidades iberoamericanas, españolas e portuguesas, fixeron una ofrenda coa Invocación ao Apóstolo en Santiago, durante unha visita de tres semanas a España. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora
200 galegos do exterior nos Campamentos de Verán da Xunta
Uns 200 mozos galegos procedentes de Arxentina, Uruguai, Brasil, México, Chile e Venezuela, ademais doutros orixinarios das comunidades autónomas españolas e doutros países europeos, chegaron a Galicia para participar nos Campamentos de Verán da Xunta, nos que participarán en actividades culturais e deportivas e nos festexos do Ano Santo. (Fonte: El Correo Gallego).

Cooperación
A Xunta cumpre cos programas en Bolivia
Segundo informacións recabadas pola Administración galega, os niveis de execución dos proxectos cofinanciados pola Xunta no Concello boliviano de Irupana rexistran unha efectividade do 99 por cento. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
Concurso Internacional de Ideas para a ETEA de Vigo
Profesionais mundiais da arquitectura participan no Concurso Internacional de Ideas para as antigas instalacións da ETEA e por convocatoria da Zona Franca, cun orzamento de 20 millóns de euros. Algúns dos arquitectos de fama mundial que se darán cita son o francés Dominique Perrault, da empresa angloamericana "Ove Arup", os españois Luis Mateo e Jerónimo Junquera e os galegos Portela, Irisarri, Portolés e García Quijada. (Fonte: Faro de Vigo).
17/07/2004
Unión Europea-Política
Piden desestimación do recurso electoral de Galeusca
Nun escrito presentado ante a Sala do Contencioso-Administrativo, o fiscal pediu ao Tribunal Supremo a desestimación do recurso contencioso electoral presentado pola coalición Galeusca no que se solicita a anulación dos votos atribuidos ao PP nas eleccións europeas, e que posibilitaron a perda do escano do candidato polo BNG, Camilo Nogueira. No escrito especifícase a discrepancia coa liña argumental básica do recurso sobre o reconto provisional efectuado polo Ministerio do Interior o mesmo día da votación. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Economía
O BNG advirte dos futuros plans navais da UE
Segundo Francisco Rodríguez, voceiro do BNG no Congreso dos Diputados, “a Unión Europea persigue volver a reducir, unha vez mais, a capacidade productiva do sector naval civil”, explicando que iso se acordou na xuntanza mantida polo Comisario Europeo de Competencia, Mario Monti, coas organizacións UGT e CC.OO. Rodríguez explicou tamén que a UE estaría disposta a negociar a devolución das axudas por parte de Izar, “sempre que se realice unha reestructuración dos asteleiros públicos”. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía
Calvo-Venezuela quedará inoperativa tres meses
A fábrica do Grupo Calvo sita na poboación venezolana de Guanta, quedará inoperativa durante tres meses, tralo asalto e destrucción dos aparatos eléctricos dos cocedeiros de atún e demais instrumentos. Segundo fontes venezolanas, os danos sufridos pola empresa poderían calcularse en 520.833 euros, sen contar as perdas a causa da inactividade. Do mesmo xeito, Manuel Calvo Pumpido, conselleiro delegado do Grupo Calvo, asegurou que o grupo seguirá en Venezuela “anque eu non sei se o que están buscando é que nos marchemos de aquí”. (Fonte: La Voz de Galicia e Faro de Vigo).

Economía
Sector téxtil galego podería verse afectado por política arancelaria da UE
O posible levantamiento dos aranceis aos productos téxtiles chineses por parte de Bruxelas podería ter repercusións no sector téxtil galego, segundo o vicepresidente e conselleiro delegado de Inditex, José María Caballero. Nembargantes, esta política non afectará ás exportacións do grupo ao mercado europeo nin ao de China. (Fonte: La Voz de Galicia).
16/07/2004
Economía
Asaltada e queimada a factoría da empresa Calvo en Venezuela
Un grupo armado, calculado nunhas seis persoas, asaltou e incendiou con artefactos explosivos, gasolina e botellas de gas, a factoría do grupo conserveiro Calvo na poboación de Guanta, ao oriente de Venezuela. O ataque provocou graves danos nos equipos enerxéticos e na maquinaria, polo que deixou a planta prácticamente inoperativa. Ademais, rexistrouse un roubo de varios documentos e ordenadores. A planta de Guanta, a segunda da factoría Calvo no estranxeiro, producía 80 toneladas diarias de lomo de atún, que eran exportados a España, e daba traballo a 300 persoas. Segundo José María Iglesias, asesor legal da firma, non se coñecen con exactitude as razóns do ataque, pero sospeitase dun sabotaxe contra a empresa. (Fonte: El Correo Gallego e Faro de Vigo).

Convenio entre a multinacional británica 3I Group PLC e o Grupo Rodman
A multinacional naval británica 3I Group PLC adquiriu o 24% da empresa galega Grupo Rodman para a creación dunha nova sociedade, o holding Nova Rodman, na que se integrarán as filiais da empresa galega: Rodman Polyships, Rodman Lusitania, Conafi y Metalships & Docks. O novo socio británico, que cotiza na Bolsa de Londres, proporcionará unha inxeción económica necesaria para a internacionalización cara Italia e os EE.UU e aumenta a súa inversión en España, tralas operacións con AC Hoteles, TCB, Sistemas Informáticos Abiertos, Ballesol ou Pepe Jeans. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca
Galicia beneficiarase do futuro Fondo Pesqueiro Europeo
O Fondo Pesqueiro Europeo proposto pola Comisión Europea e que substituirá ao Instrumento de Financiación e Orientación Pesqueira, podería ter unha financiación valorada en 4.964 millóns de euros, dos cales unha terceira parte iría a parar ás chamadas “rexións de Converxencia”, nas que se inclúe Galicia, ademais de Asturias, Castilla-La Mancha, Andalucía, Ceuta e Melilla, entroutros. (Fonte: Faro de Vigo).

Portugal
Portugal mais beneficiada que Galicia nos fondos europeos
A perda para Galicia de 1.000 millóns de euros en fondos de cohesión europeos para o período 2007-2013 fai da Comunidade unha rexión menos beneficiada que o Norte de Portugal para as inversións en axudas desde Bruxelas. As rexións portuguesas do norte manterán casi intacaos as súas axudas ao desenvolvemento, ademais da metade dos subsidios para a pesca nas axudas estructurais. (Fonte: La Voz de Galicia).

Diáspora
Terra de Xallas en Bos Aires
O concelleiro de Santa Comba, José Toja, partiu cara Bos Aires a petición de varios emigranes xalleiros na capital arxentina, para anunciar o ingreso no orzamento do concello dunha partida que estipule a creación e respaldo económico para o centro social “Terra de Xallas”. Do mesmo xeito, os emigrantes xalleiros manifestáronlle as deficiencias da asistencia sanitaria que reciben a través do Centro Galego. (Fonte: El Correo Gallego).

Bolsas para os fillos de emigrantes
A Fundación coruñesa Pedro Barrié da Maza, respaldada polo Banco Pastor, abriu o prazo para a solicitude de bolsas aos fillos de emigrantes galegos que queiran cursar estudios nalgunha das tres universidades galegas. A bolsa estipúlase en 2.500 euros anuais. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade
Greenpeace califica a Galicia entre as que peor coidan o seu litoral
Segundo o informe de Greenpeace sobre o litoral español, Galicia sitúase entre as cinco peores Comunidades españolas en canto a xestión e coidado do seu litoral. Do mesmo xeito, esta ONG considerou que a praia de Silgar, a mais emblemática da zona de Sanxenxo, “está condenada a desaparecer pola presión urbanística e o porto deportivo”. (Fonte: El Correo Gallego e Galicia Información).
15/07/2004
Unión Europea-Economía
Galicia perde mil millóns de euros en fondos europeos
A iniciativa sobre o orzamento da Unión Europea para o período 2007-2013 reservado aos fondos de converxencia rexional, prexudicou a Galicia coa perda de 1.000 millóns de euros, trala presentación do documento da Comisaria de Orzamento da UE, a alemá Michaela Schreyer. España perderá un total de 11.000 millóns de euros nos Fondos de Cohesión anque, a priori, Galicia seguiría percibindo uns 3.500 millóns de euros en axudas rexionais directas dende Bruxelas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Ambiente
A Xunta alerta sobre a normativa do Protocolo de Kyoto
Os novos requerimentos da UE no cumprimento dos compromisos do Protocolo de Kyoto, obrigaron a Xunta á defensa ante o goberno central da reducción dun 6% nas emisións de gas nas plantas de Meirama (Fenosa) e As Pontes (Endesa). Calquera medida mais baixa podería poñer en perigo a viabilidade futuras destas instalacións. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal
Netgame Caixanova une Galicia co Norte de Portugal
Co patrocinio da empresa Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia e Caixanova e durante seis días e seis noites, o evento Netgame Caixanova comezou en Vigo coma un encontro social e informático coa finalidade de unir profesionais de Galicia e o Norte de Portugal. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura
Amnistía Internacional apoia Mostra Internacional de Teatro en Ribadavia
A vixésima edición da Mostra Internacional de Teatro abriu as súas portas en Ribadavia coa participación de Amnistía Internacional. Nesta oportunidade, o tema está dedicado á muller e a denuncia de violencia doméstica. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cidade da Cultura en Santiago para unha “Galicia do século XXI”
O arquitecto estadounidense Peter Eisenman, gañador do concurso internacional para a construcción da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, definiu a obra coma “un dos proxectos mais importantes do mundo, o cal forma parte da grande arquitectura que queremos facer da Galicia do século XXI”, trala xuntanza que mantivo co presidente Manuel Fraga. (Fonte: Faro de Vigo).
14/07/2004
Unión Europea-Economía
UE abre as portas a Izar para levantar as prohibicións na fabricación de buques
O comisario europeo da Competencia, Mario Monti, deulle unha oportunidade á empresa Izar Fene para a fabricación de buques convencionais, trala xuntanza realizada en Bruxelas cos representantes da UGT e CCOO. Monti asegurou ser consciente "dos aspectos sociais" arredor da crise de Izar e explicou que se terán en conta estas circunstancias no deseño dos plans de futuro para a empresa. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Galicia
Proxecto Regina para potenciar o eixo atlántico
Galicia forma parte, xunto a Bretaña (Francia), West Midlands (Gran Bretaña), Border, Midland e Western Region (Irlanda), Norte e Algarve (Portugal) e País Vasco e Andalucía, do Proxecto Regina, un marco integrador creado pola Unión Europea e destinado á potenciación, mellora e competividade na xestión de I+D. A duración do proxecto será ata outubro de 2006 e tamén contará coa participación doutras rexións mais avanzadas no proxecto, como Madrid, Viena, Helsinki, Emilia Romagna e East England. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Educación
Becas do Fondo Social Europeo
A Xunta concedeu bolsas a alumnos e profesores de 14 institutos, confinanciados por o Fondo Social Europeo, para estancias en empresas de ámbito transnacional en EE.UU, Letonia, Polonia, Noruega, Finlandia, Reino Unido, Italia, Francia, Irlanda e Portugal. Por outra banda, 115 licenciados da USC farán prácticas en empresas da UE por seis meses, no marco do programa Europrácticum. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Os beneficios do microcrédito
Segundo a Obra Social de Caixa Galicia, unhas cen persoas, a maior parte delas emigrantes retornados e inmigrantes, beneficiáronse dos programas de microcréditos promovido por Muhammed Yunnus, fundador en Bangladesh do Grameen Bank ou Banco dos Pobres, quen pronunciou unha conferencia en Santiago de Compostela. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora
Secuestros alarman á comunidade galega mexicana
A Consellería de Emigración e a Embaixada española en México farán recomendacións sobre seguridade persoal aos 20.000 galegos residentes naquel país ante a crecente ola de secuestros, tal e como o puido comprobar o conselleiro Aurelio Miras Portugal nunha das últimas visitas ao país azteca. No que vai de ano, uns 9 galegos residentes en México foron obxecto de secuestros, moitos deles dos denominados express. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal
Críticas á vía Celanova-Portugal
O estudio informativo do vial que une Celanova coa fronteira portuguesa foi obxecto de críticas por parte do BNG por considerar que non está conectado coa plataforma loxística do parque empresarial de Celanova e porque só ten un carril de circulación. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade
Nenos saharauis en Galicia
Uns quince rapaces saharaius do campamento de refuxiados de Tinduf (Arxelia) ocuparon o Salón de Plenos do Pazo de Raxoi, nunha visita realizada ao Concello de Santiago como parte do programa Vacacións en Paz, patrocinado pola Consellería de Educación. (Fonte: El Correo Gallego).

Xacobeo
Voluntarios europeos para o albergue de Tui
O servizo de atención ao peregrino do albergue de Tui contará coa presenza de catro voluntarios de Dinamarca, Italia, Lituania e Eslovenia. Trátase dunha iniciativa do Programa do Voluntariado no Camiño promovido polo Grupo Compostela. (Fonte: La Voz de Galicia).
13/07/2004
Unión Europea-Infraestructuras
Plan Galicia e axudas europeas
Segundo o conselleiro de Economía, José Antonio Orza, a revisión dos fondos comunitarios para o período 2007-2013, iniciado pola presidencia holandesa en Bruxelas, “non debería influir nin ter efectos sobre as previsións do Plan Galicia”. O conselleiro espera que o mantemento de Galicia coma rexión Obxectivo 1 na UE contriúa a garantir a consecucion dos fondos europeos. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca
Descontento co plan da UE sobre limitación das axudas ás firmas pesqueiras
O conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, discrepou sobre a supresión total das axudas para renovación e modernización da frota e a intención de Bruxelas de outorgar subsidios públicos só ás micro e pequenas empresas (excluíndo as medianas) de acuicultura e transformación do peixe, o que deixaría fora a empresas como Pescanova. É por iso que, en palabras do conselleiro, o proxecto de regulamento dos fondos estructurais para a pesca deseñado pola UE para o período 2007-2013 non convence a Galicia. (Fonte: La Voz de Galicia).

Pesca
Vigo acollerá Conferencia Mundial sobre a Exploración do Mar
A implantación en Vigo da Axencia Europea da Pesca e a súa importancia como principal porto pesqueiro en Europa posibilitarán a realización nesta cidade da reunión anual do Consello Internacional para á Exploración do Mar a partir do mes de setembro. Neste evento participarán 700 científicos de 25 países e analizarán temas como a información científica, a xestión dos caladoiros e o uso sostíbel dos recursos mariños. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Constitución
Constitución europea en galego
O goberno de José Luís Rodríguez Zapatero envioulle ao Congreso un breve extracto da Constitución europea traducido en catro linguas autonómicas: galego, euskera, catalán e valenciano. O documento íntegro só é dispoñibel en castelán e ten 93 páxinas, mentres que o galego consta apenas de 16 páxinas e non ten carácter oficial senón informativo. (Fonte: www.vieiros.com).

Unión Europea-Sanidade
Proxecto galego premiado en Viena
O consorcio Galactea, que agrupa a centros de Galicia, Asturias, Cantabria e Castilla-León, así como un grupo estonio, foi premiado co galardón á mellor Transferencia de Tecnoloxía Transnacional Europea polo seu proxecto sobre a desinfección da auga. O premio foi recibido na capital austriaca polo director do Instituto de Investigación e Análises Alimentarias da USC, Joaquín Garrido Vázquez, xunto á representante de CIS-Galicia, Rosa Freire Corte. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Carrefour busca ampliarse en Vigo
A multinacional francesa interesase polo centro comercial incluido no proxecto Finca do Conde, preto da Gran Vía, para instalar o seu segundo hipermercado en Vigo. O recinto ten un área cunha poboación calculada en 70.000 persoas e espera poder inaugurarse no 2006. (Fonte: La Voz de Galicia).
12/07/2004
Unión Europea-Ambiente
A UE habilita a canle do río Caldo
Segundo a Comisión Europea, o encauzamento do río Caldo afectado polas obras do futuro acondicionamento do cauce e as marxes en Lovios “non foi adxudicado polas autoridades españolas como zona de protección especial e lugar de importancia comunitaria ao abeiro da Directiva 92/43/CEE do 21 de maio, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres”, polo tanto non advirte infracción algunha ao dereito medioambiental da zoa. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Xénero
A UE galardoa ao concello de Rianxo
O Concello de Rianxo obtivo o premio de Promoción e Igualdade de Xénero outorgado pola Unión Europea, no marco do seu Proxecto Deloa. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
Hispanoamérica e Brasil da man do Pen Clube galego
O Pen Clube galego iniciará en Santiago un novo encontro denominado “Escritores no camiño”, no que pretende acercar a literatura galega ao outro lado do Atlántico, especialmente cara Brasil e os outros países hispanoamericanos. Nesta oportunidade, os organizadores concertarán xuntanzas cun cento de persoeiros das letras de Galicia e de América Latina. (Fonte: El Correo Gallego).
11/07/2004
Portugal
O mercado ibérico nutre a relación Galicia-Norte de Portugal
O secretario xeral de Relacións coa UE, Jesús Gamallo, explicou en Girona que a experiencia de cooperación entre Galicia e o norte de Portugal “é o mellor exemplo para crear e edificar un mercado ibérico de gran potencial e influencia en Europa”. Por iso defendeu a necesidade de aplicar os instrumentos de relación transfronteriza para lanzar “as nosas propias estratexias bilaterais de crecemento e apoio mutuo”. Gamallo participou nun foro organizado pola Fundación Cataluña-Portugal. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Educación
Erasmus acerca Galicia a Europa
O programa de intercambio estudiantil Erasmus, galardonado recentemente co Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional, contribuiu dende o ano 1987 ao acercamento da Universidade de Santiago de Compostela e Galicia en xeral a Europa. Uns 6.000 galegos puideron estudiar en universidades europeas grazas a este programa, elixindo a maioría Italia como país para completar os seus estudios. Outros países demandados foron Reino Unido, Francia e Alemaña. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade
Médica galega axuda aos nenos peruanos a paliar a desnutrición
A médica misioneira galega Carmen Parrado, que chegou a Perú no ano 1989 para crear unha ONG, “Escuela Campesina de Educación y Salud”, co obxectivo de loitar contra a desnutrición, logrou fundar un programa coñecido como “nutrihojitas”, no que distribúe cápsulas multivitamínicas entre os nenos mais pobres das zonas rurais do Perú. (Fonte: La Voz de Galicia).

Turismo
O turismo galego en Francia
Uns 40 operadores turísticos franceses programan entre os seus destinos a Galicia, segundo un estudio realizado pola Oficina Española de Turismo en París. O obxectivo deste estudio é mostrar aos diferentes actores institucionais e privados de Galicia a complexa realidade turística francesa. (Fonte: El Correo Gallego).
10/07/2004
Unión Europea-Economía
Galicia perderá 1.000 millóns de euros nos fondos europeos a partir do 2007
A pesar de que Galicia segue sendo parte do chamado “paquete número 1” dos fondos de cohesión da UE, a nosa Comunidade podería perder uns 1.000 millóns de euros do orzamento en axudas rexionais da Comisión Europea no período 2007-2013. Bruxelas debaterá proximamente o orzamento que podería supoñer para España a perda duns 11.000 millóns de euros dos fondos, dos que Galicia recibe o 20%. A Comisión Europea proporá destinar ás rexións menos desenvolvidas uns 336.300 millóns de euros para o periodo 2007-2013. (Fonte: La Voz de Galicia e El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca
A UE reducirá axudas pesqueiras a Galicia
Bruxelas reducirá nun 10% os fondos estructurais para a creación e modernización de plantas piscícolas e a modificación das normativas do Instrumento Financeiro para a Orientación da Pesca, IFOP, en materia acuífera. Galicia quedará asi sen moitas das axudas europeas para a explotación de especies pesqueiras como o rodaballo, o salmón e a troita dourada, nas que ostenta o liderado mundial. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía
Australia interesada en conveniar con Izar
A visita ao asteleiro ferrolán de Izar por parte do senador Robert Hill, ministro da Defensa do goberno de Camberra (Australia), abriu a posibilidade de que o goberno dese país encomende á empresa galega a renovación das unidades da súa Armada con tres destructores e un megabuque de proxección estratéxica, cun contrato superior aos 3.500 millóns de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).

Comercio con Cuba
A Cámara de Comercio compostelana e o Instituto Español de Comercio Exterior, programan unha xornada de información sobre o mercado comercial de Cuba e as posibilidades de potenciar o comercio exterior coa illa, contando coa presenza do conselleiro xefe da Oficina Económica Comercial de España en La Habana, Luis López Moreno.
(Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora
A Fundación Galicia Emigración asiste aos galegos de Arxentina e Uruguai
Segundo o Conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, a Fundación Galicia Emigración, creada en 2002, asiste actualmente a 27.000 galegos residentes en Arxentina e Uruguai, que pasan por necesidades de asistencia sanitaria e de seguridade social. O conselleiro explicou que tamén existen programas de asistencia organizados por grupos como a Asociación Venezuelana de Pensionados e Xubilados de Avellaneda, que reúne fondos de diversos sectores sociais, bancarios, e institucións públicas e privadas. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración
Voluntariado para axudar aos inmigrantes
A Fundación La Caixa leva a cabo un proxecto de asistencia integral destinado á poboación inmigrante, impulsado pola asociación Cáritas Diocesana Tui-Vigo, no marco do programa Inmigración 2004. La Caixa ten previsto destinar mais de 1,7 millóns de euros a estes programas, coa formación de voluntarios por medio do programa Formas, para a asistencia en temas de inmigración e integridade social do colectivo inmigrante. Pola súa banda, a Fundación Cáritas Diocesana de Lugo anunciou que durante o ano pasado asistiu a 619 inmigrantes procedentes de Marrocos, Colombia, Brasil, Portugal e Polonia. (Fonte: El Correo Gallego).

Educación
Método de ensino europeo para os campus galegos
A Axencia Galega para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, anunciou que catro titulacións (Bioloxía, Farmacia, Dereito e Filoloxía), presentes nas tres universidades galegas, someteránse ao modelo de ensino europeo a través das ECTS (European Credit Transfer System), un método que converterá ao estudiante no centro do modelo, ata agora organizado en función do traballo do profesor. (Fonte: El Correo Gallego).
09/07/2004
Unión Europea-Pesca
A UE aproba a pesca nas illas Azores
O Tribunal de Primera Instancia da Unión Europea rexeitou a prohibición para pescar nas augas das illas Azores, unha medida reclamada polas autoridades portuguesas con carácter cautelar. O goberno das Azores impugnará ante os xuíces europeos o regulamento aprobado pola UE en 2003 que permitía aos buques estranxeiros o acceso á zona comprendida entre as 100 e 200 millas en torno ao arquipélago. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Sanidade
Normativa europea para as augas residuais
Segundo a Comisión Europea, tódolos núcleos galegos de máis de 15.000 habitantes deberán contar cun sistema de “tratamiento secundario” das augas residuais, é dicir, a utilización das depuradoras para a eliminación de sólidos en suspensión, disolución dos contaminantes e tratamento biolóxico das augas. Bruxelas manifestou que España, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Portugal e o Reino Unido, serán amonestados por deficiencias en varias plantas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Política
Zapatero avoga en Galicia pola integración con Iberoamérica
Na reunión entre o rector da USC, Senén Barro, e o presidente de goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, no marco da súa visita a Galicia, analizouse a necesidade dun maior apoio á investigación e igualmente de estimular o compromiso de creación dun espacio iberoamericano de educación superior. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
O IGAPE busca a expansión exterior das empresas galegas
No marco do Foro de Marcas Renombradas Españolas (AMRE), organizado en Santiago polo IGAPE, as principais firmas galegas, Pescanova, Inditex, Calvo, Miau, Rodman, Adolfo Domínguez e Televés, formarán parte dun programa de promoción de Galicia e as súas empresas nos mercados internacionais. (Fonte: El Correo Gallego).

Novas oficinas do IGAPE en China e Polonia
Coa finalidade de impulsar as PEMES galegas, a Xunta disporá a partir do 2005 de centros de desenvolvemento de negocios en China e Polonia, a través do plan de internacionalización e captación de investimentos estranxeiros impulsado polo IGAPE. As cidades de Shangai e Varsovia foron escollidas como sedes destes centros. Estos centros sumaránse aos xa existentes en Tokio, Düsseldorf e Nova York. Por outra banda, o ministerio de Economía revelou unha caída nos investimentos estranxeiros en Galicia dun 93% no 2003 e de 60% dos investimentos galegos no exterior. (Fonte: La Voz de Galicia).

Rede Galega Bussines Angels expandese en Europa
Emprendedores ourensáns deron a coñecer a Rede Galega Bussines Angels (Bang), trala súa presentación no Parque Tecnolóxico de Galicia. O obxectivo é analizar proxectos empresariais para ofrece-los aos inversores. Os responsables da iniciativa afirmaron que a rede leva 15 anos traballando en Europa e que non existe un límite máximo de investimento, o cal oscila entre os 24.000 e os 240.000 euros. (Fonte: La Voz de Galicia).

Crític