Diario Exterior / xuño de 2004

Igadi na Rede

Volver
   
Diario Exterior é unha recopilación de noticias breves captadas dos xornais galegos relativas ás actividades que se desenvolven en Galicia e que teñen relación co exterior, servindo de feito como proxección exterior de Galicia e dos seus axentes, empresariais, políticos, etc.
   
30/06/2004
Turismo
Pavarotti engalana Santiago
No marco dos espectáculos do Xacobeo 2004, o tenor italiano Luciano Pavarotti ofreceu o que foi o seu derradeiro concerto en España, elixindo a capital de Galicia como escenario ante a presenza de 7.000 persoas. Pavarotti inaugurou así a sexta edición do Festival Internacional da Música de Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
EEUU respalda fármaco galego
O presidente da compañía galega Zeltia, José María Fernández Sousa Faro, anunciou durante a reunión da xunta de accionistas, o respaldo outorgado pola US Food and Drug Administration de EEUU ao fármaco Aplidin para a leucemia aguda linfoblástica e a autorización da entrada en fase II do composto contra o mieloma múltiple e o cancro de próstata. Esta é a segunda vez que un organismo oficial norteamericano reconoce a Zeltia os seus méritos en proxectos de investigación e desenvolvemento. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Economía
A UE asegura non buscar a bancarrota de Izar
A Comisión Europea anunciou que tivo “moito coidado” en que os termos da decisión adoitada en torno ás axudas públicas declaradas ilegais en Izar non acarrexen a creba dos asteleiros públicos. O organismo comunitario esixe a Izar a devolución de 308,3 millóns de euros en axudas recibidas entre 1999 e 2000. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Eleccións
BNG queda sen parlamentario europeo
A Xunta Electoral Central deixou sen escano europeo ao BNG, outorgando o posto número 24 á eurodeputada rioxana candidata do PP, María Esther Herranz García. A coalición Galeusca terá participación europea con represantantes de CiU e do PNV, mais non do nacionalismo galego. (Fonte: El Correo Gallego).

Diáspora
Respaldo ao voto emigrante
O Parlamento galego aprobou por unanimidade unha iniciativa para pedirlle ao goberno central que antes que finalice o ano 2004, adoite iniciativas e modificacións lexislativas que aseguren o voto emigrante en tódolos procesos electorais e así aumente a participación de Galicia no Congreso de Deputados e o Senado. Tamén se pediu, a iniciativa do BNG e do PP, que a emigración conte no reparto dos recursos do Estado destinados ás corporacións locais e comunidades que teñan en conta o criterio de poboación. (Fonte: El Correo Gallego).

A diáspora feminina e relevante debate as súas relacións coon Galicia
Co respaldo do Servicio Galego de Igualdade e o IGADI, celebrouse en Santiago unha reunión de mulleres galegas que ocupan postos de responsabilidade en distintos países de América Latina, como Brasil, México e Venezuela, no marco do Foro “Xénero e Diáspora”. O acto contou coa participación da conselleira de Familia, Pilar Rojo. (Fonte: El Correo Gallego).
29/06/2004
Marítima
Vigo, principal porto do mundo
Segundo a Autoridade Portuaria, o porto de Vigo foi a primeira terminal do mundo en movemento de peixe para o consumo humano no ano 2003. Segundo datos de Nacións Unidas, o material descargado nesta terminal superou a metade das capturas españolas en augas propias, no caladoiro da UE, en terceiros países e en augas internacionais, cun volume total de 1.198 millóns de toneladas. Tamén se salienta que as empresas pesqueiras viguesas contribuíron a reducir a dependencia española dos productos do exterior. (Fonte: La Voz de Galicia).

Renovación da frota artesanal en Europa
Trala xira por Canadá, o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, reuníuse en Bruxelas co comisario europeo de Pesca, Franz Fischler, para discutir a posibilidade de renovar a frota artesanal galega, así como outros temas referidos ao control de biotoxinas marinas, a clasificación das zonas de producción de moluscos bivalvos e outros asuntos sanitarios. (Fonte: El Correo Gallego).

Francia aborda buque de armador galego
A patrulleira da Armada francesa Albatros, interceptou o buque Apache, un palangreiro de bandera provisional hondureña pero de armador galego, a pesar de que xa fora autorizado a navegar por augas das illas Kerguelen, baixo administración da illa francesa de Reunión. Francia afirma que este buque era un pesqueiro pirata e acusa ó seu capitán de non acatar as ordes de detención. O Apache levaba 60 toneladas de merluza negra. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal
Portugal, terceiro socio comercial de Galicia
Segundo cifras das Cámaras de Comercio, Galicia é a terceira comunidade autónoma en importancia nas súas relacións comerciais con Portugal, cun importe que ascende a 1.676 millóns de euros. No que se refire ás compras, Galicia é o segundo socio comercial de Portugal, con 1.070 millóns de euros. Portugal convertiuse no segundo socio comercial de España no ano 2003, só detrás de Gran Bretaña. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Agricultura
Desenvolver o agro en Europa
O director xeral de Agricultura da Comisión Europea, o galego Juan Manuel Silva Rodríguez, analizou en Santiago de Compostela o novo marco comunitario de desenvolvemento do agro previsto para o orzamento 2007-2013 da Unión Europea. Silva presentou a súa exposición durante unha conferencia organizada pola Fundación Juana de Vega e o colectivo profesional Agro XXI. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración
Menos nenos estranxeiros
Segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, o aporte das nais estranxeiras á natalidade galega foi menor no 2003, rexistrándose só 992 nacementos de nai foránea, o 1,86% do total estatal. Unha das razóns é o desprazamento de varios inmigrantes a outras partes da xeografía española, debido á falta de perspectivas laborais. O ano pasado, chegaron a Galicia 5.384 estranxeiros, pero se foron 6.455. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía
Plan Galicia e as inversións estranxeiras
No foro organizado en Santiago pola Asociación para o Progreso da Dirección (APD), diversos empresarios e membros do sector financeiro expresaron as súas inquietudes acerca da posibilidade de que as inversións estranxeiras se reduzan na nosa Comunidade se o goberno falla na aplicación do Plan Galicia, especialmente no referente ás infraestructuras de alta velocidade. Tamén se detallou que os menores custos laborais dos países da Europa do Leste e o novo reparto dos fondos europeos supoñen unha ameaza para Galicia, agravando as deficiencias en infraestructuras. (Fonte: La Voz de Galicia).

Turismo
Peregrinaxe aéreo desde Francia
No marco da XXVIII Vuelta Aérea de España-XXI Trofeo de su Majestad El Rey, tres paramotores que sairon desde a localidade francesa de Pau sobrevoaron o casco histórico de Santiago, descendendo no campo de Santa Isabel. Nesta oportunidade, a competencia fixo do Camiño de Santiago e a Ruta Xacobea unha referencia, facendo o percorrido do Camiño Francés en catro etapas, comezando en Pau, Pamplona, León, Burgos e remate en Compostela. (Fonte: El Correo Gallego).

Prestige
Mangouras non se vai
A Audiencia Provincial da Coruña rexeitou a petición da Embaixada de Grecia e o recurso formulado polo avogado do capitán Apóstolos Mangouras, para que se lle permitira a saída do país. Asi mesmo, delegacións de Francia, Portugal e España analizaron en Madrid a evolución da crise do Prestige. (Fonte: El Correo Gallego).
28/06/2004
Pesca
Galicia firme na explotación do caladoiro da NAFO
O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, manifestou ante o ministro de Pesca e Océanos canadense, Geoff Regan, e outras autoridades pesqueiras dese país, a firme vontade de Galicia de levar a cabo unha explotación sostible e responsable do caladoiro da NAFO, no que faenan 30 buques galegos, e garantir a presenza da actividade dos pescadores a medio e longo prazo. Do mesmo xeito, os empresarios galegos fixeron contactos cos seus homólogos canadienses nas áreas de procesamento do peixe e acuicultura.
(Fonte: La Voz de Galicia).
27/06/2004
Emigración
Brasil terá o Cruceiro mais grande
Un cruceiro feito pola Escola de Canteiros de Poio exhibirase na remodelada praza de Santiago de Barra, na cidade brasileira de Fortaleza, trala visita do conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, ao estado de Ceará. O cruceiro que se levará a Fortaleza será o mais grande feito nunca pola Xunta de Galicia e é unha manifestación da vinculación da nosa Terra con Fortaleza, xa que nesta localidade brasileira estableceuse a Confraría do Apóstolo Santiago no Ceará, a mais antiga cofradía xacobea do mundo. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade
Por un mundo mais xusto
O I Premio de Redacción Por un mundo mais xusto, faite solidario/a entregarase o luns 28 no pazo de Raxoi en Santiago, coa presenza da conselleira de Servizos Sociais, Adelaida Negreira, o presidente do Fondo Galego de Cooperación, Alfredo Novoa, e o presidente do xurado, Miguel Anxo Fernán-Vello. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca
Acercamento Galicia-Canadá
Coa inauguración do Coastal Zone 2004, un seminario científico internacional do uso do litoral, en Saint Johnn, localidade da provincia canadense de Terranova, o conselleiro de Pesca Enrique López Veiga e o ministro de Pesca e Acuicultura desa provincia, Trevon Taylor, sellaron un acercamento entre as dúas comunidades nas áreas da investigación e a pesca sostible para garantir o futuro da frota que faena na NAFO. Tamén o grupo de empresarios galegos que acompaña ao conselleiro reuníuse con empresarios locais e visitaron as instalacións da granxa Millbrook Greenhouse, xestionada pola comunidade indíxena Frist Nation en Truro. (Fonte: El Correo Gallego).

Enerxía
Galicia líder das enerxías renovables
Trala reunión co presidente da Xunta, Manuel Fraga, o presidente executivo e conselleiro delegado de Iberdrola, Ignacio Sánchez Galán, afirmou o liderado de Galicia na producción de enerxía renovable a nivel nacional, e informou das negociacións a corto prazo para profundizar a sua proxección internacional, adiantándose aos requisitos da Comisión Europea. (Fonte: El Correo Gallego).

Seminario conxunto Repsol-Harvard na Coruña
Coa asistencia de medio centenar de expertos e autoridades mundiales do sector enerxético, o XIV seminario Repsol YPF-Universidade de Harvard celebrouse na Coruña mostrando as principais tendencias no mundo petroleiro, destacándose o alto crecemento da demanda de consumo en China e India coma principal factor da suba dos prezos do crú. (Fonte: El Correo Gallego).
26/06/2004
Portugal
AVE Vigo-Porto en discusión
Durante o cumio hispano-portugués celebrado en Córdoba, os ministros das áreas de Infraestructuras, Medio ambiente e Transporte discutiron a posibilidade de concretar a rede ferroviaria do tren de alta velocidade entre Vigo e Porto para o ano 2009. Este proxecto será discutido no próximo cumio bilateral a celebrarse en novembro en Santiago de Compostela. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade
Santiago, centro de referencia na ciruxía ocular
Mais de 170 especialistas de Europa e América Latina participaron en tres congresos na facultade de Medicina de Santiago sobre ciruxía plástica ocular e orbitaria, coa finalidade de analizar as novas técnicas de vangarda nestes sectores. Os expertos reunidos destacaron a importancia de Santiago coma “centro de referencia” en Europa e España sobre estes temas. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración
Inmigrantes superan aos retornados
Por primeira vez, a chegada de inmigrantes estranxeiros a Galicia superou a chegada de emigrantes retornados, sendo esta cifra dun 305% en catro anos, situándose en 9.571 inmigrantes fronte aos 8.435 españois retornados. Estas informacións despréndense do estudio sobre a Inmigración en Galicia presentado na Coruña polo Conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal. O estudio tamén informa da diferencia na idade dos inmigrantes estranxeiros cara os emigrantes retornados, sendo os primeiros os que veñen con idades comprendidas entre os 25 e os 39 anos, correspondente aos anos de búsqueda de emprego, mentres os emigrantes retornados ubícanse entre os 55 e os 69 anos, na idade da xubilación. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración-Emigración
Programas para os inmigrantes e emigrantes retornados
A Consellería de Emigración e Cáritas de Santiago asinarán un convenio para o financiamento dunha iniciativa de 185.000 euros destinada a ofertar 8 pisos de acollida e 50 ofertas de emprego en dereito, educación e traballo social dirixidos aos inmigrantes e emigrantes retornados nas localidades de Santiago, Ames, A Coruña, Pontevedra e Vilanova de Arousa. Do mesmo xeito, se informará aos inmigrantes e emigrantes retornados sobre a súa situación xurídica e os trámites administrativos necesarios para obter os permisos de residencia, traballo, visados, nacionalidade, etc, así coma servizos para construir redes sociais de vida comunitaria. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cooperación
ONG galega cooperará en América Latina
Un total de 17 mozos galegos membros da ONG “Amarante” realizarán traballos de cooperación en proxectos de axuda ao desenvolvemento en Brasil, Nicaragua e Ecuador nos meses de xullo e agosto, vinculados aos campos da sanidade, o traballo social e a educación. No Brasil viaxarán a campamentos do Movemento dos Sen Terra, MST, ademais de Sao Paulo e Salvador de Bahía. En Nicaragua estarán na cidade de Río San Xoan e en Ecuador viaxarán a Quito para traballar nunha cooperativa agrícola. (Fonte: El Correo Gallego).

Solidariedade
Material escolar para os nenos arxentinos
O coruñés Carlos Salas, colaborador de Radio Voz, entregou mais de oitenta quilos de material escolar coma donativo de diversas empresas coruñesas para un colexio da localidade arxentina de Coronel Suárez. Salas xa realizou unha acción similar no ano 2002 en Côte d’Ivoire e o ano pasado no Sáhara. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Marítima
UE financia proxecto da Plataforma Salvaterra-As Neves
O proxecto da Plataforma Loxística Industrial de Salvaterra-As Neves recibiu tres millóns de euros de Bruxelas para a realización de estudios e proxectos de infraestructura da área industrial. O proxecto conta coa colaboración e a promoción da Autoridade Portuaria e Consorcio da Zona Franca de Vigo, ademais da Xunta e o goberno central. (Fonte: El Correo Gallego).

Demografía
Santiago, crecemento negativo
Segundo a Oficina de Estatística da UE, Santiago de Compostela experimenta un crecemento poboacional negativo do 0,1%, converténdose nunha das cidades europeas onde mais habitantes se perden. Dende o ano 2001, Santiago perdeu 1.200 persoas. As razóns concéntranse na ausencia dun tecido industrial potente, o elevado número das defuncións, o aumento da emigración e o encarecemento da vivenda. (Fonte: El Correo Gallego).
25/06/2004
Economía
O escepticismo domina a crise da naval Izar Fene
No seo do comité de empresa da naval Izar Fene, o escepticismo impónse en torno ao futuro da empresa, despois da avaliación feita polo comité interministerial ante as queixas de Bruxelas sobre a devolución que a empresa debe facer dos fondos europeos ilegais. Segundo o informe, a viabilidade dos asteleiros depende dunha forte demanda militar e da capacidade de captación de oportunidades no mercado civil. Informacións coñecidas aseguran que a OECD prevé unha crise no sector naval a longo prazo xa que no mundo existen máis asteleiros dos necesarios. Do mesmo xeito, asegúrase que dende Bruxelas se esixiu a España a reducción da producción dos asteleiros como condición para a entrada na CEE en 1986. Por outra banda, o voceiro do BNG, Francisco Rodríguez, pediu explicacións ao goberno sobre a posibilidade de que no plan que elaborase sobre Izar esté contemplada a posibilidade de privatización da empresa. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca
A NAFO pide baixar o tope de fletán
Os científicos da NAFO (Organización de Pesquerías do Atlántico Norte) fixeron a súa última revisión da biomasa do fletán e chegaron á conclusión de que non existe melloría nos stocks da especie, que sigue en niveis moi baixos, polo que é necesario reducir o total admisible de capturas nunhas 19.000 toneladas. Esta medida afecta dun xeito considerable á producción galega e ás súas capturas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura
Intercambio musical Galicia-Rusia
O rector da universidade Estatal Aberta Pedagóxica Scholojov de Moscova, Yuri Krouglov, visitou Galicia coa finalidade de desenvolver os contactos establecidos coa Academia Superior de Música Komitas, que dirixe en Santiago de Compostela a armenia Marina Shamagian. Neste apartado, esperan contar coa colaboración da Consellería de Emigración, durante a reunión que manterá co secretario xeral dese organismo, Antonio Díaz Otero. (Fonte: El Correo Gallego).

Educación
Homologación de títulos universitarios con América Latina
A reunión do consello asesor internacional de Universia na Universidade de Santiago de Compostela, reuniu a máis de 20 rectores de España e América Latina, onde discutiron a necesidade de avanzar na homologación de títulos universitarios a ambolos lados do océano Atlántico. Na reunión tamén estivo presente o presidente do Grupo Santander, Emilio Botín. Universia é unha rede que agrupa a 750 universidades en España, Portugal, México, Venezuela, Porto Rico, Perú, Brasil, Chile, Arxentina e Colombia. As universidades galegas son titulares do 3,5% do capital social de Universia. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal
Loita transfronteriza contra o narcotráfico
O director xeral nacional adxunto do departamento de estupefacientes de Portugal, Xosé Braz, visitou Ferrol para reunirse co comisario xeral da Policía Xudicial, Juan Antonio González, coa finalidade de acelerar a cooperación transfronteriza na loita contra os xefes do narcotráfico, ante a chegada do iate “Revoleo”, atrapado con 570 quilos de cocaína. (Fonte: La Voz de Galicia).

Sociedad
Europa galardona o plan galego de cancro de mama.
Segundo Xoaquín Mosquera Osés, coordinador do programa galego de detección precoz do cancro de mama, este plan será o primeiro en España en obter a acreditación europea de calidade. Mosquera Osés fixo esta declaración no marco das xornadas “Cancro de mama, presente e futuro”, organizadas pola Fundación María Xosé Xove. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía
Galicia reduce a súa presenza en Alemaña
Segundo María Lourdes Loureda, delegada do Instituto de Comercio Exterior de Galicia, a presenza das empresas galegas en Alemaña reduciuse nun 38% dende o ano 2002, no que existían 71 empresas galegas naquel país, ata chegar ás 44 que se rexistraron no 2003. Nembargantes, as exportacións galegas ao país xermano foron en aumento, cifrándose no 2003 en 662 millóns de euros, 40 millóns máis que o ano anterior, mentres que as importacións baixaron, calculándose en 466 millóns de euros no 2003, 60 millóns menos que en 2002. A balanza comercial é favorable a Galicia cunha taxa de cobertura do 141%. Alemaña é o quinto mercado mais importante para a economía galega, e os productos galegos de exportación limítanse á industria do automóbil e accesorios, carne e hortalizas, electrodomésticos, conservas e granito. (Fonte: La Voz de Galicia).
24/06/2004
Cooperación
Modelo do voluntariado para Brasil
A Xunta de Galicia levará a Brasil o seu modelo de voluntariado en catástrofes ambientais que xa aplicara durante a crise do Prestige, como un exemplo de cooperación nun país onde, segundo a directora xeral de Voluntariado María Xosé Bravo, “non existe a figura do concepto de voluntario”, xa que “son as empresas químicas e petroleiras as que crean o seu propio persoal de emerxencia para catástrofes”. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración
Aumenta alumnado inmigrante en Galicia
Segundo o informe do Consello Escolar de Galicia Inmigración e escola, o alumnado inmigrante aumentará no próximo curso escolar e chegará a sumar 7.000 alumnos procedentes de países estranxeiros, a maioría de Iberoamérica. Outros proceden de países do Leste de Europa e África, constituíndo o 12% do alumnado. Segundo o conselleiro de Educación, Celso Currás, esta realidade creará certos problemas nos centros educativos “facendo recaer neles as crecentes demandas sociais derivadas da diversidade cultural e incrementando o risco de formación de guetos escolares”, polo que pediu maiores políticas educativas interculturais. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
Xacobeo made in USA
Anselmo Millán Castelo, un emigrante galego nos EEUU orixinario de Palmeira (Riberia) e primeiro conselleiro hispano na cidade de Harrison, está a organizar unha expedición para gañar o Xubileo desde Viana do Castelo. Millán Castelo creou en 1999 a asociación Xacobeo USA, xunto a unha coalición de catorce asociacións de emigrantes hispanos e portugueses, para promocionar o Xubileo nos EEUU e axudar aos emigrantes hispanos en cuestións legais. Estímanse que uns 90.000 hispanos, o 80% deles galegos, viven en Nova York, Nova Jersey, Washington e Carterete. (Fonte: El Correo Gallego).

Negocios
Caixanova internacional
O director xeral da entidade bancaria, Julio Fernández Gayoso, explicou as liñas básicas do proxecto de traballo futuro de Caixanova, na que continuará a súa expansión non só noutras comunidades españolas senón no exterior. É por iso que Caixanova xa decidiu a apertura das oficinas en Sao Paulo, Santiago de Chile e París. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía
Acusan ao goberno de Aznar de entorpecer crisis de Izar
Segundo varios documentos oficiais, utilizados polo BNG, o gabinete presidido polo ex presidente José María Aznar, desestimou varias peticións, recordatorios e requerimentos de información formulados desde Bruxelas a principios do 2000 e finais do 2002, sobre os fondos ilegais utilizados pola empresa naval Izar, polo que os dirixentes comunitarios sospeitaban da actuación do goberno español. (Fonte: La Voz de Galicia).
23/06/2004
Unión Europea-Eleccións
Incerteza no euroescano do BNG
Dúas semanas despois das eleccións europeas, a incerteza domina a situación sobre o euroescano de Camilo Nogueira e o seu partido, o BNG, que podería converterse no número 24 da lista do PP. Á espera de que a Xunta Electoral Central eleve a definitivos os resultados do escrutinio dos votos, o BNG insiste na denuncia sobre as "manobras de despacho" que está realizando o PP, sobre todo naquelas Xuntas Electorais Provinciais onde o BNG non dispón de interventores que poidan contrarrestar os recursos dos "populares". (Fonte: www.vieiros.com).

Economía
Salarios galegos por debaixo da media da UE
Segundo un estudio das profesoras Ánxela Troitiño, Xulia Guntín e Carmela Sánchez, facendo uso das estatísticas do Panel de Fogares que utiliza a Comisión Europea para coñecer os datos do mercado de traballo, detéctase un desprazamento dos salarios percibidos polos traballadores galegos que se sitúan por baixo da media da UE e España. De feito, o ano 1994, o salario anual neto dos traballadores galegos era o 75,82% da media comunitaria, no 2001 supón o 64,39%. Segundo a renda dispoñible equivalente en paridades no ano 2001, o poder de compra dos fogares da rexión do Noroeste é un 15% inferior ao do conxunto dos fogares españois e un 26% inferior ao do conxunto da UE. (Fonte: www.vieiros.com).

Menos inversión sen fondos europeos
Unha enquisa do profesor Alfonso Utrilla de la Hoz, da Universidade Complutense, publicado polo Ministerio de Economía e Facenda, señala que a Xunta de Galicia reducirá nun 56% a súa inversión no caso de quedarse sen fondos europeos. Utrilla explica que Galicia, a partir do 2007, quedará na fronteira das rexións europeas que perderán fondos estructurais, con perdas na inversión autonómica superiores a 3.000 millóns de euros. (Fonte: La Voz de Galicia).

Prudencia respecto dos fondos europeos
O conselleiro de Economía, José Antonio Orza, explicou que sería “precipitado” que a Xunta de Galicia adoptase algunha posición cara a posible reducción dos fondos estructurais europeos, previsto alén do ano 2007. O conselleiro asegurou que aínda non hai nada confirmado ao respecto. (Fonte: El Correo Gallego).

Modelo europeo para a Pesca
As decisións políticas da Consellería de Pesca contarán co aval científico trala creación do Comité Científico Galego de Pesca, integrado por once investigadores baixo o mando da directora xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. O novo centro semella ao Comité Científico, Técnico e Económico da Pesca (STECF) da Comisión Europea. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal
Vía rápida Ourense-Portugal
O conselleiro de Política Territorial, Núñez Feijoo, presentou en Celanova o proxecto de vía que unirá Ourense con Portugal en 50 minutos a partir do 2007. A obra, denominada Rías Baixas-Celanova-fronteira portuguesa, executarase en catro fases e terá un custo de inversión de 61 millóns de euros. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).

Ciencia
A Ribeira coma experiencia biolóxica
Catro científicos procedentes de EEUU, Suiza e Holanda instalaronse na localidade de Palmeira, en Ribeira, para iniciar estudios biolóxicos sobre os lagartos da illa dos Ratos, coa finalidade de estudiar a relación entre a copulación e a agresividade humana. (Fonte: El Correo Gallego).
22/06/2004
Unión Europea-Pesca
A UE limita as competencias da futura Axencia de Control Pesqueiro
Na reunión levada a cabo en Luxemburgo entre os ministros de Agricultura e Pesca de Unión Europea, se aprobou a iniciativa do comisario Franz Fischler de crear a Axencia de Control Pesqueiro que terá coma sede Vigo. Nembargantes, a pesar de que a Axencia terá coma responsabilidade a coordinación dos plans de inspección de tódolos Estados membros, a maioría dos países insistiron en limitar as funcións da Axencia, advertindo que a mesma non podería violar a súa soberanía. Tamén se acordou que a frota galega poderá faenar na zona das augas irlandesas do “Irish box”, aumentando nun 60% o esforzo pesqueiro de Galicia. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).

Pesca
Cooperación Galicia-Canadá
Nun esforzo por acercar posicións, a delegación galega encabezada polo Conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, iniciou unha visita a Québec, Nova Escocia e Terranova en Canadá, coa finalidade de iniciar negociacións pesqueiras. Na primeira sesión os delegados galegos reuníronse co director xeral de Relacións Internacionais, Guy Beaupre, e responsable rexional de Québec do Ministerio de Pesca, Daniel Carón. (Fonte: El Correo Gallego).

Apreixado palangreiro galego en Namibia por pesca ilegal
O palangreiro galego Jorge Alonso Martínez, de 24 anos e patrón do buque de pesca Maral, foi apreixado polas autoridades namibias baixo acusación de pescar ilegalmente nas augas xuridiccionais do país africano. Martínez deberá permanecer detido ata o 1 de xullo, data na que foi fixada a vista oral do caso, tralo aprazamento do xuízo pedido polo fiscal. (Fonte: La Voz de Galicia).

Ambiente
A Xunta aplicará Protocolo de Kyoto
A partir de xaneiro de 2005, a Xunta de Galicia xestionará os permisos de emisión de dióxido de carbono nas industrias contaminantes de Galicia, unha medida destinada a afianzar a aplicación do protocolo de Kyoto. A medida afecta a dúas factorías: a de xeración eléctrica de carbón de Endesa-As Pontes e a factoría de producción de cemento Corporación Noroeste-Cosmos en Sarria. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía
Estratexia urxente para devolver fondos europeos a Izar
Nun intento por solucionar a crise do grupo do sector naval e asteleiro Izar, que afecta á súa factoría en Ferrol, unha comisión delegada do goberno para Asuntos Económicos está a estudiar un informe sobre a nova estratexia que o goberno adoptará para poder recuperar as axudas europeas recibidas polos asteleiros públicos entre 1999 e 2000, consideradas ilegais por Bruxelas. (Fonte: El Correo Gallego).

Prestige
Grecia repatriará ao capitán Mangouras
O capitán do Prestige, o grego Apóstolos Mangouras, podería voltar ao seu país de orixe, tras ano e medio de cárcere e liberdade condicional, xa que os seus avogados presentaron un compromiso por escrito do Goberno grego ante a Audiencia Provincial de A Coruña, no que se responsabilizarían da situación procesal de Mangouras ata que deba voltar a España cando se fixe a data do xuízo oral. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración
Marroquís senten rechazo tralo 11-M
Nun acto de convivencia entre marroquís e galegos auspiciado pola Asociación Cultural de Amizade Galego-Marroquí, a Fundación Paz e Solidariedade, de CC OO, e o Centro para Traballadores Estranxeiros do sindicato, no que participaron tamén Nora El Amrani e Isabel Quintáns, o colectivo inmigrante fixo saber a súa inquietude pola crecente reacción de “receo e desconfianza” que se está creando na opinión pública tralos atentados de Madrid do 11-M, e que tamén se reflicte na súa dificultade para o aluguer de vivendas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura
Un galego entre os mellores editores en Psicoloxía Industrial
O profesor Jesús F. Salgado, do Departamento de Psicoloxía Social e Básica da Universidade de Santiago, e director da revista International Journal of Selection and Assesment, foi cualificado polo ISI Journal of Citation Reports 2003, como a segunda mellor publicación de Psicoloxía Industrial e Organizacional a nivel mundial. A revista é tamén editada pola Universidade de Oxford. (Fonte: El Correo Gallego).

Premio Nobel de Medicina en Galicia
O xaponés Susumu Tonegawa, Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina, visitou A Coruña para participar nas xornadas sobre museos científicos dirixidas polo profesor Ramón Núñez. Na súa exposición, Tonegawa asegurou que o fármaco que logre mitigar o mal de Alzheimer podería chegar en dez ou vinte anos. (Fonte: El Correo Gallego).
21/06/2004
Unión Europea-Pesca
Vigo na reunión da UE sobre Pesca
A reunión dos ministros de Pesca da UE en Luxemburgo buscará a fórmula para aplicar as novas normativas sobre o acceso ás augas do noroeste europeo, e tamén sobre a creación da futura Axencia Europea de Control Pesqueiro en Vigo. A ministra española de Pesca, Elena Espinosa, declarou que a sua intención é que o novo organismo teña máis funcións cas xa propostas pola Comisión Europea, no relacionado co orzamento (5 millóns de euros para o seu primer ano) e de persoal. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
Emigración galega en franca caída
Unha notoria diminución da emigración de cidadáns galegos ao exterior estase a experimentar nestes momentos. Tan só 2.118 galegos, 509 deles da provincia de Pontevedra, emigraron ao estranxeiro, sendo principalmente países da Unión Europea o seu destino, seguido de EEUU, África, Oceanía e Asia. Nembargantes, o aumento da inmigración estranxeira a Galicia aumentou considerablemente, converténdose nun dos principais fenómenos de maior incidencia na sociedade galega. O ano pasado chegaron a Galicia 9.422 estranxeiros, dos que 3.672 instaláronse na provincia de Pontevedra, principalmente Vigo. Uns 2.500 deles son sudamericanos, o que fai deles a comunidade inmigrante maioritaria. O 30% proveñen de Europa e África. Tamén existen uns 6.000 estranxeiros ilegais só en Vigo. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura
O fútbol galego, protagonista dun filme europeo
Nunha coproducción da Televisión de Galicia, coa colaboración da productora galega Filmanova e a alemá Moneypenny Filmproduktion, finalizou en Santiago de Compostela a filmación de Galatasaray-Depor, un filme que narra as peripecias dunha muller de negocios en Moscova, un excursionista en Istambul, un peregrino húngaro en Santiago e unha parella francesa en Berlín. O fio conductor destas personaxes é o fútbol, daí a referencia aos equipos do Galatasaray turco e o Deportivo galego. O filme contou coa participación do célebre actor galego Luis Tosar. (Fonte: El Correo Gallego).
20/06/2004
Unión Europea-Pesca
Pesca galega contribúe a fortalecer o liderazgo europeo
Segundo estimacións da FAO, a Unión Europea lidera os mercados mundiais de rodaballo e merluza gracias ás súas granxas instaladas en Galicia, o que contribúe ao aumento da producción pesqueira europea ata o 2010, data na que se considera que a UE atinxirá o seu máximo de producción. (Fonte: La Voz de Galicia).

Pesca
Piden pechar pesquería de merluza na Arxentina
Varios buques de capital galego poderíanse ver afectados pola declaración formal solicitada pola Cámara de Deputados da Provincia de Buenos Aires de pechar unha pesquería de merluza na área de norte do paralelo 48, alegando os riscos que isto tería na sustentabilidade dos bancos de merluza hubbsi. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración
Obradoiros de emprego para inmigrantes
A Casa Latinoamericana de Galicia, co apoio da Xunta, organizará na sua sede en Santiago de Compostela uns obradoiros de busca de emprego dirixidos aos inmigrantes, coa finalidade de facilitar a súa inserción no mercado de traballo. A Casa Latinoamericana tamén ten programas de axuda para emigrantes retornados a fin de favorecer a sua integración social. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura
O Arcebispo Rouco Varela, enviado especial da Peregrinación europea dos mozos
O Arcebispo de Madrid e Presidente da Conferencia Episcopal, o galego Antonio María Rouco Varela, foi elixido polo Vaticano como enviado especial nas celebracións finais da Peregrinación Europea dos Mozos, que terá lugar en agosto en Santiago de Compostela. A Peregrinación, que reunirá a uns 50.000 xóvenes, ten como finalidade reafirmar as raíces cristiás europeas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Órgano de Santa Clara recupérase en Inglaterra
Gracias aos traballos de restauración dos organeiros Martin Goetze e Dominic Gwynn no seu taller en Welbeck, Inglaterra, o tradicional órgano do convento de Santa Clara estase a recuperar con vistas a regresar en breve a Galicia. O popular instrumento foi construido a fins do século XVII e para a súa restauración a comunidade de Santa Clara realizou pedidos a catro empresas europeas. (Fonte: El Correo Gallego).
19/06/2004
Pesca
Galicia e Canadá reforzan relacións pesqueiras
O conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, Enrique López Veiga, o director xeral de Estructuras e Mercados da Pesca, Andrés Hermida, e o subdirector xeral de Cooperación Pesqueira Internacional, Xosé Molares, viaxaron a Canadá coa finalidade de profundizar os contactos coas autoridades pesqueiras daquel país e evitar futuros conflictos nas augas da NAFO, en especial o que corresponde coa frota galega do fletán. López Veiga informou que non cree que este conflicto quede solucionado a finais de ano e manifestou a súa intención de renegociar un aumento das cotas de capturas galegas para o 2006. Noutra orde de ideas, o director xeral Hermida manifestou que as posibilidades de Galicia de faenar nas augas de Islandia aínda son poucas. (Fonte: El Correo Gallego e La Voz de Galicia).

Cooperación
Experiencia sanitaria galega para Latinoamérica
Galicia exportará o modelo sanitario do SERGAS a diversos países latinoamericanos, segundo o conselleiro de Sanidade, Xosé María Hernández Cochón, quen informou desde Washington, onde dictou unha conferencia sobre o modelo sanitario galego. Por outra banda, o conselleiro de Sanidade e o director xeral de Saúde Pública, Jorge Suanzes, reuníronse coa directora da Organización Panamericana da Saúde, OPS, Mirta Roses, para ultimar o contido do novo convenio asinado pola Xunta de Galicia coa OPS, que terá vixencia de catro anos. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
Baiona será sede dun curso sobre América Latina
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI, e a Universidade Internacional Menéndez Pelayo, celebrarán entre o 13 e o 15 de setembro en Baiona un curso sobre o renacer económico e político de América Latina, coa participación de Joaquín Estefanía, Guillermo de la Dehesa e Fernando González Laxe. O acto de presentación contou coa participación do alcalde de Baiona, Luis Carlos de la Peña, o director do IGADI, Xulio Ríos, e o delegado da Universidade Menéndez Pelayo, Xosé Fortes Bouzán.

O coste de protexer a Galicia das mareas negras
No marco da presentación do libro “Efectos económicos, sociais e ambientais das mareas negras de Prestige”, o profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, Albino Prada, explicou que protexer a Galicia e o resto das costas europeas de futuras mareas negras “tería un impacto final no prezo do carburante dun 2%, quince veces menos do que as gasolinas subiron neste ano polo efecto da guerra de Iraq”. O libro, editado polo Consello de Cultura Galega e a Asociación Hispano Portuguesa de Economía de Recursos Naturais e Ambientais, tamén conta coa participación dun equipo de seis economistas norteamericanos encabezados polo profesor da Universidade de San Diego de California, Richard T. Carson. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración
Vigo, imán de atracción inmigrante
Segundo o padrón municipal de Vigo, a orixe do 3,6% da poboación que convive na maior cidade galega procede de mais de 100 países desde EEUU ata Australia. No que se refire a inmigración latinoamericana, esta aumentou nun 20% en cinco anos, mais de 6.000 persoas no último lustro, a maioría procedentes de Arxentina, Colombia, Uruguai, Venezuela e Brasil. Nembargantes, os demógrafos estiman que a partir do 2005 o fenómeno inmigratorio comezará a diminuir. (Fonte: La Voz de Galicia).
18/06/2004
Unión Europea-Eleccións
O BNG conserva o seu escano europeo
Tralo reconto de votos no Censo de Residentes Ausentes, CERA, o candidato polo BNG, Camilo Nogueira, logrou conservar o seu desputado escano no Parlamento europeo en Estrasburgo, ao obter a coalición Galeusca uns 7.000 votos mais dos necesarios. O reconto de votos confirmou a supremacía do PSOE no voto emigrante nas eleccións europeas. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Política Lingüística
O galego só queda nun “compromiso” en Europa
O artigo IV.10 do bosquexo de Constitución Europea, aprobado pola presidencia irlandesa da UE, deixou fóra o dereito a dirixírense os cidadáns en galego ás institucións europeas, pero decidiu asumir un compromiso político para que a partir de agora a Unión Europea sexa máis sensíbel coas linguas subestatais. No artigo deste bosquexo dánselles plenos dereitos ás 20 linguas oficiais -incluído o gaélico- e, nun segundo parágrafo, outórgaselle a calquera dos estados o dereito a traducir a Constitución ás linguas que sexan "oficiais en parte do territorio estatal". (Fonte: www.vieiros.com).

Galicia-Emprego
Man de obra extranxeira para Galicia
O conselleiro de Economía, Xosé Antonio Orza, afirmou durante un acto público que Galicia comeza a perder peso no referente ao capital humano e, polo tanto, necesitaría da importación de man de obra foránea, sobre todo no sector da agricultura, para paliar o problema demográfico a teor do envellecemento da poboación galega. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca
Pescanova en auxe a nivel mundial
Segundo sinalou o presidente da empresa galega, Manuel Fernández de Sousa-Faro, Pescanova é a única das dez primeiras empresas mundiais no sector de conxelados que logrou incrementar os seus beneficios e capturas. Do mesmo xeito, afirmou os novos proxectos da empresa no sector da acuicultura, un sector que segundo a FAO está a crecer cada vez mais, xa qu o consumo de pescado no mundo aumentou nun 44%. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade
Os galegos “amables, tenaces e cerrados”
Nunha enquisa levada a cabo a nivel mundial polo portal de Internet Yahoo revela a percepción que se ten dos galegos no mundo, así como das outras nacionalidades. A maioría dos cibernautas calificaron aos galegos como “amables, cerrados, conformistas, rudos e tenaces”. (Fonte: La Voz de Galicia).

As orixes celtas de Galicia
Segundo Miguel Pocoví, profesor de Bioloxía Molecular na Universidade de Zaragoza, tras facer un estudio do xen LDL (responsable da hipercolesterolemia familiar) en 200 mutacións, revélase unha enorme incidencia en Galicia do xen Apo B 3500, cuxa mutación ten mais de 6.000 anos e que é orixinaria de Europa central, Gran Bretaña e Irlanda, onde asentaron os pobos celta e suevo. (Fonte: La Voz de Galicia).
17/06/2004
Unión Europea-Eleccións
PSOE logra inesperado triunfo co voto emigrante
Mentres o candidato polo BNG, Camilo Nogueira, encóntrase en vilo no reconto de votos emigrantes, para saber se conserva ou non o seu escano no Europarlamento, o partido socialista logrou unha importante victoria cos votos da emigración. No seo do PSOE consideran que os votos emigrantes poideron ser favorables ante a decisión do goberno de Zapatero de retira-las tropas en Iraq, o cal foi moi ben acollido na diáspora galega en Arxentina e Francia. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca
Fortalecer Axencia de Control Pesqueiro
A ministra de Agricultura e Pesca, Elena Espinosa, pedirá aos seus colegas en Luxemburgo a partir do luns 21, unha constancia por escrito de que a sede da futura Axencia Europea de Control Pesqueiro quede asentada en Vigo. Do mesmo xeito, a ministra Espinosa pedirá que o organismo teña competencias adicionais, inclusive académicas, como a formación dun corpo de inspectores. O eurocomisario da Pesca, Franz Fischler, presentará a súa proposta de regular o funcionamento do organismo, con 49 funcionarios, a partir de xaneiro de 2006. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Marítima
Bruxelas carga contra Izar
Dende Bruxelas, Tilman Luder, voceiro do comisario europeo de Competencia, afirmou que a Comisión Europea, trala advertencia realizada ao goberno español, non autorizará mais axudas públicas aos asteleiros da empresa naval Izar ata que non devolvan as que foron declaradas como ilegais polo Executivo comunitario. As axudas ilegais que Izar debe devolver calcúlanse en 308 millóns de euros, percibidas entre 1999 e 2000. O goberno español intentará mediar ante a Comisión para evitar a creba do grupo Izar. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
Discriminación positiva para os emigrantes retornados
Nunha votación nun Parlamento galego case vacío –só 26 deputados- o lexislativo autonómico aprobou por unanimidade pedir ao goberno medidas de discriminación positiva para os emigrantes retornados e os seus descendentes, e que non sexan tratados coma inmigrantes. Como primera medida, a Cámara galega pedíu a modificación da Lei de Extranxería e que se lles exima de visados para entrar no país. (Fonte: La Voz de Galicia).

Educación
Piden centro de estudios do galego en Brasil
O rector da Universidade brasileira de Ceará, René Barreira, pediu ao presidente da Xunta, Manuel Fraga, a creación dun centro de estudios galegos naquela universidade. Por outra banda, o conselleiro de Educación, Celso Currás, visitou Inglaterra, coa finalidade de coñecer o estado dos colexios españois e os proxectos que alí se levan a cabo. O conselleiro estivo nas cidades de Birmingham, Oxford e Londres. (Fonte: El Correo Gallego).

Investigación
Oxford interésase polas minas de Varilongo
Un investigador da Universidade de Oxford púxose en contacto co Concello de Santa Comba para solicitar información sobre as minas de wolframio de Varilongo. O interese do investigador George Van den Bergh sobre a historia do wolframio en Galicia e Portugal na II Guerra Mundial, salienta que o mineral tivera moita demanda nese tempo. (Fonte: La Voz de Galicia).
16/06/2004
Educación
Exámenes en galego na UNED
O Ministerio da Presidencia declarou que “nada impide” a realización de traballos de publicación, investigacións e exames en galego na Universidade Nacional de Educación a Distancia, UNED, reafirmando que este organismo respecta as catro linguas oficiais do Estado. A declaración do ente oficial foi a resposta a unha inquedanza do deputado do BNG, Francisco Rodríguez, sobre o presunto impedimento no uso do galego. (Fonte: El Correo Gallego).

Aumenta o número de Erasmus nas universidades galegas
Un total de 839 xóvenes estudiantes chegaron ás universidades galegas procedentes de varios países europeos, gracias aos programas de estudios Sócrates-Erasmus, no derradeiro curso universitario. O total a nivel nacional estímase en 21.000 estudiantes. No próximo curso, a Universidade de Santiago de Compostela espera enviar ao exterior medio millar de estudiantes. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
Piden non esixir visado aos emigrantes retornados
O Foro de Inmigración reclamou a reforma da Lei de Estranxería, xa que en palabras do voceiro deste organismo, Miguel Fernández, “é moi cerrada, está contra os inmigrantes e o seu nivel de integración é cero”. Propuso que non se esixa aos emigrantes retornados e aos seus familiares o visado para entrar en España, así como a consideración de inmigrantes. Pedíu tamén a descentralización dos continxentes de traballadores que se solicitan a outros países. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca
A UE discutirá sobre a Axencia de Pesca en Vigo
O futuro da Axencia Europea de Pesca comezará a discutirse o luns 21 de xuño en Luxemburgo, cando os ministros europeos de Pesca se reúnan para decidir sobre os traballos e prerrogativas que terá este organismo con sede prevista en Vigo. Pola súa banda, o Club Financiero enviou un comunicado ás administracións central e autonómica reclamando maiores contidos para a Axencia Europea de Control da Pesca. (Fonte: El Correo Gallego).
15/06/2004
Unión Europea-Eleccións
PP e o BNG loitan polo voto emigrante cara o Parlamento europeo
Debido ao excelente resultado do Partido Popular nas eleccións europeas do pasado domingo 13, os populares poderían quedar co escano parlamentario do eurocandidato polo BNG, Camilo Nogueira, en caso de que o voto emigrante, a ser escrutado a partir de mañá, lles dea mais votos que o resultado obtido pola coalición Galeusca, á cal pertence o BNG. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Turismo
Narón espera financiamento da UE para o parque temático
Non será ata setembro cando o concello de Narón saberá se a Unión Europea financiará o parque temático rural en Sedes, segundo Manuel Ramos, concelleiro de Medio Ambiente neste municipio. Ramos explicou que a empresa Agader contratada polo Concello para levar adiante o proxecto, está a rematar un estudio completo do recinto, no que se recreará a vida dunha aldea tradicional, incluso con instalacións deportivas, un planetario e outras atraccións. O parque temático rural terá un costo de dous millóns de euros e o Concello espera que a UE poida financiar a cuarta parte; o demais correrá a cargo dos fondos municipais e a iniciativa privada. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Cultura
A Ruta Xacobea, Gran Itinerario Cultural europeo
O Consello de Europa, con sede en Estrasburgo, distinguiu a Ruta Xacobea coma Gran Itinerario Cultural Europeo, a través dun diploma outorgado á Consellería de Cultura, nas mans da xerente de Promoción do Camiño de Santiago, María José Dopico. Ao acto, celebrado no Palacio de Europa de Estrasburgo, asistiu o secretario xeral do Consello de Europa, o austriaco Walter Schwimmer, quen considerou que o Camiño de Santiago recolle tódolos requisitos establecidos no Reglamento de Itinerarios Culturais. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Pesca
Vigo será sede da Axencia Comunitaria de Control da Pesca
Segundo o eurocomisario de Pesca, o austriaco Franz Fischler, a futura Axencia Comunitaria de Control da Pesca, (ACCP), comezará a funcionar en Vigo a partir do 2006, coa finalidade de controlar os buques e os mares comunitarios e o desembarco dos productos da pesca. Pola súa banda, a ministra de Agricultura e Pesca, Elena Espinosa, e a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, tratarán de acordar hoxe en Madrid os obxectivos e o funcionamento da ACCP, para levar unha posición común ao cumio de Luxemburgo a finais de mes. (Fonte: La Voz de Galicia).

Política
Non ao status do galego en Europa
Segundo Brian Cowen, ministro de Exteriores irlandés, país que leva adiante a presidencia rotativa no seo da UE, a discusión sobre a ampliación do recoñecemento das linguas autonómicas, entre as que se inclúen o galego, o euskera e o catalán, “non é necesario” nestes momentos, pero afirmou que pódense utilizar para a traducción dos textos e Tratados da Unión. Deste xeito, España fracasou no seu intento por facer aprobar un recoñecemento destas linguas, e aceptou ao seu pesar esta decisión. Nembargantes, o ministro de Exteriores Miguel Ángel Moratinos, pediu ir mais alá da traducción dos tratados e fixo circular un texto de defensa da diversidade lingüística, aproveitando a discusión da Constitución europea esta semana. (Fonte: La Voz de Galicia).

Educación
Novas titulacións universitarias a carón do modelo europeo
A partir de 2010, tódalas universidades europeas deberán facer conta dun novo modelo, que manterá como obrigatorio cuantificar e determinar o esforzo do alumno e non as horas de docencia. A partir do próximo curso, as universidades galegas aplicarán de maneira experimental este modelo europeo, nas titulacións de Dereito, Filoloxía (nas áreas de Filoloxía inglesa, galega e española), Enfermería e Bioloxía. (Fonte: La Voz de Galicia).

A USC, líder español nas Becas Europracticum
A Universidade de Santiago de Compostela é líder en España na consecución de Becas Europracticum, gracias ás máis de cen prazas outorgadas no derradeiro curso pola Axencia Nacional Leonardo dirixidas a estudiantes que queran realizar prácticas remuneradas nos diferentes países europeos, cunha axuda aproximada de 2.500 euros. (Fonte: El Correo Gallego).
14/06/2004
Unión Europea-Eleccións
Pleno galego nas eleccións europeas
Os candidatos galegos dos principais partidos políticos lograron os seus obxectivos de ou ben manterse nos seus postos no Parlamento europeo ou ben acadar novas posicións. O candidato polo BNG e a coalición Galeusca, Camilo Nogueira, e o abandeirado polo Partido Popular, Daniel Varela, conservaron os seus postos en Estrasburgo, a pesar dos magros resultados conseguidos polo BNG nestas eleccións. Por outra banda, os candidatos socialistas Rosa Miguélez e Antolín Sánchez Presedo e os populares Carmen Fraga e Francisco Millán Mon, tamén alcanzaron os seus obxectivos electorais. O PP conservou o seu dominio na política galega tras estas eleccións, onde a abstención electoral foi a protagonista, superando o 50%. (Fonte: El Correo Gallego).

Cooperación
Irmandade Galicia-Vietnam
O alcalde da vila de Oleiros Ángel García Seoane, manifestou ante o embaixador da República Socialista do Vietnam, Nguyen Xuan Pong, a sua vontade de propiciar o irmanamento entre a vila de Oleiros e algunha cidade vietnamita, durante unha conferencia sobre a historia deste país realizada polo embaixador da nación asiática. A intención é propiciar a industria do turismo ecolóxico neste país, a mercede das suas bondades en praias e bosques autóctonos. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
O “debate Matamoros” na BBC
A noticia da intención do Cabildo catedralicio de Santiago de Compostela de substituir a imaxe de Santiago Matamoros de Brocos por outra imaxe do Apóstolo Peregrino, deu a volta o mundo. A cadena BBC en Londres recolle esta polémica nunha entrevista co canónigo da basílica compostelán, Alejandro Barral, onde afirma que a decisión da substitución xa fora tomada hai moitos anos. (Fonte: El Correo Gallego).
13/06/2004
Unión Europea-Eleccións
Máis de dous millóns de galegos votarán nas eleccións europeas
Uns 2 millóns 600 mil galegos están censados para as eleccións europeas do domingo 13 de xuño, 78.687 mais respecto ás eleccións do ano 1999. Seis galegos teñen opcións de ser elixidos para o Parlamento europeo: Camilo Nogueira polo BNG, formando parte da coalición Galeusca-Europa dos Povos; os socialistas Antolín Sánchez Presedo e Rosa Miguélez; os populares Carmen Fraga e Francisco Millán Mon, e o tamén popular Daniel Varela, o único que busca a reelección xunto a Nogueira e Miguélez. (Fonte: El Correo Gallego).

Negocios
Albariño de clase mundial
O director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, afirmou na radio galega que o viño Albariño é “o mellor viño branco do mundo” pero que persisten as dificultades da sua comercialización e, polo tanto, “non sabemos vende-lo fóra”. Fernández Gayoso anunciou a intención da entidade financeira de traballar co sector vinícola galego coa intención de “fomentar a comercialización deste producto de altísima calidade, xa que a capacidade de xerar riqueza é inmensa”. (Fonte: El Correo Gallego).

Textil
Caramelo á conquista da Europa
No marco do plan estratéxico 2003-2007 do grupo Caramelo, dotado de 30 millóns de euros, o obxectivo prioritario da empresa textil é a consolidación das súas marcas no mercado europeo. É por iso que a empresa seleccionou A Coruña coma o centro para presentar a súa liña CRMJ para o mercado europeo e mundial, coa finalidade de expandir a marca en Galicia e intentar abordar o mercado europeo, onde esperan poder facturar preto de 150 millóns de euros nos próximos tres anos. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
A UE penaliza a gandería galega
Unha histórica penalización do 45% da prima por animal acaba de impoñer a Unión Europea aos gandeiros galegos, os cales concentran o tercio da cabana do vacún en España. A medida permitirá percibir soamente o 56,48% da prima por animal aos que a teñan solicitado e gocen do dereito á mesma. (Fonte: El Correo Gallego).

Lavacolla busca afondar a internacionalización aérea
A terminal aérea de Santiago de Compostela espera poder contar coa participación de Air Berlín a finais de ano, coa finalidade de que a línea área alemaña logre instalarse no aeroporto de Lavacolla. As negociacións da Xunta de Galicia con Air Berlín, Iberia, Spanair, Air Europa e Ryanair, buscan proxectar no exterior o aeroporto compostelán con motivo do Ano Santo e chegar ao teito de 1.600.000 pasaxeiros. Do mesmo xeito, Santiago estase a consolidar nunha alianza similar co aeroporto da cidade portuguesa de Porto. (Fonte: El Correo Gallego).
12/06/2004
Emigración
Microcréditos para emigrantes empresarios
A Fundación Galicia Emigración e Caixanova acordaron colaborar para a facilitación de microcréditos para proxectos empresariais destinados aos emigrantes retornados que teñan dificultades no acceso a financiación bancaria por non ter avais e garantías. O presidente da Xunta, Manuel Fraga, e o director xeral de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, asinaron o convenio o venres 11. Fraga destacou que no ano 2003, a colaboración entre Caixanova e a Consellería de Emigración permitiu a 110 emigrantes retornados e inmigrantes o acceso aos programas de apoio a pequenas e medianas empresas. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
Homenaxe en Padrón aos membros da Ruta Quetzal
O alcalde de Padrón, Jesús Villamor, anunciou que obsequiará cun diploma, un bastón e unha concha de peregrino, aos 400 rapaces de todo o mundo que participan na chamada Ruta Quetzal. Os mozos teñen previsto chegar a Padrón o 23 de xullo, procedentes de México e Lisboa. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima
Plan de recuperación da cigala galega
O Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM) advertiu da necesidade de aplicar “canto antes” un plan de recuperación dos recursos da cigala nos caladoiros ibéricos, especialmente no norte de Galicia e o mar Cantábrico. A CIEM, organismo que aconsella á Comisión Europea sobre os caladoiros do Atlántico Norte, explicou que o desembarco de captura de cigalas nestes lugares son baixos. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Marítima
A UE non endurece as leis contra os buques contaminantes
Tralos casos do Erika e o Prestige, os ministros de Transporte da UE acordaron as sancións referintes á contaminación do mar,feito catalogado pola vicepresidenta da Comisión Europea, Loyola de Palacio coma “moi mínimo” e lonxe do que se esperaba. España, Francia, Portugal e Italia apoiaban a Comisión na súa medida de endurecer as leis, mentres Dinamarca, Grecia e o Reino Unido opoñíanse a endurecer as medidas contempladas nas normas actuais. (Fonte: El Correo Gallego).
11/06/2004
Informática
Windows en galego
Os usuarios do sistema informático Windows xa poderán descarga-lo gratis no idioma galego, gracias ao convenio subcrito entre a Xunta de Galicia e a empresa informática, coa finalidade de desenvolver unha edición do Windows en galego, o cal viña xestionándose dende hai un ano. Segundo o presidente da Xunta, Manuel Fraga, este programa e o paquete presentado de corrector ortográfico 2.mil3 do Office, “é o único revisado e actualizado conforme á normativa da Real Academia Galega”. No acto tamén estivo presente a conselleira delegada de Microsoft Ibérica, Rosa María García. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Eleccións
PSOE: “O BNG é unha forza testimonial en Europa”
Segundo Antolín Sánchez Presedo, candidato número 12 pola lista do partido socialista ás eleccións europeas do 13 de xuño, o nacionalismo galego representado no BNG “é unha forza testimonial en Europa, que non ten carácter determinante”. O candidato socialista tamén explicou que o “BNG concorreu nestas eleccións dentro dunha coalición moi heteroxénea”. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Marítima
A UE propón o requisamento dos buques que causen verquidos intencionais
Coa finalidade de evitar catástrofes similares á do Prestige, desde Bruxelas proponse agora levar a cabo esta medida de requisamento. Nembargantes, Gran Bretaña e Holanda intentan aliviar a proposta mentres Grecia, Malta e Chipre rexeitanna. O goberno español, apoiado por Francia, Portugal, Italia e a Comisión Europea, é partidaria de aplicar unha medida mais severa que inclúa a inmobilización e requisado do buque. (Fonte: La Voz de Galicia).

Política
O galego coma lingua cooficial
O presidente do Senado español, Javier Rojo, afirmou a súa “vontade política” de permitir que o galego e as demais linguas oficiais do Estado sexan usadas no Senado, pedindo aos parlamentos de Galicia, Cataluña e o Pais Vasco a súa colaboración neste sentido. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal
O Xacobeo na Eurocopa de Portugal
A promoción de Galicia e do Xacobeo será a tarefa da Xunta de Galicia, aproveitando o furor da Eurocopa de Fútbol a celebrarse en Portugal. Dous camións articulados que o ano pasado xa recorreran España e varios países europeos para promociona-lo Xacobeo e Galicia coma destino turístico, é utilizado agora para os desprazamentos ás cidades portuguesas de Faro, Lisboa e Porto, onde a selección española xogará os seus primeiros tres partidos da Eurocopa, ante Rusia, Grecia e o anfitrión, Portugal. (Fonte: El Correo Gallego).

Día de Portugal en Vigo
O Día de Portugal, de Camões e das Comunidades Portuguesas, foi celebrado en Vigo, coa presenza das autoridades lusas e galegas. Fíxose unha ofrenda floral no busto de Camões na praza de Portugal, coa actuación do Grupo folklórico San Pedro de Souto. A alcaldesa, Corina Porro, lembrou no acto que na cidade galega residen 4.000 persoas nacidas na veciña Portugal. (Fonte: La Voz de Galicia).

A Ponte da Amizade acerca Galicia con Portugal
A quinta ponte internacional sobre o río Miño, que une as localidades de Tomiño e Vila Nova de Cerveira, entrou en servizo, despois do bautizo realizado polo Consello de Ministros de Portugal e a Xunta de Galicia, co nome de “Ponte da Amizade”. A inauguración fora posposta polo falecemento do cabeza da lista do partido socialista portugués ás eleccións europeas, Antonio Sousa. A ponte completa unha rede de conexións entre o sur galego e o Alto Minho portugués, que xa fora iniciado coa construcción da vella ponte de Tui, inaugurada hai 120 anos. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura
Galego para os nenos inmigrantes
Utilizando coma método os xogos e contos en galego, a asociación ordense de inmigrantes Portas Abertas (Aldipa) comezará antes do próximo curso escolar un obradoiro de galego para os fillos de inmigrantes, coa finalidade de inserta-los no sistema educativo galego e facilitar a súa integración. A sede onde se impartirán as clases terá unha subvención autonómica de 500 euros, ademais de contar co acceso a Internet e unha biblioteca. (Fonte: El Correo Gallego).

Libro en galego obtén exito editorial fora de Galicia
O libro “O armiño dorme”, de Neira Cruz, gañador do premio Raiña Lupa no 2002, está a traspasar as fronteiras galegas. Xa vai pola terceira edición con 6.000 volumes vendidos, e vai tirar do prelo unha nova edición en catalán. Tanto en Madrid como en Barcelona, o libro xa foi recomendado a sendas revistas de literatura infantil e xuvenil e foi seleccionado coma un dos mellores títulos do 2003 pola Fundación Sánchez Rupérez. (Fonte: La Voz de Galicia).
10/06/2004
Educación
Alumnos portugueses para as universidades galegas
Debido á diminución do número de estudiantes nas universidades galegas, os rectores destes centros educativosiniciaron unha campaña de captación de alumnado fora de Galicia, especialmente no norte de Portugal e as comunidades de Asturias, Castilla y León. A caída na matrícula foi unha constante nos últimos anos e para o 2010 calcúlase que haberá cerca de 47 mil estudiantes nas universidades galegas, mentres que no ano 2000 case se chegou aos 100 mil alumnos. (Fonte: La Voz de Galicia).

Inmigración
Vigo e A Coruña, centros dos inmigrantes en Galicia
Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, Galicia absorbe só un 2% da inmigración estatal, sendo as áreas de Vigo e A Coruña as que concentran case a metade (43,27%) dos 53.808 extranxeiros que habitan en Galicia. O municipio de Ribeira de Piquín é o único que non rexistra foráneos en Galicia, mentres a provincia de Ourense é a única onde se rexistra unha grande presenza dos inmigrantes portugueses, neste caso no medio rural, ao contrario dos outros casos, onde a inmigración concéntrase nas cidades. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Pesca
O sector pesqueiro vigués pide á UE regular o fletán negro
Reunidos coas principais institucións empresariais da provincia de Pontevedra, a Cooperativa de Armadores de Vigo realizou a súa proposta para reclamar que a Unión Europea negocie unha variación do plan de recuperación do fletán negro nas augas reguladas pola NAFO, xa que na actualidade supón unha dura reducción das posibilidades de pesca para os 40 arrastreros conxeladores galegos na zona. Os fletaneiros vigueses esperan que a UE se posicione ao seu favor antes da reunión do comité de pesquerías a celebrarse en Halifax no mes de setembro. Os empresarios do sector estiman que o recorte actual supón unha perda de 155 millóns de euros para a economía galega, ademais de 1.700 empregos e un éxodo de 19 buques a outras pesquerías alternativas. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal
España e Portugal xuntos na meteoroloxía
Expertos en meteoroloxía españois e portugueses daranse cita no Parque Tecnolóxico de Ourense para analizar e compartir experiencias no ámbito da evolución e perspectivas dos laboratorios, empresas e centros tecnolóxicos no que se desenvolven nas actividades relacionadas coa meteoroloxía. No encontro participan tamén 50 compañías, entre elas Construcciones Aeronáuticas e Bosch. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Agricultura
Fraga: “O 54% do orzamento para a agricultura vén da UE”
Nun encontro con simpatizantes do Partido Popular en Lugo, cara ás eleccións europeas do 13 de xuño, o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, lembrou aos presentes que o “54% do orzamento destinado á agricultura galega é dos fondos europeos”. O presidente Fraga estivo acompañado polo candidato do PP ao Parlamento Europeo, Daniel Varela. (Fonte: La Voz de Galicia).
09/06/2004
Unión Europea-Eleccións
PSOE: “Galicia perdeu unha grande oportunidade coa ampliación europea”
En palabras de Rosa Miguélez, eurocandidata polo PSOE, Galicia perdeu unha grande oportunidade de tirar proveito da ampliación europea cara o Leste e advertiu que os galegos non poden quedar “no puro lamento” sobre se os fondos europeos “van diminuir ou non”. Segundo esta candidata orixinaria de Ferrol, o acercamento do goberno de José Luis Rodríguez Zapatero ao eixo Francia-Alemaña e o seu talante europeísta serán importantes para os sectores da agricultura, a pesca e a industria galega, en especial para a solución do problema dos asteleiros da empresa Izar. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Infraestructuras
Fraga defende o Plan Galicia ante os ministros europeos do transporte
O presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, saiu ao paso das críticas realizadas pola ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, sobre o Plan Galicia, e defendeu a xestión deste programa de infraestructuras durante a celebración do seminario “Wider Europe Transport”, que se levou a cabo en Santiago de Compostela e que contou coa participación dos ministros de Transportes de Unión Europea. Noutra orde de ideas, o presidente Fraga insistiu en que Galicia, pese a estar afastada xeográficamente dos principais centros económicos e de decisión, logrou mellorar nas infraestructuras, destacando as conexións transfronterizas con o Norte de Portugal, gracias aos programas europeos Interreg. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
O Arsenal de Ferrol aspira ao Patrimonio da Humanidade
O Concello de Ferrol está a crear un centro internacional de estudios de fortificación e apoio, coa colaboración do comité español de Icomos, nun esforzo por fomentar a candidatura do Arsenal de Ferrol, un edificio do século XVIII, a ser incluido na lista indicativa para o Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. A creación deste organismo coincidirá coa inauguración do Congreso Internacional sobre Patrimonio. (Fonte: El Correo Gallego).

Turismo
Xacobeo 2004 supera ao de 1999
No relativo ás cifras da ocupación hoteleira, o Xacobeo 2004 xa supera ao realizado de 1999 en sete puntos porcentuais. A ocupación laboral producto do Xacobeo tamén foi importante, sendo nos ultimos cinco meses do 51,2% (44,6%, no 1999) e no derradeiro mes acadou o 64% (57%, cinco anos antes). No que vai de ano máis de 1,1 millóns de persoas visitaron Galicia por mor do Xacobeo. (Fonte: La Voz de Galicia).

Marítima
O Westerdam chega a Vigo
O crucero estadounidense Westerdam, chegou ao porto de Vigo. A nave é propiedade da armadora norteamericana Holland America Line, integrada no grupo Carnival, e ten unha eslora de 290 metros, desprazando unhas 82.000 toneladas e con capacidade para transportar 3.200 persoas. O Westerdam fixo a sua primeira visita a Vigo. (Fonte: La Voz de Galicia).
08/06/2004
Unión Europea-Plan Galicia
A reprogramación do Plan Galicia podería afectar financiación da UE
A vicepresidenta da Comisión Europea do Transporte, Loyola de Palacio, afirmou que a reprogramación das inversións do Plan Galicia, previstas polo presidente do goberno José Luis Rodríguez Zapatero, poderían provocar que España perdese fondos procedentes da Unión Europea, polos retrasos nos compromisos contraidos con anterioridade. De Palacio realizou estas declaracións trala entrevista mantida co presidente da Xunta, Manuel Fraga. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Eleccións
O BNG defende unha Galicia con estatus de “nación sen Estado”
Segundo Camilo Nogueria, candidato do BNG ás eleccións europeas, “en Europa, Galicia debe ter un estatus de nación sen Estado”. O candidato do nacionalismo galego manifestou tamén nunha entrevista “que o día que entre o catalán, o galego tamén será oficial na UE”, e concluíu que “se non aumenta o orzamento comunitario imos recibir a metade dos fondos europeos”. (Fonte: La Voz de Galicia).

Fraga arremete contra o PSOE no seu programa europeo
O presidente da Xunta, Manuel Fraga, acusou ao PSOE de “apoiar ao eixo Alemaña – Francia no proceso de construcción europea” e de promover "novos cacicatos", no programa electoral do partido de goberno, durante un acto electoral en Santiago de Compostela que contou coa presenza da vicepresidenta da Comisión Europea, Loyola de Palacio. O presidente de Xunta tamén cualificou de “falta de compromiso” a política do goberno central co respecto ao Plan Galicia. (Fonte: www.vieiros.com).

Unión Europea-Pesca
Acordo da UE castiga aos armadores galegos
A frota galega que faena no Gran Sol recibiu con desagrado o acordo da Unión Europea sobre o mantemento dos paros biolóxicos da merluza, o que dificulta a súa conservación nos caladoiros comunitarios. Bruxelas insistiu en que non terá en conta os dous meses e medio nos que as embarcacións permaneceron amarradas ao porto no cumprimento do paro biolóxico, só aceptado por España. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Marítima
PP denuncia ao PSOE de ter “tirado a toalla” na defensa naval ante a UE
A acusación foi realizada pola candidata europarlamentaria do PP, Carmen Fraga Estévez, referente á postura do goberno socialista con respecto a crise da empresa naval Izar. Pedía tamén a candidata que se investigue qué outras axudas se deron aos asteleiros en Alemaña, Francia e Italia. (Fonte: La Voz de Galicia).

Unión Europea-Economía
A Xunta insta ás empresas galegas a posicionarse na nova Europa
Na presentación en Pontevedra do plan do Fomento das Exportacións Galegas, Foexga, o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, Juan Rodríguez Yuste, sinalou que Galicia non debe ver aos novos membros da UE procedentes do Leste coma “unha ameaza, senón como un enorme reto”, polo que instou ás empresas galegas a posicionarse na nova Europa, tomando como vantaxe a eliminación dos aranceis nestos países e as posibilidades de comercio dos productos galegos agropecuarios e de conservas. O conselleiro informou tamén que o plan Foexga ten como obxectivo abrir novos mercados en Xordania e Cabo Verde, como xa o fixera o ano pasado na República Checa, Eslovaquia, Hungría, Eslovenia e Estonia, conxuntamente coas cámaras de comercio de Lugo, Ferrol e Vigo. (Fonte: La Voz de Galicia).

Portugal-Cultura
Vigo e Portugal xuntos na música
O consulado portugués en Vigo e o Instituto Camões participarán en varios actos referentes ao Día de Portugal na cidade de Vigo, coa presentación dos fadistas Joao Braga e o seu espectáculo Cantar Portugal, e Ana Sofía Varela, unha das novas representantes do fado portugués. (Fonte: La Voz de Galicia).

Negocios
Multinacional británica vende empresas de transporte galegas
Debido aos graves problemas de xestión, a multinacional británica do transporte Arriva decidiu desprenderse das suas empresas galegas coa venta de Transporte Finisterre a Autocares Vázquez por 12 millóns de euros. Na operación tamén participaría Caixa Galicia, como socio da nova sociedade xurdida trala operación. (Fonte: La Voz de Galicia).

Oruxo galego gana concurso en Bruxelas
O oruxo da marca Mosteiro de Xagoaza 2002, pertencente ás bodegas Godeval SAT, gañou a medalla de ouro no Concurso Mundial de Bruxelas, onde competiu fronte a outros 4.275 destilados. A presidenta de Oruxo de Galicia, Isabel Salgado, destacou a importancia do premio no recoñecemento deste producto galego no ambito internacional. (Fonte: El Correo Gallego).
07/06/2004
Unión Europea-Relacións laborais
Os fondos europeos permitirán a creación de 81.000 postos de traballo en 11 anos
O Programa Operativo Integrado de Galicia 2000-2006, no que se inclúen tódalas inversións cofinanciadas con fondos estructurais europeos, vai a permitir a creación de 81.480 postos de traballo en once anos. Este fondos xestionados pola Xunta de Galicia permitiron unha inversión de 1.354 millóns de euros de fondos europeos en Galicia nos anos 2000 e 2002, xerando 47.000 postos de traballo. O volume de inversións significa o 1,3% do PIB de Galicia, e case un 7% do seu orzamento. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Transporte
Seminario “Wider Europe for Transport” en Santiago
Os principais responsables dos ministerios de transporte da Unión Europea celebrarán en Santiago de Compostela o seminario “Wider Europe for Transport”, coa presenza da vicepresidenta da Comisión, Loyola de Palacio. Tamén foron invitados responsables de transporte de países non pertencentes á Unión Europea, como Rusia, Ucrania, Turquía e Marrocos. (Fonte: El Correo Gallego).
06/06/2004
Comunicacións
“Galicia Hoxe” no Cumio de xornais de linguas minoritarias
O único xornal editado en galego, “Galicia Hoxe”, participa no Cumio da Asociación Europea de Xornais en Linguas minoritarias, a celebrarse esta semán en San Sebastián. O presidente deste organismo, Toni Ebner, afirmou que isto é unha iniciativa para que os xornais en linguas minoritarias “poidan facer algo na nova Europa que ven”. No cumio están presentes unha trintena de editores e directores de xornais de trece países e rexións europeas. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
A emigrante cubana de 102 anos chega o seu povo natal
Adela Feijoo, emigrante galega radicada en Cuba, de 102 anos de idade, chegou ao seu povo natal, Toén, na provincia de Ourense, que abandonou hai 84 anos. Feijoo, invitada pola Xunta de Galicia, levaba medio século sen visitar o seu pobo e aínda puido recoñecer a moitas das súas antigas veciñas, mais non así a súa antiga casa. (Fonte: La Voz de Galicia).

Ourense axuda aos emigrantes retornados
O alcalde de Ourense, Manuel Cabezas, e o conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, asinarán este luns no salón de plenos, un convenio de colaboración para o desenvolvemento dun programa de atención aos emigrantes retornados e aos inmigrantes. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade
A nobreza lusa reunida en Santiago
Os membros da Casa Real de Braganza, encabezados polo duque de Viseu, Don Miguel, irmán do duque Don Duarte, máximo representante desta dinastía e “herdeiro” do trono portugués, estiveron na parroquia de Santa María do Camiño, para a celebración do capítulo anual da Orde de San Miguel de Ala. A Real Irmandade de San Miguel de Ala é a mais antiga de Portugal, fundada no século XI, e a orixe do ala de San Miguel atópase no ano 1140, coa invasión moura ao país veciño. (Fonte: El Correo Gallego).

Baiona sede europea de nutrición
Os presidentes das Fundacións europeas de nutrición participarán na III Reunión Internacional da Alimentación e a Nutrición do século XXI, organizada pola Asociación de Médicos Galegos (Asomega) e a Fundación Española da Nutrición, a celebrarse en Baiona en novembro deste ano. Nesta oportunidade prestarase atención á dieta atlántica, a obesidade e a nutrición no Camiño de Santiago. (Fonte: El Correo Gallego).

Inmigración
Banco de Galicia e Grupo Popular diríxense aos inmigrantes en Galicia
Dúas entidades financieiras galegas, Banco de Galicia e Grupo Popular, están a remodelar os seus servizos financieiros coa finalidades de poder incluir nos mesmos aos inmigrantes que viven en Galicia. Ambos bancos asinaron un convenio coa empresa Moneygram para o envio das remesas dos inmigrantes aos seus países de orixe. Caixanova anunciou que posiblemente se incluirá neste convenio. Segundo informes bancarios, case 3.000 millóns de euros supoñen as remesas dos inmigrantes establecidos en España que envían aos seus familiares nos países de orixe. (Fonte: La Voz de Galicia).
05/06/2004
Sucesos
O capitán do buque Wisteria pide solución xudicial a embaixada coreana
O proceso xudicial quese iniciou polo caso dos polisóns do buque Wisteria, atracado no porto de Ribeira, permanece paralizado, polo que o capitán do buque pedíu á embaixada de Corea do Sur, de onde é a súa nacionalidade, que mediase coa finalidade de buscar unha solución. O secretario da embaixada coreana, Hak-Jae Kim, presente na zona, declarou que espera solucionar o caso porque teme que o buque zarpe do porto de Ribeira, prolongando o problema xudicial. Os mandos e tripulantes do buque teñen retidos os seus pasaportes, polo que a empresa propietaria do barco anunciou a súa substitución por sete mariñeiros chineses. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca
O MAPA presente na IX Conferencia de de Ministros da Pesca
Un técnico do MAPA asiste dende este semana á IX Conferencia de Ministros de Pesca da Organización Pesqueira do Atlántico Norte, NAFO, a celebrarse en Islandia. Na reunión, á que asisten representantes de Rusia, a Unión Europea, Noruega, Islas Feröe, Canadá e Groenlandia, discútese o aumento do valor dos productos da pesca e a atención das demandas dos consumidores. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
Un guerreiro inca en Compostela
O Centro Comercial Compostela acolle dende o venres 4 unha exposición da réplica da Tumba Real do Señor do Sipán, descoberta no ano 1987, e que ata os nosos días é o único descobremente dun gobernante e antigo guerreiro do antigo Perú. O acto contou coa presenza do embaixador do Perú en España, Sr. Fernando Oliveira Vega; o director Xeral do Patrimonio, Ángel Sicart, e a xerente de Promoción do Camiño, María Xosé Dopico, e foi catalogado polos asistentes como unha actividade para promover a cultura inca e a grandeza do Antigo Perú e acercala mais a Galicia. No marco desta actividade tamén se presentará un menu coa gastronomía peruana. (Fonte: El Correo Gallego).

Negocios
Vodafone investirá nas poboacións galegas
O director xeral de Estratexia de Vodafone, Javier Jaquotot, anunciou que antes de marzo do 2006, a compañía de telefonía móvil prevé implantar tecnoloxía UMTS, para a realización de videoconferencias e transmisión de grandes cantidades de datos polo teléfono movil, nas localidades galegas de máis de 20.000 persoas. O anuncio fíxose no remate da IV Semana Internacional das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións, organizado polo foro e-Gallaecia, en Santiago de Compostela. Polo momento este servizo estará disponible en Vigo, A Coruña e Santiago. (Fonte: El Correo Gallego).

O Grupo Cortizo adquire unha fábrica en Eslovaquia
Coa finalidade de desconxestionar a factoría de Padrón, a empresa galega Grupo Cortizo adquiríu unha antiga fábrica de subministros para centrais nucleares en Nova Bana (Eslovaquia central), para converterla nunha planta de aluminio operativa nun ano. A inversión do grupo será de 18 millóns de euros e espera unha producción de 15.000 toneladas de aluminio por ano, un incremento do 50% da capacidade actual do grupo. Esta adquisición permitiría potenciar o mercado europeo do Grupo Cortizo, xa presente no norte de Europa, o Benelux, Inglaterra e Francia. (Fonte: La Voz de Galicia).

Tecnoloxía
Hewlett Packard coloca a Galicia coma referente tecnolóxico
O presidente de Hewlett Packard en España, Santiago Cortés, anunciou que a compañía líder en tecnoloxía informática abrirá unha nova sede en Santiago de Compostela, coa finalidade de “confirmar a súa aposta pola sociedade galega e o seu desenvolvemento”. HP é a compañía de maior presenza no mercado tecnolóxico galego e o seu volume de negocio no 2003 chegou aos sesenta millóns de euros. Pola súa banda, o presidente de HP en España destacou o amplo desenvolvemento en materia de tecnoloxía da información e da comunicación en Galicia, sinalando que o 75% das empresas galegas teñen acceso a Internet, por riba da media estatal, ubicada nun 70%. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Eleccións
O BNG postula unha maior presenza galega na UE
O candidato polo Bloque Nacionalista Galego ás eleccións europeas, Camilo Nogueira, manifestou nun acto en Xinzo de Limia que “este é o momento da mobilización pola presenza da sociedade galega en Europa, coas súas aspiracións, reivindicacións e coa súa visión do mundo”. Nogueira enfatizou tamén na defensa do agro galego mentres o líder do partido, Anxo Quintana, comprometeuse a crear un grupo lácteo galego “que free o abandono do sector” e obrigue a Europa a “falar con Galicia para decidir a Política Agraria Común”. Noutro orde de ideas, o BNG e o PP denunciaron ao PSOE ante a Xunta Electoral Central por enviar aos electores inscritos no Censo de Residentes Ausentes (CERA), cartas asinadas polo presidente do goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, nas que remitiron papeletas de votación. Do mesmo xeito, o BNG estivo presente nun acto en Xenebra de apoio ao povo palestino. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal
Alianza estratéxica Galicia-Norte de Portugal cara Europa
O Secretario Xeral de Relacións coa UE e Cooperación Exterior de la Xunta, Jesús Gamallo, avogou por unha “alianza estratéxica entre Galicia e o Norte de Portugal coa finalidade de aproveitar a converxencia e incrementar a competitividade no contexto da nova Unión Europea. O voceiro da Xunta fixo estas declaracións nunha conferencia na Universidade de Lisboa e cualificou as relacións con Portugal como unha prioridade do goberno galego. Do mesmo xeito, fixo unha petición a Bruselas de recoñecemento xurídico da Eurorrexión, tralos 13 anos de cooperación transfronteriza, e a creación dun lobby con Norte de Portugal. (Fonte: La Voz de Galicia).

Pesca
Marrocos segue sen aceptar barcos galegos nos caladoiros do norte de África
Trala reunión entre o secretario xeral de Pesca Marítima, Juan Carlos Martín Fragueiro, e o seu homólogo marroquí, Tijani Rhanmi, o pasado venres en Madrid, o goberno de Marrocos solicitou ao español a súa colaboración na investigacións dos seus recursos marítimos en augas fondas, pero non estableceu un novo pacto que permita aos barcos galegos faenar nas augas dos calaodoiros do norte de África, ao menos no corto prazo. Do mesmo xeito, o ministro marroquí expresou as suas condolenzas polo naufraxio da embarcación galega “O Bahía”. (Fonte: La Voz de Galicia).
04/06/2004
Unión Europea-Eleccións
O CIS augura 4 escanos galegos na Eurocámara
Dacordo coas cifras reflictidas polo Centro de Investigacións Sociolóxicas, CIS, Galicia obtería na Eurocámara catro representantes, dous polo PSOE e outros dous polo Partido Popular. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
Retorna unha emigrante de 102 anos
Adela Feijoo, de 102 anos, emigrante ourensá do municipio de Toén, chegou ao aeroporto de Lavacolla, acompañada do seu fillo e procedente de Cuba. Na mesma viaxe viña un equipo da televisión cubana coa finalidade de facer unha reportaxe sobre a súa vida. (Fonte: El Correo Gallego).

Solicitan nacionalidade para os netos dos emigrantes galegos
No remate do Consello Xeral da Emigración, o presidente deste organismo, José Manuel Castelao-Bragaña, expuso ao presidente da Xunta, Manuel Fraga, a necesidade de que os netos de emigrantes galegos adquiran a nacionalidade española sen ter que acollerse á Lei de Estranxería, insistindo na reforma do Código Civil. Do mesmo xeito, explicou a necesidade de outorgar unha mellor cobertura sanitaria para os españois residentes no exterior. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Francia condecora ao director de Citroën-Vigo
O goberno da República francesa condecorou ao director do Centro de Vigo da PSA Peugeot-Citroën, Javier Riera, coa medalla da Orde Nacional do Mérito da República Francesa, pola sua contribución ás relacións co país galo. A condecoración foi outorgada polo director industrial e de fabricacións da Peugeot-Citroën, Roland Vardanega. (Fonte: El Correo Gallego).

Francia interesada na planta de residuos de Nostián
Unha delegación francesa da área metropolitana de Varennes-Varcy visitou a planta de tratamento de residuos de Nostián, acompañados polos responsables da empresa Valorga, encargada de implantar proxectos e plantas de xestión de residuos no país galo. O grupo foi recibido polo concellal Carlos González-Carcés. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade
A peregrina filla de Bush besa ao Apóstolo Santiago
No tramo final da súa peregrinación, Jenna Bush, filla xemelga do presidente estadounidense, finalmente chegou a Santiago de Compostela. Fixo a súa correspondente cola fronte a Porta Santa, bicou a figura do Apóstolo, e logo dirixíuse á Oficina do Peregrino, en medio de fortes medidas de seguridade. (Fonte: El Correo Gallego).

A Graña centro internacional da bioloxía
O profesor da universidade de Goteborg, Peer Sundberg, e o seu homólogo da universidade de Liverpool, Eric Mc Ecevy, atópanse xunto a outros dous alumnos, na Estación e Bioloxía Mariña de A Graña, coa finalidade de investigar as novas especies de nemertinos, uns vermes con sustancias tóxicas utís pra menciña, que se atopan en augas da ría ferrolana. (Fonte: El Correo Gallego).
03/06/2004
Laboral
Santiago acolle o III Congreso Internacional de Prevención de Riscos Laborais
Coa finalidade de implantar unha cultura preventiva efectiva dos riscos laborais e para evitar as altas cifras de siniestralidade no campo laboral, Santiago de Compostela reune o III Congreso Internacional de Prevención de riscos laborais, que contou coa participación do presidente da Xunta, Manuel Fraga, o director xeral do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, Esteban Rodríguez Vera, a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, María José Cimadevila, e 1.400 expertos internacionais do tema, procedentes de 30 países. (Fonte: El Correo Gallego).

Marítima
A Comisión Europea financiará o 40% do porto exterior de Ferrol
Tres meses despois da visita a Bruxelas do presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol, Ángel del Real, a Comisión Europea decidiu financiar a obra de construcción do porto exterior nun 40%, 36 millóns de euros do orzamento total de 96,8 millóns de euros. O resto será financiado pola Autoridade Portuaria, despois de formalizar unha póliza de crédito. (Fonte: El Correo Gallego).

Izar-Ferrol bota o primeiro barco de combate
A sucursal ferrolana da empresa española de asteleiros, Izar, botou o primeiro barco de combate, a fragata norueguesa Fridtjof Nansen (F-310), encargada hai catro anos polo goberno dese país. O acto foi posible grazas á fusión das empresas AESA e Bazán, e manterá ata o 2009 a construcción doutras catro naves xemelgas a ésta. Por outra banda, a empresa Izar foi finalista dun megaconcurso convocado pola Armada australiana e ganador dun importante contrato coa Marina dos Estados Unidos.
(Fonte: La Voz de Galicia)

Emigración
Emigrantes con representación nas Cortes
As tres principais forzas políticas galegas, o PSOE, o Partido Popular e o BNG, aprobaron impulsar a representación dos emigrantes nas Cortes, a través da creación dunha circunscripción da España exterior, para que os membros desta colectividade poidan ser elixidos como senadores. O anuncio fíxose durante a celebración do III Pleno do Consello Xeral da Emigración celebrado en Santiago de Compostela. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Saprogal, comprada por Carlyle Group
A compañía Saprogal, con sede en Galicia e considerada a maior compañía do mercado da distribución de nutrición animal en España e Portugal, foi finalmente comprada pola compañía de inversión privada Carlyle Group, nunha operación aprobada pola Comisión Europea. (Fonte: La Voz de Galicia).
02/06/2004
Economía
Air France coloca a Vigo nas súas rutas internacionais
Dende o martes 1 de xuño, Vigo conta coa súa primeira ruta diaria internacional, gracias un convenio con Air France de dous vos diarios dende o aeroporto de Peinador ata o Charles De Gaulle, na capital francesa. Esta nova ruta conecta a Vigo con París en dúas horas e dez minutos. Dacordo o director xeral de Air France para España, Jacques de Chambrum, esta asociación responde ao “espectacular crecemento” da demanda galega de vós, e a realidade empresarial que supón conectarse co maior porto pesqueiro de Europa. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura
O museo vigués Marco abrirá o 2005 cunha exposición de arte brasileiro
O patronato da Fundación Museo de Arte Contemporáneo, MARCO, aprobou o martes 1 de xuño a selección da Colección Helga de Alvear, producida polo Museo de Arte Moderno de Sao Paulo, uns dos principais referentes do arte brasileiro moderno, como exposición que abrirá o ano 2005, entre o 28 de xaneiro e o 29 de maio. A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, aceptou o nomeamento de presidenta desta fundación. (Fonte: La Voz de Galicia).

Pesca
ANFACO pide maior defensa para o sector das conservas
O presidente xeral da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas do Peixe, (ANFACO), Juan Manuel Vieites, advertiu que os tratados de libre comercio que se están a realizar bilateralmente entre a Unión Europea e os EEUU con terceiros países “poden provocar un certo estancamento no sector da conserva”. Vieites realizou estas declaracións pouco despois dunha reunión coa titular de Pesca, Elena Espinosa. (Fonte: El Correo Gallego).

Acción Exterior
Galicia e Brasil amplían cooperación agroalimentaria
Segundo o presidente da Xunta, Manuel Fraga, existen amplas posibilidades de cooperación entre Galicia e Brasil en materia agroalimentaria, concretamente no uso da xenética bovina. Este foi un dos temas tratados polo presidente da Xunta tras reunirse co presidente da empresa GMS de Sao Paulo, Eduardo Gómez. (Fonte: El Correo Gallego).

Transporte
ALSA prepara a compra dunha empresa portuguesa
O presidente do grupo de transporte ALSA, Jorge Cosmen, informou das xestións que a súa empresa realiza nestes momentos para expandir o negocio en Portugal, a través da súa delegación galega. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Negocios
FADESA apunta ao Leste de Europa
O secretario xeral do grupo inmobiliario galego FADESA, Francisco Cañas, manifestou que, trala saída deste grupo á Bolsa, estase analizando a posibilidade de expansión aos novos mercados internacionais, concretamente aos países do Leste de Europa que acaban de ingresar na Unión Europea. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
Galicia, modelo de emigración
No marco das reunións do III Pleno do Consello Xeral da Emigración, que se celebran en Santiago de Compostela, o presidente deste organismo, José Manuel Castelao Bragaña, sinalou que o modelo a seguir para o retorno dos emigrantes é o que nestes momentos se desenvolve en Galicia. O III Pleno analiza diversos aspectos da participación electoral e institucional, da nacionalidade, da Lei de Extranxería, dos documentos nacionais de identidade e de conducir e algunhas medidas de protección para os galegos retornados. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
A muletas polo Camiño
Unha peregrina canadense recorreu 700 km do Camiño de Santiago, desde a localidade francesa de Saint Jean Pied de Port, coas muletas e cunha mochila de oito kilos de peso. Sarah Doherty, a peregrina canadense, perdeu a perna aos trece anos nun accidente vial. A canadense enterouse da existencia do Camiño de Santiago grazas un anuncio nun xornal do seu país. (Fonte: El Correo Gallego).
01/06/2004
Emigración
Xunta e Caixa Galicia axudarán con creditos aos emigrantes
Gracias un convenio asinado polo director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, e o presidente da Fundación Galicia Emigración, Manuel Fraga, os emigrantes retornados poderán beneficiarse da concesión de microcréditos valorados nunha cuantía máxima de 12.000 euros, cun interese do 4% e amortización a seis anos, coa finalidade de fomentar o autoemprego entre os emigrantes retornados a través da creación de empresas en Galicia. No apartado dos microcréditos estímase unha inversión de 100.000 euros, dos que a Consellería de Emigración aporta o 60% e o resto corre a cargo de Caixa Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).

Consenso para unha nova lei electoral antes das eleccións do 2005
No marco da inauguración do Consello Xeral da Emigración, o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, en compañía do ministro de Traballo e Asuntos Sociais, Jesús Caldera, afirmou a necesidade de buscar un consenso político para aprobar unha nova lei electoral antes das eleccións autonómicas galegas do 2005, coa finalidade de propiciar e facilitar o voto dos casi 300.000 galegos emigrantes, dos que 200.000 localízanse na América Latina. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Izar-Ferrol botará unha fragata para Armada norueguesa
O xoves 3 de xuño, a empresa Izar-Ferrol comezará a botar unha das cinco fragatas que construirá este asteleiro para a Armada norueguesa. Por outra banda, a empresa Izar foi seleccionada polo Departamento de Defensa de Australia como finalista para a renovación da súa frota naval, por medio de dous concursos valorados en 2.715 e 3.620 millóns de euros, coa finalidade de equipar ao exército australiano de tres destructores e un buque de apoio estratéxico. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca
España conservará axudas europeas para a pesca
Segundo dixo a ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, Elena Espinosa, a frota pesqueira española foi confirmada pola Unión Europea como unha das máis beneficiadas das axudas pesqueiras. Do mesmo xeito, a ministra Espinosa informou da reunión que manterá o venres 4 de xuño co secretario de Estado de Pesca de Marrocos, para intentar reanudar as conversas sobre o regreso ao caladoiro marroquí. (Fonte: El Correo Gallego).
 

Fontes: AGN, Atlántico Diario, El Correo Gallego, El Progreso, Faro de Vigo, Galicia Hoxe, La Región, La Voz de Galicia, Vieiros.
 
 
Ver máis Diario Exterior

2004: maio | abril | marzo | febreiro | xaneiro |
2003: decembro | novembro | outubro | setembro | agosto | xullo | xuño | maio | abril | marzo | febreiro | xaneiro |
2002: decembro | novembro | outubro | setembro | agosto | xullo | 15-30xuño | 01-14xuño | maio | abril | marzo | febreiro | xaneiro |
2001: 4ºtrimestre | 3ºtrimestre |
 
Volver

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/07/2004
Fernando Pol