Diario Exterior / maio de 2004

Igadi na Rede

Volver
   
Diario Exterior é unha recopilación de noticias breves captadas dos xornais galegos relativas ás actividades que se desenvolven en Galicia e que teñen relación co exterior, servindo de feito como proxección exterior de Galicia e dos seus axentes, empresariais, políticos, etc.
   
31/05/2004
Tecnoloxía
Santiago acolle a Semana Internacional das TIC
Con motivo da IV Semana Internacional das Tecnoloxías de Información e Comunicación, TIC, Santiago de Compostela convértese dende o luns 31 de maio ata o venres 4 de xuño na capital das novas tecnoloxías. A visita do estadounidense Philip Zimmermann, considerado o maior experto mundial en seguridade informática, permitiu a presenza de máis de catrocentos profesionais de diversas áreas, desde seguridade informática e lexislación ata ventaxas do software. O foro tecnolóxico e-Gallaecia, constituido pola Universidade de Santiago e Professional Training, permitiu tamén dinamizar o sector TIC en Galicia cara o exterior.
(Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade
A filla de Bush alaba a paisaxe galega
No seu primeiro tramo do peregrinaxe a Santiago de Compostela, entre Sarria e Portomarín, a filla do presidente estadounidense, Jenna Bush, fixo eloxios da paisaxa galega.
(Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Política
PSOE e BNG aceleran en Galicia a campaña das eleccións europeas
O candidato socialista cara as eleccións europeas, Josep Borrel, realizou un mitin en Santiago de Compostela, acompañado do líder do PSOE-Galicia, Emilio Pérez Touriño, o domingo 30, onde adiantou o programa europeísta do seu partido. Pola sua banda, o voceiro do BNG, Anxo Quintana, acompañado polo candidato do partido Camilo Nogueira, fixo a súa comparecencia en Vigo, reclamando o status de Galicia como nazón e que a bandeira europea teña unha nova estrela, a de Galicia.
(Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
A Xunta e Caixa Galicia asinan convenios de colaboración para os emigrantes
Dous convenios de colaboración foron asinados pola Xunta de Galicia e Caixa Galicia, coa finalidade de facilitar a integración dos emigrantes na sociedade galega, e fomentar a cultura emprendedora e o autoemprego. O presidente da Xunta, Manuel Fraga, e o director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, afirmaron que os acordos permitirán tamén a concesión de microcréditos ata 12.000 euros, sen necesidade de avais previos, e un prazo de amortización ata seis meses cun interés do 4%. O orzamento para estes programas consta de 100.000 euros.
(Fonte: La Voz de Galicia).

A Xunta avoga pola reforma da lei do voto dos emigrantes
O executivo galego propuso a reforma da lei do voto dos emigrantes coa finalidade de crear colexios electorais no extranxeiro e regular o voto electrónico, a fin de evitar as últimas irregularidades detectadas no voto da emigración. Nas derradeiras eleccións xerais, computáronse 90.672 votos válidos de galegos residentes no exterior, unha participación estimada en 35%. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía
A guerra en Iraq encarece os seguros internacionais das firmas galegas
Dacordo cun informe de AON Gil y Carvajal, as empresas galegas elevan un 25% os gastos nos seus seguros de crédito para protexer os investimentos galegos no exterior, por mor da incertidume provocada pola guerra de Iraq. Segundo o informe, unha empresa como Pescanova blindase colaborando cos gobernos doutros países.
(Fonte: La Voz de Galicia).
30/05/2004
Unión Europea-Política
Zapatero comeza en Galicia a campaña das eleccións europeas
O presidente do goberno, José Luís Rodríguez Zapatero, comezou en Vigo a campaña do PSOE das eleccións europeas, no que foi a súa primeira visita a Galicia dende que é presidente do goberno. Recén chegado da localidade mexicana de Guadalajara, onde se celebrou o Cumio Unión Europea-América Latina, Zapatero prometeu traballar na viabilidade dos compromisos en infraestructuras para Galicia.
(Fonte: El Correo Gallego).

Cooperación
A Xunta envía material sanitario á República Dominicana
Tralos desastres producidos polas chuvias torrenciais no país caribeño, a Xunta de Galicia enviou dez kits con material sanitario, como parte dun aporte de axuda humanitaria de emerxencia. As chuvias na República Dominicana causaron centos de mortos e milleiros de damnificados na derradeira semana.
(Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade
A filla de Bush, no camiño de Santiago
Jenna Bush, unha das fillas xemelgas do presidente norteamericano George W. Bush, comezou o pasado domingo 30 a súa peregrinación a Santiago de Compostela na localidade lucense de Sarria. Nun ambiente marcado polo secretismo e as expectativas de numerosos peregrinos, a filla do mandatario estadounidense chegou a Madrid na madrugada do sábado 29, desde onde viaxiu a Sarria.
(Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
Santiago acolle o IV Congreso Xeral da Emigración
Santiago de Compostela será a partir do luns 31 de maio, a sede do IV Congreso Xeral da Emigración, o cal estará presidido polo ministro do Traballo e Asuntos Sociais, Jesús Caldera. Tamén estarán presentes o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a secretaria de Estado para a Inmigración e a Emigración, Consuelo Rumí.
(Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Agricultura
A ampliación europea afectará ao agro galego
Segundo Gonzalo Fernández, economista e autor do informe rural e agrario de Galicia, o ingreso de dez novos membros a Unión Europea, cuyas economías son eminentemente agrarias, afectará as economías de desenvolvemento intermedio, coma a galega, debida a redistribución das axudas da Política Agraria Común (PAC) cara estos países.
(Fonte: La Voz de Galicia).

Pesca
Vigo centro europeo da pesca e a acuicultura
O Centro Tecnológico del Mar (Cetmar) organizará en Vigo os días 3 e 4 de xuño o II seminario sobre a importación de productos da pesca e da acuicultura, onde analizaráse a nova normativa europea sobre sanidad animal, controis sanitarios e as disposicións sobre importanción de productos pra a acuicultura. O seminario contará coa participación da ministra de Agricultura y Pesca, Elena Espinosa quen, entre outras actividades, visitará as instalacións frigoríficas da empresa Pereira.
(Fonte: La Voz de Galicia).
29/05/2004
Inmigración
Denegado asilo político para oito clandestinos
A oito polisóns que chegaron a Galicia no ano 2003 desde Sierra Leona, Camerún, Liberia e o Congo, foilles denegado o asilo político, segundo informacións da Cruz Vermella. No que vai de ano, ningún polisón arribou a Galicia, nin polo porto de Vilagarcía de Arousa nin polo de Ferrol. Xa no ano 2002 chegaron ás costas galegas seis persoas proveñentes de Marrocos, Tanzania, Gambia e o Congo.
(Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Política
O BNG esixe a oficialidade do galego
O voceiro do partido nacionalista Anxo Quintana reclamou en Pontevedra a necesidade de recoñecer o galego coma “lingua oficial en pé de igualdade”, no seo da Unión Europea e pediu o voto para o seu partido coa finalidade de “traballar por unha Europa que recoñeza e impulse os dereitos nacionais de Galicia”. No acto estivo acompañado polo candidato do BNG ás eleccións europeas, Camilo Nogueira.
(Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade
Galicia, presente no Foro Mundial das Mulleres
No marco do Forum Barcelona 2004, a Plataforma Feminista Erradicación da Violencia contra as Mulleres, do Grupo de Investigacións Interdisciplinarias sobre a Muller da Universidade de Santiago de Compostela, anunciou a súa intención de apoiar a celebración do Foro Mundial das Mulleres, coa organización de mesas redondas, ponencias e algún acto simbólico a partir dos meses de setembro e outubro. Do mesmo modo, preténdese a organización dunha xornada contra a violencia cara as mulleres, a partir do 30 de xullo.
(Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Televés expándese con forza no exterior
A empresa de telecomunicacións galega Televés facturóu no 2003 uns 111,64 millóns de euros, cun crecemento de 8,4% con respecto os anos anteriores, e aumento dos investimentos en 21%, ata os 9 millóns de euros. Todo isto representa co 37% do volume de negocio de Televés proceden dos mercados exteriores, principalmente nos 80 países onde Televés está presente. Para este ano, a directiva da empresa prevé unha expansión en vendas dun 7%, e reforzar a política de investimentos ata os dez millóns de euros.
(Fonte: La Voz de Galicia).

Pesca
Armadores galegos apoian ao conselleiro de Pesca
Afirmando que lles consta ca Xunta de Galicia rebaixóu a tensión con Canadá no apartado das relacións pesqueiras coa frota galega e que retirase tres das catro patrulleras que tiñan na zona, os armadores galegos con intereses nos caladeiros administrados pola Organización de Pesquerías do Atlántico Norte (NAFO), rexeitaron as demandas de demisión dos tripulantes dos barcos afectados, contra o conselleiro de Pesca, afirmando que tanto a Xunta como o Estado e a Comisión Europea tiveron unha acertada coordinación a hora de aplazar as intencións canadienses.
28/05/2004
Sociedade
Fraga, coa universidade mexicana
O presidente da Xunta, Manuel Fraga, manterá unha reunión con Jorge Carpizo, constitucionalista da Universidade de México, ex procurador xeral da República de México e ex reitor da Universidade Nacional Autónoma deste país, que acudirá acompañado dun colaborador, Daniel Sansó-Rubert Pascual, e de Julio Fernández, profesor titular de Dereito Constitucional da Universidade de Santiago. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea
Ante a crise de Izar-Fene, Yuste reclama unha política clara da UE sobre o futuro do sector naval
O conselleiro de Innovación e Industria, Juan Rodríguez Yuste, reclamou unha política clara por parte da Unión Europea para consolida-lo futuro do sector naval. Pola súa banda, o cabeza de lista de IU ó Parlamento Europeo, Willy Meyer, afirmou que, “en principio”, aprobada a idea considerada polo presidente da Xunta de crear un consorcio naval na UE, pero “dende a aposta decidida por un sector público da industria europea”. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Unha xornada en Compostela anima a protexe-las marcas galegas perante o novo mercado europeo e latinoamericano
Galicia conta cun grave déficit no rexistro de patentes e marcas. Mentres na Unión Europea rexístranse cada ano 280 productos novidosos por cada millón de habitantes, en España esta cifra cae a 138, e na autonomía a 83. Perante este escuro panorama, a consultora Clarke, Modet&Co. e a Xunta uniron as súas forzas para incentivar na comunidade a protección dos activos intelectuais, e o primeiro paso foi a celebración en Santiago da V Xornada de Propiedade Intelectual de Iberomérica. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca
A Xunta destaca o labor de López Veiga respecto ao problema con Canadá
A Xunta considera que os contactos mantidos polo conselleiro de Pesca con responsables políticos de Canadá foron decisivos na resolución do conflicto xurdido tralas denuncias de continuas inspeccións por patrulleiras daquel país á flota que faena nas augas do Atlántico Norte. Ademais, a Xunta informou de que o conselleiro ten previsto viaxar a Canadá do 20 ó 27 de xuño, acompañado dunha delegación de empresarios, coma continuación destes contactos para estreitar relacións. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
Os galegos do Uruguai disporán dunha oficina de atención asistencial
Os galegos residentes no Uruguai contarán de forma inmediata cunha oficina de atención de programas sociais e asistenciais da Administración autonómica gracias a un convenio entre Emigración e a Casa de Galicia de Montevideo. O Oficina dará asesoramento e apoio na xestión das accións e programas da Xunta. (Fonte: El Correo Gallego).
27/05/2004
Economía
Zeltia recibe na Unesco un premio pola súa tenaz loita contra o cancro
O recoñecemento que lle fallou á biotecnolóxica galega Zeltia no seo da Axencia Europea para a Avaliación do Medicamento, EMEA, lle está a ser outorgado, primeiro, nos EEUU, onde as posibilidades de vende-lo seu antitumoral Yondelis gañan forza día a día. E segundo, por entidades coma o Instituto Internacional de Promoción e de Prestixo, IIPP, de Xenebra, que vén de concederlle o Premio ó Mérito ó Desenvolvemento da Investigación. Fernández Sousa Faro, presidente do grupo, recibiu este galardón na sede da Unesco en París, de mans do profesor Etinne-Emile Baulieu, presidente da Academia das Ciencias de Francia e membro do Comité de Cooperación Francia-Estados Unidos sobre o cancro. (Fonte: El Correo Gallego).
26/05/2004
Portugal
Porto e Lavacolla repartiranse os voos a América Latina
As perdas de enlaces do aeroporto Sáa Carneiro, ó concentrárense os voos internacionais en Lisboa, e o abandono por parte da administración lusa semellan estar detrás da proposta de cooperación cos aeroportos galegos que o rexedor de Porto, Rui Rio, esbozou na última reunión do Eixo Atlántico. Porto ofrécelles ós aeroportos galegos as “facilidades” que a terminal ten para conectar con Brasil, mentres Lavacolla aporta os seus voos con Venezuela e Arxentina. Aínda que ambos os dous rexedores, o de Porto e o de Santiago, admiten que “pode haber intereses encontrados”, no futuro podería ser Lavacolla o aeroporto que asumise parte da demanda do Norte portugués. (Fonte: El Correo Gallego).

Alentan o diálogo entre Galicia e Portugal
Aínda que “Escrever ficçâo” era o tema anunciado para a súa charla, Inés Pedrosa non quixo desaproveita-lo convite do Consello da Cultura Galega para formular un alegado en prol do mutuo coñecemento entre as dúas culturas do Miño. Aumenta-la presenza de autores galegos en Portugal, coma recentemente estivo Manuel Rivas en Lisboa, ou que o Jornal de Noticias lles adique un monográfico ós nosos escritores son fórmulas que se lle antollan atinadas para “muda-la idea turística de Galicia que se ten, sobre todo, no Norte do país” por unha “moda cultural”. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
A Bolsa premia a Yondelis perante a súa posible venda nos EEUU
A posibilidade de que o fármaco Yondelis poida comezar a ser comercializado nos Estados Unidos a partir de 2006 volveu proporcionarlle a Yondelis unha gran suba na súa cotización na Bolsa, un 3,69%. O presidente de Zeltia, J.Mª Fernández Sousa Faro, amósase optimista sobre o futuro no curto prazo do Yondelis nos EEUU. O grupo estadounidense Johnson&Johnson, que mercou hai anos a licencia do fármaco para fóra de Europa, presentará no congreso da ASCO (Sociedade Estadounidense de Oncoloxía) un estudio moi positivo sobre os resultados do Yondelis. (Fonte: El Correo Gallego).

Política
Fraga reúnese co prefecto de Salvador de Bahía
O presidente da Xunta participou nunha reunión de traballo con Antonio José Imbassahy, prefecto de Salvador de Bahía, para analiza-las relacións entre Galicia e Brasil. Imbassahy declarou que a súa estancia en Santiago ten un carácter “moi sentimental”, porque Salvador de Bahía, “primeira capital de Brasil”, é unha cidade Patrimonio da Humanidade, ó igual que Santiago de Compostela. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade
Bolseiros procedentes de dezasete países acudirán a Música en Compostela
A XLVII edición do Curso Universitario Internacional de Música Española Música en Compostela acollerá este ano cento vinte bolseiros procedentes de dezasete país. O presidente do consello directivo da entidade organizadora, Gerardo Fernández Albor, resalta que se trata do “único curso no mundo” adicado exclusivamente á música española. (Fonte: El Correo Gallego).

Cumio das cidades europeas en Santiago
A executiva da Asociación das Cidades Premio Europa celebrarase en Santiago durante os días 8 e 9 do mes de outubro. Na reunión prepararanse os actos que servirán para celebra-lo quincuaxésimo aniversario da institución deste galardón que concede o Parlamento Europeo, e que Compostela recibiu en 1985. (Fonte: El Correo Gallego).

Pesca
López Veiga trasládalle o malestar da Xunta ó secretario de Pesca canadense
Os contactos mantidos polos responsables pesqueiros do Goberno central e da Xunta coas autoridades canadenses fan confiar ós armadores na posibilidade dunha “volta gradual á normalidade” da flota española que faena en augas da NAFO, en problemas polo acosa das patrulleiras canadenses. O conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, emprendeu contactos co secretario de Estado de Pesca de Canadá, Jean Claude Bouchard, para lle buscar unha saída ó conflicto, e ambas partes se comprometeron a mante-los contactos con periodicidade. (Fonte: El Correo Gallego).
25/05/2004
Unión Europea
A Fundación Galicia-Europa entrega os premios de pintura “Que é para ti Europa?”
A Fundación Galicia-Europa convocou, por terceiro ano consecutivo, o concurso de pintura “Que é para ti Europa?” co fin de lle dar continuidade a unha iniciativa coa que se pretende achegar as nocións de Europa ós máis novos. O concurso, dirixido ós estudantes de ensino privado de Galicia, invita ós mozos a plasmar nun debuxo a súa visión da UE. A presente edición terá un primeiro premio dunha viaxe a Eurodisney e un ordenador persoal, ademais dun talón de 2.000 euros. (Fonte: El Correo Gallego).

Política
Oleiros celebra un acto solidario con Palestina
O Auditorio da Fábrica de Perillo de Oleiros acollerá o vindeiro día 28 un acto de solidariedade co pobo palestino que contará coa presenza do embaixador de Palestina en España, Nabil Marouf; a cantante e loitadora pola causa da muller Cristina del Valle; o escritor e ex correspondente en Palestina Miguel Anxo Murado, e mailo presidente da Fundación Araguaney, Ghaleb Jaber. O acto condeará as constinuas agresións de Israel. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal
Santiago e Porto queren coordena-los aeroportos para gañar pasaxeiros
O rexedor de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recoñeceu ter até hai pouco unha “idea equivocada” do aeroporto Sáa Carneiro de Porto. Se até o momento este era un competidor directo de Lavacolla, no futuro haberá de ser complementario á oferta de Santiago, Vigo e A Coruña para gañar pasaxeiros a Lisboa e Madrid. Así se desprende das declaracións que realizaron tanto o rexedor compostelán coma o seu homólogo de Porto, Rui Rio, trala reunión do comité executivo do Eixo Atlántico, na que se concretou a creación definitiva, en xuño, do Centro de Estudos Interrexionais, que terá o primeiro cometido de realizar un informe sobre a situación aeroportuaria do Norte de Portugal e Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
Os galegos emigrados na Arxentina queren o seu museo en Bos Aires
Os milleiros de galegos que emigraron á Arxentina van ter o seu propio museo en Bos Aires se se concreta unha iniciativa que será prestada ó presidente da Xunta esta semana. “Queremos que permaneza a memoria dos galegos, que non se perda o que fixeron aquí nin os seus costumes nin a súa cultura”, dixo Francisco Lores, presidente da Federación de Sociedades Galegas da Arxentina, unha entidade que se declara republicana e que conta cun abondoso e valioso arquivo con documentos a partir de 1921. Lores viaxa a Galicia para presentarlle a Fraga o proxecto e solicitarlle o apoio económico da Xunta para facer realidade o Museo da Emigración. (Fonte: El Correo Gallego).
24/05/2004
Política
Máis de 20.000 mulleres europeas claman en Vigo pola igualdade
Foron máis de 20.000 voces que en galego, castelán, euskera, inglés e francés clamaron en Vigo “iguais si, diferentes non”. Convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres, foi unha manifestación reivindicativa que se desenvolveu nun ton totalmente festivo. A Marcha Mundial foi o colofón de dúas xornadas de intensa participación de colectivos feministas da maior parte das comunidades autónomas, así coma mulleres dun total de quince nacionalidades. A coordenadora da Marcha Mundial das Mulleres elaborará unha carta que dirixirá a tódolos gobernos “para dar a coñecer a visión do mundo dende a prespectiva do colectivo feminino”. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
Fraga pídelle ó Estado que compute a emigración ó reparti-los fondos
“Debe terse en conta o número de residentes ausentes vencellados a cada municipio ou comunidade autónoma á hora de fixa-la participación das facendas locais e autonómicas nos Orzamentos do Estado”. Esta é unha das demandas que propón a Xunta ó Goberno central, e que xustifica alegando que é coherente coa consideración do emigrante coma cidadán de pleno dereito recoñecida na Constitución. O Executivo autonómico precisa cada vez máis recursos económicos para atender a un colectivo cada vez máis necesitado, ben porque atravesa serias dificultades nos seus países de acollida (Arxentina, Venezuela) ou ben porque retorna e precisa axuda. (Fonte: El Correo Gallego).
23/05/2004
Política
Piden que a Constitución Europea recolla os dereitos das mulleres
A marcha Mundial das Mulleres serviu de plataforma para que os colectivos feministas de toda Europa esixisen cambios transcendentes no texto do proxecto da nova Constitución Europea xa que non recolle dereitos fundamentais coma o da igualdade e non contempla de xeito expreso a violencia de xénero. “As mulleres somos as grandes excluídas do proxecto de Constitución Europea, onde priman os interese económicos e políticos”. A afirmación de Ángeles Maestro foi compartida polo resto de relatoras que ofreceu en Vigo unha conferencia sobre o futuro novo Tratado da UE. (Fonte: El Correo Gallego).

Turismo
Empresarios estadounidenses visitan a mostra sobre a Batalla de Rande que acolle o Museo do Mar de Vigo
A Cámara de Comercio de Vigo organizou unha visita á exposición “A batalla de Rande” para empresarios estadounidenses representantes de empresas maioristas de viaxes. Os empresarios mantiveron previamente unha reunión con representantes de hoteis, axencias de viaxes e establecementos de turismo rural e termalismo en Vigo. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Lipasa ten acordos coa estadounidense McKey para procesar patacas da Limia
A sociedade Lipasa, que promove en Xinzo a construcción da maior instalación española de tratamento da pataca, reserva o 30% do seu accionariado para un grupo de investidores da Comunidade de Madrid, ademais de manter acordos comercias co xigante McKey, que, en principio, se faría cargo da distribución nos EEUU da tortilla española. Lipasa xa iniciou contactos co grupo estadounidense Keystone Foods, provedor de MacDonalds, para exportar ós EEUU este producto seguindo a estela do éxito dos precociñados mexicanos. (Fonte: Atlántico Diario).
22/05/2004
Política
Beiras ve unha “ameaza non explícita” de invasión de Cuba por EEUU
Tras manter unha reunión en Santiago co vicepresidente cubano, José Ramón Fernández, Xosé Manuel Beiras explicou que o Executivo de Cuba e os cidadáns están “preocupados” ante as repercusións económicas das novas medidas, así como ante a posibilidade dunha invasión militar. Pola súa banda, José Ramón Fernández destacou a contribución dos emigrantes galegos á “fundación” hai máis dun século e medio da nacionalidade cubana. Fernández viaxaba acompañado pola embaixadora de Cuba en España, Isabel Allende Karem, e a consulesa de Cuba en Santiago, María Sánchez. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Inditex privilexia a súa estratexia asiática
O novo establemento de Zara en Hong Kong é o decimoitavo que o grupo abre en Asia, continente onde tamén está presente en Xapón, Malaisia e Singapur. Estar no International Finance Center de Hong Kong “marca a diferencia”, segundo sinala o director xeral da primeira inmobiliaria da cidade china, Lawrence Wu, propietario do centro comercial. A filial asiática, propiedade ó 100% de Inditex, ocúpase, ademais de xestionar a nova tenda, da intermediación entre os departamentos de deseño e compras ós provedores en China. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
Os emigrantes que desexen abrir un negocio en Galicia terán un consultor gratis
Os emigrantes galegos de Brasil, México, Venezuela e Arxentina que desexen crear unha empresa poderán acceder a asesoramento de balde e a ter un consultor tutor durante todo o proceso de xestación do seu negocio. Para que isto sexa posible, a Consellería de Emigración, Caixa Galicia e a Fundación Galicia-Emigración asinarán un convenio, do que tamén se beneficiarán os descendentes dos emigrantes. Por outra banda, a Consellería de Emigración foi autorizada polo Consello da Xunta a conceder subvencións ás asociación de emigrantes retornados e inmigrantes de nacionalidade estranxeira que desenvolvan en Galicia programas para favorece-la integración social destes colectivos. As axudas poderán chegar até os nove mil euros. (Fonte: El Correo Gallego).
20/05/2004
Política
Crespo recibe en Santiago a unha delegación da Asociación de Alcaldes de China
O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o rexedor de Lalín, Xosé Crespo, ofreceron en Santiago unha recepción a unha delegación da Asociación de Alcaldes de China, que aproveita a súa viaxe a España para coñecer de primeira man a situación do municipalismo galego. No acto, Crespo estivo acompañado polos vicepresidentes da entidade e recibiu á delegación, encabezada polo vicepresidente, Zhao Baojiang. (Fonte: El Correo Gallego).

O vicepresidente de Cuba visita Galicia
O Vicepresidente do Consello de Ministros da República de Cuba, José Ramón Fernández, realiza unha visita institucional a Galicia. O mandatario cubano viaxa acompañado, entre outros, polo embaixador funcionario do comité central do Partido Comunista de Cuba, Jorge Castro. Ambos se reunirán co Presidente da Xunta, Manuel Fraga. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade
Caixa Galicia apoiará a Peregrinaxe Europea de Mozos a Compostela
O arcebispado de Santiago e Caixa Galicia asinaron un convenio de colaboración polo que a entidade financeira colaborará na organización da Peregrinaxe Europea de Mozos que, co gallo do Ano Santo, se celebrará en Santiago entre os días 5 e 8 de agosto. Caixa Galicia aportará 600.000 euros para financiar un programa que incluirá debates, talleres e conferencias. Os actos completaranse con sesións de catequeses, mesas redondas e encontros de oración. Segundo José Luís Méndez López, director de Caixa Galicia, “este encontro permite difundir unha idea relixiosa e ó mesmo tempo difundir unha imaxe de Galicia no mundo”. (Fonte: El Correo Gallego).
19/05/2004
Unión Europea-Pesca
Veiga ve letal para a pesca galega o modelo franco-alemán na UE
O conselleiro de Pesca advertiu que “lle pasará factura” ó Goberno si, “en aras do talante de consenso” con Francia e Alemaña, acepta o modelo decisorio do tratado da Constitución Europea que, asegurou, “é lesivo e letal” para os intereses galegos e españois. “Que lle quede claro á opinión pública e ós galegos que o artigo 1.24 do Tratado fará imposible o bloqueo de España de propostas en materia de pesca que poden levar adiante Alemaña, Reino Unido, Francia e italia co apoio doutro estado”, alertou López Veiga nunha rolda de prensa xunto a Daniel Varela, candidato do PpdeG ás eleccións ó Parlamento Europeo. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea-Política
Galeusca reclama o uso de tódalas linguas oficiais no Senado e na UE
Os grupos parlamentarios no Senado de PNV, CIU e BNG –adscrito ó Grupo Mixto- levarán de forma conxunta dúas mocións de censura nas que se pide a normalización lingüística na Cámara Alta, na Administración do Estado e nas institucións da Unión Europea. Demandan asi mesmo unha circunscrición única autonómica para os comicios europeos. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Os investidores privados da USC únense á rede europea
A rede de investidores privados promovida pola Universidade de Santiago de Compostela, UNIBAN, incorpórase coma membro de pleno dereito a EBAN, Rede Europea de Bussiness Angels. EBAN é a maior asociación de redes de bussiness angels (individuos que pulan o desenvolvemento de proxectos empresariais con alto potencial de crecemento nas súas primeiras etapas) de Europa. (Fonte: El Correo Gallego).

A automoción galega non teme un gran impacto pola alza do cru
O presidente do Cluster de Empresas da Automoción en Galicia (Ceaga), Antonio Vega Martínez, afirma descoñecer se a suba dos prezos do petróleo afectará á facturación final do sector e que un dos grandes retos do cluster é avanzar no aprovisionamento de enerxía cunha xestión que “poda minimiza-lo impacto da alza do cru”. Asimesmo, Vega descartou que a entrada na UE dos países do Leste lle reste concorrencia ás empresas, xa que a nova realidade “vese máis coma unha oportunidade de abrirse a novos mercados”. (Fonte: El Correo Gallego).
18/05/2004
Unión Europea
A Comisión Europea advirte de que algo máis do 11% da costa galega está afectada pola erosión
A Comisión Europea alerta nun informe de que o 20% das costas europeas están afectadas pola erosión, principalmente coma consecuencia da construcción de infraestructuras que bloquean os sedimentos que chegan ó mar. En Galicia a porcentaxe é do 11,5%. Este informe pon de manifesto que o principal factor de deterioro das costas é a actividade humana, especialmente os investimentos industriais e o turismo. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade
Santiago acolle un encontro de evanxelistas, católicos e musulmáns
A delegación da Pastoral Universitaria da Archidiócese de Santiago, a Asociación de Estudantes Marroquinos de Galicia e o Grupo Bíblico Universitario celebrarán un encontro en Santiago que leva por lema “Nós entendémonos...e ti?” e que chama ó diálogo entre as relixións e as culturas. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
Soneira cuestiona a rendibilidade das axudas ó Centro de Bos Aires
O PsdeG esixiulle á Xunta que explique a rendibilidade acadada polas subvencións entregadas ó Centro Galego de Bos Aires posto que, ó seu xuízo, estes investimentos “non semellan ter solucionado os graves problemas sanitarios que os galegos teñen nesta parte do mundo”. Nunha interpelación presentada por Marisol Soneira e Francisco Sineiro destácase que “falla unha diagnose clara e contrastada sobre os problemas que arrastra esta institución”. De igual forma, recorda que a Xunta aportará outros 4,2 millóns de euros ó Centro coa finalidade de recupera-lo hospital, acción que “xa devorou outros tantos millóns sen que se aviase a bondade dos investimentos previamente realizados nin as razóns polas que se necesitaría outro máis”. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
Polonia, un país con atractivo para as empresas lucenses
A Cámara de Comercio de Lugo cifrou en 3,2 millóns de euros o valor das vendas das empresas lucenses ós novos socios comunitarios durante o pasado ano. As exportacións luguesas a Polonia roldaron ese mesmo período os 2,6 millóns de euros. Segundo un informe elaborado polas cámaras de comercio españolas, Polonia figura á cabeza dos novos estados comunitarios no que a expectativas de negocio e refire. (Fonte: El Correo Gallego).
17/05/2004
Economía
O téxtil dispara as súas exportacións
As exportacións téxtiles galegas experimentaron un espectacular crecemento no ano 2003, segundo subliña o informe sobre a conxuntura económica galega que elabora o Centro de Investigación Económica e Financeira de Galicia. As vendas ó exterior de prendas e complementos de vestir e punto eleváronse o pasado exercizo a un total de 416 millóns de euros, o que supón un aumento do 53,4% sobre o ano anterior. As exportación do resto de prendas e complementos aumentaron nun 36,9%. Estes incrementos contrastan coa caída experimentada polas exportacións de vehículos, que foi do 3,7%, e de madeira, carbón vexetal e manufacturas. A maior caída porcentual das exportacións produciuse nos Estados Unidos, onde se reduciron nun 19,5%, e os maiores incrementos se rexistraron cos Países Baixos, ós que lles vendemos un 40,1% máis. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal-Cultura
Galegos e lusos falan de literatura
Organizado pola revista Biblos-Clube de Lectores baixo o título “Falamos entre nós”, un grupo de escritores e lectores galegos e portugueses reuníronse en Santiago para analiza-la situación e o coñecemento mutuo de ámbalas dúas culturas. Co obxectivo de seguir afondando neste coñecemento e de que os autores dun e doutro país “poidan intercambiar os seus teléfonos e os seus correos electrónicos para estar en permanente contacto”, o director de Biblos, Tucho Calvo, explicou que os asistentes a esta reunión se comprometeron a organizar outras futuras de forma periódica, e trasladar mesmo algún dos encontros a Portugal. (Fonte: El Correo Gallego).
16/05/2004
Unión Europea-Política
Touriño avoga por pula-la presenza de Galicia na UE
Pula-la participación activa de Galicia na Unión Europea para estar presente nos procesos de elaboración, decisión e execución das políticas comunitarias para supera-la condición de “vagón de cola” en que o secretario do Psdeg, Emilio Pérez Touriño, asegura que o goberno do PP colocou á comunidade, é unha das principais reivindicacións do manifesto socialista cara ás eleccións de xuño. Para Touriño, os estados deben promover e reforza-los mecanismos de participación das rexións no proceso de elaboración lexislativa da Unión. (Fonte: El Correo Gallego).

Rodríguez fala da necesaria coordenación entre Galicia, Catalunya e Euskadi
O voceiro do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez, reclama “unidade, coordenación e coincidencia” na estratexia política de Galicia, Euskadi e os Países Cataláns para avanzar no autogoberno, xa que todos estes partidos teñen “unha visión da UE case idéntica”, no que se refire á lota para que a UE recoñeza a capacidade competencial das nacións dentro do Estado. “Queremos unha Europa dos pobos e non dos Estados”, concluíu. (Fonte: El Correo Gallego).
15/05/2004
Emigración
Centros pilotos na atención a inmigrantes
Os colexios e institutos galegos acollen 6.708 alumnos de orixe estranxeira, un 74% máis que en 1998. Este aumento levou ás consellerías de Educación e Emigración a elabora-la guía “Escolarización do alumnado procedente do estranxeiro”, editada en español, galego e árabe. O caderno contén información sobre o sistema educativo galego e español dende preescolar até o ensino universitario, con datos útiles sobre bolsas e formularios para a homologación de títulos. (Fonte: El Correo Gallego).
14/05/2004
Economía
A productora de pensos Saprogal pasa a mans do grupo Carlyle
A compañía estadounidense Carlyle Grupo anunciou un acordo de compra de Saprogal que, con sede na Coruña, lidera o sector da nutrición animal en España e Portugal, con máis de mil distribuidores. A empresa galega conta con 11 fábricas de producción e da emprego a máis de 500 persoas. O grupo Carlyle conta cunha carteira de empresas de América, Asia e Europa que empregan a 150.000 persoas. (Fonte: El Correo Gallego).
13/05/2004
Emigración
A Xunta propón reforma-la Lei de Inmigración vixente
Urxe reforma-la Lei de Inmigración para mellora-la calidade de vida dos emigrantes retornados así coma a dos inmigrantes. Por iso, o conselleiro de Emigración, Aurelio Miras, anunciou que a Xunta lle pedirá en breve ó Goberno central a reforma deste marco legal. Miras afirmou que o Goberno galego “vai a anos luz tanto do anterior goberno popular coma do actual goberno socialista en temas de atención ós colectivos de persoas retornadas e de inmigrantes” e de forma especial en “garanti-los dereitos dos que perderon a nacionalidade española”. O conselleiro afirmou que “lle pediremos ó Goberno que faga plans que garantan os dereitos fundamentais porque cómpre pór en marcha un proxecto de asistencia ós españois en todo o mundo”. (Fonte: El Correo Gallego).

Vigo foi en 2002 a cidade que recibiu máis retornados e inmigrantes
Os mapas de retorno e inmigración en Galicia foron realizados pola Consellería e Emigración e están baseados en datos oficiais de Instituto Nacional de Estatística. No caso dos emigrantes retornados, Vigo recibiu 996 neses ano, en tanto se asentaban na Coruña 769, 360 en Ourense, 324 en Santiago e 172 en Pontevedra. A continuación situáronse os municipios de tamaño medio (O Carballiño, Arteixo, Vilagarcía, A Estrada), sobre todo os da metade occidental, que concentrou á maior parte do retornados. Por número de retornados, Galicia recibe persoas de Arxentina, Venezuela, Suíza, Uruguai, Alemaña e Reino Unido, aínda que se está a producir unha nova quenda de retornados de Brasil. (Fonte: El Correo Gallego).
12/05/2004
Economía
Compañías norteamericanas interésanse pola central que deseñou un vigués
A Tidal Power Generation, unha empresa canadense líder no sector enerxético, e outra compañía de Florida amosaron o seu interese en colaborar no financiamento do seu desenvolvemento do proxecto do empresario compostelán Emilio Santasmarinas, oficial da Mariña Mercante que deseñou a central maremotriz de xeración continua. Este enxeño, que aproveita a forza das mareas para convertela en enerxía limpa, logrou supera-lo atranco de outras centrais semellantes, que so poden funcionar unhas horas ó día. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
“Aulas do Camiño” analiza a realidade das dúas rotas europeas de peregrinaxe
O proxecto pluridisciplinar sobre o Camiño de Santiago “Aulas do Camiño” celebrará este ano a súa décima edición indagando nas súas xornadas sobre a realidade de Roma e Compostela, os dous centros de peregrinaxe cristiá máis importantes de Europa. José Leira, organizador das xornadas, explicou que , nesta ocasión, o programa inclúe a celebración de encontros, dende o 2 de xullo até o 19 do mesmo mes, en Roma, Perugia, Asis, Florencia, Toulouse, Jaca, León O Cebreiro, Santiago e Fisterra. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
Galicia aglutina a metade dos emigrantes retornados de España
Un total de 37.454 inmigrantes residen actualmente en Galicia. Miras Portugal, que presentou en Vigo os mapas de retorno e inmigración en Galicia elaborados polo seu departamento, cifrou en 8.635 o número de emigrantes galegos retornados contabilizados nos padróns municipais durante 2003. Miras lembrou que, durante 2003, o número de emigrantes retornados a Galicia –a maioría están en Vigo- se estancou e subliñou que neses período os procedentes de Suíza e Venezuela superaron ós arxentinos. (Fonte: Atlántico Diario).

Unión Europea
Bruxelas esixe a Izar que devolva 308 millóns de axudas
A Comisión Europea decidiu que o grupo naval Izar deberá devolver 308,3 millóns de euros de axudas de estado ilegais, pero este reembolso non será inmediato e Bruxelas “estudiará” “medidas de acompañamento” para protexe-lo emprego. A Comisión declarouse “consciente das implicacións sociais” –máis de 20.000 empregos en xogo- e a delicada situación do grupo. Fontes comunitarias revelaron que houbo reclamación de estaleiros doutros estados e de competidores españois. (Fonte: Atlántico Diario).
11/05/2004
Economía
Galicia mantén un saldo positivo na súa balanza comercial con Xapón
Galicia mantén un saldo positivo der 12,7 millóns de euros na súa balanza comercial con Xapón, cun volume de vendas en 2003 de 45,4 millóns e unha taxa de cobertura do 139%. As partidas máis importantes dos productos que Galicia exporta ó país oriental son os artigos de confección (23,56%), peixe conxelado (17,48%), moluscos (12,59%), graxas e aceites, compoñentes de automóbiles e recipientes de aluminio, mentres que as principais importacións o foron de medicamentos (25,89%), compoñentes de maquinaria mecánica, maquinaria eléctrica, e coque, betume e outros aceites de petróleo. (Fonte: El Correo Gallego).

Sociedade
Unha web brasileira ofrece información sobre o Camiño de Santiago
Brasil é a principal canteira de peregrinos da Rota Xacobea e por iso sorprende pouco que alí nacese www.caminhodesantiago.com, páxina pioneira na promoción do Camiño a través de Internet. Segundo José Roberto Pinto, responsable do sitio, en xaneiro de 2004 se rexistrou un incremento do 30% no número de visitantes, respecto a decembro de 2003. Un 65% son brasileiros, e o resto se reparte entre setenta países, destacando España, Portugal, Estados Unidos, Francia, Italia, Bélxica e Holanda. A páxina ofrece os seus contidos en portugués, inglés e castelán. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
A Mancomunidade de Santiago terá dúas oficinas “en rede” a ambas beiras do Atlántico
Os oriúndos da comarca compostelá que residen na Arxentina e Uruguai recibirán asesoría e apoio dende Galicia a través de dúas oficinas conectadas “en rede”, unha en Bos Aires e outra en Santiago de Compostela. Este é un dos resultados dos acordos acadados polos representantes da Mancomunidade trala súa xira latinoamericana, na que os representantes dos sete municipios visitaron Arxentina e Uruguai. A oficina americana estará na Casa de Vedra de Arxentina e a de Santiago nos locais da Mancomunidade. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea
Nogueira pedirá que o informe do “Prestige” se traduza en leis
Camilo Nogueira afirmou durante a súa visita ó municipio de Carnota que a declaración política do informe sobre a catástrofe do “Prestige” elaborado no Parlamento Europeo debe reflectirse en medidas lexislativas, para o que “é preciso que o BNG estea en Bruxelas”. O eurodeputado comprometeuse a leva a Bruxelas o ambicioso proxecto pesqueiro de Carnota, que contempla o turismo, a creación dunha reserva marítima, así coma a constitución dunha rede internacional de apoio á pesca sustentable. (Fonte: El Correo Gallego).
10/05/2004
Política
Pérez Mouriño aconsellará sobre a entrada ou non no PPE das xuventudes do Likud
O presidente do European Democratat Students –organización xuvenil do Partido Popular Europeo-, Alexandros Sinka, e o vicepresidente desta formación, o galego Pedro Mouriño, viaxarán a Israel para manter contactos con membros do FILS, rama xuvenil do partido Likud. O obxectivo é emitir un informe sobre a solicitude de entrada na EDS realizada polo FILS en febreiro deste ano. O Likud Students é unha formación que ten categoría de asociada á EDS e en febreiro solicitou a súa entrada coma membro de pleno dereito, unha decisión que podería ser un primeiro paso para unha hipotética solicitude de admisión do partido de Ariel Sharon no Partido Popular Europeo. (Fonte: El Correo Gallego).

A CIG reclama o traslado do cónsul de España en La Habana
A CIG pretende que o novo goberno do PSOE cambie o actual cónsul de España en La Habana debido ás súas medidas “restrictivas e arbitrarias” para cos cubanos que queren visita-lo noso país. O coordenador nacional de CIG-Emigración, Lois Pérez Leira, envioulle unha carta ó ministro de Exteriores na que lle argumenta os motivos da súa petición. A mesma política de “intolerancia e de dureza” que practicou José Mª Aznar con Cuba, afirma Pérez Leira, é a que está realizando o cónsul de España na capital cubana, ó que acusa de “violación dos dereitos fundamentais, como é o de reagrupación familiar e o de poder visitar á familia, utilizando para iso un criterio despótico”. (Fonte: La Voz de Galicia).

Cultura
A Sorbona abre unha retrospectiva de cinematografía galego-catalana
A Semana de Cine Galego-Catalán iniciouse en París, na Universidade da Sorbona, e ofrecerá até o vindeiro 14 de maio unha completa retrospectiva de todo o cine realizado en Galicia dende os anos trinta até a actualidade. Esta iniciativa é resultado da colaboración entre o Centre d´Etudes Galiciennes, o Letorat de catalán da Sorbonne Nouvelle-Paris III, o Cineclube de Compostela, a Filmoteca de Catalunya e Catalán Films and TV. Segundo informa un comunicado da organización, esta é a primeira vez que o cine galego ofrece unha mostra deste tipo na capital francesa. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
BIC Galicia favorece a transferencia de tecnoloxía na industria agroalimentaria
Promove-las relacións comerciais e investimentos cruzados entre Europa (e sobre todo Galicia) e América Latina, facilita-la xeración de novos clientes, a transferencia de tecnoloxías ou as alianzas estratéxicas son algúns dos obxectivos do encontro de negocios sectorial sobre Transferencia de Tecnoloxía, Seguridade e Calidade Alimentaria no Procesado de Canais de Vacún, que se desenvolverá en Silleda os días 12 e 13 de maio. O encontro, organizado por BIC Galicia, está cofinanciado polo programa da Al-Invest da Comisión Europea. Se agarda que participen 70 empresas procedentes de sete países de América Latina e oito europeos. (Fonte: El Correo Gallego).
09/05/2004
Sociedade
García Mira, reelixido membro da direccións da sociedade IAPS
O profesor de Psicoloxía Social e Ambiental da Universidade da Coruña Ricardo García Mira foi reelixido membro do consello de dirección da prestixiosa sociedade científica International Association for People Environment Studies (IAPS), con sede no Reino Unido. IAPS é un importante referente no mundo da investigación ambiental dende a perspectiva humana (psicoloxía, arquitectura. Urbanismo, socioloxía). García Mira é o único representante español neste consello internacional integrado por doce membros. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
Setenta e unha colombianas se preparan dende o seu país para empregarse en Galicia
O Servicio Galego de Colocación tramitou a contratación dun grupo de dez colombianas que chegaron o pasado mes de abril a Galicia a través do Continxente Especial de Servizo Doméstico 2004, co obxectivo de atopar un emprego como empregadas do fogar. Este primeiro grupo do Continxente deste ano está formado por 61 colombianas, que recibiron previamente no seu país formación específica relacionada co traballo e a cultura, tanto española como da comunidade na que residirán. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea
Camilo Nogueira analizou en Vigo o papel de Galicia na Unión Europea
O eurodeputado do BNG ofreceu unha conferencia no Centro Cultural Caixanova de Vigo na que analizou o papel das nacións sen estado na UE trala ampliación. “Coa nova Constitución Europea, cómpre loitar para que Galicia sexa recoñecida coma nación”, dixo, ó tempo que destacou o exemplo de integración pacífica que constitúe, historicamente, a Unión Europea. (Fonte: Faro de vigo).

Orza anuncia que Galicia executou o 98,5% dos fondos comunitarios
Galicia executou o 98,49% dos fondos comunitarios correspondentes ó ano 2003, no marco do Programa Operativo Integrado (POI), segundo anunciou o conselleiro de economía tras participar na reunión do comité de seguimento deste plan económico da UE. José Antonio Orza cualificou o gasto total subvencionable pagado e certificado en 766,36 millóns de euros sobre un total programado de 778,14 millóns dos fondos comunitarios para 2003. Os programas Feder, FSE e Feoga, incluídos no POI, incrementaron de xeito significativo o seu grao de cumprimento sobre a programación inicial de 2003. (Fonte: La Voz de Galicia).
08/05/2004
Unión Europea
Zapatero permitirá que Galicia defenda os seus intereses na Unión Europea
O Goberno central ratificou que promoverá a participación das autonomías nos órganos de decisión da UE cando se aborden asuntos que afecten ás súas competencias. A vicepresidenta primeira, María Teresa Fernández de la Vega, atribuiu a intención do Executivo á “nova etapa de relación institucional coas comunidades”. O secretario xeral de Relacións coa UE da Xunta, Jesús Gamallo, argúe que o punto de arranque para que a iniciativa poida cristalizar debe ser constata-la lealdade constitucional de tódalas autonomías: “se cada comunidade vai por libre, isto non funcionará”, asegurou. O Executivo galego considera que o Goberno central debe convocar ás comunidades para explicar como quere canaliza-la súa presenza no Consello da UE. (Fonte: La Voz de Galicia).

Bruxelas reclamaralle a Izar a devolución de 308 millóns en axudas ilegais
A Comisión Europea concluíu a investigación en torno ós 2.015 millóns de euros recibidos polo grupo Izar en axudas estatais e, cando menos, semella disposta a reclamar que o estaleiro devolva ás arcas públicas uns 308 millóns obtidos a través de préstamos e inxeccións de capital da SEPI, pero conculcando as regras comunitarias. O responsable europeo de Competencia, Mario Monti, presentará proximamente ó colexio de comisarios o resultado da investigación sobre Izar. (Fonte: La Voz de Galicia).

Economía
Firmas viguesas do téxtil, granito, madeira e pesca abren marcados en Romanía
Empresas de varios sectores, como conservas, madeira, peixe conxelado, confección ou granito, viaxarán coa Cámara de Comercio de Vigo a Romanía nunha misión comercial que se prolongará até o vindeiro 23 de maio en Bucarest. Segundo os informes da Cámara de Vigo o mercado romanés ofrece excelentes oportunidades para o subministro de equipos industriais e transferencia de tecnoloxía ás grandes empresas estatais en proceso de reestructuración e privatización. En canto á balanza comercial con Galicia, as exportacións non chegaron ós 10 millóns de euros en 2003 e se concentran en automóbiles, alimentos, maquinaria e tecidos. (Fonte: La Voz de Galicia).

Gamesa abrirá en Galicia a maior factoría de palas eólicas
Gamesa, que ocupa o cuarto lugar na lista mundial de fabricantes de autoxeneradores, abrirá en As Somozas, un pequeno concello ó leste de Ferrol, a maior factoría europea de palas eólicas: Fiberblade Norte II. A instalación dará emprego a 200 persoas e fabricará 1.500 aspas ó ano. Utilizando Galicia coma plataforma, a sociedade vendeu a firmas de Arxentina, China, Italia e Portugal, un millón de euros en compoñentes eólicas durante 2002. (Fonte: La Voz de Galicia).

Emigración
Miras, distinguido Cidadán de Bahía
O conselleiro de Emigración, Aurelio Miras Portugal, recibiu a condecoración de Cidadán Bahiano, ó igual que o empresario pontevedrés Manuel Antas. En ambos casos, a administración bahiana recoñecía así “as contribucións” da colonia galega neste estado nororiental do Brasil. O presidente da Asemblea Lexislativa de Bahía, Carlos Gabán, destacou que este galardón é a máxima distinción que outorga o seu pobo ós “non nados nesta terra e que destacan pola súa contribución ó engrandecemento social e cultural”. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal
Medio milleiro de pacientes ó ano da Clínica Fátima proceden de listas de espera de Portugal
Dende hai tres anos a Clínica Fátima mantén un convenio co ARS, o servizo de Saúde do Norte de Portugal, para combate-las listas de espera do país veciño, que son tres veces superiores ás que se rexistran en Galicia. A administración sanitaria lusa mantén convenios semellantes coa Clínica Domínguez de Pontevedra e con tódolos establecementos sanitarios privados do norte de Portugal. O ano pasado, os pacientes trasladados a Vigo sumaron 500 e este ano vaise renova-lo convenio que entrará en vigor no segundo semestre do ano. O acordo coa sanidade lusa cínguese a intervencións de cirurxía vascular, cirurxía xeral, traumatoloxía, cirurxía plástica, uroloxía e traumatoloxía. (Fonte: La Voz de Galicia).

A Xunta consolidará unha rede fixa de voluntariado entre Galicia e Portugal
O director xeral de Voluntariado da Xunta, Ricardo Ignacio Vecillas, inaugurou en Tui a feira do Voluntariado e o Asociacionismo. Este encontro, no que participan 32 entidades sen ánimo de lucro galegas e portuguesas pretende dar a coñece-las experiencias vencelladas ó terceiro sector que se desenvolven na comarca. Ente elas se atopa os dous convenios de cooperación transfronteiriza entre Galicia e o Norte de Portugal, denominados “Provolgapor” e “Revolgapor”, pulados pola Dirección Xeral de Voluntariado. Vecillas anunciou que a Xunta consolidará unha rede permanente de acción solidaria entre Galicia e Norte de Portugal antes de finais de 2006. (Fonte: La Voz de Galicia).

Bernardino Graña recibe en Portugal o premio de narrativa Eixo Atlántico
Bernardino Graña asegurou en Guimaraes que “o Eixo Atlántico existe dende sempre, o Miño foi o eixo que uniu galegos e portugueses”. Graña recibiu na cidade portuguesa o premio Eixo Atlántico La Voz de Galicia - Público de narrativa pola novela “Protoevanxeo do neto de Herodes”. Para o escritor “esta relación entre Galicia e Portugal é cada día máis estreita “e mesmo non nos faría falla a Unión Europea, pero xa que está, benvida sexa”. (Fonte: La Voz de Galicia).

Política
O BNG traslada ó Congreso que Galicia teña voto na NAFO
O BNG levará ó Congreso a proposta aprobada por unanimidade no Parlamento galego que reclama que Galicia teña voto e dereito a emitir informes na comisión NAFO. Na proposición reclámase tamén a mellora das condicións de traballo –non existe convenio-, que se negocie o mantemento da flota conxeladora, que se incentiven as campañas experimentais ou se negocien convenios de pesca con países como Namibia, Sudáfrica, Estados Unidos, Chile ou Perú, e que a reducción da pesca da NAFO vaia acompañada de subvencións. (Fonte: La Voz de Galicia).
07/05/2004
Unión Europea
Jesús Gamallo aposta pola ampliación da UE aínda que teña inconvintes
O secretario xeral de Relacións coa Unión Europea admitiu na TVG que a ampliación da UE “non é un camiño de rosas”, aínda que se amosou “optimista”. Respecto á posible deslocalización industrial, Jesús Gamallo sinalou que en Galicia “non se percibe que isto vaia ocorrer” aínda que si ocorreu, nalgún caso, en Madrid ou Catalunya. Gamallo sinalou que poderán darse algúns casos, pero que esta posibilidade “non vai ser determinante”. (Fonte: El Correo Gallego).

Camilo Nogueira preséntase coma voceiro da Galicia na nova UE
O BNG será “a voz de Galicia” na Europa da ampliación, segundo pon de manifesto o cabeza de cartel da formación nacionalista. O candidato á reelección o vindeiro 13 de xuño lembrou que a crise xerada pola “Prestige” non está aínda resolta, e que se non chega a ser por Nunca Máis e o BNG “este problema non entraría en Europa, nin tampouco adquiría a dimensión mundial que agora ten”. Por outra banda, Nogueira expresou a súa preocupación polo Plan Galicia, xa que a UE “descoñece” as bases do devandito plan, que, para o seu desenvolvemento, “precisa” do fondos de cohesión, dos que a partir de 2007 non disporá España. (Fonte: El Correo Gallego).

Portugal-Economía
O Banco Privado Portugués quere reforza-la súa estratexia en Galicia
O Banco Privado Portugués (BPP) presentará en Santiago a súa proposta de valor, coa que pretende reforza-la súa estratexia en Galicia, mercado no que até o de agora só realizou intervencións puntuais. O banco que preside Joao Oliveira Rendeiro segura que o outro gran obxectivo é “favorece-los investimentos e as relacións empresariais” entre Galicia e a Rexión Norte de Portugal. (Fonte: El Correo Gallego).

Cultura
A Fundación Araguaney abre a Semana Cultural Árabe
A Semana Cultural Árabe que organiza cada ano a Fundación Araguaney celebra a súa sétima edición. A mostra chama á reflexión, ó estímulo e ó desenvolvemento da cultura galega, establecendo unha ponte de conexión coa comunidade árabe. O obxectivo é servir de base á promoción e ó achegamento dunha cultura en ocasións inaccesible. (Fonte: El Correo Gallego).
06/05/2004
Emigración
Aurelio Miras preséntalle os foros galaico-brasileiros ó gobernador de Bahía
O conselleiro de Emigración mantivo unha reunión de traballo co gobernador da estado de Bahía (Brasil), Paulo Soto, na que lle presentou o proxecto dos Foros Bilaterais Galicia-Brasil, que este departamento ten previsto celebrar na cidade de Salvador, capital de Bahía, tralo verán. Paulo Souto amosou a “total disposición” do seu goberno para apoia-lo desenvolvemento dos foros. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración cataloga o patrimonio de centros galegos
A Consellería de Emigración aportará un total de 64.000 euros para financia-lo traballo de catalogación do patrimonio histórico e documental dos centros galegos, levado a cabo polo Consello da Cultura Galega. O Consello da Xunta autorizou unha prórroga que modifica o convenio asinado con este organismo en abril do pasado ano pola que se incrementa a contribución en 31.500 euros. (Fonte: El Correo Gallego).

Política
A Coruña entra no buró da asociación mundial de cidades
Oito alcaldes españois, entre eles o de A Coruña, Francisco Vázquez, foron elixidos en París membros de tres dos órganos de goberno da Asociación Mundial de Cidades e Gobernos Locais Unidos. Vázquez será un dos membros do buró executivo da organización, que se presenta coma futura interlocutora dos gobernos locais perante entidades internacionais como a ONU. O rexedor de Barcelona, Joan Clos, ocupará unha das tres vicepresidencias, e España contará con sete representantes no consello; ademais de A Coruña, Valencia, Córdoba, Pamplona, Sevilla, Madrid e Sabadell. (Fonte: El Correo Gallego).
05/05/2004
Cooperación Científica
A Universidade de Santiago colabora na construcción do maior acelerador de partículas do mundo
A USC colabora co Laboratorio Europeo de Física de Partículas, dependente do Centro Europeo de Investigación Nuclear (CERN) en varios proxectos científicos. A participación da USC artéllase a través dun proxecto aviado á construcción dun acelerador de partículas que será o máis grande dos existentes até o de agora. Ademais, a USC participa, xunto cun equipo suízo e alemán, na construcción dun detector de Silicio, e noutro proxecto relacionado co desenvolvemento das técnicas de computación GRID, para cálculos complexos a gran velocidade. (Fonte: El Correo Gallego).

Acción Exterior
Xulio Ríos entrevístase con Fraga para fortalece-las relacións do Igadi coa Xunta
O presidente da Xunta recibiu ó director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional para analiza-lo nivel de colaboración existente entre ambas entidades. Dende 1997, o Igadi colabora coa Secretaría de Relacións coa UE e Cooperación Exterior en materia de diagnose e prospectiva da acción exterior de Galicia. Ademais, dende esta institución, se elaboran informes periodicamente sobre as cuestións de maior transcendencia a nivel mundial. “No ánimo de ambas partes está o fortalecemento inmediato desta colaboración”, destacou Xulio Ríos nas horas previas á reunión mantida co mandatario galego. (Fonte: La Voz de Galicia).

Turismo
Oferta turística galega nos países nórdicos
A Consellería de Cultura presentou en Dinamarca e Suecia a oferta turística de Galicia e o Ano Santo 2004 dentro das xornadas de promoción organizadas pola marca España Verde, na que a comunidade está incluída xunto con Asturies, Cantabria e Euskadi. (Fonte: El Correo Gallego).

Política
Santiago albergará en outubro o próximo cumio hispano-luso
A elección de Santiago foi desvelada con motivo da reunión mantida en Lisboa entre o presidente do Goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, e o seu homólogo portugués, José Manuel Durao Barroso, durante a primeira visita oficial a Portugal realizada polo xefe do Executivo O último cumio bilateral tivo lugar o pasado ano na localidade portuguesa de Figueira da Foz. (Fonte: El Correo Gallego).
04/05/2004
Emigración
Miras Portugal viaxa a Sudamérica para participar na comisión que avalía as subvencións
O conselleiro de Emigración viaxou a Brasil, onde lle entregou unha axuda económica á Sociedade de Beneficiencia-Hospital Español de Bahía, que atende as necesidades sanitarias dos galegos neste estado. Miras Portugal reunirase coa comisión avaliadora dos programas sociais, culturais e asistencias que este departamento pon a disposición dos galegos residentes no país. A avaliación de solicitudes realizarase por rexións, para o que Miras se entrevistará con directivos de diferentes entidades que representan a Galicia no Brasil. (Fonte: El Correo Gallego).

A Casa de Vedra actuará de ponte nas relacións coa emigración
O achegamento entre Compostela e os emigrantes galegos na Arxentina é a finalidade principal que asinaron os sete concellos da Mancomunidade de Compostela, pola que a Sociedade Parroquial de Vedra representará oficialmente na Arxentina a estes concellos. Actualmente, só tres destes concellos –Teo, Vedra e Boqueixón- manteñen relacións estables cos emigrantes galegos; a eles se lles sumarán agora Santiago, Ames e Val do Dubra. (Fonte: El Correo Gallego).

Economía
A Semana Verde contará con máis de mil expositores de 35 países
A Semana Verde de Galicia reunirá a máis dun millar de expositores do 12 ó 16 deste mes en Silleda. O evento contará coa presencia de representantes de 35 países e estará centrado na incidencia das novas directrices da UE en materia agrícola. No marco da feira terá lugar tamén a primeira asemblea da Asociación de Feiras Agrícolas Europea (Eurasco) en España. (Fonte: El Correo Gallego).
03/05/2004
Emigración
Ramón Campos, coa comunidade de emigrantes en Venezuela
O rexedor da Estrada, Ramón Campos, xunta cunha comitiva do concello, foi recibido en Caracas pola Junta Directiva da Hermandad Gallega. Xunto con Caspos, viaxaban o presidente da Fundación de Exposicións e Congresos, Miguel de la Calle, e o empresario do moble, Gonzalo Figueiras, que aproveitaron para continua-los contactos comerciais de visitas anteriores. (Fonte: El Correo Gallego).

Unión Europea
Camilo Nogueira prevé que Galicia supere o reto da Ampliación aínda que “con danos”
O eurodeputado do BNG, Camilo Nogueira, amósase convencido de que Galicia superará o reto da ampliación da UE a 25 países, se ben “o fará con danos, como nos pasou historicamente”. Nogueira considera que a Ampliación ten unhas consecuencias económicas que cómpre ter en conta, xa que “se duplicará o número de habitantes que son obxectivo 1, o que provocará que Galicia reciba a metade dos fondos estructurais que estaba recibindo cada ano xa que o orzamento comunitario non aguanta”. Nogueira criticou que tanto o Goberno español coma o galego non defendesen correctamente os intereses de Galicia. (Fonte: El Correo Gallego).
02/05/2004
Política
Paco Vázquez clausurará en París o congreso mundial de municipios
O rexedor de A Coruña asiste en París ó congreso fundador da nova organización mundial Cidades e Gobernos Locais Unidos, ó que acoden os máximos representantes da política municipal de todo o mundo. Francisco Vázquez considera que a nova organización municipalista mundial supón un paso importante no panorama internacional ó dotar “dunha voz única” ás cidades do mundo. (Fonte: El Correo Gallego).

Emigración
Miras avalía en Brasil as peticións de axuda de máis de cen mil galegos
O conselleiro de Emigración viaxará este mes a Brasil, onde se reunirá a comisión avaliadora dos programas sociais, culturais e asistencias que este departamento pon a disposición dos galegos residentes nese país. A avaliación das solicitudes realizarase por rexións, para o que Miras se entrevistará con directivos de diferentes entidades que representan a Galicia en Brasil. Así mesmo, as reunións cos presidentes das principais asociacións e centros galegos e coas autoridades diplomáticas españolas permitirán analiza-la situación actual do colectivo e ultima-los preparativos para a celebración, despois do verán, do Foro Galicia-Brasil. (Fonte: El Correo Gallego).
01/05/2004
Unión Europea
Ampliación da UE: Galicia ampliará a oportunidade de negocio pero as axudas se reducen
A ampliación da UE presentase coma un arma de dobre fío para Galicia. Na Europa dos 25, Galicia continuará ostentando a categoría de territorio Obxectivo 1 e seguirá recibindo axudas, pero estas serán máis reducidas. Segundo os cálculos do eurodeputado nacionalista Camilo Nogueira, a comunidade perderá preto de 42 millóns anuais. Nogueira cre que a solución sería suplica-lo orzamento comunitario, que neste momento equivale ó 1% do PIB de tódolos países da UE. O economista Fernando González Laxe apunta outros tres factores que terá que enfrontar Galicia: a presencia de novas empresas da comunidade nos novos membros, a necesidade de ofrecer productos diferenciados e a temida deslocalización. “Estes novos países xeran novos mercados e todo o mundo vai gañar, pero as ganancias van ser asimétricas”, explica. (Fonte: El Correo Gallego).

Política
Fraga ve inviables as guerras “preventivas”
O presidente da Xunta subliñou a necesidade de “buscar novas fórmulas de entendemento e paz” ante a actual situación de “guerras de civilizacións”, xa que “as chamadas guerras preventivas non conseguen os obxectivos que a veces se propoñen”. Durante a recepción en Santiago ós agregados de Defensa estranxeiros en España, Fraga manifestou que a frase “Se queres a paz prepara a guerra” sexa substituída por “Se queres a paz prepara a paz”. (Fonte: El Correo Gallego).
 

Fontes: AGN, Atlántico Diario, El Correo Gallego, El Progreso, Faro de Vigo, Galicia Hoxe, La Región, La Voz de Galicia.
 
 
Ver máis Diario Exterior

2004: abril | marzo | febreiro | xaneiro |
2003: decembro | novembro | outubro | setembro | agosto | xullo | xuño | maio | abril | marzo | febreiro | xaneiro |
2002: decembro | novembro | outubro | setembro | agosto | xullo | 15-30xuño | 01-14xuño | maio | abril | marzo | febreiro | xaneiro |
2001: 4ºtrimestre | 3ºtrimestre |
 
Volver

Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 03/06/2004
Fernando Pol