A asociación de Arxentinos no Exterior inaugura hoxe a súa sede na cidade de Vigo A asociación “Arxentinos no Exterior” inaugura hoxe a súa sede en Vigo, cidade española onde residen un maior número de cidadáns arxentinos, a maioría de orixe galega. Gracias a esta iniciativa, os arxentinos residenciados na cidade olívica poderán gozar dun lugar de encontro e espacio lúdico que compartir cos seus compatriotas. (Fonte: AGN). Portugal-Universidade Os universitarios galegos gozarán o vindeiro curso de maiores becas para estudiar en Portugal Os alumnos das tres universidades galegas que desexen estudiar en Portugal o vindeiro curso, verán incrementadas as axudas económicas que lles ofrece a beca Sócrates-Erasmus, gracias ó acordo asinado esta mañá entre o conselleiro de Educación, Celso Currás e o Presidente da Asociación de Universidades das Rexións do Norte de Portugal (AURN), J.A Novais Barbosa. Estas subvencións, que tamén beneficiarán a estudiantes portugueses que veñan a estudiar a Galicia, enmárcanse dentro do programa comunitario Interreg 3 A. (Fonte: AGN).
A flota galega culpa á UE do atraso na campaña de Senegal Sete barcos españois, con armadores e tripulación galega, agardaban antonte que as autoridades senegalesas autorizasen o inicio da campaña pesqueira, acordada nun convenio coa UE o pasado día 1. Armadores galegos expresaron o seu malestar polo retraso no comezo desta campaña, ó tempo que culpabilizaron desta demora á UE e á lentitude burocrática da Administración comunitaria. Varios barcos galegos agardan amarrados en Dakar a chegada das licencias de pesca. (Fonte: La Voz de Galicia).
A Fundación Araguaney prepara a chegada de quince nenos palestinos Ás doce e media desta noite chegarán ó aeroporto de Lavacolla quince nenas e nenos palestinos que aproveitarán dúas semanas da vida en liberdade en Galicia. Os nenos nunca saíran do campamento de refuxiados de Al-Fawwar, en Hebrón, no que viven. Veñen acompañados por un grupo de monitores, entre eles unha galega, María Vila, que traballa como voluntaria en distintas zonas palestinas ocupadas por Israel. (Fonte: El Correo Gallego).
Fraga avoga por incrementa-las relacións entre as empresas de Galicia e o Norte de Portugal A Xunta converteuse nun novo punto de encontro para as relacións entre Galicia e Portugal. O presidente da constructora portuguesa Mota-Engil, S.A., Antonio Mota mantivo un encontro con Manuel Fraga en San Caetano no que o xefe do executivo galego expresou o desexo de que aumentasen as relacións entre as empresas de ámbalas dúas zonas. Fraga explicou que estiveran considerando “a posibilidade de aumentar as colaboracións” entre a empresa de Mota e algunha empresa galega. (Fonte: AGN).
Galicia xa é o segundo productor mundial de mexillón, só por detrás de China Galicia produce o 95 por cento do mexillón español, cunha producción de 250.000 toneladas ó ano nunha actividade que xera máis de 20.000 postos de traballo. Con esta cantidade sitúase por detrás de China coma primeiro productor mundial, e converte España no segundo país productor de mexillón do mundo. En Galicia, o mexillón acada en 18 meses a talla comercial mentres noutras zonas tarda entre 5 e 10 anos. (Fonte: AGN).
A Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación reúnese co Presidente da Xunta de Galicia Manuel Fraga recibiu en audiencia a unha representación do Fondo Galego de Cooperación con motivo do seu quinto aniversario. Na audiencia, na que tamén estivo presente o Conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior, Aurelio Miras, salientouse a importancia do Fondo para mellorar cualitativa e cuantitativamente o compromiso solidario dos municipios galegos e o inequívoco apoio da Xunta de Galicia para asentar este proxecto. Emigración Manuel Fraga recibiu ó presidente da Asociación Fillos de Lugo en Venezuela é mailo alcalde do Concello de Quiroga O titular da Xunta de Galicia recibiu esta tarde en San Caetano ó presidente da Asociación Fillos de Lugo en Venezuela, Francia Moure, que acudiu acompañado do alcalde do concello lucense de Quiroga, Julio Álvarez. Fraga destacou ó “bo traballo que está facendo esta asociación, moito máis neste momento en que o país pasa por problemas”, ó tempo que se amosou encantado de que se esté a xestiona-la redacción de Estatuto de Galeguidade para esta asociación. (Fonte: Santiago, AGN).
O conflicto de Perejil preocupa ós 200 mariñeiros galegos que traballan en empresas mixtas en Marrocos O conflicto de Illa Perejil preocupa ós mariñeiros galegos que traballan en empresas mixtas instaladas en Marrocos, Así o afirma o presidente da Aetinape, Manuel Muñiz, quen amosa a súa intranquilidade polos preto de 200 mariñeiros profesionais galegos que traballan en buques con bandeira marroquí, a maioría en postos técnicos e de mando. Manuel Muñiz opina que para estes traballadores “o conflicto non é cousa boa”. Afirma así que os hipotéticos conflictos prexudicarán a unha e outra parte. (Fonte: Santiago, AGN).
A Consellería de Emigración e Cáritas de Santiago crearán un comedor social en Arxentina para atender ás familias máis necesitadas A localidade arxentina de Avellaneda disfrutrará en pouco tempo dun comedor social. Este servicio de asistencia alimentaria forma parte dun convenio de colaboración asinado hoxe entre a Consellería de Emigración e Cáritas Diocesana. O novo convenio tamén inclúe o fornecemento de medicamentos e roupa. (Fonte: Santiago, AGN). Sociedade “O pobo galego sempre nos da e nos dará o apoio que solicitemos”, di a delegada da Fronte Polisario “Se os saharauís queremos amplia-lo abano solidario, estamos seguros de que a sociedade galega facilitaranos o apoio que solicitamos”. Así afirmou a delegada da Fronte Polisario, Fatma Mohamed Salem, na recepción do concello de Santiago ós nenos saharauís que pasarán o verán en Galicia. A delegada relaciona en parte a ocupación da Illa Perejil coa vindeira resolución das Nacións Unidas sobre os territorios saharauís. (Fonte: Santiago, AGN).
A Xunta e Cáritas poñen en marcha o programa “A recuperación do neno desnutrido” en prol dos nenos arxentinos A Consellería de Emigración e Cooperación Exterior asinará un convenio con Cáritas Santiago para a creación dun comedor social na cidade arxentina de Avellaneda, no que se prestará asistencia ás familias máis necesitadas. O programa non se limita á atención alimentaria, senón que tamén tentará servir de apoio noutros aspectos como as relacións paterno-filiais, deterioradas pola actual crise que atravesa o país. (Fonte: AGN). Sociedade Fraga recibiu ó rector da Universidade de Tamaulipas O presidente da Xunta, Manuel Fraga, recibiu onte no seu despacho oficial ó rector da Universidade mexicana de Tamaulipas, Humberto Filizola, segundo informou o Executivo autónomo. (Fonte: El Correo Gallego).
Galicia é unha referencia na cooperación con Arxentina e a asistencia a emigrantes, segundo o embaixador español en Bos Aires O embaixador de España en Bos Aires, Manuel Fernández-Alabart, comunicoulle recentemente ó conselleiro de Emigración que Galicia é “unha referencia mundial” en cooperación e asistencia os emigrantes, segundo informou a Xunta. O titular de Emigración explicará no Parlamento as actuacións desenvolvidas na Arxentina. Fernández-Alabart indicou que as accións da Xunta en Arxentina foron “unha inspiración constante” para as autoridades do país e as representacións diplomáticas. (Fonte: AGN).
Un total de 33 operadores turísticos franceses ofrecen viaxes a Galicia este verán Un total de 33 operadores turísticos franceses ofrecen viaxes organizadas a Galicia este verán, o que supón multiplicar por seis o número de empresas galas organizadoras de viaxes interesadas por Galicia. Estas viaxes, que contemplan distintas posibilidades, abranguen toda a Comunidade galega. (Fonte: AGN). Acción Exterior O presidente da Xunta lamenta o falecemento do ex presidente dominicano, Joaquín Balaguer O titular da Xunta de Galicia manifestou o seu pesar pola morte de quen fora sete veces presidente da República Dominicana, Joaquín Balaguer, falecido hoxe ós 96 anos despois dunha longa enfermidade. En opinión de Manuel Fraga, con Joaquín Balaguer desaparece unha das personalidades iberoamericanas máis carismáticas da segunda metade do século XX, tanto no plano político como no cultural. (Fonte: AGN).
O goberno de Uruguai intervén a Casa de Galicia O ministro de Saúde Pública de Uruguai interveu a mutualidade Casa de Galicia, que ten serias dificultades económicas, para preservar a atención ós asociados e mailo posto de traballo de médicos e funcionarios, segundo informou onte o ministro Alfonso Varela. O obxectivo é “garanti-los servicios e levar tranquilidade ós asociados e persoal”, ademais de buscar unha solución “para unha institución importante nos servicios de saúde do país”, destacou Varela. (Fonte: Faro de Vigo).
Axudas para galegos e arxentinos O Executivo galego deu luz verde onte a dous convenios polos que aportará, a través da Consellería de Emigración, máis de 500.000 euros para a diáspora galega e mailos arxentinos. Participará con 300.000 euros nun acordo coa Deputación de Ourense para a asistencia social á emigración. Ademais, Emigración aportará 240.000 euros nun acordo con Cáritas de Santiago para axudar ós arxentinos mais necesitados. (Fonte: La Voz de Galicia).
O presidente galego recibe hoxe a tres embaixadores O presidente da Xunta, Manuel Fraga, recibe hoxe a tres embaixadores. Polo seu despacho de San Caetano pasarán o responsable da delegación diplomática de Finlandia en España, Charles Murto; da República Tunecina en Madrid, Mohamed Sabilh Basly; e mailo embaixador Emilio Barcia. Fraga recibe tamén hoxe ós familiares de José Antonio Gamallo Quibén, o pontevedrés ferido en Venezuela, que o martes regresou a Galicia. (Fonte: El Correo Gallego). Política-Emigración O goberno non iniciará o proceso de regularización para os arxentinos O goberno central, segundo a normativa vixente, non ten previsto realizar ningún proceso extraordinario de regularización de cidadáns estranxeiros, “nin para os arxentinos”. Así resposta o Executivo a unha pregunta do BNG na que se interesa pola apertura do proceso de regularización para os cidadáns da República Arxentina que están en situación irregular en España. (Fonte: El Correo Gallego).
O PSOE pide ó goberno central que adecúe as pensións asistenciais dos emigrantes na Arxentina á situación de crise O deputado galego Ceferino Díaz presentou esta mañá ante o Congreso dos Deputados unha proposición non de lei para que o Goberno central “tome as medidas necesarias” para adecua-las pensións asistenciais que reciben de España os emigrantes na Arxentina “ á situación real daquela economía”. Ceferino Díaz considera esta medida esencial para “mante-lo poder adquisitivo dos emigrantes beneficiarios”. (Fonte: AGN).
Un cento de alumnos da UE, Estados Unidos, Brasil, Canadá e Xapón comezan mañá en Santiago os cursos de español para estranxeiros O rector Senén Barro presidirá mañá en Santiago a inauguración dos cursos de español para estranxeiros da institución docente, nos que participan un cento de alumnos procedentes de EEUU, Canadá, Brasil, Xapón e diversos países europeos. No curso de lingua e didáctica do español como lingua estranxeira están inscritos outros 150 profesores. (Fonte: Santiago, AGN). Unión Europea-Pesca Pesca pide en Bruxelas unha “análise exhaustiva” dos efectos socioeconómicos que provocaría a aprobación da nova PCP O director xeral de Estructuras Pesqueiras e de Mercados da Pesca da Xunta de Galicia, Andrés Hermida, solicitou hoxe en Bruxelas una “análise exhaustiva” das repercusións socioeconómicas que provocaría a reforma da Política Pesqueira Común da aprobarse as propostas do comisario Fischler. Andrés Hermida defendeu a “igualdade de acceso as augas comunitarias” desde o 1 de xaneiro do 2003. (Fonte: AGN).
Os presidentes dos parlamentos autonómicos buscan unha postura común para participar na UE ó estilo dos länders alemáns Os presidentes dos parlamentos autonómicos españois volverán a reunirse en setembro para intentar chegar a unha “postura común” sobre a representación das autonomías nos foros de decisión da UE. Tras unha primeira toma de contacto a pasada semana, o presidente do Parlamento galego asegurou que aínda que “o acordo é difícil” buscarán nun segundo encontro a unanimidade na defensa da representación “ó estilo dos länders alemáns e austríacos”. (Fonte: AGN). Unión Europea A reforma da PAC terá unha incidencia mínima en recortes de axudas e podería traer máis cartos a Galicia para o desenvolvemento rural A chamada reforma “a medio camiño” da Política Agraria Común (PAC) será unha reforma en toda regra da política comunitaria nesta materia, como xa sinalaba en Santiago o ministro de Agricultura, Miguel Arias Cañete. En Galicia terá, nembargantes, efectos inauditos. A reducción das actuais axudas afectará unicamente ás grandes explotacións e os cartos restados poderían reverter en programas de desenvolvemento rural para a comunidade, co conseguinte incremento dos fondos. (Fonte: AGN). Unión Europea-Pesca Galicia disporá de 10,20 millóns de euros para a flota que faenaba en Marrocos trala confirmación do desbloqueo da UE A Conferencia Sectorial de Pesca celebrada hoxe en Madrid, confirmou oficialmente ós conselleiros de Pesca autonómicos o desbloqueo das axudas ó desmantelamento da flota afectada pola falta de acordo entre a UE e Marrocos. Dos 56,66 millóns de euros totais para España, Galicia contará con 10,20 millóns de euros. López Veiga critica a “excesiva demora” da confirmación pero di que a partir de agora “xa poden despezar con garantía de pagamento”. (Fonte: AGN). Daniel Varela pide que a Comisión Europea explique o trato da PCP ás rexións dependentes da pesca como Galicia O voceiro do Grupo Popular na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo, Daniel Varela, pediulle ó comisario Franz Fischler que explique o trato da PCP ás rexións dependentes da pesca. O eurodeputado galego reclama un reparto de cotas “con maior equidade e sen discriminación”, segundo informou o PPE. (Fonte: AGN).
As empresas galegas superan ás do Norte de Portugal na implantación e uso de Tecnoloxías da Comunicación Segundo datos aportados polo Observatorio Urbano do Eixo Atlántico e polo Observatorio TIC da Xunta de Galicia, a comunidade galega supera á rexión do Norte de Portugal na implantación e uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs). Así, o uso das tecnoloxías dentro das empresas adicadas ó sector servicios é superior en Galicia; un 99% fronte a un 90% presente no Norte de Portugal. (Fonte: AGN). Portugal-Turismo Máis de 1.000 operadores turísticos nacionais e portugueses coñeceron a oferta turística galega para o 2002 Máis de 1.000 representantes dos operadores turísticos nacionais e portugueses coñeceron a oferta turística galega ó longo das 11 presentacións que a Consellería de Cultura organizou en España e Portugal durante os seis primeiros meses do ano. O obxectivo desta campaña é que o sector turístico galego se poida achegar directamente ós comercializadores turísticos para vende-los seus productos. As presentacións foron organizadas por Turgalicia. (Fonte: AGN). Cultura Galicia dará o tiro de saída a unha ducia de festivais de música celta que se celebran en toda Europa O festival celta máis multitudinario de España celebrará en xullo a súa 18 edición. Carlos Núñez será o encargado de inaugurar o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que timbrará as gaitas de toda Europa de cara ó verán. En Ortigueira darase paso ás de Asturias, Galway, Devon, Lorient, Killorglin e Plasencia. (Fonte: AGN). Emigración Os emigrantes galegos en Sudamérica advirten do “efecto dominó” que está a provoca-la crise de Arxentina noutros países As ONGs e os emigrantes galegos en Sudamérica alertan sobre o “efecto dominó” que a crise económica na que está sumida a Arxentina está a provocar nos países veciños. Aseguran que o liderato que Arxentina exercía na zona está deixándose notar de forma especial cos efectos da crise en países como o Brasil ou Uruguai, e ameaza con “arrastrar” tamén a outros como Bolivia, Perú ou Chile. (Fonte: AGN). Cooperación Exterior Doce vigueses viaxan a Honduras no programa “Vacacións Solidarias” Unha ducia de vigueses partirán mañá cara Honduras para participar no proxecto de cooperación internacional “Vacacións Solidarias”. Este grupo formará parte do programa que organiza Solidariedade Internacional, que na zona hondureña está executando un plan de Desenvolvemento Rural Integral. Entre os meses de xullo e setembro partirán tres expedicións humanitarias que contarán cun total de 70 galegos nas súas filas. (Fonte: Faro de Vigo).
A UE xestionará ó 75 por cento do proxecto “Lugo-Emprende” destinado ó fomento de actividades emprendedoras A Unidade Administradora do Fondo Social Europeo (Uafse) aprobou a xestión do proxecto “Lugo-Emprende”. Esta iniciativa terá un custe máximo de 2.050.000 euros, dos que 1.537.500 serán financiados polo Fondo Social Europeo (FSE) e o 25 por cento restante por outros socios. O eixo fundamental do proxecto baséase no estudio de oportunidades de negocio e a creación dunha rede de información ó emprendedor. Os principais beneficiarios serán mulleres, mozos e persoas da área rural. (Fonte: AGN).
Un pediatra galego opera en Bolivia no verán desde hai 14 anos a un cento de nenos con malformacións que adoecen de recursos Un pediatra galego, Manuel Garrido Valezuela, coopera desde 1988 coa Fundación 1º de Maio na localidade boliviana de Santa Cruz de la Sierra. Durante as súas vacacións de verán este pediatra cooperante opera nesta localidade do trópico boliviano unha media anual de entre 80 e 100 nenos sen recursos aqueixados de malformacións faciais e dixestivas fundamentalmente. (Fonte: Santiago, AGN). Emigración A Xunta repatriará ó galego ferido nos disturbios antichavistas de Caracas e a súa familia O pontevedrés ferido de bala na cabeza durante os disturbios antichavistas do pasado 11 de abril en Caracas, José Antonio Gamallo Queibén, natural de Campolameiro, será repatriado o próximo martes a Ourense, onde quedará ingresado na residencia que a Fundación San Rosendo ten na vila de Santa Cruz de Arrabaldo. (Fonte: Ourense, AGN). Cultura-Portugal Alianza luso galaica con artistas das dúas marxes en Vilar de Mouros A proximidade xeográfica e o renome do certame roqueiro de Vilar de Mouros atrae en cada edición a miles de galegos. Tanto é así que a organización non descarta, en vindeiras convocatorias, a colaboración con entidades e artistas de Galicia para a súa participación activa no famoso festival luso, tal como sobranceou durante a presentación oficial do evento. (Fonte: Faro de Vigo). Política-Unión Europea O BNG pide ó PP e ó PSOE as súas propostas sobre a participación de Galicia na UE O coordenador da Executiva do BNG, Anxo Quintana, criticou onte “o talante estatal que manteñen PP e PSOE fronte ós intereses de Galicia”, e pediu a estes partidos que dean unha proposta concreta sobre a participación de Galicia na UE. Ademais amosou o seu desacordo con que “os ritmos políticos de Galicia os marquen Aznar e Zapatero, no lugar das forzas políticas galegas elixidas polos votantes”. (Fonte: Faro de Vigo). Unión Europea-Pesca A Comisión Europea convalida a orde de axudas para a paralización definitiva da flota que faenaba en Marrocos A Comisión Europea comunicou onte á Consellería de Pesca a confirmación da Orde do 6 de febreiro do 2002 que establece as bases e condicións que regulamentan o procedemento da concesión de axudas establecido para a paralización definitiva dos buques pesqueiros afectados pola falta de acordo con Marrocos. A Consellería de Pesca recibiu tan só 14 solicitudes de despece de buques xa que moitas unidades están recolocadas noutros caladoiros. (Fonte: AGN).
A dirección Xeral de Relacións Institucionais legalizará á firma de documentos para que estes surtan os seus efectos no estranxeiro A Dirección Xeral de Relacións Institucionais da Xunta de Galicia encargarase a partir de agora da legalización das firmas daqueles documentos da comunidade que deban surtir efecto no estranxeiro. O Consello da Xunta aprobou está mañá un decreto regulamentando esta nova función de Relación Institucionais. Os textos legalizados pola Administración galega serán legalizados posteriormente polo Ministerio de Asuntos Exteriores. (Fonte: AGN). Unión Europea-Pesca O eurodeputado do Partido Popular Europeo, Manuel Pérez solicita medidas de control sobre a pesca ilegal O eurodeputado popular Manuel Pérez compareceu perante a Comisión de Pesca do Parlamento Europeo para demandar medidas de control sobre a pesca ilegal. Pérez esixiulles ós Estados membros un compromiso na notificación das infraccións de maneira efectiva e segura. Segundo o eurodeputado, as prácticas ilegais de pesca non declarada e sen regulamentar afectan á protección dos recursos pesqueiros. (Fonte: AGN). Cooperación Exterior A Xunta e tres ONGs axudarán ós arxentinos mais necesitados Case 400.000 euros suman os tres convenios subscritos onte pola Consellería de Emigración e Cooperación con tres ONGs para atender as necesidades alimentarias e sanitarias de emigrantes e outras familias arxentinas en situación de grave pobreza. Os convenios foron asinados por Mercedes Aláez, representante de Médicos do Mundo-Galicia; Gracia Regojo, de la Fundación Cume para o Desenvolvemento de Culturas e Pobos, e Xosé Luis Fernández, de Acción contra a Fame. (Fonte: Faro de Vigo).
A Xunta valora positivamente o desenvolvemento do Feltival Internacional da Música de Galicia pero estudia “reformular” o modelo A directora xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia, María do Carme García Campelo, considera que a afluencia masiva de público ós concertos organizados dentro do IV Festival Internacional da Música de Galicia está a convertelo xa nun éxito “aínda que non rexeita que o seu departamento o reordene para a vindeira edición cun novo modelo organizativo”. A directora Xeral de Promoción Cultural agarda que este evento se converta “un referente da oferta musical de verán”. (Fonte: Santiago, AGN). Unión Europea-Pesca López Veiga busca en Bruxelas o apoio do Comité das Rexións para as teses galegas sobre ó PCP O conselleiro de Pesca, Enrique López Veiga, está dende onte en Bruxelas para continua-las xestións da Xunta de Galicia na busca de apoios a fin de evitar que prosperen as medidas trazadas pola Comisión Europea para a reforma da PCP. López Veiga reuniuse con Sir Simon Day, relator do dictame do Comité das Rexións sobre a proposta do Comisario Franz Fischler. (Fonte: AGN). Acción Exterior Fraga podería encabezar unha misión de empresarios galegos á Chile para potenciar colaboracións nos sectores pesqueiros e industrial O presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, estudiará a petición que hoxe lle fixo o embaixador da República de Chile en España, Mariano Fernández Amunátegui, para encabezar unha viaxe dun grupo de empresarios galegos a Chile. Fernández Amunátegui destacou o “gran potencial” da industria e a pesca de Galicia e a posibilidade de establecer “lazos de colaboración” entre as dúas zonas. (Fonte: Santiago, AGN). A deputada socialista Marisol Soneira reuniuse co cónsul xeral e co embaixador español no Uruguai A responsable de Emigración do PSdeG, Marisol Soneira, analizou hoxe en Montevideo a situación do Hospital Sanitario Español có cónsul e o embaixador de España no Uruguai. O centro precisa un millón de dólares para evita-lo peche polas débedas contraídas, segundo informou ó PSdeG. Na reunión estivo presente tamén o Intendente municipal de Montevideo, Mariano Arana. O hospital foi fundado en 1886 e acolle a corenta persoas ingresadas, na súa maioría emigrantes españois de baixa condición económica que teñen “un futuro incerto en caso de peche”, segundo indicou Soneira. (Fonte: AGN). Economía Fadesa inviste cincuenta millóns de euros nunha fábrica de producto de madeira en Romanía A inmobiliaria Fadesa investiu cincuenta millóns de euros nunha fábrica de productos de madeira en Romanía, que realizará exportacións a todo o mundo e será inaugurada a finais de setembro. O presidente da compañía, Manuel Jove, que trasladou esta semana ó presidente da Xunta a invitación para asistir á inauguración, destacou que o investimento é o maior realizado por unha empresa española en Romanía. (Fonte: AGN). Política-Unión Europea A Xunta presenta ás cámaras autonómicas a súa proposta sobre a presencia das rexións na UE O presidente do Parlamento de Galicia, José María García Leira, entregou onte ós demais presidentes das cámaras autonómicas unha proposta de Galicia sobre a presencia das rexións na UE e nos seus órganos de goberno. Este documento, segundo precisou García Leira, é froito dunha resposta a un similar remitido o pasado día 10 de abril polo seu colega vasco, Juan María Atutxa, có obxectivo de recabar a adhesión de outras autonomías. Nel avógase por reforzar o papel do Comité das Rexións e a participación nos consellos de ministros da UE. (Fonte: Faro de Vigo).
O Ministerio de Fomento non concreta os prazos da execución da autovía entre Ourense e Portugal desde Verín Segundo asegura o senador do BNG, Anxo Quintana, a estas alturas o Ministerio de Fomento non pode concreta-los prazos de execución da autovía entre Ourense e Portugal desde Verín. O senador pedía a Fomento que concretara os prazos para a execución dunha obra que aparece contemplada nos Presupostos Xerais do Estado. (Fonte: Ourense, AGN). Economía A patronal lucense insta ós empresarios provinciais a formular novas ofertas de contratación de estranxeiros A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) informa da posibilidade de ampliala cota provincial de traballadores estranxeiros. Unha vez finalizada a fase de asignación do continxente de traballadores estranxeiros para o 2002, 1240 prazas de traballo estable non foron adxudicadas a nivel nacional e son susceptíbeis de reasignación noutros lugares do Estado. Por este motivo, a CEL pretende elaborar un informe urxente que contemple as necesidades existentes na provincia de novos traballadores estranxeiros. (Fonte: AGN). Emigración Tres ONGs galegas recibirán financiamento da Xunta para prestar servicios ós inmigrantes residentes na Arxentina A asistencia alimenticia e sanitaria serán os eixos de acción das ONGs no país latinoamericano. Médicos do Mundo-Galicia, Fundación Cume e Acción contra a Fame recibirán financiamento da Xunta para asistir ós emigrantes necesitados da República Arxentina. O convenio de colaboración será asinado mañá polo concelleiro de Emigración e Cooperación Exterior, Aurelio Miras Portugal e representantes das tres ONGs galegas. (Fonte: Santiago, AGN). Política O BNG insta á Xunta a impulsar un proceso de negociación con Sudáfrica que permita á flota pesqueira galega faenar nas súas augas Dende 1984 a flota conxeladora pesqueira galega non puido voltar ós caladoiros da República Sudafricana. O grupo parlamentario do BNG pide ó goberno galego que estableza medidas políticas que permitan darlle pulo ó proceso de negociación con Sudáfrica en materia de pesca. A petición foi presentada en calidade de Proposición de lei ante a Mesa do Parlamento polo deputado nacionalista Bieito Lobeira. (Fonte: Santiago, AGN). Unión Europea Xa ondean setenta bandeiras azuis Fraga presidiu onte o acto de entrega da bandeiras azuis 2002, coas que a UE recoñece este ano a calidade e os servicios de setenta praias galegas. A cifra fala por si mesma: en 1987 só se concederon catro, e o ano pasado dez menos que onte. Antes de facerse a foto de familia cos alcaldes, Fraga asegurou que os panos “simbolizan o esforzo dos concellos, dos portos deportivos e o dos cidadáns” (Fonte: La Voz de Galicia).
Máis de 50 mozos arxentinos e uruguaios chegan hoxe a Lugo, Ourense e Vigo, invitados ós campamentos de verán da Xunta As residencias Irmáns Pedrosa, en Lugo; Cuevillas, en Ourense, e Altamar, en Vigo, acollerán dende hoxe e ata o vindeiro día 15 ós 67 mozos que inaugurarán os campamentos de verán que este ano organiza a Consellería de Emigración e Cooperación Exterior. Os mozos de ascendencia galega, son os primeiros dos 331 que durante este verán poderán coñecer as catro provincias galegas. Todos eles serán recibidos no aeroporto de Lavacolla polo titular de Emigración, Aurelio Miras. (Fonte: Santiago, AGN). Cultura Montserrat Caballé abre hoxe á noite o festival Internacional de música de Galicia cunha actuación no Obradoiro A súa voz abrirá a IV edición do Festival Internacional de Música de Galicia no Obradoiro compostelán, e xa anunciaron a súa asistencia ó concerto o presidente da Xunta, Manuel Fraga, e o conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela. A partir de hoxe e ata o día 19 de xullo, sete cidades galegas encherán as súas noites coa música dos máis varios estilos, pero coa marca común da calidade do directo con música antiga e sinfónica, espectáculos de ópera e opereta e recitais de canto e piano como algunhas das múltiples ofertas do Festival. (Fonte: Santiago, AGN). Acción Exterior Fraga recibiu ó embaixador do Perú en España, Carlos José Pareja Ríos O presidente da Xunta, Manuel Fraga, recibiu esta mañá no seu despacho ó embaixador da República do Perú en España, Carlos José Pareja Ríos. Fraga desexoulle “todo o mellor” ó representante peruano na súa primeira visita a España. Carlos José Pareja destacou tralo encontro a relevancia da visita ”pola importancia de Fraga, que fixo moito pola democracia deste país”. O embaixador peruano lembrou a relación do actual presidente da Xunta có seu pai, que foi director xeral de Diplomacia de Perú. (Fonte: Santiago, AGN). Política-Unión Europea Fraga acusa a Touriño de “ignorancia, incompetencia e mala fe” por criticar o papel de Galicia na Presidencia española da UE O presidente da Xunta, Manuel Fraga, respondeu este serán duramente ás críticas realizadas por Emilio Pérez Touriño con respecto á Presidencia española da UE. Ó dirixente do PPdG asegurou que Touriño amosa a súa “ignorancia, incompetencia e mala fe” ó criticar o papel de Galicia durante estes seis meses de mandato español en Europa. (Fonte: AGN). |
| Ver máis Diario Exterior |
|
|
| 15-30xuño/2002 | 01-14xuño/2002 | maio/2002 | abril/2002 | marzo/2002 | febreiro/2002 | xaneiro/2002 | 4ºtrimestre/2001 | 3ºtrimestre/2001 |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 05/08/2002
|