| 25/09/2001 |
| Palmou pide o apoio do presidente uruguaio para
o PP Jorge Battle, presidente da República de Uruguai entrevistouse con Xesús Palmou, secretario xeral do PP de Galicia, durante a súa viaxe a Montevideo. Battle eloxiou a xestión de Fraga. (Fonte: La Voz de Galicia). El Salvador agradece as axudas recibidas A sinatura dun Convenio entre o vicepresidente da República de El Salvador e o presidente da Xunta de Galicia nos ámbitos pesqueiro e turístico supón un xesto de agradecemento mutuo e un achegamento entre os dous gobernos. (Fonte: La Voz de Galicia). |
| 24/09/2001 |
| Os empresarios coñecerán as posibilidades
comerciais de El Salvador Unha delegación de El Salvador presidida polo vicepresidente da República e polo seu embaixador en España, reunirase coa Confederación de empresarios de Galicia. Os representantes salvadoreños explicarán as posibilidades de investimento no seu país. (Fonte: La Voz de Galicia). O ex-presidente uruguaio Lacalle pide o voto da Galicia exterior para Fraga O ex-presidente uruguaio Luís Alberto Lacalle interveu nun acto electoral do PP celebrado en Montevideo, no que pediu o voto dos emigrantes para Fraga, convertendo en puramente testemuñais as intervencións de Palmou e do resto da comitiva galega. (Fonte: La Voz de Galicia). Camilo Nogueira explica o programa do BNG en varios centros galegos europeos O eurodeputado do BNG inicia en Londres unha serie de conferencias que o levarán por varias capitais europeas nas que explicará o programa do BNG incidindo nas cuestións relacionadas cos emigrantes. (Fonte: La Voz de Galicia). |
| 21/09/2001 |
| O censo electoral galego de emigrantes volve
a medrar O censo galego de emigrantes mantén un crecemento sostido. Despois de expoñer o público as listas electorais houbo 1.271 altas de novos votantes e compensan as baixas, de 1.032. A suma total de votantes no estranxeiro é de 268.452. (Fonte: La Voz de Galicia). |
| 10/09/2001 |
| Touriño denuncia que se apele ó
medo a un pacto postelectoral Durante a súa viaxe por Venezuela e Arxentina, o líder dos socialistas galegos afirmou nos seus discursos que os emigrantes deben gozar dos mesmos dereitos que os galegos residentes en Galicia, dende unha rede sanitaria e farmacéutica ata pensións dignas. A cuestión do retorno dos emigrantes é valorada positivamente por Touriño. (Fonte: La Voz de Galicia). O capitán galego retido en Australia pide a España que certifique a súa boa conducta Leonardo Segade Avilés, capitán galego retido en Australia por pesca ilegal tenta demostrar por tódolos medios a inexistencia de conductas impropias na súa traxectoria profesional. A aceptación desta atenuante podería conlevar a imposición de sancións mínimas. O armador, aínda que con reservas, comprometeuse a abonar as multas que puideran imporse. (Fonte: La Voz de Galicia). |
| 08/09/2001 |
| Fraga censura a política cubana ante
a detención dun colaborador da Xunta de Galicia Fraga pronunciouse onte contra a detención do presidente da Agrupación Artística Galega e colaborador da Xunta de Galicia, lamentando a falla de liberdades na illa. Esta persoa está acusada de tráfico de persoas e de documentos. (Fonte: La Voz de Galicia). |
| 07/09/2001 |
| Touriño asegura á diáspora
que non ten compromisos con BNG Nunha entrevista con empresarios afincados en Bos Aires, o candidato socialista á presidencia da Xunta, Emilio Pérez Touriño, afirmou que non ten ningún compromiso preelectoral co BNG. Por outra banda, expresou o seu interese en do en debatir con Fraga nos medios públicos. (Fonte: La Voz de Galicia). |
| 05/09/2001 |
| Galicia e Norte de Portugal únense para
pedir ó goberno luso o AVE Porto-Vigo O Comité Executivo do Eixo Atlántico reunirase en Vigo o próximo día 14 para discutir a situación da Alta velocidade entre o corredor Ferrol-Porto. Esta reunión favorecerá a petición realizada polo goberno galego en defensa da alta velocidade Vigo-Porto. Antes de final de ano, o goberno luso definirá o seu plan inversor, aínda que manexan prazos de obra similares ós galegos. (Fonte: La Voz de Galicia). |
| 02/09/2001 |
| O líder do PSOE inicia o mércores
a súa visita electoral a Arxentina e Venezuela Emilio Pérez Touriño, candidato do PSOE á presidencia da Xunta iniciará o día cinco a súa xira electoral por Venezuela e Arxentina, aproveitará a estancia para reunirse con colectivos de emigrantes e con diversos representantes con intereses galegos en actos de carácter electoral. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 01/09/2001 |
| Os populares europeos apoian a proposta de Fraga
de crear unha flota comunitaria A proposta de Fraga, realizada no marco das sesións que o Buró Político do Grupo Popular Europeo celebra en Santiago, consiste na creación dunha bandeira comunitaria para toda a flota dos países da UE, así como unha autoridade de control europeo. O resto dos participantes no Buró apoiaron esta proposta do presidente da Xunta. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 30/08/2001 |
| Fraga, Arenas e Cañete participan na
reunión do PPE en Santiago para analizar as reformas da UE de pesca e agricultura O Buró do Partido Popular Europeo-Demócratas celebrarase en Santiago e abordará as propostas de reforma das políticas comunitarias de agricultura e pesca. Neste encontro intervirán distintos dirixentes de PPE-DE. O goberno galego dará a coñecer as súas posturas arredor das reformas comunitarias. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 29/08/2001 |
| A Xunta destina anualmente máis de 800
millóns de pesetas a colectividades galegas no exterior Co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos emigrantes, a Xunta de Galicia destina cada ano 800 millóns de pesetas ós centros galegos para infraestructuras, actuacións culturais, sociais, asistenciais etc. A Xunta mantén un contacto continuo que a Xunta mantén cos centros galegos. Estas actuacións permitiron recuperar centros e manter a unidade que sempre caracterizou os colectivos galegos no exterior. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 27/08/2001 |
| Ante un cento de emigrantes, Beiras presenta
en Bos Aires o programa de goberno do Bloque Acompañado polos deputados Xosé Francisco Ferreiro e Carlos Aymerich, Beiras presentou o programa electoral co que competirá nas próximas eleccións autonómicas. Beiras expresou a necesidade de propiciar un cambio en Galicia. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 25/08/2001 |
| Touriño avoga por regulamentar a capacidade
de decisión das autonomías na UE Tras unha entrevista con Javier Solana a propósito da política exterior da Unión Europea, Touriño realizou unhas declaracións nas que demandaba unha maior participación das Comunidades Autónomas nas instancias de decisión europeas. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 24/08/2001 |
| Beiras expon a De la Rúa a súa
preocupación pola situación dos emigrantes galegos O líder nacionalista interesouse polas medidas que está adoptando o goberno arxentino para atender as necesidades dos sectores máis desprotexidos da emigración galega. Tamén mantivo unha entrevista con Raúl Alfonsín con quen compartiu as críticas a respecto do modelo de globalización neoliberal. (Fonte: El Correo Gallego). O PpdeG promete impulsar un proxecto de Lei de Cooperación para o desenvolvemento O PP promete crear unha lei de cooperación ó desenvolvemento. Así consta nos libros brancos. O obxectivo é potenciar a calidade da cooperación mediante proxectos que respondan ás necesidades reais da poboación. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 23/08/2001 |
| As relacións da UE con Latinoamérica
centran o encontro entre Battle e Beiras Tras varios días polo cono Sur americano, o líder nacionalista Xosé Manuel Beiras entrevistouse co presidente de Uruguai, Jorge Battle durante o que dialogaron sobre os máis diversos temas de interese para Galicia e os galegos. (Fonte: El Correo Gallego). Galicia é a séptima rexión europea que presenta maiores oportunidades de negocio Segundo o informe "Perspectivas empresariais 2001"que anualmente publican as Cámaras de Comercio, Galicia ocupa a séptima posición entre as rexións europeas en canto á presentación das maiores posibilidades de negocio. Outros aspectos destacados do informe: o investimento, que medrará o dobre que a media europea así como o emprego que tamén medrará por riba da media comunitaria. (Fonte: El Correo Gallego). A UE aproba unha axuda de 9.000 millóns para o desenvolvemento rural de Galicia A Comisión Europea deu a súa aprobación ao programa Leader + de desenvolvemento rural. O programa apoiará iniciativas locais para estratexias de desenvolvemento a longo prazo, que promovan o medio ambiente e o turismo alternativo. (Fonte: El Correo Gallego). As ONGs piden aos partidos un maior compromiso coa cooperación internacional A coordinadora de ONGs presentou á Xunta de Galicia unha lista de "puntos mínimos" cun denominador común: reivindicar un maior compromiso coa cooperación internacional, e unhas convocatorias transparentes e obxectivas. Aos partidos políticos solicitan a inclusión nos seus programas de iniciativas de cooperación internacional. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 22/08/2001 |
| Beiras defende ante a emigración o pacto
co PSdeG que Blanco tilda de "falsidade" Mentres Beiras vai promulgando entre a emigración uruguaia a iniciativa dun pacto co PsdeG que podería contribuír a formar goberno no caso de que o PP non obtivera a maioría absoluta, Xosé Blanco, que viaxa tamén por terras arxentinas asegura que todo é unha falsidade e que o PsdeG presenta un candidato único e un programa de goberno único. (Fonte: El Correo Gallego). O PSOE cree que a Galicia Exterior votará socialista para contribuír ao "cambio" O Secretario de Organización do PSOE de Galicia, Xosé Blanco, rematou onte a súa viaxe por Sudamérica, resaltando que aumentou a militancia no partido. Ao longo da súa visita coordinou a unha serie de interventores do PSOE que supervisarán o voto por correo. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 21/08/2001 |
| O Foro Galego-Iberoamericano da Saúde
presta asistencia a máis de 380.000 persoas O Foro Galego-Iberoamericano da Saúde presta atención sanitaria e formación continuada a máis de 380.000 galegos emigrados. Dende 1999 desenvolve un proxecto que permite o intercambio de experiencias entre catro hospitais do SERGAS con outros catro centros de Arxentina e Uruguai. (Fonte: El Correo Gallego). Camilo Nogueira reúnese mañá cos armadores de Ribeira para analizar as súas vías de futuro O eurodeputado do BNG, desprazarase mañá a Ribeira para reunirse con armadores do sector palangreiro que faenaban en augas do caladoiro sahariano. Entre os asuntos a tratar está a recente viaxe dunha delegación local a Rabat para entrevistarse co ministro de pesca de Marrocos. (Fonte: El Correo Gallego). O Consello Asesor da Fundación Galicia-Europa estará formado por economistas e empresarios O Padroado da Fundación Galicia-Europa designou onte os membros do Consello Asesor. Estará formado por destacados economistas e empresarios vinculados a Galicia ou á Eurorrexión. O obxectivo é fomentar as ideas necesarias para crear estados de opinión favorables antes de instar a modificación dalgunha política. (Fonte: El Correo Gallego). En Bos Aires, Beiras acusa ó PP de querer "traficar" cos votos da emigración Xosé Manuel Beiras, o líder dos nacionalistas galegos, declarou en Montevideo (Uruguai) que o Partido Popular utiliza os emigrantes como mercancía e non como titulares de dereitos sociais. Tamén se reuniu con empresarios galegos afincados en Uruguai e cos dirixentes da Casa de Galicia en Montevideo. Por outra banda, tamén se atopa de viaxe pola zona José Blanco, Secretario de Organización do PSOE, quen celebrou un acto público no centro Lalín da capital porteña expoñendo as propostas da súa formación para os emigrantes. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 20/08/2001 |
| Unha feira do Voluntariado reunirá en
Santiago a delegados de organizacións de todo o mundo Santiago acollerá o próximo mes de novembro unha feira do voluntariado, na que participarán diversas organizacións. Os obxectivos centraranse na promoción e o intercambio de experiencias entre o voluntariado de todo o mundo. Por outra banda, en setembro, e en colaboración con Caixa Galicia, o Comité Galego presentará unha páxina web na que se informará de tódalas posibilidades para a realización de tarefas de colaboración. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 17/08/2001 |
| Recepción a nenos saharauís O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu onte a un grupo de nenos saharauís que pasaron as súas vacacións en Pontevedra. O alcalde afirmou que intentará que o ano próximo veñan máis nenos a pasar as súas vacacións a Pontevedra. (Fonte: El Correo Gallego). A Barca de Muxía cruza o charco Alén do Atlántico celebrase estes días a romaría da Virxe da Barca organizada polo colectivo ABC do Partido de Corcubión en América. A Romaría consiste nun banquete amenizado con música e baile. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 16/08/2001 |
| A Escola de Ensino de Galicia e Portugal cumpre
25 anos A Escola Internacional de Verán “Xornadas do Ensino de Galicia e Portugal” retomará o modelo pedagóxico das “escolas novas” europeas. Este ano conmemoran o 25 aniversario cunha homenaxe a Rabindranath Tagore. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 15/08/2001 |
| Empresarios ferroláns reuniranse con
representantes da cidade de Masaya Dende que en 1979 Ferrol e a cidade nicaragüense de Masaya se irmanaran, mantivéronse contactos entre as dúas localidades. Estes días a súa vicealcaldesa xunto co secretario municipal e tres artesáns visitan a vila galega donde se entrevistarán con representantes da Cámara de comercio, para reforzar os vínculos económicos entre as dúas localidades. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 13/08/2001 |
| As exportacións de Galicia ó Norte
de Portugal medraron un 22 por cento en 1999 Segundo a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, no ano 1999 as exportacións da nosa Comunidade Autónoma ao Norte de Portugal acadaron os 103.013 millóns de pesetas, medrando nun 22%. O saldo comercial entre Galicia e o Norte de Portugal foi sempre positivo para Galicia. O mercado galego é menos importante para o Norte de Portugal. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 11/08/2001 |
| La Xunta propon un plan para consolidar la cooperación
con Latinoamérica Segundo a Secretaría de Planificación e Desenvolvemento Comarcal, o modelo galego é adaptable a Latinoamérica, a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal prestou apoio técnico a un plan de desenvolvemento en Bolivia. A colaboración con outros territorios xa está dando os seus froitos. (Fonte: El Correo Gallego). Contactos con concellos mexicanos e universidades arxentinas O pasado ano, a universidade Nacional Mar de Plata arxentina tentaron levar a cabo un máster de desenvolvemento local, parecido o que dende 1997 organiza a Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal, dende entón, numerosos Estados se atopan interesados neste programa. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 10/08/2001 |
| O BNG insta ás xuntas electorais a que
eviten anomalías no voto da emigración O BNG enviará a tódalas xuntas electorais un escrito para evitar a non manipulación do voto emigrante, xa que podería condicionar o goberno da Comunidade Autónoma, outra iniciativa sería un convenio con Correos de xeito que se requira a identificación dos votantes. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 09/08/2001 |
| Centos de galegos na diáspora reviviron
outras épocas durante unha romaría en Vilanova Acompañados polo ex-presidente da Xunta de Galicia, G. Fernández Albor, e polo conselleiro para as comunidades galegas, F. Amarelo de Castro, medio millar de emigrantes congregáronse onte na vila arousá para recibir a homenaxe de veciños e autoridades. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 08/08/2001 |
| Alumnos de dereito europeos visitarán
os próximos días A Coruña dentro dun intercambio cultural Invitados pola asociación ELSA, chegaron a A Coruña estudiantes de Malta, Atenas e Palermo, os estudiantes participarán xunto con estudiantes galegos en talleres, actividades ... O obxectivo é promover o intercambio cultural. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 07/08/2001 |
| O Goberno Central admite que Galicia podería
deixar de recibir os Fondos de Cohesión trala ampliación da UE O Goberno do Estado español admite que se non se modifican os actuais criterios para o reparto dos fondos de cohesión, Galicia sairía danada. O BNG criticou que o goberno non explique o que está disposto a facer para evitalo. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 06/08/2001 |
| A revisión do censo emigrante pode que
non teña repercusións no destas eleccións Esta é unha entrevista ó conselleiro da Presidencia, Xaime Pita, na que se comenta a revisión que se esta levando a cabo do censo de emigrantes, o proceso, segundo afirmacións do conselleiro está en marcha, recoñece que houbo manipulación. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 04/08/2001 |
| A Xunta nega o uso electoral dunha oficina de
traballo en Bos Aires A acusación fixerana a Federación de Sociedades Galegas na Arxentina. A Consellería de Familia respondeu negando estas acusacións e afirmando que a oficina pertence á Cámara de Comercio de Santiago, e o seu obxectivo é facilitar asesoramento laboral dende Arxentina. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 03/08/2001 |
| Regresan de Cuba os participantes de “Vacacións
solidarias” Os primeiros voluntarios da iniciativa da ONG “Solidaridad Internacional” regresaron estes días a Galicia despois de traballar en Cuba. O día 10 de agosto partirá outro grupo de voluntarios rumbo a Honduras. A expedición contaba con voluntarios de diversas clases e condicións, dende estudiantes universitarios ata amas de casa. A iniciativa contou co financiamento do Concello de Oleiros. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 01/08/2001 |
| NÓS–Unidade Popular acude ás Xornadas
Independentistas Corsas Xunto con delegacións de Cataluña, Euskadi, Bretaña ou Irlanda, NÓS acudirá as xornadas independentistas que se celebrarán na cidade de Corti onde se debaterán aspectos tan importantes como o proceso de construcción europea e os dereitos das nacións sen Estado que están no espacio europeo. (Fonte: El Correo Gallego). O Albariño, anfitrión de luxo no irmanamento entre Cambados e Saint Michel O achegamento entre a cidade bretona de Saint Mitchel e a vila de Cambados chega en plenas festas da vila e Cabanillas. Durante a súa estadía, as autoridades da vila bretona visitaron a comarca, co obxectivo de coñecerse mellor e estreitar os lazos entre as dúas vilas. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 29/07/2001 |
| Máis de 130 alumnos de vintecinco países
participaron no curso de galego da USC O obxectivo destes cursos é a internacionalización da lingua galega e proxectar o idioma galego máis alá das fronteiras de Galicia. A este fin tamén contribúen os 42 centros de Estudios Galegos espallados por 42 Universidades estranxeiras. (Fonte: El Correo Gallego). Manuel Fraga envía un telegrama ó presidente de Bolivia, Hugo Bánzer Con motivo da retirada de Hugo Bánzer, presidente de Bolivia, por motivos de saúde, Manuel Fraga envioulle un telegrama desexándolle o seu restablecemento. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 28/07/2001 |
| A planta de SOGAMA podería servir de
modelo a unha rexión de Sao Paulo O problema do tratamento de residuos urbanos é aínda un problema para Brasil, á vez que a enerxía eléctrica é cada vez máis escasa. Estes problemas levan a que se busquen solución para convertir os residuos sólidos urbanos en enerxía eléctrica. Por iso, técnicos e responsables brasileiros visitaron as plantas de SOGAMA, coa intención de trasladar a experiencia ao Brasil coa axuda da Xunta e de empresarios galegos. (Fonte: El Correo Gallego). “Galeuska” pide a PP e PSOE un diálogo que rompa os seus “pactos excluíntes” Os firmantes da Declaración de Barcelona fixeron unha invitación expresa ó PSOE a discutir a articulación do Estado e o recoñecemento do seu carácter plurinacional e incluíron formalmente ao PP. (Fonte: El Correo Gallego). A Xunta invita a Galicia ao ministro de Pesca alauíta A Xunta de Galicia tenta esgotar todas as posibilidades para chegar a un acordo sobre pesca con Marrocos. Rabat non pasa das simples declaracións verbais en círculos extraoficiais. A iniciativa xurde despois de visitar Marrocos unha delegación galega presidida polo Sr Colomer, presidente da Deputación coruñesa, con participación de armadores e representantes sindicais. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 27/07/2001 |
| Santiago de Cuba tomará exemplo de Compostela
para a súa rehabilitación O alcalde de Santigo de Cuba, Luis Ibáñez Arranz e o presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Alfredo Novoa, firmaron un convenio para rehabilitar o casco histórico da cidade de Santiago de Cuba. O proxecto será financiado polos Concellos galegos, a Secretaría Xeral de Relacións coa U.E. e Acción Exterior e será executado pola oficina de Planeamento, que xa se encargou da rehabilitación do casco histórico de Santiago de Compostela. (Fonte: El Correo Gallego). A Universidade de Santiago organiza dous cursos de cooperación internacional en Brasil A Cátedra Bolívar, xunto coa Universidade de Santiago, organiza un seminario sobre cooperación empresarial que se celebrará o 9 de agosto en Curitiba (Brasil). Asi mesmo colaboran institucións gobernamentais e académicas. (Fonte: El Correo Gallego). Amarelo e Jose Richard avogan por unir lazos entre Galicia e Rio O concello de Santa Comba, firmou un protocolo de intencións coa Asemblea Lexislativa de Rio de Janeiro, a través do deputado José Richard Donay, co obxectivo de estreitar vínculos entre ambas localidades. Donaráse tamén diñeiro ao Chas e ó Hospital de Beneficencia, para mellorar a situación dos galegos residentes en Rio de Janeiro. (Fonte: El Correo Gallego). Recepción en Vimianzo a deputados suizos A corporación de Vimianzo ofreceu unha recepción oficial aos deputados da Confederación Helvética do cantón de Jura, donde se ubica un nutrido colectivo de naturais de Vimianzo. (Fonte: El Correo Gallego). |
| 24/07/2001 |
| Calvo comeza as obras na súa planta de
El Salvador e reabre a de Venezuela Despois de bastante tempo de inactividade, o grupo Calvo reabre a planta ubicada no estado de Anzoátegui, en Venezuela: O investimento concretarase en contratación de persoal. Por outra banda, despois dos devastadores efectos dos terremotos, retómase o proxecto de El Salvador ao que se destinarán máis de 1.200 millóns de pesetas. (Fonte: La Voz de Galicia). Os xestores da saturada oficina da Xunta en Arxentina descartan ampliala Cada día xúntanse máis de 2000 persoas na oficina da Xunta en Buenos Aires, coa intención de acadar un emprego en España, pero a única función desta oficina parece ser a de elaborar unha base de datos cos interesados en emigrar a España. (Fonte: La Voz de Galicia). |
| 23/07/2001 |
| Os socios da “Declaración de Barcelona”
reanudan a súa actividade despois dun ano de letargo Cando xa se daba por perdida a Declaración de Barcelona, PNV, BNG e CiU retoman a súa actividade nunha reunión a celebrar en Bilbao na que se pretende analizar oa acción de goberno do Partido Popular así como o resultado das recentes eleccións vascas. (Fonte: La Voz de Galicia). |
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 08/12/2001
|