| Convenios |
||||
| Protocolo de Colaboración Comunicación
- Igadi Protocolo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional |
||||
|
En Santiago de Compostela, na sede da Secretaría Xeral de Comunicación a 23 de febreiro de 2006. E doutra banda Xúlio Ríos Paredes, director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional –dende agora, IGADI–, con domicilio na Avenida Joselín, 7, Portal 3 4ºB-D, 36300-Baiona, institución incorporada ao Rexistro Central de Asociacións co nº 2004/007499-1. Ámbolos dous comparecentes recoñécense reciprocamente capacidade e representación suficiente para o outorgamento do presente Protocolo de Colaboración e, O Decreto 231/2005 do 11 de agosto determina os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, entre os que figura a Secretaría Xeral de Comunicación. Así, este órgano é o encargado da xestión das competencias da Xunta de Galicia en materia de medios de comunicación social, así como o exercicio das recollidas nos artigos 34 e no artigo 27 número 31, no que se refire á publicidade, ámbolos dous do Estatuto de Autonomía de Galicia. Que o IGADI ten entre os seus obxectivos afondar no estudo dos problemas internacionais, cooperar con outros organismos e institucións para a realización de fins similares mediante a organización de actividades de sensibilización e información pública. Que a Secretaría Xeral de Comunicación no ámbito das súas competencias está interesada en colaborar co IGADI no seu labor de difusión social, a través de Conferencias, Xornadas e outras actividades. Dende este interese compartido, conveñen en establecer un Protocolo de Colaboración con arreglo ás seguintes: O obxecto do presente protocolo é establecer as liñas de traballo entre a Secretaría Xeral de Comunicación –a través do Club Internacional de Prensa de Galicia– e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI. A Secretaría Xeral de Comunicación considera manifesta a súa intención de colaborar na organización de Conferencias, Foros, Xornadas e outras actividades, entre o IGADI e o CIP. Que ámbolos organismos, IGADI e CIP, poderán levar a cabo a organización de Xornadas, Foros, Obradoiros, Cursos ou Cursiños, sen prexuízo da implicación doutras institucións ou entidades tanto de carácter público coma privado. Que é intención da Secretaría Xeral de Comunicación contribuír economicamente na realización das actividades que se planeen, en función das necesidades que estas presenten puntualmente en cada unha delas. Este protocolo entrará en vigor ao día seguinte da súa sinatura e rematará o vindeiro 31 de decembro. Coa finalidade de avanzar no cumprimento deste protocolo, crearase unha comisión mixta de seguimento, de composición paritaria, que coordinará o seu desenvolvemento e resolverá as dúbidas que suscite a súa interpretación.
|
||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 01/03/2006 |