ConveniosVolver ó índice


Convenio de colaboración asinado polo Concello de __________ e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional


Conscientes
da crecente importancia dos problemas internacionais na sociedade contemporánea.

Apostando pola necesidade de crear espacios xenuinos para comprender desde aquí, cunha visión propia, canto acontece no mundo actual e especialmente todo aquelo que máis directamente pode afectar ó futuro de Galicia e dos galegos.

Convencidos de que unha misión destas características debe ser afrontada en Galicia desde a acción conxunta da iniciativa pública e privada ata configurar unha tupida malla cooperativa xeradora de beneficios para o conxunto da sociedade.

Sabedores da imperiosa necesidade de dotarse de entidades independentes, emanadas da sociedade civil, que aporten a súa contribución para asentar en bases rigorosas, ben no plano da investigación, da información ou da cooperación, as políticas de solidariedade internacional impulsadas polas propias entidades locais.

Decididos a proxectar a realidade galega no contexto internacional.

Reunidos en __________, no día da data, dunha banda __________, alcalde-presidente do Concello de __________, e doutra, Xulio Ríos Paredes, presidente do IGADI, de común acordo prestan conformidade á asinatura do presente Convenio de colaboración que se desenvolverá de conformidade co establecido nas seguintes


CLÁUSULAS


Primeira

O Convenio ten por obxecto contribuir a garantir e perfeccionar o funcionamento do Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea, organismo dependente do IGADI co perfil e características definidas no Anexo I deste Convenio.


Segunda

O IGADI adquire os seguintes compromisos:


Terceira

O Concello de __________ comprométese a aboar a cantidade anual de 50.000 pta (cincuenta mil) que se fará efectiva no primeiro trimestre de cada ano mediante transferencia á conta número 2080.0015.79.0040014109 da sucursal de Caixavigo en Baiona (Pontevedra).


Cuarta

O IGADI comprométese a aportar antes do 15 de novembro de cada ano xustificantes do gasto realizado e por un importe mínimo da cantidade transferida polo Concello de __________.


Quinta

A vixencia do presente Convenio abarca o exercicio de 199__. De común acordo poderá ser renovado nos anos seguintes.


Sexta

A publicidade de todas as actividades farase en galego.


Séptima

A entrada en vigor de todos os compromisos contemplados no presente Convenio será inmediata.


E en proba de conformidade asinamos o presente en __________, a ____ de _________ de 199__.

____________________ Xulio Ríos Paredes
Alcalde-presidente do Concello de __________ Director do IGADI
Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 31/10/98